Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Febrero de 2008.

TEMPO DE ENTROIDO

20080201190419-mascaras.gif
O entroido (denominada tamén antroido) ou carnaval (como vos o coñecedes), ten procedencia do "Introitum" (entrada á Cuaresma), similar a "Carne Vale" (adeus á carne) que derivaría a "carnaval".
É unha época  de "carne", tomando o sentido literal da palabra. Quere significar, por o mundo ao revés, ruptura coas normas socias e cambio de roles. As características destes días son comer, beber e facer cousas que non se fan habitualmente. Eso si disfrutando todo o posible pero sen pasarse catro pobos.
¡QUE DISFRUTEDES DO ENTROIDO OU DO CARNAVAL!
No hay comentarios. Comentar. Más...

COMENTARIOS SOBRE ESTE BLOG

Parece que hai persoas que non saben ou non queren saber que función ten un blog.
Este blog é algo persoal, non é un blog de ciencias, no que escribo o que consiero oportuno sobre temas que me interesan difundir, sexa do ámbito que sexa, no que as persoas que o lean poden ou non coincidir; neste último caso (non coincidir) teñen a solución de non entrar nel.
Tamén existe a posibilidade de comentar as noticias, os comentario que eu publico, sempre serán ben recibidos, pois eu non teño a verdade absoluta, pero eso si dentro das normas mínimas de educación sen ofender a ninguén. É moi fácil facelo escudándose detrás dunha pantaia de ordenador, sen facelo en persoa e con argumentos.
No hay comentarios. Comentar. Más...

NOVA ESPECIA DE "ELEFANTE MUSARAÑA"

20080202132318-1201885646-g-0.jpg

O último número da revista "Journal of Zoology" publica o descubrimento dunha nova especie dun "estraño" mamífero nas montañas Udzungua en Tanzania (África), que parece ser unha mestura de antílope anano e un pequeno oso formigueiro ao que bautizaron como "Rhynochocyon udzungwensis".

Esta especie pertence a familia dos elefantes musaraña e ten o tamaño dun gato; pesa uns 700 g e mide uns 30 cm. Sérvese da súa trompa para cazar insectos, especialmente termitas. Está activo dende amencer ata o anoitecer.

 

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

FORTES NEVADAS EN CHINA

20080204115040-1201897738-extras-albumes-0.jpg
Imaxe tomada polo satélite MODIS que amosa a capa de neve que paralizou o leste, sur e centro de China (Foto EFE/NASA)
No hay comentarios. Comentar. Más...

O DESPERTAR DO SOL

20080204104421-20080130elpepifut-1.jpg
Primeira mancha do novo ciclo solar observada polo Soho (ESA-NASA)
O pasado mes de xaneiro, o satélite europeo-estadounidense Soho detectou unha mancha que mostra que o Sol entra nun novo ciclo, no que o número de tormentas solares aumentarán nos próximos anos.

A maior ou menor actividade do Sol tradúcese en máis ou menos tormentas solares, fenómenos nos que a estrela emite potentes chorros de partículas cargadas que interaccionan co campo magnético terrestre, podendo afectar a satélites en órbita, telecomunicacións, instalacións eléctricas na Terra e o risco de radiaccións para os astronautas.

Este ciclo dura uns 11 anos.
Se queres ampliar a noticia pincha en O DESPERTAR DO SOL
No hay comentarios. Comentar. Más...

NOVIDADES NA AVALIACIÓN DA E.S.O.

O pasado 7 de xaneiro, o DOGA publicou a Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. Nela hai variacións con respecto ao curso pasado. Entre elas hai que destacar:
* Os resultados das avaliacións terán unha escala numérica do 1 ao 10, desaparecendo o 0.

* Avaliación inicial, a principio de curso, para todos os curso, ata agora só para 1º e 3º.

* Medidas de atención á diversidade para favorecer a adquisición das aprendizaxes imprescindibles para continuar o proceso educativo.

* O Proxecto Interdisciplinar (P.I.) será obxecto de avaliación que proporcionará unha información cualitativa, non cuantitativa.

* O alumnado promocionará ao seguinte curso cando supere os obxectivos de todas as materias cursadas ou teña avaliación negativa en dúas como máximo, repetindo curso cando teña tres ou máis materias avaliadas negativamente. Excepcionalmente, un alumno con tres materias suspensas podera promocionar se o equipo docente considera que a natureza das dificultades non lle impide seguir con éxito o curso seguinte, que ten espectativas favorables de recuperación e que dita promoción beneficiará a súa evolución académica.

