Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Octubre de 2013.

O CEO DO MES: OUTUBRO 2012

20130929122848-geometry-of-a-lunar-eclipse-svg.png

Eclipse penumbral de Lúa / Imaxe:verestrellas.blogspot.com

Lúa Nova: 5 de outubro

Cuarto crecente: 11 de outubro

Lúa Chea: 18 de outubro. Eclipse penunmbral de Lúa: en Galicia visible entre as 23:50 ás 03:50 do día 19, con máximo á 01:50 horas.

Cuarto minguante: 26 de outubro

Cambio de hora: 27 de outubro. Madrugada do sábado 26 ao domingo 27. Ás 3 serán as 2, polo que retrasaremos o reloxo 1 hora.

Chuvia de meteoros: Dracónidas, actividade dende o 6 ao 10, con máximo o día 8. Táuridas Sur, actividade dende o 10 de septembro ao 20 de novembro, con máximo o 10 de outubro. Delta-Aurígidas, actividade dende o 10 ao 18, con máximo o día 11. Epsilon-Gemínidas, actividade dende o 14 ao 27, con máximo o día 18. Oriónidas, actividade dende o 2 de outubro ao 7 de novembro, con máximo o 21 de outubro. Leo Minóridas, actividade dende o 19 ao 27, con máximo o día 24.

No hay comentarios. Comentar. Más...

PREMIOS FUNDACIÓN BBVA Á CONSERVACIÓN DA BIODIVERSIDADE

20130929132519-25.jpg

Balea franca mergullándose / Imaxe:icb.org.ar

A Fundación BBVA  premiou a Global Nature, ao Instituto para a Conservación das Baleas, en Arxentina, e ao fotoxornalista español Daniel Beltrá polas súas excepcionais contribucións á conservación da Biodiversidade.

Os Premios Fundación BBVA á Conservación da Biodiversidade, vixentes dende 2004, recoñecen a organizacións e comunicadores que contribúen a protexer o patrimonio natural en España e en Latinoamérica.

A
Fundación Global Nature  foi premiada na categoría de Actuacións en Conservación da Biodiversidade en España polo seu labor na recuperación de 88 brañas en toda España, entre os que se encontran os do Guadiana ou as Lagoas de Villacañas.

Na categoría de Conservación da Biodiversidade en Latinoamérica, a Fundación BBVA premiou o Instituto para a Conservación das Baleas, en Arxentina, pola súa técnica para identificar baleas en fotos e visualizar a vida destes animais durante máis de corenta anos, o que lle permitiu descubrir, por exemplo, como lles afecta o cambio climático.

Finalmente, na categoría Difusión do Coñecemento e Sensibilización en Conservación da Biodiversidade, o premio foi para o fotógrafo español Daniel Beltrá , por "documentar e difundir a fraxilidade e a deterioración dalgúns dos ecosistemas máis ameazados do planeta".

Parabéns a todos!

No hay comentarios. Comentar. Más...

MÚSICA: RARA

 

"RARA" é o último álbum da cantante mexicana Georgina Valdez Levin (Mazatlán, 1979), publicado no ano 2012. Nel hai 11 temas, pero o primeiro, que lle da título a este traballo, soa con moita forza. Cantante potente e con moi boa voz fai as delicias do público. Por certo, estes días anda por Galicia. Para os que non podemos asistir teremos que conformarnos con este videoclip!

Aquí tedes ese tema. Espero que sexa do voso agrado, para min si o é!

No hay comentarios. Comentar. Más...

CINE: ZIPI E ZAPE E O CUB DA BOLA

20131001194336-zipi-y-zape-y-el-club-de-la-canica.jpg

 

Esta fin de semana chega aos cines unha comedia onde os personaxes do comic saltan a pantaia: "Zipi e Zape e o club da bola".

