Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Marzo de 2011.

O CEO DO MES: MARZO 2011

20110228174643-primavera-incipiente.jpg

Margaridas / Imaxe:jmarior.net

4 de marzo: Lúa Nova.

12 de marzo: Cuarto crecente.

19 de marzo: Lúa Chea.

21 de marzo: Comezo da Primavera, ás 00:21 horas.

26 de marzo: Cuarto minguante.

Chuvia de meteoros: Gamma-Nórmidas, actividade dende o 25 de febreiro ata o 22 de marzo, con máximo o 15 de marzo

No hay comentarios. Comentar. Más...

NOVA ESPECIE DE CORAL NO MEDITERRÁNEO

20110228171823-f-bol-n66a.gif

Nidalia indemares  /Imaxe: CSIC 

O equipo do Instituto de Ciencias do Mar do Consello Superior de Investigacións Científicas  (CSIC) descubríu, na primeira campaña no Canal de Menorca, unha nova especie de coral branco bautizada co nome de Nidalia indemares. Esta especie de coral pertence ao xénero Nidalia, sendo importante o seu descubrimento, sobre todo, porque é a primeira vez que se atopa este xénero no Mediterráneo, o que para a comunidade científica abre novas vías de investigación en canto ao desenvolvemento dos diferentes océanos e continentes. Neste caso concreto pode levar a conclusión de que habería algunhas especies relictas que relacionan a fauna nos antigos océanos Atántico e Índico co Mar de Tethys.

Este importantísimo achádego realizouse dentro do proxecto LIFE + INDEMARES que comenzou a súa andadura no ano 2009 e na que partica como socio o CSIC xunto con outras administracións públicas, organismos científicos e organizacións non gubertamentais. O obxectivo deste proxecto é contribuír á protección e uso sostible da biodiversidade dos mares españois.

FONTE:Fundación Biodiversidad




No hay comentarios. Comentar. Más...

A ORIXE DA VIDA E OS METEORITOS

20110301225740-1298920555-0.jpg

Meteorito atopado na Antartida / NASA

Como xudíu a vida? É a pregunta do millón e por agora está sen contestar definitivamente. Moitas son as teorías que tratan de dar unha resposta axeitada, aínda que só se quedan niso.

A teoría da Panspermia acuñada polo químico sueco Svante August Arrhenius para explicar a orixe da vida da Terra, plantexa  que a vida está diseminada polo Universo e chegou en forma bacteriana unida a un meteorito que servíu de semente para que evolucionara ata os organismos que habitan hoxe o planeta.

Os astrobiólogos manexan outra das posibilidades consistente  en que os meteoritos non trouxeron a vida, pero si os elementos e moléculas necesarios para o seu xurdimiento.

Apoiando esta posibilidade, a revista "Proceedings of the National Academy of Sciences" (PNAS) acaba de aportar importantes datos, nunha recente investigación, que apoian a posibilidade dunha orixe extraterrestre das moléculas precursoras da vida terrestre. Esa investigación ten como punto de partida o estudo dun meteorito que contén materiais orgánicos pertenecentes ao grupo da Tumba de Nunataks, atopado na Antártida. No traballo imitaron as condicións ambientais que había na Terra antes da aparición da vida, sempre con escalas temporais de laboratorio (sería imposible recrear os tiempos reais), emularon a actividade hidrotermal, a temperatura e a presión da Terra primitiva e os resultados mostraron, para a sorpresa dos investigadores, que aquel meteorito liberou unha enorme cantidade de ion amonio (NH4), un importante precursor das moléculas biolóxicas complexas, como os aminoácidos ou o ADN.

A conclusión desta investigación é a idea de que a chegada destes meteoritos puideron acelerar, ou desencadear, a evolución das moléculas que deron lugar á vida.

FONTE: El Mundo

No hay comentarios. Comentar. Más...

MESSIER 78

20110302090548-nebulosa-reflejo.jpg

Imaxe da nebulosa Messier 78 / ESO - IGOR CHEKALIN

"Messier 78" é o nome desta fotografía do  ruso Igor Chekalin, que gañou a última edición do Concurso de Astrofotografía Tesouros Ocultos 2010, do Observatorio Europeo Austral (ESO).

Messier 78, está situada na constelación de Orión, a uns 1.350 anos luz da Terra, e é visible con un telescopio pequeno. A imaxe foi tomada cun telescopio de 2,2 metros de diámetro do observatorio de La Silla, en Chile. Igor resaltou a imaxe a partir de varias exposicións monocromo tomadas con filtros azul, amarelo verdoso e vermello. Na nebulosa as partículas de po reflicten a luz das estrelas. O tono azulado é a cor dominante porque esas partículas dispersan máis eficazmente a corta lonxitude de onda da luz azul que a máis longa co vermello.

O concurso Tesouros Ocultos pretende rescatar imaxes interesantes do ceo arquivadas como información en bruto na base de datos da ESO.

No hay comentarios. Comentar. Más...

