Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Septiembre de 2012.

O CEO DO MES: SETEMBRO 2012

20120826210308-ceo-do-mes-de-setembro-2012.jpg

Ceo no mes de setembro/ Imaxe:astroyciencia.com

8 de setembro: Cuarto Minguante.

16 de setembro: Lúa Nova.

22 de setembro: Cuarto Crecente. Inicio do Outono.

30 de setembro: Lúa chea.

Chuvia de meteoros: Perseidas Setembro, actividade dende o 5 ao 21, con máximo o día 9.


No hay comentarios. Comentar. Más...

PAPOULA OUTONAL NEPALÍ

20120829114757-amapola-otonal-nepali-meconopsis-autumnales-.jpg

Meconopsis autumnales / Imaxe:veoverde.com

Terceira das dez novas especies máis curiosas ou sorprendentes descritas de forma oficial o ano pasado e que aparecen no Top 10 de 2012 do Instituto Internacional para a Exploración de Especies (IISE): Papoula autonal nepalí.

Paoula outonal nepalí (Meconopsis autumnales): esta flor de brillantes cores vive nun ambiente extremo, no centro de Nepal a máis de 3.300 metros de altura. Por esta circunstancia e pola falta de investigadores nesta zona, non se describira ata agora. Fixérono científicos do Real Xardín Botánico de Edimburgo (Escocia). Florece só en outono, a pesar das recias chuvias monzónicas.

FONTE: Revista Consumer

No hay comentarios. Comentar. Más...

HUMOR: MATEMÁTICAS APLICADAS

20120902100403-matematicas-aplicadas-gogue.jpg

Viñeta do xornal Faro de Vigo, de hoxe, do Gogue (O Grove, 1953). Nela en tóno matemático satírico, perfílase no fondo unha palabra: Polígamo (Persoa que está casada á vez con varias persoas doutro sexo).

Bueno, hai moito polígamo sen estar casado!

No hay comentarios. Comentar. Más...

NICOKOLA TESLA

 

O personaxe a que adico hoxe a sección de NOMES PROPIOS chegou a ser comparado co gran Leonardo da Vinci, pola súa mente pr¡vilexiada e pola cantidade de inventos, sempre en beneficio da humanidade. O seu nome é NIKOLA TESLA.

Uns poucos datos, pois no vídeo superior tedes moita información, e vale máis unha imaxe que cen palbras. Naceu en Similjan, na provincia de Lika, pertencente ao Imperio Austro-Húngaro, o que hoxe é Croacia, o 10 de xullo de 1856. Moreu nun hotel de Nova York o 17 de xaneiro de 1943 na máis extrema pobreza económica.

Foi físico, matemático, inventor, e enxeñeiro eléctrico. Como inventor logrou conseguir máis de 800 patentes, aínda que gran parte das súas notas e aparatos dos seus laboratorios aínda son segredo de Estado, pero sábese que entre os seus documentos atopouse o principio do raio láser, así como os planos dun avión de despegue vertical, que non puido construír por falta de cartos.

A súa idea utópica de usar a polaridade negativa da Terra para conducir e transmitir corrente gratuíta a todo o mundo, sen cables, apoiado só por torres en frecuencia entre elas, propiciaría un gran salto á humanidade.

A este home debémoslle a radio, o motor de corrente alterna, a luz de alta frecuencia, a transferencia inalámbrica de enerxía...

No hay comentarios. Comentar. Más...

VERME DO DEMO

20120829123425-halicephalobus-mephisto.jpg

Halicephalobus mephisto / Imaxe:pro-speleo.ru

Cuarta das dez novas especies máis curiosas ou sorprendentes descritas de forma oficial o ano pasado e que aparecen no Top 10 de 2012 do Instituto Internacional para a Exploración de Especies (IISE): Verme do demo.

Verme do demo (Halicephalobus mephisto): Este nematodo de medio milímetro de lonxitude é o organismo multicelular terrestre que vive a maior profundidade de todo o globo. Descuberto nunha mina de ouro sudafricana a 1.300 metros baixo o chan, é capaz de vivir a altas presións e temperaturas. Os científicos cren que podería servir na búsqueda de vida nas profundidades.

FONTE: Revista Consumer

No hay comentarios. Comentar. Más...

A LÓXICA DOS NOMES DOS DÍAS DA SEMANA

20120905084814-dias-semana-planetas.jpg

A lóxica dos días da semana / Imaxe:cousasdepeques.blogspot.com

A explicación da orde actual dos nomes dos días da semana é mérito de Dio Cassius, un historiador cristiano do século III. Segundo Cassius, os astrólogos asignaron as 24 horas de cada día da semana aos sete obxectos celestiais errantes nunha secuencia cíclica. A primeira hora do primeiro día da semana foi asignada a Saturno e as seguintes a Xúpiter, Marte, o Sol, Venus, Mercurio e a Lúa respectivamente. Así a oitava hora do primeiro día volveu a ser asignada a Saturno, e tamén a décimo quinta e a vixésimo segunda. Seguindo o ciclo durante todas as horas e días da semana, as primeiras horas dos días seguintes serían asignadas ao Sol, á Lúa, Marte, Mercurio, Xúpiter e Venus respectivamente.

