Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Marzo de 2013.

O CEO DO MES: MARZO 2013

20130228223349-arbol-flor-almendro.jpg

Amendoeira en flor: Imaxe: www.decoranatural.com

"Marzo, marzal. De mañá inverno, de tarde verán" (REFRANEIRO POPULAR)

4 de marzo: Cuarto Minguante

11 de marzo: Lúa Nova

19 de marzo: Cuarto Crecente

20 de marzo: Comezo da Primavera

27 de marzo: Lúa Chea

Chuvia de Meteoros: Gamma-Nórmidas, actividade dende o 25 de febreiro ao 22 de marzo, con máximo eo14 de marzo.

No hay comentarios. Comentar. Más...

ANDORCA: BALEA OU GOLFIÑO?

20130302131020-candorca.jpg

Andorca (Orcinus orca) / Imaxe: www.elhogarnatural.com

As baleas orcas, en galego candorcas, tamén coñecidas como orcas asasinas, gobernan o mar. Os únicos perigos aos que se enfrontan son os seres humanos, xa que non existe outra criatura no mar que poida ser unha ameaza para elas.

As candorcas (Orcinus orca) pertencen á orde Cetacea, familia Delphinidae, polo que en realidade son delfíns, de feito é o delfín máis grande que existe, a pesar de chamalas "baleas".

As candorcas son principalmente depredadoras, capaces de atacar mesmo a baleas (zanón pola que os baleeiros españois do século XVIII ao velas alimentarse de baleas denomináronas asasinas de baleas. Dise que un tradutor cometeu un erro ao traducir a frase ao inglés, traduciuna como killer whale, o que á súa vez en español quere dicir balea asasina) e a varios outros mamíferos mariños como focas ou leóns mariños. Non obstante, son consideradas como un dos animais máis fastosos do mundo.

As andorcas locen máis como baleas pequenas que como delfíns. De feito a IWC (Comisión Baleeira Internacional) inclúenas na súa lista de baleas. Ao longo da historia moitos baleeiros cazáronas; en 1979 os soviéticos mataron a case 1.000 exemplares no Antártico. Debido a que as baleas grandes están en perigo de extinción, algúns baleeiros optaron por cazalas, xa que estas non están ameazadas.

Un cúmulo de circunstancias facilitan esta confusión tan xeralizada!

No hay comentarios. Comentar. Más...

A DESAPARICIÓN DOS DINOSAUROS

 

O xornalista científico, José Manuel Nieves, explica no seu videoblog «Materia Escura» os acontecementos que precipitaron a desaparición dos dinosauros na Terra, segundo un último estudo publicado na revista Science, que demostra que a desaparición dos dinosauros coincidiu case exactamente no tempo co impacto dun gran meteorito contra a Terra.

FONTE: Xornal abc/Ciencia

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

O NACEMENTO DUN PLANETA XIGANTE

20130303201744-1362055980-0.jpg

Recreación artística do planeta xigante gasoso arededor da estrella HD 1005460 / ESO

Os planetas xigantes gasosos, segundo as teorías actualmente vixentes, fórmanse tras capturar po e gas que permanecen tras a creación dunha estrela. A súa superficie é indefinida, composta principalmente por hidróxeno e metano. Un equipo internacional de investigadores do Observatorio Europeo Austral observou o disco de po e gas da estrela nova HD 100546, a uns 335 anos luz de distancia da Terra, e descubriu na súa órbita o que cre que é un planeta xigante en proceso de formación, un descubrimento que ofrece unha excelente oportunidade de comprender como se forman os planetas.

Os científicos que estudaron durante anos a estrela nova HD 100546 descubriron unha débil mancha no seu disco circumestelar, o seu anel. Nun principio pensaron que se podía tratar dun planeta xigante a unha distancia seis veces maior que a que separa á Terra do Sol. Grazas ao
telescopio VLT (Very Large Telescope) do Observatorio Europeo Austral o equipo de investigadores actual descubriu que este planeta en formación realiza unha órbita moito maior, unhas 70 veces a distancia que separa a Terra do Sol, isto é, ao redor de 149.600.000 quilómetros de media. Áchase nas rexións exteriores do sistema, aínda que non está claro se estivo na súa posición actual durante todo o tempo da súa formación ou se puido migrar dende rexións interiores.

