Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Junio de 2015.

O CEO DO MES: XUÑO 2015

Publicado: 01/06/2015 09:21 por vgomez en O CEO DO MES
20150601092105-summer-triangle.png

Nada máis porse o Sol, destaca entre todas as constelacións do ceo estival, o chamado Triángulo do verán, cuxos vértices son as estrelas Vega, Deneb e Altaír / 3djuegos.com

Lúa Chea: día 2 de xuño

Cuarto Minguante: día 9 de xuño

Lúa Nova: día 16 de xuño

Comezo do verán: día 21 de xuño

Cuarto Crecente: día 24 de xuño

Chuvia de estrelas: Boótidas Xuño, do 22 de xuño ao 2 de xullo, con máximo o día 27.

20150531220921-modern-mummy-2.jpg

Tecido fresco momificado / THE ANATOMICAL RECORD

A momificación de mortos no antigo exipcio é recoñecida en todo o mundo e, agora, un equipo de científicos gregos momificou un tecido fresco dun cadáver humano.

Concretamente, trátase dunha perna e o obxectivo foi comprender mellor estas técnicas de preservación da antigüidade. O equipo conforme con antigas técnicas exipcias colocaron o tecido nunha solución salina e mediron o progreso da conservación mediante técnicas de microscopía e de imaxe con tecnoloxía de última xeración.

Os achados, que se publicaron en "The Anatomical Record", deron aos investigadores algunhas novas pistas sobre esta práctica

A maior parte do que os científicos saben sobre a momificación exipcia antiga vén do historiador grego Herodoto, que viviu durante o século V antes de Cristo. En primeiro lugar, os embalsamadores eliminaban os órganos mortos do individuo, incluíndo o cerebro, que se extrae a través do nariz.

Despois esterilizaban o peito e cavidades abdominais, antes de colocar o corpo nun fluído salgado que contén natrón (unha mestura de cinza de sosa e bicarbonato de sodio) que drena os fluídos corporais e evitar que o corpo se podreza. Finalmente, envolvían o corpo en tiras de liño e enterrábano nunha tumba ou sepultura.

Algúns estudos trataron de utilizar estas técnicas para momificar animais ou órganos humanos e houbo un ou dous intentos de momificar un corpo humano completo. Pero o proceso non fora estudado mediante técnicas científicas modernas nin, mentres a momificación estaba en marcha.

Neste novo estudo utilizaron o método de conservación exipcio a base de sal para momificar a perna dun corpo humano feminino que fora doada á Universidade de Zürich, onde se levou a cabo o experimento, xa que se seutilizaba todo o corpo, terian tido que cortar e sacar os intestinos e outros órganos, explican os investigadores a "Live Science".

Os investigadores tomaron mostras do tecido da perna cada dous ou tres días, e examináronse usando unha variedade de métodos: o ollo nu, un microscopio, análise de ADN, e os métodos de formación de imaxes de raios X.

Na súa maior parte, a momificación foi un éxito, pero tardaron case sete meses (208 días), en que lograr a conservación total da momia. Un tempo moito máis longo que os dous meses que, segundo Herodoto, empregaban os exipcios.

Sospeitan que as condicións de amortecemento máis frías no laboratorio en Zürich, en comparación co ambiente árido do antigo Exipto, poden explicar esta discrepancia.

Así, os científicos confirmaron que a solución de sal elimina eficazmente a auga do tecido da perna, o que impide que as bacterias e fungos o degraden. A análise microscópica revelou, ademais, unha boa preservación do tecido da pel e o músculo.

Os resultados mostran o efectivos que eran os métodos de embalsamento exipcio e ofrecen unha visión detallada de como funcionaba o proceso.

Por outra parte, o traballo revelou que a temperatura, a acidez e a humidade do medio eran os factores cruciais na velocidade do proceso de momificación.

FONTE: Xornal abc/ciencia

20150531112816-7842125-12167307.jpg

Emmanuelle Charpentier e Jennifer Doudna / Imaxe:tendencias21.net

Emmanuelle Charpentier, francesa, e Jennifer Doudna, estadounidense, recibiron o premio Princesa de Asturias de Investigación 2015 polas súas contribucións para poder editar os xenomas e manipular os ácidos nucleicos.

En 2012, publicaron xunto a outros investigadores un artigo no que describían unha técnica para editar xenes que podía servir para tratar enfermidades como a sida e mesmo para modificar o xenoma de embrións para libralos de enfermidades conxénitas ou cambiar determinados trazos físicos.

A técnica, bautizada como CRISPR-Cas9, dá a posibilidade de engadir ou quitar material xenético cunha encima que funciona como unha especie de bisturí. Este ano, científicos chineses xa anunciaron que trataran de modificar o xenoma de embrións humanos, aínda que poden pasar décadas ata que a técnica se poida empregar con seguridade para deseñar humanos á carta.

Doudna é profesora na Universidade de Californa en Berkeley e dirixe o seu propio laboratorio no Howard Hughes Medical Institute (EUA). Charpentier lidera un equipo de investigadores na Universidade de Umea (Suecia) e no Centro Helmholtz para a Investigación de Infeccións (Alemaña).

