Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Marzo de 2012.

KAIRUKU

20120228170351-kairuku.jpg
Ilustración que amosa a dous pingüíns Kairuruku e un golfiño Waipatia /Chris Gaskin / Geology Museum (University of Otago)

Despois de 35 anos, logrouse completar a reconstrución dun fósil xigante do pingüín, ofrecendo aos investigadores nova información sobre a diversidade dos pingüíns prehistóricos. Os ósos foron recollidos en 1977 polo doutor Ewan Fordyce, paleontólogo da Universidad de Otago, en Nueva Zelanda.

En 2009 e 2011, o douctor Dan Ksepka, da Universidade Estatal de Carolina do Norte, e o douctor Paul Brinkman, viaxaron a Nueva Zelanda para axudar na reconstrución do fósil de pingüín, e agora, publicaron os seus descubrimentos no «Journal of Vertebrate Paleontology».

Os investigadores apodaron Kairuku ao pingüín, unha palabra maorí traducida como "mergullador que volve con comida". A reconstrución levouse acabo a parir de dous fósiles de Kairuku, por separado, empregando o esqueleto dun pingüín rei actual, como modelo. O resultado foi un paxaro alto, de peteiro e aletas alargados, sendo considerado o maior das cinco especies que eran comúns na zona durante o Oligoceno (etapa do Terciario da era Ceanozoica), hai, aproximadamente, 25 millóns de anos.

FONTE: Xornal ABC/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

CINE:"UNHA AVENTURA EXTRAORDINARIA"

20120226130509-unha-aventura-extraordinaria-cartel.jpg

 

Esta fin de semana chega aos cines a película "Unha aventura extraordinaria". Unha película familiar, basada en feitos reais e cun guión basado no libro “Freeing the whales”, de Tom Rose. Esta é a súa ficha técnica:

Película: Unha aventura extraordinaria

Título orixinal: Big miracle  

Director: Ken Kwapis

País: USA

Ano: 2012  

Xénero: Drama

Distribuídora: Universal Pictures International Spain

Guión: Jack Amiel e Michael Begler

Producción: Tim Bevan, Liza Chasin, Eric Fellner e Michael Sugar

Música: Cliff Eidelman

Fotografía: John Bailey

Reparto: Drew Barrymore, John Krasinski, Ted Danson, Kristen Bell, Dermot Mulroney, Vinessa Shaw, Tim Blake Nelson, Stephen Root.

Duración: 107 minutos

Sinopse: Un periodista (John Krasinski), que vive nunha pequena cidade, e unha voluntaria de Greenpeace (Drew Barrymore) propóñense salvar a unha familia de maxestuosas baleas grises atrapadas no xeo do Círculo Polar Ártico. A parella debe convencer aos membros da comunidade inuit, a empresas petroleiras e ao exército estadounidense para que olviden as súas diferenzas e liberen ás baleas. Mentres o mundo está pendente do que acontece no Ártico, a salvación desas baleas serve para unir a nacións enfrontadas, ata o punto de conseguir un desxeo momentáneo da Guerra Fría.

Merece a pena vela!

No hay comentarios. Comentar. Más...

NOVOS GRUPOS SANGUÍNEOS

20120302111910-sangue.jpg

Bolsas de sangue de diferentes grupos sanguíneos / Imaxe:hy.bestpicturesof.com

Os grupos sanguíneos máis correntes en toda a poboación humana son os A, B, AB e 0 (con factor Rh negativo ou positivo). Pero hai trinta máis recoñecidos pola Sociedade Internacional de Transfusións de Sangue. Aínda que sexan pouco correntes, poden plantexar serios problemas ás persoas que os teñen tanto en casos de transfusión sanguínea como en trasplantes, e de moitos deles tense poca información de base molecular, o que complica máis aínda as análises e os test de identificación. Dous deses grupos raros, denominados Langereis e Junior, nin xiquera están nesa lista ata agora.

Os problemas con estes grupos sanguíneos nas transfusiones son escasos dado que a proporción de persoas que os teñen entre os doantes é moi pequena, pero para esas persoas de tipos de sangue raros si que é un risco. Estímase que hai en Xapón máis de 50.000 persoas do grupo Junior negativo que poden sufrir incompatibilidade nai-feto e complicacións se reciben sangue.