Aínda que a teoría de que o obxecto detectado se trata dun protoplaneta é a que máis se adapta aos resultados das observacións, existe a remota posibilidade de que se trate dun planeta totalmente formado exectado da súa órbita orixinal cara a unha posición máis próxima á estrela. Se, pola contra, se confirma que se trata dun protoplaneta, os investigadores terán un perfecto laboratorio no que estudar de preto o proceso de formación dun novo sistema planetario.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

OCUPANTES DE CORPOS I: CARACOIS ZOMBIS

20130304230430-succinea-mit-leucocholoridium-.jpg
Un caracol infectado, cun dos seus tentáculos xa colorido / Thomas Hahmann

 

O verme platihelminto Leucochloridium paradoxum, que habita no norte de Europa, invade no seu estado de larva o aparato dixestivo dos caracois e alcanza os seus ollos provocando o inchazón dos tentáculos oculares, que adquiren o aspecto dunha eiruga. O caracol sofre unha especie de cegueira e en vez de ocultarse nas sombras para evitar a depredación, paséase por calquera sitio como un "zombi" co seu novo aspecto. Isto aumenta as probabilidades de ser devorado polas aves, que cren estar a tomar un bocado exquisito. Unha vez acontece, as larvas comezan a desenvolverse, acadando o estado adulto e reproducíndose. Os ovos serán liberados nas feces das aves e posteriormente consumidos polos caracois, dando lugar a un novo ciclo.

FONTE: Xornal abc/Ciencia.

No hay comentarios. Comentar. Más...

OS DEZ SERES VIVIENTES MÁIS VELLOS DO MUNDO I : ESTROMATÓLITOS

20130305173105-stromatolites.jpg

Estromatólitos / Rachel Sussman

Os estromatólitos son unha especie de "rochas biolóxicas". Están formadas por láminas de carbonato como resultado da actividade metabólica dos microorganismos, principalmente cianobacterias. Un dos exemplos vivos máis coñecidos encóntrase na costas occidentais de Australia. Aparecen no rexistro fósil dende hai 3.500 millóns de anos e representan as primeiras evidencias de vida na terra.

FONTE: Xornal abc/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

HUMOR: LADRÓNS!

20130306195833-el-roto-el-pais-06032013.jpg

 

Viñeta de El Roto (Andrés Rábago García, Madrid-1947) de onte no xornal El País, que penso que non precisa comentario.

Por iso quere vir morrer a España o Papa que demitiu. Quere morre como o fixo Cristo. Morrer entre ladróns!


8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

O Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemórase hoxe 8 de marzo, coma todos os anos. É unha xornada onde os grupos femininos en todo o mundo potencian a figura das mulleres como artífices da historia e afunden as súas raíces na loita secular da muller por participar na sociedade en pé de igualdade co home.

Todo temos mulleres na casa, empezando pola nosa nai. Valoremos o seu traballo e colaboremos na súa dignificación dándolle un trato igualitario.

Para centrar o tema do día, aquí tedes esta presentación elaborada pola biblioteca do CEIP "Mestres Goldar" de Vigo, editado en vídeo polo CEIP "Víctor Sáenz" de Mazaricos para esta celebración. O centro de interese é o libro escrito por Anthony Browne "O libro dos Porcos" e editado por Kalandraka. Musica: "Les jours tristes" de Yann Tiersen.

Bo día a todas as mulleres!

No hay comentarios. Comentar. Más...

CINE: "OZ. UN MUNDO DE FANTASÍA"

 

Esta fin de semana chega aos cines a película "Oz. Un mundo de fantasía",  que recrea as orixes do Mago de Oz. Esta é a súa ficha técnica:

Título: Oz. Un mundo de fantasía

Título original: Oz The Great And The Powerful

Director: Sam Raimi

Guión: David Lindsay-Abaire

Música: Danny Elfman

Productora: Walt Disney Pictures / Roth Films 

Xénero: Fantástico, aventuras

Ano: 2013

País: USA

Duración: 127 minutos

Reparto: James Franco, Mila Kunis, Michelle Williams, Rachel Weisz, Joey King, Zach Braff, Abigail Spencer, Bruce Campbell

