Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Noviembre de 2008.

MARTE: NOVOS DESUBRIMENTOS

20081101015820-1225276663-0.jpg

Imaxe captada pola "Mars Reconnaisance Oribiter" na rexión de Marte onde se atoparon os novos minerais. (Foto: NASA/AP)

A sonda Mars Reconnaissance Orbiter (MRO) que chegou a Marte o11 de marzo de 2008 despois de 7 meses de viaxe desde que partíu da Terra, acaba de descubrir sobre Marte novos tipos de minerais que suxieren a presenza de auga no planeta durante moito máis tempo do que se pensaba.

Segundo informa o Laboratorio de Propulsión a Barullo (JPL) da axencia espacial estadounidense NASA, as imaxes captadas polo espectrómetro da sonda deses xacementos demostran a presenza de silicio hidratado, máis coñecido como opal,  que é indicativo da presenza de auga no antigo Marte.

Segundo os investigadores o importante deste descubrimento é que canto máis tempo existise auga en Marte, máis tempo houbo para a presencia de vida.

¡Marte é un "mar" se sorpresas! ¡Seguiremos informando!

No hay comentarios. Comentar. Más...

RAREZAS

20081101114246-e-081031-084116.jpg

A tartaruga con dúas cabezas chamadas Tom (esquerda) e Jerry (dereita) están expostas na mostra Mundo dos Réptiles Anaconda en Halle (Saale), Alemaña.

¡Rarezas da natureza!

No hay comentarios. Comentar. Más...

JACQUES PICCARD

20081102101252-pic640.jpg

Onte, sabado, 1 de novembro de 2008 faceleu Jacques Piccard en Suíza aos 86 anos. Oceanógrafo, inventor, explorador dos grandes fondos mariños e, sobre todo, amante do mar. Era coñecido como o Capitán Nemo suízo.

Nacera un 28 de xullo de 1922 en Bruselas. Estudou economía e relaicóns internacionais na Universidade de Xinebra, pero decidíu seguir a senda do seu pai (August Piccard, 1884-1962, físico suízo e inventor do globo estratosférico e do batiscafo). A partir dos anos 50 adicouse ao descubrimento dos fondos mariños. En 1960 bateu todos os récords de inmersión co seu submarino "Trieste" alcanzando a  profundidade de 10.916 metros, no leito da Fosa das Marianas.

Tamén construíu catro "mesoscafos", sumerxibles para profundidades medias. En 1969 foi o protagonista  dun novo hito, ao estar baixo a auga un mes enteiro a bordo do seu submarino no Golfo Stream.

Foi un apasionado polo estudo e a protección dos mares.

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

A GUARDA, UN PARAÍSO NATURAL

 

Dicir que "A Guarda é un paraíso natural" non é só unha frase feita, é unha realidade. Se cadra non apreciada  na súa medida polos propios habitantes, pero si polos que a visitan ou os que non sendo  nativos vivimos aquí encandilados por este lugar.

Na Guarda danse cita o río Miño e o seu entorno do esteiro, o bravo océano Atántico  coa súa costa e a  zona de monte representada  polo monte Torroso e o Monte Trega. ¿Quen ten a posibilidade de atopar un lugar, pequeno en extensión por certo, con tanta variadade?

Pero os paraísos hai que coidalos, por todos, por forasteiros e por residentes, pois  de non facelo non perdudará no tempo e sería unha mágoa que os nosos descendentes non puideran disfrutar desta paráxe natural.

Non quixera olvidar o patrimonio cultural con que contamos, moitas veces esquecido como o Castelo de Santa Cruz, as Igrexas Parroquiais,  a Citania, a Tore do Reló e un longo etc. do que tamén debemos preocuparnos en coñecelo e coidalo.

En resumo, vivimos nun lugar único. ¡Coidémolo e disfrutemos del !

No hay comentarios. Comentar. Más...

LANGUR GRIS

20081103175922-1218036665-extras-albumes-0.jpg

O langur gris (Pygathrix cinerea) Foto: CI/Tilo Nadler.

O langur gris é un primate, en perigo de extinción, que vive nas selvas tropicais no sudeste de Ásia.

