Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Junio de 2011.

O CEO DO MES: XUÑO 2011

20110530095324-verano.jpg

Comenzo do verán no hemisferio norte / Imaxe:almez.pntic.mec.es

1 xuño: Lúa NovaEclipse de Sol parcial (Non visible en España)

9 de xuño: Cuarto Crecente.

15 de xuño: Lúa Chea. Eclipse de Lúa total (Os observadores de toda Europa perderanse as primeiras fases da eclipse, xa que se producen antes da saída da Lúa. Afortunadamente, a totalidade verase en todo o continente, excepto no norte de Escocia e ao norte de Escandinavia).

21 de xuño: Comenzo do verán.

23 de xuño: Cuarto Minguante.

Chuvia de meteoros: Bootidas Xuño, actividade dende o 22 de xuño ao 2 de xullo, con máximo o 27 de xuño.


No hay comentarios. Comentar. Más...

AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO

20110531172024-libros-de-texto.jpg

Libros de texto / Imaxe:colegiodelajara.blogspot.com

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria continúa a prestar o seu apoio ás familias que máis o necesitan a través do programa de Gratuidade Solidaria, co fin de salvagardar o dereito á educación en igualdade de oportunidade de todos os escolares galegos no actual contexto de crise económica.

Deste xeito, onte publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) as convocatorias de axudas para a adquisición dos libros de texto para o curso 2011/2012, coas que se favorece que os escolares das familias con menos recursos poidan ter manuais en propiedade totalmente subvencionados.

Ademais a nova convocatoria blinda as axudas dirixidas neste sentido ao alumnado de todos os niveis de educación especial, con independencia da renda per cápita familiar.

Cómpre sinalar o importante esforzo que estas axudas supoñen para a Administración Pública galega, cuxos orzamentos se están a ver igualmente afectados pola importante crise pola que atravesa a economía. Con todo, a Consellería volve dar así mostra do seu compromiso para desenvolver actuacións que favorezan unha educación de calidade para todas as galegas e galegos con independencia da súa situación económica.

Axudas á adquisición de libros

O programa de Gratuidade Solidaria para o curso 2011/2012 mantén os umbrais da renda das convocatorias anteriores, tomando como referencia a situación persoal e familiar a 31 de decembro de 2009 e o exercicio fiscal 2009.

A convocatoria de axudas á adquisición de libros de texto en 1º e 3º da ESO, cursos que se incorporan este ano por primeira vez ao programa e nos que os manuais teñen un prezo superior, mantén bolsas de 180 euros por estudante para as familias monoparentais cunha renda per cápita de ata 6.000 euros, 5.400 euros para o resto das familias, é dicir, para o primeiro tramo dos contemplados; e de 104 para as monoparentais cunha renda por persoa de entre 6.001 e 9.000 euros, 5.401 e 9.000 no caso do resto das familias (segundo tramo).

Ademais, como xa se sinalou, o alumnado matriculado en educación especial, en centros específicos ou en unidades de educación especial en centros ordinarios poderá percibir axudas de 250 euros con independencia da renda pér cápita familiar.

 

Plurilingüismo e  reposición

A Consellería volve ademais convocar axudas para a adquisición dos libros de 3º e 4º de ESO que cambian de idioma para dar cumprimento ao establecido polo Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. Desta forma, e atendendo as mesmos umbrais para os devanditos tramos de renda per cápita, establécense bolsas de 25 e 14  euros en educación secundaria.

Doutra banda, e co fin de garantir o mellor estado dos manuais nos que aínda está vixente o sistema de préstamo, os centros poderán solicitar beneficiarse do programa de reposición de libros de texto nos niveis de 2º e 4º da ESO.

Procedemento

O prazo de solicitude será do 25 de xuño ao 26 de xullo para a ESO que formalice matrícula no prazo ordinario, e o 1 ao 30 de setembro para os que a formalicen no extraordinario. As solicitudes e demais información poderán consultarse pinchando AQUÍ e no portal educativo da Xunta de Galicia, www.edu.xunta.es .

Ao igual que o pasado curso as familias que cumpran os requisitos para ser beneficiarios do programa recibirán nos seus respectivos centros educativos un vale co que poderán adquirir os libros no correspondente establecemento, á súa libre escolla e polo importe máximo que figura no documento. Unha vez entregados os manuais, os establecementos presentarán as facturas na Xefatura Territorial da Consellería de Educación en cada provincia, para que lles sexan ingresados os importes correspondentes aos vales tramitados.

O obxectivo deste sistema é que as familias non teñan que desembolsar contía algunha polo importe das axudas, facendo máis fácil ademais os pagamentos, ao se reducir considerablemente o número de transferencias bancarias que ten que facer a Consellería. Por outra banda, a xeración automática dos datos da familia polo sistema informático simplifica considerablemente o labor dos centros educativos, elemento fundamental no proceso de tramitación das bolsas.

FONTE: Consellería de Educación e O. Universitaria

No hay comentarios. Comentar. Más...

AUGA NA LÚA

20110602095839-lua.jpg

A Lúa / Imaxe:lamanzanaingravida.wordpress.com

As rochas traídas da Lúa polos astronautas da misión Apollo 17 en 1972 ocultaban un segredo: pese ao seu aspecto árido, o interior do manto lunar ten tanta cantidade de auga como o da Terra. Así asegúrao o equipo científico do arxentino Alberto Saal, profesor asociado da Universidade de Brown (EEUU), que volveu a poñer sobre o tapete a cuestión da orixe do satélite terrestre.

O equipo de Saal, en 2008, xa anunciara en "Nature" que a Lúa ocultaba auga no seu interior, pero daquela detectárase unha cantidade moi escasa e moitas voces críticas levantáronse na súa contra. Agora, novas análises publicadas en "Science" non só confirman o anterior, senón que amosan que o magma lunar contén 100 veces máis cantidade de auga da que pensaban.

