Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Febrero de 2015.

CURTOS MEDIOAMBIENTAIS IV: "HISTORIA DUNHA MAN"

 

"Historia dunha man" é unha curtametraxe sobre o medio, do Concurso de curtametraxes “O teu punto devista pode cambiar o mundo”.

FONTE: Revista Consumer

No hay comentarios. Comentar. Más...

GLÓBULO COMETARIO CG4

20150129184800-eso1503a.jpg

Imaxe do glóbulo cometario CG4 obtida co VLT (Very Large Telescope) / ESO

Como a boca aberta dunha xigantesca criatura celeste, o glóbulo cometario CG4 brilla nunha nova imaxe do VLT (Very Large Telescope) da ESO (Observatorio Europeo Austral).

Aínda que na fotografía parece grande e brillante, en realidade trátase dunha nebulosa débil, o cal dificulta a súa localización por parte dos astrónomos afeccionados. A natureza exacta de CG4 segue sendo un misterio.

O obxecto, tamén coñecido como a "man de Deus", atópase a uns 1.300 anos luz da Terra, na constelación de Puppis. A súa parte visible, que corresponde a cabeza do glóbulo, ten un diámetro de 1,5 anos luz, e a súa cola, que non se aprecia, ten oito anos luz de longo. Trátase dunha nube pequena para estándares astronómicos, algo característico dos glóbulos cometarios.Grazas á iluminación pola luz das estrelas próximas, pódese observar que a parte superior está formada por unha espesa nube de gas e po.

A forma diferente que teñen os glóbulos cometarios segue sendo un tema de debate entre os astrónomos. Uns defenden que estes puideron ser originalmente nebulosas esféricas cuxa formación foi interrompida, adquirindo a súa nova e inusual forma debido aos efectos da explosión dunha supernova próxima. Outros, que os glóbulos cometarios adquiren esa forma debido aos ventos estelares e á radiación ionizante proveniente das quentes estrelas masivas de tipo OB (asociación estrela espectrais O e temprerás B).

Para saber máis, os astrónomos necesitan pescudar a masa, densidad, temperatura e velocidades do material que se atopa nos glóbulos a través da medición das liñas espectrales moleculares.

Esta imaxe forma parte do programa Xoias cósmicas da ESO, unha iniciativa de divulgación que produce imaxes de obxectos interesantes, enigmáticos ou visualmente atractivos utilizando telescopios da ESO.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

CHARLES TOWNES: INVENTOR DO LÁSER

20150202175152-14226132871863.jpg

Charles Townes co máser en 1955 / Imaxe:achievement.org 

Charles Hard Townes, naceu o 28 de xullo de 1915 en Greenville-Carolina do Sur. (USA).

Físico estadounidense, licenciado en física e idiomas modernos pola Universidade de Furman en 1935, doutorándose no ano 1939 no Instituto Tecnolóxico de California.

En 1964 foi galardoado, xunto cos físicos soviéticos Nikolai Basov e Aleksandr Prokhorov, co Premio Nobel de Física polos seus traballos no campo da electrónica cuántica, baseado nos principios do máser-láser. Hard Townes compartiu o seu premio co seu colaborador Cornell Mayer, o cal non foi distinguido co Premio Nobel.

En 1967 entrou a traballar na Universidade de California onde realizou investigacións pioneiras en radioastronomia e os infravermellos, cousa que o conduciu ao descubrimento das moléculas de amoníaco e a auga interestelar.

Morreu hai uns días, o 27 de xaneiro, en Berkeley-California (USA).

FONTE: Xornal El Mundo / Wikipedia

No hay comentarios. Comentar. Más...

EMBRIÓN DE TRES PAIS XENÉTICOS

20150203222202-1372408175-942180-1372443237-sumario-normal.png

Esquema do procedemento / Imaxe: sociedad.elpais.com

Os deputados británicos decidiron onte dar luz verde a unha polémica técnica que utiliza o ADN de tres persoas na reprodución asistida, a fin de evitar a transmisión de enfermidades xenéticas incurables

O procedemento, que foi desenvolvido por investigadores de Newcastle (no nordés de Inglaterra), utiliza unha versión modificada da fertilización in vitro para reunir material xenético dos dous pais máis o dunha terceira persoaA técnica está pensada para casos como as enfermidades mitocondriales, que son resultado do fracaso no funcionamento das mitocondrias.

As mitocondrias son partes constitutivas das células do organismo, cuxa función é a de xerar a enerxía necesaria para manter a vida e correcta función dos órganos. Estes problemas, que pasan de nai a fillo, poden producir danos cerebrais, perda de masa muscular, fallo cardíaco e cegueira.