*No cómputo das materias para efectos de promoción, consideranse tanto as materias non superadas do propio curso como as dos anteriores. Para estes efectos computaranse como unha única materia as de diferentes cursos que teñan a mesma denominación. O P.I. non computará.

* A materia de ciencias da natureza do 3º curso, desdobrarase en bioloxía e xeoloxía por un lado e física e química por outro, pero manterá a efectos de promoción o seu caracter unitario.

* O alumnado que promocione sen ter superado todas as materias seguirá un programa de reforzo.

* Os alumnos-as con altas capacidades poderá permanecer menos tempo no ciclo.

* O alumnado poderá repetir o mesmo curso unha soa vez e, con carácter xeral, dúas veces como máximo toda a etapa. Excepcionalmente, o alumnado poderá repetir unha segunda vez o cuarto curso se non repetise nos cursos anteriores.

*O alumnado ao remate da ESO que supere todas as materias titulará. Así mesmo, poderán titular aqueles que, finalicen a etapa con avaliación negativa nunha ou dúas materias, e excepcionalmente tres, sempre que o equipo docente considere que o peso e a natureza destas non lle impedíu alcanzar as competencias básicas e os obxectivos da etapa.

* O alumnado con maís de 18 anos, que fose proposto parta o tíulo, que teña avaliación negativa ata un máximo de 5 materias disporá de 2 anos para obter mediante probas anuais para superalas.

* Ao finalizar o 2º curso todos os centros realizarán unha avaliacuión diagnóstico das competencias básicas alcanzadas polo alumnado. Esta proba farase por 1ª vez o próximo curso2008/2009.
No hay comentarios. Comentar. Más...

O ANCESTRO DOS CROCODILOS

20080202130820-1201898456-extras-albumes-0.jpg
Así foi o "eslabón perdido" entre os crocodilos primitivos e os actuais. Vivíu hai 80 millóns de anos e foi atopado preto de Sao Paulo por científicos da Universidade de Brasil.
No hay comentarios. Comentar. Más...

PLANETA NA CONSTELACIÓN DE ESCORPIO

20080205134754-1202206008-0.jpg
Imaxe do planeta (en vermello) ao redor da anana marrón. Foto EFE
Tres científicos (Antonio Pérez Garrido, Anastasio Díez e Isidro Villódo) do grupo de Investigación Astrofísica da Universidade Politécnica de Cargaxena (UPCT) e o Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC) localizaron un planeta na constelación de Escorpio.
Trátase do segundo planeta que se observou en imaxe directa , e que ten unha masa entre 9 e 16 a de Xúpiter e que se despraza ao redor dunha anana marrón (obxecto astronómico que non ten a suficiente masa para ser considerada unha estrela) e que se atopa a 670 veces a distancia da Terra e o Sol, e o máis curioso é que é que o planeta atópase a unha distancia da anana marrón a unhas 20 veces a distancia entre o Sol e Plutón.
O planeta localizado atópase nunha das rexións de formación de estrelas máis novas e preto do Sol, a 470 anos luz.
No hay comentarios. Comentar. Más...

O "ATLANTIS" PARTE CARA Á ISS

20080208094754-1202416243-0.jpg

O transbordador "Atlantis" saíu dende o Centro Espacial Kennedy (Florida) nunha misión que ten por destino a ISS (Estación Espacial Internacional), na que instalará o módulo científico europeo "Columbus". Esta misión estaba prevista para o pasado decembro, pero foi suspendida en varias ocasións debido a problemas nos sensores situados no tanque exterior de combustible.

O astronauta na NASA Steve Frick dirixe a tripulación formada por seis persoas: o piloto Alan Poindexter e os especialistas Leland Melvin, Rex Walheim, Stanley Love e os membros da Axencia Espacial Europea (ESA) Hans Schlegel e Leopold Eyharts.

Espérase que o transbordador e a ISS se acoplen mañá sábado. A misión durará 11 días.

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

RECUPERACIÓN DA SERRA HIDRÁULICA DE MARZÁN


O delegado da Consellaría de Traballo, Pedro Borrajo Rivas, acompañado do alcalde do Rosal, Jesús Mª Fernández Portela; da concelleira de Cultura, Mª do Rosario Tabales, e o coordinador documentalista, Antonio Lomba, visitaron onte a, posiblemente, única serra hidráulica reconstruída en Galicia, que se localiza no lugar de Marzán, no coñecido como Muíño do Pijorro, alimentado polo regato da Soberbia, e no que traballaron catro obreiros: dous carpinteiros, un albanel e un encargado de obra.

