Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Junio de 2009.

NOVO ENLACE

20090601131748-20090529165923-290509-megamanwater-01.jpg

A petición dun alumno de 1º ESO, coloco un ENLACE novo do seu blog: VIDEOGAMES THIS IS THE LIVE. O contido deste blog é, fundamentalmente, información de videoxogos e últimas novidades.

Para coñecelo pincha en angushacker.blogia.com   ou ben no enlace habilitado na parte dereita do blog: ENLACES.

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

PREMIOS NACIONAIS DE INVESTIGACIÓN

20090602130723-1243868540-0.jpg

O Rei Xoan Carlos e a ministra Cristina Garmendia, fixeron entrega dos PREMIOS NACIONAIS DE INVESTIGACIÓN 2008, que recaeron en:

O Premio Nacional de Investigación "Gregorio Marañón" en Mediciña recaeu en Carlos Belmonte Martínez pola súa contribución á promoción da investigación científica biomédica.

Carlos López Otín recibú o Premio Nacional "Santiago Ramón y Cajal" en Bioloxía, polo seu estudo das proteasas implicadas en diversos procesos fisiolóxicos e patolóxicos, especialmente no cancro e no envellecemento.

O Premio "Leonardo Torres Quevedo" en Inxenierías correspondeu a María Vallet Regí polos seus traballos para a aplicación de biomateriais en traumatoloxía e odontoloxía.

Francisco Javier Laporta San Miguel recibíu o Premio "Pascual Madoz" en Dereito e Ciencias Económicas e Sociais como recoñecemento á súa contribución á consolidación do Estado de Dereito.

Por último, o Premio "Ramón Menéndez Pidal" en Humanidades acorrespondeulle a Aurora Egido Martínez, galardoada por ser unha das máximas figuras para a comprensión da literatura española dos Séculos de Ouro.

Felicidades a todos e todas!

No hay comentarios. Comentar. Más...

SEN PALABRAS

20090604202355-foto0489.jpg

A verdade é que hoxe pola tarde, cando un grupo de rapaces e rapazas de A21EG  escomenzamos o traballo semanal no xardín do Centro, atopamonos co que vedes na fotografía (e eso que aparece xunto, pois estaba todos ciscado).

Traballo de alumnos-as e profes do curso pasado deseñando e facendo indicadores de cada especie, pedras destrozadas, anacos do bordos da pista, etc., e  non falemos da catidade de porcallada que recollemos semanalmente desa zona.

Por que? Que sentido ten? Non acado a comprendelo! A verdade é que non merece a pena facer nada!

Os que o fixeron poden estar orgullosos, pero seguro que a eles non lles gustarií nada que llo fixesen. Espero que a quen corresponda tome as medidas oprtunas para que esto non volva suceder.

Hai que ter empatia cos demais!

No hay comentarios. Comentar. Más...

O GRAN SUFIMENTO DO CELTA

20090607204344-2009-06-14-vin-2009-06-07-02-49-37-humordavila.jpg

A viñeta de Davila do xornal "Faro de Vigo" resume moi ben o sufrimento, case agonía da temporada do noso celtiña.

Unha temporada no apta para cardíacos e para non facer afición. Esperemos que a próxima sella mellor, en todos os aspectos.

No hay comentarios. Comentar. Más...

SUNRISE

20090608195654-1244459818-0.jpg

O globo "Sunrise", pouco antes do seu  lanzamento  (Foto:Carlye Calvin / UCAR)

Dende o Centro Espacial Esrange, preto de Kiruna (Suecia) acaba de despegar o telescopio solar SUNRISE, que viaxa nun globo estratosférico para estudar o campo magnético do Sol.

Esta misión durará cinco días, e este telescopio situado no Áritico, aproximadamente a 40 km sobre a superficie da Terra, estudiará a estructura e a dinámica do campo magnético solar, no que hai gran cantidade de enerxía que se manifesta de moi diversas formas, dende as manchas ata as tormentas solares.

A misión é froito da colaboración da NASA, a Axencia Espacial Alemana (DLR) e o Programa Nacional do Espazo de España.

Boa sorte!

 

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

AS ROCHAS E A SÚA FORMACIÓN I

 

Neste vídeo (que consta de tres partes enlazadas) podemos coñecer máis sobre AS ROCHAS (agregados naturais de minerais que se forman nun proceso natural).

Pero as rochas están formándose e transformándose continuamente mediante uns procesos xeolóxicos que ocorren tanto no interior coma na superficie da xeosfera.

