Se muestran los artículos pertenecientes a Febrero de 2021.
CANTO SABES SOBRE BOTÁNICA? XX
por vgomez el 01/02/2021 08:52, en DOCENCIA
Coninúo con esta serie, adicada a botánica ou fitoloxía, esa rama da bioloxía que estuda as plantas, baixo todos os seus aspectos.
A resposta á pregunta do día anterior é Micoloxía. Esta ciencia estuda os fungos. Os micólogos pescudan a Taxonomía, sistemática, morfoloxía, fisioloxía, bioquímica, utilidades, e os efectos benéficos e prexudiciais das especies de fungos, que poden ser parasitos, saprófitos ou decompositores.
E imos coa pregunta de hoxe!
20. Como dixemos o día anterior, a botánica é unha rama da bioloxía que estuda as plantas, pero tamén outros organismos emparentados, que non son plantas, como os fungos, pero tamén estuda as cianobacterias, os fungos, as algas e os máis descoñecidos, os liques. Pero que son os liques?
- Asociación simbiótica dun musgo e unha alga
- Asociación simbiótica dun fungo e unha alga ou unha cianobacteria
- Asociación simbiótica dunha planta e un fungo
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e wikipedia.org Imaxe: blog.gardencenterejea.com
#DígochoEu: Como é? Viuse abaixo ou veuse abaixo?
por vgomez el 01/02/2021 08:54, en DOCENCIA
Antes de resolver esta dúbida hai que distinguir entre viuse e veuse! Esther Estévez Casado acláranolo.
#DígochoEu
ESCARAVELLO BIOLUMINISCENTE DE HAI 99 MILLÓNS DE ANOS
por vgomez el 01/02/2021 08:55, en NOTICIAS DAS CIENCIAS

Unha reconstrución artística de Cretophengodes azari; a femia larviforme do fondo reconstrúese baseándose nos escaravellos Phengodidae e Rhagophthalmidae existentes / Li et ao.
Os escaravellos produtores de luz son os animais terrestres bioluminiscentes máis diversos. Do mesmo xeito que os vagalumes, o escaravello Cretophengodes azari de hai 99 millóns de anos, utilizaría a luz para protexerse dos depredadores ou para atraer a posibles parellas. Afortunadamente, o ámbar permitiu que o órgano de luz do seu abdome estea intacto.
O achado foi publicado en Proceedings of the Royal Society B.
A evolución da bioluminiscencia nestes escaravellos asóciase con modificacións morfolóxicas inusuais, como corpo brando e neotenia (atraso ou retardación do desenvolvemento fisiolóxico), pero a natureza fragmentaria do seu rexistro fósil revela pouco sobre a orixe destas adaptacións.