Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Agosto de 2012.

O CEO DO MES: AGOSTO 2012

Publicado: 01/08/2012 08:18 por vgomez en O CEO DO MES
20120731120809-bagoas-de-san-lourenzo.jpg

Este mes chegan as Perseidas ou Bágoas de San Lourenzo / Imaxe:observatorio.info

2 de agosto: Lúa Chea

9 de agosto: Cuarto Minguante

17 de agosto: Lúa Nova

24 de agosto: Cuarto Crecente

31 de agosto: Lúa Chea (LÚA AZUL, cando o mes ten dúas lúas cheas, acontece cada 2,72 anos)

Chuvia de meteoros: Perseidas ou bágoas de San Lourenzo, actividade dende o 17 de xullo ao 24 de agosto, con máximo o día 12 (É unha das chuvias máis espectaculares, acadando en ocasións unha frecuencia de 400 meteoros por hora). Kappa-Cygnidas, actividade dende o 3 ao 25 de agosto, con máximo o día 17. Alfa-Aurígidas, actividade dende o 28 de agosto ao 5 de setembro, con máximo o día 31.

OLIMPIADAS E ANIMAIS

Publicado: 02/08/2012 08:25 por vgomez en CURIOSIDADES
20120801085632-guepardo-e-usain-bolt.jpg

Un guepardo e o atleta Usain Bolt / C. Sharp/AFP

Estes días estamos vendo nos Xogos Olímpicos como nos diferentes deportes tratan de conseguir as mellores marcas. Realmente non son máis que unha busca interminable dos límites humanos. Pero moito queda por facer para "tratar" de achegarnos ás "marcas" que teñen o resto de animais, ou dito doutro xeito, se eles competisen non teriamos nada que facer, levarian tódalas medallas. Vexamos algúns datos:

En atletismo, por agora, o home máis rápido é Usain Bolt, cos 100 metros lisos en 9 segundos e 58 centésimas (44,79 km/h). Un guepardo supera os 100 km/h. En resistencia, o record olímpico dos 10 km atópase en 27 minutos, o antílope americano fainos en 11 minutos (a máis de 60km/h). En salto de lonxitude o canguro vermello non dá opción a ningún atleta, acadando os 12,8 metros, fronte aos 8,95 metros que Mike Powell. Se se tratara do salto de altura, chegaría aos 3,1 metros, fronte aos 2,45 metros de Javier Sotomayor.

En alpinismo, máis de 3.000 personas chegaron ao teito do mundo, o Everest cos seus 8,848 metros sobre o nivel del mar, pero nada comparable cos 11.277 metros aos que  colisionou un voitre moteado cun avión en  Costa de Marfil en 1973.

En natación, o nadador máis rápido do mundo non chega a desprazarse a 9 km/h. Un marraxo común  é capaz de acadar os 124 km/h.

En submarinismo, o austriaco Herbert Nitsch descendeu a 214 metros de profundidade a pulmón e sen axuda externa de ningún tipo. Insignificante,  comparado cos cachalotes que chegan a máis de 3.000 metros.

Como vedes non temos nada que facer! Estes e outros datos foron recollidos por Craig Sharp exatleta, investigador veterinario e especialista en mediciña deportiva e rendemento humano. Tamén dirixíu o Centro Médico Olímpico Británico. Está xubilado, pero recopilou as grandes proezas físicas do ser humano e propúxoas en perspectiva contra as mellores marcas doutros animais e que se publican na revista ’Veterinary Record’.

FONTE: Xornal ABC e El Mundo/Ciencia

CINE: PROMETHEUS

Publicado: 03/08/2012 09:13 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20120803091228-prometheus.jpg

 Nesta fin de semana chega aos cines "Prometheus", unha magnífica película de ciencia ficción, intrigante e cuns impresionantes efectos especiais. O tema de fondo: A orixe da vida humana. Esta é a súa ficha técnica:

Título Orixinal: Prometheus

Xénero: Terror, Ciencia Ficción

Nacionalidad: USA

Productora: 20th Century Fox / Scott Free Productions / Dune Entertainment

Distribuidora: Hispano Foxfilm.

Año: 2012

Duración: 125 minutos

Director: Ridley Scott

Guión: Damon Lindelof, Jon Spaihts

Música: Marc Streitenfeld

Fotografía: Dariusz Wolski

Reparto: Michael Fassbender, Charlize Theron, Noomi Rapace, Idris Elba, Patrick Wilson, Guy Pearce, Rafe Spall, Sean Harris, Kate Dickie, Logan Marshall-Green, Emun Elliott

Sinopse: Un equipo de científicos e exploradores descubre unha pista sobre a orixe da humanidade na Terra, que os leva a unha emocionante viaxe aos lugares máis escuros do universo. Alí, deberán librar unha aterradora batalla para salvar o futuro da raza humana.

Para os amantes do cine de terror e ciencia ficción!

 

20120722073817-1342722911-161181-1342783815-noticia-normal.jpg

Exemplar femiaa de Urocerus albicornis / S. GALEGA HISTORIA NATURAL

Unha nova avéspora orixinaria de Norteamérica, unha especie praga que ataca a madeira de coníferas, como piñeiros e abetos, acaba de ser detectada no monte O Camadrón, na Mariña lucense.

