Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2015.

O CEO DO MES: ABRIL 2015

20150329195440-image-20150118-5191-19cac1i.jpg

O corpo proxenitor das Líridas é ol cometa Thatcher (C/1861 G1) / Imaxe: lagranepoca.com

Lúa Chea: 4 de abril

Cuarto Minguante: 12 de abril

Lúa Nova 18 de abril

Cuarto Crecente: 26 de abril

Chuvia de meteoros: Líridas, do 16 ao 25 de abril, con máximo o día 22. Phi-Púpidas, do 15 ao 28, con máximo o día 23. Eta-Acuáridas, do 19 de abril ao 28 de maio, con máximo o 8 de maio.

No hay comentarios. Comentar. Más...

O CARNICEIRO DE CAROLINA: CAROLINENSIS CARNUFEZ

20150329203445-88464-web-.jpg

Reconstrucción do Carnufex Carolinensis / JORGE GONZALES. OPEN ACCES

Paleontólogos estadounidenses descubriron un antecesor dos crocodilos que probablemente foi un dos principais depredadores de América do Norte antes da chegada dos dinosauros ao continente. Alcumado o «Carniceiro de Carolina», o Carolinensis Carnufex era un crocodilomorfo de case tres metros de longo que vivía na terra, camiñaba sobre as súas patas traseiras e probablemente cazaba habitantes máis pequenos, como réptiles blindados e primeiros familiares dos mamíferos, dos ecosistemas da actual Carolina del Norte hai 231 millóns de anos.

Paleontólogos da Universidade Estatal de Carolina del Norte e o Museo de Ciencias Naturais do mesmo estado recuperaron partes do cranio, a columna vertebral e unha extremidade anterior do «Carniceiro» na Formación Pekin, no condado de Chatham, Carolina del Norte. Como o cranio estaba conservado en anacos, era difícil visualizar como fora en vida. Para obter unha visión máis completa da cabeza do Carnufex, os investigadores escanearon os ósos individuais coa última tecnoloxía de imaxe, un escáner de superficie de alta resolución, para crear un modelo tridimensional, utilizando os cranios máis completos de familiares próximos para encher as pezas que faltaban.

A Formación Pekin contén sedimentos depositados hai 231 millóns de anos no inicio do Triásico Tardío, cando o que hoxe é Carolina del Norte era unha rexión ecuatorial húmida e cálida que se empezaba a separar do supercontinente Pangea.

O achado foi publiacdo na “Scientific Reports”.

FONTE: Xornal abc/ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

CONTOS QUE NON SON CONTOS: A LAGOA DE DONIÑOS

20150329201948-lagoa-de-doninos.jpg

Lagoa de Doniños (Ferrol-A Coruña) / Imaxe:guias.masmar.net

Conta a lenda que a aldea de Doninos estaba habitada por xentes pagás e irreverentes. As únicas boas persoas eran unha parella que, fartos de tanto escándalo e promiscuidade, decidiron vivir nunha pequeña casiña situada nun outeiro, fóra da aldea.

Vendo Deus a escasa moral daquel pobo, decidiu enviarlles un castigo para destruír aquel niño de corrupción e pecado. Pero concidiu que, ese mesmo día, o home do outeiro baixaba á aldea a vender a súa excelente colleita de trigo, alegre e confiado polo carreiro. Ao chegar á entrada da aldea pareceulle escoitar os berros dunha muller pedindo socorro. Volveu a cabeza e, para o seu espanto, viu á súa muller perseguida por dous soldados. Inmediatamente acudiu na súa axuda, pero entre a vaxetación do bosque perdeunos de vista.

O home, presa do nerviosismo e desepero, quedou atordado uns instantes, pero, cando recuperou o alentó, deuse a volta e, para a súa sorpresa, viu que estaba ante a porta da súa casa.

O delicioso olor a guiso de carne, a suave voz da cantareira da súa muller, a cortina movéndose tranquilamente na ventá, síntomas todos dunha normalidade que o encheu de felicidade. Entrou correndo e abrazouna con infinita alegría, aliviado por vivir unha alucinación sen consecuencias.

De súpeto, un estrondo aterrador asustounos. Dende a ventá viron a magnitude do terrible cataclismo que tivera lugar: as terras abríanse e un abundante manancial de auga sepultaba toda a aldea, convertíndoa nunha lagoa.

