Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Octubre de 2011.

O CEO DO MES: OUTUBRO 2011

20110930175233-252451797104bc24c8c2zp8.jpg

 Protagonistas deste mes: follas cíadas, castañas e cogomelos/ Imaxe:abretelibro.com

4 de outubro: Cuarto Crecente.

11 de outubro: Lúa Chea.

20 de outubro: Cuarto Minguante.

26 de outubro: Lúa Nova.

30 de outubro: Cambio de hora.

Chuvia de setrelas: Delta-Aurigidas, actividade dende o 10 ao 12 de outubro, con máximo o día 12. Dracónidas, actividade dende o 6 ao 10 de outubro, con máximo o  día 8. Epsilon-Gemínidas, actividade dende o 14 ao 27 de outubro, con máximo o día 18. Oriónidas, actividade dende o 2 de outubro ao 7 de novembro, con máximo o 21 de outubro. Leo Minóridas, actividade dende el 19 ao 27 de outubro, con máximo o día 24.


No hay comentarios. Comentar. Más...

RECICLADO DOS ARTIGOS DO FOGAR

A maioría dos artigos que se usan no fogar poden reciclarse.

Na práctica diaria de eliminar lixo, máis o menos todo o mundo ten claro o proceso da reciclaxe: plásticos, vido, papel,... Pero e o resto de artigos de fogar? Estou pensando nunha lavadora, dunha tixola...

Nesta infografía tes a contestación. Practica a reciclaxe!

No hay comentarios. Comentar. Más...

A "FOLLA" ARTIFICIAL

20110930202302-1317322280-0.jpg

A "folla" artificial creada no MIT /  Sun Catalytix

A tecnoloxía logrou imitar fielmente o proceso máis prodixioso da natureza, ou eso parece... Seis meses despois do anuncio que deu a volta ao mundo, o químico Daniel Nocera, do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT), presentou á comunidade científica a "folla artificial" que consegue reproducir a fotosíntese.

A "folla", do tamaño dun naipe, está fabricada de silicio, níquel, cobalto e outros catalizadores. Depositada nun cubo de auga, a "folla" reacciona químicamente ante a luz solar e produce burbullas separadas de osíxeno e de hidróxeno. As dúas correntes poden ser recolectadas e almacenadas en pilas de combustible, listas para proporcionar electricidade.

O último número da revista Science publica o estudo no que se detallan tódalas características do invento que aspira a revolucionar a tecnoloxía solar.

A idea de dispoñer dunha fonte barata de enerxía renovable está xa quí!

No hay comentarios. Comentar. Más...

NOBEL DE MEDICINA E FISIOLOXÍA 2011

20111003194321-nobel-medicina-2011.jpg

 Bruce Beutler, Jules Hoffmann e Ralph Steinman, científicos galardoados co Nobel de Medicina e Fisioloxía 2011 / AFP

 

O estadounidense Bruce Beutler, o francés Jules Hoffmann e o canadiense Ralph Steinman foron distinguidos polo Instituto Karolinska de Estocolmo co Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina 2011. Os tres científicos foron galardoados por desentrañar os segredos máis importantes do funcionamiento do sistema inmunolóxico, o que permitíu o desenvolvemento de vacinas contra enfermidades infecciosas ou abrir novas vías na loita contra o cancro.

Beutler naceu en 1957 en Chicago (EE UU) e traballa no Scripps Research Institute en California.

Hoffmann, nacido en Luxemburgo en 1941, de nacionalidad francesa, é investigador do Centro Nacional de Investigación Científica (CNRS).

Steinman (1943, Montreal) era profesor na Universidade Rockefeller de Nueva York. Faleceu hai tres días dun cancro de páncreas.

O Premio Nobel, dende 1974, non se pode dar a título póstumo, segundo os estatutos da Fundación Nobel, a non ser que o falecemento se producise despois do anuncio do galardón, polo que a Fundación Nobel ten agora que aclarar a situación de Steinman.

No hay comentarios. Comentar. Más...

NOBEL DE FÍSICA 2011

20111004162210-nobel-fisica-2011.jpg

Saul Permutter, Adam Riess e Brian P. Schmidt, os ganadores do Nobel de Física / AP/Efe

A Real Academia de Ciencias de Suecia concedeu o Premio Nobel de Física de 2011 a tres astrónomos: Saul Perlmutter, Brian Schmidt e Adam G. Riess,  polos "seus descubrimimentos sobre a aceleración da expansión do Universo a través das súas observacións de supernovas moi distantes". 

 Perlmutter , nacido en 1959 (EE UU) é un astrofísico do Laboratorio Nacional Lawrence Berkeley e profesor de física na Universidade de California, Berkeley. 

Schmidt, naceu en 1967 (EE UU). Traballa como astrofísico no observatorio Mount Stromlo da Universidade Nacional de Australia, centrado na investigación de supernovas.

Riess, nacido en 1969 (EE UU), que pertence á Johns Hopkins University, en Baltimore, en investigacións sobre a materia escura.

 


No hay comentarios. Comentar. Más...

CARTOS AO COLCHÓN

20111004163518-2011-10-11-vin-2011-10-04-22-11-2.jpg

 

As cousas están cada día peor na economía do noso país, ou eso parece polas información dos xornais. É moita xenta a que á vista do que sucede coas caixas, pensa en quitar os cartos e levalos para o "colchón",  é dicir para a casa e escondelos alí, xa que non se fían e pensan que calquera día temos outro "corralito" como o de Arxentina de hai anos. E non é para menos, pois xa en Galicia a "nosa caixa" está NACIONALIZADA, eso si cartos para os directivos que se marcharon si había, pero para os créditos da xente non. Pensamos que era unha entidade potente, ou así nolo venderon, e resultou que nada de nada.

