Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Septiembre de 2020.

OS BORBÓNS EN ESPAÑA XII (FIN)

por vgomez el 01/09/2020 09:24, en UN PAÍS CHAMADO ESPAÑA

Remato co paseo pola galería de todos os monarcas que, baixo o apelido Borbón, sentáronse no trono de España e o repaso dos fitos máis importantes do seu reinado.

12. FELIPE VI

Filipe VI (Madrid, 30 de xaneiro de 1968), de nome completo Felipe Xoán Pablo Alfonso de Todos os Santos de Borbón e Grecia, é o rei actual de España. É o fillo menor de Xoán Carlos I de España e Sofía de Grecia. Logo da abdicación do seu pai o 2 de xuño de 2014, ascendeu ao trono o 19 do mesmo mes e ano co nome de Filipe VI, ao ser proclamado perante as Cortes Xerais.

Está casado con Letizia Ortiz Rocasolano (Oviedo, 1972), raíña consorte de España, coa que ten dúas fillas, a princesa Leonor e a infanta Sofía.

Durante os seus anos como rei, Felipe Vi tivo que facer fronte ao xuízo da súa irmá e cuñado, ao problema independentista catalán, ás tensións internas na familia, á inestabilidade política e aos numerosos escándalos que se ían descubrindo ao redor da figura do seu pai. Todo isto causou un forte deterioro na imaxe pública da Casa Real e certo rexeitamento por parte da poboación española.

Moito terrían que cambiar as tornas, tanto sociais como lexislativas, para que que a princesa Leonor, a súa herdeira, non acceda ao trono, continuando así coa dinaistia Borbón en España.

Ata a próxima serie!

FONTE: Idea orixinal Daniel Delgado/muyinteresante.es e wikipedia.org Imaxe: Fotografía de Felipe VI/Wikimedia Commons.

No hay comentarios. Comentar. Más...

#DígochoEu: Non, o *roce non fai o cariño

por vgomez el 01/09/2020 09:25, en A PENSAR

 

Temos un problema: o *roce non fai o cariño en galego, porque *roce é incorrecto! Esther Estévez Casado ten a solución.

#DígochoEu

No hay comentarios. Comentar. Más...

O CEO DO MES: SETEMBRO 2020

por vgomez el 01/09/2020 09:25, en O CEO DO MES