Trátase da Urocerus albicornis, que vive en simbiose cun fungo que facilita a putrefacción da madeira.

Nun artígo científico publicado o pasado mes de abril na revista EPPO Bulletin, un grupo científico do instituto vasco de investigación agraria, Neiker, asegura que coñecen a súa presenza en Euskadi dende hai uns cinco anos e pensan que puido chegar “en envíos de madeira infestada con larvas deste insecto procedentes doutros países”.

Dado o seu recente descubrimento, este novo insecto aínda  non foi incluído na lista española de especies invasoras, mais si o está noutros inventarios europeos como o DAISIE. Segundo Serafín González Prieto, presidente da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) e investigador do CSIC, “as especies invasoras son un dos problemas medioambientais máis importantes deste século” e engade que o factor máis negativo é que ao non entender de fronteiras é “un problema que se expande”.

A SGHN xa pedíu á Xunta fecer un seguimento na zona para detectar máis exemplares e, se fose necesario, tomar as medidas adecuadas para evitar o seu asentamento en Galicia.

Esta é a súa clasificación taxonómica:

Urocerus albicornis[Especie]
Urocerus [Xénero]
Siricidae [Familia]
Hymenoptera [Orde]
Insecta [Clase]
Uniramia [Filo]
Animalia [Reino]

FONTE: Xornal El País/Ciencia e Cybernome

5º ANIVERSARIO

Publicado: 05/08/2012 09:04 por vgomez en OUTRAS COUSAS
20120709100456-5-velas-aniversario.jpg

5 velas, cinco anos / Imaxe:pocoproject.org

Cumpre este blog 5 anos de vida. Comenzou alá polo 5 de agosto de 2007 e dende aquela pasaron moitas cousas que se resumen nos seguintes datos:

Visitas ata hoxe: 89.980

Visitas no último ano: 33.365                       

Promedio mensual:  2.780 visistas/mes

Nº artigos publicados no último ano: 327

Promedio mensual:  27 artigos/mes

Visitas ata agosto de 2011: 56.615

Visitas ata agosto de 2010: 20.746

Visitas ata agosto de 2009: 13.780  

Visitas ata agosto de 2008:   5.588  

A todos e todas moitas grazas, pois sen vós esto non tería ningún sentido. Seguirei traballando sempre que estedes detrás.


VACACIÓNS: A CRISE + O TEMPO

Publicado: 06/08/2012 01:12 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20120805101013-forges-domngo5-elpais.jpg

 

A viñeta, de onte, do xenial humorista de Forges (Antonio Fraguas de Pablo,  Madrid-1942), no xornal El País, pon o acento en tres aspectos no referente as vacacións do verán. Por un lado unhas das principais fontes de ingresos: o turismo; por outro a cirise económica; e, para remate, un aliado inesperado: o tempo. Este tres elementos forman un combinado que pode dinamitar as espectativas de todos: hosteleiros e veraneantes.

O tempo deste verán é inestable e como consecuencia as reservas fanse a última hora. A crise limita a duración das vacacións e os desprazamentos. Só os lugares do meditarráneo, que teñen un clima máis seguro, contan co maior afluencia, eso si limitada, coma no resto do país, pola crise.

Na Guarda nótase moito a baixada de turistas e veraneantes con respecto a anos pasados. Pouco tempo queda de verán para facer uns cartos polos industriais da zona!

Hoxe comenza a semana das Festas do Monte , que pode aportar unha inxección económica ao pobo. Parece ser que o tempo axudará, pois as previsións indican bo tempo, que pode complicarse "algo" o domingo.

Esperemos que o reclamo das festas, unido ás previsións de bo tempo, rompan o maleficio que parece acompañarnos.

Boas festas a todos e todas!

CHEGOU A MARTE O CURIOSITY

Publicado: 07/08/2012 10:44 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20120807102620-imaxe-de-marte-curyosity-.jpg

Primeira ixaxe en cor enviada polo "Curiosity"/NASA

O Curiosity marcou un triunfo histórico en Marte. O vehículo todoterreo da NASA sobrevivíu onte ao máis arriscado e difícil descenso ao chan do planeta veciño que nunca se realizara. Ás 7.32, hora peninsular, chegou á Terra o primeiro sinal do robot indicando que estaba no chan do cráter Gale, o seu destino prefixado. Inmediatamente despois chegaron as súas primeiras fotografías, en branco e negro e cunha baixa resolución, pero suficientes para provocar un estoupido de alegría entre as ducias de expertos na sala de control da misión, no Jet Propulsión Laboratory (JPL, en California).

A misión científica do Curiosity, que comenzará dentro dunhas semanas, cando se revisen e poñan a punto todos os equipos da bordo, pretende axudar a determinar se Marte puido ter nalgún momento condicións aptas para a vida.

FONTE: Xonal El País/Ciencia

MISIÓN A MARTE

Publicado: 08/08/2012 09:29 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20120808092754-1343812868-753077-1343812903-.png
Aproximación ao planeta vermello do vehículo "Curiosity" e anteriores misións no chan marciano. Para ampliar preme AQUÍ .

