Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Febrero de 2010.

FRASES VARIADAS

por vgomez el 01/02/2010 08:07, en FRASES

Hoxe propóñovos uha serie de frases, de diferentes autores, sen temática concreta, para que poidades reflexionar:

A primeira de Nelson Mandela, político (1918, Sudáfrica).

"A educación é a arma máis poderosa que pode empregarse para cambiar o mundo"

A segunda é de Bobby McLeod, aborixe australiano, poeta e músico (1947-2009).

"Cando a Terra está enferma e contaminada, a saúde humana é imposible... para curarnos debemos curar ao noso planeta"

A terceira é de  Pablo Neruda, poeta chileno (1904-1973).

"A verdade é que non hai verdade"

Para rematar por hoxe, a última de Fiódor Dostoievski , escritor ruso (1821-1881).

" Vivir sen esperanza é deixar de vivir"

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

PREMIOS GRAMMY 2010

por vgomez el 01/02/2010 18:00, en MÚSICA

 

Onte, 31 de xaneiro, fíxeronse entrega dos Premios Grammy, nun acto celebrado no Staples Center de Los Ángeles (EEUU).

A triunfadora absoluta foi Beyoncé Knowles que acadou 6 gramófonos dourados:

Canción do Ano "Single Ladies (Put A Ring On It)" 

Mellor Interpretación Vocal Pop Feminina
Beyoncé - "Halo"

Mellor Artista Feminina R & B Vocal Performance
Beyoncé - "Single Ladies (Put A Ring On It)"

Mellor Canción R & B tradicional Interpretación Vocal
Beyoncé - "At Last"

Mellor Álbum Contemporaneo R & B
Beyoncé - I Am... Sasha Fierce

Mellor Canción R & B
Thaddis Harrell, Beyoncé Knowles, Terius Nash & Christopher Stewart, compositor (Beyoncé) - Single Ladies (Put A Ring On It)

España tamén tivo representación co grammy ao Mellor Álbum Pop Latino
La Quinta Estación  - Sin Frenos

Felicidades a todas (pois a gran maioría dos gañadores foron mulleres) e disfrutade do vídeo, durante a  gala, da gran triunfadora: Beyoncé!

Hay 1 comentario. Más...

ERNESTO DE LEIRO

por vgomez el 02/02/2010 10:18, en OPINIÓN E COMENTARIO

20100131231831-g11p30f1.jpg

Ernesto Romero García  (Foto: Santi M. Amil)

Estes día fíxose famoso Ernesto, e foi por facer o que máis lle gusta: o cine. A Ernesto Romero García, coñecino eu hai moitos anos, tería eu 12-13 anos, cando vivín en Leiro  (Ourense). Ernesto ten 4 anos máis, é dicir está a punto de cumprir 58 anos. Precisamente conocino no cine, el era o operador de proxección. Dalgún xeito meteume  nese mundo, a proba é que anos despois fun operador no meu colexio, pero en formatos máis pequenos como 16 mm.

Ese cine de Leiro, de 144 butacas, con 27 anos, un cine de "pueblo", segue a subsistir fronte as grandes superficies comerciais e é gracias a el. Ese cine montado polo seu pai, cerrado nalgún momento, volceu recuperar o tempo perdido con Ernesto. E é tal a súa dedicación que compite, a precios que lembran a tempos pasados (pensade que a entrada está a 5 € en 3D) co resto da provincia e coa tecnoloxía máis moderna, eso si a costa de moitos sacrificios. En días normais el fai de todo: operador, vende as entradas, acomodador,... Non ten prezo o seu traballo.

Agora é famoso, el e o seu cine, onde acuden xentes do contorno por ser o primeiro cine na provincian co a tecnoloxía 3D. Xa foron varias as proxectadas neste formato, pero "Avatar", película xa comentada e recomendada neste blog, arrasou. Colas e colas para poder vela.

Un saúdo amigo e felicidades, que as gañaches con creces ti só.