ENTROIDO

20110302092906-boteiro2.jpg

Botero, figura emblemática do Entroido de Viana (Ourense) / Imaxe:berenguela.com

Chegou o ENTROIDO, que nunha versión urbán denomínase Carnaval, aínda que mantén diferencias.

O Entroido é unha festa popular que ten a súa orixe como indicación da fin do inverno e o comezo da primavera. Nel conflúen rituais cristiáns e paganos, sendo a época na que se poden romper tódalas normas, cambiar de personalidade ou identidade e ironizar sobre as institucións máis asentadas. É, sen dúbida, a festa máis irreverente do calendario galego. Foi por iso que se prohibiu durante a época franquista, malia que se mantivo vivo nas aldeas. 

Durante uns días aparcaremos os libros para disfrutar desta festa nosa, que aquí é máis carnaval que entroido.

Que o pasedes ben!

No hay comentarios. Comentar. Más...

ANTILÁSER

20110301232433-20110228elpepusoc-9.jpg

Esquema do experimento no que se fai incidir dous feixes de luz láser nunha cavidade cunha oblea de silicio que os absorbe e transforma en calor / YIDONG CHONG - YALE UNIVERSITY

A revista "Science" publica que uns científicos nos EEUU crearon o que eles definen como o primero antiláser do mundo (que denominan absorbente coherente perfecto).

Se o láser, xera feixes de luz coherente, é dicir, ordeada, no que as ondas luminosas teñen a mesma frecuencia e amplitude o antiláser funciona ao revés, absorbendo a luz en lugar de emitila, disipándose a enerxía en forma de calor

Os científicos pensan que o seu descubrimento non só terá un interese puramente físico, senón que terá interesantes aplicacións potenciais, por exemplo en futuros ordeadores ópticos e na radioloxía (como unha especie de escudo para terapias nas que o médico dispare feixes de láser a tecidos biolóxicos malignos, como tumores, con gran precisión.

No hay comentarios. Comentar. Más...

OURO NEGRO: PETRÓLEO

20110307111704-precio-petroleo3.jpg

Prezo do petróleo / Imaxe: finanzas.com

Nunca lle foi tan ben o calificativo de ouro negro, pois a verdade ten un prezo que non sei eu ben cando parará de subir. Pero o petróleo (rocha sedimentaria de orixe orgánico) non só é simil de gasolina ou gasoil, é moito máis.

Queres saber todo sobre o petróleo?, entón pincha AQUÍ.

No hay comentarios. Comentar. Más...

LEMBRANZAS DO ENTROIDO

20110308161031-escanear0001-3-4.jpg

Pasaron xa anos, sería alá polo ano 92-93 aproximadamente. Este bispo era o menda lerenda cos meus titorandos, alumn@s de 8º de EXB no desfile escolar pola Guarda. Representabamos unha voda, con noivos, padriños, invitados...

Moito tempo pasou e teño un bo recordo! Pero a vida segue...

No hay comentarios. Comentar. Más...

ANABAM: PROXECTO LAURUS (II) 2011

20110308103045-gaivotas.jpg

 

A pasado 1 de marzo, ANABAM deu comezo á segunda tempada de censos de niños e polos de gaivota na Guarda, un traballo que se prolongará ata mediados de setembro, cando a totalidade dos polos xa abandonaron, aínda que sexa temporalmente, os seus niños. E dicimos temporalmente, porque segundo as nosas observacións realizadas nestes meses, algúns deles continuarán regresando aos seus lugares de nacemento nos seguintes meses, moi probablemente ata que os seus proxenitores, moitos dos cuales seguen acudindo aos mesmos edificios onde aniñaron, volvan facelo.

COLABORACIÓN

 

     Ao igual que o pasado ano, ANABAM pide a colaboración das persoas que dende as súas vivendas podan observar os niños das gaivotas, informándonos dos mesmos. Tódolos datos que nos poidan aportar serán sempre de grande interese. Estes datos poden ser: data de cando empezaron a facer o niño; en que edificios se sitúa o niño; cantos ovos hai; cantos polos naceros; data de nacemento dos polos; etc.

 

     As persoas que desexen colaborar poden entregar estes datos en ANABAM ou ben informándonos a través do correo electrónico anabam.anabam@terra.es ou telefonicamente: 986 627 255; 986 611 799 ou  616 180 557.

 

ANABAM PIDE A COLABORACIÓN DOS PROPIETARIOS E PERSOAS QUE SUBAN AOS TELLADOS PARA ELIMINAR OS NIÑOS DAS GAIVOTAS

 

     ANABAM agradece aos propietarios, albañiles, etc, que cando suban aos tellados para eliminar os niños das gaivotas, estes os metan nunha caixa e llo entreguen á citada asociación co fin de tomar datos dos mesmos para o estudio que está a realizar. Se non é posible entregar os niños, tamén se agradece comunicación dos mesmos co mesmo obxectivo: coñecer o número de ovos que había e a ubicación dos niños.

 

FONTE: ANABAM

No hay comentarios. Comentar. Más...