FONTE: Xornal El Pais /Ciencia

PRIMEIRA IMAXE DA TERRA DO MSG-3

Publicado: 09/08/2012 09:37 por vgomez en CURIOSIDADES
20120808190948-imaxe-da-terra-tomada-polo-msg-3.jpg

Imaxe da Terra tomada polo MSG-3 / ESA

O novo satélite xeoestacionario meteorolóxico europeo, a segunda xeración do famoso Meteosat (MSG-3) capturou a súa primeira imaxe da Terra, unha foto espectacular que nada ten que envexar ás famosas fotos «Blue Marble» (Bóla azul) da NASA. A instantánea é a proba de que o artefacto, lanzado o pasado domingo, ten un bo rendemento, aínda que non entrará en servizo operativo ata dentro de seis meses, segundo informao la Axencia Espacial Europea (ESA).

A primeira imaxe capturada polo MSG-3 foi realizada coa cámara Seviri (Spinning Enhanced Visible and Infrared Imager), que toma fotos da superficie da Terra. Proporcionará cobertura meteorolóxica para Europa e África dende o espazo para mellorar os pronósticos de moi curto alcance, especialmente as tormentas ou a néboas que aparecen de forma repentina.

FONTE: Xornal ABC/Ciencia.

20120809100241-banco-malo.jpg

 

A viñeta, de onte, do xenial Forges (Antonio Fraguas de Pablo, Madrid-1942) publicado no xornal El País, fai referencia a un tema de actualidade: a creación dun banco malo imposto por Bruselas.

Pero que é o banco malo?

Un banco malo é aquela entidade ou institución financieira que se encarga de transferir os activos tóxicos das entidades bancarias, onde se inclúen aqueles fondos de inversións de pésimas condicións e que se crearon a partir de hipotecas ou créditos a persoas con pouca solvencia económica, a un Organismo Público que se encargaría de liquidar os pagos.

En poucas palabras, o Estado compra aqueles créditos con alta probabilidade de resultar pouco rentables para o banco, e faino a un prezo que estaría entre o valor do mercado e o valor contable do activo, é dicir, o Estado faríase cargo dunha parte da minusvaloración do crédito. Finalmente, estes activos ao venderse causarían pérdas, unha cifra que dependería da xestión deste tipo de bancos.

Na práctica, volvemos a ser os contribuíntes os máis afectados xa que seremos os encargados de pagar parte das perdas debido á mala xestión bancaria.

O máis curioso é que, ao parecer, é unha interesante medida para saír da actual época de austeridade económica.

A verdade é que terá que ser moito peor que os que xa temos, por desgraza!

FONTE:bancomalo.es

CINE: BRAVE (INDOMABLE)

Publicado: 11/08/2012 09:00 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20120810120004-brave-indomable-cartel.jpg

Esta fin de semana chega aos cines a última película de animación dos estudos Pixar: "Brave". Esta é a súa ficha técnica:

 Título: Brave (Indomable)

Título Orixinal: Brave

Xénero: Animación, acción, aventuras

Nacionalidade: USA

Ano: 2012

Duración: 100 minutos

Director: Mark Andrews, Brenda Chapman

Co-dirección: Steve Purcell

Guión: Brenda Chapman, Irene Mecchi, Steve Purcell e Mark Andrew

Producción: Katherine Sarafian

Música: Patrick Doyle

Distribuidora: The Walt Disney Company Spain.

Sinopse: Situada en terras escocesas na Idade Media, a película lévanos a un reino dirixido polo rei Fergus e a reina Elinor. A súa filla, a princesa Merida, é unha mestra arqueira de comportamento rebelde, que un día desafía unha costume sagrada no reino dos ruidosos señores da terra: o enorme Lord MacGuffin , o túzaro Lord Macintosh  e o cascarrabias Lord Dingwall , desatando unha revolución. No seu intento por rectificar as cousas, Merida consegue a axuda dunha excéntrica vella, que lle concede un desexo con efectos secundarios.

Unha interesante película para os amantes do xénero de animación!


5O FESTA DO POLBO 2012

Publicado: 12/08/2012 10:26 por vgomez en CURIOSIDADES
20120812102626-50-festa-do-polbo.jpg

A tapa de polbo á feira máis grande do mundo / Imaxe:Marcos Atrio (Xornal La Región)

No día de hoxe, domindo 12 de agosto, celébrase na Guarda, lugar onde resido habitualmente, o día forte das Festas do Monte, pero na miña terra de nacemento, celebrase a 50 Festa do Polbo de O Carballiño, festa gastronómica adicada a ese cefalópodo onde  acuden entre 80.000 e 100.000 persoas e onde se consomen nun só día arredor de 50.000 Kg de "polbo á feira", sen contar outros manxares da terra.

Pero o motivo deste comentario é dun record Guiness conseguido nos días previos (o día 7) a esta festa: "A tapa máis grande do mundo de polbo". Os datos son convincentes: un prato de 3,20 metros de diámetro, 280 quilogramos de polbo, cocido previamente en catro caldeiras por pulpeiras de Arcos durante dúas horas, aliñado con 4 quilos de sal, 30 litros de aceite e pemento. 

Lembrade, se pasades polo Carballiño (Ourense) non dubidedes de probar este manxar que o preparan dun xeito especial. Merece a pena!

Bo día para todos!