Hay 1 comentario. Más...

TIANA E O SAPO

por vgomez el 03/02/2010 08:08, en VÍDEOS

 

O próximo venres, 5 de febreiro,  estréase a última película de Walt Disney Animation Studios: Tiana e o Sapo.

Este musical de animación, é unha comedia que transcurre en Nueva Orleans. Unha moza chamada Tiana (de cor, atención ao dato) que vive no Barrio Francés de Nueva Orleans, un Príncipe convertido en sapo que desesperadamente quere recuperar a súa forma humana e un bico que os leva a unha divertida aventura a través das paisaxes misteriosos de Luisiana: río Mississipi, crocodilos que cantan, feitizos de vudú, ...

Un clásico actualizado!

No hay comentarios. Comentar. Más...

ATTACUS ATLAS

por vgomez el 04/02/2010 16:03, en CURIOSIDADES

20100204113740-attacus-atlas.jpg

 

Attacus atlas é a bolboreta (insecto lepidóptero da familia Saturniidae) máis grande do mundo, cuns 30cm de ancho por 25cm de longo. É orixinaria das selvas de Malasia e como vedes na fotografía é moi bonita.

Como curiosidade desta bolboreta, deixando de lado o seu tamaño, é que todo o seu alimento é inxerido na súa etapa de larva, xa que de adulta a súa "boca" sélase, non  alimentándose en toda esa etapa da súa vida. Como podedes imaxinar, pola embergadura, o seu voo é complicado, deixándose levar polo vento.

Outra curiosidade desta bolboreta é que o seu traballo real na época adulta é asustar aos depredadores e mantelos afastados das zonas ricas en larvas (fixándose ben na fotografía, a extensión apical das ás, teñen un parecido coa cabeza dunha serpe).

No hay comentarios. Comentar. Más...

RUTA ORNITOLÓXICA GUIADA

por vgomez el 04/02/2010 17:24, en COMUNICADOS

20100204172335-novas.12.jpg

ANABAM, asociación conservacionista que traballa no Baixo Miño, incluíndo a marxe portuguesa do Miño, co gallo do Día Internacional dos Humedais, que se celebrará o vindeiro mes de febreiro, organiza unha visita ornitológica guiada pola marxe galega da desembocadura do Miño. Esta visita, de carácter gratuíto, desenvolverase o domingo 7 de febreiro, partindo da Estación Ornitolóxica, na Pasaxe (Camposancos-A Guarda), situada a 100 metros do peirao do ferri A Guarda-Caminha.

    Garzas, garzotas, mazaricos e patos son algunhas das aves que os participantes poderán ver nesta visita. ANABAM disporá dun certo número de prismáticos e telescopios para poder observar estas aves, en entregará a cada participante un caderno guía de aves así como a publicación Guía para andar por el estuario del Miño e un DVD da Ruta ornitológica desta área.

    O prazo para inscribirse remata o venres 5 de febreiro.

   As persoas interesadas en participar nesta actividade terán que inscribirse previamente enviando un correo electrónico a anabam.anabam@terra.es, Teñén máis información na páxina web desta asociación: www.anabam.org

(FONTE: galiciasuroeste.info)

No hay comentarios. Comentar. Más...

i-Saúde

por vgomez el 05/02/2010 09:35, en NOTICIAS DAS CIENCIAS

20100204170535-saude.jpg

i-Saúde é un novo boletín electrónico de información en saúde destinado aos cidadáns e pacientes que puxo en marcha o Ministerio de Sanidade e Política Social, a través da Axencia de Calidade do Sistema Nacional de Saúde.

Sanidade faise éco de que cada día internet é un lugar ao que acuden poitas persoas en busca de información sobre a saúde. O boletín i-Saúde é gratuíto, ten periodicidade mensual.

Se queres botarlle unha ollada pincha en Boletín i-Saúde . De calquera xeito sempre o terás en ENLACES.

