Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2014.

O CEO DO MES: MAIO 2014

20140501000442-chuvia-de-primavera.jpg

Chuvia de primavera / Iamxe: canalextremadura.es  

"Ata o corenta de maio, non te quites o saio e, se volve a chover, vólveo a poñer" 

7 de maio: Cuarto Crecente

14 de maio: Lúa Chea

21 de maio: Cuarto Minguante

28 de maio: Lúa Nova

Chuvia de Meteoros: Eta-Acuáridas, actividade dende o 19 de abril ao 28 de maio, con máxima o 6 de maio (Meteoros cunha grande velocidade, con bólidos moi luminosos e de longas traxectorias). Eta-Lyridas, actividade dende o 3 ao 14, con máxima o 8 de maio.

No hay comentarios. Comentar. Más...

TRUCOS CASEIROS PARA A VIDA REAL II

 

Aquí tes outros 3 útiles trucos caseiros  para a vida real: un lapis para móbil ou tablet, unha forma rápida para arrefriar botellíns quentes e como acender unha candea dentro dun vaso á que non chegas con acendedor

Espero que sexan útiles!

FONTE:experimentoscaseros.info

No hay comentarios. Comentar. Más...

O MAR, ESE GRANDE VERTEDOIRO

20140505152954-1398885896-802747-1398937436.png

 

Nacións Unidas estima que cada ano 6,4 millóns de toneladas de lixo rematan nos océanos de todo o mundo. Aves mariñas, tartarugas e mamíferos morren ao inxerir ou enredarse en obxectos de plástico, redes de pesca e outros residuos perigosos. A degradación dalgúns deles xera microplásticos que poden contaminar toda a cadea alimenticia. O impacto máis visual desta sucidade mariña son as xigantescas illas de plástico que flotan en varios océanos, como o chamado sétimo continente, un impresionante vertedoiro mariño no Pacífico ao que se supón unha superficie de entre tres e sete veces España. Pero, que acontece no leito mariño, alí onde ninguén buscou ese lixo?

Un estudo publicado en PLOS One  dá resposta á pregunta. Varios equipos de investigadores de toda Europa estiveron a tomar máis dunha década mostras en 32 puntos repartidos polo Atlántico, o Ártico e o Mediterráneo. E encontraron que o lixo xerado polo home está en todas as partes: dende as praias ata os fondos mariños máis profundos e máis remotos. Lugares tan recónditos que nin sequera se exploraran ata entón.

Bolsas de plástico, botellas, redes de pesca, madeira, vidro e todo tipo de metais apareceron en profundidades que van dos escasos 35 metros do Golfo de León ata os 4.500 do canón submarino de Cascais. Encontrouse lixo preto da costa, na plataforma continental, pero tamén a 2.000 quilómetros do litoral, na dorsal mesoatlántica, a cordilleira submarina que divide o océano de norte a sur. Os autores do traballo, procedentes de 15 institucións científicas europeas, destacan que o alto custo e as dificultades técnicas de tomar mostras nas profundidades mariñas impediran ata agora obter un mapa dos lugares e os tipos de lixo dos océanos. E, por extensión, de coñecer o alcance do problema.

FONTE: Xornal El Pais/Ciencia 

No hay comentarios. Comentar. Más...

IMAXE DO SISTEMA DE ANEIS DE URANO

20140505160507-anillos-urano.jpeg

 

O telescopio Hubble da NASA   logrou unha imaxe moi difícil de fotografar: o sistema de aneis do planeta Urano.

A complexidade de captar o sistema de aneis do terceiro planeta máis grande do noso sistema solar vén dada porque estes son moi escuros e débiles, non como a estrutura de aneis de Saturno, moito máis coñecida e sinxela de inmortalizar.

O sistema de aneis de  Urano foi descuberto en 1977 pero, segundo os datos rexistrados hai máis de dous séculos, o coñecido astrónomo e descubridor deste planeta, William Herschel, tamén anunciou a presenza de aneis en Urano, aínda que a comunidade científica actual se mostra escéptica ante a posibilidade real de que os puidese observar.