Os bebés que nazan grazas a esta técnica terían un 0,1 % do ADN dunha segunda «nai» e o cambio xenético establecido no procedemento sería permanente xa que pasaría aos seus descendentes.

A Autoridade de Embriología e Fertilización Humana aprobará a licenza para que se empece a aplicar a técnica, co que o primeiro bebé que naza con material xenético de tres persoas será o ano próximo

FONTE: Xornal La Voz de Galicia/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

IMAXE DA FUSIÓN DE DÚAS GALAXIAS

20150202172942-14226203395386.jpg

 

O telescopio espacial Hubble da NASA captou esta espectacular imaxe da galaxia en espiral NGC 7714, que se encontra a 100 millóns de anos luz dende a Terra, na mesma dirección que a constelación de Piscis. Esta nova imaxe revela as intrigantes estruturas da galaxia e moitos outros obxectos máis distantes no Cosmos.

A distorsión dos brazos espirais de NGC 7714 produciuse pola forza gravitacional da súa compañeira NGC 7715, á que se aproximou hai máis de 100 millóns de anos, facendo que se corrompesen as estruturas de ambos os dous obxectos.

Como resultado desta aproximación, un anel e dúas longas colas de estrelas crearon unha ponte entre as dúas galaxias que traslada material de NGC 7715 (que non se ve en nesta fotografía) cara á súa compañeira, producindo explosións de formación estelar. Así, a maior parte desta violenta e espectacular actividade concéntrase no brillante centro de NGC 7714.

Os astrónomos caracterizan a NGC 7714 como unha galaxia de formación de estrelas de tipo Wolf-Rayet, extremadamente brillantes e quentes. As Wolf-Rayet nacen cunha masa decenas de veces maior que a do Sol, aínda que perden gran parte do seu tamaño pola incidencia de poderosos ventos.

FONTE: Xorna El Mundo/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

ILUSIÓNS ÓPTICAS III

20150205195257-ilusion3.gif

 

Despraza a vista polo debuxo e fíxate nos puntos, cambian de cor.

FONTE: juegosdelogica.com

No hay comentarios. Comentar. Más...

CURTOS MEDIOAMBIENTAIS V: "PACIENTE A TERRA"

 

"Paciente a Terra" é unha curtametraxe sobre o medio, do Concurso de curtametraxes “O teu punto devista pode cambiar o mundo”.

O seu autor é Toni Amengual Oliver, de Palma de Mallorca.

Un bo tema para relexionar!

FONTE:cortometrajescortos.com

No hay comentarios. Comentar. Más...

SAÍDA ORNITOLÓXICA DE ANABAM

20150207141204-24678.jpg

A organización ecoloxista ANAMAB, organiza mañá domingo, día 8, a primeira actividade do ano para conmemorar o seu 30 ANIVERSARIO. Será cunha saída ornitolóxica pola ruta que bordea a desembocadura do Miño, dende os Observatorios da marisma de Salcidos ata a praia do Puntal.

O punto de partida, ás 10:30 da mañá, terá lugar dende a Estación Ornitolóxica. A duración estimada, contando as paradas de observación de aves, estímase nas dúas horas e media a tres horas. O percorrido, doado, é duns cinco quilómetros.

A actividade, aberta ao público, é gratuita, pero agradecerían a inscripción previa (anabam.anabam@gmail.com) por se houbera que comunicar algún detalle de última hora, así como para saber con que participantes contamos.

Esta é unha magnífica oportunidade para achegarse ás aves do esteiro do Miño.

Anímate!

FONTE: infomiño.com

No hay comentarios. Comentar. Más...

PREMIOS GOYA: "A ILLA MÍNIMA"

20150208100602-la-isla-m-nima-.jpg

A illa mínima, o thriller que onte levou 10 das 17 posibles estatuiñas a que aspiraba na 29ª gala dos Premios Goya: mellor película, director, actor, vestiario, actriz revelación, montaxe, dirección artística, dirección de fotografía, música orixinal e guión orixinal.

Esta é a súa ficha técnica:

Título orixinal: La isla mínima

Ano: 2014

Duración: 105 minutos

País: España

Xénero: Thriller

Director: Alberto Rodríguez

Guión: Alberto Rodríguez, Rafael Cobos

Música: Julio de la Rosa

Fotografía: Alex Catalán

Reparto: Raúl Arévalo, Javier Gutiérrez, Nerea Barros, Antonio de la Torre, Jesús Castro, Mercedes León, Manolo Solo, Jesús Carroza, Cecilia Villanueva, Salvador Reina, Juan Carlos Villanueva

Productora: Atresmedia Cine/Atípica Films/Sacromonte Films

Estudio: Warner Bros. Pictures

Sinopse: 1980. Xoan e Pedro son dous policías de homicidios de Madrid, ideoloxicamente opostos, que son expedientados e castigado a desprazarse a un remoto e esquecido pobo das marismas do Guadalquivir a investigar a desaparición e brutal asasinato de dúas rapazas adolescentes durante as súas festas. Xuntos, deberán superar as súas diferenzas e descubrir e enfrontarse a unha salvaxe asasina que leva anos matando rapazas adolescentes nunha comunidade ancorada no pasado onde as mulleres non lle importan a ninguén.