Segundo a xustificación que serviu ao concello rosaleiro para reclamar a colaboración de Traballo nesta reconstrución, a información necesaria para redactar o proxecto de rehabilitación da Serra de Marzán, obtívose dun traballo didáctico realizado por un grupo de profesores do IES A Sangriña, “A auga. Aplicacións enerxéticas na Galicia preindustrial”, premiado pola Consellaría de Educación e a de Industria e Innovación, na modalidade de materiais curriculares.

Explicou a edil de Cultura, que a serra hidráulica de Marzán formará parte dun circuíto turístico-cultural-etnográfico, ao mesmo tempo que didáctico, no que tamén se incorporarán o Aula da Natureza das Aceñas, que está na súa última fase, e o complexo de muíños do Picón-O Folón.

O Muíño do Pijorro, de propiedade privada, pero cedido durante 25 anos ao concello do Rosal, é un muíño dobremente funcional, xa que ao seu carácter de serrería, hai que sumar que era tamén un muíño fariñeiro de dous moas.

Pedro Borrajo valorou positivamente o traballo realizado, e engadiu que tanto polo seu valor etnográfico, como polo futuro que lle destine a corporación do Rosal, poderáselle sacar un gran rendemento, sobre todo desde o punto de vista didáctico, xa que permitirá coñecer como se traballaba na época preindustrial e tamén os usos da auga.
Orixes

A serra hidráulica de Marzán é unha instalación construída a finais do século XIX, de 100 metros cadrados, que consta dunha serra hidráulica alternativa e dous muíños de rodicio. A maquinaria da serra, segundo o estudo elaborado por Antonio Lomba, atopábase en moi bo estado de conservación na parte correspondente ao tremiñado (piso superior), e nun estado de certa deterioración na parte correspondente ao inferno (zona inferior).

No Rosal, ademais desta, coñécense outras dúas serras: a de Couto, en Valdemiñotos, descrita por Praxiteles González Martínez no seu libro “Ribeiras do Baixo Miño”, e outro máis no lugar de Fornelos.

A levada bifúrcase para alimentar, á esquerda, á serra; a dereita ás dúas moas fariñeiras

Entrada do cubo

Regato da Soberbia que alimenta a levada

Entrada, desde o exterior, ao inferno cando se precisa realizar algún arranxo nos artiluxios que moven a serra

Serra no tremiñado, vista desde a porta principal. Ao fondo, a porta traseira do muíño, que permitía retirar as taboas cortadas

Forno no interior do muíño

Roda, e árbore (eixe), que se move pola forza da auga. Vista dese o tremiñado

Gateira, ten forma troncocónica, e acumula a auga que moverá a roda

O mecanismo motriz visto desde o inferno

Trampiña que permite baixar desde o tremiñado ao inferno

Antonio Lomba explica o funcionamento das distintas pezas que se atopan no inferno

Detalle da serra e outros elementos situados no tremiñado

Unha parte do Muíño está dedicado a moenda dos cereais

Cruciformes nunha das pedras da fachada

 

Información obtida de www.galiciasuroeste.info

No hay comentarios. Comentar. Más...

SAÍDA DO COMITE AMBIENTAL DO I.E.S.

20080208091126-p1010317.jpg
Na tarde do pasado mércores, 6 de febreiro, boa parte do COMITÉ AMBIENTAL do IES "A Sangriña", formado por alumnos-as e profesores-as do centro, fixeron unha visita ao CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA NATUREZA DO PARQUE NATURAL DO MONTE ALOIA de Tui. Alí coñecemos de primeira man unha senda botánica, da que trateremos de reproducir algo similar no xardín que estamos a montar na parte posterior do noso centro escolar.
A verdade, digno de vistalo para aqueles que non o coñezan e lles guste a natureza.
Grazas a Manuel Domínguez (Biólogo) que nos atendeu maravillosamente.
No hay comentarios. Comentar. Más...

NOMES PROPIOS: EDWARD O. WILSON

20080210115808-edward-o-wilson.jpg
A esta sección que hoxe inaguramos, traeremos personaxes, vivos ou mortos, que destacaron no campo das ciencias dun xeito excepcional.
Comenzaremos con EDWAR OSBORNE WILSON, considerado o pai da biodiversidade.
 
