Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Julio de 2012.

A SELECCIÓN ESPAÑOLA DE FÚTBOL

20120630103441-gogue.jpg

 

A viñeta do xornal Faro de Vigo de onte de Googue (caricaturista grovense Ángel Rodríguez Gogue) ben perfectamente ao pelo para o comentario de hoxe: Despilfarro de cartos coa selección de fútbol.

A prima que cada xogador recibirá se España gaña a Eurocopa, segundo publicaron diversos medios, sera de 300.000 euros, moi superior aos 214.000 cobrados na anterior edición desta competición e para máis inri cotizáronos en Austria. No caso do Mundial, pagaron impostos en Suráfrica, onde paragron só o 21% cando en España terían que pagar o 52% segundo a Lei Tributaria española.

Xa hai voces discordantes, incluso dentro dos políticos, así os deputados de ICV no Congreso (integrada no grupo da Esquerda Plural) presentou unha iniciativa na que reclaman que se limiten as primas que poden recibir os xogadores da selección española de fútbol se gañan un campionato, como a Eurocopa que agora disputan- e que ditas primas tributen ao cen por cen en España.

É unha vergonza que levando o escudo e bandeira de España, tributen fóra, sendo españois cando lles interesan, mobilizando a todos, creando lazos, sensibilidades e despois... Lamentable!

Sendo contundente con esto, non implica, como español pero non moi amante do fútbol, o meu desexo que gañe España, non só en fútbol, senón en calquera disciplina deportiva.

Sorte España!

No hay comentarios. Comentar. Más...

O CEO DO MES: XULLO 2012

20120630092735-solpor.jpg

Solpor/ Imaxe:fondospaisaxe.net

3 de xullo: Lúa Chea

11 de xullo: Cuarto Minguante

19 de xullo: Lúa Nova

26 de xullo: Cuarto Crecente

Chuvia de meteoros: Alfa-Capricórnidas, actividade dende o 3 de xullo ao 15 de agosto, con máximo o 29 de xullo. Delta-Acuáridas Sur, actividade dende o 12 de xullo ao 23 de agosto, con máximo o 30 de xullo.

No hay comentarios. Comentar. Más...

REFORMAS NO SISTEMA EDUCATIVO NON UNIVERSITARIO

20120703083518-jose-ignacio-wert.jpg

José Ignacio Wert, Ministro de Educación e Cultura / Imaxe:lavanguardia.com

O Goberno quere instaurar unha reválida ao final de todas as etapas educativas, é dicir, exámes nacionais externos que deberán pasar todos os alumnos para poder continuar estudando. Tamén en primaria, aínda que con peculiaridades: se un alumno suspéndea porque non acadou coñecementos mínimos nas materias básicas de matemáticas ou lectura, e non repetíu antes ningún curso, non poderá pasar a secundaria: deberá volver a estudar 6º (11-12 anos). Pero se o estudante que a suspende foi repetidor, pasará a secundaria, pero cunha notificación para que teña apoio escolar.

Esta reforma —lei de mellora da calidade educativa— empezarase a discutir agora coa comunidade educativa, sindicatos e partidos para intentar conquerir o maior acordo posible, co obxectivo tela redactada en outubro para empezar a tramitala no Congreso antes de remate o ano. Así, podrería desplegarse por todas as etapas nos tres anos seguintes á súa aprobación, momento no que chegarían esas reválidas.

Estas probas externas suporán, ao rematar o bacharelato, o fin das probas de acceso á Universidade (Selectividade). Tamén, Educación contempla unha reducción da carga de asignaturas —pequena en primaria, máis intensa na ESO e, sobre todo, en bacharelato— para reforzar o tempo adicado ás materias básicas: Lingua, Matemáticas, Ciencias e Inglés. Esto supón aumentalo nun 25% nas dúas etapas da secundaria. Así mesmo, eliminarase Educación para a Cidadanía en primaria e na ESO, con contidos limados, será Educación Cívica e Constitucional. Só se poderá pasar de curso con dous suspensos e eliminarase o apelido de Cidadanía á materia de Filosofía de 1º de bacharelato.

Tamén, adiántase a 3º da ESO, aínda que tímidamente, a elección no curso que conduce á FP ou ao bacharelato, con algunhas materias optativas; e en 4º os itinerarios de cara a unha ensinanza ou outra xa estarán “ben diferenciados”. 

Haberá dous exames de reválida distintos ao final da ESO: un para os que queiran estudar Formación Profesional e outro para os que vaian ao bacharelato. Os alumnos conseguirán o título obrigatorio ao aprobar todas as asignaturas de 4º, pero se queren seguir estudando, terán que facer esa reválida. Se un estudante suspende algunhas materias (enténdese entre unha e dúas) poderá presentarse igualmente ao exame: se o pasa, obterá o título e poderá seguir estudando.

Esto lémbrame, cando eu era rapaz aos meus estudos, con dúas reválidas. Veremos como remata esto!

No hay comentarios. Comentar. Más...

INICIATIVA NA DEFENSA DA LINGUA GALEGA

 

Hai veces que pequenos xestos valen moito máis que grandes actos institucionais. Este lema que pode aplicarse a moitos aspectos da vida, ten especial relevancia na defensa do noso idioma: O GALEGO.