De calquera xeito, o enigma deste escuro e débil sistema de aneis segue tendo moitas frontes abertas. Sábese que o sistema está formado por 13 aneis distintos cuxos raios oscilan entre os 38.000 e os 98.000 quilómetros e cuxa anchura apenas ten uns poucos de quilómetros. Ademais, os científicos cren que o sistema de aneis de Urano pode ter apenas uns 600 millóns de anos (o que o fai bastante novo) e estar composto por xeo de auga xunto a algúns compostos orgánicos escuros procesados pola radiación.

FONTE: Revista Muy Interesante

No hay comentarios. Comentar. Más...

"SELFIE" DO CURIOSITY EN MARTE


Mars Panorama - Curiosity rover: Martian solar day 613 in Out of this World

 

 

Xa estamos afeitos a que o rover Curiosity da NASA, que roda por Marte en busca de sinais de vida, entre outros obxectivos, se fotografe a si mesmo ante a vermella paisaxe marciana. Ninguén escapa á tentación das autofotos, nin sequera fóra da Terra, pero o que fixeron os responsables de 360cities.net é darlle outras “dimensións” ao autorretrato. O novo «selfie» do robot explorador pode contemplarse en 360º, un traballo impresionante que permite botar unha ollada panorámico ao que o rodea, dende o chan ao ceo enteiro, e ampliar a imaxe para distinguir ata as moutas de po sobre o xenial artefacto rodante.

O mosaico, composto por imaxes tomadas pola cámara MAHLI no extremo do brazo robótico do Curiosity o 27 de abril de 2014, mostra ao rover sobre Windjana, un afloramento de pedra pedra de gra no monte Remarkable e un lugar onde podería volver escavar.

Os movementos e rotacións da torre no brazo robótico permiten a MAHLI adquirir as diferentes imaxes que compoñen o mosaico, nada menos que 138 nunha anchura de 30.000 pixeis.

É como estar alí mesmo!

FONTE: Xornal abc/ciencioa

No hay comentarios. Comentar. Más...

UN NOVO TIRANOSAURO: "PINOCHO REX"

20140507201553-13994614235561.jpg

Recreación do dinosauro de fociño alongado: “Pinocho rex” / CHUANG ZAO 

Científicos descubriron unha nova especie de tiranosauro de fociño longo, ao que alcumaron “Pinocho rex”, que viviu hai máis de 66 millóns de anos.

Os investigadores din que o animal, que pertencía á mesma familia dos dinosauros como o Tyrannosaurus rex, era un carnívoro temible que viviu en Asia durante o período Cretáceo tardío.

O antigo depredador recén descuberto era moi diferente da maioría dos tiranosauros. Tiña un cranio alongado e longos dentes estreitos en comparación coas mandíbulas máis profundas e poderosas, e de dentes grosos dun  Tyrannosaurus rex convencional.

Os paleontólogos non estaban seguros da existencia dos tiranosauros de fociño longo ata que os restos do dinosauro, chamado Qianzhousaurus sinensis, foron desenterrados no sur de China.

Os expertos din que o Qianzhousaurus sinensis viviu xunto aos tiranosauros de fociño profundo, pero non terían sido competencia directa con eles, xa que eran máis grandes e probablemente cazaban presas diferentes.

Os resultados do estudo publícanse na revista Nature Communications .

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

AVES RARAS: O CÓNDOR DE CALIFORNIA

20140507195233-condor-california-.jpg

O Cóndor de California / Zoo de San Diego

O cóndor de California (Gymnogyps californianus) formou parte da mitoloxía dos nativos americanos. Algunhas tribos crían que era capaz de matar seres humanos e beber o seu sangue, mentres que outras pensaban que, de cando en vez, comía a Lúa, o que daba explicación aos ciclos lunares. Outros grupos matábanos de forma ritual para facer traxes cerimoniais coas súas plumas.

Pero non foi iso o que acabou co cóndor (en 1981 a súa poboación reducíase a só 21 aves), senón a caza, a intoxicación por perdigóns e a perda de terras silvestres que sufriu durante o século pasado. Os conservacionistas realizan grandes esforzos para salvar esta ave da extinción con intentos de reprodución e cría en catividade, pero é unha tarefa difícil.
 