Dando grazas a Deus pola súa misericordia, viviron felices sen esquecer nunca o exemplar e drástico castigo enviado sobre aquela aldea de pecadores, que hoxe se coñece como lagoa de Doniños.

FONTE: Almanaque Agrícola ZZ. Ano 1015

No hay comentarios. Comentar. Más...

A FORMA MÍNIMA DE VIDA

 

Un equipo do Departamento de Enerxía do Lawrence Berkeley National Laboratory e a Universidade de California conseguiu encontrar o que se podería definir como os límites da vida, as denominadas bacterias ultra pequenas.

Durante as últimas dúas décadas, a falta de tecnoloxía para detectar estes organismos mantivera aberto un intenso debate na comunidade científica en torno á súa existencia.

Os investigadores ademais apuntan que este tipo de bacterias, non só estarían presentes de forma abundante na Terra, senón que poderían desempeñar un papel importante nos ecosistemas e o clima.

Este vídeo fla precisamente deste descubrimento.

FONTE:”videoblog:”Materia Oscura”/xornal abc/ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

CONSELLOS PARA AS CHAMADAS POR WHATSAPP

20150405153743-claves-llamadas-whatsapp.jpg

 

Nestas vacacións entrou un novo servizo de WhatsApp: chamadas. O servizo da popular aplicación de mensaxería instantánea realízase a través de internet. Substitúese a tradicional rede de telefonía grazas á tecnoloxía VoIP ou Voz sobre IP, que converte a voz en datos dixitais para poder transmitilos. Polo tanto, a cobertura, se falas moito ou pouco, os ruídos de fondo... farán que consumas máis ou menos datos.Ao ser un servizo que depende de internet, a calidade varía. Como é normal, en redes 4G funciona moito mellor que en 2G.

Outro aspecto que debes ter en conta é que, ás veces, hai retardo, a conversación sofre cortes, etc. Isto prodúcese porque o servizo, ao ter que converter a voz en bites, comprimir a mensaxe, envialo e volver descomprimilo para que o receptor poida escoitalo, pode ocasionar algún que outro pequeno inconveniente pero o servizo funciona con normalidade, sempre e cando teñas unha boa cobertura.

Evita, para ter unha conversación fluída, falar ao mesmo tempo que o teu emisor ou realizar chamadas nas que tanto un coma o outro sexan varias persoas porque todo iso supoñerá enviar maior número de datos á vez. Polo tanto, maior consumo.

Este servizo non ten un custo económico adicional pero si supón un gasto no consumo de datos. Polo tanto, debes vixiar moi ben o teu consumo tendo en conta o tipo de tarifa que teñas contratada. Por esta razón, é mellor realizar este tipo de chamadas cando esteas conectado a unha rede WiFi.

Segundo os primeiros cálculos, unha chamada dun minuto consume uns 500 kb. A diferenza das chamadas tradicionais, nas que só paga o emisor, nas de WhatsApp, tanto o emisor coma o receptor «gastan» datos. As chamadas perdidas, aínda que pouco, tamén consumen (100 kb, aproximadamente).

Hai compañías como Yoigo ou Vodafone que, nas súas tarifas máis económicas, non inclúen as chamadas IP. Fíxate, polo tanto, se no teu contrato están incluídas. En caso de non o estar, terías que comprar bonos de voz IP ou cambiar o contrato coa compañía.

Non fagas caso a aplicacións fraudulentas que circulan pola rede ou a correos electrónicos que cheguen á túa bandexa de entrada nos que che digan que tes que executar un arquivo adxunto ou instalarche algunha outra aplicación. O único que necesitas es instalarte WhatsApp ou actualizar a «app» desde Google Play coa última versión (2.12.5).

FONTE: Xornal abc/tecnoloxía

No hay comentarios. Comentar. Más...

ANIMAIS CON LINGUA AZUL

20150406112901-blotched-blue-toungue-alpine-phase.jpg

Característica lingua azul do Tiliqua scincoides / Imaxe:upload.wikimedia.org

Existen algunhas especies animais cunha característica: lingua de cor azul, morada ou lavanda que os fan particularmente especiais. Entre eles encóntranse o lagarto lingua-azul, o can Chow Chow ou o oso negro. Pero, por que teñen as súas linguas esta cor azulada tan rechamante e irregular?

