Chuvia de meteoros: Alfa-Aurígidas, actividade dende o 25 de agosto ao 10 de setembro, con máxima o 1 de setembro. Perseidas Setembro, actividade dende o 5 ao 21, con máxima o 10 de setembro.
Tristemente o estramonio está en tódolos medios de comunicación pola súa implicación na morte de dous mozos o pasado 21 de agosto en Madrid. Pero que é o estramonio?
O estramonio (Datura stramonium),é unha planta da familia das Solanáceas de follas relativamente grandes e anchas, flores solitarias e xeralmente brancas en embude e froito ovoide semellante a unha noz espiñenta, que contén numerosas sementes vermellas.
Tamén é coñecido como figueira tola, figueira do inferno, herba do demo e herba do gorgullo. Medra en zonas montañosas e atópase a menor altitude en zonas húmidas e con alto contido en nitróxeno.
Todas as partes da planta resultan tóxicas pola elevada concentración de alcaloides (atropina, escopolamina, hiosciamina e hioscina), especialmente nos talos e nas nervaduras das follas. Ten propiedades alucinóxenas e as súas sementes utilizáronse tradicionalmente, pero con precaución, como analxésico.
Parace ser que en doses elevadas e mesturadas con alcohol ou outras drogas produce A MORTE.
Coñecela non implica usala, todo o contrario. A información é fundamental!
Follas de oliveira e olivas / Imaxe:www.dejardineria.com
A oliveira (Olea europaea) é unha árbore perennifolio, lonxevo, de tamaño mediano e con tronco nudoso. En Galicia, a oliveira está pouco espallada, aínda que se poden atopar exemplares aillados practicamente por todo o país. Na zona galega con influencia do clima mediterráneo poden atoparse masas arbóreas pequenas, que se crearan basicamente para autoconsumo. Esas masas localízanse, fundamentalmente, no conca do río Sil (comarcas de Quiroga, Valdeorras, Bolo) e no val de Verín.
De todos son coñecidos os efectos beneficiosos do aceite de oliva, o ouro líquido do seu froito, pero aquí quero falar doutros efectos a partir das súas follas. A acción hipotensora das mesmas, é atribuída dende hai moito tempo a unha única substancia, un iridoide chamado oleoeuropeósido, responsable simultaneamente das accións hipotensora, vasodilatadora, antiarrítmica e espasmolítica. En realidade existe outra substancia, recentemente descuberta, a oleaceína, que podería xustificar ao menos en parte, a súa acción hipotensora.
Útil na prevención da arteroesclerose e das enfermidades coronarias, a folla de oliveira permite igualmente tratar os trastornos asociados á hipertensión arterial, como cefaleas, vértigos, zuñidos de oídos, etc.
Tamén se ten constatado unha actividade hipocolesterolemiante (diminución do LDL colesterol e aumento HDL colesterol) e hipoglucemiante, podendo desta forma, utiliarse como tratamento coadxuvante da diabete non insulino-dependente (diabete tipo II).
En conclusión interesante nas alteracións circulatorias leves, hipertensión e diurético, sen olvidarnos do seu zume: o aceite.
A Axencia Espacial Europea (ESA) publicou, o pasado venres, varias fotografías que presentan un cráter nas terras altas do sur de Marte que foi o leito dun gran lago cando a auga fluía pola superficie dese planeta.
O cráter de Eberswalde, captado pola sonda Mars Express, ten 65 quilómetros de diámetro e formouse hai máis de 3.700 millóns de anos polo impacto dun asteroide.
Aínda que unha parte do Eberswalde foi cuberto polo impacto posterior doutro asteroide, que creou un segundo cráter, na zona visible consérvanse os restos do que nun tempo foi un gran delta, surcado por múltiples brazos fluviais.
O delta tiña uns 115 quilómetros cadrados de superficie e estaba alimentado polos citados ríos. Cando secou, gran parte desas formacións quedaron ocultas baixo unha capa de sedimentos arremuiñados polo vento.
As estructuras analizadas, identificadas orixinalmente pola sonda Mars Global Surveyor da NASA, son unha proba inequívoca de que hai tempo a auga fluía pola superficie de Marte.
Xunto ao Eberswalde hai outro cráter, o Holden, de 140 quilómetros de diámetro e que cando se orixinou proxectou rochas que cubriron gran parte do primeiro.