FONTE: Xornal El País /Ciencia

20150601201500-88b6ded213a0b0d235e4e88b6192479f.jpg

O peixe serra de dente pequeno (Pristis pectinata) / zap.aeiou.pt

Moitos descubrimentos acontecen de chorra, e o dos investigadores da Universidade de Stony Brook é o último deles. O que buscaban entre os peixes serra dos ríos de Florida non era un milagre, senón un dato aburrido pero esencial para esa poboación de peixes ao bordo da extinción: o seu grao de uniformidade xenética como consecuencia da endogamia que adoitan padecer as poboacións con moi poucos individuos. E o que encontraron é moito mellor que iso: que as femias virxes empezaron a ter fillos. Sen necesidade de sexo.

A partenoxénese (nacemento virxe), pola que unha especie sexual ten a posibilidade de reproducirse por unha especie de clonación natural das femias, é un fenómeno común en invertebrados como os insectos, e mesmo se documentou ocasionalmente en vertebrados como paxaros, réptiles e quenllas, case sempre en catividade. Pero os peixes serra de Florida son o primeiro exemplo descrito no seu hábitat natural, nunha poboación que segue reproducíndose sexualmente na maioría das ocasións, e onde a partenoxénese non é unha curiosidade de zoolóxico: o 3% dos peixes serra de alí son fillas de virxes. Os machos, por certo, nunca teñen esa capacidade, en ningunha especie.

O peixe serra de dente pequeno (Pristis pectinata) é unha especie en perigo extremo de extinción, cunha poboación que se viu decimada ata menos do 5% do seu tamaño en 1900. A especie sobrevive case exclusivamente no sueste de Florida. Son uns peixes de bo tamaño: alcanzan con facilidade o medio metro de lonxitude. E teñen esa fealdade inconfundible: coa boca torcida e os dous ollos ao mesmo lado da cara, nun pesadelo biolóxico que resulta da conveniencia de nadar estendendo as aletas aos lados do corpo, en lugar de verticais.

Estes investigadores, recolleron, e devolto á auga, 190 individuos entre 2004 e 2013. Analizáronos coas técnicas xenéticas convencionais para estimar o grao de variedade xenética de cada individuo: utilizan unhas secuencias de ADN que, ao ser moi variables na especie, permiten calcular o parentesco interno dun individuo consigo mesmo. Todos temos un xogo de cromosomas herdado da nai e outro do pai, e o noso xenoma contén polo tanto un rexistro das diferenzas xenéticas entre a nosa nai e o noso pai.

Cando as poboacións se reducen ata o risco de extinción, os dous proxenitores tenden a ser primos ou mesmo irmáns, pola sinxela razón de que non é doado encontrar outra cousa polos arredores. Un parentesco interno (IR, por internal relatedness) de 0,25 quere dicir os pais eran primos; un de 0,50 revela que eran irmáns. Os científicos de Stony Brook encontraron sete peixes serra cun IR próximo a 1: os seus dous xogos de cromosomas son idénticos, ou case, e polo tanto non proveñen de pai e nai, senón só da nai.

Os científicos conxecturan que estes casos de partenoxénese son adaptativos, é dicir, un intento das femias por superar a escaseza de machos (e de calquera outra cousa). É só unha hipótese. Cren que a partenoxénese pode estar moito máis estendida no mundo animal do que cremos. E recordan que o proceso é extremadamente improbable, ou imposible, en humanos.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

20150601194600-logo-wed-2015.jpg

O tema do Día Mundial do Medio Ambiente para este ano é o uso eficiente dos recursos e a produción e consumo sostible no contexto da capacidade rexeneradora do planeta, tal e como capta o slogan, "Sete mil millóns de sonos. Un só planeta. Consume con moderación", elixido pola comunidade mundial a través dos seus votos nas redes sociais e confirmando así o carácter planetario deste día mundial.

Pon o teu gran de area!

20150605162329-1433432490-038788-1433434598-noticia-normal.jpg

Recreación artística do Regaliceratops peterhewsi / Julius T. Csotonyi

Hai aproximadamente 10 anos, un xeólogo canadense atopou algo asomando nun acantilado sobre o río Oldman, ao sudoeste de Alberta, Canadá. Hoxe a revista científica Current Biology publica o estudo acerca do que resultou ser un cranio case completo dunha nova e inusual especie de dinosauro (Regaliceratops peterhewsi) con cornos, un parente próximo do coñecido tricerátops. Un investigador do Museo de Paleontología Royal Tyrrell (Caleb Brown) é o autor de estudo que sae agora á luz e que achega un novo punto de vista acerca dos ceratópsidos, o xénero dos dinosauros cornudos.

A clasificación deste grupo de dinosauros estaba dividida en dúas clases ben distintas: os casmosaurinos, con dous grandes cornos sobre os ollos e un máis pequeno sobre o fociño (como o famoso tricerátops), e os centrosaurinos, cun gran corno no fociño e dous moi pequenos sobre os ollos e que, ademais, se extinguiron antes que os casmosaurinos. O que fai que este novo especímen sexa relevante é que, malia mostrar a configuración cranial dun tricerátops, presenta unha ornamentación e unha cornamenta atípicos. O dinosauro ten dous cornos "practicamente cómicos", de aí que os científicos o alcumen Hellboy, como un coñecido e diabólico personaxe de cómic. Ademais, presenta unha espectacular coroa de ósos con forma de diamante na parte superior do cranio e un só corno grande sobre o nariz. Viviu no Cretácio tardio, hai 70 millóns de anos.