Parabéns!

No hay comentarios. Comentar. Más...

DEBUXO GAÑADOR DO CONCURSO FOMENTA A RECICLAXE

20150208205349-2015-reciclaxepremio.jpg

Debuxo gañador / Imaxe: www.aguarda.es

Xa hai resultado no concurso de debuxo FOMENTA A RECICLAXE, unha iniciativa do Concello da Guarda para fomentar entre os máis pequenos a recollida do lixo nas casas, con especial atención aos residuos sólidos urbanos e os aceites domésticos.

A gañadora foi Martina Rodríguez Rodríguez de 1º ESO  do Colexio PP Somascos, que presentou este bebuxo co pseudónimo “Clorofila”.

Foron varios os alumnos e alumnas do noso IES (1º e 2º ESO) que participaron, incluso un dos debuxos chegou a ser finalista.

O cartel gañador formará parte da nova campaña do Concello da Guarda para sensibilizar aos veciños arredor dos valores da reciclaxe, iniciándose coa colocación do debuxo premiado ao carón dos contedores distribuídos pola localidade.

Parbéns á gañadora!

No hay comentarios. Comentar. Más...

PREMIOS GRAMMY 2015: SAM SMIITH

20150209232047-grammy-awards.jpg

Premio Grammy/  Imaxe: www.elepe.com

Un cantaautor británico, Sam Smith,  de 22 anos e cunha voz difícil de clasificar, foi o gañador da edición número 57 dos Premios Grammy, que se celebraron o pasado domingo no estadio Staples Center dos Ánxeles.

Arrasou cos premios á mellor gravación do ano: "Stay With Me", mellor canción do ano: "Stay With Me", mellor artista novo: Sam Smith e mellor album pop vocal: "In The Lonely Hour".

Impresionante!

No hay comentarios. Comentar. Más...

O NAUTILUS

O Nautilus está considerado un fósil vivinte. É un invertebrado do xénero dos moluscos cefalópodos do que sobreviven hoxe en día tres especies.

Unha delas, o Nautilus pompilius, é bastante peculiar porque os cefalópodos actuais non teñen unha cuncha externa ben desenvolvida; as luras e xibas teñen unha cuncha interna pouco desenvolvida, e os polbos carecen dela.

Pero teñen un segredo nesa cuncha, xa que se atopa dividida por unha serie de tabiques transversais baleiros, xa que o animal vive na última cámara que está en contacto co exterior. E aquí vén o interesante: existe un cordón visceral ou sifuncúlo que atravesa todos os tabiques e que produce un gas que queda retido en cada unha das cámaras que forman a cuncha, esta é a forma en que se consegue unha flotabilidade positiva.

No hay comentarios. Comentar. Más...

UN ROEDOR DE MIL QUILOS: JOSEPHOARTIGASIA MONESI

20150207135323-montagem-ciencia-roedor-1-size-598.jpg

Recreación do "Josephoartigasia monesi" / Universidade inglesa de York/EFE/AP

Un roedor de 1.000 quilos, do tamaño dun búfalo, cuns incisivos descomunais, dunha forza de 1.400 Newtons, similar á dun tigre, emparentado coas cobaias modernas, viviu en América do Sur e extinguiuse hai aproximadamente 3 millóns de anos, é o Josephoartigasia monesi.

 O seu fósil foi descuberto por primeira vez en 2008, pero unha investigación máis recente levada a cabo polo centro de Anatomía e Ciencias Humanas da Universidade de York no Reino Unido, descubriu por medio de simulacións dixitais que os incisivos deste enorme roedor poderían mesmo ter soportado tres veces máis forza do estimado nun principio.

Os sorprendentes resultados descubertos acerca da descomunal forza da peza dianteira da dentadura, publicados na revista Journal of Anatomy, fixeron pensar que debeu utilizar os seus incisivos para outras actividades ademais de comer, pois a forza destes dentes é tres veces maior do que o roedor necesitaría para accionar os seus músculos de mastigación, crendo os investigadores que tamén os usaban para loitar e defenderse como o fai un elefante cos seus cairos.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

UN NÚCLEO DENTRO DO NÚCLEO DA TERRA

20150210203353-doble-nucleo-terrestre-.jpg

A ilustración amosa que o núcleo interno da Terra ten, á súa vez, outro núcelo no seu interior/ Lachina Publishing Services

Un grupo de xeólogos das universidades de Illinois, en Estados Unidos, e de Nanjing, en China, acaba de anunciar en Nature Geosciences o descubrimento dun segundo núcleo terrestre. Ou, máis exactamente, un núcleo dentro do núcleo do noso planeta.