Un e outro son dous dos catros emprazamentos seleccionados para a aterraxe dunha misión da NASA, o Mars Science Laboratory, que despegará a finais deste ano.
O Museo de Historia Natural do Condado dos Ánxeles (California, EE UU) presenta esta semana a través dun artigo na revista Science o descubrimento dun fósil de rinoceronte lanudo primitivo no Himalaia. Este descubrimento levou á conclusión por parte dos expertos de que algúns mamíferos xigantes evolucionaron por primeira vez no Tibet actual, antes do comenzo da Idade do Xeo. A extinción destes durante a Idade do Xeo como o mamut lanudo e rinocerontes, osos perezosos xigantes e os gatos dentes de sable foron obxecto de numerosos estudos ata agora, pero sábese moito menos acerca de onde procedían estas especies, e como adquiriron ese nivel de adaptación para vivir nun ambiente de frío extremo. Un equipo de xeólogos e paleontólogos do Museo de Historia Natural dos Ánxeles (NHM) e do Instituto de Paleontoloxía Vertebrada e Paleoantropoloxía da Academia China de Ciencias, descubríu un cráneo completo e a mandíbula inferior dunha nova especie de rinoceronte lanudo (Coelodontathibetana) en 2007, nas estribacións da cordilleira do Himalaia, no suroeste da meseta tibetana.
O novo rinoceronte atopado ten uns 3,6 millóns de anos (Plioceno medio), e os seus descendentes, como o mamut, son moito máis antigos e primitivos que a Idade de Xeo (Pleistoceno) na estepa de gran parte de Europa e Asia. O animal extinto tiña desenvolvidas adaptacións especiais de barrido para a neve, co seu corno aplanado para poder atopar restos de vexetación, unha conducta bastante útil para a supervivencia no duro clima do Tíbet. Estes rinocerontes vivían nun momento no que o clima mundial era moito máis cálido e os continentes do norte estaban libres das capas de xeo, como se observaría na Idade de Xeo tempo máis tarde.
A partir de hoxe, despois de recoller as cualificacións da proba extraordinaria de setembro, comenza o período de matriculación para o próximo curso 2011/2012, co seguinte calendario:
DÍA 7(EN HORARIO DE MAÑÁ E POLA TARDE, DE 17:00 A 20:00)
BACHARELATO(ORDINARIO E PARA PERSOAS ADULTAS)
DÍA 8
1º E 2º DE ESO(EN HORARIO DE MAÑÁ)
3º E 4º DE ESO(EN HORARIO DE TARDE, 17:00 A 20:00)
DÍAS 6 A 15(EN HORARIO DE MAÑÁ)
1º de PCPI
2º CURSO DE PCPI
DO DÍA 1 Ó 15(EN HORARIO DE MAÑÁ)
EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA PERSOAS ADULTAS
DO DÍA 5 Ó 9(EN HORARIO DE TARDE)
CUALE (PARA MELLORAR O TEU INGLÉS. DIRIXIDO AO ALUMNADO QUE CUSOU CULAE O CURSO PASADO E PARA O ALUMNADO DE 3º, 4º ESO, BACHARELATO E CICLOS FORMATIVOS).
O pasado luns foi presentada a nova versión actualizada da Enciclopedia da Vida (Encyclopedia of Life ou EOL), que é gratuíta e producto da colaboración online, cun novo deseño e características que a fan máis fácil de usar, personalización e interacción. A Enciclopedia da Vida é o intento máis ambicioso de compilar nun só arquivo a información sobre tódalas especies coñecidas da Terra.
Neste momento, a Enciclopedia da Vida ten 700.000 páxinas e contén máis de 600.000 imaxes e vídeos. Pinchando AQUÍ podes acceder a ela.
Ante o inminente comezo de curso no noso IES, imos coñecer o seu calendasrio escolar:
Comenzo oficial das clases: 16 de setembro de 2011.
Remate oficial das clases: 22 de xuño de 2012.
Vacacións de Nadal: Desde o día 22 de decembro de 2011 ata o día 8 de xaneiro de 2012, ambos os dous inclusive.
Vacacións de Semana Santa: desde o día 2 ao 9 de abril de 2012, ambos os dous inclusive.
Entroido: días 20, 21 e 22 de febreiro de 2012.
Días non lectivos: 23 de setembro de 2011(Día de Santa Trega), 31 de outubro de 2011(Día do Ensino) e outro día pendente de fixar polo Consello Escolar.