As dúas proteínas identificadas denomínanse ABCB6 y ABCG2 e sábese que están asociadas, ademais, con resistencias a medicamentos anticanceríxenos polo que o descubrimento pode tener implicacións tamén en determinados tratamentos desa enfermidade. O traballo detallado dos investigadores, levado a cabo en EE UU, Xapón e Francia, presentouse en dous artigos no número de febreiro da revista  Nature Genetics.

FONTE:Xornal El País/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

O CEO DO MES: MARZO 2012

20120304224602-4469004473-9c81d38809-z.jpg

Ceo de Primavera / Imaxe:flickr.com

1 de marzo: Cuarto Crecente

8 de marzo: Lúa Chea

15 de marzo: Cuarto Minguante

20 de marzo: Comenzo da Primavera

22 de marzo: Lúa Nova

25 de marzo: Cambio de hora (+1 hora)

30 de marzo: Cuarto Crecente

Chuvia de Meteoros: Gamma-Nórmidas, actividade dende o 25 de febreiro ao 22 de marzo, con máximo o 14 de marzo.


No hay comentarios. Comentar. Más...

EUROVISIÓN 2012

 

O LVII Festival de la Canción de Eurovisión celebrase os días 22, 24 e 26 de mayo de 2012 no Baku Crystal Hall de Baku (Acerbaixán ). Nel participarán      43 países, coa mesma estructura das edicións anteriores, con dúas semifinais para elexir a 10 finalistas en cada unha. Na final, estes 20 participantes uniranse a aqueles clasificados por ser membros do denominado Big Five, que corresponden aos máximos contribuíntes do festival a nivel económico, e ao país anfitrión, Azerbaixán. Polo tanto, a final contará con 26 participantes.

A nosa representante será Pastora Soler, que interpretará o tema "Quédate conmigo", canción coa seguinte ficha técnica:

Título: "Quédate conmigo"

Xénero: Balada

Intérprete: Pastora Soler

Letra: Antonio Sanchez

Música: Antonio Sanchez, Thomas G:son e Erik Bernholm

Se segues este tipo de eventos, a mellor forma de manterte informado é pinchando AQUÍ.


No hay comentarios. Comentar. Más...

CAMPAMENTOS VERÁN 2012

20120306123718-campamento-de-verano.png

A Xunta de Galicia organiza Acción de Verán 2012, no marco da Campaña de Verán 2012, con campamentos de verán para mozos e mozas de entre 9 e 17 anos. A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado publicou no  Diario Oficial de Galicia (DOG), de 09 de febriero 2012, as tarifas e prezos correspondentes aos campamentos de verán, albergues e campos de traballo durante o ano 2012.

No Diario oficial de Galicia (GOG) de onte, publicase a ORDE do 29 de febreiro de 2012 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2012 e se procede á súa convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes iniciase hoxe e ata o  día 20 de marzo. Se estás interesado e queres coñecer os requisitos e acceder á solicitude só tes que pinchár AQUÍ.


No hay comentarios. Comentar. Más...

VERÁN 2012: APRENDIZAXE DE LINGUAS ESTRANXEIRAS

20120306124806-idiomas.jpg

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou o pasado luns a convocatoria de 2.495 axudas para os alumnos e alumnas que queiran realizar actividades de aprendizaxe de linguas estranxeiras no 2012. A convocatoria vai dirixida ao alumnado de 6º de Primaria e os catro cursos da ESO, que poderán gozar de estadías formativas en ‘vilas inglesas’ en Galicia e de actividades para a aprendizaxe do francés; e aos estudantes de bacharelato e os ciclos de grao superior de Formación Profesional, que desenvolverán as actividades formativas en Canadá, Reino Unido, Francia e Alemaña

Destinos

No caso do alumnado de bacharelato, convócanse prazas para actividades de aprendizaxe de inglés en Canadá e Reino Unido e de francés en Francia, cunha duración de tres semanas. Ademais repetirase unha experiencia especialmente enriquecedora posta en marcha pola actual Consellería, nomeadamente a integración dun grupo de 20 estudantes de 1º de bacharelato durante 4 semanas a principios de curso no sistema educativo canadense, compartindo aulas cos seus alumnos e profesores.

A Consellería convoca tamén, por segundo ano consecutivo, prazas para que o alumnado de ciclos formativos de grao superior realicen actividades de formación en inglés en Canadá e en alemán en Alemaña, cunha duración de 3 semanas.