No hay comentarios. Comentar. Más...

HUMOR: A CRISE

por vgomez el 05/02/2010 09:39, en OPINIÓN E COMENTARIO

20100205093926-carra.jpeg

A tan citada CRISE, que todo inunda e preside, estalle pasando factura aos que gobernan, pois directa ou indirectamente teñen certa parte de responsabilidade (seguramente igual me quedo curto, pois para moitos o cualificativo sería total responsabilidade).

As cousas pintan mal e na nosa terra, ante moitos desastres, recurrimos ao divino, rezando ao noso santo de devoción. Na viñeta de onte de O Carrabouxo (Xosé Lois), publicada no xornal La Región, faise eco desta preocupación por parte do Presidente do Goberno de España que tamén "reza", eso si nun acto típico de cada ano en EEUU ao comenzo do ano político, o denominado almorzo de oración.

Penso que calquera axuda, incluída a divina, fará boa falta para saír desta siuación!

No hay comentarios. Comentar. Más...

CONTO: O DOS MECHEIROS

por vgomez el 08/02/2010 09:53, en OUTRAS COUSAS

20100208081216-3968053669-1887f228d6.jpg

Certo paneiro leonés percorría acotío Galicia, ofrecendo a súa mercadoria en todo tipo de aldeas e vilas.

Un día, ao viaxante paroulle o coche nunha pequena aldea dos máis altos cumios da montaña ourensán.

Baixouse e perguntoulle a unha señoriña que se acercou:

- ¿Puede decirme dónde vive el mecánico?

- Ai, filliño! Aquí estámoslle na fin  do mundo. Non temos nin luz eléctrica. Mecánico non lle hai. A non ser o Pepiño, que é moi mañoso e axeitado para todo. Arranxa a  máquina de mallar, remacha os caldeiros e cántaros, fai fechaduras de portas, ferra as cabalerías e solda pucheiros; pero sobre todo, é un fóra de serie amañando chisqueiros. Chamámoslle Pepiño o chisqueiro.

- Bueno; sea. Si no hay mecánico, avíseme por favor a ese Pepiño de los mecheros.

Chegou Pepe e saudou. Moi serio. Cigarro na esquina da boca, mans nos petos, gorra de viseira ladeada, deulle ata tres voltas ao redor ao coche mirándooo de esquello. pegoulle unha pequena patada a unha roda e preguntou.

- E logo, este vehículo ten gasolina?

- Sí, desde luego. Esta misma  mañana le he llenado el depósito.

- Pois daquela, non hai ningunha dúbida. Te que ser da pedra.

Fonte: Almanaque Agrícola ZZ Ano 2010

No hay comentarios. Comentar. Más...

EDUCACIÓN VIAL - SECUNDARIA

por vgomez el 09/02/2010 08:09, en DOCENCIA

20100208164347-educacion-vial.png

Na Educación Secundaria Obrigatoria os obxectivos da Educación Vial pretenden profundizar no estudo do entorno e inculcar aos alumnos-as o sentido da responsabilidade. Nun primeiro momento referido á conducción de bicicletas e ciclomotores, para inicialos, posteriormente, na aprendizaxe das normas, sinais e consellos relativos a súa conducción, xa que non se debe olvidar que os mozos-as desta etapa son usuarios habituais destes vehículos.Tamén se traballará no coñecemento das primeiras medidas a practicar en caso de accidente.

 O tratamento é interdisciplinar, abarcando as diferentes áreas desta etapa, prestando especial atención a: "Educación para a cidadanía e os dereitos humanos", "Educación ético-cívica" e incluso "Actividades Complementarias-ACES".

Para axudarvos a adquirir estes obxectivos poñemos á vosa disposición  esta ferramenta, este material interactivo, que a DGT (Dirección General de Tráfico) dispón:

-De 12 a 16 anos.

-De 16 a 18 anos.

- Máis de 18 anos.