20120813094400-fiesta-de-clausura.jpg

Ceremonia de clausurados xogos olímpicos Londres 2012 / Imaxe:juegosolimpicos2012.org

Remataron a XXX edición dos Xogos Olímpicos, celebrados en Londres. O acto de clausura celebrosuse no Estadio Olímpico de Stratford, onde se entregaron as últimas medallas (maratón) e onde recibíu a testemuña Río 2016, lugar de celebración das próximas olimpiadas. A ceremonia amenizouse  con cancións de cinco décadas de pop-rock británico, en homenaxe a unha das grandes sinais de identidade do Reino Unido.

O balance para España, mellor que palabras, os resultados:


País Ouros
Pratas Bronces Total
1 Estados Unidos Estados Unidos 46 29 29 104
2 China China 38 27 22 87
3 Reino Unido Reino Unido 29 17 19 65
21 España España 3 10 4 17

En comparación cos últimos, celebrados en Pekín 2008, 1 medalla menos.

Pekín 2008

   OURO   

5

   PRATA  

10

    BRONCE    

3

   TOTAL    

18

Esperemos que aos Paralímpicos que celebran os seus xogos a partir do día 29, lles vaia algo mellor e superen as 58 medallas de Pekín 2008.

Felicidades a todos e sobre toda a elas, pois as mulleres foron as auténticas gañadoras.


PRESERVAR OS OCÉANOS:

Publicado: 14/08/2012 09:30 por vgomez en ZONA VERDE
20120812114428-4s8qpicx-oavl-hfirjaptk1nz.jpg

Océano / Imaxe:nationalgeographic.es

O secretario xeral das Naciones Unidas (ONU), o surcoreano Ban Ki-moon, anunciou a creación dun novo acordo internacional para promover a preservación dos océanos, que se llamará "Oceans Compact". Un pacto a traves do cal coordinaranse as organizacións relacionadas coa ONU e co que se tratará de involucrar a ONG, empresas e ao mundo académico para afrontar os desafíos que presentan os océanos.

No discurso, con motivo do 30 aniversario da Convención sobre o Dereito do Mar de Nacións Unidas, Ban instou a "crear un novo impulso" contra a contaminación ou a sobreexplotación dos recursos mariños, ante "a crecente ameaza do cambio climático".

Esperemos que siva para algo!

FONTE: Xornal EL Mundo/Ciencia

APLYSIA PUNCTATA

Publicado: 15/08/2012 09:31 por vgomez en CURIOSIDADES
20120814180853-sinais-animais-silvestres.aplysia.04.08.2012.mnh.-9866.jpg
Esta imaxe, publicada en infomiño.com (onde facían a pregunta de que sería: espaguetes...) hai uns días, efectivamente, tal como apauntaba a publicación, son cintas sinuosas de ovos colorados de Aplysia punctata. As cintas conteñen ata 135.000 ovos de cor amarelo-marrón.
A Aplysia punctata é unha especie de molusco gasterópodo da orde Opisthobranchia. É coñecida polos nomes de lebre de mar, babosa mariña, tinteiro...Esta é a súa clasificación:

Reino: Animal
Filo: Molusco
Clase: Gasterópodo
Orde: Opisthobranchia
Suborde: Anaspidea
Familia: Aplysiidae
Xénero: Aplysia
Especie: A. punctata
 
Como curiosidades indicar que é vexetariana, alimentándose de algas; que non nada senón que  se despraza deslizándose polo seu pé; é hermafrodita pero non é autofecundante, senón que necesita unha parella para a reprodución e o seu tamaño vai dos 2-4 cm ata os 20 cm.
A natureza non deixa de sorprendernos!

THE PATH OF MY WOLF (O CAMIÑO DO MEU LOBO)

Publicado: 16/08/2012 09:14 por vgomez en VÍDEOS

 

Hai imaxes que valen máis ca 1000 palabras. Este é o caso!

Para situarnos, este vídeo narra a historia dunha verdadeira amizade entre un cazador e un can lobo mestúrase cos clips da incríbel película de 1991 de Disney: “Colmillo Branco”. Filmado na fermosa natureza de Alaska. Música: “Fast & friendly” de Jan Rietman.

Que disfrutedes!

AVALIACIÓN GLOBAL DOS OCÉANOS

Publicado: 17/08/2012 09:13 por vgomez en ZONA VERDE
20120816112635-avaliacion-global-dos-oceanos.jpg

Avaliación global dos océanos / BEN HALPERN AND COLLEAGUES / NCEAS 2012

Dos 7.000 millóns de persoas que habitan o planeta, máis do 40% viven preto da costa mariña e interactúan co océano dunha ou doutra maneira. As poboacións obteñen alimentos, exploran o litoral para o turismo e as actividades de lecer; pescan; desenvolven economías costeiras, protexen as augas e a biodiversidade... ou non. Cómo medir o efecto de toda esta actividade en todos os países?

Un equipo científico internacional elaborou unha especie de termómetro, un indicador co que avalía a saúde do océano trala interacción coa especie humana. O seu diagnóstico global, en forma de puntuación, é de seis sobre 10. O termómetro permite calcular a puntuación de todos os países do planeta que miran ao mar atendendo ás súas condicións ecolóxicas, sociais e económicas. É a primeira avaliación global da saúde do océano, segundo os expertos da Universidade de British Columbia (Canadá) que interviron na súa elaboración.