Sinopse: Oscar  , un mago de circo de pouca monta e de dubidosa reputación, ten que abandonar a poeirenta Kansas e dirixirse ao brillante País de Oz. Está convencido que lle tocou o premio gordo e que a fama e a fortuna están ao seu alcance. Pero as cousas tórcense cando coñece tres bruxas: Theodora , Evanora  e Glinda, que non están nada convencidas que Oscar sexa o gran mago que todo o mundo esperaba ansiosamente. Oscar ten que enfrontarse a todo tipo de problemas no País de Oz e tamén aos seus habitantes. Así que deberá descubrir o antes posible quen é bo e quen é malo. Oscar utiliza os seus xogos de maxia, con enxeño, fantasía e algo de bruxaría e ademais de transformarse no gran e poderoso Mago de Oz converterase nun home mellor.

Fantasía asegurada!

No hay comentarios. Comentar. Más...

OCUPANTES DE CORPOS II : CYMOTHOA EXIGUA

20130305174309-parasites-cymothoa-exigua.jpg
O crustáceo Cymothoa exigua substitúe á lingua do peixe / Savannah State University

 

O crustáceo  Cymothoa exigua, parasito achado principalmente no Golfo de California, aférrase á lingua dos peixes e bebe o seu sangue ata que o órgano se atrofía e se desintegra. Cando iso acontece, o parasito substitúe á lingua, mesmo nas súas funcións. O convidado aliméntase das mucosas do seu anfitrión sen que este sufra ningún dano nin deixe de alimentarse con normalidade. Trátase do único parasito coñecido que substitúe con éxito a un órgano.

FONTE: Xornal abc/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

FENÓMENOS METEOROLÓXICOS: TORNADOS E MANGAS

 

Esta fin de semana aconteceu na nosa localidade un fenómeno meteorolóxico pouco habitual: unha manga mariña. Falouse tamén de tornado. Son termos a diferenciar.

O tornado é un fenómeno meteorolóxico que se produce a raíz dunha rotación de aire de grande intensidade e de pouca extensión horizontal, que se prolonga dende a base dunha nube nai, coñecida como cumulunimbus. A base desta nube atópase a altitudes por debaixo dos 2 Km e caracterízase polo seu gran desenvolvemento vertical, onde o seu tope acada aproximadamente os 10 Km de altura ata a superficie da terra ou preto dela.
A nube é de cor branca ou gris claro mentres que o funil permanece suspendido da nube nai, cando este fai contacto coa terra preséntase dunha cor gris escura ou negra debido ao po e entullos que son succionados do chan polo violento remuíño.
Estes turbillóns chamados tamén chemineas ou mangas, xeralmente rotan en sentido contrario ás agullas do reloxo, no hemisferio Norte. Nalgunhas ocasións preséntanse como un cilindro, cuxo diámetro varía entre a base da nube e a superficie do chan e o seu diámetro inferior é aproximadamente de 1 Km alcanzando algunhas veces os 100 metros.

Cando o tornado se orixina no océano ou no mar en vez de formarse en terra firme, denomínase: Tromba Mariña. As trombas ou mangas mariñas seguen unha dirección vertical, aínda que algunhas veces inclínanse ou curvanse. A súa cor é gris escuro, non obstante, cando as ilumina o sol toman unha cor amarelenta.
Despois de formadas aumentan o seu tamaño. A súa duración polo xeral é de media hora. Antes de desaparecer empezan por diminuír o seu diámetro ata que o mar recobra o seu aspecto normal.

Algunhaz veces pode tocar terra, como foi o caso da nosa localidade, causando pequenos desperfectos.

FONTE:www.onsa.org.ve

No hay comentarios. Comentar. Más...

COMETA C/2011 L4 PANSTARRS

20130311230854-panstarrs.jpg

C/2011 L4 (Panstarrs) dende o Pico de las Nieves (Gran Canaria) / Imaxe: Astroeduca.com

Nesta semana atopámonos ante o primeiro cometa visible a simple vista, con permiso da climatoloxía, dende o hemisferio Norte: o C/2011 L4 PanStarrs.