Lagarto de lingua azul: Para empezar a lingua nunha cor tan rechamante serve de protección contra os depredadores, como xa acontece con outras especies que usan as vivas cores para amedrentar os que buscan alimentarse destas criaturas. Os lagartos coa lingua azul, concretamente o escinco de lingua azul (Tiliqua scincoides) son moi comúns nas sabanas e rexións semidesérticas de Australia e o feito de que sobresaia tanto a súa lingua e a expoñan tanto ao exterior é porque teñen a capacidade de ulir a través delas.

Chow Chow: Descoñécese por que esta robusta raza de can orixinaria de China ten a lingua azulada ou mesmo púrpura ou negra pero o xene con esta tonalidade na lingua adoita ser dominante nesta raza e a súa cor depende tamén da coloración do pelo do can. Outra das razas de can que comparten este pintoresco trazo cos Chow Chow (que significa can león inchado) son os Shar Pei (ou Pel de area), tamén de orixe chinesa.

Oso negro: O Ursus americanus é o oso máis común de Norteamérica e cun tamaño entre os 100-130 cms de alto e os 140-200 cms de longo. A cor da súa pelaxe varía do negro ao branco, pasando marrón, canela ou louro. Estes osos son capaces de terse de pé e de andar sobre as súas patas traseiras. A pesar do seu tamaño poden chegar a correr ata 55 km/h. A súa media de vida é de 10 anos aínda que poden chegar a vivir ata os 30 anos.

FONTE: Revista Muy Intersante/Natureza

No hay comentarios. Comentar. Más...

ESTAMOS DE VOLTA

20150405155104-estamos-de-volta.jpg

Estamos de volta / Imaxe:efvilaverde.blogspot.com

Todo o bo remata e as vacacións tamén!

Despois duns días de descanso e cun tempo estupendo, retomamos as clases para afrontar esta última e definitiva avaliación do curso, que nos levará ata o día 19 de xuño, venres, que rematarán oficialmente as clases. Uns días despois entregaranse as notas e comezarán as vacacións de verán.

Serán 53 días de clase, distribuídos en 3 meses, cun pequeno descando na ponte do 1º de maio (venres).

Hai que poñer o resto neste tempo, coa mente posta nos bos resultados de xuño e un verán fantástico.

Bo trimestre a tod@s!

No hay comentarios. Comentar. Más...

NOTA INFORMATIVA

20150405155749-aviso.gif

Este blog estará inactivo por motivo dunha operación ocular. No momento que o médico oftalmólogo mo permita volverei de novo a publicar. Profesionalmente, tardarei algo máis, ata que me firmen a alta médica. Espero que sexa pronto!

Unha aperta

VÍCTOR


DE VOLTA!

20150416122520-estou-de-volta.jpg

De volta! / Imaxe:sabedorianolar.com

Despois de recibir, onte, o prace do médico oftalmólogo que me permite usar o ordenador, volvo a publicar. No refrente a alta médica profesional, de non haber atrancos, volverei o xoves da próxima semana, día 23.

Un saúdo

VÍCTOR

No hay comentarios. Comentar. Más...

AUGA LÍQUIDA EN MARTE, DURANTE A NOITE

20150416130120-curiosity-rems.jpg

Mastro e cuberta do rover Curiosity, onde se atopan os sensores do instrumento REMS / NASA, JPL-CALTECH, MSSS

Un equipo de investigadores liderados polo español Javier Martín-Torres (Instituto Andaluz de Ciencias da Terra) acaba de demostrar que a auga líquida pode seguir existindo en Marte, polo menos durante a noite e na súa zona ecuatorial. O traballo acaba de publicarse en “Nature Geoscience”.

Martín-Torres chegou a esta conclusión tras analizar os datos da humidade e a temperatura atmosférica do planeta durante un ano marciano completo (equivalente a máis de dous anos terrestres).

Ises datos proceden dun dos instrumentos do rover Curiosity, REMS (Rover Environmental Monitoring Station), unha estación meteorolóxica deseñada en España por investigadores do CSIC e integrada no vehículo da NASA, que dende hai anos explora o cráter Gale, no ecuador marciano. Nese tempo, o vehículo robótico percorreu máis de 9 km no interior do cráter.