Coñeceín hai uns días unha proposta, que califico de EXCELENTE, que realizou a comunidade educativa do IES de Chapela (Redondela):LIPDUB EU FALAREI 

Un Lipdub  ( "dobraxe de beizos") é unha realización dun vídeo musical realizado por un grupo de persoas que sincroniza os seus beizos, xestos e movementos cunha canción popular ou calquera outra fonte musical.

Eu falarei é un canto de amor en defensa da Lingua Galega, mais tamén é unha denuncia da situación que vive un idioma que esmorece lentamente vendo recortada a súa presenza nos medios de comunicación ou na propia escola, e que día a día perde falantes entre a xente nova.

Espero que o vídeo nova as vosas conciencias. Por certo aquí tedes a letra para poder seguilo mellor.

Letra de Eu Falarei:

Levo máis de mil, anos no país,
a súa historia é a miña historia, o seu destino o meu,
nacín coas vosas devanceiras, contigo eu sigo a vivir,
son a lingua, a lingua propia da nación

de Breogán, dixo Pondal,
mirei as ondas con Mendinho, eu deitada fronte ao mar,
falei con labregas e reis, escuros séculos vivín,
con Rosalía e mais Curros comecei o rexurdir

Represión, persecución,
na ditadura, con firmeza resistín,
e hoxe en Galiza eu estou a esmorecer
dáme alento, hoxe preciso de ti

(subtitulado)
Oh no not I! I will survive!
Oh, as long as someone talks to me I know I’ll stay alive.
I’ve got all my life to live,
And I’ve got all my love to give,
I’ll survive, I will survive!

INTERLUDIO

Na música dos locais, non te podo oír,
prohibido o paso tes en tecno, mate ou física
Ti non estás nunca no cine, non te atopo nos xornais
eu falarei, como falou o meu avó

de Trasmañó, en Angorén,
ou en Laredo, en Igrexa e no Penisal,
todo berete falará, e Redondela escoitará,
á parroquia de Chapela, soar en galego xa

Ao coidar, e ao dispensar,
ou atendendo, ás crianzas do mañá,
e coas dietas ou arquivando no hospital,
no traballo, o galego soará

Eu falarei, sempre en galego,
Quero viva a nosa lingua outras mil primaveras máis
Non te vou deixar morrer, xa non vas esmorecer
Falarei, eu falarei
Siiiiii!

Ao estudar, ao traballar,
tamén ligando, ou de festa e a bailar,
se estou no tuenti ou xogando ao balonmán,
e remando, ate Rande ou máis alá

Eu falarei, sempre en galego,
Quero viva a nosa lingua outras mil primaveras máis
Non te vou deixar morrer, xa non vas esmorecer
Falarei, eu falarei
Eu falareiiiiiiiiiiiii


Parabéns ao IES de Chapela!
No hay comentarios. Comentar. Más...

AVISTADAS MEDUSAS XIGANTES NO MEDITERRÁNEO

20120630102451-rhizostoma-luteum.jpg

Foto dun exemplar de Rhizostoma luteum duns 10 kg, en Granada / Ignacio Franco

As augas do Mediterráneo teñen un novo inquilino. Chámase Rhizostoma luteum e é unha especie de medusa xigante moi puoco coñecida, ata o punto de que algúns científicos dudaban da súa existencia ou pensaban que se trataba dunha subespecie. E é que, aínda que foi descrita por primeira vez en 1827, apareceu citada en menos dunha decea de traballos científicos e apenas existían debuxos ou fotografías dela.

Nas últimas semanas realízáronse máis de 50 avistamentos na costa murciana, sobre todo, nas praias de Almería, Granada e Málaga, segúndo informacións de investigadores do Instituto Español de Oceanografía (IEO).

Os investigadores cren que a picadura desta enorme medusa non é perigrosa. Calificala de xigante non é unha esaxeración pois os exemplares adultos poden chegar a medir 60 centímetros de diámetro e a pesar 40 quilogramos. A maioría das medusas avistadas pesaban entre 10 e 15 quilos aproximadamente. A modo de comparación, a medusa Rhizostoma pulmo, unha especie coa que se confunde con frecuencia, pesa dous ou tres quilos.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

MEDIO AMBIENTE E CALIDADE DE VIDA

20120707153240-ciudad-verde.jpg

Cidades ecolóxicas / Imaxe:ecologiaverde.com

A calidade do noso medio ambiente máis próximo ten un impacto directo sobre a nosa súde e a nosa calidade de vida. Así o advierte o índice "Better Life" (Mellor Vida) da Organización para a Cooperación e o Desnevolvemento Económico (OCDE), coñecida como o "clube dos países ricos". Os seus responsables sinalan a Suecia como o país co mellor ambiente do mundo (nota 10 sobre 10), seguido de Reino Unido (9,7), Islandia (9,6), Alemaña (9,3), Noruega (9,2), Finlandia (9,2) e Luxemburgo (9,2). España sitúase no posto 28, dun total de 36 países estudados, cun 6,6 sobre 10.

O informe indica que o 13% dos españois considera que non ten acceso a espacios verdes, unha porcentaxe lixeiramente superior á media europea (12%). Os niveis de emisións de partículas contaminantes PM10 acadan os 27,6 µg/m3, un valor maior tamén que o promedio en Europa (22 µg/m3). En canto á calidade da auga, o 81% dos españois non está satisfeito con ela (por debaixo do 85% de media dos países da OCDE). O informe destaca a producción de enerxía eólica en Navarra como un exemplo a seguir de "Mellores políticas para mellores vidas".