Polo tanto, cada día da semana recibíu o nome do planeta que tiña asignada a primeira hora. Así, a secuencia dos días quedou en: Saturno, Sol, Lúa, Marte, Mercurio, Xúpiter e Venus, que corresponde aos nosos días sábado, domingo, luns, martes, mércores, xoves e venres. Hai que recordar que para os xudeos a semana empeza en sábado, o Shabbat, denominación que provén do nome do planeta Saturno en hebreo, Shabbetai.

FONTE:Enric Marco Soler/Xornal abc/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

ELIODOMESTICO

20120828104620-eliodomestico.jpg

Eliodomestico / Imaxe:gabrielediamanti.com

En moitas ocasións, as ideas máis simples son as máis efectivas á hora de resolver os problemas máis complexos. Esta é a premisa seguida polo deseñador italiano Gabriele Diamanti  para crear un purificador de auga salgada capaz de funcionar tan só con enerxía solar.

O invento, denominado Eliodomestico, consiste nunha especie de forno de barro que consta dun depósito superior que se enche con agua salgada.

O aparato debe permanecer exposto á luz del Sol durante todo o día, o que permite que a temperatura e a presión do interior do depósito aumente ata evaporar a auga, libre de sal. Despois de condensarse nas paredes do recipiente, esta auga desalinizada descende por uns conductos especiais ata un contedor situado na parte inferior del forno, lista xa para ser consumida.

Grazas a esta sinxela idea, os habitantes de moitas zonas nas que a auga potable escasea poderían acceder de forma cómoda e barata a este ben tan esencial. Diamanti asegura que os proxectos non só son para facer cartos, senon tamén para contribuír ao ben común.

FONTE: Ecoosfera.com

No hay comentarios. Comentar. Más...

AS TROITAS GALEGAS EN PERIGO DE DESAPARICIÓN

20120905120248-1346795899-994471-1346795948.jpg

Viñeta de Ramón no Xornal El Pais do pasado 04/09/2012

Os ríos galegos, como os do conxunto da Península ibérica, quedarán sen troitas en menos dun século, segundo un estudo realizado pola Universidade Complutense, publicado na revista Global Change Biology, que data no ano 2100 a desaparición en España deste peixe, moi sensible.

O quecemento global das canles ocasionado polo cambio climático é o maior inimigo da troita común (Salmo trutta), afectada tamén pola contaminación, a extracción de auga para regadío e a sobrepesca.

En menos de trinta anos quedarán nos ríos galegos a metade das troitas. No 2100, segundo o estudo, consumarase a extinción deste peixe en España.

FONTE: Xornal La Voz de Galicia.

No hay comentarios. Comentar. Más...

MONO ESBIRROS

20120829123150-rhinopithecus-strykeri.jpg

Rhinopithecus strykeri / Imaxe:Thomas Geissmann / Fauna & Flora International

Quinta das dez novas especies máis curiosas ou sorprendentes descritas de forma oficial o ano pasado e que aparecen no Top 10 de 2012 do Instituto Internacional para a Exploración de Especies (IISE):Mono esbirros.

Mono esbirros (Rhinopithecus strykeri): Caracterízase pola súa pel negra e a súa barba branca e por esbirrar cando chove. De feito, os investigadores localizárono grazas a esta singular peculiaridade, que trata de evitar ao sentarse coa cabeza entre as pernas para que as gotas de chuvia non cheguen ao seu nariz. É o primeiro mono de nariz chata descuberto nas altas montañas de Myanmar (antes Birmania) e crese que está en perigo crítico de extinción. O descubrimento ten especial importancia porque dende o ano 2000 só se atoparon unha media anual de 36 mamíferos.

FONTE:Revista Consumer

No hay comentarios. Comentar. Más...

A PARTE MÁIS ESCURA DO XENOMA HUMANO

20120907075852-1346861423-0.jpg

Un estudo desvela os elementos activos do xenoma / Institutos Nacionais da Salúde

Non é frecuente que revistas de tan alto impacto como "Science", "Nature", "Genome Research" ou "Genome Biology" se poñan de acordo para publicar simultáneamente os datos dun traballo, pero neste caso os resultados merecen a unión para sacar á luz 30 estudos que descubren a parte máis escura do xenoma. Grazas a estes traballos, o que hai anos considerado ADN lixo deixa de parecer un refugallo para transformarse unha parte clave para a saúde e a enfermidade.

Despois da secuenciación do ADN humano no ano 2000, quedaba moito por coñecer desa "enciclopedia" que contén todas as instrucións para construír o corpo humano. Por esa razón iniciáronse varios proxectos para saber máis do xenoma e coñecer como funciona.

Os 30 estudos que agora se publicaron están englobados dentro do proxecto ENCODE (acrónimo en inglés de Enciclopedia dos elementos do ADN), realizados en 32 laboratorios de diferentes países entre os que se inclúen 2 españois (Centro de Regulación Xenómica en Barcelona e o Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO) en Madrid)

O que eles amosan é a paisaxe completa do xenoma. Se ata agora os protagonistas de todas as miradas foran os xenes, o proxecto ENCODE ilumina o resto do xenoma e desvela que preto do 80% ten actividade.

