Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Noviembre de 2009.

O CEO DO MES: NOVEMBRO

20091101183456-mapa-cielo-noche-obtenido-programa-stellarium.jpg

Ceo calculado polo programa Stellarium para o día 15 de novembro (Xornal "El País" 30/10/09)

Día 2 de novembro: Lúa Chea.

Día 9: Cuarto Minguante.

Día 16: Lúa Nova.

Día24: Cuarto Crecente.

Chuvia de estrelas das Leónidas (producidas po los restos do cometa 55P / Tempel-Tuttle, que ten un período orbital de 33 anos), coa máxima actividade o 17 de novembro.

No hay comentarios. Comentar. Más...

SMOS

20091102095446-smos.jpg

Na pasada madrugada, foi lanzado dende o Cosmódromo de Plesetsk (Rusia), o satélite europeo SMOS.

A Axencia Espacial Europea (ESA) lanza este satélite de observación co fin de investigar e monitorear o cambio climático, medindo a concentración salina dos océanos e a humidade dos continentes do planeta (o intercambio de auga entre a atmosfera, os océanos y e a terra é un dos factores que supostamente determinan o tempo e o clima).

Situado a unha altura promedio de 758 km e coa axuda de 69 antenas de microondas, o satélite suministrará informacións sobre a terra e a auga, ata polo menos o 2012.

No hay comentarios. Comentar. Más...

KILIMANJARO

20091103190920-kilimanjaro.jpg

Un dos glaciares en retroceso do Kilimanjaro (L. Thompson)

O Kilimanjaro é un volcán que se atopa no Parque Nacional do Kilimanjaro en Tanzania. Con 5.695 m, é a montaña máis alta de África e un dos volcáns máis altos do mundo.  Consta de tres cráteres e ten neves perpetuas pola presenza dun glaciar na súa cima.

Precisamente a noticia ten como centro ese glaciar que acabo de comentar. A revista  "Proceedings of the National Accademy of Sciences" (PNA) acaba de publicar as conclusións dunha investigación realizada polo prestixioso glaciólogo Lonnie Thompson, da Universidade de Ohio (Columbia-EEUU), nas que se indican que os glaciares situados tanto no cráter coma nas ladeiras do cumio do Kilimanjaro poderían desaparecer en menos de 20 anos. O cambio climático está detras.

Esperemos que na reunión próxima da ONU sobre cambio climático que se celebrara en Copenhage do 7 ao 18 de decembro tomen nota.

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

CATÁSTROFE AMBIENTAL NO MAR DE TIMOR

20091104130906-125729886468320091104-2642266dn.jpg

Unha nova catástrode ambiental acaba de suceder: derrame de cru no mar. Neste caso non por un barco, senón por unha plataforma petrolífera. Todo aconteceu no Mar de Timor (O Mar de Timor é un brazo do océano Índico situado entre a Illa de Timor, hoxe dividida entre os estados de Indonesia e Timor Oriental, e o Territorio do Norte de Australia).

A plataforma pertence á petrolera pública tailandesa PTTEP e verqueu 400 barriles diarios ao mar durante 10 semanas, cubrindo máis de 10.000 quilómetros cadrados en pleno triángulo do Coral, no que os expertos chaman o "Amazonas submarino". Para colmo, nos traballos de contención da mancha, produciuse un incendio na torre de perforación.

A consecuencia: unha marea negra, que chegou ás augas territoriais de Indonesia e puxo en perigo a biodiversidade mariña e a pesca na área protexida do Mar de Savu, onde viven varias especies ameazadas de tartarugas, golfiños e baleas.

Seguimos sen aprender e non vai ser a última vez que o home atenta contra si mesmo.

No hay comentarios. Comentar. Más...

"MOVIÉNDONOS POR EL RÍO"

20091105115044-aguard13.jpg

A Cruz Vermella de A Guarda, coa colaboración da Asociación Ecoloxista ANABAM pon en marcha o Proxecto "Moviéndonos por el Río" co obxectivo principal de contribuír á conservación e recuperación do Río Miño a través da concienciación e a educación ambiental dos cidadáns.