Para coñecer máis polo miúdo este calendario pincha AQUÍ.
Lanzamento da sonda GRAIL / Imaxe:NASA/Darrell McCall
A NASA regresa á Lúa. Logo de dous intentos errados, á terceira logrou lanzar o pasado sábado con éxito o foguete que transporta dúas sondas xemelgas con destino ao satélite terrestre. O obxectivo da misión? Estudar o corazón da Lúa e revelar como se formou hai 4.500 millóns de anos, ademais de medir o seu campo gravitatorio e proporcionar imaxes en raios X da súa codia e o seu núcleo.
Os investigadores da NASA esperan que a misión, denominada GRAIL, responda a algunhas das incógnitas sobre o lado escuro da Lúa, que os humanos nunca exploraron, e tamén que achegue datos sobre como se formaron outros planetas rochosos como a Terra, Venus, Marte e Mercurio.
A misión forma parte do programa Discoveryda NASA, que xa lanzou 10 naves desde 1992 para estudar o sistema solar.
A Lúa foi estudada moi pronto, desde os albores da era espacial en 1959, cun total de 109 misións de varios tipos. Doce persoas pisaron a súa superficie e 382 quilos de rochas e mostras do chan foron traídas á Terra para ser estudadas. Ademais, tres satélites científicos están actualmente orbitando á Lúa.
Esta será a organización dos primeiros días do presente curso escolar 2011/2012 do noso IES:
Venres, 16 de setembro, ás 12,20: Presentación do alumnado de 1º e 2º ESO. Ao remate o alumnado de 2º ESO recollerá os libros de texto en sistema de préstamo. Ás 13 horas reunión do alumnado matriculado en 1º PCPI.
Luns, 19 de setembro, ás 12,20: Presentación do alumnado de 3º, 4º ESO e Bacharelato.
Martes, 20 de setembro: Comenzo clases, en horario normal. Ás 12,20: Presentación alumnado de Ciclos Formativos. Ás 16,30: Presentación alumnado de 1º PCPI. Ás 17,30: Presentación Bacharelato Adultos, ESA e 2º PCPI.
Esta pregunta sempre estivo na mente de todos e a súa contestación definitiva parace ser que SI, á vista das imaxes máis nítidas xamais tomadas dende o espazo pola sonda espacial Lunar Reconnaissance Orbiter (LRO), da NASA, dos lugares de alunizaxe das Misiones Apolo 12, 14 e 17. As imaxes amosan as voltas e revoltas dos camiños que se formaron cando os astronautas exploraron a superficie lunar. No sitio do Apollo 17, os camiños deixados polo rover lunar son claramente visibles, xunto cos últimos camiños a pe deixados na Lúa. As imaxes tamén mostran onde colocaron os astronautas algúns dos instrumentos científicos que proporcionaron unha primeira visión da contorna e o interior da Lúa.
Penso que a viñeta de Davila, no xornal Faro de Vigo do pasado luns, plantexa claramente a situación deste comenzo de curso. Por un lado alivio, por parte dos pais e polo outro lado desesperación polos recortes por parte dos profesores.
Nesta situación quero recordar unha frase do gran escritor, poeta e dramaturgo irlandés Oscar Fingal O’Flahertie Wills Wilde (Oscar Wilde) (1854-1900):
" Esforzarse para un mestre esixente é duro, pero o non ter mestre é máis duro aínda".
Días non lectivos: Ao día 23 de setembro, día de Santa Trega, ao 31 de outubro, día do Ensino, hai que engadirlle o día que acaba de propoñer o Centro, e que debe ratificar a Consellería, o 18 de maio de 2012, completando así o cupo para o presente curso escolar.
A viñeta de Gogue, do pasado xoves, no xornal Faro de Vigo, é ideal para comentar as imaxes, que por desgraza vimos na TV hai día, do "famoso" Toro de la Vega de Tordesillas (Valladolid)). A verdade é que non entendo que gusto poden atopar matar desa forma a un toro, con lanzas.
A verdade, non teñen xustificación ninhunha para mater esa "tradición". Son uns animais!
Recreación do planeta Kepler 16-b e as súas dúas estrelas / NASA/JPL-CALTECH
Científicos descobren un planeta que xira ao redor de dúas estrelas, do mesmo xeito que o planeta imaxinario Tatooine da saga de ciencia ficción A guerra das galaxias, segundo anunciou hoxe a NASA.