Imos de guatemala a guatepeor!

A viñeta de Davila, do xornal Faro de Vigo, do pasado martes, trata precisamente este tema dunha forma xenial.

 

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

PREMIO NOBEL DE QUÍMICA 2011

20111006082957-shechtman2-1-.jpg

Daniel Shechtman, Premio Nobel de Química 2011 / Imaxe:espanol.rfi.fr

Real Academia Sueca de Ciencias concedeu o Premio Nobel de Química 2011 ao "pai" dos cuasicristais Daniel Shechtman, do Instituto Israelí de Tecnoloxía de Haifa.

Os cuasicristais son estructuras atómicas construídas mediante mosaicos similares aos do mundo árabe e que adornan os muros de palacios como o da Alhambra de Granada, pero que nunca se repiten a si mesmas. É decir, non seguen o patrón de construcción dos cristais convencionais que forman estructuras simétricas.

Segundo a academia sueca nun comunicado, a configuración atopada nos cuasicristais foi considerada como imposible, pero Daniel Shechtman, nacido en Tel Aviv en 1941, librou unha gran batalla contra a ciencia establecida. O seu traballo cambiou a forma na que os químicos conciben a materia sólida.

No hay comentarios. Comentar. Más...

A RA DA FACHADA DA UNIVERSIDADE DE SALAMANCA

20111002102215-1317490371-0.jpg
A famosa ra da Universidade de Salamanca / Imaxe: domuspucelae.blogspot.com

 

Seguro que algunha vez fostes a Salamanca. Entre os moitos lugares a visitar, un dos máis emblematicos desa cidade é a fachada plateresca da súa Universidade. Alí atópase, despois dunha concienzuda búsqueda nos seus elementos pétreos, unha ra, o batracio máis reconocido pousado dende hai medio milenio sobre unha caveira.

Moitas foron, ao longo dos tempos, as posibles expliacións sobre a súa simboloxía, pero agora parece que o segredo chegou a esclarecerse definitivamente. O seu autor foi Benjamín García-Hernández , catedrático de Filoloxía Latina da Universidade Autónoma de Madrid, que publicou  "El desafío de la Rana de Salamanca: cuando la rana críe pelos" . Curioso título para unha sesuda investigación chea de rigor e orixinalidade na que, por momentos, a propia ra conta ao lector en primeira persoa os avatares da súa construcción e o por que da súa importancia. 

O autor sostén no seu relato que o conxunto da ra e a caveira sobre a que repousa pretende mandar unha mensaxe iconográfica para burlar desta maneria á Inquisición e engade un detalle que axuda a comprender a historia.

O elemento antropomorfo representa ao príncipe Juan, fillo dos Reis Católicos falecido en 1497 sen cumprir os 20 anos. Por tal motivo, ao chafarderismo popular rebautizou a peza como "Juanita" e, en recordo ao doutor Parra, quen tratou infructuosamente de salvar a vida do herdeiro da coroa, denominou "Parrita" á súa eterna compañeira animal que, apostada sobre a zona do coiro cabeludo, lanza ao mundo de maneira sutil a mensaxe de que, pese a que o conxunto da fachada pretende resucitar aos notables da época, a resurrección non é posible.

 

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

NOBEL DA PAZ 2011

20111008075922-nobel-da-paz-2011.jpg

De esquerda a dereita: Ellen Johnson-Sirleaf, Leymah Gbowee e Tawakul Kerman.

 

O Premio Nobel da Paz recaeu este ano en tres mulleres: a presidenta de Liberia, Ellen Johnson-Sirleaf, a tamén liberiana Leymah Gbowee, responsable da organización Rede de Mulleres pola Paz e a Seguridade en África, e a activista iemení Tawakul Kerman.

O Comité do Nobel da Paz manifestou que as tres laureadas son recompensadas "pola loita non violenta en favor da seguridade das mulleres e dos seus dereitos a participar nos procesos de paz”.

Ellen Johnson-Sirleaf, de 72 anos, é a primeira africana que accede de forma democrática á presidencia dun país nese continente. Dende 2006 e pese a vir marcado (Liberia) por máis de 14 anos de guerra, Johnson-Sirleaf, economista de profesión, logrou dirixir o país e poñelo no bo camiño do desenvolvemento.

Leymah Gbowee, de 39 años, é unha activista coñecida por organizar a chamada "folga de sexo", o movemento pacifista que, a través de instar ás mulleres a non manter relacións sexuais, logrou poñer fin, en 2003, á segunda guerra civil que desangraba Liberia. A labor de Gbowee foi fundamental para impulsar o proceso de democratización que posibilitou a celebración de eleccións e o triunfo de Johnson-Sirleaf.

Tawakul Kerman, é unha política yemení e activista pro dereitos humanos que lidera o grupo de Mulleres Periodistas Sin Cadeas, creado en 2005. Iemen é un dos países árabes máis golpeados pola onda de cambio. O seu presidente, Ali Abdulá Saleh, mantense no poder pese ás masivas protestas e aos centos de iemeníes mortos nos choques contra as forzas de seguridade.

FONTE: Diario El País.

No hay comentarios. Comentar. Más...

ASTEROIDES PRÓXIMOS Á TERRA: NIN TANTOS NIN TAN POUCOS

20111005110047-asteroides-wise1-644x490.jpg

A gráfica recolle, por tamaño, o número de asteroides que existen segundo o censo da NASA

 

As últimas observacións da NASA co telescopio espacial de infravermellos Wise demostran que o número de asteroides "medianos" (entre cen metros e un quilómetro) cercanos á Terra é bastante inferior ao que se pensaba. De feito, nos arredores do noso planeta habería uns 19.500 (e non 35.000) corpos desas características, o que supón unha reducción do 40% sobre as estimacións anteriores. Por desgraza, os riscos dun posible impacto con algún deses corpos seguen a ser prácticamente os mesmos.