FONTE: Xornal abc/ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

CINE: SNOWPIERCER (ROMPENEVES)

20140510095033-snowpiecer.jpg

Cartel da película / Imaxe:trailersyestrenos.es 

Esta fin de semana chega aos cines a película "Rompeñeves". Parécese a un videoxogo, no que hai hai que ir pasando pantallas (vagóns). Dende o furgón de cola, hai que ir avanzando; abrindo portas e matando os malos. Un traxecto cheo de dificultades, que o director resolve do mellor xeito: excelentes secuencias de acción, vistosa dirección artística, enxeños tecnolóxicos, unha sabia dosificación dos elementos dramáticos e un humor moi, moi negro. 

 Esta é a súa ficha técnica:  

Título: Snowpiercer (Rompeneves)

Título orixinal: Snowpiercer 

Xénero: Ciencia fición   

País: Corea 

Ano: 2013  

Duración: 126 minutos   

Produtora: SnowPiercer, Moho Films, Opus Pictures


Director: Bong Joon-ho


Guión: Bong Joon-ho


Música: Marco Beltrami


Fotografía:Kyung-Pyo Hong


Reparto: Chris Evans, Jamie Bell, Tilda Swinton, Luke Pasqualino, John Hurt, Ed Harris, Alison Pill, Octavia Spencer, Ewen Bremner, Tómas Lemarquis, Kenny Doughty, Kang-ho Song, Steve Park, Adnan Haskovic, Clark Middleton 

Sinopse: Un falido experimento para solucionar o quentamento global rematou coa maioría de vida existente no planeta. O último tren chamado Snowpiercer (Rompeneves) móvese en círculos polo mundo, cun motor en perpetuo movemento, a través dun deserto de xeo e neve. Os últimos superviventes da Terra amontóanse nos seus vagóns, divididos entre a clase explotada, que vive na sección de cola sufrindo fame e frío, e a clase poderosa, que viaxa nos primeiros vagóns con todo tipo de privilexios e excesos. A vida no tren é un círculo vicioso ata que un día, un mozo chamado Curtis, líder da sección de cola, decidirá cambiar o estado das cousas, ao mesmo tempo que descubrirá todos os segredos do tren e da propia condición humana. 

Intrigante!

No hay comentarios. Comentar. Más...

MÚSICA: AUSTRIA GAÑA EUROVISIÓN 2914

 

Austria con 290 puntos foi a gañadora do Festival de Eurovisión 2014 celebrado en Copenhage (Dinamarca), cuxa final se celebrou esta pasada noite.

Conchita Wurst (a drag queen, cuxo nombre real é Tom Neuwirth, nacido en 1988 na localidad austriaca de Gmunden) gañou co tema "Rise like a phoenix", unha balada clásica, orquestal.

España, con Ruth Lorenzo, acadou o posto 10, con 74 puntos, empatando coa anfitriona Dinamarca.

Parabéns!

No hay comentarios. Comentar. Más...

SAMUEL HAHNEMANN

20140511115958-hahnemann-klein.jpg

Samuel Hahnemann / Imaxe:awaken.com 

Christian Friedrich Samuel Hahnemann naceu o 10 de abril de 1755 en Meissen (Alemaña). Destacado estudante que chegou a dominar sete linguas á perfección: alemán, inglés, francés, italiano, grego, hebreo, latín e árabe. Cara ao fin da súa adolescencia, desenvolveu un forte interese polas ciencias. Cursou estudos de Medicina e Química, obtendo o título en 1777 na Universidade de Leipzig.

En 1782, á idade de 27 anos, casouse con Johanna Henriette Kucher, tendo 11 fillos. En 1789 desilusionado da medicina da súa época, que non puidera salvar a vida de dous dos seus fillos, abandonou a profesión, dedicándose á química e á tradución. Nunha das súas traducións leu un parágrafo que o fixo pensar que a lei da Semellanza podía ter a explicación da eficacia dalgúns medicamentos.

En 1792 comezou a experimentar con substancias, primeiro nel mesmo, logo nos seus familiares e discípulos e finalmente en persoas voluntarias. Para que estas substancias non fosen tóxicas, diluíunas e axitounas nun procedemento chamado dinamización, que revelou novas propiedades dos compoñentes. No ano 1796 crea a
Homeopatía, método terapéutico baseado no principio de que a enfermidade se pode curar mediante fármacos que producen nunha persoa sa os mesmos efectos patolóxicos que son sintomáticos da enfermidade.