Os investigadores descubriron a auga en anacos de lava que recolleron os membros das misións Apollo da NASA nos anos 70.

O argumento é que nas erupcións volcánicas que houbo no pasado na Lúa, o 98% da auga que saía ao exterior gasificábase, perdéndose no espazo. Non obstante, tamén formábanse cristais (igual que ocurre na Terra) que atrapaban gotas de lava con auga, de forma que non puido gasificarse. Son as chamadas "inclusións fundidas". No interior destes diminutos cristais foi onde os xeoquímicos atoparon evidencias dunha auga que non existe a simple vista. No seu traballo, lograron medir 1.200 microgramos de auga por gramo, exactamente a mesma proporción detectada nas lavas do fondo do Océano Pacífico.

Este achádego consolida a teoría de que a Terra e a Lúa teñen unha orixe común, e que o satélite formóuse cando o impacto dun planeta separou parte do material terrestre, que quedou en órbita. Ata agora pensábase que nese proceso desapareceu por evaporación toda a auga lunar, debido ás altas temperaturas que se xeneraron, pero son teorías que agora terán que revisarse, á luz destes novos datos.

FONTE: El Mundo

No hay comentarios. Comentar. Más...

QUENTAMENTO DAS AUGAS DA ANTARTIDA

20110525093106-atravesando-lago-hielo.jpg

Rompexeoa Polarstern / Imaxe:Frank Rödel (AWI)

As augas profundas no mar de Weddell, na Antátida, estanse quentando, segundo indican as medidas que acaban de tomar os científicos da campaña científica realizada alí a bordo do buque rompexeos oceanográfico alemán Polarstern (Estrela polar. Construído no 1981).

Ao considerar os datos de campañas anteriores, resalta que nos últimos 26 años rexistrouse un quentamento medio en toda a columna de agua no mar de Weddell de seis centésimas de grao. Aínda que pode parecer un aumento de temperatura pequeno, ao extenderse ata augas moi profundas, supón un volume considerable de calor acumulado no océano.

Segundo o Panel Intergubernamental sobre Cambio Climático (IPCC), das Nacións Unidas, máis do 80% da calor adicional absorbida pola Terra ata agora debido ao aumento das concentracións de gases de efecto invernadoiro está acumulado na capa superior do océano, ata unha profundidade de 1.500 metros, agora podese demostrar que no océano profundo, un volume enorme de auga, tamén está implicado neste proceso.

FONTE: El País

No hay comentarios. Comentar. Más...

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2011-2012

20110603182558-calendario3.jpg

Calendario escolar

O calendario escolar para o vindeiro curso 2011/2012, atendendo ao establecido pola Lei Orgánica de Educación (LOE) de 2006, terá 175 días lectivos.

Deste xeito as clases en educación infantil, na educación especial e na educación primaria, comezarán o 12 de setembro de 2011 e rematarán o 22 de xuño. No caso da educación secundaria obrigatoria, o bacharelato, a formación profesional e as ensinanzas de réxime especial, as actividades lectivas realizaranse entre os días 16 de setembro de 2011 e o 22 de xuño de 2012. No segundo curso de bacharelato as actividades lectivas ordinarias rematarán de acordo coas datas previstas para a proba de acceso á universidade.

Nos primeiros días do mes de setembro e ata o día 6 como máximo realizaranse as probas correspondentes á convocatoria extraordinaria do curso 2010/2011 para o alumnado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

Días non lectivos e conmemoracións

Respecto dos períodos de vacacións, as de Nadal abranguerán desde o día 22 de decembro de 2011 ata o día 8 de xaneiro de 2012, as de Semana Santa do 2 ao 9 de abril, e as de Entroido os días 20, 21 e 22 de febreiro. Ademais serán días non lectivos os festivos e as festas laborais de carácter local e, os centros en que unha ou as dúas festas laborais de carácter local non coincida con días de clase,  poderán solicitar un ou dous días non lectivos. O día do ensino, tamén non lectivo, celebrarase o 31 de outubro.

Xa con consideración de días lectivos, durante o curso escolar os centros celebrarán as conmemoracións da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia, o Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, o Día da Paz, o Día Internacional da Muller Traballadora, o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor, a Semana da Prensa, o Día do Libro, o Día Mundial da Saúde, o Día de Europa, a Semana das Letras Galegas e o Día Mundial do Ambiente.

Para coñecer polo mído o contido dp calendario pincha AQUÍ.

FONTE: Consellería de Educación e O.U.

 


No hay comentarios. Comentar. Más...

ESCHERICHIA COLI

20110604124340-1307036460-extras-ladillos-1-0.jpg

Mostra de polvo de vidro sodocálcico, eficaz contra o E. coli /Imaxe: Antonio Xoubanova

Esta semana pasada moito se falou da Escherichia coli. Pero que é? É unha bacteria común que vive nos intestinos de animais e humanos. Existen moitas cepas de E. coli, inofensivas na súa maioría, aínda que existe unha variedade, E. coli 0157: H7 que produce unha potente toxina (Shiga) e pode ocasionar enfermidades graves como a Síndrome Urémica Hemolítica, que pode acabar cun fallo renal.

Ao parecer, a infección de Alemaña pode ser debida á cepa 0104: H4, que é moi parecida á 0157: H7 e que causa asimesmo enterocolitis.

Os brotes prodúcense  a miúdo cando a bacteria chega aos alimentos destinados ao consumo humano. A carne de gando vacún acontece ser a principal fonte de infección, sobre todo a picada e a que non se cociña o suficiente. O microorganismo tamén pode atoparse nas ubres das vacas e chegar ao leite que non sexa pasteurizada.