A campaña realizarase entre os meses de novembro e decembro, con accións formativas e de intervención directa sobre o río. Concretamente mañá, sábado 5 de novembro, comenza a actividade formativa, que constará de 16 horas, das que 8 serán de actividade teórica e as restantes prácticas.

Se estás interesado pasa pola sede da Cruz Vermella, preto da igrexa parroquial de A Guarda.

No hay comentarios. Comentar. Más...

MERCURIO: NOVAS IMAXES

20091106105424-1257338438-0.jpg

Vista de Mercurio obtida pola sonda Messenger (NASA)

A sonda da NASA "Messenger" fotografou unha zona descoñecida ata agora do planeta Mercurio. Así mesmo aportou novos datos científicos nos que aparece a presenza de ferro nese planeta.

Esta sonda espacial foi lanzada usando un foguete Delta II dende Cabo Cañaveral o 3 de agosto de 2004.

No hay comentarios. Comentar. Más...

HUMOR: IMPOSTOS FUTBOLISTAS

20091108204603-2009-11-15-vin-2009-11-08-01-29-51-humordavila.jpg

A viñeta de onte de Davila (Faro de Vigo) fai unha crítica, inxeniosa, á denominada Lei Beckham (que era un intento para atraer profesionais de elite: científicos e deportistas extranxeiros cun réxime especial de tributación que rebaixou os impuestos a estes colectivos).

Ao parecer o goberno ten a intención de variar o tipo de tributación, que ata agora era para este ano do 24% fronte aos non estranxeiros que era do 43%. A verdade é que a maioría dos afectados son futbolistas.

Eu entendo que os que traballan en España teñen que tributar en función dos seus ingresos, sexan ou non españois, xa que os rendementos do traballo conséguenos aqui, no noso país.

Pero bueno, seguro que hai outras opinións, seguramente interesadas. O que está claro é que a grande maioría dos españois non temos esa opción. Como di un vello do meu pobo: "son uns vividores".

No hay comentarios. Comentar. Más...

VOLVE MECANO

Mecano... Para moitos non soa a nada ou se é o caso a un xogo de construcción, que tamén existíu. Mecano foi un grupo de música pop español dos ointenta. Fundouse no ano 1982 e desapareceu como tal no ano 1998. Os seus compoñentes foron Ana Torroja (voz), Nacho Cano (programación, guitarras, teclados e voz) e José María Cano (guitarras, teclados e voz).

A noticia está en que o grupo Mecano acaba de grabar unha nova canción, "María Luz", composta por José María Cano e que formará parte dun libro-disco titulado ’Mecano Siglo XXI’, que saira á venda o próximo día 17.

Aquí tedes ese tema, asi como fotografías  e pequenos videos das súas actuacións antes de separarse no ano 1998.

Se queres coñecer máis cousas deste grupo pincha en Mecano

No hay comentarios. Comentar. Más...

UN LIBRO: O HOME DO TRAXE BRANCO.

20091109204732-xg00175301.jpg

O home do traxe branco, é unha serie de novelas de ficción do escritor Herikberto M. Quesada (Nacido en Ourense en 1958. De profesión artista e deseñador. Estudou Belas Artes).

Esta obra, publicada por Xerais, está baseada na teoría dos deseños coincidentes, que explica como seres vivos e ecosistemas poden evolucionar noutros planetas, de formas moi similares aos da Terra..

No "O home do traxe branco": O accidente, o argumento é o seguinte: Nun caloroso día de verán prodúcese un grande incendio nun bosque de Galicia. Pola noite, uns rapaces descobren unha gran nave. Dela xorden varios buzos escoltando unha estraña criatura anfibia que dá a luz a súa cría. Cando parece que todo finalizou, da nave descende un misterioso home con traxe branco, acompañado dun estraño animal. Quen é ese home? Só este grupo de rapaces descubrirá de onde vén e cales son as súas intencións. O océano Atlántico, praias, noites de lúa, campos amarelos, verdes fragas, insectos, polbos, peixes, solpores, ríos, alieníxenas, veraneantes, terribles monstros, iropis e homes de negro. Esta é a historia dun neno que vive nun planeta aínda verde e azul.