Neceu o 10 de xuño de 1929 en Birmingham (EEUU). Entomólogo e biólogo, coñecido polo seu traballo en evolución e sociobioloxía. É un gran especialista en formigas e na súa utilización de feromonas (substancias químicas secretadas a modo de sinais coa avantaxe de que poden evitar obstaculos ao ser arrastradas polo aire, conseguindo un gran alcance. Tamén se poden transmitir por vías dixestivas) como medio de comunicación.
É unha das dúas persoas que recibiron a concesión máis alta en ciencias dos EEU, a medalla nacional da ciencia, e o premio Pulitzer en literatura, dúas veces. A Real Academia Sueca, que concede o Premio Nobel, concedeulle o premio Crafoord (unha concesión deseñada para cubrir as áreas de bioloxía, oeonografía, matemáticas, astronomía xeral non cubertas polos premios Nobe). En 1995 foi nombrado como unha das 25 personalidades máis influentes en América e en 1996 unha enquisa internacional colocouno entre os 100 científicos maís infuíntes da historia.
 
«Por humilde e insignificante que sexa, cada especie é unha obra mestra da bioloxía que vale a pena conservar». No seu  último libro, A Creación, Edward Osborne Wilson resume con estas palabras a visión que inspirou toda a súa obra. Desde os seus inicios como explorador do fascinante mundo das formigas ata a súa apaixoada defensa da natureza en auténticos clásicos modernos como A diversidade da vida, o sabio entomólogo de Harvard sobranlle méritos para ser considerado un dos científicos que máis  loitaron polo medio ambiente.                                                                 
No hay comentarios. Comentar. Más...

O SAPO PARTEIRO

20080210131157-1202495829-extras-albumes-0.jpg

 sapo parteiro (Alytes obstetricans) Foto: EFE

Un novo centro de cría en cautividade na Serra do Guadarrama trata de protexer aos sapos parteiros e a outros anfibios ameazados. O sapo da imaxe ten "quitidriomicosis" un fungo asasino.

No hay comentarios. Comentar. Más...

NEW FLAME, OUTRO DESASTRE

20080211175552-multimedia-271207.jpg

O cargueiro panameño "New Flame" ,  que quedou semiafundido a media milla de Xibraltar tras colisionar co petroleiro "Torm Gertrud" o pasado 12 de agosto, choque que deixou toneladas de resíduos, está xa case totalmente afundido e mandou á costa de Alxeciras (Cádiz) por terceira vez manchas de hidrocarburos.

É lamentable que despois de 6 meses, ¡SEIS MESES! , aínda se siga nesa situación, e nada fixera Xibraltar por solucionar o problema. Parece que agora, xa era hora, o goberno español toma algunha decisión IMPORTANTE para poñer coto ao despropósito da colonia británica en solo español.

Esperemos que sexa o principio do fin desta situación que aos galego nos recorda  vellas pantasmas como o CASÓN, PRESTIGE, etc.

 

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

COLUMBUS

20080211181021-1202743092-extras-portadilla-1.jpg
Tal como publicamos nesta páxina o pasado venres (8 de febreiro) o transboradador espacial "Atlantis" que tiña como misión na ISS  (Estación Espacial Internacional) preparar o laboratorio europeo COLUMBUS fixo o seu acoplamento  o sábado de forma  correcta e os traballos xa comenzaron. 
Se queres coñecer ese proxecto "Columbus" pincha no seguinte  gráfico interactivo:COLUMBUS
No hay comentarios. Comentar. Más...

HUMOR SOBRE AS PELES DE CAZA

20080211182045-2008-02-18-vin-2008-02-11-02-28-04-11fotomaton.jpg
Faro de Vigo (11/02/2008)
No hay comentarios. Comentar. Más...

O VOLCÁN TUNGURAHUA ESPERTA DE NOVO

20080211184441-despertar-coloso.jpg

O volcán Tungurahua, situado no centro andino do Ecuador, volveu espertarse. Xa en xulio e agosto de 2006 rexistrara fortes explosións que deixaran, entón, sete mortos e cuantiosos danos materiais na agricultura e nas infraestructuras viarias. Tungurahua significa gorxa de fogo e atópase a 130 quilómetros de Quito.

Por outra banda, non moi lonxe, agora e Chile, o volcán Llaima, do que demos noticias nesta páxina, segue activo dende o pasado 1 de xaneiro. Atópase a 700 quilómetros ao sur de Santiago de Chile.

Pero, ¿que é e como se forma un volcán? Se estás interesado en contestar a estas preguntas pincha na seguinte páxima interactiva:OS VOLCÁNS

No hay comentarios. Comentar. Más...

FÓSIL DUN PEQUENO RÉPTIL VOADAOR

20080212190543-1202746328-0.jpg

Un xacemento chino, preto de Mongolia, conservaba entre os sedimentos de hai uns 130 millóns de anos o esqueleto dun diminuto réptil voador , o máis pequeno que se leva descuberto ata agora.