Os científicos coñecían a existencia de planetas circumbinarios pero esta é a primeira vez que logran captar o movemento do planeta ao redor dos seus dous soles, grazas ás imaxes do observatorio espacial Kepler.
O equipo liderado por Laurance Doyle do Instituto SETI de California anunciou hoxe o achado do planeta, que se chamará Kepler 16-B, nunha rolda de prensa na que se intercalaron tamén imaxes da saga de George Lucas.
Kepler 16-B orbita ambas as estrelas á vista do telescopio espacial Kepler. Os dous soles tamén se eclipsan o un ao outro, o que permite medicións ben precisas da masa, o radio e as traxectorias dos tres corpos por primeira vez.
«Unha vez máis, o que adoitaba ser ciencia ficción converteuse en realidade», sinala Alan Boss, un dos científicos que participa no proxecto, na revista Science, que publica o achado.
Trátase dun planeta parecido a Saturno, aínda que ten unha densidade superior á media e viaxa nunha órbita case circular de 229 días ao redor das súas dúas estrelas.
Foi detectado a uns 200 anos luz da Terra e demostra a diversidade dos planetas que existe na Vía Láctea, asegurou Nick Gautier, científico do Laboratorio de Propulsión a barullo da Nasa en Pasadena (California).
As dúas estrelas representan o 20 e 69 % da masa do Sol, respectivamente e seguen unha órbita excéntrica de 41 días unha ao redor da outra, sinala o estudo.
Dada a relación deste planeta coas estrelas, Doyle e o seu equipo tamén suxiren que o planeta se formou no mesmo disco de po e gas que deu orixe a ambos os soles.
Kepler é a primeira misión da Nasa capaz de atopar planetas do tamaño da Terra preto da chamada «zona habitable», a rexión dentro dun sistema planetario onde pode existir auga líquida na superficie do planeta en órbita.
Lanzado en marzo do 2009, o obxectivo do Kepler é recoller datos e probas de planetas que orbitan ao redor de estrelas con condicións de temperatura medias onde poida existir auga líquida e, xa que logo, vida.
A pesar de que serán necesarias observacións adicionais para lograr ese fito, Kepler detectou planetas e candidatos a ser planetas dunha ampla gama de tamaños e distancias orbitais que segundo a NASA axudan a comprender mellor o noso lugar na galaxia.
A verdade é que o aspecto deste primate lembra aos Gremlins, polos seus ollos e tamén por ser maligo, como o consideran os habitantes do leste de Madagascar. Trátase do aye-aye (Daubentonia madagascarensis), emparentado cos lémures. A súa pelaxe, de cor negro, é longa en todo o corpo, especialmente na cola. O seu tamaño é similar ao dun gato doméstico e vive aproximadamente 23 anos. É un animal arborícola de hábitos nocturnos. Aliméntase de larvas de insectos que atopan baixo a codia das árbores, localizándoas mediante golpes rítmicos cun método similar ao dos petos reais ou páxaros carpinteiros. O hábitat do aye-aye é a selva tropical do leste de Madagascar, atopándose na parte máis alta das árbores.
É un animal en perigo de extinción, do que existen aproximadamente 2.500 individuos.
A pasada fin de semana estreouse en España a película "El árbol de la vida" do gran director Terrence Malick. Como di un famoso crítico, esta película é "pura poesía, unha sinfonía sublime; unha celebración da vida".Esta é a súa ficha:
Título: El Árbol de la Vida
Título OriXinal: The Tree of Life
Xénero: Drama, Fantasía
Nacionalidade: USA
Ano: 2011
Director: Terrence Malick
Guión: Terrence Malick
Producción: Dede Gardner, Sarah Green, Grant Hill, Brad Pitt e William Pohlad.
Música: Alexandre Desplat.
Distribuidora: Tripictures.
Reparto: Brad Pitt, Sean Penn, Jessica Chastain, Fiona Shaw, Crystal Mantecon, Joanna Going, Jackson Hurst, Dalip Singh, Kimberly Whalen, Kari Matchett, Brenna Roth, Jennifer Sipes, Zach Irsik, Brayden Whisenhunt, Danielle Rene, Tamara Jolaine, Hunter McCracken.