Dependendo do proceso que as orixinou, distinguimos tres tipos de rochas: sedimentarias, metamórficas e magmáticas.

Espero que axude  á mellor comprensión do tratado en clase.

Imos co primeiro.

No hay comentarios. Comentar. Más...

AS ROCHAS E A SÚA FORMACIÓN II

 

Esta é a segunda parte. Por certo non tería sentido sen ver a primeira parte.

No hay comentarios. Comentar. Más...

AS ROCHAS E A SÚA FORMACIÓN III

 

Para rematar, imos coa terceira parte. O dito, é preciso ver previamente os dous anteriores.

Espero que fose útil.

No hay comentarios. Comentar. Más...

FIN DE CURSO

20090614223317-images.jpg

Entramos na última semana, para moitos decisiva. Hai que insistir e non tirara a toalla. Concentración e traballo son os mellores consellos. E despois ...

Pois as clases rematan o martes 23. Neste último día os de 1º ESO irán á Praia da Armona-Lamiña para facer actividades de E.F. e Ciencias Naturais,  e os de 2º irán a Vigo.

Os días 24 e 25 serán as avaliacións por parte do profesorado e o venres día 26 ás11 horas a entrega de notas. Ese día pode comenzar un bo verán ou un menos bo.

Pero bueno, ata ese día queda moito que facer, claro,  se un quere.

No hay comentarios. Comentar. Más...

O GALEGO E A FAMOSA CONSULTA ÁS FAMILIAS

20090615165100-xunta-educacion.jpg

O pasado venres 12, foille entregado a cada alumno-a de Secundaria e FP do noso Centro o modelo de cuestionario sobre a consulta ás familias sobre a  utilización das linguas no ensino non universitario de Galicia para facerllo cheagar ás súas casas. Ao mesmo tempo, fixeron o propio os centros de infantil e primaria. O prazo para a súa devolución remata o venres 19. Deberán entregarse en conserxería e pódese solicitar unha certificación de participación en Secretaria.

O modelo consta de 4 preguntas (iguais para Secundaria, FP, Primaria e Infantil), a saber:

 

É secreto (anónimo)  e voluntario, o que introduce un gran problema: o contido democrático e os posibles fraudes, quedando todo en mans dos equipos directivos de cada centro.

A verdade é que non sei que se pretende con esto. Eu, que levo moitos tempo nesto da ensinanza, e que pasei por varias reformas, xa dende hai moitos anos (xa choveu cando na Xunta entrou Fraga), a miña materia C. Naturais, xunto con X. e Historia (que forman o Coñecemento do Medio de Primaria) e as Matemáticas sempre foron dadas en Galego, e nunca pasou nada, era asumido por todos, era normal. Agora, de repente, estas historias. O que non pode ser é que cada goberno, sexa da cor que sexa, cambie  todo ao entrar el. Ten que haber uns criterios mínimos e todos teñen que resceptalos, garantindo que os alumnos-as sexan competentes lingüísticamente tanto en galego como en castelán, sen diferencia. Para máis complicación metemos tamén o inglés polo medio, e leva camiño pois cada ano son máis as materias impartidas neste idioma (e non é malo pois cantos máis idiomas sepamos con máis xente podemos relacionarnos).

Penso que hai demasiadas materias nas ensinanzas básicas (primaria e secundaria) e perdemos o norte no básico: lectura, escritura, cálculo, coñecementos natural e social, impartidas por igual nos dous idiomas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia. Complementando, o que se queira, que é positivo e enriquecedor. Do contrario seguiremos producindo "analfabetos potenciais" que coñecen moito e non saben de nada.

Veremos como remata esto!

No hay comentarios. Comentar. Más...

HERMINIIMONAS GLACIEI

20090616114400-microbacteria.jpg

Colonia da bacteria "Herminiimonas glaciei" (Imaxe:Society for General Microbioloy) 

 

A revista International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology acaba de publicar que un grupo de científicos da Universidade Estatal de Pennsylvania, descubriron unha nova bacetria, nomeada como  Herminimonas glacieri.

Esta diminuta bacteria permaneceu conxelada uns 120.000 anos, baixo tres quilómetros de xeo de Groenlandia a -56ºC. Despois de moitos meses de incubación, primeiro a 2ºC e despois a 5ºC, conseguiron colonias da minúscula bacteria.

O seu estudo pode aportar datos de como sobreviven e medran ás células baixo condicións extremas, como a temperatura, pouco osíxeno, poucos nutrientes, altas presións e espazo limitado.

 

O achádego abre novas vías para estudar as posibles formas de vida noutros planetas, nos que hai tamén condicións extremas para a vida.