Os países que se atopan por detrás de España nesta clasificación son, en orde decrecente, Corea, Polonia, México, Federación Rusa, Israel, Grecia, Turquía e Chile. Estes cinco últimos suspenden, ademais, ao non acadar o 5 de nota media.

FONTE: Revista Consumer

No hay comentarios. Comentar. Más...

O BOSÓN DE HIGGS PARA PROFANOS

 

Foi a noticia científica da semana, do ano e, posiblemente, do século: O descubrimento do bosón de Higgs. Pero realmente que é?

A masa é un dos conceptos fundamentais e á vez estraños da física. Se interaccionamos co mundo que nos rodea asociamos o concepto de masa ao de inercia ( é máis fácil desprazar unha cadeira que un armario, polo tanto ten menos masa a cadeira).

Os obxectos macroscópicos (os que podemos ver a simple vista) están feitos de materiais compostos de moléculas. Estas non son senón conxuntos de átomos, estructuras formadas por ínfimas partículas elementais que interaccionan entre sí grazas á súa carga eléctrica.

A masa de todo o que nos rodea é a suma das masas de todas esas partículas diminutas, invisibles, das que están feitos, das que estamos feitos.

En física non é fácil explicar cal é a orixe da masa das partículas. É razoable pensar que existe un mecanismo que fai que unhas partículas experimenten unha inercia diferente de outras, polo que as súas masas serán de diferente magnitude.

Unha hipótese razoable para este mecanismo es supoñer que existe un "campo" que permea todo o espazo (o universo) co que interaccionan case todas as partículas elementais. Aquelas partículas que experimenten unha interacción intensa con este campo serán partículas moi masivas, mentras as que o fagan levemente serán lixeiras.

Pero, e as que non interaccionan ? Esas, como o fotón (a partícula da luz), carecen de masa podendo moverse libremente á velocidade da luz. Estamos falando do campo de Higgs. Se visualizamos este campo como unha xelatina que, de forma apenas perceptible, ocupa todo o espazo podemos interpretar a inercia como a interacción das partículas elementais con esta "substancia" (sen olvidar que esto non é senón unha imaxe mental, un exercicio intelectual). Este campo que, como se dixo, permea todo o espazo, é prácticamente indetectable. Sen embargo, o modelo de Higgs predí que se o axitamos con suficiente forza podemos producir perturbacións no mesmo que serían detectables. Esas perturbacións son a partícula de Higgs (máis técnicamente, o bosón de Higgs).

Para aqueles que aínda non o teñan claro, o vídeo pode axudar.

FONTE: Pablo García Abia / Xornal: El País

No hay comentarios. Comentar. Más...

O CROCODILO MÁIS GRANDE DO MUNDO

20120708125419-xyucqm3h-nez4-mxsjjlwnu6gv.jpg

Crocodilo de máis dunha tonelada capturado nun poblo de Filipinas / AP

Un crocodilo xigante de auga salgada capturado no pasado setembro no sur de Filipinas foi proclamado na semana pasada como o exemplar en cautividade máis grande do mundo, segundo o Libro Guinness dos récords.

Lolong, como foi bautizado polos seus captores, é responsable de varios ataques mortais e mide cerca de 6,17 metros, cun peso de 1.076 quilogramos.

O réptil xa era unha estrela antes de ser recoñecido co récord ao ser unha das atraccións máis coñecidas da cidade de Bunawan, no sur de Filipinas, onde habita nun parque natural.

Máis de 100 persoas foron necesarias para capturar e sacar da auga a este espécime nunha caza que se prolongou tres semanas. Unha vez en terra firme, foi transportado en grúa ata o seu novo fogar.

Ata ese momento o récord tíñao un exemplar australiano de 5,48 metros de lonxitude.

Os crocodilos de auga salgada son os réptiles máis grandes do mundo e habitan nas zonas pantanosas do sueste asiático e no norte de Australia.

FONTE:lavanguardia.com/Vida

No hay comentarios. Comentar. Más...

ANIMAIS RAROS: AXOLOTE

20120708090229-axolotle.jpg

Axolote / Imaxe:animaxx.be

É un fenotipo neotenico de anfibio caudado (anfibio con cola). Pertence á familia dos ambistomátidos ou anfibios endémicos que proveñen de México, dos lagos Xochimilco e Chalco, así como tamén das canes que os rodean. Viven dentro da auga, onde medran, desenvólvense e reprodúcesene. Moi poucos logran rematar coa súa metamorfose e saír da auga a un medio terrestre completamente desenvolvidos.  Poden chegar a medir uns 30cm. aproximadamente. A súa clasificación sería:

Reino: Animal
Filo: Cordado
Clase: Anfibio
Orde: Caudata
Sub. orde: Salamandra
Familia: Ambistómidos
Nome científico: Ambystoma Mexicanum
Nome común: Axolote

A súa capacidade de rexeneración levárono a estar en perigo de extinción, pola súa explotación desmedida para fines medicinais (na medicina tradicional mexicana pódense atopar xaropes de axolote para tratar principalmente enfermidades respiratorias. Tamén cómenos en caldo para fortalecer as defensas).


No hay comentarios. Comentar. Más...

DEPURADORAS VEXETAIS

20120708115027-depuradora-vexetal-senorio-de-senorans-abc.jpg

No Pazo de Señoráns (Pontevedra) vese unha depuradora vexetal, en primeiro plano, ao lado dos viñedos / ABC

Nos últimos anos e debido ao fenómeno do cambio climático, estase a fomentar o aforro de enerxía e os sistemas eficientes e respectuosos co medio ambiente. Un aforro e unha eficiencia que se pode lograr tamén á hora de depurar as augus residuais.