O pequeno pterosaurio, bautizado como Nemicolopterus crypticus, tiña unha envergadura, coas as abertas, de tan só 25 cm e, á vista dos seus rasgos físicos, pénsase que vivía sobre as árbores como un paxaro. Comprobaron que non tiña dentes, que a forma da crista do seu húmero era diferente e que as falaxes das súas patas estaban curvadas, peculariedades que permiten afirmar que o lagarto N. crypticus vivía nas árbores e que comía insectos  nos bosque do norte da China.

Os lagartos alados existiron durante toda a idade Mesozoica (de hai 228 a 65 millóns de anos) e pénsase que foron os primeiros vertebrados en invadir o aire.

O caso que nos ocupa, situámolo no Cretácico temperán.

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

POLÍTICA

Dado que estamos en época de eleccións, imos reflexionar sobre o tema da POLITICA, mediante cinco frases:

A primeira é  do escritor irlandés  George Bernad Shaw (1856-1950): "A política é o paraíso dos chalatáns".

A segunda é do político e periodista francés Georges Benjamin Clemenceau (1841-1929): "Cando un político morre, moita xente acude ao seu enterro.Pero fano para estar completamente seguros de que se atopa de verdade baixo terra".

Para rematar outras tres frases de dominio propular sobre este tema:

"Os pilíticos son eses grandes farsantes que falan moito e non din nada".

"O que non sabe de política, máis político se fai".

"A política é perfecta pero ten un gran defecto, ¡quen a practica!

No hay comentarios. Comentar. Más...

TITÁN TEN MÁIS HIDROCARBUROS QUE AS RESERVAS DA TERRA

20080214171440-1202985408-0.jpg

Recreación artística de como poderían ser as lagoas de hidrocarburos da superfiecie de Titan (Ilustración NASA)

A lúa Titán de Saturno, ten as reservas de hidrocarburos superior as que a Terra ten de  petróleo e de gas natural, información obtida pola sonda Cassini. Esta información foi facilitada pola NASA, concretamente a JPL (Laboratorio de Propulsión a Chorro).

"Titán está cuberta por materiais que conteñen carbono (C). É unha xigantesca fabrica de materiais órgánicos"

"Estes enormes xacementos de carbono son unha importante fiestra cara a xeoloxía  e á meteoroloxía de Titán".

 A temperatura media de Titán é de -179 ºC e en vez de auga, a súa superficie está cuberta de hidrocarburos en forma de metano e etano.

No hay comentarios. Comentar. Más...

NOMES PROPIOS: JAMES LOVELOCK

20080210141056-lovelock.jpg

JAMES EPHRAIM LOVELOCK, O PAI DE "GAIA".

Naceu en Letchworth Garden (Inglaterra) en 1919. seguramente é o máis sabio dos científicos vivos que non imparte clases en nuingunha universidade. Ten unha preparación impresionante en química, bioloxía e física, pero traballa como investigador independiente na súa casa rural nun entorno campestre de Inglaterra. Dende alí logrou comprender mellor a dinámica da natureza que calquera dos seus colegas de laboratorio.

A súa Hipótese de Gaia presenta á Terra como un sistema que se regula por si só e é a súa aportación máis importante e recoñecida. Pero moitos dos seus inventos foron claves para detectar na atmosfera os CFC e solucionar o burato na capa de ozono que provocan e para medir algúns gases causantes do efecto invernadoiro

No hay comentarios. Comentar. Más...

SEQUÍA

20080215185927-1203082690-0.jpg
Balsa seca onde bebe o gando
A falta de chuvias está propiciando que España vaia sufrir o semestre hidrolóxico (outubro-marzo) máis seco dos últimos setenta anos, segun informa o INM (Instituto Nacional de Meteoroloxía), calificando a situación actual de "seria".
Penso que todos teriamos que ser un chisco máis aforradores, poñendo en marcha o sentido común para evitar o despilfarro.
¡Só sabemos o que é cando nos falta!
No hay comentarios. Comentar. Más...

PIOLLO MOMIFICADO

20080216132723-1202495979-extras-albumes-0.jpg

Piollo momificado (Foto: Reuters) 

Este piollo atopouse nunha momia chiribaya de hai 1.000 anos en Perú. Este achado apoia a tesis de que os piollos acompañaron aos humanos que saíron de África hai 100.000 anos.

