Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2019.

RÉCORDS DO MUNDO ANIMAL XI

A solución á pregunta de onte sobre o que sabemos do mundo animal é o Morcego.  A lingua do morcego Anoura fistulata mide unha vez e media a lonxitude de todo o seu corpo, proporcionalmente máis que a de calquera outro mamífero. É incriblemente longa! Para que a emprega? Este morcego utilízaa para sorber o néctar das flores das que se alimenta.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. A ra africana Ptychadena oxyrhynchus acadou un récord de salto de...

- 5,35 metros de lonxitude

- 6,35 metros de lonxitude

- 7,35 metros de lonxitude

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es

No hay comentarios. Comentar. Más...

O CEO DO MES: MAIO 2019

 

4 de maio: Lúa Nova

12 de maio: Cuarto Crecente

18 de maio: Lúa Chea

26 de maio: Cuarto Minguante

Chuvia de meteoros: Eta Acuáridas: do 19 de abril ao 28 de maio, con máximo do 6 ao 7. Os  meteoros desta choiva, separáronse do cometa Halley fai centos de anos. Reciben o seu nome porque o seu radiante parece centrarse na constelación de Acuario, preto dunha das estrelas máis brillantes da constelación, Eta Aquarii.

No hay comentarios. Comentar. Más...

SOPA DE LETRAS III

ANIMAIS                 ANTIBIÓTICO            BACILOS               

BACTERIAS             CILIOS                      COCOS                   

ESPIROQUETAS       FLAXELO                   FUNGO                

MONERAS               PARASITO                  PETRI

PLANTAS                 PROTOCTISTAS          PSEUDÓPODOS      

VIRUS

No hay comentarios. Comentar. Más...

RÉCORDS DO MUNDO ANIMAL XII

A solución á pregunta de onte sobre o que sabemos do mundo animal é  5,35 metros de lonxitude. Esta ra de nariz puntiaguda e cor marrón amarelada é, por tanto, moi atlética. Ten unhas poderosas patas posteriores que lle permiten dar grandes saltos.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. A criatura máis velenosa sobre a face da Terra

- É unha serpe

- É unha araña

- É unha  avispa de mar

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es


No hay comentarios. Comentar. Más...