Título: Zipi e Zape e o e club da bola

Título Orixinal: Zipi y Zape y el club de la canica

Xénero: Comedia

Nacionalidade: España

Ano: 2012

Duración: 92 minutos

Director: Oskar Santos

Guión: Jorge Lara, Francisco Roncal

Produtora: Zeta Cinema / Mod Producciones / Antena 3 Films / Kowalski Films 

Música: Fernando Velázquez

Fotografía: Josu Inchaustegui 

Reparto: Claudia Vega, Álex Angulo, Javier Gutiérrez, Santi Ugalde, Marcos Ruiz, Christian Mulas, Daniel Cerezo, Raúl Rivas, Fran García, Juan González

Sinopse: Zipi e Zape, dous travesos xemelgos, son internados no Centro Re-educacional Esperanza, un colexio onde os xogos están prohibidos. Realmente é un cárcere para nenos. Alí fundarán o Club da Bóla, desafiando a autoridade dos adultos. Grazas á súa intelixencia, a súa valentía e a súa inquebrantable fe na amizade, Zipi e Zape e o resto do club descubrirán un misterioso segredo que se oculta no colexio e vivirán a aventura máis emocionante das súas vidas.

Entretemento puro e duro!

No hay comentarios. Comentar. Más...

AS TEMPERATURAS MÁXIMAS EN ESPAÑA AUMENTARÁN ENTRE 5 E 8 GRAOS ATA 2100

20131002215323-temperatura-planeta.jpeg.png

Quentamento do planeta / Imaxe: 777noticias.com

As temperaturas máximas subirán entre 5 e 8 graos centígrados e as chuvias diminuirán en España ata 2100 a causa do cambio climático, o que provocará diversos impactos na agricultura, a saúde e nos recursos hídricos. Estas son as conclusións máis importantes sobre o impacto do quentamento global no noso país presentadas no novo informe do Panel Intergobernamental de Cambio Climático (IPCC) da ONU.

No informe definitivo (AR5) do Grupo I de Traballo do IPCC, que se publicou a semana pasada en Estocolmo (Suecia), o panel de científicos prevé que na rexión Mediterránea e no norte de África, o incremento medio da temperatura será, sobre todo no norte de África e en Sahara occidental.

Non obstante, os expertos proxectan que as temperaturas máximas diúrnas se elevarán aínda máis, entre 5 e 8 graos centígrados en España, Portugal e o resto dos países do sur de Europa, como Francia, Italia, Eslovenia, Croacia, Hungría, Romanía, Bulgaria, Bosnia Herzebovina, Servia e Montenegro, Albania, Macedonia, Grecia e Turquia

De forma xeral, as precipitacións anuais descenderán nos países do sur de Europa, "especialmente" en Portugal e España, así como en Macedonia, Grecia, Turquía, Bulgaria, Albania e Serbia e Montenegro.

Igualmente, os científicos prevén unha diminución da nebulosidade e a humidade na zona Mediterránea así como unha caída do 40% no nivel anual de escorrentías en España, Portugal, Marrocos e outros países da rexión.

Segundo o documento do IPCC, o quentamento do clima provocará esta serie de efectos e impactará en cuestións básicas para a humanidade como os recursos acuáticos, a seguridade alimentaria, a saúde humana, a biodiversidade e os ecosistemas, así como no nivel do mar. Concretamente, advirte do incremento das secas e do estrés hídrico debido ao declive das precipitacións durante a tempada seca, así como do aumento da duración das secas.

Así mesmo, diminuirá a recarga dos acuíferos como resultado da menor cantidade de precipitación, ao tempo que aumentará a poboación da rexión e, polo tanto, a demanda de auga. Así, este descenso das precipitacións e o aumento das secas afectará á produción dos cultivos de secaño e á demanda de auga para consumo humano e para usos industriais.
 

Un fururo arrepiante, e coma sempre, culpa do home no 95% con certeza!