O sorprendente achado foi posible grazas a unha nova tecnoloxía de interpretación e lectura de ondas sísmicas, que permitiu aos investigadores afondar ata o centro mesmo da Terra.

Para levar a cabo o seu traballo, os investigadores usaron as ondas sísmicas dos terremotos e "escanearon" o que sucede baixo a superficie, dun modo similar a como fan os médicos que usan ultrasóns para ver o que sucede dentro dos seus pacientes.

Os investigadores utilizaron unha tecnoloxía que obtén datos non do choque inicial dun terremoto, senón das ondas que resoan nas súas secuelas. Un terremoto é algo parecido a un martelo golpeando unha campá: e da mesma forma en que un oínte escoita claramente o ton que resoa tras golpear a campá, os sensores sísmicos dos científicos recollen un sinal coherente na "coda" do terremoto.
O resultado é que ese sinal, reforzado pola tecnoloxía, "resulta tan clara e forte como a do campanazo principal", explican. “A idea básica deste método leva roldando a noso arredor dende hai tempo, e o mesmo principio xa se utilizou para estudos levados a cabo preto da superficie. Pero o que nós buscamos é o camiño cara ao centro da Terra".

Mirar a través do núcleo terrestre revelou unha sorpresa no centro do planeta, aínda que non do tipo da que imaxinou Julio Verne. O núcleo interno, en efecto, do que se pensaba que era unha sólida bóla de ferro, resultou ter unhas propiedades estruturais moito máis complexas do que cría. Os investigadores, en efecto, encontraron un "núcleo dentro do núcleo" que está perfectamente definido e que ten preto da metade do diámetro que o núcleo completo. Ademais, o equipo de investigadores decatáronse de que os cristais de ferro da "capa externa" do núcelo estaban aliñados direccionalmente, de norte a sur, mentres que os do núcleo dentro do núcleo apuntan na súa maioría de leste a oeste.

Pero non só a aliñación magnética dos cristais de ferro é diferente en ambas as dúas partes do núcleo, senón que se comportan, ademais, de forma moi distinta, o cal significa que o "núcleo dentro do núcleo" podería estar feito dun tipo de material diferente.

FONTE: Xornal abc/ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

O PROBLEMA DOS SOMBREIROS

20150212213724-cinco-sombreros.jpg

Sombreiro / Imaxe:ludoforum.com

Nunha mesa hai tres sombreiros negros e dous brancos. Tres señores en fila india póñense un sombreiro ao azar cada un e sen mirar a cor.

Pregúntaselle ao terceiro da fila, que pode ver a cor do sombreiro do segundo e o primeiro, se pode dicir a cor do seu sombreiro, ao que responde negativamente.

Pregúntaselle ao segundo que ve só o sombreiro do primeiro e tampouco pode responder á pregunta.

Por ultimo o primeiro da fila que non ve ningún sombreiro responde acertadamente de que cor é o sombreiro que tenia posto.

Cal é esta cor e cual é a lóxica que uso para sabelo?

A solución maná!

FONTE: juegosdelogica.com

No hay comentarios. Comentar. Más...

SOLUCIÓN AO PROBLEMA DOS SOMBREIROS

20150212233435-solucionnn.jpg

Solución / Imaxe. sermediador.com

Aquí tedas a solución do problema dos sombreiros que onte propoñía:

O ultimo da fila pode ver a cor do sombreiro dos seus compañeiros, se non pode saber cual é a cor do seu é porque os outros dous non son brancos, polo que ou son os dous negros ou é un de cada cor.

O segundo da fila pode ver a cor do sombreiro do primeiro e xa deduciu o que penso o terceiro, se tampouco responde á pregunta é porque ve que a cor do primeiro é negra, se fose branco sabería que o seu é negro.


O primeiro por esa mesma formulación deduce que o seu sombreiro é negro.

FONTE: juegosdelogica.com

No hay comentarios. Comentar. Más...