Hai un debate actualmente entre os paleontólogos, parte da comunidade científica defende que se trata do máis antigo e claro exemplo de selección sexual en dinosauros, fronte aos que pensan que se trataba de características que axudaban aos animais a distinguirse entre si e doutras especies similares.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

A AVESPA DEMENTOR

Publicado: 08/06/2015 09:30 por vgomez en CURIOSIDADES
20150608093021-1432804136-008706-1432806016-album-normal.jpg


Esta avespa rouba o libre albedrío da súa presa cunha soa picada antes de comela viva. Por iso, foi nomeada Ampulex dementor en homenaxe aos dementores, eses monstros dos libros de Harry Potter que absorven a alma das súas vítimas. Esta avespa caza cascudas inxectando un veleno no ventre da súa presa que a converte nun zombi ao bloquear os neurotransmisores. Unha vez que a cascuda perdeu o control, a avespa arrastra a súa presa ata un lugar seguro onde devorala.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

IMAXE DO CAMPO MAGNÉTICO SOLAR

Publicado: 09/06/2015 08:08 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20150608101707-mapamagnetico.jpg

Na imaxe aparece o campo magnético do Sol, que normalmente permanece invisible/ NASA

Habitualmente o campo magnético solar non pode verse nas fotografías tomadas por cámaras tradicionais. Non obstante, a NASA combinou os datos e imaxes que capturou o seu telescopio espacial SDO (Soar Dynamics Observatory) para crear esta imaxe, engadindo cores co obxectivo de mostrar con máis claridade o que acontece na nosa estrela.

FONTE: rt.com/ciencia

20150609135147-chiste.jpg

Viñeta de Davila no xornal Faro de Vigo (09/06/2015)

Comeza a época de praia e hai moita xente que segue sen entender que todo o que foi da casa á praia ten que volver á casa ou quedar nalgún dos contedores do lixo destinados a tal efecto. O que non é de recibo é deixar ciscado restos de comida, latas de bebidas, cabichas de cigarros...

Un pouquiño de por favor!

20150608184442-hiperion-la-luna-esponjosa-de-saturn-b2fd846f60bfd3604beb0ee7159f964b0dc4dfc8-9090.jpg

 

A sonda Cassini da NASA, que leva explorando Saturno e os seus satélites dende xullo de 2004, cando penetrou na órbita do planeta dos aneis, obtivo algunhas das imaxes máis detalladas captadas ata o momento de Hiperión, unha das súas lúas.

Entre os expertos en ciencias planetarias, este satélite, que toma o nome dun dos titáns da mitoloxía grega, ten fama de ser un dos obxectos máis estraños do Sistema Solar: a súa forma recorda a dunha esponxa, mide uns 300 quilómetros de diámetro (410x260x220 quilómetros) e posúe unha baixa densidade, polo que os astrónomos sospeitan que debe posuír numerosos ocos e cavernas e conter máis auga conxelada que rocha. Ademais, presenta unha sorprendente rotación que a miúdo é descrita como un "bambeo caótico".

Nas novas fotografías, tomadas pola Cassini dende apenas 34.000 quilómetros, pódese ver claramente a súa superficie sementada de cráteres e un rastro de materiais escuros no seu interior. O maior deles ten 10 quilómetros de profundidade e 120 de diámetro. Polas súas peculiaridades, crese que Hiperión, que dista millón e medio de quilómetros de Saturno, puido sufrir un choque cataclísmico no pasado, quizais cun cometa.

FONTE: Revista Muy Interesante/Ciencia

CINE: "JURASSIC WORLD"

Publicado: 12/06/2015 08:09 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20150611193241-db7.png

 

Esta fin de semana chega aos cines a película "Jurassic World", unha nova entrega da saga iniciada por Steven Spielberg, a cuarta da franquía de Parque Xurásico. Estas son as súas características técnicas:

Título orixinal: Jurassic World

Ano: 2015

Xénero: Ciencia ficción. Aventuras.

Duración: 117 min.

País: EEUU

Produtora: Amblin Entertainment / Universal Pictures

Director: Colin Trevorrow

Guión: Colin Trevorrow, Rick Jaffa, Amanda Silver, Mark Protosevich

Música: Michael Giacchino

Fotografía: John Schwartzman

Efectos especiais: Legacy Efects

Reparto: Chris Pratt, Bryce Dallas Howard, Omar Sy, Jake Johnson, Vincent D’Onofrio, Judy Greer, Ty Simpkins, BD Wong, Nick Robinson, Irrfan Khan, Katie McGrath, Lauren Lapkus

Sinopse: Vinte e dous anos despois do acontecido en Jurassic Park, a illa Nublar foi transformada nun parque temático, Jurassic Wold, con versións «domesticadas» dalgúns dos dinosauros máis coñecidos. Cando todo parece ir á perfección e ser o negocio do século, un novo dinosauro de especie aínda descoñecida e que é moito máis intelixente do que se pensaba, comeza a causar estragos entre os habitantes do Parque.