Datos da obra: I.S.B.N.: 978-84-9914-057-5   Código: 1334032     12,00     Outubro 2009

Persoalmente recoméndovola como profesor de CCNN, na que aparecen referencias á nosa zona. Seguro que o pasades ben!

Fonte: www.xerais.es

No hay comentarios. Comentar. Más...

BOCHORNO BRANCO

20091111114405-pintochinto11.jpg

A viñeta de Pinto & Chinto do xornal "La Voz de Galicia" de hoxe, faise eco do espectáculo bochornoso dado polo equipo de 1ª división do fútbol español  R. Madrid, que con multitude de figuras non foi capaz de superar a un 2ª división B: o Alcorcón.

Bochornoso!

No hay comentarios. Comentar. Más...

REFRÁNS: O ACEITE E A OLIVEIRA

20091111115830-olivo-trano.jpg

Cando falamos de aceite como producto e da oliveira coma árbore, non o relacionamos con Galicia como productor e si como consumidor. Non é así. Galicia, polo seu clima, foi e é un lugar axeitado para este cultivo. O clima oceánico-mediterráneo, sobre todo da zona suroriental da comunidade, faina axeitada polos terreos con humidade e áridos. Existen zonas de Galicia, por certo nun tempo pasadao moi productivas, noutro decadentes e agora incipientes, nas que se cultiva este producto: Betanzos (Coruña), Quiroga (Lugo), Valdeorras (Ourense), Tomiño (Pontevedra), por citar algunhas.

A oliveira pertence á orde botánica das ligustrais, familia das oleáceas, con dúas subespécies : oleaster (oliveira silvestre) e sativa (oliveira).

Son moitos os refráns sobre a árbore (oliveira) e o producuto que obtemos (aceite). Vexamos algúns:

Sobre o froito:

*Oliveira e aceituna toda é unha.

* Oliva unha é ouro, dúas prata, a terceira mata.

* Auga e Lúa, tempo de acietunas.

* Comida a oliva, bota o óso fóra.

* Quen colle olivas antes de xaneiro, deixa a oliva na oliveira.

* No tempo das olivas teñen noivos as sobriñas.

* Aceite e acietunas, por veces moitas, outras ningunhas.

* Como sei que che gustan as acaitunas como os ovos de pava, traíoche algunhas.

Sobre o producto:

* Aceite e viño bálsamo divino.

* A mellor cociñeira é a oliva.

* Flor de oliveira en abril, aceite no candil.

* Se queres chegar a vello, garda aceite no pendello.

* A verdade como o aceite queda sempre por enriba.

* Aceite o de enriba, viño o do medio e mel o do fondo.

* Viño quente e o aceite son alimento.

* Aceite dabondo bo ano por diante.

* Aceite, carne, pan trigo e sal, mercadoría real.

Sobre a árbore:

* O aceite da oliveira todo o mal quita.

* Mentres as oliveiras teñan froito, serán os estornillos os seus amigos.

* Cada moucho á súa oliveira.

* Casa de pai, viño de avó e oliveira de bisavó.

* Oliveira bruta que a forza de paus dás froito.

* Se algunha vez me esquecerás, cávame aínda que non me ares.

* A oliveira fai o ben aínda que lle fagan mal.

FONTE: Almanaque Agricola ZZ 2009

No hay comentarios. Comentar. Más...

ALEJANDRO SANZ: NOVO TEMA

Nos últimos días o cantante español Alejando Sanz acaba de publicar o seu último álbum, que leva por título "Paraíso Express", con 10 cancións, todas compostas por Sanz:

  1.Mi Peter Punk
  2.Desde cuando
  3.Looking for paradise - con Alicia Keys
  4.Hice llorar hasta los angeles
  5.Sin que se note
  6.Lola Soledad
  7.Pero esta tarde no te vas
  8.Mala
  9.Tu no tienes la culpa
10.Nuestro amor sera leyenda

Podes escoitar o tema "Looking for paradise"( Buscando paraiso), un dueto coa talentosa Alicia Keys.