O PRÓXIMO CURSO O PROXECTO ABALAR CHEGA A 2º DA ESO

20110309131417-abalar-portatil-0c100.jpg

Portátil do alumnado do Proxecto Abalar / Imaxe: codigocero.com

Máis de 31.500 alumnos galegos beneficiaranse o vindeiro curso 2011-2012 dun renovado Proxecto Abalar, que duplicará as aulas, ao entrar por primeira vez en centros novos e estender a súa área de actuación a 6º de primaria e 2º da ESO, manténdoa en 5º e 1º.

Deste xeito, as alumnas e alumnos dos centros Abalar aproveitaranse da estratexia de integracións das novas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) no sistema educativo de Galicia. En datas próximas a Consellería sacará a concurso público a subministración do equipamento informático necesario, especificando as características técnicas requiridas para os novos ultraportatiles que se sumarán aos existentes, ata completar a cifra de 31.500.

FONTE: Conselleria de Educación e O. U.

No hay comentarios. Comentar. Más...

AFORRO ENERXÉTICO

20110308121257-eco-domestica2-1.jpg

O prezo da tarifa eléctrica subíu un 10% con respecto ao 2010 e non será a última vez que aumente. Os consumidores poden reducir a súa factura cuns cantos consellos para gastaren menos enerxía. O peto agradecerao, e tamén o medio natural.

En primeiro lugar, débese asumir unha máxima que parece moi obvia pero que non o é: o xeito máis (eco)lóxico de aforrar enerxía é non consumila ou, polo menos, facelo de maneira sensata. Non é estraño ver cuartos coas luces acesas sen ninguén dentro, ou estar en camiseta no inverno ou con xersei no verán polo uso esaxerado da calefacción e do aire acondicionado.

Os electrodomésticos producen o maior gasto nos fogares españois: poden supor ata o 65% da factura eléctrica. Agora ben, non todos gastan igual. Os frigoríficos e conxeladores requiren case o 19% da electricidade consumida, segundo o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE). Por iso, é recomendable ter un do tamaño apropiado, e coas etiquetas de eficiencia enerxética máis aforradoras, as de tipo A ou superior.

Se un consumidor substitúe un frigorífico de clase C por outra etiquetaxe como A+, o aforro estimado na nova factura eléctrica será de 3,72 euros ao mes (44,64 euros ao ano). No caso dunha lavadora será de dous euros, dun lavalouza de 2,42 euros, e dunha secadora de 4,61 euros.

 Os electrodomésticos máis eficientes son máis caros, pero son un investimento que se amortiza en menos de catro anos. Despois da súa vida media (dez anos), acádase un aforro dun 74,7% do consumo eléctrico total con respecto ao consumo dun electrodoméstico non eficiente.

Chupópteros de enerxía

  • Televisor: Tras o frigorífico, o televisor é o electrodoméstico que máis enerxía consume. Os televisores planos, que cada ano se usan máis, son uns grandes "vampiros enerxéticos": en modo "stand by" "chupan" enerxía as 24 horas do día, aínda que estean apagados, e isto equivale ata o 15% do seu gasto en funcionamento. Por iso, ao igual que para o resto de pequenos e de grandes aparellos electrónicos, cun uso que se triplicou nos fogares nas últimas tres décadas, os consumidores deben seguir os mesmos consellos: elixir os máis eficientes, evitar o stand by ou apagalos se non se van usar.
  • Ordenador: No tocante aos ordenadores, pódese facer un uso máis ecolóxico deles: apagar o monitor se non se vai usar en máis de 20 minutos e todo o PC se é que non se vai empregar máis de dúas horas. As novas tecnoloxías poden axudar a gastar menos electricidade, como os contadores intelixentes, que informan polo miúdo do consumo eléctrico en tempo real.
  • Lavadora: A lavadora é o seguinte na listaxe dos que máis consumen. Entre o 80% e o 90% da electricidade destínana a quentar a auga. Amais de utilizar os modelos máis eficiente, é mellor recorrer aos programas en frío ou de menor temperatura posible, que adoitan ser os máis apropiados para a maioría das coadas. Outros consellos importantes son aproveitar ao máximo a súa capacidade ou, cando menos, usar programas de media carga, centrifugar e secar a roupa ao sol para evitar a secadora, usar descalcificantes e manter limpo o filtro. En caso de ter unha secadora, que sexa tamén das máis eficientes, utilizala só cando non quede outro remedio, aproveitar ao máximo a súa capacidade e cos programas máis axeitados.
  • Lavalouza: O lavalouza é outro electrodoméstico cada vez máis habitual nos fogares españois: unha cuarta parte dispón dun. Aínda que require o 2% do gasto eléctrico, é máis económico que lavar os pratos a man con auga quente, sempre que se sigan os mesmos consellos ca coas lavadoras.
  • Cociña: O cociñado de alimentos tamén leva unha boa parte da enerxía, a xeito de electricidade ou de gas natural (11%). Para reducir o seu consumo, pódese cociñar con recipientes que teñan o fondo maior ca o lume, tapar as potas, utilizar fornos de clase A e abrir a súa porta o xusto preciso, usar a pota exprés, de se usaren placas eléctricas, desconectalas uns minutos antes da cocción, e se a cociña é a gas, reducir o lume ao ferver o alimento.
  •  Pequenos electrodomésticos: Producen calor (o ferro de pasar, a torradora ou o secador do pelo) dan lugar a consumos importantes. Convén reducir no posible o seu uso e aproveitalos ao máximo. No tocante a aparellos como abrelatas, espremedores ou teléfonos, pódense utilizar os manuais sen electricidade para lograr a mesma función. Así e todo, algúns destes aparellos son recomendables. Un microondas aforra tempo e entre un 60% e 70% de enerxía fronte a un forno convencional. E unha maquiniña eléctrica é mellor ca as de usar e guindar no que atinxe ao uso de auga quente e residuos.