Nun artigo publicado no Astrophysical Journal, investigadores do proxecto no Jet Propulsion Laboratory, en Pasadena, afirman que, grazas ao último "varrido" do Wise, a axencia espacial conseguíu tamén localizar a preto do 90% dos asteroides de maior tamaño cerca da Terra, resultando que, tamén neste caso, hai algúns menos do que se pensaba.

O que non queda claro (precísanse máis estudos) é se a reducción na cantidade implica tamén que existan menos asteroides potencialmente perigosos para nós, sen mencionar o feito de que o Wise só estudou unha franxa do ceo e os científicos extrapolaron os resultados para chegar ao total. En realidade, a maior parte desas rochas espaciais teñen aínda que ser descubertas polos astrónomos.

De calquera xeito, a investigación ten un valor incalculable xa que os seus sorprendentes resultados proceden do censo máis preciso de asteroides cercanos de cantos se realizaron ata o momento. Por cercanos enténdese aqueles que orbitan ata uns 195 millóns de km. de distancia do Sol (a Terra faino a 150 millóns de km.).

FONTE: Xornal ABC Ciencia.

No hay comentarios. Comentar. Más...

AUGA DOS OCÉANOS PROCEDENTE DE COMETAS

20111006080314-agua-cometaria.jpg

A firma química da auga do cometa Hatley 2 é moi similar á da auga terrestre, o que indica que eses corpos puideron facer unha notable aportación aos océanos /NASA/JPL-CALTECH/R.HURT

 

A auga dos océanos debeu de chegar á Terra, procedente do espazo, varios millóns de anos despois da formación do propio planeta, porque ao principio sería un mundo tan abrasador que se evaporaría toda a auga que podera haber. Ata agora pensábase que serían fundamentalmente os asteroides que impactaran aquí os que trouxeran a auga, pero uns científicos afirman que tamén os cometas puideron facer a súa aportación. Ao menos nun, o Hartley 2, atoparon auga cunha firma química (proporción de hidróxeno e deuterio) moi similar á terrestre.

O cometa Hartley 2 pasou hai case un ano relativamente cerca da Terra (a uns 18 millóns de quilómetros), e un equipo de investigadores aproveitou para enfocalo co telescopio espacial Herschel , da Axencia Europea do Espazo (ESA) e facer unha análise da súa luz, podendo así determinar as características da auga na súa coma (a envoltura gasosa do cometa que se forma ao aproximarse ao Sol).

O deuterio é un isótopo pesado do hidróxeno, cun neutrón no seu núcleo atómico ademais do protón. Na auga terrestre a proporción de deuterio e hidróxeno é de un en 6.400 aproximadamente, e debería ser igual nos corpos do Sistema Solar que a trouxeron. Na análise do Hatley 2, descubríuse que esta proporción de deuterio e hidrógeno é de un en 6.200, o que significa un valor moi próximo ao terrestre. O achádefo foi presentado na revista Naturer .

Ningún dos cometas estudados ata agora mostraban unha firma química da auga parecida á terrestre. A cantidade de auga pesada (na que un dos dous átomos de hidróxeno é deuterio) dá pistas sobre o entorno no que se formou o cometa. O Hartley 2 procede do Cinturón de Kuiper (máis alá de Neptuno), mentras que outros cometas analizados son da moito máis afastada Nube de Oort.

FONTE: Xornal El País

No hay comentarios. Comentar. Más...

OZONO EN VENUS

20111009130222-venus-esa-644x362-1.jpg

Imaxe de Venus coa sonda Venus Express da Axencia Espacial Europea (ESA)

A sonda Venus Express, da Axencia Espacial Europea (ESA), descubríu a existencia dunha capa de ozono en Venus, o que permitirá avanzar na investigación da existencia de vida noutros planetas e entender a química deste planeta.

O descubrimento producíuse cando a sonda pudo permitir a observación de estrelas situadas xunto ao perfil do planeta e a través da atmosfera deste, según un comunicado da ESA.

O ozono pudo detectarse, segundo explicaron os expertos da axencia europea, porque absorbeu parte dos raios ultravioletas procedentes das estrelas observadas xunto ao perfil de Venus.

O ozono contén tres átomos de osixeno e, segundo os modelos informáticos aplicados, o de Venus fórmase cuando a luz do Sol rompe as moléculas de dióxido de carbono e permite a liberación de átomos de osíxeno.

O ozono detectouse con anterioridade nas atmosferas da Terra e de Marte. No noso planeta a súa importancia é fundamental para a vida, porque absorbe gran parte dos raios ultravioletas daninos do Sol. Hai que lembrar que tamén permitíu a aparición da vida no noso planeta, onde o osíxeno comenzou a formarse (e en consecuencia tamén o ozono), hai uns 2.400 millóns de anos.

FONTE: ESA / Xornal ABC

No hay comentarios. Comentar. Más...

SALVEMOS O MAR (THE END OF THE LINE)

20111010125408-the-end-of-the-line.jpg

 

Este ano o P.I. (Proxecto Interdisciplinar) do noso Centro para o alumnado de 1º de ESO será "A pesca na Guarda". Para centar o tema, proxectaremos a película "The End of the Line" / Salvemos o mar.

Imaxina un mundo sen peixes. Imaxina as túas comidas sen pescado. Imaxina as súas consecuencias globais. Este é o futuro que nos agarda a menos que paremos, pensemos neste asunto e pasemos á acción.