Os científicos só se centraran nun 2% do xenoma ou, o que é o mesmo, nos xenes. Un dos principais motivos é que son eles os que producen as proteínas, que son as unidades estructurais e funcionais das células, os "ladrillos" do corpo sen os cales non habería órganos nin outros compoñentes. Pero quedaba unha parte importante do ADN, a que non se lle prestara tanta atención. Non obstante, o que revelan os datos aportados por 440 investigadores é que esa parte do xenoma que parecía non ter ningunha función si que intervén regulando o proceso.

Esas zonas reguladoras son como os interruptores da casa que é o noso corpo. Son os que activan ou desactivan todos os circuítos do fogar. Esta parte do xenoma apaga ou acende os xenes e tamén regulan o cando, como e que cantidade de proteínas teñen que producir, é dicir, é fundamental na bioloxía humana, tanto que os científicos suxiren cambiar a definición de xene.

O último obxectivo deste e outros proxectos, como o dos 1.000 xenomas, é comprender o funcionamiento desa enciclopedia da que agora só coñecemos as súas páxinas, para nun futuro poder desenvolver terapias preventivas e curativas específicas para cada persoa, "lendo" o seu ADN, podendo  predecir que enfermedides vai desenvolver ou que terapias son as que necesita para bloquear ou activar algunha parte do seu xenoma.

De momento, ese é un soño, a realidade é que xa sabemos un chisco máis da enciclopedia humana! 

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

MEDUSA OH BOY!

 

Sexta das dez novas especies máis curiosas ou sorprendentes descritas de forma oficial o ano pasado e que aparecen no Top 10 de 2012 do Instituto Internacional para a Exploración de Especies (IISE):Medusa oh boy!.

Medusa oh boy! (Tamoya ohboya): O seu nome decidíuse nun concurso on line con centos de votos e que gañou unha profesora de secundaria (Lisa Peck), que explicou que todo o mundo que a ve exclama "oh boy!" (oh rapaz!) pola súa grande beleza. Esta medusa velenosa víuse en 2001 nas Antillas Holandesas pero non foi ata 2011 cando se describíu de forma científica.

FONTE: Revista Consumer

No hay comentarios. Comentar. Más...

REMATAN OS XOGOS PARALÍMPICOS LONDRES 2012

20120910111404-clausura-paralimpicos-2012.jpeg

Acto de clausura Xogos Paralímpicos Londres 2012 / Imaxe:telesurtv.net

Londres despedíu, onte cunha festa, os que foron calificados como os mellores Xogos Paralímpicos da historia, tanto polo seu nivel competitivo como polo entusiasmo xerado.

España cerrrou a súa brillante participación con 42 medallas, ocupando o posto 17 no medalleiro. Pero mellor que palabras, estes son os resultados:


País Ouros
Pratas Bronces Total
1 China China 95 71 65 231
2 Rusia 36 38 28 102
3 Reino Unido Reino Unido 34 43 43 120
17 España España 8 18 16 42

 

En comparación cos últimos, celebrados en Pekín 2008, a colleita é sensiblemente inferior, con 16 medallas menos.Tamén pasamos do posto 10 daquela ao 17 no actual.

Pekín 2008

Posto 10

   OURO   

15

   PRATA  

21

    BRONCE    

22

   TOTAL    

58

 

 Agora só toca prepararse para a próxima cita: Brasil 2016.

No hay comentarios. Comentar. Más...

CORRECTOR DE GALEGO IMAXIN GALGO 2.0

20120910183013-galgo.jpg

A Secretaría Xeral de Política Lingüística presentou onte a nova versión do corrector de galego imaxin Galgo (GALGO 2.0), que actualiza e mellora esta ferramenta, pensada para a análise dos problemas de carácter ortográfico e léxico que poidan aparecer en textos escritos en galego.

Traballa cos procesadores de texto estándar Microsoft Office Word 2003, 2007 e 2010 para Windows e Microsoft Office Word 2011 para as versións de Mac para Snow Leopard e Lion.

Se queres descargar esta ferramenta no teu ordenador ou portátil só tes que premer AQUÍ e seguir as instrucións que se indican.

FONTE: Consellería de Educación e O. Universitaria


UN NOVO CURSO ESCOLAR: DA ILUSIÓN A FRUSTACIÓN

20120909125941-erlich-los-ninos-son-el-tuturo.jpg

O ensino comezou a súa andaina para o presente curso 2012/2013. Despois dos exames, nalgúns casos, o período lectivo arrancou na Universidade na semana pasada, Primaria hoxe día 12 e Secundaria, Bacharelato, F. Profesional e restos de ensinanzas de réxime especial o próximo día 17.

A ilusión aparece nos máis novos, pero conforme a idade vai en aumento esta ilusión vai decrecendo, sobre todo pola situación na que se atopa o país. Miran aos que xa remataron estudos e... Sen traballo, emigración, expectativas rotas, tempo perdido, infravaloración...

Un futuro negro que merece, tal como visualiza a viñeta de Bernardo Erlich (Tucumán, 1963) no xornal El País do pasado domingo, unha contestación social, xa que non merecedes o que está acontecendo. Estamos nas mans duns irresponsables!