Samuel Hahnemann definiu a enfermidade como "un defecto da saúde". Os boticarios non perderon o seu tempo, e acusarono a de "avasalar os seus privilexios de dispendio de medicinas" polo que foi arrestado en Leipzig en 1820, encontrado culpable e obrigado a abandonar a cidade. Viaxou a Kothen, onde obtivo un permiso especial para practicar e preparar os seus propios medicamentos outorgado polo gran duque Ferdinand, un dos tantos representantes da realeza europea que apoiaban á Homeopatía. As súas obras máis destacadas son: “Organon da arte de curar”, “Tratado de materia médica pura e Natureza” e “Tratamento das enfermidades crónicas”.

Samuel Hahnemann faleceu en París o 2 de xullo de 1843.

No hay comentarios. Comentar. Más...

KINGDOM TOWER: A TORRE MÁIS ALTA DO MUNDO

20140511121825-13996352368204.jpg

Imaxe do rañaceos Kingdom Tower na cidade de Jeddah, Arabia Saudí / AS+ GG

Kingdom Tower, o que será o edificio máis alto do mundo iniciou a súa fase de construción. O 27 de abril empezouse a traballar sobre chan, na cidade de Jeddah (Arabia Saudí), tras varios meses de probas e traballos de preparación. A obra, dirixida polo arquitecto estadounidense  Adrian Smith, está prevista que finalice no 2018, aínda que a data exacta dependerá da evolución do proxecto.

A torre, cuxo prezo estimado é de case 900 millóns de euros, superará o record do edificio máis alto do mundo ao alcanzar os 1.000 metros de altura. Actualmente, ostenta esta posición o rañaceos  Burj Khalifa (Dubái), con 827 metros.

O rañaceos, de máis de 500.000 metros cadrados, contará con 107 pisos que darán cabida a oficinas, apartamentos residenciais e un hotel. O edificio contará con 59 ascensores e 12 escaleiras mecánicas. Ademais, dispoñerá dun observatorio para poder divisar as espectaculares vistas cara ao Mar Vermello, así como dunha terraza no ceo.

FONTE: Xornal El Mundo/Arquitectura

No hay comentarios. Comentar. Más...

TRUCOS CASEIROS PARA VIDA REAL III

 

Aquí tes outros 3 útiles trucos caseiros  para a vida real: un recolledor de cables, adaptar unha pila AAA a pila AA e como cravar unha punta sen mancarse nos dedos.

Espero que sexan útiles!


FONTE:experimentoscaseros.info

No hay comentarios. Comentar. Más...

GALICIA Á CABEZA EN BADEIRAS AZUIS

20140514173005-20130523193120-2011-05-26-img-2011-05-26-232709-com2playas.jpg

Bandeira azul, ondeando ao fondo da imaxe, na praia da Area Grande anos atrás / Imaxe:ocio.farodevigo.es

 

España obtivo este ano 681 bandeiras azuis en praias e portos deportivos (573 e 108, respectivamente). Son 34 bandeiras máis que en 2013 e supoñen un novo récord mundial seguido de Grecia, Turquía, Francia e Portugal.

As 681 bandeiras azuis obtidas este ano supoñen 23 praias e once portos deportivos máis respecto ao último exercicio anual.

A nivel mundial seguen a España as 407 bandeiras azuis de Grecia; as 397 de Turquía; as 379 de Francia e as 298 de Portugal, unhas cifras que se refiren exclusivamente ás praias.

Por comunidades no numero total de praias destacan Galicia con 123 e a Comunidade Valenciana con 120, seguidas de Cataluña con 89, Andalucía con 81, Baleares con 61, Canarias con 43 e Murcia con 31; por portos deportivos os primeiros lugares ocúpanos Cataluña e a Baleares ambas as dúas con 24.

Por provincias, da nosa comunidade, destacan Pontevedra con 59 bandeiras, Coruña con 46 e Lugo con 18; respecto aos portos, Coruña con 10, Pontevedra con 7 e Lugo con 2.

A nosa localidade segue a manter as mesmas do ano pasado: Area Grande e O Muíño.

Estes distintivos de calidade ambiental son outorgados pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC).