A súa clasificación científica é:

Reino: Animal.

Filo : Cordados.

Clase: Mamíferos.

Orde: Primates.

Familia:Cercopithecidae.

Xénero:Pygathrix.

 Como di unha frase feita, ¡é moi mono!

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

TEMPO DE CASTAÑAS

20081104182603-05.jpg

Estamos en tempo de castañas. Iniciamos hoxe unha serie de artigos sobre este froito, a árbore que o produce, o magosto e a preparación das mesmas. Escomenzamos falando  da árbore: O CASTIÑEIRO.

O castiñeiro (Castanea sativa) é unha árbore profundamente ligada á Galicia. Non se sabe con certeza cando chegou á nosa terra, aínda que o que si parece certo é que foron os romanos o que máis difundiron o seu cultivo traendo numerosas variedades de castiñeiros para froito, é dicir que potenciaron a utilización destas variedades para obter riquísimas castañas que aínda hoxe en día disfrutamos dende comenzos do outono.

 O Castanea é un xénero sumamente vello, nalgúns lugares dos EEUU atopáronse troncos de castiñeiros petrificados, mesturados con outros de magnolios, loureiros e metasequoias. É un xénero que sobreviviu a moitos desastres do pasado, aínda que no caso do castiñeiro americano, Castanea dentata, practicamente desapareceu recentemente arrasado pola enfermidade do cancro do castiñeiro (un fungo chamado Phytophthora cinnamomi), considerada polos fitopatólogos como unha das máis destructivas sufrida polo mundo. En Galicia, a partires da romanización, o cultivo do castiñeiro foise extendendo hasta ocupar casi toda a rexión, converténdose a castaña nun alimento básico. Pero no século XVIII foise ampliando a zona de cultivo da patata e do millo, ocupando terras que antes tiñan castiñeiros, e dando lugar a un cambio de hábitos alimenticios, deixando a castaña relegada a un segundo termo. A este segundo plano da castaña que deixo de ser básica na dieta dos galegos sumóuselle a aparición da tinta en Galicia de forma que moitos castiñeiros desapareceron a partires de finais do século XIX.

O castaño é unha árbore de grande tamaño (entre 20-35 metros de altura) cun toro que chega a medir ata 2 metros de diámetro. As follas de 16-28 cm de longo e 5-9 de ancho son oblongo-lanceoladas e profundamente dentadas.

As súas flores, de ambos sexos, nacen en amentos (inflorescencia en forma de racimo) verticais de 10-20 cm de longo. As flores masculinas na parte superior e as femininas na inferior. Xurden no mes de xuño e a finais de verán as femininas convértense e expiñentos ourizos, que conteñen as castañas, que se recollen no mes de outubro. 

A súa clasificación científica é:

Reino:Plantas            División:Magnoliophyta                                                                         Clase:Magnoliopsida     Orde:Fagales                                                                                          Familia:Fagaceae                                                                                                                   Xénero: Castanea 

O próximo día falaremos do froito: A CASTAÑA.

No hay comentarios. Comentar. Más...

TEEMPO DE CASTAÑAS II: HUMOR

20081105194310-resize.php.jpg

Viñeta de O Carrabouxo (Xose Lois) no diario La Región do 3-11-08

As castañas, aínda que son moi ricas, teñen un problema os gases que xeneran despois de comidas. Sobre ese tema trata a viñeta que se recolle. ¡A postura dun dos contertulios é moi significante!

No hay comentarios. Comentar. Más...

TEMPO DE CASTAÑAS III: A CASTAÑA

20081107172640-castanha02.png

Falabamos o outro díado castiñeiro. Falaremos hoxe do seu froito: A CASTAÑA.

A castaña é un aquenio de 2,5-4 cm, globoso apuntado, cor castaña brillante. Agrúapanse xeralmente en número de 1-3, raramente máis, nunha cápsula (ourizo) de ata 10 cm., primeiro verde, logo acastañada, provista de longas espiñas, moi punzantes, cubertas de pelos finos e suaves, que se abre por 2-4 valvas na madurez. Madura entre setembro e novembro.