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

PROVERBIOS, CONTOS, LENDAS, ADIVIÑAS, REFRÁNS E OUTRAS COUSAS

20090616183140-gaita-galega.jpg

Iniciamos un novo TEMA, fundamentalmente adicado á cultura popular galega, na súa maioría con relación ao medio natural, que pretende recuperar e lembrar cousas do pasado pero aínda vixentes. Todas estarán baixo o título OUTRAS COUSAS.

Para comenzar un PROVERBIO (que é unha sentenza ou refrán que contén un consello ou unha ensinaza moral).

Non digas todo o que sabes,

porque o que di todo o que sabe,

moitas veces di o que non convén.

Non fagas todo o que poidas,

porque o que fai todo o que pode,

moitas veces fai o que non debe.

 Non creas todo o que escoites,

pois o que cre todo o que escoita

moitas veces xuzga o que non ve.

 Non gastes todo o que tes,

porque o que gasta todo o que ten,

moitas veces gasta o que non pode.

                                                   Anónimo

Merece a pena pararse un chisco a pensar o que di!

No hay comentarios. Comentar. Más...

PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS DE INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA

20090617173727-principe-de-asturiasjpg.jpg

Martin Cooper e Raymond S. Tomlinson

 

Martin Cooper e Raymond S. Tomlinson, foron galardoados co Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica 2009, como inventor do teléfono móbil e do e-mail respectivamente.

Martin Cooper, inventor do teléfono móbil

Naceu en Chicago, Illinois (EEUU) o 26 de decembro de 1928, onde estudou inxeniería electrónica. En 1954 foi contratado por Motorola, compañía onde se iniciou o desenrolo dos sistemas de radio portátiles para axentes de policía e onde chegou a ser director Corporativo de Investigación e Desenvolvemento. Alí estivo ata 1983, desenvolvendo o primeiro modelo DynaTAC 8000X (Dinamic Adaptive Total Area Coverage), dende o que o 3 de abril de 1973 realizou a primeira chamada dende o primeiro teléfono considerado «móbil». Contactou, nesa ocasión, con Joel Engel, o seu rival dos Laboratorios Bell.
Raymond S. Tomlinson, inventor do e-mail
Naceu en Nueva York en 1941, onde se graduou en Inxeniería Eléctrica en 1963. Estudou despois no mítico Instituo Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) e en 1967 traballou na rede ARPA para o Departamento de Defensa de EE.UU, a rede militar que despois se convirtiría en internet. En outubro de 1971 intercambiou mensaxes entre varios ordenadores, para o que empregou a arroba «@» como símbolo para separar o nome do destinatario do correo do ordenador receptor (servidor) e que supuxo o  nacemento do correo electrónico. A primeira mensaxe foi "QWERTYUIOP".
No hay comentarios. Comentar. Más...

CHEGA ICE AGE 3

 

Volve a Era do Xeo 3 e con ela Sid e compañía. Despois dos acontecemeentos da parte 2, a vida comenza a cambiar para Manny e os seus amigos. Scrat segue tratando de atrapar a súa querida landra, atopando posiblemente o amor nun esquío femia chamada Scratte. Manny e Ellie, esperan un bebé, Diego está reconsiderando a súa posición e pensa que se esta a volver débil. Sid comenza a desexar ter unha familia propia, e rouba alguns ovos de dinosaurios, esto conleva a que Sid remate nun estraño mundo subterráneo a onde os seus amigos deben ir rescataro, esquivando dinosaurios, afrontando diversos perigos e tamén facendo novos amigos.

Hai que estar antentos ao seu estreno!

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

COMENZO DO VERÁN

20090618175412-2cy2jax.gif

Mañá, domingo 21 de xunio de 2009, ás 07 h 46 min hora oficial peninsular, comenza o verán no hemisferio Norte, segundo o convenio astronómico. Esta estación, que é a máis longa do ano dende hai algúns séculos, durará 93 días e 15 horas. O outono iniciarase o día 22 de setembro.

Ao longo do verán haberá tres eclipses: 7 de xullo (penumbral de Lúa, visible só en Australia e rexións do Pacífico e América) , o 22 de xullo (total de Sol, visible só na metade oriental de Ásia e no Pacífico) e o 6 de agosto (penumbral de Lúa, visible en España, entre a 1 e as 4 da madrugada).

No hay comentarios. Comentar. Más...