No caso dosestudantes de 1º, 2º, 3º, e 4º da ESO e 6º de primaria, poderán optar a participar en actividades nas denominadas ‘vilas inglesas’ que se desenvolverán en Galicia durante os meses de xullo e agosto con profesores nativos, así como a prazas destinadas ao aprendizaxe de francés dentro da Comunidade, todas elas en períodos de 2 semanas.

As solicitudes

Os interesados deben inscribirse na dirección web http://www.edu.xunta.es/axudasle, onde tamén se farán públicas as listaxes cos nomes dos alumnos e alumnas que se beneficiarán das achegas.

FONTE: Consellería de Educación e O. U.

No hay comentarios. Comentar. Más...

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

 

En 1977 a Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU) proclaou o 8 de marzo como Día Internacional polos Dereitos da Muller e a Paz Internacional. Hoxe, 8 de marzo, conmemórase a loita da muller pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento integro como persoa.

Dende aquí o meu respecto e recoñecemento da condición de muller!

No hay comentarios. Comentar. Más...

PEDRO BORRAJO XUBÍLASE

20120307095852-pedro-borrajo-rivas.jpg

Pedro Borrajo Rivas / Imaxe:tv.uvigo.es

Onte Pedro deu a súa última clase de matemáticas ao alumnado de 1º e 2º ESO e fixo a última garda no IES "A Sangriña" de A Guarda. Hoxe comenza unha nova andaina na súa vida: a xubilación.

Foron moitos anos de convivencia, primeiro no Colexio M. Rodríguez Sinde e agora no IES. Grande profesional, excelente compañeiro de traballo e un leal amigo.

Agora toca descansar, disfrutar da familia e adicarse á pesca e ao coidado desa pequena horta que tanto mimas. Dende aquí deséxoche o mellor.

Unha aperta grande Pedro.

Víctor


TODO SEGUE IGUAL

20120307165957-1331059893-435047-1331060698-noticia-normal.jpg

Viñeta do pasado 07/03/2012, no Xornal El País

Esta viñeta de El Roto (Andrés Rábago García, Madrid 1947) ilumina marabillosamente o meu comentario de hoxe: A CORRUPCIÓN.

Por degraza foi, é e, de non cambiar as tornas, será o habitual no noso país. Ninguén sabe como pero amásanse fortunas, vívise nun tren de vida que ninguén sabe de onde sae, luxos... Este é o país dos pelotazos, informacións priviliexadas, ascensos meteóricos e enchufes, pero o peor de todo é que ninguén sabe nada, non ten constancia de que acontece, incluso co beneplácito da xustiza, que tampouco atopa nada.

Nunha liguaxe máis popular: Hai un cantidade de chourixos e ladróns! Eso si, pola contra, os PAGAMOS aguantamos todo.

Xa está ben!

No hay comentarios. Comentar. Más...

FORMACIÓN DA TERRA: COLISIÓN DE METEORITOS

20120303230332-tierra-colision-.jpg

 

Os "ladrillos" a partir dos que se formou a Terra poderían ser moi distintos do que os científicos pensaban ata agora. En efecto, un novo estudo suxire que o noso planeta xurdíu a partir dun grande número de colisións de meteoritos, de varias clases e tamaños. O estudo, levado a cabo por investigadores franceses, publicouse recentemente na revista Science.

A teoría clásica da formación da Terra dinos que, hai uns 4.500 millóns de anos, o material sobrante do nacemento do Sol formou arredor da estrela recén nacida un disco de po cuxos grans, moi lentamente e debido á súa propia gravidade,  fóronse agrupando e formando primeiro pequenas pedras, despois rochas máis grandes e por último un embrión planetario, que foi atraendo máis e máis material ata dar forma á Terra que coñecemos.

Tamén pensabamos que a maior parte dos corpos que se foron fusionando ao "embrión terrestre" formáranse nun estreito "corredor" espacial e eran todos moi similares e pertencentes a unha subfamilia de meteoritos chamados condritas de enstatita.

A idea basábase no descubrimento dun grande número de sorprendentes similitudes entre os diferentes isótopos de elementos como o osíxeno, o níquel e o cromo, entre a Terra e ese tipo concreto de meteoritos. Os isótopos son átomos dun mesmo elemento que teñen, sen embargo, distinto número de neutrones no seu núcleo.