Bandeira Azul é un galardón anual e un sistema de certificación da calidade ambiental desenvolvido pola FEE dende 1987. Promove e premia a participación en iniciativas ambientais voluntarias das autoridades municipais, a poboación local e visitante e os axentes do sector do turismo. Os criterios para obter a Bandeira Azul agrúpanse en catro áreas: Calidade das augas de baño, Información e educación ambiental, Xestión ambiental e Seguridade, servizos e instalacións.


No hay comentarios. Comentar. Más...

QUENLLA FOCIÑUDA

 

A quenlla fociñuda (Mitsukurina owstoni), está considerada como un fósil vivinte. A curiosidade deste lamelibranquio é o fociño longo e plano que lembra a folla dunha espada. As mandíbulas pódense proxectar (tal como podedes observar no vídeo) ata o remate do fociño. Ten de 35 a 53 dentes superiores e de 31 a 62 inferiores.

Realmente espectacular!

No hay comentarios. Comentar. Más...

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

20140514112507-diaz-castro.jpeg

 

Como cada 17 de maio, dende 1963 (comemoración da edición de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, o 17 de maio de 1863) celebramos este día, homexaneando ao poeta e tradutor XOSE MARÍA DÍAZ CASTRO.

Xose María Díaz Castro naceu en O Vilariño, parroquia de San Vicente dos Vilares, concello de Guitiriz, provincia de Lugo, o 19 de febreiro de 1914 no seo dunha familia labrega. Aos 17 anos ingresou no Seminario de Mondoñedo, saíndo en 1936 (ano da guerra civil, que cumpre na retagarda no Hospital Militar de Pontevedra). Rematada a guerra exerceu de profesor de Ensinanza Media en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). En 1948, tras licenciarse en Filosofía e Letras, trasladouse a Madrid, onde alternou a docencia coa traducción no Ministerio da Gobernación. Tamén traballou no Instituto de Cultura Hispánica e no Consello Superior Científico, ata a súa xubilación, retornando a Galicia en 1982, poñendo casa en Guitiriz, onde morre o 6 de outubro de 1990.

Para afondar na súa biografía e na súa obra preme AQUÍ.

No hay comentarios. Comentar. Más...

UN ANO MOI LONGO NO EXOPLANETA GU Psc b

20140516085243-planetev2b-4k-red.jpg

Ilustración do planeta GU Psc b e a súa estrela GU Psc / LUCAS GRANITO

Un equipo internacional dirixido por investigadores da Universidade de Montreal (Canadá) descubriu un novo e estraño planeta a 155 anos luz do noso que orbita á súa estrela tan lonxe (2.000 veces a distancia entre a Terra e o Sol) que tarda moito en darlle unha única volta, de forma que un ano alí se fai realmente longo, tanto como 80.000 dos terrestres. Este xigante gasoso puido ser fotografado directamente fotografado directamente e estudado en detalle grazas á combinación de varios observatorios e telescopios de todo o mundo.

O planeta extrasolar, denominado GU Psc b, ten unha masa 9,13 veces a de Xúpiter e unha temperatura duns 800° C. Xira arredor de GU Psc, unha estrela tres veces menos masiva que o Sol e situada na cosntelación de Piscis . A distancia tan afastada á que se atopa da súa estrela é o que permitiu aos astrónomos obter imaxes do planeta, xa que non queda ocultado polo resplandor estelar.

FONTE. Xornal abc/ciencia 

No hay comentarios. Comentar. Más...

O MAIOR DINOSAURO DO MUNDO

20140519112652-1400352426-878852-1400352831.jpg

O paleontólogo Pablo Puerta, ao lado do fémur do dinosauro / Jose Maria Farfaglia (AP)

Os investigadores do Museo Egidio Feruglio, situado na localidade patagónica de Trelew (provincia de Chubut - Arxentina), presentaron restos do que consideran o maior dinosauro encontrado ata agora no mundo. O museo paleontolóxico difundiu imaxes dun fémur de 2,40 metros, o que fai calcular os científicos que o animal, pertencente á especie herbívora dos saurópodos, mediría 40 metros dende a cabeza á cola, tería unha altura de 20 metros e pesaría unhas 77 toneladas, equivalente a 14 elefantes africanos.