Segundo a investigación, nos 5 primeiros centímetros do chan do cráter danse as condicións ambientais necesarias para que exista auga líquida salgada (salmoira) durante a noite. Pouco despois da alba e a medida que as temperaturas aumentan, as salmoiras sécanse, pero cando volve caer a noite os sales presentes no chan (percloratos), volven absorber o vapor de auga da atmosfera. Os resultados suxiren, pois, un activo intercambio de auga entre a atmosfera marciana e a superficie de Marte.

A investigación afirma que ”A presenza de auga líquida é un feito extremadamente relevante, xa que é un dos requisitos esenciais para que exista vida tal e como a coñecemos. Durante as horas nas que é posible a existencia de auga líquida, non obstante, as temperaturas en Gale son demasiado baixas para o metabolismo e a reprodución celular tal e como se dá actualmente na Terra, pero a posibilidade de que exista auga líquida en Marte ten implicacións enormes para a habitabilidade de todo o planeta, para a súa futura exploración, e para todos os procesos xeolóxicos que estean relacionados coa auga”.

O cráter Gale, no ecuador de Marte, é unha das zonas máis quentes e secas do Planeta Vermello. Por iso, os autores do estudo cren que se se encontrou salmoira nunha zona onde as temperaturas favorecen a sequidade, esta podería existir tamén no resto da superficie.

Ao afondar no terreo máis alá dos 5 cm. a auga pode permanecer tamén durante o día, aínda que en forma de xeo.

O traballo tamén ofrece unha posible explicación aos desprendementos de material que se observaron por todo o planeta. Estes desprendementos suceden de forma estacional, nos períodos máis cálidos, nas abas de moitos montes de Marte. E segundo os investigadores estas derrubas poderían estar causadas polos cambios de estado das salmoiras presentes nos materiais do chan.

FONTE: Xornal abc/ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

O SUMA DAS LETRAS DESCOÑECIDAS

20150416134633-suma.jpg

 

Letras iguais, igual valor. Letras distintas, distinto valor. Cada letra vale un número do 0 ao 9. O M ten valor =1, o resto non sei.

Mañá, a solución!

FONTE: juegosdelogica.com

No hay comentarios. Comentar. Más...


O PANGOLÍN EN PERIGO

 

O pangolín, que antes era considerado familia do oso formigueiro, o preguiceiro e o armadillo, pertence á orde taxonómica Pholidota, e os estudos xenéticos indican que está máis emparentado cos mapaches e as pandas xigantes que con outros animais aos que se asemella.

Os pangolíns, que furgan nas árbores ou escavan túneles, teñen unha visión pobre pero un bo olfacto para detectar insectos e unhas poutas potentes para extraelos da terra. A súa longa lingua é pegañenta e pode atrapar centenares de formigas dunha tacada. As súas orellas péchanse para impedir que lles entren formigas. Ao igual que as mofetas, os pangolíns poden emitir un olor nauseabundo cando se senten ameazados.

A carne de pangolín é considerada unha exquisitez nalgunhas rexións de China, onde cre que nutre os riles. Na medicina tradicional utilízanse escamas de pangolín, que, ao igual que as uñas humanas, están feitas de queratina, para tratar enfermidades da pel e outras afeccións. O comercio do animal ten unha longa historia: en 1820, o rei Jorge III de Inglaterra recibiu unha armadura fabricada con escamas de pangolín.

Pero a demanda de pangolíns e, con ela, a caza deste animal, aumentou drasticamente nas últimas décadas. A caza furtiva non só se intensificou no sueste de Asia, senón tamén en África, segundo TRAFFIC, unha organización que controla o comercio de animais salvaxes.

Cada ano, os axentes de alfándegas requisan miles de pangolíns e centenares de quilos de escamas, a miúdo camuflados como outros produtos.

Os pangolíns figuran no Apéndice II da convención como animais que aínda non corren o risco de extinguirse, pero poderían correlo. WildAid e outras organizacións sosteñen que os pangolíns deberían pasar a formar parte do Apéndice I, que prohibe calquera comercio.

Un futuro incerto!