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

O OSÍXENO APARECEU NA TERRA MOITO ANTES DO QUE SE PENSABA

20131006193242-oxigeno-aire.gif

Composición do aire atmosférico / Imaxe:textoscientificos.com 

A data do primeiro sopro de osíxeno na Terra podería ter tido lugar entre 300 e 400 millóns de anos antes do que os científicos crían ata agora. Segundo se deduce das análises levadas a cabo con antigos sedimentos, os primeiros indicios da existencia de osíxeno na atmosfera terrícola retrocederían no tempo ata a data final de 3.000 millóns de anos.

Estes novos datos sitúan a presenza do osíxeno no noso planeta máis de 600 millóns de anos antes da Grande Oxidación, cando os niveis de osíxeno atmosférico eleváronse espectacularmente. Nos últimos seis anos, varios estudos xeolóxicos dataron a presenza de osíxeno nun arco de tempo de entre 2.600 e 2.700 millóns de anos. Os científicos cren que algúns microorganismos fotosintéticos como as cianobacterias foron as produtoras do osíxeno. Polo tanto, conseguir datar as primeiras mostras de osíxeno atmosférico ten implicacións tamén sobre como evolucionou a vida fotosintética no planeta.

Os científicos conseguiron facer os seus descubrimentos traballando con rochas dunha antigüidade de 3.000 millóns de anos, extraidas dunha profundidade de 1.000 metros baixo terra en Suráfrica. Esperaban, cando iniciaron o traballo, que os sedimentos revelasen a existencia dunha Terra carente de osíxeno. Pero en lugar diso, o equipo topouse coa evidencia máis antiga nunca encontrada da presenza de moléculas de osíxeno no noso planeta.

Os investigadores utilizaron unha técnica de alta sensibilidade para comparar formas estables do cromo (o cromo-52 e o cromo-53) coa que descubrir se nas rochas había signos de exposición ao osíxeno. Hoxe en día, o cromo-52 é máis abundante nos sedimentos da terra que o cromo 53, porque o osíxeno atmosférico oxida máis doadamente o cromo-53 ou as súas bandas de electróns. Cando se oxida, o cromo-53 disólvese en auga, polo que os ríos o arrastran ata o mar.

O traballo publicouse na
revista Nature  baixo o título "Atmospheric oxygenation three billion years ago".

FONTE: Xornal abc/ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

10 CURIOSIDADES SOBRE A LÚA (III)

20131006194821-1.png

A Terra e a Lúa / Imaxe:quantum-rd.com

A Lúa afástase da Terra a razón de 3,8 cm por ano. Sabémolo porque os astronautas e dúas naves rusas que conseguiron alcanzar a Lúa, nas misións dos Apolo 11, 14 e 15 máis as naves Lunokhod 1 e 2 sen tripulación, deixaron cinco reflectores na superficie lunar. Dende a Terra, lanzamos un pulso láser cara a estes espellos que rebotan e volve á Terra. A precisión é de 1 milímetro. A Lúa afástase porque acelérase na súa órbita, debido a efectos que provoca sobre os océanos terrestres. Por este mesmo motivo, os días fanse cada vez máis longos.

A longo prazo os días faranse cada vez máis longos, os océanos serán como piscinas, desestabilizar se o eixe terrestre e a vida no noso planeta terá que reformularse.

FONTE: Xornal abc/ciencia 

No hay comentarios. Comentar. Más...

PREMIO NOBEL DE MEDICINA 2013

20131007193946-nobel-de-medicina-2013.jpg

James E. Rothman, Thomas C. Südhof e Randy W. Schekman / Imaxe: EFE / AFP

Tres investigadores, James E. Rothman, Randy W. Schekman e Thomas C. Südhof, que traballan nos Estados Unidos reciben este ano o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina "polos seus descubrimentos da maquinaria molecular que regula o tráfico vesicular, un sistema de transporte fundamental nas nosas células," segundo anunciou o Instituto Karolinska de Estocolmo, que outorga cada ano os galardóns.   

James E.Rothman naceu en 1950 en Massachusetts (EEUU), exerce no departamento de bioloxía da Universidade estadounidense de Yal.