Como consumidores podemos  asumir estes consellos para reducir a nosa factura eléctrica e concienciarnos do grave impacto ambiental que ten o gasto de enerxía.

Fagamos un usos responsable!

FONTE: Revista EROSKY CONSUMER

No hay comentarios. Comentar. Más...

TERREMOTO EN XAPÓN

20110311100924-localizador-terremoto-japon.jpg

O epicentro do terremoto situouse ao noroeste de Tokio/ Imaxe: US GEOLOGICAL SURVEY

Un terremoto de 8,9 graos na escala aberta de Richter sacudíu a costa noroeste de Xapón, provocando numerosos feridos e ao menos 300 mortos (cifras que irán en aumento nas próximas horas), e unha alerta de tsunami. Según as autoridades sismolóxicas xaponesas, este tremor é o peor nos últimos 140 anos.

O forte sismo provocou un tsunami con ondas de entre sete e dez metros en varias zonas da costa do país. O tsunami arrasou con todo ao seu paso, incluídas casas, automóbiles e edificios.

Xapón está preparado para este tipo de sismos, polo que a incidencia, aínda que moi importante, non é a mesma que se sucedese noutra parte do mundo, tal como aconteceu en paises sudamericanos.

Pero, como se produce un terremoto? E un tsunami? Se queres atopar a contestación a estas preguntas pincha AQUÍ.

No hay comentarios. Comentar. Más...

CONTO: PESCADORES DE AUGA DOCE

20110308154240-20080817083913-pescador.gif

Pescador de río / Imaxe:recuerdosdelavida.blogia.com

Cando as empresas eléctricas chegaron a Galicia para facer as súas obras e explotacións hidráulicas e térmicas, empregaron a traballar moitos obreiros galegos pero tamén nomearon tamén algún carguiño da terra, en traballos máis técnicos, de responsabilidade e remunerados. Aquela xente xa traía outro xeito de gozar das cousas máis ostentosa e elitista. Chamábanlle calidade de vida por aquel entón...

Cando se fixo a Central do Bibey en Manzaneda (Ourense), un home da bisbarra de oficio administrativo xa se fixera cun posto na compañía. Pero tiña ganas de ascender nos postos da empresa.

Certo día chamou dende o despacho á súa dona para dicirlle:

- Meu corazonciño, o xefe encargoume que o acompañe a pescar ao Lago de Sanabria -que se atopa na provincia de zamora- con outros altos cargos que veñen de Madrid. Imos por unha semana e esta sera unha moi boa oportunidade para conseguir esa promoción que tanto nos vai axudar.

Prepárame a equipaxe cariño: roupa para sete días, o traxe que levei na voda, e tamén a cana de pescar e unha bolsa de anzois. Cando saia de traballar paso a recollelo e marchamos no meu coche.

¡Ah! E por favor, non te esquezas de meter tamén ese pixama de seda azul que me compraches de regalo...

A muller cavilou e cavilou que aquilo soaba un pouco estraño. Un traxe caro e mais un pixama de luxo para unha excursión de pesca na natureza non lle cadraba moito. Pero, como boa esposa, fixo o que o marido pedira.

Unha semana despois voltou o home, cansado, pero moi contento. A dona deulle a benvida e deseguida preguntou cun sorriso:

- E logo, pescastes moito?

- Moito, abofé -dixo el. Non deixamos nin unha troita para mostra, aínda que non trouxen ningunha e preferín regalárllelas aos meus compañeiros. Pero, por que non me metiches nin o traxe nin o pixama de seda azul como che pedín?

- Si que os metín -dixo ela. Púxenos na mesma caixa ca os trebellos da pesca...

Ensinanza: intelixencia feminina. Cando el foi a Sanabria, xa ela voltara sete veces.

FONTE : Almanaque Agrícola ZZ Ano LXV

No hay comentarios. Comentar. Más...

E AGORA RISCO NUCLEAR

20110313130741-central-fukushima2.jpg

Central de Fukushima / Imaxe: elpais.com

Se fora puco cun terremoto e un tsunami en Xapón, agora chega unha alerta nuclear, e esperemos que só se quede neso pois todo indica que a cousa pinta mal, pois o goberno xaponés advertíu de que existe o risco de que produza unha nova explosión similar á de onte na planta nuclear, que de feito xa se producíu, e non descarta que se iniciara un proceso de fusión do núcleo nos reactores 1 e 3.