FONTE: Xornal El País/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

O PROBLEMA DO ANIVERSARIO DE CHERYL

20150419124725-ccyb8yzumaavwac.jpg

Dudas / Imaxe:scoopnest.com

Albert e Bernard preguntan a Cheryl cando é o seu aniversario, pero ela ten un día enigmático, así que en vez de responderlles como o faría calquera decide poñelos nervioso e darlles unha lista con dez posibles datas: 15 de maio, 16 de maio, 19 de maio, 17 de xuño, 18 de xuño, 14 de xullo, 16 de xullo, 14 de agosto, 15 de agosto, 17 de agosto.

Despois, Cheryl dilles por separado a Albert e Bernard o mes e o día, respectivamente. Entón Albert sinala: “Non sei cando é o aniversario de Cheryl, pero sei que Bernard tampouco o sabe”. Ao que Bernard responde: “Ao principio non sabía cando era o aniversario de Cheryl, pero agora xa o sei”. Albert reflexiona e conclúe: “Entón eu tamén sei cando é o seu aniversario”.

Cando é o aniversario de Cheryl?

A solución, mañá!

Problema incluído nas últimas olimpíadas de matemáticas de Asia e Singapur celebradas o pasado 11 de abril. Fonte: Xornal El País/Verne

No hay comentarios. Comentar. Más...

SOLUCIÓN AO PROBLEMA DO ANIVERSARIO DE CHERYL

 

Aquí tedes a solución ao problema proposto onte:

Albert sabe o mes e Bernard o día.

Pola primeira afirmación de Albert, sabemos que está seguro de que Bernard non sabe cando é o aniversario. Así que descartamos os meses de maio ou xuño, xa que Bernard sabe o día e os únicos números que non se repiten nas datas posibles son o 19 e o 18. Entón, Bernard di que agora sabe a data do aniversario. Iso permite descartar unha data que leve o 14, porque o número aparece dúas veces, en xullo e en agosto. As datas posibles son o 16 de xullo, o 15 de agosto e o 17 de agosto.

Por fin, na súa última frase, Albert di que se Bernard sabe, entón el tamén. E ten que ser en xullo, porque se fose en agosto non podería estar seguro, xa que podería ser o 15 ou o 17.

O resultado é, polo tanto, o 16 de xullo.

En caso de que non che quede claro, visualiza o víodeo superior.


No hay comentarios. Comentar. Más...

22 DE ABRIL: DÍA DA TERRA

 

Hoxe, 22 de abril de 2015, celébrase o DÍA DA TERRA. O seu promotor, o senador estadounidense Gaylord Nelson, instaurou este día para crear unha conciencia común aos problemas da superpoboación, a produción de contaminación, a conservación da biodiversidade e outras preocupacións ambientais para protexer a Terra. É un día para render homenaxe ao noso planeta e recoñecer á Terra como o noso fogar e a nosa nai, así como expresárono distintas culturas ao longo da historia, demostrando a interdependencia entre os seus ecosistemas e os seres vivos que a habitamos.

No hay comentarios. Comentar. Más...

O SOL TAMÉN TEN ESTACIÓNS

20150419133627-solll.jpg

O Sol tamén ten estacións / Imaxe:larednoticias.com

O feito de que durante o ciclo de 11 anos que vive o Sol se amplifiquen ou debiliten as tormentas solares que poden chegar á atmosfera da Terra débese a que a nosa estrela pasa por un tipo de variabilidade estacional, segundo se desprende do último estudo levado a cabo por un equipo de investigadores do Centro Nacional para a Investigación Atmosférica (EUA) que recolle a revista Nature Communications.

Actualmente encontrámonos no Ciclo Solar 24, que comezou oficialmente o 8 de xaneiro de 2008 e ata agora se descoñecía por que crecía e minguaba a súa actividade dentro do mesmo ciclo ata que culmina no "máximo soar" cada 11 anos aproximadamente.

O certo é que o Sol pasa por dúas variacións, como dúas estacións, impulsadas por unhas bandas de fortes campos magnéticos en cada hemisferio solar. Examinando a influencia das bandas magnéticas en varios ciclos interrelacionados de magnetismo solar descubriron dúas bandas paralelas superpostas de polaridade magnética oposta que se moven lentamente ao longo dun período de case 22 anos dende os hemisferios cara ao ecuador do Sol.

O traballo formula que as bandas superpostas son alimentadas pola rotación interna de Sol; así, a medida que as bandas se moven dentro dos hemisferios, a actividade elévase a un máximo nun período que dura uns 11 meses e logo comeza a diminuír. Esta variación podería equipararse na Terra como o paso dunha estación chuviosa a unha seca (como nas zonas ecuatoriais e tropicais).