Tédelo cru rapaces!

No hay comentarios. Comentar. Más...

CURSO 2012/2013: CALENDARIO DE SETEMBRO

20120912185401-logo-ies-asangrina.jpg

Logo do IES A Sangriña / Imaxe:centros.edu.xunta.es

Rematado o período de matricula, para o alumnado que tivo que recuperar en setembro, comeza o curso escolar no noso IES. Este é o calendario para o alumnado de 1º e 2º ESO:

Día 17 de setembro, luns, PRESENTACIÓNS: Ás 12:30 - 1º ESO, ás 13:00 - 2º ESO, no resto da mañá os restantes cursos de ESO e pola tarde PCPI e Adultos.

Día 18 de setembro, martes, PRESENTACIÓNS dos cursos de Bacharelato e Ciclos.

Día 19 de setembro, mércores: Ás 10 horas, PRESENTACIÓN COS TITORES E ENTREGA DE HORARIOS. A partir das 10:15 INICIO DAS CLASES.

Para saber os horarios para o resto de cursos preme AQUÍ.

Bo comenzo de curso a todos e todas!

FONTE:centros.edu.xunta.es/iesasangrina/

No hay comentarios. Comentar. Más...

ADAPTACIÓN: DENTES FLEXIBLES

20120825123554-dentes-peixe-gato.jpg

 Dentes brandos e flexibles dun siluro / Imaxe:Tom Geerinckx. Universidade de Ghent (Bélxica)

Os dentes son considerados como o material máis duro do corpo, pero non en todas as criaturas. Por primeira vez, científicos descubriron uns dentes flexibles como goma nunha familia de peixes gato ou siluros. Segundo publica NewScientist, a miúda e branca dentadura destes peixes fan algo totalmente sen precedentes: cúrvanse.

As adaptacións para evitar os dentes rotos ou quebrados son ben coñecidas en distintas especies. Por exemplo, as raias e tiburóns téñenos un chisco frouxos. Pero nunca antes se viran dentes flexibles en ningún outro vertebrado. Esta característica favorece aos peixes gato, que habitan sobre todo nos mares de América do Sur, xa que utilizan a boca para raspar a comida das rochas e outras superficies duras. Se os dentes foran ríxidos, romperíanse con facilidade.

A flexibilidade destes dentes débese a que conteñen máis coláxeno e menos calcio, fosfato e magnesio que o resto do dente, segundo puideron comprobar os científicos nas súas análises realizados con microscopía electrónica, tomografía computerizada e espectrometría: "Os dentes son moi longos e delgados e teñen unha sección incorporada que é flexible". Un só dente pode dobrarse máis de 180 graos.

A evolución na natureza non deixa de sorprendernos!

FONTE: Xornal ABC/Ciencia.

No hay comentarios. Comentar. Más...

O QUE O NOSO OLLO NON PODE VER: MUNDO MICROSCÓPICO

20120909122352-ovario-dun-rape..jpg

Ovario dun rape / Nikon Smail 2009 (4º posto)

As fotografías do máis pequeno amósanos un mundo fascinante que non podemos ver a simple vista, é o mundo microscópico. Premendo AQUÍ tes a posibilidade de ver 12 imaxes dese mundo descoñecido, todas elas espectaculares e sorprendentes, publicadas polo xornal ABC/Ciencia.

 

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

ORQUÍDEA NOCTURNA

20120829125900-bulbophyllum-nocturnum.jpg

Bulbophyllum nocturnum / Imaxe:ecodiario.eleconomista.es

Sétima das dez novas especies máis curiosas ou sorprendentes descritas de forma oficial o ano pasado e que aparecen no Top 10 de 2012 do Instituto Internacional para a Exploración de Especies (IISE):Orquídea nocturna.

Orquídea nocturna (Bulbophyllum nocturnum): É a primeira que florece de noite entre as máis de 25.000 especies coñecidas de orquídeas. Descuberta en Papua Nova Guinea, esta pequena especie comenza a abrirse sobre as 22:00 horas e dura só unhas doce horas. Ten follas de ata 6,2 cm de lonxitude e 3,2 cm de ancho. Produce talos de floración de só 5 mm de lonxitude, e só unha flor de 2 cm de longo. Crese que podería estar en risco pola destrución do seu hábitat.

FONTE: Revista Consumer

No hay comentarios. Comentar. Más...

O CEMPÉS SALCHICHA

20120905180639-cempes-salchicha.jpg

Cempés salchicha (Crurifarcimen vagans) / Imaxe: species.asu.edu

Oitava das dez novas especies máis curiosas ou sorprendentes descritas de forma oficial o ano pasado e que aparecen no Top 10 de 2012 do Instituto Internacional para a Exploración de Especies (IISE): Cempés salchicha.

Cempés salchicha (Crurifarcimen vagans): Aínda que non é rival para o Archispirostreptus gigas e os seus 38 centímetros de lonxitude, este cempés logrou un novo récord cos seus 16 centímetros. Localizado nas montañas do Arco Oriental de Tanzania, un dos puntos quentes da biodiversidade do planeta, ten un centímetro e medio de diámetro e uns 56 aneis cos seus respectivos pares de patas.