Os vexetais crudos que fosen cultivados ou lavados con auga contaminada ou que entraran en contacto con feces de animais infectados (ou ben con fertilizantes naturais) poden tamén ser portadores da bacteria. Pode atoparse tamén na auga potable, lagoas ou piscinas con augas residuais. Propágase tamén se as persoas non se lavan ben as mans despiois de ir ao baño.

Como consellos oara protexernos da bacteria: Cociñar ben a carne picada a temperaturas superiores aos 70º C e, no caso das verduras, realizar un lavado correcto das mesmas se se van consumir sen cociñar (sumerxéndoas en lexivia propia para estes casos ou nun producto específico para hortalizas). É importante manter a carne cruda separada dos outros alimentos. Débese lavar con auga quente e xabón as superficies que se usen na cocina e nunca servir a carne cociñada no prato onde estivo antes de pasala polo lume.

Por certo, científicos do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) desenvolveron un producto biocida composto por polvo de vidro que demostrou ser implacable con bacterias como a que estamos comentando. Ao parecer é fácil de obter, económico e o máis importante, non é tóxico para a saúde nin para o medio ambiente.

FONTE: El Mundo


No hay comentarios. Comentar. Más...

5 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

20110605104917-dia-m.-ambiente.jpg

O Día mundial do Medio Ambiente celébrase cada 5 de xuño desde 1972. Este día foi establecido pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, na Resolución 2994 (XXVII) do 15 de decembro de 1972, coa que se iniciou a Conferencia de Estocolmo co Medio Humano coma tema principal. Ese mesmo día, a Asemblea Xeral da ONU aprobou a creación do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA).

Poderíase dicir co Día Mundial do Medio Ambiente é un vehículo polo que a Organización de Nacións Unidas sensibiliza a opinión mundial en relación a temas ambientais, intensificando a atención e a acción política e co obxectivo principal de darlle un contexto humano, motivando ás persoas para que se transformen en axentes activos do desenvolvemento sostible e equitativo; promover o papel fundamental das comunidade no cambio de actitude cara a temas ambientais, e fomentar a cooperación, pois esta garantirá que tódalas nacións e persoas gocen dun futuro máis prospero e seguro.

Este ano o lema elexido polas Nacións Unidas é "Bosques: Naturaza ao teu servizo".

No noso Centro, as actividades deste día celebraranse o próximo venres, día 10.

No hay comentarios. Comentar. Más...

ERUPCIÓN DO VOLCÁN PUYEHUE

20110605122811-volcan-3.jpg

Nube de cinsas do volcán Puyehue / Imaxe: lavoz.com.ar

A entrada en erupción do volcán Puyehue , precedida de máis de 200 terremotos (doce deles superaron ls 4 graos na escala de Richter, e 50 foron por encima dos 3 graos), obrigou ás autoridades chilenas a evacuar a unhas 3.500 persoas que viven nas proximidades e as autoridades arxentinas a tomar medidas de emerxencia na zona turística de Bariloche e Villa Angostura, ante a chegada das primeras nubes con cinsas volcánicas, polo que foi preceiso pechar o aeroporto de Bariloche e un paso fronteirizo entre os dous países, deixando á cidade momentáneamente illada.

O volcán Puyehue, é un volcán activo do tipo estratovolcán e cono colapsado, de 2.240 m, ubicado na cordillera de Los Andes, en Puyehue, Provincia de Osorno, Región de los Lagos (Chile) específicamente ao norte do paso internacional Cardenal Samoré, no límite leste do Parque Nacional Puyehue. Pertence ao Cordón do Caulle.

O Puyehue non estalaba desde 1990.


No hay comentarios. Comentar. Más...

LETRAS GALEGAS 2012

20110605230720-fotonoticia-20110604161410-500.jpg

Valentín Paz Andrade / Imaxe:europapress.es

O Plenario da Real Academia Galega, reunido en sesión ordinaria o pasado sábado, día 4 de xuño de 2011, acordou dedicar o Día das Letras Galegas de 2012 a Valentín Paz Andrade (Lérez, Pontevedra, 1898 - Vigo, 1987).

Valentín Paz Andrade licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1921 e foi durante a súa etapa de estudante cando se achegou ao movemento galeguista, participou na II Asamblea Nacionalista de Santiago de Compostela (1919). Era director do xornal Galicia en 1926 cando foi cerrado pola ditadura de Primo de Rivera. Presidiu o Grupo Autonomista Galego (1930), foi candidato ás Cortes Constituíntes de 1931 xunto con Castelao e Ramón Cabanillas, colaborador da redacción do anteproxecto de Estatuto de Galicia presentado polo Seminario de Estudos Galegos (1931) e membro activo do Partido Galeguista, do que foi nomeado secretario en 1934.

Durante a Guerra Civil axudou a fuxir e defendeu a moitos intelectuais galeguistas. Por causa da súa actividade política e da publicación dalgúns artigos foi detido en diversas ocasións.

As súas colaboracións foron frecuentes nos xornais El Pueblo Gallego, Faro de Vigo e La Noche, onde aparecían asinadas cos pseudónimos M., Xan Quinto e Mareiro. Desde 1945 xuntábase no café Alameda, de Vigo, con intelectuais e artistas como Carlos Maside, Laxeiro, Prego de Oliver, Fernández del Riego. Os irmáns Xosé María e Emilio Álvarez Blázquez, entre outros, para falaren e debateren.

Os seus literarios, históricos e económicos reflicten a súa preocupación polo progreso e o avance de Galicia, Galicia como Tarea (1959), La anunciación de Valle-Inclán 1967), La marginacíón de Galicia (1970), Castelao na luz e na sombra (1982), Galiza lavra a sua imagem (1985).