No hay comentarios. Comentar. Más...

PELÍCULA:"CUENTO DE NAVIDAD"

 

Onte, 13 de novembro, estreouse en España a película "Cuento de Navidad", adaptación do clásico de Charles Dickens (1843).
Ebenezer Scrooge (Jim Carrey) comenza as navidades facendo uso da súa habitual mezquindade, Berrándolle ao seu fiel empreado (Gary Oldman) e ao seu alegre sobriño (Colin Firth). Pero esa mesma noite as pantasmas das Navidades Pasadas, Presentes e Futuras preséntanse na súa habitación para levalo a unha viaxe na que terá que enfrontarse a unha realidade que non quere ver. É entón cando o vello Scrooge terá que abrir o seu corazón e intentar arranxar todo o mal que fixera antes de que sexa demasiado tarde.

Unha película propia para as próximadas datas. Que a disfrutedes!

No hay comentarios. Comentar. Más...

XOGO: "E COMERON FELICES"

20091113182304-10diqf9.jpg

Médicos sen fronteiras acaba de presentar un xogo educativo titulado E comeron FELICES”. Unha historia optimista sobre a desnutrición infantil. Vai dirixido ao público infantil a partir de 10 anos para que coñezan a realidade da desnutrición infantil e entendan que tomar conciencia dela e difundila tamén é unha forma de contribuír a solucionala.

Se che interesa pincha en MSF:XOGO

No hay comentarios. Comentar. Más...

DIABETE

20091115114545-diabetes-illus250x031.png

Onte, 14 de novembro, celebrouse o Día Internacional da Diabete, baixo o lema Entenda a diabete e tome o control , sendo un dos obxectivos desta conmemoración remarcar a importancia da educación e facer un chamamento a todos os Gobernos para que poñan en marcha estratexias e políticas efectivas para a prevención e o control da diabete.

Pero que é a diabete?

A diabete é unha enfermidade producida por unha alteración do metabolismo, caracterizada polo aumento da cantidade de glucosa no sangue e pola aparición de complicacións microvasculares e cardiovasculares que incrementan substancialmente os danos noutros órganos e a mortalidade asociada coa enfermidade e reduce a calidade da vida das persoas afectadas.

Dos diferentes tipos de diabete destacamos dous:

  • Diabete Tipo 1: Resultado da destrucción das células do páncreas que producen a insulina (células beta) e que predispoñen a unha descompensación grave do metabolismo chamada cetoacidosis. É máis típica en personas xóvenes (por debaixo dos 30 anos).

  • Diabete Tipo 2: Caracterizada pola resistencia á insulina que pode estar asociada ou non cunha deficiencia de insulina e que pode estar presente con muo poucos síntomas durante moito tempo. Esta forma é máis común en persoas maiores de 40 anos aínda que cada vez é máis frecuente que apareza en suxeitos máis xóvenes.

 

Entre un 5 e un 10 % da poboación ten diabeté, pero o peor é a cantidade de xente que descoñece se é ou non é diabético. Cunha simple análise de sangue sairiamos da dúbida. Se tes pais ou avós diabéticos deberías consultalo. Os cambios de hábitos na nosa dieta diaria tamén poden axudar.

Se queres ampliar esta información pincha no seguinte gráfico interactivo: DIABETE

Fonte: Ministerio de Sanidade e El Mundo.es

No hay comentarios. Comentar. Más...

AUGA NA LÚA II

20091115110336-1258134467-0.jpg

Columna de vapor provocada polo impacto da LCROSS na superficie da Lúa. (NASA)

A NASA acaba de facer público que impactos provocados pola sonda LCROSS (Lunar Crater Observation and Sensing Satellite) permitiron detectar grandes cantidades de auga na Lúa.

