Se muestran los artículos pertenecientes a Diciembre de 2022.
CANTO SABES SOBRE ASIA? X
por vgomez el 01/12/2022 08:17, en DOCENCIA
Continúo co a serie adicada a Asia, o maior e máis poboado dos cinco continentes do noso planeta.
A contestación correcta á pregunta do último día é Israel. O séquel ou novo shekel, é a moeda de curso legal en Israel e, xuntamente co dinar xordano, tamén da Autoridade Nacional Palestina. Divídese en 100 agorot. Adoptouse en 1985, en substitución do anterior shekel ou siclo, a razón de 1000 dos antigos por cada novo shekel. Emitido polo Banco de Israel, circulan moedas 10 agorot e de ½, 1, 2, 5 e 10 shekels, e billetes de 20, 50, 100 e 200 shekels.
E imos coa pregunta de hoxe!
10. Cal é o maior deserto de Asia?
- Deserto de Karakun
- Deserto de Arabia
- Deserto do Gobi
- Deserto de Thar
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: gl.wikipedia.org Imaxe: es.wikipedia.org e miviaje.com
#DígochoEu: 'Se non' ou 'senón'?
por vgomez el 01/12/2022 08:18, en DOCENCIA
Sabes cando usamos ’se non’ e cando ’senón’? Esther Estévez explícanolo de forma rapidiña!