FONTE: Revista Consumer.

No hay comentarios. Comentar. Más...

O CACTO CAMIÑANTE

20120905182328-cacto-caminante.jpg

Cacto camiñante (Diania cactiformis) / Imaxe:species.asu.edu

Novena das dez novas especies máis curiosas ou sorprendentes descritas de forma oficial o ano pasado e que aparecen no Top 10 de 2012 do Instituto Internacional para a Exploración de Especies (IISE): Cacto camiñante.

Cacto camiñante (Diania cactiformis): Parece un cacto, pero en realidade pertence a un grupo extinto denominado Lobopodia acoirazado. Como é o único lobopodia vivo, o Onychophora o verme veludo, ten un corpo semellante aos vermes e con pares de patas. O seu descubrimento é importante porque engade peso á teoría de que os artrópodos (o maior grupo de animais vivos, incluídos os insectos, arañas e crustáceos) evolucionaron de antepasados de lobopodia. Foi descuberto por un equipo de científicos chinos no depósito de Chengjiang (suroeste de China), coñecido polos seus restos do Cámbrico (hai 520 millóns de anos).

FONTE: Revista Consumer.

No hay comentarios. Comentar. Más...

TAL DÍA COMA HOXE: O LOGRO DE JUAN DE LA CIERVA

20120918083923-c-8-g-ebyy.jpg

Autoxiro C.8 MkII G-EBYY co que La Cierva cruzou o Canal da Mancha en 1928

Tal día coma hoxe, o 18 de setembro de 1928, hai 74 anos, Juan de la Cierva, conseguiu atravesar o Canal da Mancha por primeira vez co seu autoxiro (aeronave de á xiratoria, é dicir, voa como os avións pero a súa á é un rotor que xira pola acción do vento relativo que o atravesa de abaixo arriba)

De la Cierva saíra pola mañá de Southampton ata o aeródromo londiniense de Croydon, xunto ao director de «LŽAeronautique», que voou con el. E como o autoxiro non levaba radio, foi escoltado por un aparato do servizo regular París-Londres. A súa idea era precisamente realizar un voo co seu "helicóptero" da mesma forma que o realizaban os avións comerciais.

Aterrou, despois de cruzar o Canal e con algunhas paradas en territorio francés, no aeroporto de Le Bourget, en París, onde o esperaban multitude de periodistas e fotógrafos.

Pero quer era este home?

Juan de la Cierva y Codorníu, naceu en Murcia en 1895 e morreu en 1936, con 41 anos de idade, ao estrelarse no despegue, no aeroporto de Croydon (Inglaterra), o Douglas DC-2 de KLM en voo regular Londres-Amsterdam. Enxeñeiro de camiños, canais e portos e aviador español, creador do autoxiro, precursor do actual helicóptero.

No hay comentarios. Comentar. Más...

VOZ DE ALARMA NO ÁRTICO

20120919083117-1347986938-0.jpg

Océano Ártico durante a temporada de verán / EM

Un dos maiores expertos mundiais na evolución das capas polares, Peter Wadhams, da universidade de Cambridge, lanza a voz de alarma: O xeo do Ártico pode desaparecer por completo no verán no 2015 ou no 2016.

Wadhams dirixiu unha mensaxe urxente ao diario "The Guardian" na que advirte da inminencia dun "desastre global" pola desaparición do xeo nas latitudes nórdicas e critica a falta de acción dos Gobernos ante as sinais cada vez máis visibles do cambio climático.

Wadhams pasou varios anos estudando o grosor das capa de xeo do Ártico a partir dos datos enviados periodicamente por submarinos. Xa no 2007 predicíu o inminente fenda da capa de xeo e a aceleración na redución da superficie ocupada polo xeo, que pasou dun mínimo de 4,1 millóns de quilómetros cadrados ese ano a 3,5 millóns este ano.

No citado xornal advirte que a causa principal é simplemente é o quentamento global: con temperaturas máis elevadas fórmase menos xeo durante o inverno e derrétese máis rapidamente no verán.

A desaparición do xeo terá un lado positivo, como a maior facilidade para o transporte e acceso ás reservas de petróleo e gas, pero as implicacións serán terribles, pois contribuirá ao quentamento da auga e á aceleración do cambio climático, co derretemento do permafrost (o subsolo xeado) e a liberación de grandes cantidades de metano.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia.

No hay comentarios. Comentar. Más...

UN PRIMATE COLOSAL: O GIGANTHOPITECUS

20120909091510-gigantopithecus.jpg
Recreación do aspecto do primate Giganthopitecus / Imaxe:animalesprehistóricos.com

O estudo da evolución de primates e homínidos ao longo da historia deixa espécimes que chaman a atención polas súas características.

Un deles é o Giganthopitecus, un primate que viviu dende hai un millón de anos ata hai 300.000, e que é o mono máis grande endexamais existiu.

Os restos atopados diste antepasado dos orangutáns sitúanse en China, India e Vietnam e estímase que puido convivir co homo erectus na rexión asiática.