DOUS MAMÍFEROS DE HAI 160 MILLÓNS DE ANOS: O AGILODOCODON E O DOCOFOSSOR

O Agilodocodon, un antigo mamífero arborícola, e o Docofossor, similar a unha toupa dourada africana/ APRIL I. NEANDER, THE UNIVERSITY OF CHICAGO

Cando observamos a gran familia de mamíferos modernos, na que nos incluímos como especie, non pode deixar de sorprendernos a gran diversidade dos membros que a forman. Dende a musaraña etrusca, de tan só dous gramos, ata a balea azul, de case 200 toneladas, o zoolóxico é amplísimo en tamaños, formas e hábitos de vida. Aínda que se cre que non sempre houbo tanta variedade, o achado duns fósiles recentemente descubertos en China suxire que os mamíferos tamén tiveron as súas oportunidades hai máis de 160 millóns de anos, durante o reinado dos dinosauros do Mesozoico.

Os científicos da Universidade de Chicago e o Museo de Historia Natural de Beijing acharon os restos de dúas especies primitivas, ambas as dúas diminutas, do tamaño dunha musaraña, pero moi distintas entre si. O Agilodocodon scansorius é unha delas, o mamífero arborícola máis antigo que se coñece, con poutas para escalar e dentes adaptados para conseguir o zume das árbores. A segunda é o Docofossor brachydactylus, á súa vez o mamífero subterráneo máis antigo, similar á toupa dourada de África e con patas con forma de pa.

O Agilodocodon, que viviu hai uns 165 millóns de anos, tiña poutas curvas e duras, e as proporcións das extremidades típicas dos mamíferos que viven nas árbores ou arbustos. Estaba adaptado para alimentarse do zume das árbores, cos dentes dianteiros de pa para roer a codia. Esta adaptación é similar aos dentes dalgúns monos modernos do Novo Mundo, e é a evidencia máis antiga coñecida dese tipo de alimentación nos en mamaliaformes (mamíferos primitivos). O Agilodocodon tamén posuía uns cóbados flexibles e ben desenvolvidos, e articulacións no boneco e o nocello que lle permitían unha mobilidade moito maior, todas características dos mamíferos afeitos a trepar.

O Docofossor, que viviu hai uns 160 millóns de anos, tiña unha estrutura e un corpo con proporcións moi similares á toupa dourada de África. Tiña os dedos de pa para cavar, e molares superiores curtos e anchos típicos dos mamíferos que se alimentan baixo terra. Reducira os segmentos óseos nos seus dedos, o que leva a un díxito máis curto pero ancho. As toupas douradas africanas posúen case a mesma adaptación, que proporciona unha vantaxe evolutiva para a escavación. Esta característica débese á fusión dos ósos das articulacións durante o desenvolvemento, un proceso influenciado polos xenes BMP e GDF-5. Debido ás moitas similitudes anatómicas, os investigadores formulan a hipótese de que este mecanismo xenético puido xogar un papel comparable ao principio da evolución dos mamíferos.

Para os científicos, estes animais e outros como o Castorocauda, un nadador comedor de peixes descrito en 2006 polos mesmos investigadores, suxiren que os mamíferos ancestrais souberon adaptarse ao seu ámbito e encontrar o seu oco a pesar da competencia dos dinosauros.

FONTE: Xornal abc/ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

DEZ ANOS DO PROTOCOLO DE KIOTO

Así é o mapa da contaminación de España

O Protocolo de Kioto contra o cambio climático, cumpríu onte 10 anos en vigor. Durante este período, os 37 países industrializados e a UE, asinantes do acordo, lograron reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro nun 22,6%, segundo os datos proporcionados pola Secretaría da Convención Marco de Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (CMNUCC).

O tratado adoptouse o 11 de decembro de 1997 na cidade xaponesa que leva o seu nome, co obxectivo de reducir polo menos un 5% as emisións contaminantes entre 2008 e 2012, tomando como referencia os niveis de 1990. Non obstante, a súa entrada oficial en vigor foi o 16 de febreiro de 2005, cando Rusia rubricou o texto, cumpríndose así o requisito de que fose asinado polos países responsables de polo menos o 55% das emisións de CO2.

No caso de España, comprometeuse a limitar o aumento das súas emisións de CO2 nun máximo do 15% en relación ao ano base. Non obstante, no período 2008-2012, superamos o citado límite ata o 23,7%, aínda que cabe recordar que en 2004, o noso país emitía un 53% máis que en 1990.

Pero non só España ten tido que comprar emisións para poder cumprir coa súa cota en Kioto, tamén o fixeron países como Italia, Austria e Dinamarca.

O país que está na vangarda do cumprimento dos obxectivos de redución de Kioto é Suecia. Hai máis de vinte anos que este país introduciu unha fiscalidade específica sobre o CO2, e confía en alcanzar unha cota de renovables no consumo final de enerxía do 50% en 2020, fronte ao 20% da UE.

A segunda fase do Protocolo de Kioto, coñecida como a Emenda deDoha, quedou fixada en 2012 e entrará en vigor cando sexa ratificada por tres cuartas partes das partes asinantes do acordo.