 O dinosauro, que aínda non foi bautizado, foi encontrado entre rochas cuxa antigüidade se estima ao redor de 90 ou 100 millóns de anos. A extinción masiva dos dinosauros produciuse hai 65 millóns de anos, no período Cretácico Superior, moito antes de que xurdisen os primeiros homínidos, en África, hai uns catro millóns de anos.

 O maior dinosauro encontrado ata agora tamén era arxentino. Trátase do Argentinosaurus huinculensis, encontrado na provincia de Neuquén en 1989. Ten unha lonxitude de 38 metros e unha altura de 18. Tanto o de Neuquén coma o Chubut alimentábanse da follaxe das árbores. Os científicos cren que podían devorar bosques enteiros en poucos minutos e que podían engordar uns 6.000 quilos cada ano.

 FONTE: Xornal El País/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

AURORAS SOBRE SATURNO

20140520104146-14004958531261.jpg

Auroras sobre o Polo Norte de Saturno / J. Nichols NASA/ESA

As imaxes tomadas polo telescopio espacial Hubble volveron sorprender unha vez máis os astrónomos. Nesta ocasión, o mítico observatorio captou os fulgores dunha aurora sobre o Polo Norte de Saturno.

A serie completa tomouse xusto no momento no que o telescopio espacial tiña unha boa perspectiva dende a Terra (dende abril ata maio de 2013), pois encontrábse orbitand o onoso planeta a máis de 500 quilómetros sobre o nivel do mar.

Grazas a estas insólitas imaxes, os expertos consideran que se obterán novos detalles sobre o movemento que realiza unha aurora dende o momento no que aparece ata que se esvaece por completo no firmamento.

Ademais, con axuda das capturas a escala ultravioleta do planeta os investigadores observaron como o campo magnético de Saturno é perturbado por pequenas partículas provenientes do Sol e que forman as auroras.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

GANADORES GDT NATURE PHOTOGRAPHER 2014

20140521112631-k6-paul-kornacker-artdunes.jpg

 

Fotografía gañadora no Concurso GDT Nature Photographer 2014, na categoría Natureza Xeral. Título: "Art Dunes" (dunas de arte)  Autor: Paul M. Kornacker.

Se queres ver o resto de fotografías premiadas nas diferentes categorías preme AQUÍ.

FONTE: Revista Muy Interesante

No hay comentarios. Comentar. Más...

AVES RARAS: O IBIS XIGANTE

20140521200650-thaumatibis-gigantea-xlarge3.jpg

O Ibis xigante / Imaxe: Omaliss Keo

 

O Ibis xigante (Thaumatibis gigantea) e un paxaro enorme, o membro máis grande da súa familia. Orixinario de Camboia, ten «un status case mítico» para os observadores de aves, naturalistas e conservacionistas debido á súa rareza e tamaño excepcional. Segundo explican dende o programa EDGE do ZSL  , dedicado á conservación de especies, os lugares de hábitat deste ave reducíronse moito. Despois de ocupar vastas áreas de terra firme no sueste asiático, agora a poboación, moi diminuída, concéntrase en Camboia, con algúns exemplares en Laos e Vietnam. Xa extinta en Thailandia, crese que está ao bordo da desaparición noutros lugares. Está clasificada en perigo crítico, debido aos efectos da caza e a actividade humana.

FONTE: Xornal abc/ciencia 

No hay comentarios. Comentar. Más...

DÍA INTERNACIONAL DA BIODIVERSIDADE

20140522131320-dia-biodiversidad.png

Cartel deste día / Imaxe: cpmariadonalee.blogspot.com 


Hoxe celébrase o Día Internacional da Diversidade Biolóxica. Unha celebración que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou mediante unha resolución co propósito de informar e concienciar a poboación e os Estados sobre as cuestións relativas á biodiversidade. A diversidade biolóxica é un concepto que abrangue á diversidade de especies de plantas, animais, fungos e microorganismos que viven nun espazo determinado, á súa variabilidade xenética, aos ecosistemas dos cales forman parte estas especies e ás paisaxes ou rexións onde se sitúan.

O concepto foi acuñado en 1985, no Foro Nacional sobre a Diversidade Biolóxica de Estados Unidos por Edward O. Wilson, entomólogo da Universidade de Harvard, que titulou a publicación dos resultados do foro en 1988 como "Biodiversidade".