As magnitudes deste primate asustan. En canto ao seu peso, chegaba a triplicar o peso dun gorila ao acadar os 500 kg. A súa altura tampouco deixa indiferente a ninguén ao chegar, e incluso superar, os 3 metros.

Pouco se coñece realmente sobre estes primates. Pénsase que o seu herdeiro directo máis próximo son os orangutáns, e non os gorilas, en canto á fisionomía. Os máis curiosos falaron sempre deste animal como un verdadeiro Yeti ou «Big Foot» debido ao seu aspecto e enorme tamaño.

FONTE: Xornal ABC/Ciencia.

No hay comentarios. Comentar. Más...

TÉMPORAS: COMO SERA O OUTONO?

20120920200028-fotonatura.org.jpg

 Ceo de outono / Imaxe:Juan Ramón Quintana Estellés/fotonatura.org

Estamos nos días das TÉMPORAS, pero que son?

As témporas consisten en mirar o ceo nuns días concretos antes das 00:00 h. para ver que tempo fai nese momento, se o ceo está despexado, se hai nubes, cara a onde sopra o vento... Segundo esas observacións, dise que o tempo que había o primeiro día de témporas é o que predominará o primeiro mes da estación, o segundo día de témporas será o do segundo mes da estación e o terceiro día de témporas corresponderá ao terceiro mes da estación. Nos textos antigos consultados aclárase que o día máis importante é o sábado e que as datas concretas son as seguintes:

- Témporas de primavera: o mércores, venres e sábado da primeira semana de Coresma.

- Témporas de verán: o mércores, venres e sábado da semana de Pentecoste, antes da Santa Trindade.

- Témporas outono: o mércores, venres e sábado da semana que segue o 14 de setembro (Exaltación da Santa Cruz); e que poden caer dende o 15 ao 24 (ambos os dous inclusive) debido ao movemento da Pascua. Nalgúns textos chámanas témporas de San Mateo que é o 21 de setembro.

- Témporas de inverno: o mércores, venres e sábado da semana despois do terceiro domingo de advento que adoita coincidir entre o 14 e o 23 de decembro.

Estade atentos e despois veremos se acertan!

FONTE:santiagopeman.com

No hay comentarios. Comentar. Más...

REMATA O VERÁN E COMENZA O OUTONO

20120912083449-outono.jpg

Outono / Imaxe:edu.xunta.es

Hoxe, sábado 22 de setembro, ás 16 horas e 49 minutos, hora peninsular, entra o outono, segundo os cálculos do Observatorio Astronómico Nacional (Instituto Xeográfico Nacional), dicíndolle adeus ao verán.

Esta estación durará 89 días e 20 horas, e rematará o 21 de decembro coa chegada do inverno.

Esta é a época do año na que a duración do día acúrtase máis rapidamente. O Sol sae polas mañás cada día un chisco máis tarde que o día anterior e pola tarde ponse antes, sendo o acurtamento do día especialmente apreciable polas tardes. En definitiva, nestes días é o tempo no que o Sol está por enriba do horizonte reducíndose en case tres minutos cada día.

No hay comentarios. Comentar. Más...

UN LIBRO PARA LER:"EL ABUELO QUE SALTO POR LA VENTANA Y SE LARGO"

20120919193208-abuelo-salto-ventana.jpg

Este verán recibín un regalo. Non pensedes que era moi voluminoso, nin  de moito valor (ben isto depende como se tome, pois a persoa que regala algo faino como se fora algo moi valioso). Era un libro!

Cando vin o título "EL ABUELO QUE SALTO POR LA VENTANA Y SE LARGO", pensei que quen mo regalou non coñecía os meus gustos literarios (equivocación, si que que sabía as miñas debilidades). Empecei a lelo un día que acompañei á miña dona á praia (ben, non exactamente, ás rochas). Como non aguanto moito nese sitio, unha hora e media máximo, pensei que tardaría moito en acabalo pois ten 414 páxinas! Novo error, en 4 tardes, é dicir en 6 horas remateino! Engancha e moito!

O seu autor é un sueco, Jonas Jonasson, nacido en Växjö en 1961.

Para que vos fagades unha idea do seu contido, imaxinade un vello que esta a piques de cumprir 100 anos, espérano para a celebración nunha residencia, onde vive, e decide marchar pola fiestra. Alí comeza unha serie de peripecias, que comezan coma un fío e rematan coma un gran nobelo (algo que lle dá intriga). A trama conta tamén cunha retrospectiva da súa longa vida con viaxes polo mundo, describindo lugares e personaxes históricos que non deixan indiferente a ninguén. Resumindo un vello que quere seguir vivindo!

Un fino humor "inglés" ilustra esta novela, a máis divertida que levo lido nos últimos anos. A verdade é que o título non fai á novela neste caso!

Recoméndovolo!

No hay comentarios. Comentar. Más...

TARÁNTULA DE SAZIMA

20120912081248-pterinopelma-sazimai.jpg

Tarántula de Sazim / Imaxe: news.mongabay.com

Décima, e última, das dez novas especies máis curiosas ou sorprendentes descritas de forma oficial o ano pasado e que aparecen no Top 10 de 2012 do Instituto Internacional para a Exploración de Especies (IISE):Tarántula de Sazima.