Da súa faceta poética temos achegas como, Soldado da morte (1921), Pranto matricial (1954), Sementeira do vento (1968), Cen chaves de sombra (1979) ou Cartafol de homenaxe a Ramón Otero Pedrayo (1985).

Foi membro correspondente da Real Academia Galega desde 1964 e numerario desde 1978, cando deu lectura ao preceptivo discurso, que titulou A galecidade na obra de Guimarães Rosa, e que foi respondido en nome da institución por Álvaro Cunqueiro.

 FONTE:Real Academia Galega

 

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

ROSETTA

20110606072241-rosetta3.jpg

Rosetta / Imaxe:astronomytoday.com

Os expertos da Axencia Europea do Espazo (ESA) están preparados para poñer en modo de hibernación a súa nave Rosetta , que se dirixe ao encontro dun cometa e que, nos próximos meses, viaxará demasiado lonxe do Sol (ata 790 millóns de quilómetros) para que a radiación alimente de enerxía os seus sistemas.

Rosetta, nave europea de exploración, dunhas tres toneladas, foi lanzada ao espazo en marzo de 2004 e debe chegar ao cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko en 2014, para colocarse en órbita do seu núcleo e poder estudialo de preto cos seus 11 instrumentos científicos de a bordo. Tamén, lanzará un módulo de descenso á superficie, con outra decena de aparatos de investigación. A nave, en órbita, acompañará ao cometa durante un ano na súa viaxe cara as proximidades do Sol.

Agora, Rosetta entra na súa fase de hibernación profunda máis longa: 136 semanas. pero o 20 de xaneiro de 2014, exactamente ás 10 da mañá (GMT), o temporizador de a bordo activará a Rosetta que, unhas horas despois, enviará unha sinal de control á Terra avisando que xa está esperta.

FONTE: El País

No hay comentarios. Comentar. Más...

ÁNIMO CELTA!

20110608071929-2011-06-15-vin-2011-06-08-01-30-58-humordavila.jpg

O apoio ao celta / Imaxe: Viñeta de Luis Davila, Faro de Vigo 8/6/2011

Catro partidos separan ao Celta da Primera División, da que descendeu en 2007. O reto comenza esta tarde en Balaídos ante o Granada, nunha eliminatoria a dobre partido. O gañador terase que enfrontar a próxima semana ao Elche ou ao Valladolid, protagonistas da outra eliminatoria da liguilla de ascenso.

Moita sorte Celta!

No hay comentarios. Comentar. Más...

O OURO É VERDE

20110609065733-oro.jpg

Lingotes de ouro / Imaxe:vendo-oro.com

Seguro que o titular sorprende: O OURO É VERDE, pois témolo asociado coa cor dourada, pero se cortamos un anaco de ouro en anacos máis pequenos, estes seguirán tendo as mesmas propiedades do ouro: a súa típica cor amarela, o seu mesmo punto de fusión..., pero se continuamos dividindo en partículas cada vez máis pequenas, cando cheguen a ser tan ínfimas que comencen a ter un tamaño nanométrico (a millonésima parte do milímetro), as súas propiedades empezarán a comportarse de forma distinta.

Por exemplo, a cor cambiará, será alaranxado cando as partículas teñan un diámetro próximo a 100 nanómetros ou verde cando o diámetro reduzase a 50 nanómetros. Polo tanto, na escala nanométrica, as propiedades dun material non só dependen da súa composición, senón que dependen igualmente do seu tamaño, e tamén da súa forma.

FONTE: Mónica Luna/El Mundo

No hay comentarios. Comentar. Más...

FELICIDADES ZAIRA

20110530160525-zaira.jpg

A vida é coma unha escaleira e nela subimos ou baixamos banzos. Pero hai momentos nos que chegamos aos relanzos (descansos) desa escaleira, que veñen a ser momentos importantes da nosa vida. Hoxe Zaira chegaches a un deses lugares. Moitos foron os esforzos que tiveches que facer para chegar a ese sitio, pero agora toca disfrutar dese momento.

Hoxe, venres 10 de maio, licénciaste en Química, pola Universidade de Vigo, na orientación de Química Ambiental. Seguramente, terás que seguir formándote, para especializarte neste campo tan prometedor, pero eso será xa o mañá.

Estamos moi orgullosos de ti: os teus avós, a túa irmá, a túa nai e eu, o teu pai.

Felicidades Zaira!


LEOPARDO

20110606193346-leopardos02-714x473.jpg

O leopardo pasa moito tiempo encaramado nas árbores. Nun refuxio seguro onde dormir, descansar ou dar conta do seu alimento, e unha boa atalaia dende a que localizar posibles presas / Imaxe:Sergey Gorshkov 

O fotógrafo ruso de natureza Sergey Gorshkov manifesta:

"Cando hai moitos anos viaxei por primeira vez a África, a Zimbabwe, fíxeno, como moitos dos meus compatriotas, cun rifle nas miñas mans. Eu era un cazador obstinado: o obxectivo da miña viaxe era un leopardo, o trofeo máis envexado dos chamados «Cinco Grandes» (león, elefante, búfalo, rinoceronte e leopardo). Pero cando por fin localicei á «miña» presa e apuntei, quedei tan fascinado pola súa beleza que me foi imposible disparar".

FONTE: National Geographic España. Xuño 2011.


No hay comentarios. Comentar. Más...