 

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

AMPLIACIÓN DE PRAZO

20080216134657-20071202131813-index.27.jpg

O I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA convocado pola AXENDA 21 ESCOLAR do IES A Sangriña, amplia o prazo de presentación ata finais deste mes de febreiro.

Esperamos que deste xeito se incremente notablemente o número de participantes. ¡PARTICIPA!

Recordamos as bases:

Participantes: Poderán participar tódolos membros da comunidade educativa (alumnos, pais, profesores e persoal non docente).

Datas de presentación: Entre o 1 de decembro e o 15 de febreiro. AGORA ATA FIN DE FEBREIRO.

Temática: Paisaxe (natural e humanizado), impacto ambiental, patrimonio artístico, denuncia medioambiental, feismo, e todo o que que teña que ver co medio ambiente, sempre circunscrito á Comarca do Baixo Miño.

Presentación: Os traballos serán orixinais, presentándose en formato 20 X 25. Sería aconsellable que tamén se presente en formato dixital a efectos de facer un álbum fotográfico nese formato. En caso de non ser presentado deste segundo xeito serán escaneadas as fotos, perdendo polo tanto cualidade á hora de facer o citado álbum.

Cada fotografía ira acompañada dun título e un pequeño texto ou pequeño relato, onde o autor explique a idea que plasma a fotografía.

Entregarase nun sobre e compañánda doutro cerrado que conteña o nome e apelidos e teléfono de contacto. Á entrega, que se fará na secretaría do centro, numerarase a fotografía e o sobre cerrado, para manter identificada a foto e manter anónimo a identidade do autor.

O nº máximo de fotografías por persoa será de 3.

Exposición e resultados: Desde o 3 ao 7 de marzo haberá unha exposición pública dos traballos. Tódolos membros da comunidade educativa do centro serán xuíces de tal evento, podendo depositar a súa votación en urna (1 por persoa na que aparezan 2 números distintos correspondentes a 2 fotografías) en horarios que se farán públicos entre o 3 e 7 de marzo, días da exposición. Entre os votantes farase o sorteo dun agasallo pen drive.

Categorías e premios : Existirá unha única categoría. Entregaranse 3 premios:

1º clasificado – Diploma e unha cámara dixital.

2º clasificado – Diploma e un MP3.

3º clasificado- Diploma e pen drive.

A entrega de premios será o último día de clase do 2º trimestre, 14 de marzo.

Bases: A participación no presente concurso leva consigo a plena aceptación destas bases.

As fotografías pasaran a ser propiedade da Axenda 21 Escolar de Galicia/IES A Guarda, podendo ser utilizadas en calquera campaña que a Axenda 21 faga a nivel escolar ou supraescolar.

¡ÁNIMO E A PARTICIPAR!

No hay comentarios. Comentar. Más...

JANE GOODALL

20080217124337-jane-goodall.jpg

Jane Goodall, a dama dos monos.

Jane Goodall, naceu en 1934 en Londres. Etóloga (a etoloxía é unha rama da bioloxía e a psicoloxía experimental que estudia o comportamento dos animais). É a primatóloga máis carismática do mundo, descubrindo que os chimpancés eran capaces de realizar actividades cognitivas similares ás humanas, co que nos aproxima máis aos simios, poñendo en evidencia a importancia de protexelos dunha extinción máis que problable.

Entre os múltiples títulos e premios, destacamos que no 2003 foi Prmio Príncipe de Asturias en investigación Científica e Técnica.

Para coñecer un pouco a súa forma de pensar, quedémonos con estas palabras: "Cada persoa ten importancia; cada persoa exerce influencia; cada persoa pode facer a diferencia".

No hay comentarios. Comentar. Más...

ECLIPSE TOTAL DE LÚA NA MADRUGADA DO MÉRCORES 21

20080215182535-eclipse-luna-21-02-2008.jpg
Na madrugada do próximo mércores 21 de febreiro, concretamente a partir das 2 h e 43 min, a Lúa chae acomenzaera a escurecerse, será unha eclipse  total de Lúa, o último nos próximos seis anos.
Unha eclipse de Lúa prodúcese cando a  Lúa intérponse na zona de sombra da Terra. Un eclipse de Lúa é un dos maiores espectáculos do mundo, igual non ten a grandeza dun de Sol, pero ten unha ventaxa, a seguridade, só precisamos os nosos ollo e iso si, unha noite sen nubes.
No hay comentarios. Comentar. Más...