Sinopse: É unha historia de tres irmáns durante os anos 50 e de como o maior deles vive a pérdida da inocencia. Vese a evolución dun neno, Jack, de 11 anos, do Medio Oeste. Ao principio todo é marabilloso aos seus ollos, obtendo dos seus pais dúas imaxes moi distintas do mundo: mentres a súa nai representa os camiños do amor e a compaixón, o seu pai intenta ensinarlle o duro da vida, a sobrevivir e a superarse. Ámbolos dous loitarán pola súa atención e Jack debe combinar ámbalas dúas ensinanzas. Todo empeza a cambiar cando experimenta por primeira vez a enfermidade, o sufrimento e a morte. O mundo, ata entón limpo e luminoso, convírtese en escuro e frustrante. Esta historia compaxínase coa do Jack adulto, unha alma perdida no mundo moderno, que tratará de atopar entre as esceas da súa infancia aquelo que permanece inalterado, o plan eterno do que todos formamos parte. Cando descobre todo o que se lle escapou polo camiño aprenderá a valorar máis as cousas que lle quedan por vir. Jack, cunha nova visión do mundo, é capaz así de perdoar ao seu pai e dar por primeira vez os seus propios pasos pola vida.
Os Toulambis son unha tribo da Papúa Nova Guinea. Esta tribo foi descuberta en 1997 polo equipo do explorador e etnógrafo Jean-Pierre Dutilleaux e tivieron o privilexio de contactar con eles, logo de moitos obstáculos. Por primeira vez viron un home branco e a súa reacción foi... Mellor védeo no vídeo!
En pleno siglo XX el equipo de Jean-Pierre Dutilleaux explorador y etnógrafo tuvieron el privilegio de contactar ,luego de muchos obstáculos Toulambis una tribu que jamás había visto a un hombre blanEn plenoo de Jean-Pierre Dutilllorador y etnógrafo tuvieron el privilegio de contactar ,luego de muchos obstáculos,con Los Toulambis una tribu que jamás había visto a un hombre blanco,ni se habían rendo exterior.co,ni se habían relacionado con el mundo exterior.
Hoxe, venres 23 de setembro de 2011, día de Santa Trega, ás 11 horas e 5 minutos, hora oficial peninsular, comenza o outono no hemisferio Norte, según o convenio astronómico. Esta estación durará 89 días e 20 horas.
O inicio astronómico das estaciones ven dado, por convenio, como o instante en que a Terra pasa por unha determinada posición da súa órbita arredor do Sol. No caso do outono, esta posicion é desde a que o centro do Sol, visto desde a Terra, cruza ao ecuador celeste no seu movemento aparente cara ao sur. Cando esto sucede, a duración do día e a noite prácticamente coinciden, e por eso, a esta circunstancia chámaselle tamén "equinoccio de outoño". Neste instante no hemisferio sur empeza a primavera.
O domingo día 30 de outubro terá lugar o cambio de hora (atraso dunha hora), recuperando o horario de inverno. O inverno empezará o día 22 de decembro.
O Satélite de Investigación da Alta Atmosfera (UARS), cos 5.675 quilogramos, entrou na atmosfera terrestre e caeu no océano Pacífico, según confirmou a axencia espacial estadounidense NASA vía Twitter, sen precisar a hora exacta nin a zona de impacto.
Anteriormente a axencia falara dunha franxa temporal de entre as 3.23 (as 05.23 hora española) e as 5.09 GMT (as 07.09 en España) de onte.
Segundo a Nasa, durante a entrada na atmosfera o satélite pasou por Canadá, África e amplas partes dos océanos Pacífico, Atlántico é Índico.
Ao final non non pasou nada, xa o anunciara a citada axencia, pois a posibilidade de que a chatarra caera sobre unha persoa era unha sobre 3.200.
Hoxe adico este espazo de NOMES PROPIOS a unha gran muller que hoxe faleceu a causa dun cancro: Wangari Muta Maathai
Wangari Muta Maathai: bióloga, veterinaria e ecoloxista keniana (1 de abril de 1940-26 de setembro de 2011). Foi unha activista medio-ambiental e política de Kenia. Recibiu o Premio Nobel da Paz no ano 2004 polo seu labor en defensa da natureza e a potenciación ao mesmo tempo do labor da muller, a través da plantación de máis de 30 millóns de árbores, co Movemento Cinturon Verde. Foi a primeira muller africana en recibilo. A doutora Maathai foi membro electa no parlamento e ministra de Medio Ambiente e Recursos Naturais dentro do goberno presidido por Mwai Kibaki ata novembro de 2005.