"The End of the Line", é a primeira gran película documental que revela o impacto da sobrepesca nos nosos océanos. Estreada no Festival de Cine de Sundance entre o 15 e o 25 de xaneiro de 2009 no World Cinema Documentary Competition en Park City, Utah.

Na película vemos de primeira man os efectos da nosa pasión mundial polo peixe, examinando a inminente extinción do atún vermello levada pola crecente demanda occidental de sushi, o impacto da enorme sobrepoboación de medusas na vida marina e as profundas consecuencias dun mundo futuro sen peixe que comportará unha certeira época de fame masiva.

Filmada por todo o mundo, dende o Estreito de Xibraltar ata as costas de Senegal e Alaska pasando polo mercado de pescado de Tokio e destacando aos máis eminentes científicos, pescadores indíxenas e autoridades polo cumprimiento da lei, ’The End of the Line’ é unha chamada de reacción ao mundo.

Aquí tedes un adianto da película co seu trailer.

FONTE:www.oceansentry.org

No hay comentarios. Comentar. Más...

CAPTAN A MAIOR ENERXÍA CÓSMICA COÑECIDA

20111008085439-1317978144-0.jpg

Nebulosa do Cangrexo, captada polo telescopio Hubble / NASA

A Nebulosa del Cangrexo, restos da explosión dunha estrela (unha supernova) que foi observada por astrónomos chinos e árabes no ano 1054, é a fonte de emanación dunha enerxía que é moito maior do que sinalan os modelos teóricos da Física. O foco enerxético, a uns 6.300 anos luz do Sol, atópase no seu centro e é un púlsar, denominado PSR0531+121, que xira sobre sí mesmo a 30 revolucións por segundo.

Este pulsar, segundo observaron os astrónomos, emite radiacións de raios gamma cunha enerxía que supera os 100.000 millóns de electrovoltios (100 GeV), un millón de veces máis que os raios X dunha radiografía médica e 100.000 millóns de veces máis que a luz. Ata agora, a máxima enerxía que se detectara non superaba 25.000 GeV, catro veces menos.

O descubrimento, realizouse observando polo radiotelescopio Veritas, situado no Observatorio Fred Lawrence Whipple, en Tucson (EE UU), en funcionamiento dende 2007, precisamente para captar altas radiacións cósmicas como esta.

FONTE: Diario El Mundo.


No hay comentarios. Comentar. Más...

NACEMENTO DUN VOLCÁN NA ILLA DE EL HIERRO

20111012085916-mapa-el-hierro.jpg

Illa de El Hierro / Imaxe:blog.ellasviajan.com

Na Restinga, na illa de El Hierro, 547 habitantes seguen atentos á evolución dun fenómeno xeológico apenas a cinco quilómetros da súa costa e a uns 1.000 metros baixo o mar. Os case 10.000 terremotos rexistrados durante os últimos tres meses en El Hierro foron o preámbulo dun novo incidente que é totalmente diferente e que se mide de maneira distinta. O terremoto do pasado sábado, e de maior magnitude, con 4,3 graos na escala Ritcher, pudo xerar a fisura pola que agora pénsase que poda estar producíndose a erupción. Os terremotos anteriores eran manifestaciones típicas da actividade da codia, sempre a merced do magma, pero o "tremor volcánico" indica un cambio de dirección no movemento e predice unha ruptura, dependendo da forza e a velocidade.

O director da Rede Sísmica Nacional, asegurou que os incidentes submarinos de El Hierro anuncian o posible "nacemento dun volcán", unha oportunidade extraordinaria para a ciencia da que non cabe mais alternativa que aprender.

De momento máxima alerta no sur de El Hierro. Os habitantes da Restinga foron evacuados a Valverde e a outros puntos da illa máis afastados da costa sen ningún incidente, tras elevarse a nivel vermello o semáforo de alerta volcánica.

FONTE: Diario El Mundo.

No hay comentarios. Comentar. Más...

XATCOBEO: NANOSATÉLITE GALEGO

20111012113809-xatcobeo.jpg

Recreación en 3D do aspecto do Xatcobeo, o primeiro satélite galego / Imaxe:anosaterra.org

 

Xatcobeo, o primeiro nanosatélite universitario español levado a cabo por cinco grupos de investigación da Universidade de Vigo, nos que máis de 60 investigadores e alumnos de Telecomunicacións, Industriais e de Enxenería Informática, en colaboración co Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA) iniciará a súa viaxe entre o 17 e o 21 de xaneiro de 2012, dende a nova plataforma de lanzamento europea VEGA, na Güiana Francesa. Xatcobeo estará en órbita un mínimo de tres meses a unha altura de entre 300 e 1.450 quilómetros de altitude. O pequeño satélite de apenas un quilogramo de peso e un volume de 10 centrímetros cúbicos foi ideado hai máis de tres anos con obxectivos educacionais, pero o seu desenvolvemento e inminente lanzamento terá tamén aplicacións prácticas. Permitirá probar unha radio-software para mellorar as comunicacións coa Terra durante o voo, medir a radiación dos aneis Van Allen e os seus efectos sobre a electrónica embarcada e validar un novo mecanismo de despregue dos paneis solares que leva acoplados para incrementar a potencia dos picosatélites destinados á investigación.

O proxecto atópase na súa última fase e esta mesma semana o dispositivo será enviado á sede en Holanda da Axencia Espacial Europea (ESA) para completar o seu proceso de integración antes do traslado definitivo a Sudamérica en novembro. Xatcobeo embarcará no voo inaugural de VEGA, no que viaxarán un satélite principal e varios microsatélites en dispensadores illados para garantir que cualquera fallo nestas cargas secundarias non prexudiquen o éxito global da misión.