Randy W.Schekman naceu en 1948 en Minnesota (EEUU) e traballa na Universidade estadounidense de Berkeley, no departamento de bioloxía celular.

Thomas C.Südhof naceu en 1955 na ciudade alemana de Gotinga e exerce na Universidade estadounidense de Stanford.

A orixe dos premios Nobel está vinculada ás circunstancias persoais do seu fundador: Alfred Nobel (1833-1896), un magnate que acumulou unha fortuna cos seus inventos, pero a quen lle atormentaban as consecuencias funestas do máis famoso dos froitos do seu enxeño: a dinamita. Nobel legou a súa fortuna para premiar a benfeitores da humanidade, establecendo que o diñeiro se investise en valores inmobiliarios e que os intereses se dividisen en cinco partes iguais, tantas como premios creou.


No hay comentarios. Comentar. Más...

PREMIO NOBEL DE FÍSICA 2013

20131008184452-englert-higgs-.jpg

Englert e Higgs / Imaxe: AFP/abc

A Real Academia Sueca das Ciencias en Estocolmo concedeu o Premio Nobel de Física 2013 aos “pais” do famoso bosón de Higgs, o físico escocés Peter Higgs e o seu colega belga François Englert, polo descubrimento desta escorregadiza partícula que dá masa a todas as demais e que reafirma o Modelo Estándar da Física. Sen a súa existencia, o Universo non existiría tal e como o coñecemos.

Peter Higgs, naceu en Newcastle upon Tyne (Reino Unido) en 1929. Universidade de Edinburgo en Escocia.

François Englert, naceu en Etterbeek (Bélxica) en 1932. Universidade Libre de Bruxelas.

Ámbolos dous recibiron este mesmo ano o premio Príncipe de Asturias de Investigación.

Se aínda non coñeces o descrubrimento do Bosoón de Higgs, podes facelo agora premendo AQUÍ.

No hay comentarios. Comentar. Más...

PREMIO NOBEL DE QUÍMICA 2013

20131009165437-nobel-quimica-2013.jpeg

Galardoados co premio Nobel de Química 2013 / Imaxe:rpp.com.pe 

A Real Academia de Ciencias de Suecia outorgou o Nobel de Química 2013 ao investigador austríaco Martin Karplus, o sudafricano Michael Levitt  e o israelí Arieh Warshel, "polo desenvolvemento de modelos multiescala de sistemas químicos complexos".

Martin Karplus, naceu en Viena (Austria) en 1930 pero nacionalizado estadounidense dende 1945. Universidade de Harvard (EEUU).

Michael Levitt, naceu en Pretoria (Sudáfrica) en 1947, aínda que moi pronto transladouse ao  Reino Unido. Posúe as nacionalidades británica, estadounidense e israelí. Universidade de Stanford (EEUU).

Arieh Warshel, naceu en Sde-Nahum (Israel) en 1940. Posúe a nacionalidade israelí e estadounidense. Universidade do Sur de California, Los Angeles (EEUU).

No hay comentarios. Comentar. Más...

ATOPAN UNHA LÚA PERDIDA DE NEPTUNO

20131009065643-naiad-recovery-nayade.jpg

Náyade, o punto de luz á esquerda de Neptuno, nunha imaxe do Hubble / SETI

A lúa máis interna de Neptuno , a pequena Náyade, de 100 km de ancho, foi descuberta polas cámaras da sonda Voyager 2 en 1989. Despois, perdeuse o seu rastro, oculta polo brillo do planeta. Agora, investigadores do Instituto SETI en Mountain View, California, conseguiron observala por primeira vez dende entón. Anunciárono na reunión anual da División de Ciencias Planetarias da Sociedade Astronómica Americana que se celebra estes días en Denver (Colorado, EUA).

Dende a Terra, Neptuno é 2 millóns de veces máis brillante que Náyade, e ambos os dous están moi xuntos, separados só por un segundo de arco. O equipo de astrónomos tivo que desenvolver novas técnicas para eliminar o cegamento de Neptuno ata que Náyade foi revelada finalmente, movéndose a través dunha secuencia de oito imaxes tomadas en decembro de 2004.