Pero cal é a causa desa alerta?

O terremoto cortou o suministro á central de Fukushima I (Fukushima Daiichi), a 240 quilómetros de Tokio. As  bombas que suministran auga para refixeral deixan de funcionar. A auga ao deterse nas tuberías evapórase, provocando un aumento de presión e estoupa. Sen refrixeración o nucleo do reactor pode comenzar o proceso de fusión.

Para complicar máis o panorama, a segunda central de Xapón, a planta de Tokai (en Onagawa), a 120 quilómetros de Tokio, tamén esta con problemas de arrefriamento no reactor.

Para coñecer mellor a relación teremoto, tsunami e alerta nuclear de Xapón, pincha AQUÍ neste gráfico interactivo.

Para saber máis sobre a ENERXÍA NUCLEAR pincha AQUÍ e verás unha infografía aclaradora.

No hay comentarios. Comentar. Más...

ENCELADO

20110309110139-luna-saturno.jpg

Imaxe do satélite Encélado tomada pola nave Cassini: NASA/ESA

Encelado é unha das lúas do planeta Saturno. Unha  investigación, que se publica no Journal of Geophysical Research  afirma que a zona sur deste satélite emite tanta calor como 20 centrais eléctricas.

A zona Sur de Encédalo é unha área xeoloxicamente activa, e dita actividade céntrase en catro grandes fisuras lineais de 130 quilómetros de longo cada unha e un par de quilómetros de ancho. Son as chamadas as raias do tigre e por elas emerxen constantemente chorros de partículas de xeo e vapor de agua a temperaturas elevadas debido á calor interna de Encédalo.

Esta actividade coñécese dende 2005. Agora, ls investigadores de Cassini, nave espacial da NASA e a Axencia Europea do Espazo (ESA) que está observando o planeta dos aneis e o  seu entorno, mediron a enerxía calórica na zona polar sur de Encélado: 15,8 xigavatios, o que equivale a unhas 20 centrais eléctricas de carbón. Esto significa máis dunha orde de magnitude superior ao que ata agora tiñan calculado os científicos.

"El mecanismo capaz de producir la alta energía interna observada es un misterio y un reto para los modelos actuales de producción calórica prolongada", afirma Carly Howett, líder de la investigación, que se publica en el Journal of Geophysical research. Un estudio previo, de 2007, había planteado que el calor interno de Encédalo podría generarse por las fuerzas de marea provocadas por la resonancia orbital entre esta luna y otra, Dione, pero no sería superior a 1,1 gigavatios. El calor de la radiactividad natural del interior de Encédalo podría aportar 0,3 gigavatios más, informa en un comunicado el Jet Populsion Laboratory (JPL), responsable de la misión Cassini.

No hay comentarios. Comentar. Más...

REFLEXIÓN SOBRE A ENERXÍA NUCLEAR

20110315193430-simbolo-radioactive.jpg

 

Onte recibín un correo dun compañeiro no que me remitía un artigo, descoñecido por min, datado  no día 27 de xaneiro de 2010, mércores. A autoría é do columnista  Miguel Anxo Murado (Lugo, 1965), e foi publicado no xornal La Voz de Galicia, na sección de Opinión: Escrito en cafeterías.

Despois de lelo, e tendo en conta que foi escrito hai máis dun ano, coa temática que nestes momentos está en boca de todos, penso que debo de compartilo para que todos fagamos unha reflexión.

Ou debate sereno sobre a enerxía nuclear

Unha central nuclear é unha bomba atómica vixiada polo empregado dunha eléctrica para que non estoupe. Non é tan perigosa como a xente pensa pero, como pasa con todo, tampouco é tan segura como din vos que lle tiran beneficio. Prometer, en concreto, que é totalmente segura é mentir. Ou máis que se pode dicir é que é relativamente segura. Accidéntesvos son raros, porque por definición todos vos accidentes ou son. Pero, se ocorre un, ou dano é dun tipo moi especial: a radioactividade non só fere e mata non presente, senón que a través dous nosos xenes segue perseguindo á nosa familia durante xeracións, e non lugar do accidente ningunha forma de vida estará completamente san durante centos, quizais miles de anos.

Un cemiterio nuclear é outra cousa. Por dicilo así, é un accidente nuclear que xa sucedeu, pero que está acoutado nun espazo subvencionado. Unha vez decidido ou emprazamento, quedará aí por centos, milleiros de anos. Aquí a estatística é problemática. Ninguén pode garantir que durante tanto tempo non sucederá nada. En realidade, é ou contrario: nun período tan dilatado, as matemáticas advirten que antes ou despois darase un imprevisto. A cuestión é só cando. Sendo optimistas, podemos imaxinar que será dentro de tantas xeracións que afecte a persoas tan afastadas de nós que, aínda sendo vos nosos descendentes,  non impórtennos nada. Ou podemos fantasiar con que ou mundo acabará antes, ou que nos liberaría de toda culpa. Ou pode que ou accidente ocorra axiña, co que quizais non haberá descendentes. Cada quen pode escoller a opción que lle faga sentir mellor.