Se ben estamos afeitos a grandes infraestructuras, plantas depuradoras que consomen grandes cantidades de enerxía para conseguir que a auga contaminada volva ao seu cauce natural sen restos perigosos, uns investigadores, dun grupo de investigación do Departamento de Química Ambiental da Universidade da Coruña, conseguiron deseñar e comercializar un sistema que perfectamente se pode destinar ás comunidades de propietarios, pequenas empresas, ou incluso fincas de particulares.

Despois de 10 anos investigando sobre os humedais e a súa aplicación na depuración de augas xurdíulles a idea dunha spin-off e comenzaron a formar parte do viveiro de empresas da Universidade. Así é como naceu Sedaqua, unha empresa adicada á planificación, asesoramento, montaxe e mantemento deste tipo de depuradoras vexetais.

A idea é utilizar a propia vexetación para depurar as augas residuais. O procedemento é construír humedais con lagoas ou canles pouco profundos (de menos de 1 metro) plantados con vexetais propios das zonas húmidas. Deste xeito, unha planta de tratamento de augas residuais convírtese nunha parcela de xunqueiras e carrizas. Pódense utilizar outro tipo de plantas, pero teñen que ser acuáticas e que resistan en terreos moi húmidos, por exemplo, lirios ou espadanas, en función do adorno que se queira poñer.

Os procesos de descontaminación teñen lugar mediante a circulación da auga e as súas interaccións co substrato sólido, os microorganismos, a vexetación e incluso a fauna.

A inversión inicial que se necesita pode chegar a ser inferior ao 50% en comparación con outros tratamentos que actualmente estanse instalando nas empresas. O mantemento é moi escaso, reducíndose a comprobacións periódicas das tubaxes e arquetas. As partes finais, con auga xa depurada, poden ter auga en superficie, para mellora paisaxística e ecolóxica. A lámina de auga está sumerxida, co que se evita a xeración de olores e a proliferación de insectos. Este nulo impacto visual pode chegar a convertir esta instalación incluso nun atractivo turístico.

FONTE: Xornal ABC/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

A ONDE IMOS?

20120711180941-2012-07-18-vin-2012-07-11-22-55-54-davila110712.jpg

 

É o comentario do día: A onde imos? A verdade é que esto parece que non ten solución, imos de mal a peor e non se ve unha saída. E o peor de todo e que os que nos gobernan, que dicían que tiñan solución e puxérona nos seus programas electorais non son quen de cumprilas. Pero para máis engano, din hoxe unha cousa e mañá xa cambian. Non saben eles mesmos a onde imos e o que hai que facer.

A viñeta de Davila, do xornal Faro de Vigo, de onte, sinalaba por onde iban ir os tiros. Por un lado o incumprimento do dito e despois máis recortes, como o IVE que pasa dun 18% ao 21%, o que implicará o encarecemento das cousas e cos mesmos cartos haberá que consumir menos e polo tanto recaudarán menos e... Bueno un lío monumental de economía que eu non entendo, pero paréceme a min que eles tampouco o teñen claro, e dan paus de cego, xa que nin os economistas se poñen de acordo.

O que si está claro como a auga é que os de sempre, os traballadores, pagaremos o pato. E esto, seguro, non queda aquí. Como din nas series de TV: Continuara...!

No hay comentarios. Comentar. Más...

PANORÁMICAS DE MARTE

20120711085942-1341873801-491792-1341873869-noticia-normal.jpg

O rover Opportunity amosa unha foto parorámica do terreo vermello de Marte tomada durante o seu recoñecemento durante o inverno marciano / NASA

Expertos da Administración Nacional para a Aeronáutica e o Espazo de Estados Unidos (NASA) revelaron a principios desta semana unha vista panorámica de 360 graos de Marte que combina 817 imaxes tomadas polo rover Opportunity  recollidas en 120 días. N imaxd pódese observar dende as pegadas do vehículo ata os restos dun cráter formado na súa superficie hai miles de millóns de anos.

Esta presentación coincide con dous fitos para a NASA: os 3.000 días da misión e o cumprimento de 15 anos de presenza robótica da NASA en Marte, dende que aterrizara a nave ’PathFinder’ en 1997.

Para ver o resto das imaxes, so tes que premer AQUÍ.


No hay comentarios. Comentar. Más...

LECTURA NO VERÁN 2012

Da casa ao colexio e, despois dunha longa xornada, os deberes, as actividades extraescolares e outras tarefas académicas que abarrotan con frecuencia as vosas axendas durante o curso escolar. Encontrar algo de tempo libre para ler por placer parece unha misión case imposible para moitos de vós. Por iso, as longas vacacións do verán representan unha excelente oportunidade para disfrutar da lectura. Ademais de ser unha actividade tranquila e entretida, axuda a reforzar as destrezas lingüísticas adquiridas nas aulas.

Aquí propóñovos 2 libros, un en castelán e outro en galego. De calquera xeito o voso libreiro ou a encargada da Biblioteca Municipal tamén pode aconsellarvos.


El enigma del scriptorium

EL ENIGMA DEL SCRIPTORIUM de Pedro Ruíz García. Ediciones SM. 