Esta sonda espacial lanzada no pasado xuño, impactou sobre un crater, concretamente Cabeus A, duns 40 quilómetros de diámetro, situado preto da rexión polar Sur, o pasado 9 de outubro. O impacto provocou un inmenso burato de entre 20 e 30 metros de ancho, sacando á superficie máis de 100 litros de auga.

Esta noticia, esperada, anima a unha posible instalación dunha base lunar nun futuro próximo.

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

HUMOR: AUGA NA LÚA

20091116182320-2009-11-23-vin-2009-11-16-01-29-49-humoraguilera.jpg

Viñeta de Javier Aguilera (Faro de Vigo 16/11/09) na que se fai refrencia ao artigo anterior que hoxe publico, sobre a confirmación de auga na Lúa.

No hay comentarios. Comentar. Más...

PROXECTO ODONATA

20091113190200-odonatos.11.02.09.15.jpg

ANABAM (Organización Naturista do Baixo Miño) acaba de por en marxa o denominado Proxecto Odonata, que ten como meta tratar de inventariar e estudar tanto as libeliñas como os gaiteiros así como a súa área de distribución.

Para diferenciar unha libeliña dun gaiteiro séguese esta norma:

LIBELIÑA:  Cando se pousa as ás as mantén estendidas exteriormente, facendo unha especie de cruz formada por estas e o resto do corpo.

GAITEIRO: Cando se pousa mantén as ás na mesma dirección do corpo.

 

As persoas que desexen colaborar neste traballo (poñerse en contacto con ANABAM), precisarán dunha cámara fotográfica, paciencia, e, por suposto, visitar os regatos, ríos,  acequias, etc. da comarca co fin de recoller a información dos cabaliños do demo.

 

Unha das persoas que colaboran é Laura lago, profesora que foi o curso pasado do noso Centro, impartindo Lingua Castela e Literatura, que é unha gran fotógrafa. Se queres ver algunha das súas fotografías pincha en PROXECTO  ODONATA

Fonte: ANABAM

No hay comentarios. Comentar. Más...

CONTO : O ACEITE E O SANCRISTÁN

20091115120106-aceite-saludable-inscripcio.jpg

En certo lugar, de sona polo cultivo da oliveira, o sancristán recibía o encargo de recoller o aceite, que todos os anos ofrecían ao santo patrón os fregueses; pero quixo ter unhas ganancias, por ser o ano en que ía moi caro, e mesturouno con auga. Non obstante, o crego, que sempre andaba ao axexo, pois non era a primeira falcatruada que o sancristán lle facía, descubriuno e dixo, dirixíndose a el aproveitando a misa do domingo:

- Este ano o aceite semella auga e ata o punto que as ras poderían nadar nel.

O que fixo que o rostro do sancristán avermellase ata as orellas. Os olivareiros deseguida se decataron e, como o día coincidira co Domingo de Ramos, agardaron ao sacristán á saída da misa e comenzaron a darlle unha malleira cos ramos, naturalmente de oliveira. Entón o sacristán pedíu axuda dicindo:

- Señor cura, válgame que me van deixar derrengado.

Ao que lle respondeu moi sereno o crego:

- Quen foi agudo para roubar o aceite, que o sexa agora para librarse dos paus.

No hay comentarios. Comentar. Más...

HUMOR: A IMAXE DO DÍA

20091118113558-2009-11-25-vin-2009-11-18-02-46-33-humordavila.jpg

É a noticia do día: A liberación do Alakrana. A viñeta que hoxe publica "Faro de Vigo" de  Luis Davila recolle moi ben o final deste suceso. Non precisa ningún comentario, sobran as palabras.

No hay comentarios. Comentar. Más...

CAMBIO CLIMÁTICO E AUMENTO DE TEMPERATURA

20091118195734-ccl.jpg

Un recente estudo, dirixido por Corinne Le Quéré (da Universidad de East Anglia), que forma parte do proxecto Global Carbon Project, asegura que as emisións de CO2 procedentes da queima de combustibles fósiles aumentaron un promedio do 3,4% anual entre 2000 e 2008 en comparación co 1% do decenio de 1990. A pesar da desaceleración económica mundial, as emisións aumentaron un 2% en 2008.