Pero unha nova comparación entre isótopos de silicio terrestre e procedente de meteoritos parece suxerir que o noso planeta está "amasado" a partir dunha mestura moi heteroxénea de meteoritos de varias clases. Os xeoquímicos Caroline Fitoussi e Bernard Bourdon, da Ecole Normale Supérieure de Lyon, en Francia, analizaron isótopos de silicio procedentes de distintas rochas do manto terrestres e comparados despois cos mesmos isótopos procedentes de rochas lunares (das mostras traídas á Terra nas misións Apolo) e de meteoritos.

Empregados modelos informáticos da formación da Terra, os investigadores déronse conta de que para producir a mestura exacta de isótopos de osíxeno, níquel e cromo atopada nas mostras terrestres era necesario unir polo menos tres clases diferentes de meteoritos, e non só unha. En outras palabras, non foron só as condritas de enstatita as que formaron o noso planeta.

Formación da Lúa

O feito de que os isótopos de silicio medidos en rochas terrestres e lunares foran case idénticos entre si, suxire que o material que creou a Lúa debeu por forza formar parte do manto terrestre antes de que xurdira o noso satélite. Doutro xeito, os isótopos de ambos corpos serían moi diferentes.

A idea respalda e dá nova consistencia á teoría de que a Lúa formouse como consecuencia do impacto dun asteroide xigantesco (probablemente de tamaño similar a Marte) contra o noso incipiente mundo.

FONTE: Xornal ABC/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

O BAILE DE VENUS E XÚPITER

Unha conxunción planetaria permitirá ver os corpos celestes máis brillantes que nunca. A Lúa unirase a partir do 25 de marzo.

No hay comentarios. Comentar. Más...

ASTEROIDE 2012 DA14 CHEGARÁ Á TERRA EN 2013

20120310130810-2012da14-644x330.jpg
A órbita do asteroide 2012 DA14

 

A finais de febreiro, un grupo de astrónomos do Observatorio da Sagra, en Andalucía, descubríu un pequeno asteroide duns 50 metros de diámetro nunha órbita moi similar á da Terra. A chamada  2012 DA14, a rocha espacial pasará "rozando" o noso planeta en febreiro de 2013. Tan preto que, só hai uns días, ninguén se atrevía a asegurar que non acabaría impactando contra nós. O 15 de febreiro de 2013, o asteroide pasará apenas a 28.000 km de nós.

A órbita do asteroide, unha elipse algo máis inclinada que a de noso planeta, levarao a pasar cerca da Terra dúas veces ao año, máis ou menos cada seis meses. O último achegamento foi o pasado 16 de febrero, pero a preto de 2,5 millóns de quilómetros de distancia, o que evidentemente non supuxo perigo algún.

Porén, o ano próximo a "visita" será moito máis cercana. De feito, o 15 de febreiro de 2013 o pequeño asteroide pasará "só" a 28.000 km do centro da Terra, a mesma distancia á que se atopan moitos dos nosos satélites. 2012 DA14 convertirase entón nun dos asteroides (observados) que máis preto pasara daTerra. Outros rozaron o noso mundo a distancias aínda menores, pero sen ser detectados durante a súa aproximación. Desprazarase a unha velocidad de uns 7 quilómetros por segundo en relación ao noso planeta. Se ben non hai risco de impacto, a súa órbita vai a desviarse considerablemente pola gravidade terrestre depois do máximo achegamento, o que xerará certa incertidume na predicción dos futuros encontros e o cálculo de posibles impactos no tempo, segundo informa o Observatorio Astronómico de Mallorca.

FONTE: Xornal ABC/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

SAÍDA ALUMNADO 1º ESO PROXECTOTERRA

20120313194336-lourizan2.jpg

Momento da visita ao centro de Investigacións Ambientais e Forestais de Lorizan onde o guía explica a curiosidade da grande mesa de pedra, que é moi baixiña, onde Eugenio Motero Rios, que foi Presidente do Goberno de España de xuño a decembro de 1905, mantivo importantes reunións, como a forma da entrega de Cuba.

O alumnado de 1º ESO, concretamente 49 alumnos e 3 profesores, fixeron, onte día 13, unha saída dentro do PROXECTOTERRA do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia á cidade de Pontevedra. Pola mañá visitamos o Centro de Investigacións Ambientais e Forestais de Lourizán e o casco vello da cidade. Xa pola tarde visitamos o Museo de Pontevedra.

Cun día marabilloso e bo ambiente, a actividade resultou moi satisfactoria. Os meus parabéns ao alumnado polo seu comportamento e atención.

No hay comentarios. Comentar. Más...