 Una apasionante novela de misterio ambientada en el Toledo medieval de las tres culturas. Toledo, siglo XIII. Francisca, una muchacha huérfana de quince años, debe a su talento como dibujante el privilegio de ser aprendiz en el scriptorium real de Alfonso X el Sabio. Ante ella se cierne la sombra de un convento en el que no quiere ingresar, aunque ello signifique abandonar su formación.

a chave da atlantida-anxo fariña-9788499142982

A CHAVE DA ATLANTIDA   de Anxo Fariña. Edicións Xerais.

É unha novela de ciencia ficción na que, a un ritmo trepidante, mestúranse os mitos dunha civilización antiga coas posibilidades ofrecidas pola biotecnoloxías e da robótica do futuro. Unha aventura que non dá trégua, onde non falta nin as presecucións nin as probas fantásticas, na que se somete á indagación dos lectores e lectoras novos un dos tópicos da mitoloxía clásica.

Boa lectura!

No hay comentarios. Comentar. Más...

PROXECTO "UN LITRO DE LUZ"

 

O proxecto "Un litro de luz" (isang litrong liwanag), desenvolvido por estudantes do MIT (Massachusetts Institute of Technology) que, en colaboración coa fundación filipina Myshelter Foundation, busca atrapar a potencia do Sol nunha bombilla caseira de ultrabaixo custe, para así traer a luz ás casuchas escuras e tristes que enchen os barrios menos favorecidos do mundo.

O procedemento é sinxelo: unha botella de Coca-Cola, auga e lexivia. Colocase axustada nun buraco do tellado e emite luz (de día, xa que esas casuchas non teñen fiestras) equivalente a unha bombilla de 55W. O principio científico: luz solar que choca contra o líquido xerando refracción de 360º que ilumina toda a habitación. A lexivia impide a presenza de mofos e polo tanto mantense sempre transparente.

Totalmente ecolóxica e sustentable!

No hay comentarios. Comentar. Más...

LIBROS DE TEXTO CIENCIAS DA NATUREZA PRÓXIMO CURSO

20120711201123-escanear0001.jpg

Estes son os libros de texto de Ciencias da Natureza do próximo curso.

1º ESO: ( O mesmo do ano pasado)

Ciencias da Natureza 1.

Autor/es: Zubiaurre Cortés, Sabino; Osuna Alcalaya, M.ª del Carmen; Plaza Escribano, Concepción; Hernández Gómez, Jesús; Martínez Casillas, Jesús.
ISBN: 978-84-678-0046-3
Idioma: Galego

2º ESO: (Libro novo)

Ciencias da Natureza 2.

Autor/es: Zubiaurre Cortés, Sabino; Osuna Alcalaya, M.ª del Carmen; Plaza Escribano, Concepción; Hernández Gómez, Jesús; Martínez Casillas, Jesús.
ISBN: 978-84-678-2376-9
Idioma: Galego

No hay comentarios. Comentar. Más...

"P5" OU "S/2012 (124340) 1": A QUINTA LÚA DE PLUTÓN

20120712083423-nasa-644x362.jpg

Imaxes obtidas do telescopio Hubble onde se ve Plutón e as súas cinco lúas / NASA

O mítico telescopio espacial Hubble fixo posible outro grande descubrimento astronómico: unha nova lúa que orbita Plutón, P5, a quinta detectada na contorna deste ex planeta, que en 2006 foi rebaixado á categoría de "planeta anano".

Segundo informa a NASA, a nova lúa ten unha forma irregular e unha extensión de entre 10 e 25 quilómetros dende un extremo a outro. Nas imaxes enviadas polo Hubble, a lúa vese como unha pequena mota branca, e os astrónomos calculan que realiza unha órbita ao rededor de Plutón cun diámetro de 95.000 quilómetros, no mesmo plano que os outros satélites do planeta anano.

Caronte (Charon, en inglés) é a lúa máis grande de Plutón, descuberta en 1978. As observacións del Hubble desvelaron en 2006 a existencia doutras dúas pequenas lúas, Nix e Hydra, e outro satélite, coñecido como P4, tamén foi detectado polo telescopio espacial en 2011. A quinta, agora descuberta, denominada de momento como P5 ou S/2012 (124340) 1, foi detectada por una das cámaras do Hubble en múltiples imaxes obtidas nas últimas semanas, entre o 26 de xuño e o 9 de xullo.

Aos investigadores da axencia espacial non entenden como un astro tan pequeno como Plutón teña un sistema tan complexo de satélites. O descubrimento de P5 proporciona novas claves para comprender como se formou e evolucionou o planeta anano e as súas lúas. A teoría con máis peso entre os expertos é que as lúas de Plutón son os restos dunha colisión entre o planeta e outro obxecto do   Cinto de Kuiper, nos confíns do Sistema Solar, hai miles de millóns de anos.

 

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

NOVAS RESERVAS DA BIOSFERA

20120717113113-logomab.jpg

A illa da Gomera no arquipiélago canario e o parque natural das Ubiñas-La Mesa, na cordilleira cantábrica, foron aceptadas pola Unesco para que formen parte da súa rede mundial de reservas da biosfera.

Na reunión do consello internacional de coordinación dese programa, deuse o visto e prace tamén á recente ampliación da reserva da biosfera de Doñana e á nova zonificación da Serra Nevada, que xa estaban nesa lista.

En total, segundo o comunicado difundido pola Unesco engadíronse 20 novos enclaves, dous deles transfronteirizos, cos que esa rede mundial de reservas conta na actualidade con 598 lugares nun total de 117 países.