Tarántula de Sazima (Pterinopelma sazimai): esta tarántula azul iridescente foi atopada no Parque Nacional da Chapada Diamantina, Bahía (Brasil). Os científicos cren que a súa supervivencia, ao igual que o resto de especies de tarántulas, pode estar en perigo debido á perda de hábitat e á captura excesiva para o comercio de mascotas.

FONTE: Revista Consumer.

No hay comentarios. Comentar. Más...

NATUREZA: ENCICLOPEDIAS DE CONSULTA NA REDE

20120902121853-animal-diversity-web-enciclopedia-natureza.jpg

Imaxe da enciclopedia on line sobre natureza "Animal Diversity Web"

Agora que comeza o curso, na materia de Ciencias da Natureza compre contar con certos recursos á hora de consultar e  preparar traballos. Aquí che deixo un listado de enciclopedias temáticas on line sobre natureza que che poden axudar:

En español ou con esta opción:

Enciclopedia Virtual dos Vertebrados Españois creada polo Museo Nacional de Ciencias Naturais (MNCN), do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), para achegar a información científica máis recente e rigorosa sobre vertebrados ao público xeral e concienciar sobre a súa conservación. Polo momento publicaron unhas 200 especies das 600 coñecidas en España.

Iberfauna traballo do MNCN (Museo Nacional de Ciencias Naturais) coa axuda de diversos investigadores para ofrecer un sistema centralizado de acceso público ao estado de coñecemento da fauna ibérica. Ofrece tamén unha clasificación taxonómica.

FishBase posta en marcha en 2001 polo WorldFish Center, en colaboración coa FAO  e a Unión Europea. Esta base de datos inclúe información sobre máis de 32.000 especies e subespecies de peixes, máis de 50.000 imaxes, case 300.000 nomes comúns en case 300 idiomas e máis de 47.000 referencias.

Avibase xestionada por Denis Lepage e albergada por Bird Studies Canada, co-socio de BirdLife International, é froito dun traballo duns 15 anos. Ofrece información de todas as aves do mundo, con máis de nove millóns de rexistros de 10.000 especies e 22.000 subespecies, datos sobre a súa distribución, taxonomía, sinónimos en varios idiomas, etc.

Montipedia para afeccionados ao montañismo e á natureza "de altura", con información sobre montañas, volcáns, serras, cordilleiras, etc. de todo o mundo, artigos sobre xeografía, rutas, clasificacións, galería de imaxes, dicionario terminolóxico, directorio de enlaces...

En inglés:

Amphibia desenvolvida por varias institucións centradas na conservación dos anfibios, ofrece información sobre máis de 7.000 especies de ras, sapos, tritóns ou píntegas. O seu obxectivo é alertar do declive destes seres en todo o mundo.

Animal Diversity Web é unha extensa colección on line do Museo de Zooloxía da Universidade de Michigan sobre historia natural, especies, bioloxía, etc. de miles de especies de animais. Inclúe miles de fotos, centos de arquivos de son e un museo virtual.

Palaeos fundamentada no sistema de publicación colaborativa wiki para ofrecer unha enciclopedia sobre a historia da Terra, con información biolóxica, paleontolóxica, cladística (relacións evolutivas entre organismos) e xeolóxica. Participan científicos de primeira liña como Michael J. Benton, da Universidade de Bristol.

The Plant List creado por The Royal Botanic Gardens e o Kew and Missouri Botanical Garden, pretende reunir a todas as plantas coñecidas do mundo. Ata o momento inclúe máis dun millón de nomes de especies, organizadas en 620 familias e 16.167 xéneros.

World Register of Marine Species (Rexistro Mundial de Especies Mariñas, WoRMS) ten por obxectivo catalogar todos os nomes de organismos mariños, incluídos sinónimos. Leva xa máis de 200.000 especies das 240.000 coñecidas, e ofrece tamén unha fotogalería con máis de 20.000 imaxes.

Espero que che podan ser útiles!

FONTE: Revista Consumer

No hay comentarios. Comentar. Más...

O HALO DA VÍA LÁCTEA

20120925184000-halo-da-via-lactea.jpg

Imaxe das dimensións do halo arrededor da Vía Láctea / CHANDRA

A nosa galaxia non deixa de marabillarnos. A sorpresa chegou esta vez da man dun equipo de astrónomos aos mandos do telescopio de raios X Chandra, da NASA. A Vía Láctea parece estar completamente rodeada por un enorme halo de gas ardente que se estende en todas direccións formando un "globo" de varios centos de miles de anos luz de diámetro.

A masa total do xigantesco halo, din os investigadores, é comparable á da suma de todas as estrelas que hai na galaxia. Se estes datos se confirman, poderían resolver o "misterio dos barións perdidos", un problema que leva máis dunha década atormentando astrónomos de todo o mundo. O estudo publicouse en The Astrophysical Journal.

Os barións son as partículas (como protóns e neutróns) que constitúen os "ladrillos" da materia sólida. De feito, o 99,9% da masa dos átomos que hai no Universo está composta de barións.