Ata a chegada da pataca, despois do descubremento de América (s. XV), a castaña constituíu a base da alimentación en Galicia, e en moitas zonas da Península Ibérica, chegando a súa presenza ata Andalucia.

No referente a súa composición, aseméllase máis a un cereal que a un froito seco, xa que contén menos graxas e ten maior cantidade de hidratos de carbono. Aproximadamente conten un 50 de auga. Contén 165 Kcal por 100 g.

A súa composición nutricional por cada 100 g de castañas son:

Hidratos de carbono

36,3 g

Proteínas

2 g

Fibra

5,5 g

Graxa

2,2 g

Calcio

145 mg

Fósforo

256 mg

Magnesio

234 mg

Sodio

1 mg

Potasio

710 mg

 As castañas son ricas en glúcidos (máis do 40 %), e conteñen pequenas cantidades, aínda que moi aproveitables, de grasa e proteínas, así como vitamias A, B e C e sales minerales. As súas propiedades máis interesantes son:

Aportan sustancias alcalinizantes, que neutralizan o exceso de ácidos no sangue e facilitan a súa eliminación pola orina, o que resulta especialmente útil ós que padecen reumatismo por exceso de ácido úrico (atritismo) e ós que consumen carne en abundancia.

 Ten moi baixo contido en sodio e elevada proporción de potasio, polo que resultan útiles nas dietas dos hipertensos e cardíacos.

Seguiremos falando deste tema. Será sobre o magosto.

 

 

 

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

¡CONTAMINACIÓN EN GALICIA!

20081107180342-img-4421.jpg

Central térmica de As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)

Segundo un informe feito publico pola central sindical CCOO (Comidións Obreiras), as emisións de gases do efecto invernadoiro en España triplican con creces o permitido polo Protocolo de Kioto.

Indica o citado informe que os gases de efecto invernadoiro aumentaron  un 52,3% en 2007 respecto a 1990. Por comunidades autónomas, as que máis medraron nas emisión de CO2 foron: Andalucía, Canarias, País Valenciano, Murcia, A Rioxa, Baleares, Extremadura, Navarra e Madrid.

No mesmo informe indicase que só 120 instalacións industriais son responsables do 36% das emisión totais de España e curiosamente a instalación máis contaminante é a central térmica das Pontes de García Rodríguez que está en Galicia.

A Central Térmica das Pontes é unha central térmica de carbón situada no concello das Pontes de García Rodríguez, na provincia de A Coruña,  pertencente á empresa eléctrica ENDESA. Construíuse e púxose en funcionamento entre os anos 1972 e 1976.

¡Algunha medida habería que tomar!

 

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

ENERXÍAS

 

A seguinte presentación trata de dar un repaso ás fontes de enerxía renovables e non renovables, vendo as vantaxes e inconvintes de casa unha delas.

¡Espero que serva para clarificar, se cabe, estes conceptos!

No hay comentarios. Comentar. Más...

TEMPO DE CASTAÑAS IV: A RECEITA

20081109121955-321739766-cfdd4f9c21.jpg

Son moitas as receitas que, fundamentalmente ou como acompañamento, levan castañas. Hoxe pararémonos, penso eu, na xoia, na receta fundamental: O MARRÓN GLACE.

Ingredientes: 1/2 kg de castañas, 400 g de azucre, 1 vaina de vainilla ou no seu defecto 2 cucharadas de azucre avainillado.

Preparación: Fai un  pequeno corte nas castañas e ponas nunha pota con auga quente, escaldándoas durante 10 minutos. Pela as castañas quitándolle as peles que as recubre con moito coidado de que non rompan. Cóceas nun litro de auga ata que se atopen ben tenras (non sería mala idea metelas nunha rede pequena). Mentres tanto, prepara o almibar con 3/4 litros de auga, o azucre e a vainilla, nunha pota durante 15 minutos a medio lume. Engade as castañas (quitándoas da rede se a empregastes para cocer) e a lume lento  están a cocer durante outros 15 minutos. Saca a pota do lume e deixa reposar as castañas durante un día enteiro. Forra a bandexa do forno con papel especial e dispón as castañas sobre el. Estarán durante 20 minutos a 125 ºC ata que vexas que están ben secas. Despois de enfriar, disponas en cápsulas de papel e xa se poden servir. 