Esas reservas son lugares designados polo programa sobre o home e a biosfera (MAB) da UNESCO como sitios de experimentación de diferentes métodos de xestión integrada da biodiversidade e dos recursos naturais, xa sexan terrestres, costeiros mariños ou de aga doce.

Da Gomera, o organismo destacou entre outros o Parque Nacional de Garajonay, inscrito tamén na Lista do Patrimonio Mundial e que destaca polo seu bosque húmido de loureiros e polos cultivos en terrazas, "importantes polo seu grande significado cultural".

Das Ubiñas-La Mesa, suliñouse que comprende bosques maduros que conservan o seu estado primixenio e posuír "un alto grao" de biodiversidade, no que hai tamén especies animais protexidas, como o oso pardo cantábrico, e un patrimonio cultural "de grande riqueza".

Galicia ten nesta lista de Reservas da Biosfera:

1.- As Terras do Miño da cunca do río Miño na provincia de Lugo entre as localidades de Ourol, Valadouro, Muras, Alfoz, Mondoñedo, Abadín, Xermade, Vilalba, A Pastoriza, Riotorto, Guitiriz, Cospeito, Meira, Begonte, Rábade, Castro de Rei, Outeiro de Rei, Pol, Lugo, Friol, Castroverde, Guntín, O Corgo, Baralla, O Páramo e Láncara. Recoñecida no ano 2002.

2.- A área de Allariz, reñecida no ano 2005 e que consta con outros premios e recoñecementos como o Premio Europeo de urbanismo. Comprende os municipios ourensáns de Allariz, Vilar de Santos, A Bola e Rairiz de Veiga. 

3.- Ancares de Lugo, os montes de Cervantes, Navia e Becerrea. Recoñecida no ano 2006. Cunha extensión de máis de 100.000 hectáreas limitando coa provincia de León, é o maior espazo natural da Comunidade Gallega formado por pequenos vales encaixados entre picos de máis de 2.000 metros de altitude.

4.- A ría del Eo, Oscos e Terras de Borrón, recoñecida no ano 2007. Está integrada por sete municipios da provincia de Lugo (Ribadeo, Trabada, A Pontenova, Ribeira de Piquín, Baleira, A Fonsagrada e Nogueira de Muñiz) e os de Castropol, Vegadeo, San Tirso de Abres, Taramundi, Villanueva de Oscos, Santa Eulalia de Oscos e San Martín de Oscos (Asturias).

5.- Reserva transfronteiriza "XURÉS-GERÊS", declarada no ano 2009. Abarca un total de dez municipios completos, seis en Galicia: Baixa Limia (Lobios, Lobeira, Entrimo, Muiños, Calvos de Randín, e Bande) e outros cinco en Portugal (Melgaço, Arcos de Valdeve, Ponte da Barca, Terra de Bouro e Montalegre).

Moito temos que conservar e coñecer!

No hay comentarios. Comentar. Más...

OS MODELITOS QUE LEVAREMOS AOS XOGOS OLÍMPICOS!

20120718114829-uniforme-juegos-olimpicos-espana-2012.jpg

Uniforme de España nos Xogos Olímpicos de Londres / Imaxe:deportesonline.com

Cando vin nos medios de comunicación as fotografías dos uniformes que van levar os nosos representantes nos próximos Xogos Olímpicos de Londres, pareceume algo ridículo. Pero tamén pensei que podía ser unha impresión só miña, polo que indaguei, nos xornais e nas redes sociais. Parece que non era eu só. Comentarios de todo tipo: "Deseño desafortunado", "Chándal choni", "Menuda horterada"...

E de quen saíu esta marabilla? Pois como non temos empresas do téxtil en España, ímonos fóra, á empresa rusa Bosco Sport , que por certo tamén viste a Rusia e a Ucrania. Vaia forma de promocionar a marca España!

Ese rito típico no fúbol de intercambiar camisetas ao final non sei como será, ou si, pois igual é o momento de facerse con algo único para conservar nun museo.

Algúns dos nosos olímpicos publicaron xa fotografías co seu uniforme. É o caso do piragüista de K2 Saúl Craviotto, que comenta xunto á súa fotografía "En casa probándome la ropa de los JJOO!yo mejor no opino, os lo dejo a vosotros... "

Craviotto, haciendo de modelo.
Eu tamén digo o mesmo!
No hay comentarios. Comentar. Más...

SALVAR, A QUEN?

20120720084448-1342721718-844732-1342722008-noticia-normal.jpg

A viñeta que hoxe publica o xornal El País, do xenial El Roto (Andrés Rábago García, Madrid-1947) resume claramente a situación que se empeza a vivir  no noso país e que xa se palpa nas rúas, non máis que ver as manifestacións multitudinarias de onte, despois que o Parlamento convalidara as últimas medidas de "recorte" e que hoxe o Eurogrupo confirme o seu visto e prace ás condicións e termos da axuda de ata 100.000 millóns de euros que recibirá España para sanear a súa banca, e que onte aprobaron os parlamentos europeos.

Sen ningún comentario máis, a viñeta fala por si mesma!

No hay comentarios. Comentar. Más...

XXI CONCURSO DE FIGURAS DE AREA

20120718112848-figuras-de-area.jpg

 

XXI Concurso de Figuras de Area

O Concello da Guarda organiza unha nova edición do Concurso de Figuras de Area mañá, domingo 22 de xullo, na praia do Muíño, coa finalidade de que os nenos desenvolvan unha actividade lúdica ao aire libre e ao mesmo tempo que xoguen ca imaxinación.