Pero a biodiversidade é moito máis que un termo científico. Constitúe a enorme variedade de formas mediante as que se organiza a vida. Nós somos biodiversidade. Da biodiversidade depende a vida no planeta e o noso benestar. É por iso que debemos tomar conciencia da importancia da biodiversidade nas nosas vidas e de que temos a obriga de coidala e preservala, unha responsabilidade de todos e cada un de nós.

Preservar a biodiversidade tamén é unha necesidade. España é o país con maior diversidade biolóxica de Europa, con máis da metade de todas as especies do continente. Da axeitada protección da biodiversidade depende o noso día a día, a nosa calidade de vida e a de xeracións vindeiras. A biodiversidade é fráxil e sofre constantes ameazas. A destrución dos hábitats, a proliferación de especies invasoras, a contaminación, o cambio climático ou o incremento nos residuos xerados, son algúns dos perigos que a axexan e como cidadáns responsables todos podemos facer algo para poñerlles freo.

FONTE: Fundación Biodiversidade 

No hay comentarios. Comentar. Más...

"SEGUIREMOS", UNHA MENSAXE DE ESPERANZA

 

Os nenos e nenas da planta de Oncoloxía do Hospital Sant Joan de Déu, e os profesionais e voluntarios que os acompañan no centro, cantan xunto a  Macaco (Daniel Carbonell, Barcelona-1972) a canción "Seguiremos", unha mensaxe de esperanza para concienciar sobre a importancia da investigación na loita contra o cancro infantil.

Estamos con eles!


No hay comentarios. Comentar. Más...

NOVAS ESPECIES DESCUBERTAS I

20140522200842-14007539285628.jpg

 

Esta é a inmensa "Árbore de dragón" (Dracaena kaweesakii) que acada os 12 metros de altura. A pesar do seu tamaño, esta espectacular árbore pasou desapercibido entre as montañas calcarias das provincias de Lop Buri e Loei (Thailandia) ata que un equipo de investigadores o descubriu o ano pasado. Na actualidade, o seu estado de conservación é crítico, pois os expertos consideran que tan só hai 2.500 exemplares e que a extracción de calcaria para fabricar o formigón está a destruír o seu hábitat.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

TRUCOS CASEIROS PARA A VIDA REAL IV

 

Hoxe en experimentos caseiros: a forma máis cómoda de comer unha bolsa de patacas en grupo, un sinxelo altofalante caseiro para o móbil e un xeito máis doado de abrir eses resistentes tarros de cristal pechados ao baleiro.

Espero que sexan útiles!

FONTE:experimentoscaseros.info

No hay comentarios. Comentar. Más...

ALGUNHAS ESTAFAS NO WHATSAPP

20140525095458-whatsapp.jpg

Icona do Whatsapp / Imaxe: hiperdroid.com

Whatsapp ten en España máis de 25 millóns de usuarios activos que case todos os días utilizan a aplicación. Pero a app máis coñecida no noso país tamén esconde algúns riscos.

Un estudo elaborado por Panda Security confirma que os usuarios de Whatsapp están expostos a posibles roubos de información e mesmo de cartos. A coñecida empresa de antivirus elaborou unha lista con algunhas das estafas máis comúns que quixemos analizar para que saibas en que consisten e que facer fronte á ameaza. Preme AQUÍ para coñecelas.

FONTE: expasión.com/tencoloxía 

No hay comentarios. Comentar. Más...

ALL-SKY FIREBALL NETWORK: UN PROGRAMA PARA VELOS METEOROS QUE BOMBARDEAN A TERRA

20140525114544-shapeimage-2.jpg

Cámaras empregadas polo programa / Imaxe:fireballs.ndc.nasa.gov

Un proxecto da NASA, coñecido como All-sky Fireball Network, permite ver en tempo real os entre 4.000 e 5.000 meteoros que bombardean a Terra nun día. Unha ducia de cámaras que vixían o ceo rexistran o paso do que se coñece como bólidos, luzadas máis brillantes que Venus que cruzan o ceo a gran velocidade. A súa aglomeración determina a existencia dunha chuvia de estrelas.

Para este proceso tamén contan coa axuda de radares, como o Canadian Meteor Orbit Radar (CMOR), co que se enumeran os meteoros, aos que nomea despois a Unión Astronómica Internacional. Tamén se miden as velocidades que abranguen dende os 12 ata os 66 km/s.