Neste sentido, o Programa das Nacións Unidas para o Medio (PNUMA) urxe a estes países a acelerar a ratificación deste segundo compromiso, xa que en 2020 está previsto que se poña en marcha o acordo de París, que substituirá o de Kioto.

FONTE: Xornal Faro de Vigo

No hay comentarios. Comentar. Más...

HOXE HABERA LÚA NEGRA

20150218091526-superluna-negra-2015-598x326.jpg

Primeira superlúa do 2015 / Imaxe: beevoz.com 

A primeira superlúa do 2015, que ten lugar cando o satélite se sitúa no punto máis próximo á Terra, producirase hoxe, mércores. Con todo, non vai ser unha superlúa habitual senón unha lúa negra, xa que estará en fase nova, é dicir, non se poderá observar en todo o seu esplendor.

Concretamente, a lúa situarase no seu punto máis próximo ao planeta tan só 8 horas despois de atoparse na súa fase nova. Esta situación provocou a controversia entre os expertos, algúns dos cales non consideran este caso como o dunha superlúa, precisamente, porque non pode observarse.

Por esta razón, outros chaman a este fenómeno a lúa negra, aínda que esta denominación tamén se usa para a terceira das catro lúas novas da tempada (desde o solsticio de decembro ao equinoccio de marzo).

próxima superlúa rexistrarase o próximo 20 de marzo e tamén será con lúa nova, é dicir, unha lúa negra. Con todo, ese día o satélite pasará por diante do Sol, producíndose unha eclipse solar total que poderá verse en España así como en latitudes árticas, Groenlandia, Islandia, outros puntos de Europa, norte de África e Asia nororiental.

FONTE: Xornal La Voz de Galicia

No hay comentarios. Comentar. Más...

O MONTE E A GUARDA DENDE O AIRE

Video do Castro de Santa Trega e arredores desde o aire gravado cun dron.
Gravado por Julio Castro Fotografia.

No hay comentarios. Comentar. Más...

UNHA NOVA PLANTA "SIRDAVIDIA SOLANNONA"

20150216132105-sirdavidia-solannona-novataxa-2015-10.3897-phytokeys.46.8937.jpg

a. Unha flor e flor abríu brotes (Couvreur 596) b. Flor con pétalos recurvados en antesis (Couvreur 596) c. Flor estaminadas (Couvreur 597) d. Flor con todos os pétalos e parte dos estambres eliminado, mostrando o aspecto plateado do carpelo e o longo estigma (Couvreur 596) e. Cauliflorous flor e capullo da flor (Couvreur 596) f. Froita nova, cauliflorous (Couvreur 596). Localización  / Imaxe:novataxa.blogspot.com.es

Un novo xénero e especie de plantas con flores da familia da chirimoya, Annonaceae, foi descuberto nas selvas de Gabón por botánicos franceses e locais.

O xénero foi denominado Sirdavidia, na honra do naturalista Sir David Attenborough.

A nova especie Sirdavidia solannona,  recolleuse preto dunha estrada nunha das rexións botánicamente máis coñecidos de Gabón: Parque Nacional de Montes de Cristal, e caracterízase polas follas acuminadas, longos pétalos vermellos completamente reflexos, 16-19 brillantes estames amarelos libremente dispostos formando un cono, e un só carpelo coroado por un estigma visible. O estudo aparece publivaddo no JOURNAL PHYTOKEYS.

O seu modo de polinización é moi curioso e especial, porque as abellas usan as vibración das súas ás para liberar o polen dos estames e colleitalo: sonificación.

FONTE: Cienciaplus.com

No hay comentarios. Comentar. Más...

UNHA ENORME NUBE DE HIDRÓXENO DIRÍXESE CARA Á VÍA LÁCTEA

20150216162822-54e140d071139ef64c8b4581.jpg

Nube de Smith / NRAO/AUI/NSF

Unha enorme nube de hidróxeno diríxese a toda velocidade cara á Vía Láctea e o impacto será inevitable, informa "ScienceNews", citando os últimos datos recolleitos polo telescopio Green Bank da Fundación Nacional de Ciencia de EE.UU. O obxecto, que polas súas características parécese a un cometa, chámase Nube de Smith e avanza a unha velocidade de 828.000 quilómetros por hora.

A nube contén suficiente hidróxeno para formar un millón de estrelas iguais que o Sol. Os astrónomos calculan que golpeará o disco da Vía Láctea nuns 30 millóns de anos e producirá un tremendo estoupido de formación de estrelas. Moitas delas terán unha gran masa e deixarán de existir rápidamente, explotando como supernovas.

Os resultados da observación deste obxecto reforzan a idea de que o espazo entre as galaxias non é baleiro. Segundo o astrónomo Jay Lockman, está cheo de "raras nubes que parecen ter a súa propia vida".