A consecuencia destes datos, o estudo, o máis amplo ata esta data, afirma que a temperatura global incrementarase ata 6 graos a finais deste século, precisamente polo aumento das emisións de CO2 e a capacidade da Terra para absorber os gases.

Parece mentira pero os paises seguen sen darse conta da situación real do noso planeta e seguirán sen pararse neste problema na próxima reunión de Copenhague, que se celebrará no próximo mes. Coa escusa da economía seguirase aparcando o problema, ata que sexa demasido tarde, sobre todo para os países pouco desenvolvidos.

No hay comentarios. Comentar. Más...

ADIVIÑAS: ACEITUNA E ACEITE

20091119172514-aceite-aceitunas.jpg

Verde foi como nacín

e de loito me vestín

e para atormentarme

ouro fino me volvín.

 

Ten esférica figura

e por veces alongada

e a calquera persoa honrada

merca e procura.

 

Eu frito

eu tosto

e na cociña

teño o meu posto.

No hay comentarios. Comentar. Más...

COLTAN

 

O coltan non é un mineral propiamente dito, é unha mestura de  columbita [(Fe, Mn) Nb2O6], e tantalita [(Fe, Mn) Ta2O6]. É de cor gris metálico escuro, e é empregado na case totalidade de dispositivos electrónicos: teléfonos móbiles, GPS, satélites artificiais, televisores de plasma, videoconsolas, armas teledirixidas, oredeadores portátiles, PDAs, MP3, MP4, ...

O principal productor de coltan é a República Democrática do Congo, con preto  do 80% das reservas mundiais, o que o fai un país no punto de mira para moitos paises e con moitos intereses creados na zona. A realidade é que no Congo estanse financiando loitas internas que provocaron e provocan miles de mortos. 

Neste vídeo-presentación terás unha información máis ampla sobre o coltan e a situación do Congo.

No hay comentarios. Comentar. Más...

SMOS

20091122164825-ciclo-agua-visto-satelite.jpg

Primeira imaxe enviada polo SMOS (ESA)

O SMOS (Soil Moisture and Ocean Salinity), satélite lanzado o pasado día 2 dende o cosmódromo ruso de Plesetsk e que se atopa  en órbita sobre os polos a uns 758 km da superficie terrestre, escomenzou a enviar datos.

Aínda que en fase de ensaio, o instrumento MIRAS (radiómetro de microondas), acaba de enviar a primeira imaxe e que a ESA (Axencia Europea do Espazo) acaba de presentar. Este satélite foi deseñado para coñecer mellor o ciclo da auga do planeta, medindo a humidade do solo e a salinidade dos océanos.

No hay comentarios. Comentar. Más...

SAGUARO

20091122211007-c-gigantea-c-600.jpg

Carnegiea gigantea (Foto CactiGuide.com)

O saguaro ou sahuaro (Carnegiea gigantea) é o catus máis grande existente. É un cactus columnar (podendo acadar os 20 m) típico do deserto de Sonora (que seguramente vistes algunha vez nas películas do oeste e que está entre Estados Unidos e México). Presenta ramificacións laterais que co tempo dóbranse cara arriba, dándolle un aspecto de candelabro (coñecido tamén polo seu aspecto como cactus candelabro).

Vive moitos anos e medra moi lentamente, tendo unha grande capacidade de almacenar auga durante as treboadas, o que o convirte nunha fonte de alimentación. A súa flor, con pétalos curtos brancos, aparece na parte superior do talo. O seu froito, vermello,é  comestible.

No hay comentarios. Comentar. Más...

VIDA NAS PROFUNDIDADES

20091123130723-enypniastes.jpg

Enypniastes, pepino mariño, capturado a 2.750 m de profundidade (EFE)

O proxecto "Censo da Vida Mariña" (CVM), formado por un equipo internacional de científicos, acaba de catalogar, por primeira vez, miles de especies que viven nas profundidades dos mares e océanos, moitas delas descoñecidas ata agora, concretamente 17.650 a máis de 200 m de profundidade e 5.722 a máis de 1 km de profundidade , onde non chega a luz solar.