Este tipo de programas non tratan só de protexer o planeta, senón que tamén permiten obter pistas de onde crean os bólidos e de cal é a súa procedencia, un cometa ou un asteroide. Ademais, resulta importante no deseño de futuras naves espaciais.

Na web deste programa de busca de meteoros pódese ver o planeta en parcelas, as que vixían as 12 cámaras, e observar o ceo. Ademais, hai gráficos nos que quedan marcados os bólidos que pasan e por onde o fan.

Se queres coñecer esta web preme AQUÍ.

FONTE: Xornal abc/ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

NOVAS ESPECIES DESCUBERTAS II

20140525100454-14007611049178.jpg

 

Nas profundidades mariñas, onde non chegan os raios de luz, máis de 900 metros baixo a superficie, viven uns pequenos caracois de aspecto fantasmal (zospeum tholossum). A falta de pigmentación na súa bucina convértea en translúcida e permite ver a través dela. Esta enigmática especie, achada nunhas covas croatas de Jama-Trojama, é mesmo máis lenta que outros caracois. De feito, só se moven uns poucos centímetros á semana.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

PREMIO PRINCIPE DE ASTURIAS 2014 DE INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA E TÉCNICA

20140528201450-cientifica-tecnica-sub.jpg

De esquerda a dereita, Avelino Corma, Mark E. Davis e Galen D. Stucky, galardoados este ano nos premios Principe de Asturias

 

O químico español  Avelino Corma (Moncofar-Castellón, 1951) e os estadounidenses  Mark E. Davis  (Ellwood City-Pennsylvania, 1955) e Galen D. Stucky  (McPherson-Kansas,1936) foron galardoados co Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica 2014.

As contribucións científicas e técnicas destes tres químicos abriron novas e importantes liñas de traballo que se sitúan nas fronteiras do coñecemento actual, con aplicacións en campos moi diversos como a redución de emisións contaminantes de vehículos e fábricas, a mellora dos alimentos, a depuración de augas, os procesos de refinado do petróleo e na industria química en xeral.

O químico español, Avelino Corma, é fundador do Instituto de Tecnoloxía Química (ITQ). Ten publicados máis de 900 artigos en revistas internacionais e é un dos oito químicos máis citados do mundo.

FONTE: fpa.es

No hay comentarios. Comentar. Más...

BOUND4BLUE: UNHA FORMA DE PRODUCIR ENERXÍA RENOVABLE NO MAR

20140530112638-prototipo-de-barco-con-las-vel-54408449995-51351706917-600-226.jpg

Prototipo de barco coas velas ríxidas deseñadas na UPC de Terrassa / Imaxe: ACN/Maria Belmez

 

Dous enxeñeiros polo campus da Universitat Politècnica de Catalunya (UPC) en Terrassa patentaron un sistema de velas para barcos capaces de xerar enerxía en varios países, concretamente en Estados Unidos, China, Xapón e os países de Europa, e que bautizaron como sistema bound4blue.

Trátase da implementación dunhas innovadoras velas ríxidas, similares ás ás dos avións, en barcos convencionais e a innovación permitirá reducir o consumo de combustible de grandes cargueiros, como os petroleiros, e, ao mesmo tempo, poderase utilizar para xerar e almacenar enerxía en forma de hidróxeno e osíxeno.

Deste modo é capaz de producir enerxía renovable no mar, escalable e baseada nun sistema móbil con velas ríxidas que actúan como elemento motora, polo que aforra a instalación de infraestruturas fixas ás embarcacións e evita o impacto paisaxístico.

Un conxunto de turbinas mergulladas xeran enerxía que se almacena a bordo realizando a electrólise da auga do mar, o que converte os barcos en fontes de enerxía verde, xa que aproveitan a forza do vento para obter osíxeno e hidróxeno mentres navegan.

A innovadora proposta dos dous emprendedores cataláns pode revolucionar o sector da enerxía, xa que aplica tecnoloxía aeronáutica ás grandes embarcacións, cun deseño que proporciona unha estabilidade estrutural axeitada ás velas e un rendemento maior que as velas convencionais.

FONTE: Xornal La Vanguardia 

No hay comentarios. Comentar. Más...