¡Bo proveito!

No hay comentarios. Comentar. Más...

TEMPO DE CASTAÑAS: UN CONTO

20081109132717-pagina01castana.jpg

 A CASTAÑA QUE ESTOUPOU COA RISA

 

 

Un día, xa hai anos, ían de camiño unha brasa de carbón, unha palla e unha castaña. Chegaron á beira dun río e non sabían como facer para atravesalo.

A castaña, que era moi lista, propuso o seguinte: como a palla pode flotar na agua, eu montareime enriba dela e nadando levarame á outra beira  e despois voltará a levarte a ti, dixo falando cara a brasa.

Como a idea pareceulles ben ás dúas, así se fixo. Primeiro a palla levou a castaña e despois voltou pola brasa. Pero cando estaban no medio do río, a palla sentíu que se estaba queimando coa calor da brasa e, de súpeto fixo un movemento brusco e dunha sacudida botóuna a auga.

Cando a castaña viu esto, deulle un ataque de risa, ríase tanto de vela brasa mollada, ríase con tanta forza que estoupou. A palla quedou na beira do río toda chamuscada. A brasa chegou máis tarde, tan molladiña que se apagou.

Estaban as dúas incomodadas coa castaña porque se estaba a rir mentras elas o pasaban mal, pero cando se decataron que coa risa lle reventara a tona e que estaba destrozada, sentiron lástima dela e foron buscar un xastre para que a remendase e lle recosese o burato.

O xastre só tiña un anaco de tea máis claro que o da tona da castaña e tivo que amañala poñéndolle un anaco desa cor. Por iso agora andan tóodas as castañas cun pedaciño de tona que parece un pouco máis claro.

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

TEMPO DE CASTAÑAS: REMATE

20081112001036-resize.php.jpg

Magostos nos arredores de Ourense (Cidade ao fondo)

Busquei con gañas hoxe, a imaxe  que se ofrece na fotografía e que corresponde a un magosto en Ourense, pois síntome con nostalxia de tal evento.

Lembro que, por motivos de estudos (pois non tiña instituto na miña loaclidade), en Ourense o 11 de novembro, San Martiño para máis datos, festa local, era ... algo ... inmerollorable. ¡Todos-as ao monte (como vedes, ainda hoxe, ao monte! ¡Castañas, chourizos, viño ( ou auga cando era moi novo), refrescos! ¡Unha pasada!  Todos xuntos, en  pandilla. Troula, compañeirismo. ¡Ideal!

Nós celebramos hoxe o magosto no noso centro. Estivo ben, pero para min falta algo. Levo 23 anos nesta localidade e, ¡mira que o levo intentadoo, pero non o conseguín! Igual tampouco teño que cambiar as costumes dos meus alumnos-as, pero lamentablemente son moito máis sensibles a outras como o "Carnaval" que non é o Entroido, etc , ¿por que será?

A miña conclusión é que temos que ser un pouco receptivas ás nosas costumes  e menos ás alleas, e entendo por elas ás que non son de Galicia.

De calquera xeito cada quen que faga o que lle pete.

No hay comentarios. Comentar. Más...

COGOMELOS II: COPRINUS

20081112194123-coprinus-comatus-03.jpg

Coprinus comatus

Estes días temos unha espectacular plantación deste cogomelo Coprinus comatus no noso xardín do IES. Calquera de vós podedes observalos e recolectar os que se atopen en condicións. Imos pois coñecer algo sobre este cogomelo.

Nun principio aparece como unha especie de ovo, máis ou menos alongado, podendo acadar ata os 10 cm de altura e de 4-6 cm de diámetro. A súa superficie está adornada con fibriñas brancas dispostas en mechas, facilmente desprendibles. Na súa parte superior pode aparecer unha especie de casquete ce cor parda cervino, con pequenas escamas parduscas no resto do sombreiro. Orixinalmente teñen cor branca e coa maduración adquiren unha cor rosada e logo negra dende o fondo cara arriba.  Cando está todo negro descomponse  nunha especie de tinta negra viscosa. A carne é branca, fráxil, cun cheiro e sabor moi tenues e agradables.