Unha das principais contribucións do proxecto está sendo o maior entendemento de como o ecosistema mariño está estructurado "verticalmente": "A maioría dos alimentos prodúcense na superficie e caen ao fondo, onde non existe luz, o que proporciona sustento a unha increibe variedade de seres vivos"

Este proxecto e as súas conclusión serán presentadas en 2010.

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

 

Hoxe, 25 de novembro, celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Este día foi escollidocomo en conmemoración do brutal asasinato en 1960 das tres irmáns Mirabal, activistas políticas da República Dominicana, por oden do gobernante dominicano Rafael Trujillo (1930-1961).

Celébrase dende 1981 e foi acordado o 17 de decembro de 1999 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, a través da resoluvión 54/134.

Un día para sensibilizarnos desta problemática da violencia contra a muller. Este vídeo pretende facer ese chamamento.

No hay comentarios. Comentar. Más...

LENDA: ATENAS

20091123185840-coroa-de-oliveira.jpeg

Estando a Terra nun principio cuberta de auga e xurdindo a luz por primeira vez, Atenea e Poseidón profiaban en fundar unha cidade cos seus propios nomes. Entón Zeus quixo acabar coa deboura e díxolles que quen de ámbolos dous lle dese á cidade o ben máis prezado sería o dono dela. Así, Poseidón enfeitouna con peiraos e fondeadoiros; mentres, Atenea fixo abrollar na acróplole unha vizosa oliveira chea de froitos, que cinguíu ademais nunha coroa, e cando a viron todos, conseguíu a victoria e chamaron á cidade polo seu nome : Atenas. Poseidón, derrotado, arredouse aos seus dominios.

Poseidón: Na mitoloxía grega era o deus do mar e dos terremotos.  Atenea: Na mitoloxía grega era a deusa sa dabiduría, da estratexia e da guerra xusta. Zeus: Na mitoloxía grega era o rei dos deuses do Olimpo, deus do ceo e do trono.  Atenas: Capital de Grecia.

No hay comentarios. Comentar. Más...

CINE: O NÚMERO 9

20091125165552-numero-9.jpg

 

O día 1 de xaneiro de 2010, en plenas vacacións de Nadal, estrearase a película "Número 9", do director Shane Acker. Película de animación, ciencia ficción, fantasía e aventura,  producida no ano 2008.

A historia transcurre nun futuro moi próximo. O invento coñecido como a Gran Máquina activa que aporta enerxía ás máquinas, levántanse contra raza humana, causando moitas baixas na poboación, antes de empezar a apagarse. O mundo pronto quedará destruído, pero un grupo de pequenos seres intenta salvar o pouco que queda da civilización. Está composto por nove criaturas ás que un científico infundíu vida pouco antes da catástrofe. Entre o grupo, o Número 9, demostra ter madeira de líder e cualidades que posiblemente lles axuden a sobrevivir e incluso a prosperar. Os demais membros do grupo son  o Número1 , un veterano da guerra, de carácter dominante e líder do grupo ata a data; o Número 2, un xeneroso e agora fráxil inventor; o Número 3 e o Número 4, xemelgos dunha gran erudición que se comunican sen palabras e sobre todo entre sí; o Número 5, un inquebrantable inxenieiro; o Número 6, un artista errático atormentado polas visións; o Número 7, unha valente guerreira autosuficiente, e o Número 8, o musculoso e non moi listo gardacostas do Número 1. Cun  grupo tan reducido, deben facer acopio dunha forza desproporcionada ao seu tamaño para enganar e loitar contra as máquinas que aínda funcionan, sobre todo unha que é unha besta mecanizada. Nas brétemas que preceden ao amencer, o Número 9 debe reagrupar e animar aos seus para facer fronte común ao perigo inminente.

Seguro que merece a pena ir a Vigo vela, un día de chuvia, nas vacacións.

No hay comentarios. Comentar. Más...