É un espazo para combinar o real co virtual, a información coa aplicación, a diversión coa seguridade. Unha vía para desprazarte pola información que precises cando e como ti decidas, coas múltiples posibilidades, tanto de acceso como de encontro, e o mellor, sen distancias.

Pincha, aprende e divírtete!

No hay comentarios. Comentar. Más...

DÍA DA INTERNET SEGURA

por vgomez el 09/02/2010 17:06, en VÍDEOS

 

Hoxe, 9 de febreiro, celébrase a sétima edición do DÍA DA INTERNET SEGURA, un evento que ten lugar cada ano en todo o mundo (neste ano son 60 países), e que ten por obxectivo promover en todo o mundo o uso responsable e seguro das novas tecnoloxías, especialmente entre os menores.

Pinchando AQUÍ podes consultar a páxina oficial deste ano e seguir unha serie de consellos moi interesantes.

Lembra, na internet o límite polo ti. Fai un uso responsable!

No hay comentarios. Comentar. Más...

O CEO DO MES: FEBREIRO 2010

por vgomez el 10/02/2010 11:22, en O CEO DO MES

20100210112239-cieloestre.jpg

5 de febreiro: Cuarto Minguante.

8 de febreiro: Día de máxima actividade da chuvia de meteoros: Alfa-Centauridas, actividade desde o 28 de xaneiro ao 21 de febreiro.

14 de febreiro: Lúa Nova.

22 de febreiro: Cuarto Crecente.

28 de febreiro: Lúa Chea.

No hay comentarios. Comentar. Más...

CONCURSO: PREMIO ESCOLAR PAZ E COOPERACIÓN 2010

por vgomez el 10/02/2010 11:23, en COMUNICADOS

20100208171737-es-cartelapoyobases.jpg

O 7 de decembro de 2009, as Naciones Unidas alertan ao mundo sobre a problemática do cambio climático, nunha gran conferencia en Copenhague, Dinamarca. O seu Secretario Xeral, Ban Ki-moon pide a colaboración de todos os cidadáns. Pola súa parte, Paz e Cooperación diríxese ao mundo escolar urxindo pasar á acción.

Co  este motivo convócase o concurso PREMIO ESCOLAR PAZ E COOPERACIÓN 2010, co lema: "Coida o teu planeta", en categorías por idades:

- Ata 6 anos (DEBUXO).

- De 7 a 12 anos (CARTEL E LEMA).

- De 13 a 16 anos (MURAL).

- De 16 a 18 anos (CAMPAÑA PUBLICITARIA).

- Tamén hai outras posibilidades e incluso para profesores.

Os premios, interesantes: Cuatro diplomas en cada categoría, seis premios de 300 euros, dous billetes de avión ofrecidos por Airline Ambassadors (válidos para a categoria 6)

Estás interesado, pois pincha en PREMIO ESCOLAR PAZ E COOPERACIÓN 2010 e terás toda a información.

Participa!

No hay comentarios. Comentar. Más...

AMPHIOCTOPUS MARGINATUS

por vgomez el 11/02/2010 09:03, en CURIOSIDADES

 

A revista Current Biology, publicou recentemente que un equipo científico descubríu un polbo en Indonesia, o polbo raiado (Amphioctopus marginatus), que ten como curiosidade  que se despraza con medio coco entre os seus tentáculos para utilizalo a modo de caparazón ante o perigo, o que o convirte no primeiro invertebrado coñecido do mundo que empregar ferramentas.

No vídeo podedes ver ao citado cefalópo en acción.

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

CENTRAIS NUCLEARES I

por vgomez el 12/02/2010 10:59, en DOCENCIA

20100208181441-central-nuclear-de-asc-tarra.jpg

 

Central nuclear de Ascó (Tarragona)

Xa non é a primeira vez que tratamos neste blog o tema da enerxía nuclear, pero nas últimas semanas volve a palestra con motivo das candidaturas ao emprazamento deo almacén temporal centralizado (ATC).

