Se muestran los artículos pertenecientes a Noviembre de 2022.
CANTO SABES SOBRE AMÉRICA? III
por vgomez el 01/11/2022 06:06, en DOCENCIA
Continúo coa serie, que onte comezamos sobre América, é o segundo continente máis grande da Terra, despois de Asia.
A contestación correcta á pregunta de onte é Canadá. Con 9.984.670 km² é o país máis grande de América, séguenlle Estados Unidos con 9.498.193 km², Brasil con 8.514.877 km² e Arxentina con 2.792.600 km².
E imos coa pregunta de hoxe!
3. E o país máis pequeno de América?
- Dominica
- Brabados
- San Cristobo e Neves
- Trinidade e Tobago
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: es.wikipedia.org
#DígochoEu: Que é o 'idadismo'?
por vgomez el 01/11/2022 06:07, en DOCENCIA
’Idadismo’ aínda non aparece no dicionario da RAG. Sabes o que significa? Esther Estévez dínolo!
UNHA SINGULAR ESPECIE DE PLANTA CON FLORES
por vgomez el 01/11/2022 06:07, en ZONA VERDE
Este xénero ao que pertence esta planta inclúe polo menos 460 especies cientificamente recoñecidas, nativas das rexións árticas e tépedas frías do leste de Asia, Europa e América do Norte, coa maior diversidade en hábitats alpinos no Himalaia e o leste de Asia. Estas plantas poden variar de tamaño desde 5 a 10 cm de altura, ata plantas altas parecidas a cardos de ata 3 metros de altura.
A nova especie foi bautizada como Saussurea khunjerabensis. Foi descuberta por primeira vez en 2013 durante unha expedición de campo á rexión fronteiriza do suroeste de Xinjiang, China e mide entre 11 e 25 cm de altura e cuns 2 cm de diámetro.
"A Saussurea khunjerabensis é colleitada en exceso pola poboación local como ’loto de neve’", dixo o autor principal, Tian Li, investigador do Xardín Botánico do Sur de China e os Xardíns Botánicos Centrais da Academia de Ciencias de China, e os seus colegas no artigo que publica a revista Phytotaxa.
“Moitas especies de Saussurea subgénero Eriocoryne están incluídas na Lista Vermella da UICN (Unión Internacional para a Conservación da Natureza) debido aos seus pequenos rangos xeográficos, poboacións poucas e severamente fragmentadas, e en continuo declive debido á recolección excesiva de medicamentos”. “De acordo con as categorías e criterios da Lista Vermella da UICN, o estado de conservación desta especie debe avaliarse como En Perigo Crítico”.
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es/naturaleza
SOPA DE LETRAS CIX
por vgomez el 01/11/2022 06:09, en A PENSAR

DRUÍDAS CAVEIRA CANDEA
FESTA CALACÚ CEMITERIO
ESPÍRUTO DEFUNTOS FLORARÍA
SAMAÍN
O CEO DO MES: NOVEMBRO 2022
por vgomez el 01/11/2022 19:51, en O CEO DO MES
1 de novembro: Cuarto Crecente
8 de novembro: Lúa Chea. Este día haberá unha Eclipse Total de Lúa, non visible no nos país.
16 de Novembro: Cuarto Minguante
23 de Novembro: Lúa Nova
30 de novembro: Cuarto Crecente
Chuvia de meteoros: Táuridas : do 7 de setembro ao 10 de decembro, con máximo a noite do 4 ao 5 de novembro. O seu corpo proxenitor é cometa 2P/Encke e o radiante a constelación de Tauro. Leónidas: do 6 ao 30 de novembro, con máximo do 17 ao 18. O corpo proxenitoré o cometa Tempel-Tuttle e o radiante a constelación de Leo.
FONTE E IMAXE: muyinteresante.es/ciencia