Déficit ecolóxico do planeta Terra/ Imaxe:otromundoesposible.net
O planeta Terra entra hoxe en déficit ecolóxico, entendendo como tal o diferencial entre os recursos naturais que se xeneran anualmente e os que se destrúen. Segundo os últimos datos da Global Footprint Network (Rede da Pegada Ecolóxica Global) e do centro de estudos londinense NEF (siglas en inglés de Fundación para unha Nova Economía), creadores do Día da Pegada Ecolóxica, ao actual ritmo de consumo os recursos xenerados polo planeta só permiten satisfacer a demanda deses recursos ata o 27 de setembro: todo o que se consome ata final de ano é a conta de recursos que o planeta non pode producir e de contaminantes que a Terra non é capaz de absorber.
Pero as solucións que se ofrecen para solventar este problema parecen máis unha lista de bos desexos que de propostas concretas: "Medir e valorar aquelo que importa á xente; corrixir prezos que refllictan o valor (custe) real; desenvolver novos indicadores económicos e de progreso para complementar o PIB; crear un contexto que favoreza a actividade empresarial responsable (social e ambientalmente); repartir traballo entre a poboación; inversión en actividades que crean valor positivo para a sociedade".
A poboación do globo necesitaría cinco planetas para vivir ao ritmo de consumo de recursos dun cidadán de Estados Unidos e tres planetas para vivir como un español. Pero só un planeta para vivir como un cidadán da India. España consome 3,35 veces máis que a súa biocapacidade: se os españois tiveran que subsistir cos seus propios recursos, ao ritmo actual estes estarían esgotados o 19 de abril.
A estrela xigante amarila IRAS, coa nebulosa arrededor, asemella un ovo fritido / ESO
As estrelas, aínda parezan todas iguais cando escintilan no ceo nocturno, non só teñen tamaños moi distintos, senón que as súas formas tamén o son. Unha das máis peculiares foi descuberta recentemente por un equipo do Observatorio Austral Europeo (ESO), e ten a forma dun ovo fritido. Trátase dunha estrela bautizada como IRAS 17163-3907, cun diámetro que é mil veces maior co Sol e que brilla medio millón de veces máis.
Os astrónomos comprobaron que se atopa a 13.000 anos luz da Terra e que é unha estrela amarela. O achádeho producíuse cunha cámara de infravermellos do Very Large Telescope (VLT) instalado en Paranal (Chile) co que tomaron as imaxes nas que se observa claramente a nebulosa circular que rodea ao astro, case totalmente esférica. Polo detectado ata agora esa cáscara externa ten un radio que e 10.000 veces maior á distancia entre a Terra e o Sol. Durante as explosións que experimentou na súa evolución expulsou material que acabou por formar a "clara" do ovo, rica en silicatos e gas.
Os astrónomos pensan que esta actividade é unha proba de que pronto terá unha morte explosiva, como unha supernova, xenerando uns compoñentes químicos que poidan dar lugar á formación de novas estrelas.
Hai uns días, unha compañeira de traballo, Olga, deixoume este libro. Nun primeiro momento pareceume, polo seu formato, un comic, pero cando escomencei a lelo mudei totalmente de opinión. "CABANA DE BALIEIROS" é o título da primeira novela gráfica de Tokio (Alfredo López Fernández, Vigo 1964, o ano dos xogos olímpicos de Toquio).
Cabana de Balieiros é unha vila imaxinaria, sen dúbida inspirada non nunha senón en varias localidades da Costa da Morte, nos tempos en que aínda quedaban baleas nos nosos mares. Esta vila e das que agochan segredos. Moitos deles son misterios que levan e traen as mareas. Algúns afúndense, e outros saen á superficie cando ninguén o espera. Un novo párroco chega á vila, e atópase cunha igrexa abandonada e un mundo que lle descubrirá as historias que fermentan na terra, fillas do salvaxe vento que trae o mar. Unha terra de costumes ancestrais, onde os máis puros instintos humanos xeran o ritmo da vida e marcan o propio destino dos seus habitantes, e levan algúns ao naufraxio da súa propia alma. Unha historia que, con certa intriga, achéganos ao contexto social do século XIX, desde a mirada dun autor que, fundamentalmente e por riba de todo, é un defensor da natureza e ten alma de mariñeiro.