Din que hai que abrir un «debate sereno sobre a enerxía». É dicir: unha campaña para convencernos. Pero fíxese un pouco e verá ou truco. Se ou perigo non fose inmenso non apelaríase á solidariedade para albergar estas instalacións, nin tentaríase con millóns de euros aos alcaldes, nin vos partidos terían un dobre discurso. Se fose certo que as centrais desenvolven a economía do lugar, non estarían agora Ascó e Yebra, que posúen centrais, pedindo ou cemiterio nuclear precisamente porque teñen paro e débedas. É por todo isto, en fin, que ou «debate sereno sobre a enerxía» ábrese agora, cando xa pasaron algúns anos do último accidente grave e aínda non se produciu ou seguinte. Se se quere promover a enerxía nuclear, hai que aproveitar lestes parénteses. Nunca se sabe ou que poden durar.

No hay comentarios. Comentar. Más...

IV CONCURSO FOTOGRÁFICO A21

20110316081528-1.jpg

Axenda 21 do IES "A Sangriña" convoca por cuarto ano consecutivo o concurso de fotografía que nesta ocasión ten por tema: A COSTA DE A GUARDA, coas seguintes BASES:

PARTICIPANTES: profesorado, alumnado, pais e nais, persoal non docente e persoas alleas ó Centro que queiran participar.

OBXECTIVOS: Fomentar o respecto polo entorno e a conservación do medio natural. Denunciar as situacións de dano no medio natural e colaborar no cambio de mentalidade da sociedade e na súa actuación na natureza.

TEMÁTICA: A costa d´A Guarda

PRESENTACIÓN: Os traballos serán orixinais, en formato 20x25. Tamén seentregará un CD cos traballos en formato dixital a efectos de facer un álbum fotográfico.

Cada fotografía irá acompañanda dun título e dun pequeno texto onde o autor explique a idea que plasma na fotografía. Entregarase nun sobre, e acomañandoa doutro pechado que conteña o nome, apelidos e teléfono de contacto do autor.

Á entrega, que se fará na secretaría do centro, numerarase a

fotografía e o sobre pechado,para manter a identificada a foto e o anonimato do autor.

O número máximo de fotografías por persoa será de 3.

EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS: Dende o 16 de maio ao 3 de xuño permanecerán expostas no vestíbulo do centro. A Resolución dos premios fárase por votación de tódolos membros da comunidade educativa nunha urna, en horarios que se farán públicos,e que terán lugar o día 1 de xuño de 2011 (cada persoa votará por dúas fotografías).

Entre os votantes sortearase un pendrive.

: Existe unha única categoría. Entregaránse 3 premios:

1º clasificado: Diploma e cámara dixital.

2º clasificado: Diploma e marco dixital.

3º clasificado: Diploma e mp4

A participación no presente concurso leva consigo a aceptación destas bases. As fotografías pasarán a ser propiedade da A21 do IES A Sangriña d´AGuarda, podendo ser utilizadas en calquera campaña da A21 tanto a nivel escolar coma supraescolar

No hay comentarios. Comentar. Más...

O ANTES E O DESPOIS DO TERREMOTO

20110317135149-antes-despues-japon2.jpg

Xapón antes e despois / Imaxe:noticias.com.ve

Todos somos conscientes de que o terremoto e o posterior Tsunami que  azotou Xapón tivo unha forza descomunal, pero a mellor forma de  percibir esa enerxía liberada é vendo o antes e o despois de diferentes lugares dese país.

Se o queres comprobar pincha AQUÍ. A verdade é sobrecolledor e danos unha idea da magnitude da catástrofe sufrida.

No hay comentarios. Comentar. Más...

AURORA

20110313200112-20110311elpepuint-35.jpg

Aurora / Imaxe: Bob Hallinen (AP)

Esta imaxe fantástica dunha aurora boreal que ilumina o ceo por riba da Takotna (Alaska), prodúcese cando unha exección de masa solar choca co polo norte da magnetosfera terrestre, producindo unha luz difusa pero predominante proxectada na ionosfera (ou termoesfera) terrestre, composta de partículas protónicas que difunden a cor.

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

PRIMAVERA

20110317191359-vacaciones-primavera2.jpg

Primavera / Imaxe: nuestrouniversovivo.blogspot.com

Hoxe luns, 21 de marzo de 2011, ás 00:21, hora oficial peninsular, comenzou a primavera no noso hemisferio. Esta estación durará 92 días e 18 horas, ata que o 21 de xuño chegue o esperado verán.

Lembrar que o domingo día 27, terá lugar o cambio de hora, adiantando os reloxos 1 hora, recuperando así o horario de verán.

No hay comentarios. Comentar. Más...