O cometa C/2011 L4 PANSTARRS foi descuberto en xuño de 2011 por astrónomos da Universidade de Hawaii utilizando o sistema Pan-STARRS (Panoramic Survey Telescope and Rapid Response System). No momento do seu descubrimento o cometa PANSTARRS localizábase a 1.200 millóns de quilómetros da Terra, acadando netas datas un achegamento de 1.10 UA (Unidade Astronómica: 1 UA =149.5 millóns de quilómetros).

Non será, neste inicio de semana, tarefa doada. O lugar de observación ideal sería nalgún lugar alto ou que polo menos que teña o horizonte oeste o máis plano posible. Hai que estar alí á posta de Sol con prismáticos. Segundo vaia anoitecendo, hai que rastrexar ese horizonte. Canto máis escuro estea, máis baixo estará o cometa.

Atención especialmente o día 13 de marzo, cando o cometa coincidirá nese horizonte oeste cunha fina lúa crecente. Ademais de axudar a localizar o cometa, pode ser motivo de preciosas fotografías.

Que o tempo acompañe e bo avistamento!

FONTE:surastronomico.com

No hay comentarios. Comentar. Más...

OS DEZ SERES VIVINTES MÁIS VELLOS DO MUNDO II : FAIA ANTÁRTICA

20130305181524-haya-antartica-.jpg
Faia antártica / Rachel Sussman

Esta faia viviu en Queensland, Australia, durante uns 12.000 anos. Reprodúcense por clonación, novos brotes, que son xeneticamente idénticas. A especie denomínase faia antártica porque antes de que estivese cuberta de xeo, estas árbores formaban parte da vexetación do lugar. Cando se separou de Gondwana hai 180 millóns de anos e o sur se fixo máis frío, as faias medraron en climas máis axeitados.

FONTE: Xornal abc/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

VIDA EN MARTE?

20130313235222-rochas-marcianas.jpg

Rochas onde o Curiosity atopou indicios de vida no pasado de Marte / NASA

A análise das primeiras mostras de rocha marciana recollidas polo robot Curiosity  da NASA demostrou que o planeta vermello puido albergar microbios vivos no pasado.

Os científicos da misión da axencia espacial estadounidense identificaron nitróxeno, hidróxeno, osíxeno, fósforo e carbono, elementos que se consideran ingredientes básicos para a vida, no po recollido polo Curiosity tras tradear o mes pasado unha rocha no
cráter Gale de Marte .

Os datos recollidos polo robot indican que na zona explorada polo vehículo robótico existiu un río ou lago antigo que puido proporcionar condicións favorables para a vida microbiana no pasado de Marte. A rocha analizada contén minerais arxilosos, minerais de sulfato e outros elementos químicos que puideron favorecer a existencia de vida, e a diferenza doutras rexións de Marte, non era un ámbito demasiado salgado ou ácido.

O Curiosity, que aterrou na superficie de Marte na madrugada do 6 de agosto de 2012, completará unha misión de dous anos sobre o chan marciano.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

NOVOS DATOS SOBRE O BOSÓN DE HIGGS

20130314195351-bosonazo.jpg
Imaxe que amosa unha colisión entre protóns no experimento do CERN na busca do "Bosón de Higgs" / EFE

 

Físicos da Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN) presentaron novos resultados, nunha conferencia en Moriond (Italia), que aclaran máis a natureza da partícula descuberta en xullo e que se trataría dun Bosón de Higgs.

Segundo informou o Centro Nacional de Física de Partículas, Astropartículas e Nuclear (CPAN), os datos obtivéronse tras analizar unha cantidade de datos dúas veces e media maior que a dispoñible para o anuncio que se realizou o pasado mes de xullo. Así, os científicos observaron que a nova partícula parécese cada vez máis a un Bosón de Higgs.

Non obstante, segue sen resolverse se é o bosón de Higgs do Modelo Estándar de Física de Partículas, ou posiblemente o máis lixeiro dunha serie de bosóns preditos por algunhas teorías que van máis alá do Modelo Estándar. Neste sentido, sinalaron que atopar a resposta "levará máis tempo".

Para aqueles que descoñezades do que se está a falar, podedes recuperar o artigo que en xullo pasado publiquei ao respecto: "O BOSON DE HIGGS PARA PROFANOS" con so premer AQUÍ.