Cun presuposto de 1,2 millóns de euros, o nanosatélite galego é o primeiro dunha universidade europea que se constrúe cumprindo os estándares da ESA e será probado nunha órbita nova para satélites miniaturizados a través dos aneis Van Allen, cuxa elevada radiación supuxo todo un reto técnico para os investigadores e obligou a construírlle unha coraza –que representa case o 30% da súa masa– para garantir unha duración mínima da súa electrónica de tres meses, aínda que a súa vida útil podería alongarse ata un ano. O seguimento dos datos obtidos realizarase dende Vigo e concluída a viaxe, o inxenio non se convertirá en lixo espacial porque ao entrar de novo na atmosfera desintegrarase con facilidade.

FONTE: Xornal Faro de Vigo.

No hay comentarios. Comentar. Más...

OKAPI

20111010071445-okapi-620x413.jpg

Okapi / Imaxe: National Geograhic/Jurgen & Christine Sohns/Gtres

Non se trata dun enigma, aínda que o parece, pois é un animal que ten a cabeza de xirafa, raias de cebra, corpo de cabalo e unha lingua azul tan loga que con ela pode limpar as súas orellas.

É un herbívoro africano, o Okapi (Okapia johnstoni), o parente vivo máis próximo a xirafa. Hoxe pénsase que hai 15.000 exemplares salvaxes, aínda que son difíciles de ver pois escóndense entre a penumbra das tupidas selvas do norte da República Democrática do Congo entre os ríos Uelle, Ituri e nas selvas de Aruwimi.

Mide de 1,97 a 2,15 m de longitude; a súa cola, de 30 a 42 cm; mide entre 1,50 e 1,80 m de altura á cruz e pesa de 200 a 300 kg. Os okapis son animais predominantemente solitarios que de forma ocasional viven en parella ou en pequenos grupos familiares. A esperanza de vida ronda os 30 anos.

No hay comentarios. Comentar. Más...

O LEGADO CELTA

20111016233229-el-legado-celta.jpg

 

O pasado sábado estreouse "El Legado Celta". Este traballo é unha descrición da cultura castrexa e compara os asentamentos galegos cos de Inglaterra, Irlanda e Escocia, deténdose especialmente en Stonehenge.

Do que se trata é de mostrar a evolución dos primeiros poboadores galegos a través de dólmenes, túmulos e estelas. A ascendencia celta foi determinante na cultura castrexa. Avánzase na historia a través dos castros fortificados influenciados polas migracións do sur, de pobos mediterráneos como fenicios e tartesos. Planos aéreos e mapas animados mostran o territorio que habitaron.

Mediante recreacións en 3D e postas en escea con figurantes e actores definen como era a súa vida, en que deuses crían, e a que inimigos se enfrontaban.

A época da romanización deixou mostras da arte castrexa, desvelando os rasgos máis determinantes da súa existencia. Esculturas líticas que falan de guerreiros; xoías de orfebrería que amosan o grao de refinamento ao que chegaron; e pezas de cerámica, cuxa iconografía permítennos saber dos seus usos cotiáns.
Pese á súa resistencia armada contra o imperio romano, os cástrexos foron absorbidos e romanizados como tantos outros pobos, pero a súa singularidade perdurou no tempo.

 

Aquí tedes a súa ficha técnica:

Título:El Legado Celta
Formato:16:9 HD
Xénero:Historia
Guión:José Manuel Novoa
Dirección:José Manuel Novoa
Producción:Explora Films, TVE, The History Channel Iberia
Versións:Español, Inglés

E aquí o trailer promocional.

FONTE:explorafilms.com

No hay comentarios. Comentar. Más...

CRÍA DE DINOSAURIO DOS TERÁPODOS

20111017121429-1318433637-0.jpg

Esqueleto do pequeno dinosaurio atopado en Alemania / EFE

Un equipo científico internacional anunciou o descubrimento en Alemania do dinosaurio mellor conservado de Europa, o fósil dunha cría dun ano de 72 centímetros dunha especie bípeda carnívora que vivíu hai 135 millóns de anos.

O achádego é unha "sensación científica", xa que as crías de dinosaurio son extremadamente raras e neste exemplar atopáronse restos de pel e incluso algo parecido a pelo.

Na excavación da cidade de Kelheim (Sur de Alemania) este equipo científico logrou recuperar o 98% do corpo deste dinosaurio fosilizado, cando outros achádegos paleontolóxicos considerados moi completos apenas chegan ao 80%. O dinosaurio encontrado pertence a unha especie sen nome do suborde dos terópodos (Theropoda), igual que o coñecido e temible tiranosaurio.

Os exemplares deste suborde viviron dende o Triásico superior ata o Cretéceo superior (entre hai 228 e hai 65 millóns de anos) e caracterizábanse pola súa alimentación carnívora e a súa forma bípeda de desprazamento.

Aínda que os terópodos estendéronse por tódolos continentes, ata o momento os científicos encontaron escasos restos fósiles completos da especie. Os traballos do equipo de paleontólogos durou preto de dous anos.

FONTE: Xornal El Mundo / Ciencia.

No hay comentarios. Comentar. Más...

O PLAN

20111018181237-20111018elpepivin-1-2.gif

 

A cousa está moi chunga, pero que moi... E o peor e que non se ve a solución desta situación da nosa economía, que forma parte dunha máis global. Así o amosa o xenial Forges (Antonio Fraguas de Pablo,  Madrid-1942) na súa viñeta de onte no xornal El Pais. Levan intentado moitas cousas, pero ningunha funciona tal como foi deseñada e os resultados non son os previstos. Algúns claman ao ceo, o mesmo que outros clamamos para que veña a choiva, pero eles é para que outros (e estoume refirindo aos que non están a gobernar) tomen o testigo e propoñan novos plans.

Sera esa a solución? Non o teño moi claro, pero sexa quen goberne vaino ter moi, pero que moi complicado!