20150610200117-libros-de-texto.jpg

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria acaba de publicar a normativa  sobre a gratuidade solidaria de libros de texto para o próximo curso escolar 2015-2016, que selevará a cabo mediante dous procedementos:

1. Axudas para a adquisición de libros de texto (para o alumnado que repita 1º ESO ou alumnos que se incorporen de 6º de Primaria).

A finalidade das axudas é a adquisición exclusivamente de libros de texto (non se pode adquirir con cargo ao vale material didáctico nin complementario).

O alumnado ten a obriga de conservar en bo estado os libros de texto adquiridos na súa integridade con cargo ao importe das axudas, así como incorporalos,  ao rematar o curso escolar 2015/2016, ao fondo solidario constituído no centro (banco de libros).

Entre os requisitos destaca ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros.

As axudas oscilan entre os 104 e 180 euros.

O prazo de presentación de instancias será para o alumnado que 6º de primaria que promociona a 1º ESO cando formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 27 de xullo de 2015, ambos inclusive. Para o alumnado que repita 1º ESO cando formalice a matrícula, despois das probas de setembro, no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2015, ambos inclusive.

Para ampliar esta información preme AQUÍ.

2. Fondo solidario de libros de texto (Alumnado que promociona a 2º ESO).

Entre os requisitos destaca ter devolto os libros de texto e/ou material reutilizable adquirido coas axudas do curso 2014/2015.

O uso dos libros de texto dispoñibles asignarase por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar.

A presentación da solicitude implicará que se compromete a conservar os libros de texto e material recibidos en bo estado, e a devolvelos ao fondo solidario de libros de texto ao finalizar o curso 2015/16.

O prazo de solicitude remata o 30 de xuño.

Para ampliar esta información preme AQUÍ.

A GALAXIA MÁIS LUMINOSA

Publicado: 14/06/2015 08:39 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20150613093837-14337530503311.jpg

Recreación artística da galaxia WISE J224607. JPL/Caltech

O telescopio espacial WISE (Wide-Field Infrared Survey Explorer) da NASA realizou no ano 2010 unha exploración completa do ceo en varias bandas do infravermello. Agora, un equipo internacional de astrónomos  identificou neses datos unha vintena de galaxias verdadeiramente excepcionais. As súas luminosidades son tan grandes que se consideran membros dunha nova clase de galaxias denominadas ELIRGs (Galaxias Infravermellas Extremadamente Luminosas).

O récord deste conxunto de galaxias osténtao a denominada WISE J224607, cunha luminosidade que é equivalente á de 349 billóns de soles. Trátase pois dunha galaxia miles de veces máis luminosa que a Vía Láctea. Non obstante, moi posiblemente esta galaxia de brillo extremo ten dimensións máis reducidas que as da nosa galaxia, e unha boa parte da súa masa está concentrada nun burato negro central cuxa masa supera en mil millóns de veces á masa do Sol.

O 99% da luminosidade desta galaxia colosal chéganos en forma de radiación infravermella. Esta luminosidade ocasiónase en boa medida nas proximidades do seu burato negro central. O gas que é arrastrado ata alí polo intenso campo gravitatorio quéntase por enriba de varios miles de graos e emite radiación no visible, no ultravioleta e mesmo en raios X. Pero esta radiación que xorde da zona central é atrapada polo po que se encontra arredor, na propia galaxia, para ser reemitida como luz infravermella.

É posible estimar que a luz da galaxia WISE J224607 viaxou durante 12.500 millóns de anos antes de chegar aos nosos telescopios. Como a idade do Universo é de 13.800 millóns de anos, resulta que estamos vendo esta galaxia tal e como era cando o Universo tiña 1.300 millóns de anos de idade, isto é, o 10% da súa idade actual. É esa época tan temperá, as galaxias estaban 5 veces máis próximas entre si que o que están agora, pois a expansión do Universo as vai afastando unhas doutras.

Os buratos negros supermasivos son relativamente correntes no Universo, pero resulta sorprendente encontrar un como o de WISE J224607, tan extremadamente masivo no Universo temperán. E isto resulta sorprendente porque, ao ser o Universo tan novo, se pensaba que non podería ter dado tempo para alimentar a un burato negro de máis de mil millóns de masas solares.

Os astrónomos están a buscar explicacións posibles para que un burato negro poida crecer tanto e tan rapidamente, e especulan sobre cal puido ser a súa semente orixinal. Unha posibilidade é que tal semente fose unha estrela primitiva formada pouco despois do Big Bang, tan só con hidróxeno e helio, sen elementos máis pesados. Os elementos pesados das estrelas actuais son os principais responsables do seu arrefriamento, a radiación emitida por eles oponse ao colapso gravitatorio, impoñendo un límite superior na masa que pode chegar a ter unha estrela. Pero unha estrela primitiva, ao non ter elementos pesados, podería ser moito máis masiva que as que vemos hoxe. O colapso de tales estrelas podería crear así buratos negros particularmente masivos que poderían a continuación crecer rapidamente mediante a acumulación progresiva de todo o gas do seu ámbito.