É excelente comestible, aínda que dura pouco, polo que só se pode consumir cando as láminas están aínda brancas. A mellor forma de preparalo é en revolto.

De calquera xeito, consulta en caso de dúbida. Non consumas cogomelos sen estar seguro e sen contar coa opinión dun experto.

No hay comentarios. Comentar. Más...

EXOPLANETA

20081113230745-formalhaut-b.jpg

 

Os exoplanetas son corpos que xiran nunha órbitas pemamente  ao redor dunha estrela, pera máis alá do sitema solar.

A revista Science acaba de publicar que astrónomos estadounidenses anunciaron que o telescopio espacial Hubble capturou a  primeitra imaxe fotográfica con luz natural dun exoplaneta (que orbita ao redor doutro sol) a só 25 años luz da Terra, na constelación  de Piscus Austrinus. A imaxe mostra o sistema planetario na súa totalidade  formado por un cinturón de pó e entullos  cósmicos  xunto oa exoplaneta, chamado  Formalhaut b, que ten un movemento de translación en torno á estrela (HR 8799) que dura uns 872 anos terrestres.

Como dato o exoplaneta ten a masa do planeta Xúpiter ( o maior do sistema solar).

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

MARABILLAS DO MUNDO EN PERIGO DE EXTINCIÓN

20081114172747-arrecifeelgranaccecifeaustralia.jpg

A Gran Barreira de Coral, situada no Mar do Coral (Australia)

No seguinte gráfico interactivo preséntanse as oito marabillas do mundo, lugares excepcionais (moitos deles Patrimonio da Humanidade) que se atopan en perigo  debido ao cambio climático ou a explotación turística.

Eses oito lugares son: A Gran Barreira de Coral, Katmandú, o Parque Nacional Everglades, Atenas, a Toscana, as Maldivas, costa Amalfitana e a costa de Croacia.

Se queres coñecer estes lugares pincha en Marabillas do mundo

No hay comentarios. Comentar. Más...

LEÓNIDAS

20081118114041-1226948807-0.jpg

As Leónidas (Foto ESA)

As chuvias de meteoritos anuais son as das Perseidas (en agosto, chamadas tamén bágoas de San Lorenzo) e as Leónidas (en novembro).

Precisamente destas últimas, as Leónidas (entre o 14 e o 21 de novembro) acadan hoxe , día 18, o máximo explendor. Se o tempo o permite poderémolas ver en torno ao anoitecer e durante dúas ou tres horas máis. É imprescindible a noite escura, sen ter preto farolas. Hai unha dificultade pois a lúa entrou na fase de lúa chea o pasado día 14, e a súa luz impide ver con claridade eses meteoritos.

As Leónidas son anaquiños de materia cometaria pertencentes ao cometa 55P/Tempel-Tuttle que ao pasar polo interior do Sistema Solar, debido a interacción do vento solar fai que se active a superficie do cometa, saíndo despedidos ao espazo gases e materiais. Cando eses materiais penetran na atmosfera terrestre prodúcese ese fenómeno coñecido por chvia de estrelas.

¡Veremos que noite temos!

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

MICKEY MOUSE: 80 ANOS

 

Mickey Mouse cumpre 80 anos. Chegou a pantaia en branco e negro e leva anos e anos divertindo a rapaces e rapazas de todo o mundo. Nun primeiro momento Disney chamouno Mortimer, pero a súa muller fíxolle cambiar de idea e definitivamente púxolle Mickey Mouse.

Neste pequeno vídeo vemos os diferentes formatos e evolucións deste personaxe.

¡Felicidades!

No hay comentarios. Comentar. Más...