No hay comentarios. Comentar. Más...

RECICLAXE: OS SETE SÍMBOLOS DO PLÁSTICO

20111017125244-reciclaje-plasticos01.jpg

 

A gran diversidade de materiais plásticos levou a crear unha variada tipoloxía para identificalos. Neste caso, as frechas do anel -sinal de que poden reciclarse dalgunha forma- son máis estreitas e conteñen un número e unhas letras que sinalan o tipo de material. Un consumidor pode atoparse no mercado os seguientes símbolos:

  1. PET ou PETE (Polietileno tereftalato). É o plástico típico de envases de alimentos e bebidas, grazas a que é lixeiro, non é caro e é reciclable. Unha vez reciclado, o PET  pódese utilizar en mobles, alfombras, fibras téxtiles, pezas de automóbil e, ocasionalmente, en novos envases de alimentos.
  2. HDPE (Polietileno de alta densidade). Grazas á súa versatilidade e resistencia química emprégase, sobre todo, en envases, en productos de limpeza do fogar ou químicos industriais, como botellas de champú, deterxente, cloro, etc. Tamén se emprega en envases de leite, zumes, iogur, auga e bolsas do lixo e de supermercado. Recíclase de moi diversas formas, como en tubos, botellas de deterxentes e limpadores, mobles de xardín, botes de aceite, etc.
  3. V ou PVC (Vinílicos ou Cloruro de Polivinilo). Tamén é moi resistente, polo que é moi utilizado en limpadores de fiestras, botellas de deterxente, champú, aceites e mangueiras, equipamentos médicos, fiestras, tubos de drenaxe, materiais para construcción, forro para cables, etc. Aínda que non se recicla a miúdo, en tal caso emprégase en paneis, tarimas, canalóns de estradas, tapetes, etc. O PVC pode soltar diversas toxinas (non hai que queimalo nin deixar que toque os alimentos), polo que é preferible utilizar outro tipo de substancias naturais.
  4. LDPE (Polietileno de baixa densidade). Este plástico forte, flexible e transparente pódese atopar nalgunhas botellas e bolsas moi diversas (da compra ou para comida conxelada, pan, etc.), algús mobles e alfombras, entre outros. Tralo seu reciclado, pódese utilizar de novo en contedores e papeleiras, sobres, paneis, tuberías ou baldosas.
  5. PP (Polipropileno). O seu alto punto de fusión permite envases capaces de conter líquidos e alimentos quentes. Emprégase na fabricación de envases médicos, iogures, palliñas, botes de ketchup, tapas, algúns contedores de cociña, etc. Ao reciclalo pódense obter sinais luminosas, cables de batería, vasoiras, cepillos, raspadores de xeo, bastidores de bicicleta, angazos, caldeiros, paletas, bandexas, etc.
  6. PS (Poliestireno). Empregado en platos e vasos de usar e tirar, recipientes para ovos, bandexas de carne, envases de aspirina, caixas de CD, etc. O seu baixo punto de fusión fai posible que poda derretirse en contacto coa calor. Algunhas organizacións ecoloxistas subraian que é un material difícil de reciclar (ainda que en tal caso pódense obter diversos productos) e que pode emitir toxinas.
  7. Outros. Neste caixón de sastre inclúense unha gran diversidade de plásticos moi difíciles de reciclar. Con estos materiais elabóranse algunhas clases de botellas de auga, materiais a proba de balas, DVD, gafas de sol, MP3 e PC, certos envases de alimentos, etc.

Como variantes destes símbolos de materiais plásticos pódense atopar só cos números, sen os acrónimos, ou co anel máis groso de Möbius e, no seu interior, o número que corresponda. Se o acrónimo leva un "R" diante, significa que o producto contén materiais plásticos reciclados. Pola súa parte, se o símbolo leva o acrónimo ABS, refírese ao acrilonitrilo butadieno estireno, un plástico moi duro utilizado en automoción e en usos tanto industriais como domésticos.

Por certo lembrade a campaña do neno Diogo Farinhoto. Podes seguir axudando depositando tapas ou envases dos números 2, 4 e 5: Alameda, Ferry e Consarxería do IES.

FONTE: Revista Eroski Consumer/Medio Ambiente.

No hay comentarios. Comentar. Más...

SOSAT: OUTRO PERIGO PARA A TERRA

20111019161224-rosat-2.jpg

Satélite Rosat / NASA

Se hai unhas semanas falamos do perigo para a Terra e os seus habitantes producido pola caída dun satélite de grandes dimensións, o UARS da NASA, que finalmente caeu, gracias a Deus, no Pacífico, sen que se puidera determinar o lugar e hora exacta da súa caída ata o último momento, agora unha nova ameaza volve aparecer. Desta vez é outro satélite, neste caso alemán, o Rosat (Roentgen Satellite).

Aínda que máis pequeno que o UARS é moito máis perigoso, pois cando entre na atmosfera os científicos estiman que 30 pezas do Rosat, con masas considerables, non se desintegrarán e impactarán sobre a superficie. O violento impacto fará que se esparzan nunha superficie de 80 quilómetros.

A NASA espera que o satélite chegue á Terra entre o venres e o luns, aínda que o día máis probable é o domingo 23, sobre ls 8:40 horas (cun marxe de erro de máis ou menos 30 horas).  

Rosat, fuoi lanzado pola NASA en 1990 nun proxecto conxunto con Alemania, Gran Bretaña e EE.UU. para catalogar as fontes de raios X no espazo profundo e estudar ao redor de 110.000 estrelas e supernovas. En 1998 ao apuntar directamente ao Sol o telescopio estragouse e foi abandoado en febreiro de 1999.

Que Deus nos pille confesados!