FONTE: Xornal abc/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

OCUPANTES DE CORPOS II: PARAGORDIUS TRICUSPIDATUS

20130314180256-parasito-paragordius-tricuspidatus-.jpg
O parasito obriga ao grilo a botarse á auga / Pascal Goetgheluck

 

O  Paragordius tricuspidatus é un parasito dos grilos probablemente adquirido por inxestión accidental dos ovos. Unha vez dentro, o verme medra de tres a catro veces o tamaño do artrópodo, ocupando todo o seu corpo agás a cabeza e as patas, segundo explican na revista científica do Smithsonian. O parasito produce proteínas que secuestran o sistema nervioso central do grilo, e cando o verme está próximo a madurar, ordénalle botarse á auga, onde é probable que morra. Mentres tanto, o parasito aproveita para saír pola parte traseira do seu anfitrión e atopa o lugar ideal para reproducirse.

FONTE: Xornal abc/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

HUMOR: A POLÍTICA EXPLICADA AOS NENOS

20130317110157-erlich20130217.jpg

O gran humorista e deseñador gráfico Erlich (Bernardo Erlich,Tucumán-México, 1963) trata na súa viñeta de hoxe, no xornal El País, o tema da política, esa que se atopa nestes momentos en decandencia por culpa de quen a practica : os políticos.

A viñeta non precisa comentarios. Xenial!

No hay comentarios. Comentar. Más...

ARTE PLÁSTICA BAIXO O MAR

20130317100823-ywwwy.jpg

Un dos cadros de Alfonso Cruz Suarez / Imaxe: www.alfonsocruz.com

O home que presento hoxe fai algo que só tres ou catro persoas fan no mundo: plástica baixo a auga. El é Alfonso Cruz Suárez (Terrassa-Barcelona, 1958), un artista que realiza unha experiencia insólita: mergúllase no mar e pinta en directo esceas submarinas.

Cadros pintados ao óleo, que non se disolve, sobre lenzos impermebilizados, amosan as esceas dese fondo con todo o seu colorido. Se queres coñecer polo miúdo a súa obra só tes que premer AQUÍ.

Insólito!

No hay comentarios. Comentar. Más...

OS DEZ SERES VIVINTES MÁIS VELLOS DO MUNDO III : A LLARETA

20130317104452-llareta.jpg
Llareta (Azorella compacta) / Rachel Sussman

 

A llareta (Azorella compacta) pode alcanzar os 3.000 anos de antigüidade. Vive no deserto de Chile e tamén pode encontrarse en Perú, Bolivia e Arxentina. Parente do perexil, a súa aparencia acolchada alberga miles de botóns de flores de talos longos que están tan densamente empaquetados que poden soportar o peso dun ser humano.

Debido a que é seca e densa, queima ben, como a turba, así que o seu uso como combustible polos paisanos pon en perigo a súa supervivencia.

FONTE: Xornal abc/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

CHEGA A PRIMAVERA

20130320081628-cerdeira-en-flor.jpg

Cerdeira en flor no Val do Jerte (Cáceres) / Imaxe:travelnauta.com

Hoxe, mércores 20 de marzo, ás 12 horas 02 minutos hora oficial peninsular, unha hora menos en Canariasa, comeza a primavera de 2013. Esta estación durará 92 días e 18 horas, e rematará o 21 de xuño co comezo do verán.

Esta é a época do ano en que a lonxitude do día se alonga máis rapidamente. O Sol sae polas mañás antes que o día anterior e pola tarde ponse despois. Como consecuencia, o tempo en que o Sol está por enriba do horizonte aumenta case tres minutos cada día.

O domingo 31 de marzo terá lugar o cambio de hora, recuperando o horario de verán. Este día coincide co Domingo de Pascua.

No hay comentarios. Comentar. Más...

A MARISMA DE SALCIDOS

20130318085231-publicacions.10.03.2013.i8i8i.caderno-did.portada-marisma.jpg

 

ANABAM  leva moitos anos realizando saídas a diversos enclaves naturais do Baixo Miño. A maior parte destas saídas, por non dicir todas, van destinadas principalmente aos escolares, aínda que tamén se levan a cabo para adultos. No primeiro dos casos, e co fin de que saquen o maior aproveitamento das mesmas, entrega a cada escolar un caderno didáctico que haberá que cubrir durante a visita de campo.