Este descubrimento foi posible grazas aos datos de varios satélites da NASA así como de observatorios terrestres que recollen información diaria sobre a estrutura do Sol e a natureza das erupcións solares e das execcións de masa coronal.

Axudará, entre outras cousas, a obter mellores predicións de tormentas xeomagnéticas masivas na atmosfera exterior da Terra que ás veces interrompen as operacións de satélites, comunicacións, redes eléctricas e outras tecnoloxías.

FONTE: Revista Muy Interesante/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

O SUPERBALEIRO DE 1.800 MILLÓNS DE ANOS LUZ DE DIÁMETRO

20150421075753-5535e0a8c4618822428b4580.jpg

 

Cando estudaban unha área xigante do espazo demasiado fría e raramente baleira, un grupo de astrónomos internacionais descubriron un así chamado “superbaleiro” de 1.800 millóns de anos luz de diámetro relativamente preto do noso sistema solar: a uns 3.000 millóns de anos luz de nós. Segundo István Szapudi, científico da Universidade de Hawaii que encabeza o estudo, "rátase da maior estrutura individual xamais identificada pola humanidade", informa The Guardian.

O chamado “punto frío” foi descuberto na zona hai 10 anos e o seu achado asombrou aos investigadores, pois a teoría do Big Bang non prevé zonas frías de tales dimensións. O novo estudo suxire que este “punto frío” pode ser explicado grazas a un baleiro xigante no seu centro que drena a enerxía da luz que o atravesa.

Non se trata dun baleiro no sentido exacto, senón dunha rexión xigante un 20% máis baleira que outras partes do universo. Os astrónomos chegaron á conclusión de que alí “faltan” ao redor de 10.000 galaxias.

Trátase dun achado único, debido á rara combinación do seu tamaño e da súa vacuidade, que se dá moi poucas veces no espazo, segundo os astrónomos. Non obstante, o achado agranda o misterio do “punto frío”, xa que non se pode explicar totalmente a súa temperatura baixa.

Ademais, os científicos aínda non saben explicar con certeza como se formou a estrutura. Por un lado, a esctructura pode indicar a existencia de "físicas exóticas", aínda descoñecidas. Por outro lado, é probable que o superbaleiro que coincide co “punto frío” pode ser explicado coa expansión crecente do universo, grazas a que os fotóns reducen a velocidade e, polo tanto, se arrefrían mentres cruzan o baleiro. Finalmente, a existencia da devandita estrutura evidencia a existencia de enerxía escura, explica o profesor Carlos Frenk de la Universidad de Durham, citado por “The Guardian”.

FONTE:rt.com/ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

TERREMOTO EN NEPAL

20150425201801-1429950325-883537-1429971915-sumario-normal.png

Máis dun millar de persoas morreron, case 2.000 encóntranse feridas e un patrimonio cultural incalculable quedou destruído no terremoto de 7,9 graos de magnitude na escala Richter que este sábado sacudiu Nepal. Trátase da peor catástrofe natural que padeceu este país dende 1934, cando outro sismo deixou preto de 8.500 mortos.

O sismo, que tivo o seu epicentro a 150 quilómetros ao oeste de Katmandu, afectou tamén á India, onde se rexistraron máis de trinta vítimas mortais, e en Tibet, onde as autoridades chinesas informaron da morte de polo menos unha ducia de persoas. Tamén causou unha avalancha no Everest que causou a morte a máis de dez montañeiros.

FONTE: Xornal El Pais

No hay comentarios. Comentar. Más...

ERUPCIÓN DO CABUCO

20150426121039-1429743995-487214-1429810883-sumario-normal.jpg

Unha inesperada e sorprendente erupción tivo lugar o mércores  pasado no volcán Cabuco, a uns mil quilómetros ao sur de Santiago de Chile, o que obrigou as autoridades a ordenar a evacuación preventiva de máis de 4.000 persoas que viven nun radio de 20 quilómetros. Despois dunha serie de tremores, a primeira explosión produciuse ás 17:50 hora local e provocou unha columna de fume duns 17 quilómetros de alto, cunha forma similar a un fungo atómico. A madrugada do xoves produciuse un segundo estalido, obrigando as autoridades chilenas a elevar o número de persoas evacuadas a máis de 6500.