No hay comentarios. Comentar. Más...

HUMOR: A FAMILIA EUROPEA

20111022091828-europa.jpeg

Aínda que en tono de humor, quero compartir con vós esta imaxe de Europa dun correo que me chegou. Ben pensado non parace moi distorsionada e aproxímase á realidade, mantendo como toda familia ben organizada unha estructura xeraquizada. Por desgraza, o noso país está na parte máis baixa!

No hay comentarios. Comentar. Más...

ANDASOL

20111022091053-planta-de-andasol.jpg

Paque termosolar de Andasol / Imaxe:puertasautomaticasediciones.com

Nunha planicie preto de Serra Nevada, no Marquesado de Zenete, cercana a Guadix (Granada), xurdíu nos últimos anos un espectacular complexo de espellos parabólicos que seguen ao Sol, de leste a oeste, todolos días. Polo foco de cada grupo de espellos, ou colector, a través dun tubo de cristal especial, circula un aceite que aumenta de 300 a 400 graos a súa temperatura ao longo do circuito ao concentrarse nel os raios solares, para despois ceder a súa calor á auga que, en forma de vapor, move unha turbina. Así transfórmase a enerxía solar en electricidade, como nunha central térmica convencional, pero partindo do sol, fonte limpa e gratuíta e non do carbón ou do gas.

Parte desta enerxía recollida ao longo do día a través dos colectores almacénase en forma de calor en enormes depósitos de sales fundidas para poder seguir xerando electricidade oito horas máis tralo ocaso. Andasol, cuxos promotores son cinco empresas alemanas,  é xa, coa posta en funcionamiento este mes da terceira fase, o maior parque termosolar de Europa; pero é, sobre todo, unha notable obra de enxeniería sobre a que se basarán futuras instalacións deste tipo no sur de Europa e tamén no norte de África.

Máis de 600.000 espellos, de entre 2 e 2,8 metros de lado. Ocupan moito espazo, equivalente a uns 210 campos de fútbol, para producir unha potencia total relativamente modesta -150 megavatios-, pero que é suficiente para servir a medio millón de habitantes e que -un dato moi importante- aforrará 450.000 toneladas de CO2 anuais.

Andasol 3, construída en só dous anos, representa unha inversión de máis de 350 millóns de euros e prevé ter uns 50 postos de traballo permanentes. O proxecto seguinte é Extremasol, moi parecido, en Villanueva de la Serena (Extremadura), que rematarase de construír dentro de dous anos.

FONTE: Xornal El País

No hay comentarios. Comentar. Más...

EXPLOSIÓN DUNHA ESTRELA EN 3D

 

Un grupo de astrónomos logrou rexistrar por primiera vez, e en imaxes tridimencionais, a explosión dunha estrela. A Supernova 1987-A foi observada dende o Very Large Telescope (VLT) do Observatorio Europeo Austral ubicado en Chile.

A explosión tivo lugar nas aforas da Nebulosa da Tarántula (NGC 2070) situada na Gran Nube de Magallanes, unha galaxia pequena pertencente ao Grupo Local. O evento ocurríu a uns 168.000 anos luz da Terra.

A supernova pudo ser reconstruída en 3D grazas a unha ferramenta coñecida como Espectógrafo de Campo Integral e Infravermellos Cercano (SINFONI, nas súas siglas en inglés), que se atopa instalado no VLT.

FONTE: RPPP/Ciencia y Tecnología.

No hay comentarios. Comentar. Más...

AUGA NOS DISCOS PROTOPLANETARIOS

20111022111132-1318945699-0.jpg

Recreación dun disco "protoplanetario" / Imaxe: elmundo.es

A auga está presente nos discos protoplanetarios, que son acumulacións de material en torno a estrelas novas que dan lugar aos planetas, en forma de xeo, e non só como vapor de agua, que é o que se pensaba ata agora. Eso significa que a cantidade de auga que hai no Universo é moito maior do que se cría, segundo publica un equipo de astrónomos a semana pasada en "Science".

Foi grazas ao telescopio espacial Herschel, da Axencia Espacial Europea (ESA) o que posibilitou  identificar o que sería un gran depósito de vapor de auga xeado nas rexións externas dun deses discos de material, na contorna dunha estrela bautizada como TW Hydrae, que está a unha distancia entre 10 e 175 anos luz da Terra.

Segundo o equipo de investigadores, nestes discos habería suficientes cristais de auga xeada como para encher varias miles de veces a masa de todolos océanos terrestres.

Os discos de material onde foi atopada a auga conxelada representan as mesmas rexións nas que se cre que se formaron os cometas e os planetas xigantes. Precisamente, a maioría dos científicos defende a teoría de que foron cometas con xeo e asteroides os que fixeron posible que haia tanta auga na Terra, e polo tanto a vida como a coñecemos.

Estes novos resultados achega información á comprensión da formación do planeta e á entrega do impacto da auga no Universo.

FONTE: Rosa M. Tristán. Xornal El Mundo/Ciencia.

No hay comentarios. Comentar. Más...

4º CONCURSO DE RELATOS CIENCIAQUECONTA

20111025165543-iv-concurso-relatos-cienciaqueconta.jpg

 

A Universidade de Vigo  convoca o 4º Concurso de Relatos CIENCIAQUECONTA. Este é un concurso de relatos que ten como obxectivo contribuír a concienciar ao conxunto da sociedade galega sobre a importancia da ciencia no desenvolvemento económico e benestar social de Galiza, fomentando a cultura científica.

Temática: Concurso de relatos curtos vencellados á ciencia. En xeral trátase de relatar poñendo en valor a importancia da ciencia no desenvolvemento económico e no benestar dunha sociedade –nomeadamente a galega- e un maior recoñecemento social destas actividades, así como un achegamento ao traballo científico e ás profesións de científicos e tecnólogos.