Programa

De 11:00 - 12:00: Inscricións por categorías:

                               Categoría vermella (3-5 anos)

                               Categoría gris (6-9 anos)

                               Categoría amarela (10-12 anos)

                               Categoría azul (13-16 anos)

                               Categoría verde (por grupos de 3-16 anos. Máximo 4 participantes)

De 12:00 a 13:00: Concurso de figuras de area

Ás 13:00: Entrega de agasallos a todos os participantes

Ás 13:30: Entrega de premios ó 1º e 2º de cada categoría

Como en edicións anteriores tódolos participantes recibirán un agasallo e os gañadores das categorias recibarán un vale para canxear nas librerias da Guarda.

Nesta actividade colabora  Anabam e Erguete Baixo Miño e é patrocinada  por  Auga Sana e Frigo.

Dende aquí anímovos a participa!

FONTE:galiciasuroeste.info

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

CINE: O CABALEIRO ESCURO-A LENDA RENACE

20120722082859-o-cabaleiro-escuro-a-lenda-renace.jpg

Esta fin de semana chegou aos cines, lamentablemente con mortes no estreo en EEUU, a terceira entrega da triloxía Batman: O CABALEIRO ESCURO: A LENDA RENACE, despois das dúas anteriores: Batman Behins (2005) e O Cabaleiro Escuro (2008).

Esta é a súa ficha técnica:

Título: O Cabaleiro Escuro: A Lenda Renace

Título Orixinal: The Dark Knight Rises

Xénero: Acción, Aventuras, Thriller

Nacionalidade: USA, Reino Unido

Ano: 2012

Director: Christopher Nolan

Guión: David S. Goyer, Jonathan Nolan, Christopher Nolan

Producción: Charles Roven. Christopher Nolan. Emma Thomas.

Productora: Warner Bros. Pictures, Legendary Pictures

Fotografía: Wally Pfister.    

Música: Hans Zimmer. James Newton Howard.

Duración: 165 minutos

Reparto: Christian Bale, Anne Hathaway, Gary Oldman, Michael Caine, Morgan Freeman, Tom Hardy, Joseph Gordon-Levitt, Marion Cotillard, Juno Temple, Brett Cullen, Joey King, Josh Pence, Matthew Modine, Christopher Judge, Daniel Sunjata

Sinopse: Situada seis anos despois, Batman é agora perseguido pola lei, dirixida polo seu amigo o Comisario Gordon por asumir os asasinatos de Harvey Dent e protexer a súa reputación. Debe enfrontarse rápidamente coa chegada de Bane, un terrorista enmascarado, que está empeñado na destrución e o caos da Cidade de Gotham, enfrontarse a antigas feridas e manexar á enigmática Selina Kyle, antes de que a súa cidade se perda para sempre.

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

POR QUE A TERRA NON É UN MUNDO ACUÁTICO?

20120719113539-agua-tierra-esfera1.jpg
Toda a auga da Terra, nunha esfera, a escala / USGS

 

Grandes extensións de océanos, ríos que serpentean durante centos de quilómetros, colosais glaciares cerca dos polos... A Terra parece ter auga en abundancia e, non obstante, menos do 1% da masa do noso planeta está composta polo líquido elemento. Esta «sequía» relativa desconcertou aos astrónomos. O modelo estándar sobre a orixe do noso planeta sinala que se formou hai 4.500 millóns de anos do material rico en auga  no disco protoplanetario ao redor do Sol. Entón, por que non imos a trabajar en barca? Investigadores do Space Telescope Science Institute en Baltimore, Maryland (EE.UU.), coidan ter a resposta.

Os investigadores de Baltimore pensan que a Terra formouse a partir de restos de rochas nunha rexión seca, quente, no interior da chamada «liña de neve» ou «liña de conxelación». Esta liña atópase actualmente no centro do cinto de asteroides, un depósito de entullos entre Marte e Xúpiter. Máis alá deste punto, a luz do Sol é moi débil como para derreter os entullos de xeo deixados polo disco protoplanetario.

Os modelos teóricos din que cando se formou a Terra, a «liña de neve» estaba moito máis cerca do Sol, pero os investigadores pensan que xamais alcanzou a órbita do noso planeta.

Os científicos advirten de que o modelo revisado non pode describir como se comportan todos os discos ao redor de estrelas novas, xa que as condiciós dentro do disco poden variar dunha estrela a outra e o azar, igual que cualquera outra cousa, determinou o resultado final para a Terra.

FONTE: Xornal ABC/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

ESPAZO FORTALEZA

 

No Concello de Tomiño. Existe un espazo histórico, onde se empraza a Fortaleza de San Lourenzo. Existe un espazo de transformación, que nos achega á Portugal. Existe un espazo de respecto, xunto a praia fluvial de Goián. Existe un espazo vivo, cheo de actividades. Existe un espazo de auga, á beira do río Miño. Existe un espazo único, espazo Fortaleza. Onde latexa o Miño.

Merece a pena coñecelo!

FONTE:concellotomino.com

No hay comentarios. Comentar. Más...

HOXE COMENZAN OS XOGOS OLÍMPICOS LONDRES 2012

 

Hoxe, día  25 de xullo, comenzan os XOGOS OLÍMPICOS 2012  que se celebran el Londres (Inglaterra), coas competicións de fútbol, aínda que o acto oficial de apertura desta edición XXX será o venres, día 27. As diferentes competicións prolongaranse ata 12 de agosto.