TRES OU CATRO

20120315082615-v.jpg

Son tres ou catro? 3

Seguro? 4

Seguro?

No hay comentarios. Comentar. Más...

RESPECTO POLA VIDA

Fermoso vídeo cheo de respecto pola Terra, respecto pola auga, respecto pola luz do Sol, respecto polo Universo, en resumo, respecto pola vida!

Música: Kitaro - Matsuri
Imaxes: NatGeo / BBC
Compilación e edición: Perruci

Que disfrutedes!

No hay comentarios. Comentar. Más...

ESPAÑA, TAMÉN O ÚLTIMO PAÍS DE EUROPA EN CALIDADE DO AIRE

20120318202737-contaminacion-atmosferica2.jpg

Contaminación atmosférica / Imaxe:equilibrio.mx

España está á cola dos países europeos na calidade do aire. Un recente traballo da Axencia Europea do Medio Ambiente (EEA) sinalaba a España como o único país da Unión Europea que suspendía na emisión de tres dos catro principais gases contaminantes: dióxido de xofre, óxidos de nitróxeno, compostos orgánicos volátiles e amoniaco.

Pero para afondar máis na ferida, un informe que fará público a EEA mañá, luns 19 de marzo, e que hoxe adiantan algúns medios de comunicación, volven quitar as cores ás cidades españolas. O documento, chamado "Contaminación por ozono no verán de 2011 e comparación con anos recentes", volve situar a España entre os países que superaron os límites legais para este contaminante. Segundo o informe nos meses estivais de 2011 o 24,3% do territorio español estivo exposto a niveis de ozono por riba dos niveis permitidos durante ao menos 25 días, o que afectou ao 8,8% da poboación española. Pero se atendemos aos datos do verán de 2010, a cifra dispárase e os niveis tóxicos do ozono afectaron ao 70,1% do territorio e ao 28,1% da población. O ozono é un irritante que pode producir rinitis e irritación nos  ollos e mucosas.

O ozono que se atopa na denominada capa de ozono na estratosfera protéxenos da radiación ultravioleta procedente do Sol, pero na zona baixa da atmósfera (troposfera) é un potente contaminante.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

PRIMAVERA 2012

20120319081029-1332114657-119278-1332114882-noticia-normal.jpg

Chega a Primavera / Veiñeta de Ramón (Xornal El País/19/03/2012)

A primavera de 2012, segundo cálculos do Observatorio Astronómico Nacional, comenzou hoxe, martes 20 de marzo, ás 6:14 hora oficial peninsular, unha hora menos en Canarias.

Esta estación durará 92 días e 18 horas, e rematará o 21 de xuño co comenzo do verán.

O inicio das estacións ven dado, por convenio, por aqueles instantes en que a Terra se atopa nunhas determinadas posicións na súa órbita arredor do Sol. No caso da primavera, esta posición é aquela na que o centro do Sol, visto dende a Terra, cruza o ecuador celeste no seu movemento aparente cara ao norte. Cando esto sucede, a duración do día e a noite prácticamente coinciden, e por eso, a esta circunstancia chámaselle tamén equinoccio de primavera. Nese instante no Hemisferio Sur empeza o outono.


No hay comentarios. Comentar. Más...

DÍA FORESTAL MUNDIAL

 

Hoxe, 21 de marzo, celébrase o  DÍA FORESTAL MUNDIAL, data elexida pola Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) en 1971.

Con esta celebración preténdese reclamar a atención sobre os nosos bosques e fragas que aportan bens e servizos fundamentais e contribúen a asegurar a alimentación, a auga e o aire limpo. Ademais, protexen o solo e son fundamentais para lograr un desenvolvemento sostible.

Nesta data, a nivel galego, preténdese incidir no principal inimigo dos nosos bosques: os incendios forestais. Todos estamos chamados a evitalos!

Conserva e disfruta dos bosques!


No hay comentarios. Comentar. Más...

DÍA MUNDIAL DA AUGA

20120321190852-dia-da-auga-2012.jpg

 

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou o 22 de decembro de 1993 a resolución A/RES/47/193 pola que o 22 de marzo de cada ano fose declarado Día Mundial da Auga, a celebrarse a partir de 1993, en conformidad coas recomendacións da Conferencia das Nacións Unidas sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento contidas no Capítulo 18 (Recursos da Auga Doce) da Axenda 21. Invitouse entón aos diferentes Estados a consagrar este día, no marco do contexto nacional, á celebración de actividades concretas como o fomento da conciencia publica a través da producción e difusión de documentais e a organización de conferencias, mesas redondas, seminarios e exposicións relacionadas coa conservación e desenvolvemento dos recursos hídricos así como coa posta en práctica das recomendacións da Axenda 21.