A quen vai dirixido? A todos e todas e nomeadamente ao alumnado. Hai unha categoría xeral na que pode participar toda a comunidade educativa e tres categorías para o alumnado: Primaria, Secundaria e Bacharelato-Ciclos.

O prazo para o envío dos traballos remata o 10 de novembro de 2011 e os premios son moi interesantes (1º premio: un ordenador ultraportatil).

Se estás interesado pincha AQUÍ para ver a bases deste concurso e coñecer os relatos dos concursos pasados.

Anímate e participa!

No hay comentarios. Comentar. Más...

PROXECTO GALILEO

20111024095854-120926418055520080427-1155373dn.jpg

Satélite Galileo do sistema de navegación GNSS / Inaxe:publico.es

Galileo é un sistema global de navegación por satélite (GNSS) levado a cabo pola Unión Europea (UE), co obxetivo de evitar a dependencia dos sistemas GPS, fundamentalmente, e do GLONASS.

O primeiro paso deste novo sistema foi dado o pasado venres cando un foguete Soyuz despegou cos dous primeiros satélites Galileo ás 12:31 horas (hora española) dende o Centro Espacial Europeo de Kuru, a base espacial da Axencia Espacial Europea (ESA), na Güaina Francesa.

Esta misión da Axencia Espacial Europea (ESA) foi dobremente histórica para o proxecto espacial europeo, xa que por primeira vez un foguetete ruso Soyuz despegou dende a base europea de Kurú.

O proxecto Galileo, que sufríu anos de retrasos e múltiples problemas de financiación, aspira a ofrecer servizos de posicionamiento ao menos tan precisos, e nalgúns aspectos incluso superiores, ao GPS estadounidense. Haberá que esperar, non obstante, ata 2020 para que o sistema se atope totalmente operativo.

Se queres coñecen mellor este novo sietema de posicionamento global e comparalo co GPS pincha AQUÍ, onde poderás moverte nesta páxina interactiva do xornal El Mundo.

No hay comentarios. Comentar. Más...

CINE: TINTÍN E O SEGREDO DO UNICORNIO

20111026180824-las-aventuras-de-tintin-el-secreto-del-unicornio.jpg

 

Esta fin de semana chega aos cines a esperada película de Steven Spielberg, O SEGREDO DO UNICORNIO das Aventuras de Tintín, adaptación das aventuras do famoso personaxe do comic Tintin, creado por Hergé (Georges Remi).

Esta é a súa ficha técnica:

Título: As aventuras de Tintin: O segredo do unicornio

Título Orixinal: The Adventures of Tintin: Secret of the Unicorn

Xénero: Animación, Aventuras

Nacionalidade: USA

Ano: 2011

Director: Steven Spielberg

Guión: Steven Moffat, Edgar Wright, Joe Cornish

Reparto: Jamie Bell, Daniel Craig, Andy Serkis, Simon Pegg, Nick Frost, Gad Elmaleh, Toby Jones, Mackenzie Crook

Sinopse:
A historia céntrase na búsqueda dun tesouro afundido pertencente ao famoso pirata do século XVII, Rackham o Vermello, cuxa principal pista para ser atopado está nunha maqueta dun modelo dun antigo barco.

Unha oprtunidade única par os que seguimos a Tintín en papel. Esta non ma perdo eu!

No hay comentarios. Comentar. Más...

30 DE OUTUBRO: CAMBIO DE HORA

20111025174008-20101027094846-1224839795-0.gif

Na madrugada do próximo domingo, 30 de outubro, prodúcese o cambio de hora, como é habitual xa que é o último domingo de outubro. Ás tres da madrugada, hora peninsular, haberá que retrasar o reloxo ata as dúas, co que este día terá, oficialmente, unha hora máis.

Esta medida lévase aplicando dende o ano 1981 e pretende un aforro enerxético. Este cambio horario realízase en toda a Unión Europea.

No hay comentarios. Comentar. Más...

A BELEZA DA POLINIZACIÓN

 

O vídeo The beauty of pollination (A beleza da polinización) é unha aproximación a este proceso que consiste na transferencia de grans de pole (gameto masculino) dende os estames cara o pistilo da planta, a estrutura que contén o óvulo (gameto feminino). O transporte do pole pódeo realizar un axente físico como o vento (plantas anemófilas) ou un axente animado (plantas zoófilas) como insectos e outros animais.

As imaxes son espectaculares. Que disfrutedes!

No hay comentarios. Comentar. Más...

POLÍTICA E POLÍTICOS

20111031081253-politico-mentiroso.jpg

O engano dos políticos / Imaxe:juliangl.com

Estamos a punto de entrar nunha época de moita actividade política, aínda que eu penso que estamos tódolos días en campaña. Teremos durante 15 días política ata na sopa, acompañada de música, caramelos, bolígrafos,...

Sería bo antes de que chegue ese día, a finais de semana, que fixésemos unha reflexión sobre o que é a política e os políticos, mediante as seguintes FRASES:

A primeira é do fenomenal actor e director de cine Woody Allen (1935-?):

"A vocación do político de carreira é facer de cada solución un problema"

A segunda é do escritor, filósofo e matemático inglés Bertrand Russell (1872-1970):

"Os científicos esfórzanse po facer posible o imposible. Os políticos por facer posible imposible"

A terceira é do escrior británico Robert Louis Stevenson (1850-1894):

"A política é posiblemente a única profesión para a que non se considera necesaria ningunha preparación"

A última é do arqueólo escocés William M. Ramsay (1851-1939):

"Vota ao home que menos prometa. Será o que menos te decepcionará"

No hay comentarios. Comentar. Más...