REMATE DO CURSO

20090623184509-praia-075-1.jpg

Hoxe remataou o curso. Os alumnos-as de 1º de ESO foron á Praía da Lamiña-Armona, acompañados de Olga, Arsenio, Pepe e Víctor. Alí realizamos actividades de E. Físisca e Ciencias da Natureza que non se poden realizar no IES. Pero tamén houbo tempo para o lecer, tal como amosa a fotografía.

Un bo día para un bo remate de curso. ACABOUSE!

No hay comentarios. Comentar. Más...

NOTAS E LIBROS

20090626113237-vacaciones.jpg

Hoxe ás 11 entréganse as notas, momento de Sorprendido. Espero que sexan favorables ou non moi malas. Pensade que o curso, realmente, aínda remata en setembro.

Un aviso para os alumnos de ESO. Se aprobastes todo, debedes de entregar todos os libros, hoxe ou ben o próximo luns e martes na biblioteca en horario de 9 a 14 horas. Se suspendestes algunha, entregaredes todos os libros en setembro, despois dos exames.

Que pasedes un bo verán! Todo bien

No hay comentarios. Comentar. Más...

MORRE MICHAEL JACKSON E NACE UN MITO

20090628132020-images.jpg

Morreu Michael Joseph Jackson, coñecido como Michael Jackson. Nacera en Gary-Indiana o 29-08-1958 e morreu o pasado 25 de xuño de 2009, nos Ánxeles, contando 50 anos.  A súa morte, sumida en certo misterio, está en consonancia coa súa vida, que foi a dun rapaz grande que nunca quiso de deixar de ser rapaz. Unha vida dobre, a de cantante, xenial, e a privada, con luces e sombras, moitas veces caótica e monstruosa. Sexa como fose, a partir de agora nace O MITO.

Moitos son os seus traballos, pero o que amosa as dúas vidas que tiña é  Triller de 1982, que foi o disco máis vendido da historia da música. Se o queres escoitar e ver o seu vídeo pincha en THRILLER

Descanse en paz!

No hay comentarios. Comentar. Más...

TORRE DE HÉRCULES

20090628133324-torre-fuen.jpg

A Torre de Hércules de A Coruña, o faro romano máis antigo do mundo en activo, foi declarada  Patrimonio da Humanidade polo Comité do Patrimonio Mundial da UNESCO, que celebra en Sevilla a súa 33 reunión.

A Torre de Hércules foi construída polos romanos como faro de navegación no século I  d. C., entre os reinados de Nerón e Vespasiano. A fachada actual da torre é o froito da remodelación neoclásica efectuada no século XVIII. Os datos máis importantes son:

  • Localización: 43º23´N 8º24´W.
  • Altura: 49 metros.
  • Altura sobre o nivel do mar: 106 metros.
  • Escalones: 234.
  • Alcance: 24 millas.
  • Destellos: grupo de 4 cada 20 segundos.
No hay comentarios. Comentar. Más...

MAGNETOSFERA

20090628125159-suncorona-earthmagnetosphere-esa-lr.jpg

A magnetosfera é a capa máis exterior e grande da atmosfera terrestre: comenza a unha altura de 500 km e exténdese cara ao espazo exterior ata os 60.000 km. Este campo magnético terrestre xérase no interior da Terra, que actúa como unha dinamo: ao xirar o planeta, o núcleo de ferro fundido produce un movemento de partículas cargadas, convertíndose nunha especie de imán xigante co seu campo e os seus polos magnéticos.

Ten un papel ambiental moi importante, xa que protexe á atmosfera máis próxima á Terra da radiación iónica. Trátase da mesma forma de radiación perigosa que irradian algúns elementos radiactivos como o uranio. Sen a magnetosfera a radiación iónica destruiría toda a vida da superficie da Terra.

Se queres saber algo máis sobre este tema pinche en MAGNETOSFERA

No hay comentarios. Comentar. Más...

MATRÍCULA

20090629093918-20060920002258-logo-25anos-1.jpg

Dende hoxe, 29 de xuño, e ata o próximo 3 de xullo está aberto o prazo para matricularse, os alumnos-as aprobados en xuño, para cursos da E.S.O.

Así mesmo para matricularse en bacharelato o prazo sera do 6 ao 10 de xullo, tamén para alumnos-as aprobados en xuño.

Para matricularse precisades:

- 2 fotografías

- Fotocopia DNI

- Xustificante de pago do Seguro Escolar (Caixanova) (Non para os alumnos de 1º e 2º ESO).

- Impreso cuberto (recoller en conserxaría)

- Outro impreso para alumnos de 3º ESO (pedilo en secretaría)

No hay comentarios. Comentar. Más...