BURATO NEGRO NA NOSA GALAXIA

20081118231802-1227033181-0.jpg

Recreación artística do desgarramento gradual de nubes de gas nas proximidades do burato negro da Vía Láctea. (Foto: CSIC)

Na nosa galaxia, a Vía Láctea, hai un burato negro (obxecto cuxa forza é tan grande  que nin a luz escapa, por eso é negro): Sagittarius A* (SgrA*), que ten unha masa de catro millóns de veces maior que o Sol.

Este burato negro está a ser observado dende Chile (cos telescopios VLT e APEX) e coa participación do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas de España).

Este burato negro supermasivo segue a devorar materia no centro da nosa galaxia.

Se queres ampliar esta noticia pincha en Sagittarius A* (SgrA*)  

 

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

DÍA INTERNACIONAL DO NENO

20081120175529-1132097295.jpg

Hoxe, 20 de novembro, celébrase  o Día Internacional dos Dereitos do Neno ou Día Universal da Infancia co fin de recordar que un neno non é só un ser fráxil que necesita protección, senón tamén unha persoa e que ten o dereito a ser educado, coidado e protexido independentemente do lugar onde nacera. Pero tamén un  neno ten dereito a divertirse, a aprender a expresarse. Todos os nenos teñen o dereito a ir á escola, a recibir coidados médicos, e a limentarse para garantir un desenvolvemento en todos os aspectos.

 

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

MARTE: MOITA AUGA

20081120234103-fotografia-marte.jpg

Glaciares de Marte captados pola NASA (Foto Science)

A revista "Science" acaba de publicar que a sonda Mars Reconnaissance Orbiter (MRO) da NASA, que chegou a Marte o 10 de marzo de 2006 despois de percorrer 493 millóns de km detectou glaciares que cubren unha superficie de decenas de miles de km2 e exténdense dende as montañas marcianas cun espesor que chega, nalgúns casos ata 800 m.

Segundo esta información, non só constata a presencia de auga no planeta marciano, senón que cubre a necesidade deste líquido elemento que terán as futuras misións espaciais interplanetarias, e é unha sinal alentadora para os científicos que buscan vida máis aló do noso planeta.

¡Seguro que aínda temos moitas máis sorpresas!

No hay comentarios. Comentar. Más...

FOTOS PARA A HISTORIA

20081122001454-paseo-neil-buzz.jpg

Foto: Revista LIFE

 Unha foto para a histotia, publicada pola revista LIFE , na que aperece o astronauta Buzz Aldrin (20-07-1969), no paseo lunar na compaña do seu compañeiro Neil Armstrong (vese precisamente o seu reflexo no casco de Aldrin). 

Armstrong foi o primeiro home que pisou a Lúa. Ambolos dous  saíron da Terra no famoso Apolo XI en compaña de M. Collíns que quedou orbitando ao redor da Lúa no módulo de mando.

¡Por certo, os tres volveron salvos á casa! Eso si, tivemos moitas controversias que aínda hoxe teñen preguntas ¿Estiveron realmente alí?

No hay comentarios. Comentar. Más...

A ISS CUMPRE 10 ANOS

20081123110231-1227124976-g-0.jpg

Estación Espacial Internacional (Foto: ESA)

A Estación Espacial Internacional (ISS) acaba de cumprir 10 anos. Neste proxecto, aínda inacabado, participan 16 paises, entre eles o noso. Cando se remate a súa construcción, ala polo 2010, terá un tamaño similar a un campo de fútbol  e un peso de 450.000 kg. Nese momento podera ser usada por 7 astronautas, mentres que agora só poden permanecer 3.

Pola ISS pasaron ata agora 170 astronautas, 6 turistas, 78 naves (con material, alimentos, etc) e multitude de experimentos realizados. Lévase invertido a friloera de 100.000 millóns de dólares.

Se queres coñecer polo miúdo a ISS pincha no seguinte gráfico interactivo ISS

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

ESTA SEMANA TOCA ELECCIÓNS

20081123113106-images.jpg

Esta semana, concretamente o próximo mércores 26 de novembro, celébrase a elección dos representantes dos alumnos-as no Consello Escolar do noso IES.