En España existe xa un cemiterio nuclear de residuos radiactivos, situado na serranía cordobesa de Hornachuelos, e que ten unha vida útil ata o ano 2018. O cemiterio de media e baixa actividade de El Cabril recibíu durante 2002 case 2.000 m3 de residuos, co que xa están cheas 12 das súas 28 celas de almacenamento baixo terra.

Hai moito debate, e é preciso clarificar ben o tema polo que iniciamos hoxe unha exposición en 2 partes: Unha primeira sobre que é a enerxía nuclear e unha segunda, o próximo día, sobre vantaxes e prexuízos deste tipo de enerxía.

1ª PARTE: QUE É A ENERXÍA NUCLEAR?

As centrais nucleares son instalacións nas que se producen reaccións nucleares de fisión nuclear controladas (neutróns son lanzados a gran velocidade contra os núcleos atómicos, normalmente de uranio, dividíndoos) para obter enerxía  térmica (vapor), que  a súa vez moverá unha turbina  conectada  a un xerador  para producir electricidade.

As centrais nucleares que hai en España son:

 

Nome Provincia Potencia1 Ano
Almaraz I Cáceres 944 1981
Almaraz II Cáceres 956 1983
Ascó I Tarragona 995 1983
Ascó II Tarragona 997 1985
Cofrentes Valencia 1064 1984
José Cabrera (Zorita)2 Guadalajara 141 1968
Sta. María Garona Burgos 446 1971
Trillo I Guadalajara 1003 1988
Vandellós I3 Tarragona 480 1972
Vandellós II Tarragona 1045 1987


1 Potencia neta en MWe.
2 Recentemente parada.
3 En fase de desmantelamento.

FONTE: PRIS

Parece moi sinxelo, pero imos velo mellor coas imaxes interactivas da seguinte infografía de consumer.es, pinchando en ENERXÍA NUCLEAR.

No hay comentarios. Comentar. Más...

CYLORANA PLATYCEPHALA

por vgomez el 14/02/2010 19:02, en CURIOSIDADES

20100209125923-3618691643-60fb0cf100.jpg

Cyclorana platycephala é o nome científico dun sapo do deserto australiano chamado sapo acumulador de auga. Ten varias curiosidades este batracio: A primeira é que  sofre un proceso de estivación (ao aumentar a temperatura entérrase na area, ata  un metro de profundidade, quedando inactivo, retendo grandes cantidades de auga sen que se evapore nin gota), podendo permanecer neste estado ata 10 meses. Eso si, se chove na superficie, sae e volve recoller reservas de auga.

A segunda é que pode permanecer sen comer catro anos seguidos e despois comer, abundantemenete, sen que o seu estómago sufra nada.

Finalmente, esa característica de almacenar auga, por eso o seu nome, coñecena os nativos e en épocas de sequía obteñen auga presionando lixeiramente sobre a pel dos sapos , sen que sufra dano.

No hay comentarios. Comentar. Más...

PREMIO 25 ANIVERSARIO DE ANABAM E DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

por vgomez el 15/02/2010 10:32, en ZONA VERDE

20100214191502-index.25-anos.26.01.2010.jpg

Con motivo do 25 aniversario de ANABAM, esta organización naturalista convoca o PREMIO 25 ANIVERSARIO DE ANABAM E DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE, nas seguintes categorías:

- Infantil

- Primaria

- ESO, Bacharelato, Ciclo Medio ou Ciclo Superior

- Universitarios

- Alumnos dos veciños municipios de Valença, Vila Nova de Cerveira, Caminha e Afife que cursen estudos equivalentes aos ciatados anteriormente

 

No refrente á categoría que afecta ao IES, poden participar os alumnos-as que cursen a ESO, BACHARELATO, CICLO MEDIO ou CICLO SUPERIOR.

 

 Modalidades: Filme ou presentación en PowerPoint. Duración: mínimo 5 minutos e máximo 15 minutos.