O HOME NO ESPAZO: ISS

20110612113320-estacion-espacial-internacional-2.jpg

ISS fotografada pol astronauta italiano Paolo Néspoli dende a nave Soyuz na que regresaba á Terra, o pasado 24 de maio. Imaxe: ESA/NASA

 

A Estación Espacial Internacional (ISS) é un centro de investigación construído na órbita terrestre. No proxecto participan cinco axencias do espazo: A NASA (Estados Unidos), A Axencia Espacial Federal Rusa (Rusia), a Axencia Xaponesa de Exploración Espacial (Xapón), a Axencia Espacial Canadiense (Canadá) e a Axencia Espacial Europea (ESA).

A ISS está situada en órbita en torno da Terra a unha altitude de aproximadamente 360 quilómetros, un tipo de órbita denominada como órbita terrestre baixa (en realidade, a altitude varía ao longo do tempo en varios quilómetros debido ao arrastramento atmosférico e aos reempuxes). Realiza unha órbita ao redor da Terra nun período de preto de 92 minutos. Está considerada como un dos logros máis grandes da inxeniería.

A historia da ISS comenzou o 20 de novembro de 1998. De moitas maneiras a ISS representa unha fusión das estaciones espaciais previamente previstas: a Mir-2 de Rusia, a estación espacial estadounidense Freedom, o previsto módulo europeo Columbus e o JEM (Módulo Xaponés de Experimentos).Grazas á ISS, hai presencia humana permanente no espazo, polo menos dúas persoas a bordo.

Esta imaxe, tomada dende a nave Soyuz TMA-20, polo astronauta Paolo Néspoli, hai uns días, a uns 350 quilómetros de altura sobre a superficie terrestre, na que se aprecia a configuración completa da base, co transbordador da NASA    Endeavour á esquerda) aínda atracado nela, así como a nave de carga europea ATV Johannes Kepler (abaixo). Néspoli, astronauta da Axencia Europea do Espazo (ESA) regresa co ruso Dmitry Kondratyev e o  estadounidense Cady Coleman. Nespoli permaneceu  en órbita 159 días.

No hay comentarios. Comentar. Más...

ALLO

20110605132451-ajo.jpg

Allo / Imaxe:blogdefarmacia.com

O allo (Allium sativum ) é unha hortaliza. O seu bulbo empregase comúnmente na cociña mediterránea. Ten un sabor forte (especialmente estando crudo) e lixeiramente picante. Tradicionalmente agrupábase dentro da familia das liliáceas pero actualmente ubícase dentro da subfamilia das alióideas das amarilidáceas.

O allo xa ocupaba un destacado lugar na alimentación dos exipcios e dos hebreos. O exipcios elevárono incluso, ao rango de divinidade.

USOS:

O allo diminúe a agregación plaquetaria e aumenta sensiblemente a actividade fibrinolítica. Estes dous efectos conxugados confirenlle propiedades antitrombóticas. Grazas a súa actividade hipolipemiante e hipocolesterolemiante, prevén igualmente a arteroesclerose e os accidentes vasculares asociados á mesma. Polo tanto, o allo mellora a circulación sanguínea e en consecuencia unha acción beneficiosa sobre a hipertensión arterial. En traballos realizados recentemente demostraron que non só é bacteriostático, senón tamén antifúngico e un bo desinfectante intestinal. As propiedades dos allo débense a unhas substancias de natureza azufrada, a aliína e o ajoeno.

En resumo, ideal para a hipertensión, prevención de accidentes vasculares, antiséptico pulmonar e intestinal e un bo vermífugo (contra as lombrigas).

No hay comentarios. Comentar. Más...

A PASO DE SAPONCHO

20110613165517-20110613elpepuvin-2.gif

 

A vida está complicada para todos, moito máis para parados e aqueles que teñen cargas familiares. E parece que a cousa vai moi... moi... lenta, ao igual que o sapoconcho da vineta de onte de Erlich, no xornal El Pais. A verdade é que para TODOS/TODAS a cousa está moi difícil  e aínda peor para os máis novos que queren empezar unha vida e fundar unha familia.

A solución non é fácil, pero eses que se presentan como ILUMNIDOS/AS para resolver as nosas dificultades e que no papel teñen receitas, que as poñan en práctica, pois esto está nas últimas, aínda que non auguro nada mellor para os que ocupen o seu lugar, pois é algo global.

Seguramente, a culpa non é nosa, pero ímolas pagar os de sempre: nós. Eles, os políticos, banqueiros, especuladores,... seguiran gañando, menos, pero seguiran vivindo á nosa conta.

Penoso!

No hay comentarios. Comentar. Más...

UN GUARDÉS NO FESTIVAL DE CINE DOCUMENTAL DE MARSELLA

20110614130937-vikingland-blog.jpg

 

O próximo mes falarase galego en Marsella grazas a Xurxo Chirro . O director guardés é o primeiro de Galicia en acceder á sección competitiva do festival de cine documental, considerado un dos máis importantes do mundo e figura xa no programa á beira de consagrados realizadores internacionais da talla de Lek Kowalski ou Eisenberg.

A estrea mundial de Vikingland será o día 8 de xullo e levará tamén á gran pantalla a outros guardeses como ao propio pai do director ou a Luís Lomba O Haia, que durante sete meses entre 1993 e 1994 gravou un diario de a bordo pensado para o ámbito familiar, para que a xente soubese polo que estaban a pasar e que 17 anos despois, converteulle en case un precursor do cine de autor.

Xurxo Chirro atopouse coas case 16 horas gravadas polo Haia no 2007 facendo unha limpeza de cintas VHF e dous anos despois comezou a dixitalización previa ás primeiras versións. En Marsella, producido por Fílmica Galaika e música de Seném Outeiro será a súa estrea mundial pero tanto o seu pai como Luís Lomba puideron visionar xa o traballo.

Boa sorte!

FONTE: La Voz de Galicia.

No hay comentarios. Comentar. Más...