A pesar da media de 6 para todo o mundo (ou 60 sobre 100 nos seus datos), os extremos son notables: a peor nota, un 3,6 sobre 10, lévaa Serra Leona e a mellor, 8,6 é para unha illa prístina no Pacífico sur (Jarvis). España sitúase case na media mundial cun 5,8. Só o 5% dos países superan o sete, mentras que o 32% suspende, con notas inferiores ao cinco.

En xeral, conclúen os investigadores á vista dos datos, os países desenvolvidos tratan mellor aos seus mares que os países en vía de desenvolvemento, pero a variación e as excepcións son notables, advierten. Ningún país supera o 8,6 de cualificación e a maioría está por debaixo do 7.

Cualificación: NM (Necesita Mellorar)!

FONTE: Xornal El País/Ciencia

VOLTA CICLISTA A ESPAÑA 2012

Publicado: 18/08/2012 14:58 por vgomez en OUTRAS COUSAS

 

A 67 Volta Ciclista a España comenza hoxe en Pamplona. Do 18 de agosto ao 9 de setembro, día do remate en Madrid, disputaranse un total de 21 etapas, das que 5 serán polo noso territorio galego, conceratmente a etapa 10ª (Ponteareas-Sanxenxo), a 11ª (Cambados-Pontevedra), a 12ª (Vilagarcía-Mirador de Ézaro), a 13ª (Santiago-Ferrol) e a 14ª (Palas de Rei-Os Ancares).

Para seguir día a día esta proba, toda a información premendo AQUÍ ou no enlace VOLTA CICLISTA A ESPAÑA 2012.

A sintonía desta edición será "Día Cero",  do grupo donostiarra La Oreja de Van Gogh.

AVÉSPORA BOMBARDEIRA

Publicado: 19/08/2012 09:36 por vgomez en CURIOSIDADES
20120819093314-banner-wasp1.png

Avépora bombardeira (Kollasmosoma sentum) /Imaxe: C. van Achterberg

Entre as dez novas especies máis curiosas ou sorprendentes descritas de forma oficial o ano pasado e que aparecen no Top 10 de 2012 do Instituto Internacional para a Exploración de Especies (IISE) da Universidad de Arizona, figura unha española: Avéporapa bombardeira. En días sucesivos iremos revisamndo o resto dese Top 10, comenzando hoxe pola especie española citada anteriormente.

Avépora bombardeira (Kollasmosoma sentum): Esta especie parásita voa a un centímetro do chan en busca da súa presa, a Formiga Cataglyphis ibericus. Cando a localiza, atácaa en picado como un bombardeiro e deposita un ovo sobre ela, que non sospeita nada, convertíndose na comida de dita larva. As formigas desenvolveron un sistema defensivo coas súas patas ou a súa boca. Este comportamento gravouse no vídeo (que vedes na parte superior) polos seus descubridores, do Instituto de Investigacións Agropecuarias e Alimentos e Tecnoloxía de España.

FONTE: Revista Consumer

20120819112302-sol.jpg

O Sol, con grupos de manchas na súa superficie, fotografado na última semana de xullo / NASA/SDO

O Sol é máis redondo do que se pensaba. Tanto, que se fose un balón de praia a diferenza entre o seu diámetro ecuatorial e o seu diámetro polar sería inferior ao grosor dun cabelo humano. Outra comparación: se se reducira a estrela a unha bola dun metro, o diámetro ecuatorial sería só 17 millonésimas de metro maior que o polar.

Medírono uns científicos, cunha precisión nunca acadada antes. En realidade o diámetro solar é de 1,4 millóns de quilómetros, unhas 110 veces o diámetro terrestre e máis de tres veces a distancia que nos separa da Lúa. Os investigadores, temén descubriron que a forma do Sol é moi estable, e apenas lle afecta o ciclo solar de 11 anos, como suxerían algúns estudos.

Os resultados da investigación que durou dous anos, realizados polo astrónomo Jeffrey Kuhn (Universidad de Hawai) e os seus colegas, contando coa cámara a bordo do satélite da NASA Solar Dynamics Observatory (SDO), foron publicados na revista Science e sinalan que a desviación respecto á forma perfectamente redonda que eles mediron, é substancialmente inferior ás expectativas teóricas.

 

FONTE: Xornal El País/Ciencia

20120821082844-a-cova-de-eiros.jpg

Arte parietal paleolítico na cova de Eiros / Imaxe: Xornal El País

Os traballos arqueolóxicos levados a cabo na cova de Eirós, en Triacastela (Lugo), propiciaron o descubrimento dos "primeiros restos de arte parietal paleolítico" do noroeste, en forma "de pinturas e gravados rupestres". Á espera da proba do carbono, os expertos sitúan a súa elaboración hai 30.000 anos, basándose no estilo e a  técnica empregada. Son as primeras pinturas rupestres atopadas en Galicia.

Este é o cuarto ano de escavacións nesta gruta natural, datada no Paleolítico, por un equipo de investigación da Universidade de Santiago (USC), co apoio de arqueólogos da Universidade Virgili i Rovira de Tarragona.  Antes deste achádego, as escavacións no subsolo xa permitiron recuperar dende 2008 máis de 4.000 pezas, restos de animais e ferramentas do hombre do Paleolítico, cunha antigüidade de entre 35.000 e 85.000 anos.

En resumo, a Cova de Eirós vai camiño non só de ser a Atapuerca galega, senón tamén a Altamira do noroeste peninsular.