Segundo outra idea, o gran burato negro de WISE J224607 puido formarse directamente a partir de grandes nubes gasosas que colapsaron para formar unha semente moito máis masiva que calquera burato negro que puidese formar unha estrela individual.

Sexa como for, o mecanismo polo que se formou este burato negro parece ter superado amplamente o límite de crecemento coñecido como “límite de Eddington”. Este límite teórico está ocasionado pola presión luminosa que se opón á caída do material nas proximidades do burato negro. Quizais se a caída de material ten lugar dun xeito completamente desordenada e caótico póidase superar tal límite, pero isto é algo que haberá que estudar detalladamente. Tamén unha rotación lenta do burato negro, coa súa forza centrífuga correspondentemente pequena, pode favorecer un crecemento máis rápido e eficiente.

O estudo do Universo temperán pódenos proporcionar moitas claves sobre como se formaron as galaxias actuais, entre elas a Vía Láctea. Pero, cos telescopios dispoñibles hoxe, nos momentos próximos ao Big Bang tan só podemos estudar os astros máis luminosos, como WISE J224607.

FONTE: Rafael Bachiller /Xornal El Mundo/Ciencia

PHILAE ESPERTOU!

Publicado: 15/06/2015 08:37 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20150614214550-philae-.jpg

Recreación do módulo Philae / EFE

"Ola Terra, podes oírme?" Ese foi, na madrugada de onte, a primeira mensaxe que a sonda Philae, dende a superficie do cometa 67P Churyumov Gerasimenko, publicaba en Twitter despois de sete longos meses de letargo. Inmediatamente despois, seguía un segundo tweet, esta vez dirixido á súa nave ama Rosetta, que segue en órbita do cometa: "Canto tempo durmín?" Ao que a nave respondeu: "Tiveches un gran descanso, uns sete meses".

Os máis pesimistas dábano por perdido. E é que o módulo Philae, o primeiro enxeño humano deseñado para pousarse nun cometa, tivo o pasado 12 de novembro unha aterraxe máis accidentada do previsto. En efecto, tras desprenderse de Rosetta, que segue voando en paralelo ao 67 P Churyumov Gerasimenko a medida que este se achega ao Sol, Philae non puido agarrarse como estaba previsto á súa accidentada superficie. Varios dos seus sistemas de ancoraxe fallaron e o módulo, duns cen quilogramos de peso, rebotou varias veces ata deterse nun punto descoñecido e polo menos a un quilómetro do lugar elixido para a aterraxe.

A pesar diso, Philae logrou aparafusar ao chan polo menos unha das súas patas, e durante case sesenta horas, mentres lle durou a enerxía, estivo a enviar datos á terra. Por desgracia, cando o módulo deixou por fin de rebotar e detívose, fíxoo nunha zona de sombra, de modo que cando as súas baterías se esgotaron, non puido volver cargalas cos seus paneis solares. Philae entrou entón en hibernación, e así permaneceu durante os últimos sete meses.

Pero agora espertou. Dende novembro pasado, os responsables da misión viñan dicindo que, se había sorte, Philae podería volver cargar as súas baterías cando o cometa estivese mais preto do Sol. E así foi. Durante a súa aproximación ao Sol, en efecto, o cometa foi modificando a súa orientación con respecto ao astro rei, de forma que moitas zonas que antes estaban en penumbra se encontran agora iluminadas pola luz solar.

A misión segue!

FONTE: Xornal abc/ciencia

AS PERCAS RUBIDEIRAS INVADEN AUTRALIA

Publicado: 16/06/2015 07:03 por vgomez en CURIOSIDADES

 

O seu nome científico é Anabas testudineus, coñécidas comunmente como percas rubideiras ou gateadoras, está sendo unha precupación para os científicos de Australia, pola súa presenza nese país.

Un equipo da Universidade James Cook gravou imaxes dun exemplar desta especie en Townsville, na costa norte do país. O máis rechamante é que o peixe non está na auga, senón sobre a terra seca. E esa é precisamente a principal fonte de preocupación: as percas rubideiras son moi resistentes e agresivas. Poden vivir e desprazarse ata seis días fóra da auga, o que as converte nunhas invasoras pertinaces, e segundo os últimos estudos mesmo resisten ben o sal malia ser unha especia de auga doce.

Habituais en ríos e lagos de Asia, crese que chegaron a Oceanía dende Papúa Nova Guinea e o que preocupa é como expulsalas. Son capaces de esconderse e hibernar seis meses no barro e en ocasións matan os seus predadores inchándose ata afogalos cando intentan comelas.

FONTE: Xornal El Pais

 

Coa chegada do bo tempo, aparecen eses insectos molestos que son os mosquitos e tamén as moscas.

Aquí dese a forma de combatilos cunha trampa feita con materiais que tod@s tedes na casa.

Boa caza!

XURDÍU ASÍ A VIDA NA TERRA?