MELANOMA

20110615191524-melanoma.jpg

Anatomía da pel que mostra a epiderme e a derme. Os melanocitos están na capa das células basais, na parte máis profunda da epiderme. / Imaxe:www.cancer.gov

Cando chegan estas datas, propias case do verán, os medios de comunicación bombardéannos co problema do melanoma. Pero que é?

O melanoma  é un tipo de cáncer de pel que aparece cando as células chamadas melanocitos convírtense en malignas. Estas células elaboran un pigmento chamado melanina, responsable da cor da pel, do pelo e do iris dos ollos. A melanina, pola súa parte, funciona como un fotoprotector evitando que a radiación solar dane as estructuras ou os tecidos do corpo. Cando a pel se expón ao sol, os melanocitos producen máis melanina como defensa contra a acción dos raios ultravioleta (UV). Os lunares ou pecas aparecen cando os melanocitos medran en grupo.

Unha persoa ten entre 10 e 40 e, científicamente, chámanse nevus. Estes clasifícanse en dous grupos: nevus conxénitos, que poden ser de nacemento ou aparecer cos anos; e nevus adquiridos, que se desenvolven a partir do primeiro ano do nacemento e poden ser típicos ou atípicos. Os melanocitos multiplícanse e en ocasións exténdense a outras partes do organismo.

As metástases comenzan cando un grupo pequeno de células do tumor primitivo é transportado a outra zona e detéñense nun órgano onde medra e produce un tumor semellante ao orixinal. Para despexar as posibles dúbidas sobre a natureza maligna do tumor emprégase a biopsia, que consiste na extracción dunha mostra do tecido tumoral para analizalo. Desta maneira pódese confirmar o diagnóstico e establecer un tratamento adecuado.

Se falamos das súas causas, podemos dicir  que aínda que son diversos os factores que o provocan, parece ser determinante ter tomado en exceso o sol durante a infancia, se  ben pode aparecer en persoas de todas as idades. Localízase en todo o corpo, e maniféstase por novos lunares ou pecas que cambian de tamaño e aspecto. Hai unha serie de factores que aumentan o risco de padecer un melanoma, e estes determinan que existan grupos de persoas con maior probabilidade de desenvolvelo. Entre eles cabe destacar:

  • Ter a pel ou o pelo claro
  • Presenza de nevus atípicos.
  • Presenza de nevus nunha cantidade superior a 40.
  • Presenza de nevus congénitos.
  • Ter antecedentes familiares de nevus atípicos, de melanoma ou de ámbalas dúas cousas.
  • Ter sufrido unha ou máis queimaduras severas polo sol, especialmente se se produciron na infancia, pois o efecto da irradiación solar é acumulativo.
  • Ter estado exposto moitas horas a raios ultravioleta (sol, UVB, UVA) aínda que teña a pel totalmente bronceada.

Á hora de falar da pevención, o sol constitúe o principal factor de risco para desenvolver un melanoma, polo que é recomendable tomar unha serie de medidas básicas á hora de exponerse aos raios solares. As persoas con melanoma deben seguir con especial atención as normas xerais para protexerse da radiación, xa que corren un maior risgo de desenvolver novos tumores. Para protexer a piel convén ter en conta os siguintes consellos:

  •  Protexe a túa cabeza, corpo e ollos con gorras, sobreiros, camisetas e gafas de sol de cristais específicos.
  •  Elixe un fotoprotector de índice adaptado ao teu tipo de pel. Aplíca sempre unha crema con factor de protección solar 15 ou máis alto se eres moreno/a, e máis de 20 se eres de pel clara. Para o rostro emprega protección total.
  • Estende unha capa xenerosa 20 minutos antes de expoñerte ao sol e repite a aplicación cada 2 ou 3 horas, despois de sudar moito e tras cada baño.
  •  Durante o periodo estival procura estar á sombra dende ls 12 h. ata as 17 h., pois é cando os raios del sol caen máis perpendiculares sobre a Terra.
  • Visita unha vez ao ano ao teu dermatólogo, especialmente se o teu  fototipo é I e II, que corresponden á peles moi claras, se te queimaches moitas veces, se tes antecedentes familiares de melanoma e se sopeitas dalgún lunar.

FONTE:dmedicina.com / R. Ragazza


No hay comentarios. Comentar. Más...

EXPLOSIÓN CÓSMICA

20110617093223-1308244232-0.jpg

Recreación da estrela ao bordo do buraco negro / "Science"


Un buraco negro "engulíu" a unha estrela nunha das maiores e brillantes explosións cósmicas observadas ata o momento, segundo a conclusión á que chegaron medio cento de astrónomos de todo o mundo, que publican os seus resultados en dous traballos na revista "Science" desta semana.

O fenómeno producíuse nunha afastada galaxia situada a uns 3.800 anos luz da Terra, que é o tempo que tardou en chegar ata nós a súa luz. O pasado 28 de marzo, observouse unha radiación extremadamente brillante procedente da galaxia Dragón. Fronte a outras explosións similares, que duran minutos, neste caso os intensos raios X e Gamma duraron semanas e en 48 horas reactiváronse ata tres veces.

Segundo explican, a estrela era 10 veces máis pequeña que o Sol, pero o buraco negro ten unha masa 10.000 millóns de veces maior.

A primera pista do que estaba o acontecendo captouna o satélite espacial Swift da NASA, pero unha vez lanzada a alerta seguíuse a observación do fenómeno cos mellores telescopios do mundo, entre eles o Gran Telescopio de Canarias, o Keck de Hawaii, ademais dos espaciais Hubble e Chandra.

Os expertos coinciden en explicar o fenómeno: Trátase dunburaco negro no centro desta galaxia que, aínda que permanecera inactivo ata entón, entrou en actividade cando unha estrela pasou preto do seu centro de gravedade e atraéuna, ata desmenuzala e  "tragala" en espiral, como cando a auga vaise polo desaugadoiro.