COGOMELO BOB ESPONXA

Publicado: 22/08/2012 08:43 por vgomez en CURIOSIDADES
20120820175122-cogomelo-bop-esponxa.jpg

Cogomelo Bob Esponxa / Imaxe:tumblr.com

Segunda das dez novas especies máis curiosas ou sorprendentes descritas de forma oficial o ano pasado e que aparecen no Top 10 de 2012 do Instituto Internacional para a Exploración de Especies (IISE): Cogomelo Bob Esponxa. 

Cogomelo Bob Esponxa (Spongiforma squarepantsii): Denominado así "polas similitudes" co persoaxe de debuxos animados, segundo os seus descubridores, da Universidade de California en Berkeley. Esta nova especie de fungo, atopada no Parque Nacional Lambir Hills, Sarawak, illa de Borneo (Malasia), presenta unha "inusual forma diferente a todo o coñecido", sinalan, xa que se pode espremer como unha esponxa e cheira a froitas. O seu corpo é brillante, de cor laranxa, máis ou menos esférica, medindo 3-5 cm de ancho por 2-3 cm de altura.

O nome, ao principio foi rechazado por "frívolo" pero admitido ante a insistencia dos que a atoparon, demostra que os científicos tamén tienen sentido do humor.

FONTE: Revista Consumer.

EDIFICIOS RAROS E CURIOSOS

Publicado: 23/08/2012 09:39 por vgomez en CURIOSIDADES
20120823093934-casa-de-pedra.jpg

"A casa de Pedra" de Guimarães / Imaxe:Flickr jsome1/Libertad Digital

Estamos nun momento no noso país onde a construción está parada pola crise. Facendo memoría sobre os grandes edificios que se fixeron nos últimos anos en todo o mundo, atopei montóns de construcións grandiosas e curiosas, pero a que máis me chamoua atención, por orixinal e práctica por parte do "arquitecto" que a deseñou, foi unha preto de nós, concretamente en Guimarães (Portugal): "A casa de pedra"

Pero bueno, é a miña opinión. Para que vós podades tamén escoller a vosa, aquí tedes un listado de 50 que publicou un xornal español. Para vela todas só tedes que premer AQUÍ.

 

VAIA CRISTO!

Publicado: 24/08/2012 08:23 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20120823194913-ecce-homo.jpg

Evolución do fresco Ecce Homo de Elias García Martínez / EFE

Na localidade de Borja (Zaragoza) armouse o Cristo, nunca mellor dito, coa famosa "restauradora" Cecilia Gómez.

Esta octoxenaria muller, ao ver descascarillaba a pintura mural Ecce Homo, do século XIX, de Elías García Martínez nos muros sa igrexa do Santuario da Misecricordia da localidade, decidíu restaurala e... O que sucedeu despois tédelo na imaxe superior.

Os cachondeos que se están a montar nas redes son grandes e orixinais. Un exemplo:

    Imaxe:tuitero@LL_Sosa publicada en público.es

O cura párroco, Florencio Garcés, propuxo ao alcalde, Francisco Miguel Arilla, que se tape o fresco do Ecce Homo ata que se restaure para "evitar mofas dentro da igrexa".

De calquera maneira o dano xa está feito!

O QUE LLE PODE PASAR Á TERRA

Publicado: 25/08/2012 11:22 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20120824110915-planeta-devorado-pola-sua-estrela.jpg

Recreación artística do planeta "devorado" pola súa estrela / E.M

Por primeira vez, un equipo internacional de astrónomos logrou detectar indicios dun cataclismo cósmico como o que podería acabar coa Terra nun futuro aínda moi lonxe: un planeta "devorado" pola súa propia estrela.

Este podería ser o destino final dos planetas do noso Sistema Solar, cando o Sol se convirta nunha xigante vermella e acabe expandiéndose ata alcanzar a órbita da Terra dentro duns 5.000 millóns de anos. Así o afirma un estudo da Universidade de Penn State (EEUU), na que participa unha investiadora española da Universidade Autónoma de Madrid, publicado en "Astrophysical Journal Letters".

No estudo indican que lograron este descubrimento buscando planetas na contorna de BD+48 740, unha estrela "envellecida" que se transformara en xigante vermella, co telescopio Hobby Eberly, en Texas.

O primeiro que chamou a atención dos científicos é que esta estrela tiña unha cantidade anormalmente alta de litio, un elemento que se creou fundamentalmente durante o "Big Bang" hai 14.000 millóns de anos. O litio destrúese fácilmente nas estrelas, e por iso aos investigadores sorprnedéulles atopar grandes cantidades deste elemento nunha xigante vermella como Bd+48 740. A súa interpretación é que a presenza de litio debíase precisamante a que a estrela "engulira" un planeta.

O outro indicio deste "banquete" cósmico foi atopar un planeta na contorna da mesma estrela cunha órbita moi elíptica. Os astrónomos sospeitan que este insólito fenómeno é tamén unha consecuencia do planeta "devorado" pola estrela, que provocou unha especie de "efecto boomerang", un estoupido de enerxía que provocou a excéntrica órbita.