DÍA MUNDIAL DA AUGA

20110321115418-logohome-es.gif

Día Mundial da Auga / Imaxe:www.unwater.org

Hoxe celébrase o DÍA MUNDIAL DA AUGA, que lembra cada 22 de marzo e desde 1993, a instancias de Naciones Unidas (ONU), a escasez deste valioso elemento: máis de 1.100 millóns de persoas non teñen acceso á auga potable e 2.600 millóns non dispoñen de sistemas de saneamento adecuados. O problema é máis chamativo ao comparar países: un africano consume casi 400 litros de auga ao mes, o mesmo que un estadounidense ao día.

Na presente edición de 2011, o lema elexido é "Auga para as cidades: respondendo ó desafío urbano". Os seus impulsores queren chamar a atención sobre o impacto do rápido crecemento da poboación urbana no abastecemento de auga. Celébranse en todos os países actividades concretas, tratando de pór en práctica as recomendacións da Axenda 21. No noso caso a actividade será co alumnado de 1º ESO, o poróximo venres 25, cunha visita á EDAR do noso concello.

Fagamos un uso responsable da auga!

No hay comentarios. Comentar. Más...

ACONTECEU: TSUNAMI DE LISBOA

20110321121821-1300490608-1.jpg

Recreación artística do tsunami de Lisboa de 1755 / Getty Images

Cando se fala de tsunamis, parécenos que é algo que sucede moi lonxe de nós. A verdade é que non é frecuente, gracias a Deus, pero a historia dinos que de vez en cando acontecen.

Na  Península Ibérica , concretamente en Lisboa (Portugal), o 1 de novembro de 1755, un terremoto no Atlántico xerou un tsunami que chegou aos cinco metros na capital portuguesa. As ondas e os incendios leváronse por diante a maior parte do vello casco urbano. A cidade baixa, A Baixa lisboeta, foi reconstruída no seu actual trazado de estilo racionalista do século XVIII polo marqués de Pombal. Pénsase que morreron 15.000 persoas.

No noso país, España, tamén houbo 2.000 mortos nas costas de Huelva e Cádiz. A capital gaditana víuse asaltada por ondas de 15 metros que saltaron as murallas e entraron e saíron tres veces da urbe. Na fronteiriza Ayamonte, os mortos contáronse en 1.000. Hoxe en día, cando se excava naquel litoral para calquera obra, aparecen depósitos mariños a un quilómetro da costa. A xeografía da área, cun litoral chairo e sen apenas altura, permitíu ás ondas penetrar máis lonxe terra adentro.

O terremoto de 1755 sentíuse en toda España. O rei Fernando VI ordeou un reconto de danos por todo o territorio, que resultou abrumador. En realidade, os efectos siguen presentes hoxe en día. Moitos edificios, sobre todo no oeste peninsular, víronse afectados. A catedral de Baeza (Xaén), sufríu gravísimos desperfectos. Resultaron danados os tellados das catedrais de Salamanca e de Segovia. A Xiralda e a Torre do Ouro sufriron roturas nos seus capiteis e remates. A catedral de Plasencia (Cáceres), perdeu aquel día as súas vidreiras de cores. Hoxe, esa xoia do gótico tardío luce vulgares vidros claros sen que moitos sepan o motivo. E moi preto desa cidade cacereña atópase Coria, onde o terremoto de Lisboa causou un efecto extraordinario: o río Alagón moveuse do seu curso habitual. Hoxe, segue en pé a vella ponte, que sobrevoa un cauce que leva seco tres séculos.

Non existían entón os sismógrafos, pero os científicos estiman que o terremoto que o provocou tivo unha magnitude de entre 7,3 a 8,5 graos e foi o máis potente da historia española. O seu epicentro estivo no mar, ao suroeste do Cabo San Vicente. Esa é unha zona do Atlántico que se coñece como o banco de Gorringe, que ten unha forte actividade sísmica, pois alí contactan a placa africana e a euroasiática, mediante un roce lateral.

En realidade, non valoramos que España é unha zona exposta a terremotos: O Mediterráneo é unha área sísmica de importancia, porque é unha zona de contacto entre a placa africana e a europea.

Fonte: El Mundo

No hay comentarios. Comentar. Más...

CINE: GNOMEO E XULIETA

20110210162107-gnomeo-y-julieta-7704.jpg
Hoxe estréase a pelícual de animación "Gnomeo e Xulitea", unha novedosa adaptación da obra de William Shakespeare: "Romeo e Xulieta". O curioso desta cinta é que os tormentosos namorados serán gnomos e non persoas humanas. Tampouco pertencerán a familias rivais, senón a xardíns inimigos.
 
Título orixinal: Gnomeo & Juliet
País: USA
Estreo en USA: 11/02/2011
Estreo en España: 25/03/2011
Productora: Touchstone Pictures
Director: Kelly Asbury
Guión: Rob Sprackling, John R. Smith, Kevin Cecil, Andy Riley & Mark Burton
 
Que disfrutedes!

No hay comentarios. Comentar. Más...