 

O tema terá que estar relacionado co PATRIMONIO NATURAL da comarca do Baixo Miño ou do Esteiro do Miño, incluída a marxe portuguesa dende Valença ata Afife, neste caso con límite na estrada nacional 13.

 

Establécense tres premios: 1º de 400 euros; 2º de 300 euros e 3º de 200 euros.

 

Presentación: en DVD, en galego ou en portugués.

 

Os traballos presentados terán que ser orixinais.

Prazo de entrega: rematará o 15 de maio de 2010.

Se estades interesados en participar, pincha en BASES CONCURSO  e terás toda a información completa desta e das outras categorías.

Dende aquí as nosas felicidades polos 25 anos de traballo de ANABAM.

FONTE: ANABAM

No hay comentarios. Comentar. Más...

GALICIA VISTA DOUTRO XEITO

por vgomez el 17/02/2010 09:52, en OUTRAS COUSAS

20100217095246-descubregalicia.jpg

Este ano, 2010 ANO XACOBEO, Galicia está de moda, e hai que promocionala. Unha forma de vela é visitar o noso país virtualmente, en paseos de 360 graos. É posible mediante a páxina http://www.descubregalicia.com. Nela podes controlar todo co cursor. Preme no mapa da cidade galega que queiras visitar. Por certo se premes nos puntos vermellos podes aproximarte máis. Move o cursor para xirar e ver todo o entorno.

Seguro que ver A Guarda deste xeito  é algo precioso: O Monte, o Porto,...

Interésache? Pois imos alá, preme AQUÍ

No hay comentarios. Comentar. Más...

CARNAVAL ESCOLAR

por vgomez el 17/02/2010 10:48, en OUTRAS COUSAS

 

Non é a primeira vez que o teño dito, o desfile escolar do carnaval é o mellor do entroido. Un ano máis volveron a saír ás rúas do pobo, dándolle colorido, alegría e ilusión. Detrás, horas de traballo dos mestres, alumnos e pais. Pero mereceu a pena.

As miñas feliciacións e que perdure no tempo.

No hay comentarios. Comentar. Más...

FOBOS

por vgomez el 18/02/2010 08:56, en NOTICIAS DAS CIENCIAS

20100217173721-fobos.jpg

Fobos (Foto: NASA)

FOBOS  é a lúa máis grande, das dúas que ten Marte. A súa orixe é unha incognita: un asteroide capturado por Marte, unha formación ao mesmo tempo que se fixo Marte ou restos dun impacto dun meteorito contra Marte.

Para poñer luz sobre este satélite a sonda "Mars Express"  da ESA (Axencia Espacial Europea)  sobrevoarao e co seu instrumental tratará de desentrañar a orixe e o seu proceso de formación, chegando o próximo 3 de marzo a atoparse a só 50 km do citado satélite.

Sairemos de dúbidas?

 

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA 2010

por vgomez el 19/02/2010 08:06, en COMUNICADOS

20100218090558-axudasle-portada.gif

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca 3.077 prazas para realizar actividades de inmersión lingüística no ano 2010.

Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia dos cursos que aparecen nesta táboa  e que non fora beneficiario desta axuda no verán de 2008 ou no verán de 2009

As citadas prazas repartiranse da seguinte forma:

Curso

Nº prazas

Distribución de prazas

Aportación económica da familia

 

2º bac

200

150 inglés en Canadá

50 francés en Canadá

     310

1º bac

220

150 inglés en Canadá

50 francés en Canadá

20 integración en centros en Canadá

    310

 

    350

4º eso

582

350 inglés en R. Unido

20 integración en centros Irlanda

100 inglés en Irlanda

100 francés en Francia

12 alemán en Alemania

    175

3º eso

550

350 inglés en R. Unido

100 inglés en Irlanda

100 francés en Francia

    175

2º eso

300

200 inglés Vila inglesa

100 francés en Francia

    150

1º eso

395

Inglés noutras comunidades autónomas

    120

6º pri

830

Inglés en Galicia

    60

O prazo de presentación de solicitudes remata o 12 de marzo de 2010. 