 

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

O QUE TEN UN CAN, TEN MÁIS QUE UN AMIGO

Publicado: 26/08/2012 08:26 por vgomez en VÍDEOS

 

A maior parte da miña vida sempre contou coa presenza dun can, que agora persiste na vida da milla filla maior. Nomes como Xoul, Nei, Ringo, Lasi... e Manson, formaron e forman parte da nosa familia.

Non sei se sodes conscientes do que representa un can máis alá da súa compaña. Intelixencia, cariño, lealtade, protección, entrega...Algunhas veces só lle falta falar!

Este vídeo de 15 minutos é a constatación do dito anteriormente. Realmente son anacos quitados dunha película estadounidense de 1987 "Benji the Hunted", dirixida por Joe Camp, inspirada no can mestizo Benji. 

Para poder entendelo ben o argumento e o seguinte: Benji, un can de rúa trata de salvarse nadando nunha violenta tormenta no mar e é testigo da morte dun puma femia, deixando a catro cachorros orfos. Benji sálvaos de diversos perigos e de feroces depredadores (un oso, un lobo e un raposo) atopándolles unha nova nai adoptiva da súa propia especie. Finalmente, Benji, o "heroe" pode volver á casa (no vídeo pode verse, ao remate, como un helicóptero aparece para recollelo).

Espero que sintades polos cans o mesmo afecto que eu lles practico. Que disfrutedes do vídeo e da súa música!

NEIL ARMSTRONG

Publicado: 27/08/2012 09:43 por vgomez en NOMES PROPIOS
20120826200112-neil-armstrong2.jpg

Neil Armstrong, fotografado en 1969 e en 2005 / NASA/ B. Pajares

O nome do home que nos ocupa hoxe quedou marcado para a historia  o día 21 de xullo de 1969, ao ser o primeiro home que pisou a Lúa: Neil Alden Armstrong. A súa vida acaba de rematar, o pasado sábado, con 82 anos en Columbus-Ohio (EEUU).

Armstrong naceu en Wapakoneta-Ohio (EEUU) o 5 de agosto de 1930. Dende moi novo mostrou a súa atracción pola aeronáutica, así aos 15 anos comezou a tomar leccións de voo, acadando a licencia de piloto antes de graduarse en secundaria. Ao rematar estes estudos, recibíu unha beca da Mariña dos Estados Unidos, inscribíndose posteriormente na Universidade Purdue, comenzando os estudos Enxeñaría Aeronáutica. En 1949 ingresou na mariña e en 1950 servíu na Guerra de Corea, onde participou en 78 misións de combate. De volta á casa rematou os estudos e graduouse pola Universidade de Purdue.

En 1962 entrou na NASA como astronauta e voou por primeira vez ao espazo en 1966, na cápsula Gemini 8. E chegou o programa Apolo. Xunto con Aldrin e Michael Collins, partiron na misión lunar no Apolo XI, o 16 de xullo de 1969, regresando o 24 do mesmo mes como verdadeiros heroes.

Despois desta aventura, nunca volveu ao espazo, deixando a NASA en 1971, adicándose a dar clases na universidade e a distintos negocios.

A súa pegada quedou marcada na Lúa e nos libros de texto, así como a frase "É un pequeno paso para o home, pero un gran salto para a Humanidade", por certo, mal interpretada debido á baixa calidade da transmisión, querendo dicir en realidade «É un gran paso para UN home», o que ten moito máis sentido porque "o home" e "a Humanidade" veñen a ser o mesmo.

20120825074902-barco-creador-de-nubes-artificiais.jpg
Recreación artística dun barco para crear nubes artificiais / John McNeill

A idea non é nova. Trátase de utilizar uns barcos futuristas para disparar cara o ceo auga mariña e crear nubes que reflictan a luz do Sol, arrefríen o planeta e poidan axudar a conter o cambio climático. Soa a ciencia ficción, pero os científicos retomaron a idea. Rob Wood, un físico atmosférico da Universidade de Washington, describíu un experimento para probar, a pequena escala, esta proposta clásica da xeoenxeñaría, a aplicación da tecnoloxía para manipular o medio ambiente. As súas conclusións aparecen na revista Philosophical Transactions of the Royal Society.

A proposta de Wood inclúe actualizacións sobre que tipo de barco sería mellor para rociar de auga salgada o ceo, o tamaño que deben ter as gotas de auga e os efectos climatolóxicos potenciais. O obxectivo final é animar a máis científicos a considerar a idea do que se coñece como  "marine cloud brightening" (nube mariña brillante) e incluso facer buracos nela.

Trátase de que unha flota de barcos equipados con rociadores de partículas disparen a sal mariña á atmosfera. Eso produciría unha cuberta de nubes que reflictiría a luz cara ao espazo e crearía un efecto de arrefriamento na Terra. Esa é a teoría, Wood e os seus colegas queren llevala á práctica. Propoñen facer un experimento a pequena escala para probar a súa viabilidad e comenzar a estudar os efectos.

Todo sexa benvido con tal de conter o cambio climático!

FONTE: Xornal ABC/Ciencia.

20120828202237-aviso.png

Poño en coñecemento xeral que houbo modificacións no calendario de exames de setembro, polo que aconsello que o revisedes para evitar problemas puntuais.

Faino premendo AQUÍ.