Estrañamente, Náyade parece terse desviado significativamente do seu curso. Os astrónomos están perplexos polo feito de que a lúa está moi por diante da súa posición orbital prevista. Pregúntanse se as interaccións gravitacionais con outra das lúas de Neptuno puideron causar a súa aceleración, aínda que os detalles seguen sendo un misterio. Os astrónomos recoñecen que se necesitan máis observacións para entender o movemento de Náyade.

Tamén anunciaron o descubrimento dunha pequena lúa de Neptuno en xullo. Esa lúa, que non ten máis de 20 km de ancho, recibe o nome provisional de S/2004 N.

FONTE: Xornal abc/ciencia 

No hay comentarios. Comentar. Más...

CINE: PRISIONEIROS

20131010165801-prisioneiros.jpg

Esta fin de semana chega aos cines peícula "Prisoneiros", un intenso e sobrecolledor thriller que mestura o melodrama e o misterio. Esta cinta foi finalista ao premio do público á mellor película no festival de Toronto. Aquí tedes a súa ficha técnica:

Título orixinal: Prisoners 

Ano:2013

País: EEUU

Produtora: WB / Alcon Entertainment / 8:38 Productions / Madhouse Entertainment

Duración: 146 minutos

Xénero: Thriller

Director: Denis Villeneuve

Guión: Aaron Guzikowski

Música: Jóhann Jóhannsson

Fotografía: Roger Deakins

Reparto: Hugh Jackman, Jake Gyllenhaal, Viola Davis, Maria Bello, Terrence Howard, Melissa Leo, Paul Dano, Mike Gassaway, Dylan Minnette, Len Cariou, Wayne Duvall, Jane McNeill, Sandra Ellis Lafferty, Tiffany Morgan, Todd Truley

Sinopse: Keller Dover é carpinteiro e un home de fe, que ve como a súa vida dá un xiro cando a súa filla de 6 anos e unha amiga son secuestradas. Desesperado, recorre á policía, pero pronto empezará a perder a esperanza cando ao axente asignado ao caso non lle queda máis remedio que deixar en liberdade ao sospeitoso principal por falta de evidencias. Comezará entón unha busca persoal a contra o reloxo para descubrir a verdade e salvar as dúas pequenas, tomándose a xustiza pola súa man. Dover encóntrase coa vida de ambas as dúas nenas nas súas mans, e deberá aparcar os escrúpulos e poñer o destino da súa alma en mans de Deus se quere chegar ao fondo de todo o asunto.

Non quixera estar eu nesa situación!

No hay comentarios. Comentar. Más...

ASTEROIDE CON AUGA. VIDA FÓRA DO SISTEMA SOLAR?

20131011082544-farihi1hr-.jpg

Recreación do asteroide con augua / Science

A posibilidade de que a vida exista noutros planetas, e mesmo que sexa un fenómeno moi común no Universo, é unha hipótese que vai gañando cada día máis peso. Un equipo de astrofísicos do Instituto de Astronomía de Cambridge descubríu fragmentos dun asteroide con enormes cantidades de auga na órbita da estrela GD 61 anana branca (o corpo celeste no que se converte unha estrela a punto de morrer). Trátase da primeira vez que se acha auga, o ingrediente fundamental para a vida, nun corpo rochoso fóra do noso Sistema Solar.

Os resultados, obtidos co telescopio espacial
Hubble e o Keck de Hawai, son sorprendentes: o asteroide posúe unha composición de masa de auga do 26%, fronte á exigüa cifra terrestre de 0.023%. As cantidades de osíxeno tamén son máis que notables, de 26% a 28%, que podería provir da auga.

Todos os planetas rochosos fórmanse pola acumulación de asteroides, medrando ata o seu tamaño completo, polo que os asteroides considéranse os "ladrillos" cos que se forman os planetas.
 