O Consello Escolar é o órgano propio de participación do Centro dos diferentes mebros da comunidade escolar. Está composto por profesores e profesoras, alumnos e alumnas, pais e nais de alumnos, representantes do Persoal de Administración e Servicios, do Concello e de Organizacións Empresariais. Entre outras, ten competencias para decicir sobre a admisión de alumnos, aprobar actividades extraescolares e complementarias que se densenvolvan no centro, presupostos, etc.

No sector de alumnos hai que cubrir 3 postos, para os que optan 5 candidaturas. Cada votante (todos e todas o sodes) marcarán un máximo de 2 nomes dos 5 que se presentan.

O horario de votación será de 9 a 11,50 e de 17 a 19 horas ante a mesa electoral constituída a tal efecto.

Neste mesmo día realizarase este mesmo proceso nos diferentes sectores da comunidade escolar.

¡Participa!

No hay comentarios. Comentar. Más...

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Co gallo da celebración do DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, persentamos este vídeo formado por fotos da exposición do Instituto da Muller "18 segundos", na que o fotógrafo Iván Hidalgo, coa dirección artística de Alejandro Marcos, fai un alegato contra a violencia exercida contra as mulleres. Aparecen os retratos de 18 actrices, comunicadoras, deportistas e personaxes con recoñecemento público.

¡Temos que acabar con esto!

No hay comentarios. Comentar. Más...

A VOLTAS CO TRATADO DE BOLONIA

20081125125744-bolinia.jpg

Seguramente "Bolonia" (cidade do norte de Italia, tamén chamada "a cidade vermella " pola cor dos seus tellados e fachadas) fíxose moi popular ultimamente e pronunciar esta palabra soa a conflicto estudiantil.

A verdade é que hai moito descoñecemento sobre a denominada Declaración de Bolonia (firmada en 1999 nesa cidade por 29 países na que se pretendía facer unha Unión Europea Universitaria).

No afan de porme ao día sobre este tema, pois son afectado indirecto xa que teño dúas fillas na universidade en diferentes estadios (curiosamente unha delas xa leva cursando 3 anos de carreira seguindo ese plan), atopei unha explicación clarísima nun artigo de Susana Pérez de Pablos que publicou o diario El País. No citado artigo fai un resumo do que é e o que non é Bolonia que paso a resumir.

SI é BOLONIA:

1. As ensinanzas deben estructurarsee en Grao, Máster e Doutorado en toda A Unión Europea. Firmaron esta declaración 29 países.

2.- O obxectivo é a homologación das titulacións en toda a UE cara a facilitar a mobilidade de estudantes e profesores.

3.- Outro dos fins é clarificar a formación recibida polos alumnos de toda Europa á hora de buscar un traballo non paises membros da Unión, polo que os tíutulos deben incluír un suplemento ao diploma no que se especifique con detalle o cursado polo alumno.

4.- As ensinanzas estructúranse en créditos, chamados ECTS, que se obteñen non só polas horas de clase, senón tamén polo traballo realizado fóra da aula.

5.- Establece principios xerais, non entra en detalles.

NON é BOLONIA:

1.- O cambio das titulacións para convertir as diplomaturas, licenciaturas e enxeñerías (que eran entre 3 e 5 anos) en carreiras de 4 anos para o Grao, 1 ou 2, no caso dos Máster. Esta é unha decisión do Goberno español. Na maioría dos países estableceron o Grao en 3 anos e o Máster en 2.

2.- A Declaración de Bolonia non fala de privatización da Universidade. Anima aos países a buscar mecanismos para invertir máis nela, pero non detalla cales.

3.- O prezo das taxas das matrículas decídeos cada comunidade autónoma en función do abano que aproba a Conferencia Xeral de Política Universitaria, vinculada ao Ministerio de Cinecia e Innovación.

4.- A aposta por un tipo de ensinanza pública ou privada non ten que ver con Bolonia. En España, a financiación depende das comunidades autónomas.

Espero que con estas poucas ideas teñamos máis claro este tema tan controvertido.

No hay comentarios. Comentar. Más...

FOTOS PARA A HISTORIA II

20081123115227-edison-inventor.jpg

Thomas Alva Edison (Foto: LIFE)

Nesta fotografía, publicada pola revista LIFE en 1878, aparece Thomas Alva Edison xunto ao seu primeiro fonógrafo.