Publicado: 18/06/2015 08:12 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20150613131618-planeta-tierra.jpg

O planeta Terra / Imaxe: elespectadoranimal.com

Un equipo de científicos da Universidade de Carolina del Norte (EUA) descubriu novas pistas sobre a orixe da vida hai 4.000 millóns de anos grazas a un "código xenético primixenia" cunhas encimas específicas, que podería ter dado lugar á vida complexa. Os resultados do estudo foron publicados na revista Proceedings of the National Academy of Sciences.

Unha vez que os elementos químicos presentes no noso planeta se uniron, xurdiron as moléculas orgánicas coñecidas como aminoácidos. Logo, os aminoácidos formaron as proteínas necesarias para crear células individuais e destas, ás complexas, xurdindo finalmente as plantas e os animais. A gran pregunta estriba en, como chegaron a xerar os aminoácidos as proteínas desta "sopa" para a vida?

Segundo o novo traballo, a "hipótese do mundo de ARN" na que o ARN se "fixo a si mesmo" non está completa, senón que o ARN recibiu axuda dun "código xenético" anterior ao actual. Esta conclusión foi froito da análise das propiedades físicas de 20 aminoácidos distintos. Os resultados revelaron que a polaridade e o tamaño destes poderían explicar a forma en que as cadeas de aminoácidos conseguiron adaptarse en estruturas tridimensionais para logo crealas.

Así, "a tradución do código xenético tería sido o nexo que conecta a química prebiótica coa bioloxía", explican os autores do estudo, resolvendo así o misterio de como emerxeu a vida na Terra: ese código xenético primixenio xerou un proceso de selección natural que deu lugar á evolución da vida dende os organismos unicelulares ata os nosos días.

FONTE: Revista Muy Interesante/Ciencia

REMATA O CURSO

Publicado: 19/06/2015 08:16 por vgomez en COMUNICADOS
20150619081543-vacaciones.gif

Por fin! O último día de clase!

O proximo luns e martes serán as avaliacións, na que o profesorado xúntase para decidir o noso futuro escolar.

O mércores ás 12:30 horas será a entrega de notas na aula de referencia.

E despois... VACACIÓNS!

Boa sorte a tod@s!

COMEZO DO VERÁN

Publicado: 21/06/2015 08:29 por vgomez en OUTRAS COUSAS
20150619160750-solsticio-equinoccio.jpg

Solsiticio de verán / Imaxe:maxenlaluna.com

Hoxe, domingo 21 de xuño,  ás 18 horas e 38 minutos, comezará o verán. Esta estación durará 93 días e 15 horas, e rematará o 23 de setembro co comezo do outono.

O inicio desta estación vén dado, por convenio, polo instante en que a Terra se atopa nunha determinada posicións na súa órbita arredor do Sol. En concreto, esta posición dáse no punto da eclíptica no que o Sol alcanza a súa posición máis boreal. O día en que que isto sucede, o Sol alcanza a súa máxima declinación Norte (+23º 27) e durante varios días a súa altura máxima ao mediodía non cambia; a esta circunstancia o a chama tamén solsticio ("Sol quieto") de verán. Neste instante no hemisferio sur iníciase o inverno.

O día do solstico de verán corresponde ao de maior duración do ano. Arredor desta data encóntranse o día en que o Sol sae máis pronto e aquel en que se pon máis tarde. Un feito circunstancial non relacionado coas estacións dáse tamén nesta época: o día do afelio, é dicir, o día en que o Sol e a Terra están máis afastados entre si ao longo do ano. É este maior afastamento ao Sol a causa de que a Terra se mova máis lentamente ao longo da súa órbita elíptica durante o verán (segundo a coñecida como segunda lei de Kepler) e polo tanto a duración desta estación sexa maior que outras.

20150621232419-14347299025773.jpg

Unha troita da especia Salmo trutta fario / EM

A contaminación atmosférica está feminizando os peixes de lagos de alta montaña afastados a centos de quilómetros dos núcleos urbanos. Segundo un estudo realizado nos lagos remotos dos Pireneos e dos Tatras, en Eslovaquia, os peixes presentes nas masas de auga “cambian de sexo” debido a axentes contaminantes que viaxan polo aire.

Os disruptores endócrinos, substancias contaminantes capaces de alterar o equilibrio hormonal, chegaron arrastrados polo vento ata lagos remotos de alta montaña, moi lonxe dos núcleos industriais, urbanos e agrarios onde se orixinan, o que está a provocar que os machos que alí viven presenten características femininas.

Segundo o estudo, publicado na revista Nature Scientific Reports, estes lagos están a recibir estas substancias químicas que se están a acumular nos peixes. Os investigadores -procedentes do Instituto de Diagnóstico Ambiental e Estudos da Auga (IDAEA-CSIC), do Centro de Investigación Ecolóxica e Aplicacións Forestais (CREAF-UAB) e da Universidade de Innsbruck (Austria)- encontraron disruptores en sangue, fígado e tecido muscular dos peixes, provocando que os machos presenten características femininas.

Estudos anteriores xa revelaran efectos feminizantes en peixes, pero o aspecto diferencial deste traballo é que a contaminación é exclusivamente atmosférica, é dicir, que non está relacionada con verteduras nin con residuos urbanos.

Observouse que os contaminantes que alteran o sistema hormonal (os chamados disruptores endócrinos) conseguiron chegar ao interior dos peixes viaxando polo aire e depositándose nos lagos remotos.