Sempre, en especial neste ano tan seco, debemos seguir uns consellos para un aforro eficiente e resposble da auga:

* Repara as billas que goteen. Aforrarás unha media de 170 litros de auga ao mes.

* Cerra a billa mentes te enxaboas as mans, te lavas os dentes ou te afeites. Por unha billa aberta corren ata 12 litros de auga por minuto.

* Dúchate en lugar de bañarte, e cerra a billa mentres te enxaboas. Aforrarás unha media de 150 litros cada vez.

* Non utilices o váter como caldeiro do lixo. Coloca unha papeleira no baño.

* Utiliza cisternas de dobre descarga para gastar só a auga que necesites. Se a cisterna do teu cuarto de baño non é de dobre descarga, podes meter dentro unha ou varias botellas de plástico cheas de auga: podes reducir o gasto de auga á metade.

* Compra electrodomésticos ecolóxicos e utilízaos sempre a carga completa (os programas de media carga gastan máis da metade). Unha lavadora pode gastar ata 90 litros cada vez que a utilizas (según as marcas e modelos). Un lavalouzas, ao redor de 30.

* Non deixes a billa aberta para que se arrefríe a auga, xa sabes que por unha billa aberta corren ata 12 litros de auga por minuto. Acostuma a poñer unha xarra ou botella na neveira.

* Emprega cuncas, barreños para lavar a froita, a verdura, os pratos, os cacharros... Se tes un fregadeiro de dúas cubetas, usa unha para enxaboar e a outra para aclarar.

* Rega as plantas ao anoitecer e ao amencer e eveitarás pérdas de auga por evaporación. Aproveita para regar a auga sobrante das xerras de comida, de lavar as verduras... Recolle a auga da ducha fría antes de que saia a quente e poderás aproveitala para o rego.

* Emprega sistemas automáticos de rego por aspersión ou por goteo. Evita utilizar a mangueira. O uso de plantas autóctonas en xardinaría axuda ao aforro e mantemento dos nosos xardíns.

Aforra auga!

No hay comentarios. Comentar. Más...

ESTATUAS DA ILLA DE PASCUA

20120323111102-isla-de-pascua-1.jpg

Monái ("estatua") que se atopa na Illa de Pascua / Imaxe:cassetteblog.com

As estatuas da Illa de Pascua teñen corpo! Estas estatuas visibles ocultan moitos segredos, máis da metade do seu tamaño está enterrado baixo terra e revela a existencia dun corpo e mans.

Un grupo privado de investigación descubríu recentemente unha estatua que ten moitos escritos no seu corpo, sobre os que se está a traballar na súa traducción.
Esta illa volcánica,
situada na Polinesia, ao sur do Océano Pacífico, foi descuberta polo navegante holandés Jakob Roggeveen o Domingo de Pascua de 1722, e posteriormente convirtíuse en posesión de Chile en 1888. Se ben moitos misterios rodean á Illa de Páscua
, o descubrimento destes escritos colocados baixo terra pode revivir moitos debates.  

A hipótese máis probable é que unha onda xigante varreu a illa e a súa antiga civilización, que se perdeu nas brumas do tempo. As estatuas non foron enterradas, pero o paso do tiempo, o entullo e o po borraron esta civilización, da que non se sabe nada.

No hay comentarios. Comentar. Más...

CAMBIO DE HORA

20120309115633-cambio-de-hora.jpeg

Cambio de hora / Imaxe:elecodepinoso.es

Mañá domingo, día 25 de marzo terá lugar  cambio de hora, recuperando o horario de verán. Ás 2:00 da madrugada o reloxo cambiarase ás 3:00, adiantado unha hora, polo que esta noite terá unha hora menos.

En España, esta medida lévase adoptando dende 1974, aínda que a última regulación á que nos adapatamos chegou da man da directiva Europea 2000/84, que entre outras cousas unifica os días nos que se producen os cambios de hora en todos os países da Unión Europea, sendo estes o último domingo de marzo e outubro, respectivamente.

No hay comentarios. Comentar. Más...