Thomas Alva Edison (1847 - 1931) foi un dos máis famosos inventores americanos. Patentou 1.099 inventos durante a súa vida, tan variados como a lámpada incandescente, o fonógrafo ou o cinematógrafo entre outros moitos.

No hay comentarios. Comentar. Más...

CINE: MADAGASCAR 2

 

Por estas datas, todos os anos, chegan as películas adicadas, fundamentalmente a nenos e nenas (aínda que se camuflan moitos maiores). Son as denominadas películas do Nadal.

Hoxe, venres 28 de novembro, chega as pantaias de cine :"MADAGASCAR 2", dos directores Eric Darnell e Tom Macgrathr.

Trala primeira entrega, Alex e os seus amigos atópanse perdidos na illa de Madagascar (que como sabedes é unha nación insular,  situada no océano Índico do frente aá costa do continenete africano, á altura de Mozambique), pero continuan empeñados en  volver a Nueva York, á xunga de asfalto, onde o xove león é unha superestrela. Sen embargo, unha viaxe  algo accidentada transportará aos animais a outra xungla máis salvaxe, a de África.

Unha película animada para todos e todas. Aquí tedes un aperitivo, o seu tráiler. ¡A disfrutar!

No hay comentarios. Comentar. Más...

ONDAS MACH

20081128171925-ondamach.jpg

Apréciase perfectamente os dous conos de Mach, un na proa e outro na popa. (Foto Grupo Anaya)

As ondas de choque ou ondas Mach (na honra de Ernst Mach, un físico austríaco que vivíu entre 1838 e 1916) son unhas variacións de presión que acompañan  a un avión (ou outro móbil) en todo o percorrido supersónico (cando se supera a velocidade do son, aproximadamente no aire de 340 m/s ou 1224 km/h).

Debido a esa alta velocidade, orixínase unha gran diferencia de presión entre a zona de aire inmediatamente diante do morro do avión, onde o aire se comprime, e a zona comprendida pola fuselaxe. Esa gran variación de presión, ao pasar a proa do avión por riba de nós, dá lugar a un forte estoupido (o son propágase mediante compresións e descompresións das partículas, ou sexa, variacións de presión). Ao pasar a popa ocorre igual, e óese un novo estoupido, aínda que ambos os dous  se producen cun intervalo de tempo tan pequeno que, xeralmente, só se aprecia un.

Neste tipo de velocidades emprégase como unidade o Mach. 1 Mach = 1224 km. Así se un avión vai a 3 Mach quere dicir que leva unha velocidade de 3 veces a velocidade do son, é dicir 1224 x 3 = 3672 km/h.

No hay comentarios. Comentar. Más...

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A SIDA

20081130131857-cartel1.jpg

Cartel deste ano, XX aniversario.

Dende 1988, o 1 de decembro conmemórase o Día Mundial da Sida.
Xa hai 20 anos que este día se adica á concienciación pública sobre a infección polo VIH. No ano 2001 todos os países do mundo prometeron deter a SIDA para o ano 2015.
A fin de logralo, todas as persoas temos que comprometernos tamén.
O lema proposto para este ano é: “ ACTÚA DETÉN a SIDA. UNIDOS PODEMOS”.
Ao mellor pensas que DETER  A SIDA é tarefa doutros/as pero UNIDOS PODEMOS evitar a propagación do VIH.

Só catro fluídos, o sangue, o seme, as secrecións vaxinais  e en menor medida, o leite materno das persoas infectadas teñen unha concentración suficiente de VIH como para transmitilo.
Ademais, para que se produza a infección é necesario que o VIH entre no organismo, e eso únicamente se produce cando estos fluídos entran en contacto co sangue ou as mucosas (revestimento do interior da boca, vaxina, pene ou recto) dunha persoa.

Hai moitas cousas que ti tamén podes facer no Día Mundial da Sida.

¡ Actúa !

Se queres termaís datos sobre este tema pincha en INFORMACIÓN SOBRE A SIDA

No hay comentarios. Comentar. Más...