XARDÍN ESCOLAR

20080218103219-p1010354.jpg
Na semana pasada, membros do Comité Ambiental, do IES A Sangriña, completaron de plantar o xardín escolar que a Axenda 21 EG está a elaborar na parte posterior do Centro. Con este traballo remátase a parte arbórea, quedando só por completar a parte de retamas e plantas aromáticas.
Así mesmo un Grupo de Traballo de profesores están a preparar unha senda botánica para a aplicación do xardín botánico escolar nas actividades docentes.
Un traballo que lamentablemente moitas veces vemos frustado polas actitudes dun grupo reducido e illadode membros do Centro que destrúen o que tantro traballo e horas leva facer.
No hay comentarios. Comentar. Más...

CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA

20080217113042-1198247849-extras-albumes-0.jpg

Fotografía: EFE/Alex Hofford

Dúas imaxes recientes da cidade Hong-Kong tomamadas dende o mesmo lugar, á mesma hora (seis da maña) pero en días diferentes. Nunha delas o nivel de polución era moi alto e na outra a atmosfera está completamente limpa.  

No hay comentarios. Comentar. Más...

COORDENADAS XEODÉSICAS

20080217120218-oferta8.jpg

Placa situada na fachada co Concello de a Guarda (Foto: Galiciasuroeste.info)

As coordenadas xeodésicas son as coordenadas que determinan a situación espacial dun punto, mediante as coordenadas xeográficas acompañadas coa altura sobre o elipsoide. Polo tanto:

Lonxitude: Ángulo que se forma entre o meridiano de Greenwich (ou 0º) e o meridiano que pasa polo punto en cuestión. Á dereita do meridiano 0º será E e á esquerda O. No caso da Casa do Concello de A Guarda: 8º 52´27,2" O.

Latitude: Ángulo entre a normal ao elipsoide e o ecuador. Se é por encima do ecuador será N e por debaixo S. No caso da Casa do Concello de A Guarda: 41º 54´04,2" N.

Altitude: Distancia en vertical dun punto orixe dado, considerado como nivel cero, para o que se suele tomar o nivel medio do mar (en  España tómase a cidade de Alicante). No caso da Casa do concello de a Guarda: 35 m.

Datos do Instituto Xeográfico Nacional.

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

CALENDARIO 2ª AVALIACIÓN

Entramos no último tramo desta 2ª avaliación. ¡AVALIACIÓN MOI IMPORTANTE!
Estas son as datas de referencia:
 
Exames de CN:Chulo
1º A, B, C e D: venres 7 de marzo.
2º C1: venres 7 de marzo.
 
AVALIACIÓNS:Sorprendido
1º A e D: martes 11 de marzo
1º B e C: mércores 12 de marzo
2º C1: martes 11 de marzo
 
ENTREGA DE NOTAS:Enfadado
Venres 13 de marzo ás 11:30 horas nas aulas de titoría respectivas.
No hay comentarios. Comentar. Más...

ECLIPSE

20080221091555-1203576269-extras-albumes-0.jpg

Tal como anunciamos hai días, na pasada madrugada aconteceu unha eclipse total de Lúa. A hora para velo non era a máis adecuada, polo que reproducimos a secuencia do mesmo. Lembrade que non teremos a oportunidade de volver a velo ata dentro de seis anos.

No hay comentarios. Comentar. Más...

MARIO MOLINA HENRÍQUEZ

20080221195015-1182764934-1.jpg
Mario Molina, o salvador da capa de ozono.
Químico mexicano nacionalizado estadounidense. Naceu o 19 de marzo de 1943 na cidade de México. Cursou estudios en Suíza. Licenciado en Ciencias Químicas pola Universidade de Berkeley (California).
En 1995, recibíu o Premio Nobel de Química, xunto co seu colega estadounidense Sherwood Rowaland, polos seus importantees achádegos sobre o deterioro que estaba sufrindo a capa de ozono. As súas investigacións demostraron que a acumulación de clorofluorcabonos (CFC) na atmosfera estaban perforndo o escudo natural que nos protexe dos raios ultavioleta do Sol .
As súas conclusións foron as bases científicas sobre o que se estableceu no protocolo de Montreal, un tratado internacional que servíu para reducir de forma eficaz as emisión dos CFC.
No hay comentarios. Comentar. Más...

GORILAS

20080224204523-1194008244-extras-albumes-0.jpg
Gorilas de chaira (Foto: Gustavo Catalán Deus)
 
Estes gorilas de chaira atópanse na pequena reserva de Lesio-Louna-Lefini, a 200 km de Brazaville (Congo). Están en perigo de extinción debido á caza ilegal e ao virus do ébola, que nos últimos anos mataron a máis do 25% dos seus efectivos.
 