A pesar de que estes efectos son moi doados de apreciar en peixes, aínda non está claro que consecuencias pode ter a contaminación atmosférica na capacidade reprodutora dos peixes. Aínda así, sábese que unha concentración maior deste mesmo tipo de compostos si podería afectan á saúde e á capacidade reprodutora dos peixes.

O efecto destas substancias similares ás hormonas é menos perceptible en troitas femias porque os seus niveis naturais de estróxeno son relativamente elevados. A pesar de que o grao de feminización que se observou non constitúe unha ameaza para a capacidade reprodutiva destes peixes, estes contaminantes son un problema porque teñen un impacto duradeiro sobre o medio, xa que son moi persistentes e se acumulan ao longo das cadeas tróficas.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

20150623100424-como-respiran-las-moscas.jpg

Mosca / Imaxe:curiosidades.batanga.com

Comezo hoxe un apartado adicado a esas preguntas que nunca te atreviches a facer en voz alta, coas súas despostas.

A primeira pregunta é:  Onde van todas as moscas no inverno?

As moscas son unha das moitas cousas molestas que chega co verán, incluíndo a calor, a praia, os pantalóns curtos e que ás dez da noite aínda sexa de día. Segundo conta BBC, as moscas non o pasan ben co frío, pero (evidentemente) tampouco chegan a morrerse todas e extinguirse. Estes insectos pasan o inverno en gretas e fisuras nun estado similar á hibernación, desperezándose en primavera para poñer os seus ovos. As larvas adoitan vivir en materia en estado de descomposición, que está a maior temperatura que o ambiente, o que lles permite aguantar.

FONTE: Xornal El País/Verne

COMO SERÁ A TERRA NO 2100?

Publicado: 24/06/2015 07:49 por vgomez en ZONA VERDE

 

A Axencia Espacial Estadounidense (NASA) publicou a semana pasada unha base de datos coas proxeccións climáticas para os próximos 85 anos. Con eles queda claro que haberá grandes variacións en canto a cambio climático, á concentración de CO2 e ao desenvolvemento de desastres naturais, cada vez máis fortes e repentinos como inundacións e secas.

Un aspecto importante que revela o vídeo é o incremento das temperaturas en moitas zonas do noso planeta, cunhas concentracións de CO2 que podería superar as 900 partes por millón (un 0,1% da atmosfera sería dióxido de carbono).

FONTE: Xornal abc/ciencia

NATUREZA CAPTADA POLOS DRONES

Publicado: 25/06/2015 08:47 por vgomez en ZONA VERDE

Winter walk along the Cares Gorge, Picos De Europa, Asturias and León, Spain from Tomas Millar on Vimeo.

Os drones, planeadores que voan sen piloto por control remoto, son cada vez máis utilizados en todas partes, incluídas en misións ambientais ou para gravar belas imaxes de espazos naturais en todo o planeta.

Inicio unha serie de impresionantes vídeos de natureza  gravados con drones en España e outras partes do mundo. Hoxe será a RUTA DO CARES.

A Ruta do Cares, que transcorre durante 12 quilómetros entre Caín (León) e Poncebos (Asturias), é unha das travesías máis populares do Parque Nacional de Picos de Europa. Neste vídeo de Tomás Milleiro contémplanse algunhas das súas principais zonas.

FONTE: Revista Consumer

20150625110146-tripleconjunction-rey-960.jpg

Triple Conjunction Over Galician National Park / Imaxe:apod.nasa.gov/apod/ap150624.html

No día de onte, 24 de xuño, a NASA, elexiu como  imaxe astronómica do día (Astronomy Picture of the Day) a  captada, nas Illas Cies, polo vigués Fernando Rey, na que retrata o triángulo que forma a Lúa con Venus e Xúpiter (Triple Conjunction Over Galician National Park).

Espectacular!

PILAR XUBÍLASE

Publicado: 26/06/2015 09:09 por vgomez en OUTRAS COUSAS
20150626090342-escanear0004.jpg

No día de onte, 25 de xuño, celebramos a xubilación de Pilar Pérez Campo, profesora nos últimos anos do CEIP "Manuel R. Sinde" e que tamén o foi algúns anos neste IES, sendo compañeira do meu Departamento.

Nesta nova etapa da vida que comezas, deséxoche todo o mellor, que poidas realizar esas cousas que por unha ou outra razón quedaron sen facerse e que sexas moi feliz.

Unha aperta para unha excelente profesional!

CURSO 2015/2016

Publicado: 27/06/2015 09:30 por vgomez en COMUNICADOS
20150624125645-calendario-escolar.jpg

 

Coa chegada da LOMCE no curso pasado a Primaria (1º,3º e 5º), e con rumores de que non se seguirá aplicando, afectaríalle a súa implantación no próximo curso ao resto de Primaria e, ao que interesa no noso IES, a 1º e 3º ESO e 1º Bacharelato.

O DOGA publicou o pasado día 17 o calendario para o próximo curso, que queda do seguinte xeito:

* Na educación secundaria obrigatoria, no bacharelato e na formación profesional a impartición efectiva de clases realizarase do día 15 de setembro de 2015 ao 22 de xuño de 2016, ambos inclusive.