FONTE: El Mundo

No hay comentarios. Comentar. Más...

QUERÉTARO

20110619082910-1308391117-0.jpg

Idioma Español / Imaxe: Efe

Onte celebrouse o Día E, a festa dos máis de 500 millóns de persoas que falan o español nos cinco continentes, e que dende hai tres anos impulsa o Instituto Cervantes nos seus 78 centros repartidos polo mundo.

Tamén se deu a coñecer o resultado da votación da que se considera a a palabra máis fermosa do español e esa palabra foi  "Querétaro", nome dunha cidade de México e que significa "illa das salamántigas azuis". Esta e a palabra máis fermosa do español, según os máis de 33.000 votantes que participaron na celebración do Día do Español.

Curiosamente, esta palabra non figura do Diccionario da Real Academia.

No hay comentarios. Comentar. Más...

SON INTELIXENTES OS POLBOS?

 

Son intelixentes os polbos? A esta pregunta trataron de darlle resposta os biólogos do Acuario de A Coruña. Este vídeo foi realizado e rodado no Aquarium Finisterrae:
http://www.casaciencias.org/aquarium/

A intelixencia dos polbos sométese a tres probas: plasticidade, versatilidade e flexibilidade. O estímulo é a súa presa favorita, o cangrexo.

Cada día a natureza sorpréndenos máis!

No hay comentarios. Comentar. Más...

E CHEGOU O VERÁN

20110619085546-verano.jpeg.gif

Verán / Imaxe:viajaralcaribe.org

Hoxe, martes 21 de xuño de 2011, ás 19 horas e 16 minutos, hora oficial peninsular, comenza o verán no hemisferio Norte, según o convenio astronómico. Esta estación, que é a máis longa do ano dende hai algúns séculos, durará 93 días e 15 horas. O outono chegará o día 23 de setembro.

O inicio das estacións está regulado, por convenio, por aqueles instantes na que a Terra atópase nunhas determinadas posicións na súa órbita ao redor do Sol. No caso do verán, esta posición dase no punto da eclíptica no que o Sol acada a súa posición máis boreal. Este día, o Sol chega a súa máxima declinación Norte (+23º 27’) e durante varios días a súa altura máxima ao mediodía non cambia, e por eso, a esta circunstancia chámaselle tamén solsticio ("sol quieto") de verán. Nese instante no hemisferio sur comenza o invierno.


No hay comentarios. Comentar. Más...

POR UNHA BOA CAUSA

20110621191731-aguard11.jpg

 Diogo Farinhoto / Imaxe: www.galiciasuroeste.info

O neno  Diogo Farinhoto  naceu hai dous anos sen a man dereita en Caminha. Para axudalo a ter unha  vida normal  necesita dunha prótese e hai unha empresa disposta a darlla  a cambio de 18 toneladas de tapas.

O concello  da Guarda, despois de pórse en contacto con representantes da cámara  de Caminha,  vai colocar uns puntos de recollida de tapas plásticas (valen practicamente as de todo tipo de envases)  e  envases  sempre que estes conteñan  os números  2, 4 e 5 dentro dun triángulo e posteriormente as remitirá ao concello de Caminha. Estes puntos de recollida estarán ubicados no ferry e na Alameda.

Diogo naceu en 2009 sen a man dereita. Desde entón os seus pais están nunha loita constante para conseguir que teña a man que lle falta, neste caso unha man mioeléctrica. E a través dun simple xesto será posible conseguilo: só é cuestión de acumular tapas plásticas de botellas de todo tipo, e envases, neste caso que conteñan nun triángulo os números 2, 4 ou 5. Son envases como os dos champús, iogurts líquidos, deterxentes, productos de beleza, manteigas, colacao, entre outros.

Podémolo conseguir!

No hay comentarios. Comentar. Más...

E TI QUE LEITE TOMAS?

20110621194050-lecha-entera-vs-leche-light.jpg

 Leite/ Imaxe:websaludable.com

O leite é un alimento basico e que avompáñanos ao longo da vida dende o momento do nacemento, ben como líquido ou como unha gama ampla de productos lácteos derivados como iogures, queixos...

Pero non todas os leites son iguais. Aínda me lembro de rapaz do leite que tomaba das vacas da casa dos meus avós! Hoxe en día pouco queda deso, todo está envasado. Por desgraza, a crise tamén afecta ao leite, pois mércase moitas veces o máis barato, que non ten por que ser o peor.

Pero cal é o mellor leite? Boa pregunta! Acaba de sair un informe da OCU (Organización de Consumidores e Usuarios) onde se testaron leites enteiras de venda en grandes superficies e supermercados e hai moitas sorpresas. Non por ser unha marca coñecida é mellor ou peor leite. Merece a pena pararse un chisco na observación deste informe, que o xornal elmundo.es adaptouno a un modelo interactivo.

Se che interesa, e penso que debería, pincha aquí:  CUALIDADE DA LEITE DE ESPAÑA.


No hay comentarios. Comentar. Más...

REMATOU O CURSO!

20110623162354-sany0155-3.jpg

Por fin! Día 23, úlltimo día de clase!Sonrisa Efectivamente, hoxe rematamos as clases lectivas, á espera das temidas notasEnfadado, o próximo luns, día 27, ás 12 horas. Como en pasados cursos, pasamos a maná na praia da Armona o alumnado de 1º de ESO, acompañados dos profes Pepe, Arsenio Paco e Victor.

Por certo non foi o último día de clase para o alumnado, tamén o foi para Arsenio e Paco, xa que este ano xubílanse, tomando vacacións permanentes. Que disfruten desa nova etapa da súa vida!