 

No hay comentarios. Comentar. Más...

FÚTBOL: COPA COCA-COLA

20080225191142-2008-03-03-img-2008-02-25-05.00.51-86-edrenr-25022008.jpg
 Foto: Faro deVigo 25/02/2008
 
O equipo do noso insitituto proclamouse campión da Copa Coca-Cola de Vigo, e asistirá á fase final a celebrar en Sevilla entre o 31 de maio e o 3 de xuño deste ano, representando á provincia de Pontevedra.
Para conseguilo tiveron que gañarlle na final ao equipo do IES de Beade, chegando á tanda de penaltis por morte súbita. Citar tamén que o noso porteiro, Jaro videira García, foi nomeado mellor porteiro.
¡Felicidades e moita sorte en Sevilla!
No hay comentarios. Comentar. Más...

DÍA A DÍA

Por  problemas co servidor de internet non puiden subir as notas deste último control. Son problemas alleos totalmente a min. De calquera xeito o próximo día de clase, coma sempre, teredes os resultados.
No hay comentarios. Comentar. Más...

PROBLEMA RESOLTO

Solucionado o problema do servidor, xa tedes ao día os vosos resultados da marcha do curso. Consultade o apartado de DÍA A DÍA.
No hay comentarios. Comentar. Más...

TERREMOTOS EN GALICIA

20080227183318-explorar.jpg
 Gráfico: Faro de Vigo
No ano pasado, Galicia sufríu 130 terremotos. A provincia máis afectada foi Lugo con 78 seismos. Según os expertos do Instituto Xeográfico Nacional, Galicia está nunha zona de " perigosidade sísmica media respecto á perigosidade da península". O maior risco en España localízase no Levante e no Sur, a área máis próxima aos límites das placas africana e europea.
No hay comentarios. Comentar. Más...

GALAXIA M33

20080228224950-1204136286-g-0.jpg

Imaxe da galaxia M33 vista polos instrumentos ultravioleta do satélite "Swift"

A galaxia M33 forma parte, xunto con Andrómeda e a Vía Láctea (a nosa galaxia), do chamado Grupo Local de Galaxias, é dicir a rexión do universo na que nos encontramos. É a segunda galaxia espiral, só superada pola nosa. Tamén é coñecida como a galaxia do Triángulo.

Esta galaxia é noticia xa que brilla con luz ultravioleta como "un resplandor de estrelas nacentes", según acaba de dar a coñecer a NASA tras presentar unha nova e elaborada imaxe desta aglomeración de astros, situada a uns tres millóns de anos luz de nós.

No hay comentarios. Comentar. Más...

AL GORE

20080227185447-algore2.jpg
Al Gore naceu o 31 de narzo de 1948, fillo do senador estadounidense tamén chamado Al Gore e de Pauline e Pauline LaFon Gore. Ingresou na universidade de Harvard, e foi ali, en 1968, onde asistíu por primeira vez ás clases de ciencia naturais do profesor Roger Revelle (un dos primeiros científicos en darse conta dos preocupantes niveis de absorción de CO2 na atmosfera e os océanos e das súas consecuencia no clima mundial).
Graduado en 1969, casouse en 1970 con Mary Elizabet Tipper Aitcheson. Ingresou no exército, desempeñando a misión de periodista en Vietnam. Á volta empezou a traballar como periodista. En 1984 foi elegido senador. En 1992 publicou o libro, xa clasico: "Ecoloxía e conciencia humana” no que plantea unha revolución ecolóxica necesaria para o século XXI.
Gore foi vicepresidente dos Estados Unidos no tándem que formou xunto con Hill Clinton. Presentou no Congreso diversas iniciativas para resolver a crise climática e quixo convencer ao Senado que ratificara o Protocolo de Kioto que o propio Al Gore axudara a redactar.
Al Gore é director de Current TV, unha rede de televisión basada en contidos creados polos espectadores, e de Generatión Investment Management, firma que propugna un novo enfoque das inversións saostibles. No ultimos seis anos recorreu o mundo dando conferencias.
Na actualidade é coñecido polo seu libro e a conseguinte película UNHA VERDADE INCÓMODA (2006).
Premio Principe de Asturias na categoria de Cooperación Internacional no 2007.
No hay comentarios. Comentar. Más...

LEUCOSPERMUM GERRARDII

20080229191102-1193413265-extras-albumes-0.jpg
Imaxe dunha planta indíxena sudafricana  (Foto:NIC BOTHMA / EFE)
No hay comentarios. Comentar. Más...