FONTE: rt.com

No hay comentarios. Comentar. Más...

CINCO ANOS DE SOL EN TRES MINUTOS

 

O Observatorio de Dinámica Solar da NASA comezou a observar o Sol o 11 de febreiro de 2010, coa captura de máis dunha foto por segundo durante 24 horas ao día dende entón. Os máis de 200 millóns de fotos e 2.600 terabytes de datos capturados proporcionan unha "imaxe clara", "sen precedentes " do que acontece na súa superficie.

Iste é o resultado!

No hay comentarios. Comentar. Más...

CINCO RAZÓNS DE PESO PARA USAR LUCES LED

20150222205811-bombilla-led.jpg

Variedade de lámpadas LED / Imaxe:ginerymira.com

As clásicas lámpadas incandescentes estanse a retirar do mercado para reducir o seu elevado consumo enerxético e o seu impacto ambiental. As luces LED (Diodo Emisor de Luz) teñen unha serie de vantaxes para o medio e os petos dos consumidores que como consumidores debemos valorar. Aquí tes 5 razóns de peso para que poden animarte ao seu uso:

1.-Teñen un mellor comportamento ambiental. As lámpadas LED non levan os materiais contaminantes doutro tipo de luminarias, como mercurio, chumbo ou tungsteno. Ademais, como o seu consumo enerxético é moito menor que as lámpadas incandescentes, diminúen nun 80% as emisións de dióxido de carbono (CO2), un dos principais gases implicados no cambio climático. Non obstante, levan terras raras, "uns compoñentes sobre os que aínda hai que traballar para evitar o seu impacto ambiental".

2.-Consumen menos enerxía e aforran diñeiro. As lámpadas LED converten o 80% da enerxía que consumen en luz, xusto ao revés que as incandescentes, que perden o 80% da electricidade en xerar calor. Neste sentido, as LED posúen unha alta eficiencia enerxética: logran aforros de enerxía de máis do 85% con respecto a unha lámpada incandescente e, polo tanto, un menor gasto na factura da luz. Acendidas durante tres horas ao día, unha lámpada incandescente de 40 vatios (W) gasta uns 7,9 euros anuais en electricidade, mentres que unha LED de 5 W, que proporciona unha luz similar a dita incandescente, un euro. Cantas máis horas están acendidas, a diferenza é maior.

3.-O seu prezo é cada vez máis baixo. Aínda que son máis caras que outras luminarias, como fluorescentes ou halóxenas, supón un investimento que se rendibiliza co tempo, dada a súa gran duración. Non obstante, a medida que se xeneralizan, o seu custo é cada vez máis baixo.

4.-Hai modelos para todo tipo de aplicacións. O sector desenvolveu unha gran cantidade de modelos que se adaptan ás necesidades máis variadas dos consumidores: de tubo, de casco, de farol, de foco, de panel, de campá, en tiras, con diversas cores, con luz fría ou cálida, con máis ou menos luminosidade, etc.

5.-Pódense reciclar. As lámpadas LED poden e deben reciclarse unha vez remate a súa vida útil. Os consumidores poden depositar as súas luces usadas, ao igual que as lámpadas de baixo consumo, nos puntos limpos ou ben en colectores específicos situados na maioría de puntos de distribución de lámpadas, almacéns ou lugares de traballo.

FONTE: Revista Consumer

No hay comentarios. Comentar. Más...

INVESTIGARTE NO NOSO IES

20150223185006-sany0620.jpg

 

Por incrible que pareza ciencia e arte teñen máis elementos comúns que diverxentes. Aínda que perseguen obxectivos dispares ambas as dúas esixen calidades e formulacións similares e dalgunha forma recíprocas.

Ambas as dúas baséanse na experimentación, a observación e a busca de novas ideas que rompan co anterior abrindo novas fronteiras. Non esaxeramos se dicimos que a arte necesitou moita ciencia para conseguir (por medio de diferentes técnicas e tecnoloxías) producir ou reproducir paisaxes, retratos, ilusións, sensaciones,… Á súa vez, a ciencia necesitou de moita creatividade e imaxinación para buscar a solución a problemas aparentemente irresolubles así como para desenvolver experimentos cos que testar novas ideas.

O obxectivo de investigarte é precisamente este, indagar nos puntos comúns de ciencia e arte e dalos a coñecer aos interesados en ambas as dúas disciplinas.

Ata o próximo 9 de marzo estará no nos IES unha exposición itinerante onde se amosan algunhas obras gañadoras de edicións anteriores dun concurso que a fundación Barrie organiza co fin de dar a conocer as investigacións científicas actuais.