E para todos boas vacacións!Todo bien Pero non perdades contacto, pois eu seguirei neste blog durante todo o verán.

No hay comentarios. Comentar. Más...

A IMAXE MÁIS PRECISA DA LÚA

 

A NASA presentou o pasado luns a imaxe máis completa que se ten ata agora da Lúa grazas aos datos transmitidos pola sonda "Lunar Reconnaissance Orbiter" (LRO).

A LRO xa cambiou para sempre a visión da Lúa xa que cos 192 terabytes de datos, imaxes e mapas (equivalente a preto de 41.000 DVD correntes dos que se empregan para almacear datos), recollidos polos sete instrumentos que conforman a sonda, lograron configurar a imaxe máis precisa ata a data do satélite natural da Terra.

FONTE: El Mundo

No hay comentarios. Comentar. Más...

OURIZO CACHO

20110624134059-ourizo-cacho.jpeg.bmp

O pasado xoves, na saida á praia que fixemos no noso IEs co alumnado de 1º ESO, captei unha imaxe dun ourizo caho, que pretendía agocharse ante o ruído que facían os escolares.

O ourizo cacho (Erinaceus europaeus), tamén coñecido como ourizo cacheiro, é un mamífero insectívoro, aínda que tamén pode comer caracois, lesmas e incluso ras. A súa actividade é fundamentalmente nocturna.

É un animal moi beneficioso para a agricultura, polo que moitas persoas téñeno nas casas de campo.

No hay comentarios. Comentar. Más...

PASEO VIRTUAL POLO SISTEMA SOLAR

20110619212356-sistemasolar.jpg

Sistema Solar / Imaxe:astronomia.cuatrineros.es

Un dos temas importantes deste blog son os refreidos ao espazo. Moitas son as noticias, os comentarios e incluso vídeos que aquí se propuxeron. Hoxe quérovos propoñer un paseo virtual polo noso sistema, tema seguramente coñecido de todos, pero penso que neste caso vainos aportar novas cousas.

Trátes dun vídeo interactivo do mundo.es:PASEO VIRTUAL POLO SISTEMA SOLAR .

Espero que vos sexa útil!

No hay comentarios. Comentar. Más...

2011 ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES, EN VERÁN MEDRO

20110627080105-ano-internacional-arboles.jpg

 

2011 ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES, EN VERÁN MEDRO. Baixo este lema, mañá martes, Día 28 de xuño, o Baixo Miño celebra encontros e coloquios para a reflexión sobre as paisaxes fluviais e forestais, o seu presente e futuro.

É unha oportunidade para realizar unha viaxe virtual a través das paisaxes pasadas e presentes do Baixo Miño e para imaxinar o seu futuro.

As actividades deste evento celebraranse no porto de a Guarda, co seguinte horario:

- Dende as 10:00 h: Exposición A paisaxe do Baixo Miño forma parte de ti e cambia contigo.

- Ás 12:00 e ás 19:15: Pasarúas.

- De 18:00 a 19:30: Presentación, ponencias e coloquio.

- De 20:00 a 21:30: Mesa redonda aberta e conclusión da xornada.

VEN E CÓNTANOS!

No hay comentarios. Comentar. Más...

A GUARDA NA TVG

20110628082317-logo-galicia-para-o-mundo.jpg

 

A fin de semana pasada, a TVG emitíu dentro do programa  Galicia para o mundo, unha  reportaxe sobre A GUARDA: UNHA VILA MARIÑEIRA, onde se fai un percorrido por esta vila. Moitos serían os que o viron, pero para aqueles que non o fixesen aqui o tedes de novo pinchando AQUÍ.

No hay comentarios. Comentar. Más...

BANDEIRAS NEGRAS 2011

20110628171105-1248782200-31168.jpeg

Bandeira negra/ Imaxe:canariasaldia.com


Se hai uns días falabamos das bandeiras azuis, dun xeitos sostible e de ledicia, hoxe toca todo o contrario: BANDEIRAS NEGRAS.

Cada ano, e dende 1999, Ecoloxistas en Acción  pública as “Bandeiras Negras".  Este ano baixo o lema "Bandeiras negras 2011: esto é unha barbaridade" o documento pretende informar á cidadanía do estado da costa de España, denunciar as actuacións máis daninas nela, requerir ás Administracións para que exerzan as súas competencias en aras da protección do litoral e o cumprimiento das leis, e propoñer alternativas ao uso e disfrute da costa e á súa xestión.

Se hai días presumíamos de que Galicia estaba a cabeza das bandeiras azuis, agora ao revés: Galicia á a comunidade con máis zonas negras na costa “por degradación ambiental, contaminación ou impactos negativos para o ecosistema”. Das 311 bandeiras adxudicadas no informe ecoloxista, 41 sitúanse en Galicia e 51 en Andalucía, mentras que dos 392 puntos negros: 63 están no litoral andaluz e 120 no galego.

Se no informe das bandeiras azuis temos na Guarda 2 (Muíño e Area Grande), no das bandeiras negras temos 1: Canle do Ferry Internacional (A Guarda-Caminha).

Se queres coñecer polo miúdo este informe, pincha AQUÍ.

Queda moito por facer!

No hay comentarios. Comentar. Más...

PROBAS DE SETEMBRO 2011

20110630093742-20100630084417-examenes2.jpg

Dende onte, tedes nas cristaleiras do Centro as datas de celebración das probas de setembro de tódolos cursos.

No caso concreto de CCNN para sabelas:

1º ESO: pincha AQUÍ.

2º ESO: pincha AQUÍ.

Materias suspensas do alumnmado da Titoria de 2º ESO B: pincha AQUÍ.

No hay comentarios. Comentar. Más...