COLIBRÍ ABELLA

20091125171134-452096063-aafa7ae15c.jpg

Esta fotografía que vedes é a do paxaro máis pequeno do mundo: o colibrí abella, tamén coñecido como elfo das abellas (mellisuga helenae).

Vive en Cuba (onde se coñece como zunzuncito ou paxaro mosca). Mide uns 6 cm e pesa uns 2 g. O seu niño mide uns 3 cm, Axita as súas ás 80 veces por segundo, o que lle permite estar no aire na mesma posición, sen apoiarse, mentres succiona o nectar das flores, principal fonte de alimento xunto cos insectos.

No hay comentarios. Comentar. Más...

HUMOR: SOS

20091129114457-20091129elpepuvin-1.jpg

 

Viñeta de Ramón, do xornal "El Pais" (29/11/2009), onde se parodia coa realidade desa chamada de socorro que fai no noso planeta ante o cambio climático e as subidas de temperatura, o que fai que os científicos pronostiquen que o Ártico fundirase por primeira vez en 15 millóns de anos.

Algo está pasando e hai que poñer remedio antes de que vaia a peor. Somos os responsables e temos tamén a solución. Actuar xa!

No hay comentarios. Comentar. Más...

ELIMINACIÓN DOS CONTEDORES DO LIXO

20091129141515-lixo.jpg

Co paso do tempo as nosas rúas foron cambiando no que respecta á recollida do lixo. Non hai moito tempo depositábanse as bolsas directamente no chan, estando expostas aos ataques de animais e dalgunha que outra patada dun "animal maior". A imaxe de voluminosos, como mobles, colchóns, etc, foi desaparecendo coa chegada do opunto limpo. Houbo un momento importante coa chegada dos contedores, pois implicaba a recollida selectiva e a reciclaxe. Pero a estética leou a dar un paso máis, a metelos subterraneamente. De calquera xeito seguimos convivindo cos contedores e os seus cheiros.

E se desapareceran? Sería fantástico, pero ... e o lixo a onde vai. Pois a esta pregunta algúns concellos de España xa de deron resposta: Recollida selectiva porta a porta. Si, a unha hora determinada veñen á nosa casa e recollen o lixo (seleccionado antes por nós: orgánicos, envases, papel, vidro e resto) para a súa posterior reciclaxe.

Moitos concellos de Cataluña, varios do País Vasco, algún de Asturias e lugares de Italia, Dinamarca e Francia, xa o fixeron e parece que dá resultado. Pero claro, para esto hai que ter unha conciencia ambiental que o noso concello non ten ou non quere ter. Ou si, sería todo un reto!

Este proceso ten as súas vantaxes e inconvintes, a valorar:

Vantaxes:

  • A concienciación dos consumidores e o seguemento de entrega do lixo tradúcese en niveis máis altos de recollida selectiva e baixo nivel de residuos impropios.
  • Reducción da cantidade da fracción resto (residuos destinados ao vertedoiro ou incineradora).
  • A desaparición dos contedores da rúa permite máis espazo na vía pública, eliminando os desbordamentos do lixo e os malos cheiros.
  • O custe da reciclaxe é menor e os ingresos por sistemas integrados de xestión, venda de materiais e retorno do canon de residuos (onde exista) son superiores.
  • Os sistemas complementarios de recollida selectiva (fracción vexetal, voluminosos, etc.) acostuman  funcionar mellor.

Inconvintes:

  • Necesítase unha campaña moi importante de sensibilización entre a poboación.
  • Supón un cambio de hábitos importante para moitos fogares.
  • Está suxieto a un horario de entrega bastante estricto.
  • É necesario gardar cada fracción dos residuos na casa ata o momento da recollida.
  • O custe parcial da recollida tende a ser similar ou, en todo caso, algo superior.

É unha proposta orixinal, que merece a pena polo menos considerala, interesándose de como a levan a cabo neses lugares citados. Quen di que, nun prazo de tempo  razoable, contemos no noso concello con este sistema?

No hay comentarios. Comentar. Más...