Recentemente acaba de publicar o caderno que vedes na parte superior, adicado á marisma, esa área natural que hai na desembocadura de Salcidos e que ten unha grande importancia para as aves.

Para acceder ao contido do mesmo preme AQUÍ.

Parabéns!

FONTE:www.anabam.org

No hay comentarios. Comentar. Más...

VACACIÓNS!

20130321082330-20120328173047-vacacions.jpg

 

Si, vacacións! Dende hoxe, ao rematar as clases, e despois de recoller as notas, ata o luns día 1 de abril estamos de vacacións. Tempo de descando e de recuperación para afrontar, con gañas, o último trimestre do curso.

As clases remomaranse o martes, día 2 de abril.

Boas vacacións!

No hay comentarios. Comentar. Más...

ATRACO!

20130323185805-gogue.jpg

 

A viñeta de Gogue (José Ángel Rodríguez López, O Grove-1953) que publica hoxe o xornal Faro de Vigo, plasma unha realida que acontece con moitos aforradores galegos, non inversores, que puxeron os seus cartos nese produto coñecido como "preferentes".

Onte coñeceuse a famosa "quita", que en cristiano  é un atraco, pola que perderán un promedio do 43% do seus cartos a cambio de "papeis". Pero a cousa non queda aí, falta unha segunda parte, "o roubo", cando eses papeis se transformen en cartos reais, con outra merma do seu valor.

E a pregunta é, a onde van todos eses cartos? A contestación é a quen administaron "tan ben" eses cartos e que enganaron a toda esa xente coa venta dese produto fraudulento.

Que pandilla de ladróns!

A xente que non ten ese produto pensa que non ten problemas, pero no aire hai algo preocupante, farán algo parec¡do en España como en Chipre? Alí pretenden facerlle "quitas" directamente aos depósitos de aforros, un 20%!

Todos a temblar. O "corralito" anda preto!

No hay comentarios. Comentar. Más...

OS DEZ SERES VIVINTES MÁIS VELLOS DO MUNDO IV: A WELWITSCHIA

20130325171306-welwitschia-.jpg
Welwitschia / Rachel Sussman

 

A  Welwitschia , de aspecto estraño e fascinante, é típica do deserto de Namibia. Pode vivir 2.000 anos e a súa floración prodúcese cada cen. A planta está formada por un madeiro groso do que parte unha raíz forte que lle serve para detectar augas subterráneas e dúas únicas follas que se curvan a medida que medran ao longo de toda a vida da planta sen caer nunca.

FONTE: Xornal abc/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

EXPONATUR AGORA NA GUARDA

20130326075429-exponatur.jpg

Cartel anunciador de Exponatur en Tui, onde estivo do 2 ao 23 deste mes.

Mañá mércores, 27 de marzo, ás 20,30 horas, na Casa dos Alonso, inaguráse a exposición de natureza EXPONATUR, que estivo durante 21 días en Tui.

Trátase da maior exposición organizada por ANABAM  nos case 30 anos deste colectivo, estando baseada nos traballos desenvolvidos por esta asociación a prol da natureza.

No apartado máis didáctico, pódense descubrir as pegadas dos animais; xogar a identificar as bolboretas da comarca ou recoñecer, polo tacto, os froitos que tocamos; mesmo orientar un toro dunha árbore segundo a disposición dos aneis de crecemento. No apartado de reciclaxe, móstrase a recuperación e reutilización de diversos obxectos utilizados polos mariñeiros, pero tamén se dá a coñecer o tempo que precisan distintos materiais que desbotamos, para degradarse. Nesta mesma sección, móstranse algúns xoguetes feitos con materiais recuperados.

 A exposición poderase visitar ata o próximo 27 de abril, abrindo tódolos días, de 10,30 a 13,00 horas e de 16,30 a 20,30 horas.

Merece a pena visitala!

FONTE:galiciasuroeste.info

No hay comentarios. Comentar. Más...