Se estás interesado-a pincha AQUÍ   e obterás toda a información publicada no DOGA da citada convocatoria.

No hay comentarios. Comentar. Más...

AULAS DA NATUREZA 2010

por vgomez el 21/02/2010 23:35, en COMUNICADOS

20100221233501-canpa.png

O Ministerio de Educación (MEC) convoca 1.056 axudas para participar no programa de cooperación territorial "Aulas da Natureza" durante o perídodo comprendido entre o 1 de xullo e o 14 de agosto de 2010 para alumnos/as matriculados/as en centros españois sostidos con fondos públicos e ter unha idade comprendida entre os 11 e 13 anos durante o período de realización da actividade.

A súa finalidade é favorecer o intercambio de alumnos/as de diferente procedencia, nivel socio económico e capacidade, contribuíndo deste xeito á consecución do máximo grao de inclusión e normalización nun entorno educativo non formal e no contacto directo coa natureza. Deste xeito, o programa ofrece a posibilidade de dar continuidade ás actitudes positivas cara á  convivencia, respecto e tolerancia que se traballaron durante o curso escolar.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 12 de marzo.

S estás interesado e queres coñecer toda a información pincha AQUÍ .

No hay comentarios. Comentar. Más...

LEMBRANZAS DOS ENTROIDOS I

por vgomez el 23/02/2010 00:05, en OUTRAS COUSAS

20100222235825-escanear0002.jpg

Hai uns días falaba dos desfiles do carnaval escolar, no que manifestaba o meu apoio e recoñecemento. Quero lembrar o ano 1995: na foto aparece o menda lerenda e, entre outros, un alumno "especial" para min, Pablo, que aínda hoxe saúdo e sempre, sempre ,se lembra de min.

A el adícolle este artigo. Pablo aprendín moito de ti!

No hay comentarios. Comentar. Más...

COMUNICADO DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

por vgomez el 24/02/2010 19:01, en COMUNICADOS

20100224190127-logo.png
INSTRUCCIÓNS EN RELACIÓN Á PREVENCIÓN DE FENÓMENOS METEOROLÓXICOS ADVERSOS

As previsións facilitadas pola Dirección Xeral de Emerxencia e Interior anuncian para os vindeiros días 24 e 25 fenómenos meteorológicos adversos por intensas choivas (nivel laranxa) con precipitacións persistentes e localmente fortes que poderán superar os 80 mm en 12 horas na provincia de Pontevedra e suroeste da provincia de A Coruña.

Asemade está activada a alerta en nivel amarelo por fortes ventos, con rexistros que poden superar os 90 Km/h no oeste e noroeste da provincia de A Coruña e na Mariña Lucense e os 80 km/h en toda a provincia de Pontevedra e no interior e suroeste da provincia da Coruña.

Con base nas previsións expostas, dende a Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, cursanse as seguintes instrucións:

  1. Quedan suspendidas todas as actividades ao aire libre nos centros docentes de ensino non universitario no período indicado na referenciada alerta por fenómenos meteorológicos adversos.
  2. Deben de adoptarse as medidas oportunas para evitar ou minimizar os posibles efectos dos fortes ventos/intensas choivas: asegurar peches de portas e fiestras así como ocos de acceso aos tellados, deixar libres e operativos os sumidoiros e desagues; adoptar medidas singulares naquelas zonas ou espazos nos que xa se tivesen producido episodios do asolagamento;..).
  3. Os equipos directivos dos centros deberán prestar especial seguimento a evolución da presente alerta meteorolóxica (segundo a información actualizada que facilita a páxina web www.112galicia.org). De selo caso, facultase aos directores/as dos centros para que, en atención ás singulares circunstancias meteorolóxicas adversas que poidan concorrer no ámbito territorial do seu centro, adopten as medidas necesarias para minimizar os efectos das mesmas. FONTE: Consellería de Educación e O. Universitaria.
No hay comentarios. Comentar. Más...