O volcán Calbuco é un volcán activo localizado ao sueste do lago Llanquihue (rexión de Los Lagos), no sur de Chile. A súa aba sur está dentro da comuna de Porto Montt e a súa aba norte, na de Puerto Varas. É parte da reserva nacional Llanquihue, administrada pola Conaf. O volcán é de composición de andesita,1 alcanza os 2015 m sobre o nivel do mar.

O Calbuco, un dos tres volcáns máis perigosos dos 90 activos que ten Chile, permanecera 43 anos inactivo: a súa última erupción rexistrouse en 1972, aínda que foi de baixa intensidade

Aínda que o volcán non desprendeu lava, pequenas localidades dos arredores sofren unha chuvia de cinzas e mala calidade do aire. mentres varias aeroliñas internacionais decidiron cancelar preventivamente voos a Santiago, Bos Aires e Montevideo.  

A rexión onde se atopa é coñecida por ser un dos principais focos turísticos nacionais, visitado por chilenos e estranxeiros xustamente por estar rodeado de montañas e lagos.

No hay comentarios. Comentar. Más...

PRAIA DO MUÍÑO: BANDEIRA "ECOPLAYA"

20150427065157-04-playa-o-muino.jpg

Praia do Muíño / Imaxe:rutadelvinoriasbaixas.com

A praia de “O Muíño”, de A Guarda, recibiu a bandeira “Ecoplaya” que certifica a súa calidade dende un punto de vista ambiental. O Muíño é o areal fluvial por excelencia da localidade, xa que está situado onde as augas do río Miño se encontran coas do Océano Atlántico.

Este galardón, que está promovido pola Asociación Técnica para la Gestión de Residuos, Aseo Urbano y Medioambiente (ATEGRUS), foi recibido pola limpeza manual da praia, que axuda a conservar o ecosistema dunar, e polas diferentes actuacións realizadas para a súa rexeneración.

O Muíño, xa presume do distintivo de calidade SICTED e  da “Bandeira Azul”, aínda que esta última terá que ser revalidada no próximo mes.

FONTE:galiciasuroeste.info

No hay comentarios. Comentar. Más...

A CONTA ATRÁS DA SONDA MESSENGER

20150426225019-messengerorbita-1-.jpg

Recreación da sonda Messenger na órbita de Mercurio / University of Colorado Boulder

A sonda Messenger da NASA chegou a Mercurio en marzo de 2011 tras unha viaxe de sete anos e case 8.000 millóns de quilómetros, converténdose no primeiro artefacto humano en orbitar o planeta máis próximo ao Sol do noso sistema. Dende entón, os seus instrumentos realizaron detallados mapas da superficie deste mundo misterioso, estudaron a súa composición, o seu campo magnético e a súa case inexistente atmosfera, arrancando os segredos do planeta. Agora, chegoulle o seu final. A axencia espacial americana anunciou que a nave estrelarase contra a superficie de Mercurio o próximo xoves, día 30 a 12.000 quilómetros por hora tras esgotar o seu propulsor e cumprir a súa misión científica. A Messenger caerá no lado do planeta afastado da Terra, polo que os enxeñeiros non serán capaces de ver en tempo real a situación exacta do impacto.

Os operadores da misión na Johns Hopkins University Applied Physics Laboratory (APL) completaron a semana pasada a cuarta dunha serie de manobras de corrección de órbita deseñadas para atrasar o impacto da nave espacial contra a superficie de Mercurio. A última manobra realizouse o venres, día 24.

Aínda que Mercurio é un dos veciños planetarios máis próximos da Terra, o planeta era un misterio case absoulto antes da chegada da misión Messenger.

A primeira misión da nave cando alcanzou Mercurio foi orbitar o planeta e recoller datos durante un ano terrestre. O bo estado dos instrumentos, suficiente combustible e a aparición de novas preguntas serviron para deseñar dúas extensións da misión, ata completar case catro anos e varias primicias científicas.

Un achado clave proporcionou apoio convincente para a hipótese de que Mercurio alberga abundante auga conxelada e outros materiais volátiles nos seus cráteres polares permanentemente en sombra. Os datos indicaron que o xeo nas rexións polares de Mercurio sería de máis de dous quilómetros de espesor. Por primeira vez, os científicos comezaron a ver con claridade un capítulo na historia de como os planetas interiores, incluída a Terra, adquiren a auga e algúns dos compoñentes químicos básicos para a vida.