Este é o vídeo oficial video, titulado “Sport At Heart” (Deporte no corazón). O tema leva por título Proud e está interpretado pola cantante Heather Small  (Londres, 1965).

Para mantervos informados, só tedes que pinchar AQUÍ ou no enlace LONDRES 2012, que permanecerá activo ata finais de agosto.

Estes son os resultados de España nos últimos xogos olímpicos. Esperemos melloralos nesta edición:

Pekín 2008  ORO    5 PRATA   10 BRONCE     3 TOTAL     18

 

Boa sorte aos olímpicos españois!


No hay comentarios. Comentar. Más...

GOOGLE SCIENCE FAIR 2012

 

Tres adolescentes rioxanos gañaron o concurso mundial de innovación "Google Science Fair 2012" cun proxecto para coñecer a vida microscópica en augas doces.

Eles son Iván Hervías, Marcos Ochoa e Sergio Pascual, tres estudantes logroñeses de cuarto da ESO do IES "Batalla de Clavijo" que resultaron vencedores na categoría de idade de 15 e 16 anos deste concurso de innovación para xoves organizado pola compañía tecnolóxica.

Os adolescentes crearon durante case catro anos e principalmente no seu tempo libre unha base de imaxes de miles de fotografías  e realizaron distintos experimentos para coñecer o comportamento dos microorganismos no medio acuático.

Parabéns!

No hay comentarios. Comentar. Más...

CANCIÓN DO VERÁN: UN POUCO DE HUMOR ANTE UNHA SITUACIÓN CRÍTICA DO PAÍS

 

Tomando o tema de Juan Luis Guerra "La Bilirrubina", o humorista e imitador, Carlos Latre, interpreta está canción "Me sube la prima de riesgo" nun dos mellores programas da autonómica de cataluña TV3, Polònia, programa de sátira política dirixido por Toni Soler.

Un pouco de humor para tempos revoltos! A verdade é que saíume case a realidade, o título unha novela, e que todos seguimos! 


No hay comentarios. Comentar. Más...

OBRADOIROS DE ARQUEOLOXÍA: "A VIDA NO CASTRO"

20120723082620-obradoiros-de-arqueoloxia.jpg

 

 

O Concello da Guarda e o Padroado Monte Santa Trega, coa colaboración das comunidades de montes da Guarda e Camposancos, con motivo do centenario da sociedade pro-Monte, organizan os Obradoiros de Arqueoloxía "A vida no castro" nesta fin de semana, do 28 e 29 de xullo, en fronte á casa forestal.

O obxectivo é que os visitantes poidan coñecer, mediante a participación directa, algúns dos traballos e oficios que desenvolvían os habitantes do castro hai máis de 2000 anos.

Haberá actividades orientadas  a nenos e a maiores. Poderase traballar o barro como na prehistoria, moer cereal, tallar ferramentas de pedra, gravar petroglifos coas técnicas da Idade do Bronce e entre outras cousas participar nunha escavación arqueolóxica simulada.

Os obradoiros desenvolveranse polas mañás de 11 a 14 horas e pola tarde de 18 a 21 horas.

Anímate e participa!

No hay comentarios. Comentar. Más...

CALENDARIO EXAMES SETEMBRO 2012

20120727074458-20110827094500-exames-1.jpg

A Xefatura de Estudos caba de publicar o calendario de exames  para a convocatoria estraordinaria de setembro 2012, que se celebrarán os días 3 e 4 (luns e martes). Na materia de CCNN e no referente á Titoría de 1º A tedes toda a información en DÍA A DÍA. Para o resto de cursos e materias a información tédela premedo AQUÍ.

No hay comentarios. Comentar. Más...

A FORMACIÓN DO NOSO ROSTRO

 

A serie da televisión británica "Inside the Human Body" amosou un documento inédito: a reconstrución de como se forma o rostro do embrión durante o primeiro trimestre da xestación.

Trátase dun vídeo de medio minuto de duración elaborado a partir de imaxes de ecografías tomadas entre a cuarta e a décima semana da xestación, combinadas cun trabajo meticuloso de reconstrución por ordenador. As imaxes recollen de forma acelerada as diferentes partes da formación da cara.

As transformacións no rostro comenzan a desenvolverse a partir dun punto clave: a fendedura situada baixo o labio superior. O resultado da montaxe das imaxes é tan insólito como espectacular.

Aquí tes o vídeo!

No hay comentarios. Comentar. Más...

IMAXES DOS FONDOS DAS ILLAS CIES (PROXECTO CEFAPARQUES)

 

As Illas Cies forman parte do único Parque Nacional que temos en Galicia: Parque Nacional Marítimo-Terrestres das Illas Atánticas de Galicia.
No pasado mes de xuño, un equipo científico do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (CSIC) realizou nos fondos das illas Cies unha mostraxe, dentro do programa CEFAPARQUES, co obxectivo deidentificar, dentro do seu perímetro, hábitats de preferencia para a posta de cefalópodos de interese comercial, como  polbo, a lura e a sepia.

Este vídeo é un documento científico elaborado a partir das imaxes gravadas nas máis de 80 inmersións nesas augas. Por certo entre as fermosas imaxes podemos ver a cópula e posterior posta dos polbos.

No hay comentarios. Comentar. Más...