Non pases, párate diante dos totems que hai na planta baixa do IES. Merece a pena!


No hay comentarios. Comentar. Más...

HOXE É O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

20150223232422-rosalia-de-castro.jpg

Rosalia de castro / Imaxe: frasesdemujeres.com

Hoxe celébrase o Día de Rosalía, xa que tal día coma hoxe deo ano 1837, nacía en Santiago de Compostela, nunha casa do Camiño Novo (hoxe Rosalía de Castro, memo na porta do Campus Sur da Universidade), a escritora Rosalía de Castro. A súa vida foi realmente apaixonante, chea de interese histórico, cultural e intelectual.

Pero a mellor forma de lembrala é a través do que ela nos deixou, os seus textos, concretamente o comezo de "Airiños, airiños aires" de Cantares Gallegos (1863):

Airiños, airiños aires,

airiños da miña terra;

airiños, airiños aires,

airiños, levaime a ela.

 

Sin ela vivir non podo,

non podo vivir contenta,

que adonde queira que vaia,

cóbreme unha sombra espesa.

Cóbreme unha espesa nube.

tal preñada de tormentas,

tal de soidás preñada,

que a miña vida envenena.

Levaime, levaime, airiños,

como unha folliña seca,

que seca tamén me puxo

a callentura que queima.

¡Ai!, si non me levás pronto,

airiños da miña terra;

si non me levás, airiños,

quisais xa non me conesan,

que a febre de min come,

vaime consumindo lenta,

e no meu corazonciño,

tamén traidora se ceiba.

Bo día a tod@s!

No hay comentarios. Comentar. Más...

ILUSIÓNS ÓPTICAS IV

20150224223528-ilusion9.gif

 

Nesta ilusión óptica podes ver a cara dunha moza ou a un saxofonista.

FONTE:juegosdelogica.com

No hay comentarios. Comentar. Más...

UN MAMÍFERO PECULIAR: O ORNITORRINCO

 

O ornitorrinco xunto co Equidna son as especies que perviven na actualidade da orde dos monotremas, únicos mamíferos que poñen ovos na vez de parir as crías. O seu nome científico é Ornithorhynchus anatinus.

Imos coñecer algo máis deste peculiar animal no seguinte vídeo.

No hay comentarios. Comentar. Más...

CONTOS QUE NON SON CONTOS: "CHAO DA MOURA"

20150225173431-chao-da-moura.jpeg

Encima da pía (refírese a unha pía megalítica emprazada nun lugar preto da aldea de Francelos, pertencente a o termo municipal de Rivadavia-Ourense) púñase ás veces una moura que peiteaba os sesus cabelos cun peite de ouro.

Eran moitos os que de lonxe a viran, pero ninguén se achegou a ela polo temor que inspiran as cousas que non son do noso mundo. Pero un día, un mozo máis valente que os demais achegouse até alí e estableceu conversación coa moura, quen lle contou que tanto ela como un grande tesouro  que lle pertencía estaban encantados, e que se el quería axudarlle viñese nunha noite que determinarían , e que se lle presentaría en figura de serpe cun caravel na boca, e que el, que estaba demostrando gran valor polo mero feito daquela conversación, non tería que facer outra cousa que deixarse abrazar polo réptil e retirar cos seus beizos o caravel que a serpe levaría na boca.

Foi o mozo á pía onde a moura adoitaba peitearse na noite que sinalaron; apareceu o réptil co varavel na boca, tal como llo anunciara, avanzou até el, envolveuno nos seus aneis e presentoulle, preto dos seus beizos a flor para que el lla arrebatase, pero o mozo, ao verse naquela situación, sobrecollido de medo ou de noxo, soltouse violentamente da serpe, que caeu morta, e no mesmo instante o monte no que estaba tremeu cun ruído enorme, e fíxose chan como está hoxe, e como recordo de tal suceso aínda se chama aquel sitio "Chao da Moura".

FONTE: Almanaque Agrixola ZZ 2015

No hay comentarios. Comentar. Más...

UNDERWATER PHOTOGRAPHER OR THE YEAR 2015

20150226194909-9084fe19-a868-4dcb-9d85-bc7d128342ef-1020x684.jpeg

Gañador Internacional Gran Angular: Raffaele Livornese (Italia ) con “Desde a continuación " da Manta ray nas Maldivas / Imaxe:theguardian.com 

Como cada ano DIVE Magazine organiza a Underwater Photographer of the Year 2015, o concurso fotográfico marino por excelencia (máis de 2.500 profesionais de 40 paises). O xurado xa deu a coñecer os mellores traballos na súas 10 categorías.

Se queres ver todos os traballos só tes que premer AQUÍ.

No hay comentarios. Comentar. Más...