UN PLANETA CON DOUS SOLES

20130327225315-tatooine.jpg
As dúas estrelas e o seu estraño compañeiro / arXiv

 

Hai dous anos, científicos daban a coñecer na revista Science a existencia, a 200 anos luz de distancia da Terra, dun planeta con dous soles, igual que o mundo de ficción Tatooine, o fogar do mozo Skywalker de StarWars. Tempo despois, os astrónomos encontraban novos exemplos de mundos parecidos e suxerían que poden existir millóns deles. Agora, un equipo internacional de científicos espaciais  da Universidade Joseph Fourier en Grenoble (Francia), tomou a que pode ser a primeira fotografía dun planeta que orbita dous soles.

O equipo, publicado en
en arXiv e que avanza a revista NewScientist, describe un obxecto moi grande que xira ao redor dun sistema binario de estrelas. Este suposto mundo, chamado 2MASS0103(AB)b e capturado polo Very Large Telescope situado en Chile en novembro de 2012, é xigantesco, a súa masa é de 12 a 14 veces superior á de Xúpiter e parece ser gasoso. Non obstante, os investigadores advirten de que quizais non se trate dun planeta, senón dunha anana marrón, unha pequena estrela falida. 

A liña divisoria entre unha anana marrón e un planeta aínda é obxecto de debate entre os científicos, polo que o equipo non pode asegurar cal dos dous é o que aparece na imaxe.

Para confirmar se o obxecto da súa fotografía é de feito un planeta, máis que unha anana marrón, os investigadores centrarán a súa atención en aprender máis acerca da súa composición química. En caso de que non sexa un planeta, aos científicos quedaralles o consolo de ter obtido novos coñecementos para identificar estes planetas no futuro.

FONTE: Xornal abc/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

ATA SEMPRE LOIS

20130328233807-lois.jpeg.bmp

Retrato de Lois, tomado da exposición "Descubrindo a Lois" do CEIP Manuel R. Sinde. do pasado mes de xuño.

Lois morreu!

Despois dunha longa loita entre a vida e a morte, esta última acabou gañando a partida e levounos un mestre, un artista e, sobre todo, unha boa persoa.

Moitos son os nenos e nenas que pasaron polas súas mans, na súa actividade profesional no CEIP "Manuel Rodríguez Sinde", ata que no curso pasado xubilouse pola enfermidade que, xa daquela, rondaba na procura da súa presa.

Só me queda por decirlle a este bo amigo: Ata sempre Lois!

No hay comentarios. Comentar. Más...

CAMBIO DE HORA: HORARIO DE VERÁN

20130329135036-adianto-hora.jpg

As 2 pasarán ser as 3 esta noite / Imaxe: diariodenavarra.es

Esta noite (madrugada do domingo), os españois deberemos axustar os nosos reloxos. Ás 2 da mañá haberá que adiantar as agullas unha hora para adaptarse ao horario de verán que rexerá ata o 27 de outubro.

Segundo cifras oficiais, España aforrará uns 300 millóns de euros en iluminación coa medida. Do total, 90 millóns corresponderían ao potencial dos fogares españois, o que supón un aforro de seis euros por fogar. Os 210 millóns de euros restantes aforraríanse nos edificios do sector servizos e na industria.

Pero hai unha voz discordante, á que nos unimos moitos cidadáns, a da Comisión Nacional para a Racionalización dos Horarios Españois (ARHOE), quen pedíu ao Goberno que elimine a medida disposta para esta fin de semana, recuperando así a súa hora solar, adoptando o fuso horario do Meridiano de Greenwich e abandoando o de Berlín, no que estamos dende o 2 de maio de 1942.

No hay comentarios. Comentar. Más...

A IMAXE DOS RESTOS DO BIG BANG

20130329100416-planck-cmb-node-full-image-esa.jpg

A mellor imaxe do fondo cósmico de microondas, os restos do Big Bang / ESA

A sonda Planck proporcionou a imaxe dos restos do Big Bang máis precisa xamais contemplada. Hai outras parecidas, pero ningunha tan detallada. Este vídeo explica as razóns polas que esta imaxe que pode parecer tan só un globo de cores é tan fantástica e o que desvela dos misterios da orixe do Universo.

FONTE: Materia Oscura/Jose Manuel Nieves/Xornal abc

No hay comentarios. Comentar. Más...