ABYDOSAURIO

por vgomez el 25/02/2010 10:37, en NOTICIAS DAS CIENCIAS

20100225100306-abydosaurio.jpg

Cráneos de Abydosauriose no Museo de Paleontoloxía da Universidade Brigham Young

A revista "Naturwissenshaften" publica que investigadores da  Brigham Young University e do  Dinosaur National Monument en Utah (Estados Unidos) descubriron, nunha canteira, catro cabezas, dúas case intactas, con 105 millóns de antigüidade, dunha nova especie de dinosaurioao que chamaron  "Abydosaurius mcintoshi" (Abydosaurio), pertencente ao grupo dos xigantescos dinosaurios herbívoros, cabeza pequena (só representa o 2% da masa corporal), de catro patas, longo pescozo e cola como o braquiosaurio.

Os investigadores averiguaron que estes animais non masticaban a comida, arrincábana e engulíana directamente.

No hay comentarios. Comentar. Más...

TIERRA

por vgomez el 26/02/2010 09:51, en ZONA VERDE

20100226094035-tierra-la-pelicula-de-nuestro-planeta.jpg

Hoxe , venres 26 de febreiro, ás 20 horas, no Centro Cultural e dentro dos actos previstos pola Asociación Naturalista Baixo Miño (ANABAM) para celebrar o 25 aniversario deste colectivo, vaise proxectar a película de temática natural "Tierra".

“Tierra”, é un documental que fai un espectacular recorrido pola Terra, de norte a sur e ao longo das estacións, observando o comportamento de distintas especies animais e a influencia do cambio climático nas súas vidas. Foi realizado coas máis sofisticadas técnicas da serie televisiva da BBC Planet Earth. A súa presentación levouse a cabo na Sección Oficial do Festival de cine de San Sebastián.

Non faltedes!

No hay comentarios. Comentar. Más...

O COMETA SIDING SPRING

por vgomez el 26/02/2010 23:53, en NOTICIAS DAS CIENCIAS

20100226095750-cometa-siding-spring.jpg

Imaxe do cometa C/2007Q3 tomada en infravermellos polo telescopio en órbita "Wise"- NASA/JPL/CALTECH/UCLA

 Siding Spring é un cometa descuberto en 2007 por observadores en Australia. O seu nome oficial é C/2007Q3, e paou o 7 de octubre de 2009 a 1,2 unidades astronómicas (UA)  da Terra e a 2,25 UA do Sol.

Este cometa foi fotagrafado polo telescopio en órbita "Wise" (Explorador Infravermello de Campo Amplo) que a NASA lanzou o 14 de decembro de 2009. Na imaxe apréciase o seu núcleo e a súa longa cola. Neste momento estase afastando do Sol e, ao abandoar o entorno comparativamente temperado da estrela,  perderá o seu deslumbrante aspecto actual.

No hay comentarios. Comentar. Más...

HUMOR: POLISEMIA

por vgomez el 28/02/2010 10:15, en OUTRAS COUSAS

20100226104934-resize.jpeg.jpeg

A polisemia é o fenómeno semántico en que unha palabra posúe varios significados. Eso é o que lle sucede a palabra GRAVAR:

1: Marcar ou debuxar algo nunha superficie por medio de cortes, presión ou reacción química. 2: Impresionar sinais, datos,  imaxes ou sons sobre un soporte magnético, para poder ser reproducidos despois. 3: Fixar algo na mente ou no ánimo, como un recordo, un sentimento ou unha idea. 4: Cargar a alguén cun imposto. 5: Impoñen un gravame, especialmente sobre unha propiedade.

Esta situación recollea moi ben O Carrabouxo na súa vineta no xornal La Región, do pasado 24 de febreiro, con dous dos significados anteriores.

No hay comentarios. Comentar. Más...