Unha capa escura que cobre a maior parte dos depósitos de xeo de auga apoia a teoría de que os compostos orgánicos, así como a auga, chegaron dende o exterior do sistema solar ata os planetas interiores e puideron dar lugar á síntese química prebiótica e, en consecuencia, á vida na Terra.

FONTE: Xornal abc/ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

MANIPULAR O ADN DUN EMBRIOR PARA CURALO

20150427184009-adn1-adn1-3716.jpg

Reconstrución dunha molécula de ADN en 3D tal e como concibiron o modelo Watson e Crick hai 60 anos / Imaxe: Science Photo Library / Cordon Press

O primeiro paso deuno Reino Unido tras aprobar o pasado mes de febreiro unha técnica de reprodución asistida que se baseaba na utilización do ADN de tres persoas (con óvulos de dúas mulleres e o esperma dun home) para evitar que ningún bebé naza con enfermidades transmisibles, sobre todo aquelas incurables como a síndrome X fráxil, unha enfermidade xenética rara.

Agora, un equipo de científicos españois liderados por Juan Carlos Izpisúa dende o Instituto Salk en La Jolla en California (EUA) descubriu un modo alternativo para non ter que utilizar ADN de tres persoas co obxecto de eliminar as enfermidades mitocondriais (aquelas que se transmite unicamente por vía materna e que o conforman unhas 150 patoloxías tremendamente desvastadoras para o organismo). A nova técnica elimina os xenes alterados directamente no embrión ou mesmo no propio óvulo antes de ser fecundado.

Esta edición xenética borra dun plumazo o debate ético que si apuntaba á técnica de reprodución asistida de Reino Unido polo feito de contar con ADN de alguén máis que non fosen os futuros pais. Pero, a pesar de eliminar este debate ético en concreto, abre un novo: a posibilidade de poñer en práctica o "adn á carta". Esta demostración confirmada de que se pode cambiar o material xenético dunha persoa non só levaríanos a corrixir ou erradicar enfermidades transmisibles senón que poderiamos conseguir que os bebés fosen máis altos, que tivesen os ollos azuis, que foran máis intelixentes...

Neste caso concreto os científicos non editaron o ADN nuclear; unicamente se borrou selectivamente o ADN mitocondrial mudado tanto en óvulos coma en embrións de ratos, descubrindo que unha vez nacidas as crías, todas elas naceron sas. Como opera a técnica? A técnica funciona coma se dunhas tesoiras moleculares se tratase, empregando nucleasas que detecta o ADN alterado e o corta. Este corte non elimina todas as copias mudadas pero si as suficientes para asegurar unha descendencia sa.

Este fito en medicina, que polo momento foi probado con éxito en ratos (o seguinte paso será probalo en seres humanos), foi publicado na revista Cell. A súa posta en práctica nos humanos podería previr, antes de nacer, enfermidades hereditarias como o cancro, a diabete ou as enfermidades neurodexenerativas.

FONTE: Revista Muy Interesante/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

25 ANOS DO TELESCOPIO ESPACIAL HUBBLE

 

Un 24 de abril 1990 foi posto en órbita o telescopio espacial Hubble (HST), que orbita no exterior da atmosfera, en órbita circular arredor da Terra a 593 km sobre o nivel do mar, cun período orbital entre 96 e 97 min.

A NASA e a Axencia Espacial Europea (ESA), que colaborou con EUA nesta multimillonaria misión, celebraron a semana pasada os 25 anos de fascinantes descubrimentos do Hubble.

Unha das actividades foi o concurso Ode to Hubble, consistente en presentar nun vídeo curto relacionado co legado do telescopio, expresando como “Hubble” o que se convertirá nunha fonte de inspiración.

Dous vídeos con firma española acadaron o primeiro e segundo premio dete concurso: Bariónica, o vídeo presentado pola gaditana Desiré de Palacio levou o primeiro premio e o segundo premio foi para o Observatorio Astronómico da Universitat de València, co vídeo titulado Hubble’s Time Machine (A máquina do tiempo do Hubble).

Podedes velo naparte superior.

No hay comentarios. Comentar. Más...