CINE: BRACANEVES

20120324112326-blancanieves-mirror-mirror-2012-.png

Esta fin de semana estréase a nova e divertida película, non animada, do conto clásico "Brancaneves", pensado para o mercado da Semana Santa. Esta é a súa ficha técnica:

Título: Brancaneves (Mirror, Mirror)

Título Orixinal: Mirror, Mirror

Xénero: Comedia

Nacionalidade: USA

Ano: 2012

Duración: 106 min.

Distribuidora: Tripictures

Director: Tarsem Singh

Guión: Melisa Wallack

Producción: Bernie Goldman, Ryan Kavanaugh e Brett Ratner.

Fotografía: Brendan Galvin.

Reparto: Julia Roberts, Lily Collins, Armie Hammer, Sean Bean, Nathan Lane, Mare Winningham, Michael Lerner, Robert Emms, Martin Klebba, Danny Woodburn, Mark Povinelli, Joe Gnoffo, Jordan Prentice, Sebastian Saraceno, Ronald Lee Clark

Argumento: A malvada madrastra (Julia Roberts) é reina en lugar de Brancaneves (Lily Collins), unha princesa no exilio. Sete valerosos e rebeldes ananos axudarán a Brancaneves a preparase para que poda reclamar o seu dereito ao trono que lle pertence por nacemento e tamén a conseguir ao Príncipe. Esta máxica aventura está chea de comedia, ciumes, romance e traición.

Que disfrutedes con ela!

   

No hay comentarios. Comentar. Más...

AUGA XEADA EN MERCURIO

20120323121541-1332411795-1-2.jpg

Imaxe da sonda Messenger de cráteres de Mercurio onde podería existir auga xeada / Imaxe: NASA

A sonda Messenger da NASA descubríu indicios da existencia de auga xeada nos polos de Mercurio. O achádego é sorprendente, xa que as temperaturas na superficie do planeta máis cercano ao Sol poden superar os 400 graos. Porén, algúns cráteres nos polos de Mercurio atópanse na sombra de xeito permanente, e este factor convérteos no que os científicos denominan "trampas de frío". Anteriores investigacións detectaran algunhas zonas preto dos polos que provocaban reflexos ao analizarse cun radar, unha característica típica do xeo. Agora, a cartografía realizada pola sonda Messenger comprobou que esas zonas que causan reflexos de radar están precisamente nas mesmas rexións escuras que se atopan permanentemente na sombra. Messenger é só a segunda sonda, despois da Mariner 10 nos anos 70, que visitaron o planeta máis próximo á nosa estrela. Ata a chegada desta misión, existían amplas zonas de Mercurio que nunca foran analizadas. As zonas que provocaran reflexos de radar xa foran detectadas por telescopios da Terra nos anos 90, pero ata agora os científicos non puderan precisar o lugar exacto onde se atopaban. De calquera xeito, grazas ás novas imaxes enviadas pola Messenger, comprobaron que coinciden coas rexións polares de sombra permanente. Este  estudo foi publicado na  revista "Science".

FONTE: Xonrnal El Mundo/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

ÁLBUM DA CIENCIA

20120327165819-album-da-ciencia.jpg

Páxina do Álbum da Ciencia / Imaxe: usc.es

O Consello da Cultura Galega (CCG) recupera e divulgar a memoria e a obra dos protagonistas da modernización científica, cultural e educativa de Galicia no primeiro terzo do século XX a través da publicación no portal de divulgación culturagalega.org do Álbum da Ciencia, que hoxe comenza a súa andaina. 

Que é o álbum da ciencia?

A elaboración dun Diccionario histórico de científicos galegos foi un dos obxectivos básicos do Grupo de Traballo de Historia das Ciencias desde o momento da súa constitución, en 1987, como área do Seminario de Estudos Galegos. O proxecto deseñouse en dúas partes. A primeira, editada en 1993, implicou a redacción dos textos relativos a 121 autores correspondente ao período 1868-1936. A segunda, que apareceu no ano 2005, abordou o período cronolóxico previo e supuxo o achegamento a 80 novos  científicos.

En  2007, ao cumprirse o centenario da fundación da Junta para Ampliación de Estudios (JAE), o Consello da Cultura Galega decidiu crear o Álbum da Ciencia, un espazo destinado a recoller as biografías dos principais protagonistas da valiosa obra da JAE en Galicia, científicos e outros pensadores.