* Períodos de vacacións:

Nadal: desde o día 21 de decembro de 2015 ata o día 6 de xaneiro de 2016, ambos inclusive.

Entroido: días 8, 9 e 10 de febreiro de 2016.

Semana Santa: desde o día 21 ata o 28 de marzo de 2016, ambos inclusive

 * Días non lectivos:

Día do Ensino: 30 de outubro de 2015.

Día de Santa Tegra: 23 de setembro de 2015

Outro día a propoñer pola Comunidade Educativa

Para máis información sobre o calendario preme AQUÍ.

20150627131316-ancestro-tortuga-.jpg

Reconstrucción del cuerpo de Pappochelys / Rainer Schoch

Durante moito tempo, a orixe e a evolución temperá das tartarugas foi un dos temas da zooloxía que xerou maior polémica. A falta de fósiles que permitisen explicar a transición dende os exemplares primitivos ata os actuais, xunto coa diversidade de opinións entre paleontólogos e expertos en evolución molecular contribuía a alimentar a controversia.

Estas diferenzas soluciónanse co estudo publicado na semana pasada en Nature no que se presentan os fósiles de Pappochelys, unha tartaruga primitiva encontrada no lago Vellberg (Alemaña) de 20 cm de longo e que data de hai uns 240 millóns de anos, do Triásico medio.

Pappochelys non tiña cuncha pero, no seu lugar, contaba con costelas anchas, características de criaturas da liñaxe das primeiras tartarugas, e unha serie de ósos ao longo do seu ventre. Non obstante, entre as súas características físicas, a clave encóntrase na presenza de diápsidas (pequenas aberturas que se encontran detrás da conca de cada ollo) no seu cranio.

“As tartarugas de hoxe en día non teñen tales aberturas polo que algúns paleontólogos pensaban que estas se desenvolveran a partir dos arcosaurios (dinosauros e aves)”, o coautor do estudo.

Deste modo, as diápsidas dan a razón á hipótese dos evolucionistas moleculares que sostiñan que estes réptiles procedían da familia dos lepidosaurios (lagartos e serpes) que actualmente presentan estes orificios.

O achado dos fósiles permite ademais crear un vínculo entre os antecesores máis primitivos e os exemplares de tartarugas actuais. Segundo o estudo, a diferenza destes, Pappochelys presentaba unha ampliación na zona do ventre para permitir unha maior ampliación na zona das costelas, ao non ter desenvolvido cuncha.

Neste sentido, o estudo comenta que “este madeiro groso permitiu que os ósos e os nervios se fusionasen entre si, que é o que moitos embriólogos sosteñen como a orixe do desenvolvemento da cuncha das tartarugas”.

Os fósiles de Pappochelys encontráronse nos arredores dun lago, o que indica que as primeiras tartarugas habitaban zonas húmidas.

Para os investigadores, o esqueleto deste novo exemplar convérteo no intermediario perfecto entre o Eunotosaurus, a tartaruga máis antiga coñecida ata agora, de 260 millóns de anos de antigüidade, e as tartarugas posteriores.

FONTE: Xornal abc/ciencia

NATUREZA CAPTADA POLOS DRONES II

Publicado: 29/06/2015 09:11 por vgomez en ZONA VERDE

 

Hoxe a segunda entrega da s erie de impresionantes vídeos de natureza  gravados con drones en España e outras partes do mundo, adicada neste caso ao SALTO DO NERVIÓN.

O salto do Nervión é a caída de auga máis grande da península ibérica, cos seus 222 metros de altura. Esta fervenza encóntrase no límite das provincias de Burgos e Álava. A forma máis sinxela de acceder é dende Berberana ou dende o porto de Orduña. A empresa HDpro é a autora deste vídeo que capta o salto en todo o seu esplendor.

FONTE: Revista Consumer

20150629151812-escanear0005.jpg

 

No contexto actual de Grecia, que nestes últimos días atópase nunha situación límite ante a convocatoria do referendo do próximo domingo, estou rematando de ler o último libro de Petros Márkaris (Estambul,1937): “Pan, Educación e Libertade”.

Nin pintada a situación que amosa o libro e a situación real de hoxe. Póñovos en situación: 2014, Grecia declárase en quebra e volve a súa moeda: o dragma; non tarda en seguirlle España, que volve á peseta. Como vedes situacións posibles. O resto da novela xira en torno a actividade do comisaraio Kostas Jaritos e a súa familia que terán que apertarse o cinto, xa que durante tres meses non lle van pagar a nómina. Paralizada a economía, empobrecido o país, só aumentan as protestas, aparecendo a violencia neonazi. E coma sempre, nunha novela piolicíaca, aparece un asasinato, neste caso un rico contratista de obras, que leva ao noso protagonista a furgar entre a clase empresarial, universitaria e sindical que dirixiu ese país nos últimos 49 anos.

Merece a pena lelo, sobre todo os adultos da casa, xa que dalgún xeito transladan as inquietudes do pobo grego, que neste momento debátese entre a supervivencia como país e a permanencia en Europa.

E a pregunta do millón: Pode pasar ou só é unha novela?



Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next