20120825084342-bandera-paralimpicos.jpg

Bandeira dos Xogos Paralímpicos / Imaxe:juegosolimpicoslondres2012.org

A cidade inglesa de Londres acollerá, entre hoxe, 29 de agosto, e o 9 de setembro os XIV Xogos Paralímpicos, nas mesmas sedes e instalacións que os Olímpicos e apenas un par de semanas despois da finalización destes.

En Londres celebranse competiciones dos 20 deportes oficiais do programa paralímpico de verán: atletismo, baloncesto en cadeira de rodas, boccia, ciclismo, esgrima en cadeira de rodas, fútbol-5, fútbol-7, goalball, judo, halterofilia, hípica, natación, remo, tenis de mesa, tenis en cadeira de rodas, tiro con arco, tiro olímpico, rugby en cadeira de rodas, vela e voleibol sentado.

Durante os once días de competición, poñeranse en xogo máus de 500 medallas de ouro, polas que loitarán uns 4.200 deportistas procedentes de 160 países. Nesta ocasión, aos atletas cegos e deficientes visuais, con discapacidade física e con parálise cerebral uniranse aqueles con discapacidade intelectual.

España participará con 142 deportistas, que xunto co persoal técnico e de apoio forman unha expedición de 228 persoas.

Nos anteriores xogos, celebrados en Pekín 2012, acadamos o posto 10 do medalleiro, co seguinte balance:

Pekín 2008

   OURO    15

   PRATA   21

    BRONCE     22

     TOTAL     58

Esperemos que nesta edición os resultados sexan mellores!

Se queres seguilos só tes que pinchar AQUÍ.

20120826133021-manchalunar.jpg
Manchas esbrancuxadas na superficie da Lúa / NASA

A superficie da Lúa é, en xeral, bastante escura. E tamén aburrida. O satélite non ten atmosfera, nin tectónica de placas, polo que os acontecementos na súa superficie son mínimos. Salvo se cae un meteorito, as cousas quédanse como e onde estaban. Por eso os científicos estaban intrigados cunhas manchas esbrancuxadas, ás veces de centos de quilómetros, que poboan a súa superficie. Pero que causa este fenómeno?

Cada unha desas manchas (das que hai contabilizadas máis dunha ducia) identifica a existencia dun pequeno e débil campo magnético. Ainda que era case indudable que entre ámbolos fenómenos había unha relación, ninguén explicara con certeza e probas como era.

Pode un campo magnético aclarar, como se se tratase de lixivia, o regolito lunar (alfombra de restos formados por materiais pouco compactos de fragmentos rochosos e solo, cubrindo un fondo rochoso sólido? En realidade, o que fai é evitar que se escureza. Como se fose un escudo de enerxía, desvía unha parte do vento solar que chega á superficie da Lúa, distribuíndo nos seus arrededores.

Algúns modelos teóricos desta explicación xa se puxeran a proba con anterioridade, e os resultados non cadraban. Aínda así, un grupo de científicos adicados a desenvolver escudos enerxéticos para naves espaciais, que no fondo teñen un certo parecido coas anomalías magnéticas da Lúa, quixo poñer a proba a hipótese de maneira experimental.

Fixeron as modificacións pertinentes aos seus aparellos para replicar no laboratorio as anomalías magnéticas lunares. Simularon o vento solar cun chorro de protóns e electróns e estudaron que pasaba cando o disparaban cara a un pequeno imán.

Tal como predicía a teoría, creouse un campo eléctrico en forma de cúpula cando o chorro e o "escudo" se atoparon. Este campo eléctrico desviou a maioría de partículas cara aos límites e protexeou a zona de influencia do imán. Os investigadores responsables cren que na Lúa ocurre exactamente igual, pero ao grande. Tamén, que unha tecnoloxía equivalente podería protexer tanto as naves espaciais como aos seus pasaxeiros dos perigos do vento solar.

FONTE: Xornal ABC/Ciencia

SEN COMENTARIOS!

Publicado: 30/08/2012 10:24 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20120830094600-forges-30-08-2012.jpg

A viñeta de hoxe, no xornal El País, do xenial Forges (Antonio Fraguas de Pablo, Madrid, 1942), non ten ningún desperdicio e paréceme que non precisa engadirlle nada, sobran as palabras, porque é unha realidade absoluta.

Sen comentarios!

ABUR, LÁMPADAS INCANDESCENTES!

Publicado: 31/08/2012 11:46 por vgomez en CURIOSIDADES
20120826132533-lampada-incandescete.jpg

Lámpada incandescente tradicional / Imaxe: Kalipedia

Mañá, día 1 de setembro, non é só o día en que empezamos a pagar máis polos produtos pola subida do IVE, senón que tamén é unha data para a historia da ilumninación: A lámpada incandescente tradicional deixarase de fabricar na Unión Europea despois de máis de 130 anos da súa creación (1879) por Thomas Alva Edison.

A directiva Ecodesign 2009/125/CE fixa a eliminación progresiva entre 2009 e 2016 das lámpadas incandescentes tradicionais e establece un calendario cuxa aplicación comenzou en septembro de 2009 coa eliminación das lámpadas de 100 W e continuou coas de 75 W.

O obxectivo desta directiva europea non é só reducir o consumo enerxético (o 95% da electricidade que consomen transfórmana en calor e só o 5% restante en luz), senón evitar os residuos xerados por estes dispositivos.

Abur, lámpadas incandescentes!

 



Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next