FONTE: Xornal ABC/Ciencia


TIBURÓN ANGUÍA

20120905104703-tiburon-anguia.jpg

Tiburón anguía, atopado nas costas de Xapón / Imaxe:El viajero astuto/El País

O mundo dos animais depáranos sorpresas diariamente. Entre elas están eses animais raros catalogados como monstros.

Un deles, unha reliquia antediluviana é o tiburón anguía (Chlamydoselachus anguineus), un escualo moi primitivo con dentes en serra que vive a grandes profundidades, podendo acadar os catro metros.

No hay comentarios. Comentar. Más...

MAPA COMPLETO DO CEREBRO

20120920084752-cerebro-644x362.jpg

En verde, os puntos do cerebro cunha expresión xénica relativamente baixa. En vermello, os de alta expresión

Un mapa completo do cerebro. O primeiro que obtén información precisa e concisa do cerebro humano e que mostra, entre outros datos, que os cerebros humanos son moito máis similares do que se cría, pero bioquimicamente moito máis complexos, e que, ademais, neles se expresan o 84% dos nosos xenes.
Un atlas do cerebro que mereceu a portada de Nature e que servirá, entre outras cousas, para avanzar no coñecemento das diferentes rexións do cerebro humano, dos seus distintos circuítos funcionais e das enfermidades xenéticas que lle afectan.

Os autores do Allen Human Brain Atlas (Michael Hawrylycz e o seu equipo da Universidade de Edinburgo-Escocia), sinalan que proporciona unha plataforma para o estudo da función do cerebro humano, san e enfermo, e que permite facer comparacións entre os seres humanos, e entre estes e animais, o que é de especial importancia para o estudo das enfermidades humanas neurodexenerativas, como o párkinson ou o alzhéimer.


Entre outros achados, os datos mostran que un 84% de todos os xenes se expresan nalgún lugar do cerebro humano. Ademais, indica que, a pesar das múltiples personalidades da poboación humana, os nosos cerebros son máis similares entre si que diferentes. Así mesmo, ten visto que os hemisferios dereito e esquerdo non mostran diferenzas significativas na súa arquitectura molecular; isto suxire que funcións como a lingua, que xeralmente é manexada por un lado do cerebro, probablemente son o resultado de diferenzas máis sutís entre os hemisferios ou dunha variación estrutural no tamaño ou a circuitería.

FONTE: Xornal ABC /Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

LESULA

20120926181227-mono-644x362.jpg
Un Cercopithecu Hamlyni adulto cautivo e, á dereita, a nova especie, Cercopithecus lomamiensis, tamén en idade adulta / Imaxe:Hart JA/Noel Rowe

 

Investigadores da Universidade de Yale identificaron unha nova especie de mono africano, coñecido co nome común de "Lesula". Trátase do Cercopithecus lomamiensis  , segundo publica un informe presentado na revista "PLOS ONE" . Esta é a segunda especie dun mono africano descuberto nos últimos 28 anos.

Os  
Cercopithecus Lomamiensis viven nos bosques tropicais das terras baixas do centro da República Democrática do Congo. Os datos examinados, tanto morfolóxicos como xenéticos confirman que esta é unha nova especie pero ten un conxénere moi próximo o Cercopithecu Hamlyni. Estas dúas comunidades están separadas xeograficamente polo río Congo e o seu afluente o Lomami.

Os exemplares desta nova especie, que se alimenta de vexetais, son fuxidíos e de tamaño medio.

FONTE: Xornal ABC/Ciencia


No hay comentarios. Comentar. Más...

UNHA POSTAL ÚNICA DO UNIVERSO

20120926172913-690957main1-p1237a1-673.jpg

A imaxe máis afastada do Universo captada polo telescopio espacial "Hubble" / NASA

O telescopio "Hubble" captou a imaxe máis afastada tomada ata o momento do Universo. Unha masa de galaxias distantes que se remontan ata o primeiro momento no que as estrelas comezaron a brillar.

O telescopio necesitou numerosas observacións para chegar ao chamado Extreme Deep Field (XDF) no que revelou miles de galaxias. Esta postal única do Universo foi construída a partir de 2.000 imaxes tomadas polas dúas cámaras instaladas no telescopio durante os últimos dez anos.

A observación foi extremadamente complexa. Ademais de observar unha porción do ceo durante máis de 500 horas para detectar toda a luz, o "Hubble" tivo que ir máis alá do visible por métodos comúns, xa que detectou galaxias que se encontran no límite das capacidades de observación do telescopio.

Das máis de 5.000 galaxias observadas, unha delas xurdiu apenas 450 millóns de anos tras o Big Bang e polo tanto atópase na orixe do Universo.
Esta galaxia converterase nunha das ferramentas esenciais para a astronomía nos próximos anos. Os obxectos detectados serán seguidos agora por outros telescopios e ocupará aos científicos durante anos no estudo da historia e evolución da galaxia.

A imaxe será actualizada de novo cando entre en funcionamento o sucesor do "Hubble", o telescopio James Webb Space que se poñerá en órbita en 2018. Con esa nova xeración preténdese superar os límites actuais e ir máis alá na observación do Universo.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...