O Album da Ciencia inicía agora unha nova etapa na que atenderá en exclusiva ao ámbito científico e ampliará substancialmente o tramo temporal analizado. Un ambicioso e novidoso proxecto que ten como punto de partida as 201 biografías elaboradas para o Diccionario histórico, textos que serán actualizados e reformulados. A iso debe engadirse a incorporación de novas entradas, correspondentes a outros autores, nomeadamente ós que desenvolveron o seu labor entre 1936 e 1970, e as relativas a institucións científicas salientables. O principal criterio que utilizamos para a selección de autores será a relevancia da obra no momento histórico que viviron e o seu vínculo con Galicia. Canto a edición o Álbum abordará en 2011 a revisión e actualización das biografías publicadas en 1993 e 2005. Nun segundo momento, 2012, terá lugar a incorporación das novas entradas.

O resultado final permitirá ofrecer aos usuarios un total dunhas 300 entradas online, unha parte substancial do I+D histórico do país, unha especie de panteón virtual da excelencia científica que proporcionará unha valiosa e actualizable información a públicos diversos.

Con  esta iniciativa o Consello da Cultura Galega contribúe ao fomento da cultura científica da sociedade por medio da difusión do labor desenvolto polos científicos-as máis sobranceiros da historia de Galicia. A elaboración desta nova versión do Álbum da Ciencia supón un esforzo investigador e divulgativo dun amplo equipo de especialistas.

Para a súa consulta pincha  AQUÍ.

FONTE: culturagalega.org

No hay comentarios. Comentar. Más...

SENTENZA QUE MARCA A CONTA ATRÁS

20120328165255-agarrobicoramonelpais.jpg

Unha sentenza do Tribunal Supremo inicia a conta atrás para a demolición do hotel Azata del Sol, convertido nun dos máis célebres de España pola cruenta batalla legal entabrada entre ecoloxistas e políticos. O alto tribunal acaba de dar a razón aos primeiros ao asegurar que esta grande infraestructura hoteleira, situada na paraxe de El Algarrobico, en Carboneras (Almería), contravén a Lei de Costas porque invade parcialmente a zona de servidume de dominio marítimo-terrestre.

A viñetar de Ramón, do xornal El País,apunta, coma sempre neste tema.

No hay comentarios. Comentar. Más...

O FONDO DO MAR NAS MARIANAS

 

National Geographic fixo públicas as primeiras imaxes captadas por James Cameron na súa apaixonante viaxe ao fondo da Fosa das Marianas, un abismo situado a 11 mil metros de profundidade coñecido como abismo Challenger.

Durante máis de tres horas, o cineasta-explorador puido moverse polo fondo a bordo deo "Deepsea Challenger", un sumerxible de sete metros de longo e 12 toneladas de peso, que ten forma de torpedo e que, a diferenza doutros batiscafos, ten unha grande movilidade. As palabras de Cameron foron claras: "É un mundo totalmente alieníxena".

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

VACACIÓNS !

20120328173047-vacacions.jpg

 

Vacacións...! Palabra máxica. Tempo de descanso e recuperación de enerxía para afrontar a última parte do curso. As clases retómanse o día 10 de abril, martes.

Que o padese ben!

No hay comentarios. Comentar. Más...

SAÍDA DO PI DE 1º ESO

20120330145749-sany0231-2.jpg

Nun momento da visita ao edificios das Redeiras, no Porto.

No día de onte, o alumnado de 1º de ESO do noso IES fixo unha saída programada dentro do PI (Proxecto Interdisciplinar) ao Museo do Mar e ao Edificio onde se atopan as Redeiras, no Porto. Alí coñeceron de primeira man a actividade de profesionais do mar e das redeiras. No Museo tivemos a posibilidade de coñecer os seus fondos tanto etnograficos como de coleccións de cunchas mariñas.

Dende aquí o noso agradecemento polas atencións que nos prestaron e o trato dispensado.

No hay comentarios. Comentar. Más...

O CEO DO MES: ABRIL 2012

20120331232700-abril.jpg

"Abril, augas mil" Esperanza de que veña! / Imaxe:bibliofiloenmascarado.com

6 de abril: Lúa Chea

13 de abril: Cuarto Minguante

21 de abril: Lúa Nova

29 de abril: Cuarto Crecente

Chuvia de Meteoros: Líridas, actividade dende o 16 ao 25, máximo o 22 de abril. Algunhas veces prodúcense explosións que asemellan a fogos artificiais. Pi-Púppidas, actividade dende o 15 ao 28, con máximo o 23 de abril.

No hay comentarios. Comentar. Más...