CAMBIO DE HORA

20110326114254-20101027094846-1224839795-0.gif

Os reloxos deberán adiantarse unha hora na madrugada de hoxe sábado 26 de marzo ao domingo 27, cando ás 02:00 serán as 03:00, iniciándose así o chamado horario de verán, en cumprimiento da directiva comunitaria que rixe o cambio de hora e que afecta a todos os países membros da Unión Europea e que se manterá ata o último domingo de outubro, día 30.

Este cambio de hora suporá en España un aforro medio en iluminación dos fogares de 6 euros (90 millóns de euros), según estimacións do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), que apunta que o aforro total pode chegar a representar un 5% do consumo eléctrico en iluminación, equivalente a uns 300 millóns de euros. Os 210 millóns restantes corresponderían ós edificios do sector terciario e a industria.

No hay comentarios. Comentar. Más...

OROGRAFÍA LUNAR

20110326160320-screen-shot-2011-03-23-at-10.34.59-am.png

O satélite Lunar Reconnaissance Orbiter (LRO) da NASA, que leva dende o 2009 proxectando raios láser sobre a Lúa para medir a súa orografía, permitiron ter un primeiro mapa en detalle do noso satélite. Foron en total 3.000 millóns de lecturas  e revelaron que a paisaxe é máis accidentada do que se pensaba.

Como curiosidades, o punto máis alto (na parte central da fotografía) con 10.790m, case 2 quilómetros máis que o Everest, e a punto máis baixo (na parte central inferior) a -9.130m (o punto máis profundo na Terra é o abismo Challenger con -10.971m). A distancia entre o punto máis alto e máis baixo é de 19.920 m, mentre que na Terra é de 19.823 m.

FONTE: National Geographic. Abril 2011

No hay comentarios. Comentar. Más...

ATLAS CLIMÁTICO IBÉRICO

20110327115016-atlas-iberico-g1.jpg

Coincidindo coa celebración do Día Meteorolóxico Mundial, o pasado día 23, baixo o lema “O clima e ti”, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) e o Instituto de Meteoroloxía Portugués (IM) presentaron o primeiro Atlas Climático Ibérico.

Da información do atlas soubemos que a temperatura media subíu en España 0,68ºC nos últimos 50 anos. Sen embargo, o promedio de precipitacións non aumentou significativamente , estando estabilizado en 648 milímetros ao ano de media para toda a superficie española.

FONTE: AEMET

No hay comentarios. Comentar. Más...

HUMOR: INMERSIÓN LINGÜÍSTICA

20110327122152-2011-04-03-vin-2011-03-27-23-34-31-huquesada.jpg

Viñeta de Quesada no xornal Faro de Vigo do domingo, 27/02/2011.

No hay comentarios. Comentar. Más...

INTEGRAL

20110328122018-estrella-agujero-negro.jpg

Ilustración do sistema Cygnus X-I formado por un astro masivo e un buraco negro que está roubándole materia en forma de gas / ESA

Non me estou a referir a un termo matemático senón a un observatorio orbital da Axencia Espacial Europea (ESA): International Gamma Ray Astrophysics Laboratory (INTEGRAL). A noticia está en que o citado observatorio captou materia un milisegundo antes de entar nun buraco negro, medido a polarización da luz emitida.

Cygnus X-1, é un sistema binario situado a uns 6.000 anos luz da Terra, na Constelación do Cisne, e está formado por unha estrela masiva e un buraco negro compañeiro que está arrancando e atraendo cara el a materia gasosa do astro, e emitindo en raios X.

Co Integral, que está deseñado para ver os raios gamma e os raios X, conseguíuse ver que os campos magnéticos que alí se atopan están fortemente estructurados, formando un túnel de escape polo que algunhas partículas fuxen no último instante da atracción definitiva do buraco negro e forman chorros de materia cara ao espazo, seguindo traxectorias espirais que seguen os campos magnéticos e iso afecta á súa polarización, cun patrón característico.

FONTE: El País

No hay comentarios. Comentar. Más...

MORCEGOS

20110330114406-murcielago-bumblebee2.jpg

Morcego / Imaxe:jamesnava.com

Este ano celébrase o Ano Internacional dos Morcegos, auspiciado polas Nacións Unidas para o Medio Ambiente (UNEP), a Convención sobre a conservación das especies migratorias de animais silvestres (CMS) e o Secretariado do Acordo para a conservación das pobloacións de morcegos europeas (EUROBATS).

Con esta iniciativa preténdese concienciar á sociedade sobre a importancia dos morcegos nos ecosistemas terrestres e os seus beneficios a prol da agricultura, eliminando enormes cantidades de insectos prexudiciais para as colleitas

Os morcegos ou quirópteros constitúen un dos grupos de mamíferos con maior número de representantes no noso planeta. Cerca de mil especies de morcegos colonizaron illas e desertos, selvas e cidades, campos e montañas. Excepto nasnlas rexións polares e unhas cantas illas oceánicas, hai morcegos en todo o mundo. Eso si, este mamífero voador sempre estivo rodeado de misterio.

Coñezamos un chisco mellor este enigmático animal: o morcego.

No hay comentarios. Comentar. Más...