A importancia deste descubrimento, publicado na revista  Science, radica en que se dispón dunha evidencia real e non froito de predicións a partir de datos. O achado de auga nunha superficie rochosa (a diferenza da encontrada en planetas gasosos, como Júpiter) achega máis probas sobre dúas teorías que cada vez están a cobrar máis forza no mundo da Astronomía. A primeira é a que defende que a vida na Terra tivo unha orixe extraterrestre, é dicir, que todos os elementos necesarios para a habitabilidade chegaron a bordo dos asteroides que aterraban na súa superficie.

A segunda é a posibilidade de que haxa vida noutros planetas, é dicir que a vida pode ser un fenómeno xeneralizado no universo.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

A ORIXE DAS PALABRAS: CARCA

20131013193835-file-201081784637.jpg

Carca ten a súa orixe na palabra portuguesa corcunda (chepudo) / Imaxe: emol.com

Cala papá, que eres un carca! Esta é unha expresión que decotío empregan os mozos ao falar cos seus proxenitores ou persoas maiores sobre certos temas.

Carca é un adxectivo coloquial  que significa persoa de ideas retrógradas, aínda que tamén pode actuar como substantivo.

A palabra non é de orixe española, é unha españolización da palabra portuguesa corcunda (chepudo), utilizada na guerra civil portuguesa para cualificar os miguelistas ou partidarios de Don Miguel.
Como queira que naquela contenda participaron tropas españolas para liquidar no posible o lexitimismo e a tradición portuguesa, á súa volta a España e en tempos da primeira guerra carlista aplicaron o epíteto de carcunda aos carlistas, homólogos en moitos sentidos aos miguelistas portugueses.

No hay comentarios. Comentar. Más...

O LAGARTO "PINOCHO"

 

O lagarto Pinocchio (Anolis proboscis) é unha especie en perigo extinción que só apareceu en catro localizacións, a maioría xunto a unha estrada, segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza.

Chamado así polo longuísimo apéndice na súa cara, críase extinto dende hai 50 anos, pero reapareceu nas selvas de Ecuador. Un equipo de investigadores e fotógrafos da compañía de ecoturismo Tropical Herping conseguiu dar co animal despois de tres anos de busca no noroeste do país. O lagarto foi descuberto por primeira vez en 1953, pero non volveu ser visto entre 1960 e 2005, cando un ornitólogo viu un cruzando unha estrada na mesma área remota de Ecuador. O seu ámbito é reducido realmente.

O apéndice do lagarto, parecido a un nariz, é un trazo da selección sexual que probablemente non sirva para nada, pero que indica á femia que o macho ten uns bos xenes, da mesma forma que os pavóns exhiben as súas fermosas colas. As femias carecen desa especie de “nariz”. 

FONTE: destinationecuador.com e xornal abc/ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

10 CURIOSIDADES SOBRE A LÚA (IV)

20131010160235-resizer.jpg
Centos de explosións rexistradas na Lua dende 2005. A maior rexistrada, no punto vermello / NASA

Dende fai xa oito anos, os astrónomos escrutaron a Lúa en busca de explosións causadas polo impacto de meteoritos sobre a superficie do noso satélite. E decatáronse de que eses impactos son moito máis comúns do que ninguén tivese esperado. De feito, observáronse xa varios centos deles. Pero o pasado 17 de marzo, os investigadores rexistraron a maior explosión lunar de toda a historia deste programa.

O obxecto que causou a explosión era unha rocha de apenas 30 ou 40 cm e uns 40 kg de peso que caeu a unha extraordinaria velocidade, superior aos 90.000 quilómetros por hora. A explosión foi equivalente á de cinco toneladas de TNT (Trinitrotolueno. Composto químico explosivo) e tan brillante que calquera que tivese estado a observar a Lúa nese momento podería tela visto sen telescopio. Durante preto dun segundo, o lugar do impacto brillou coa intensidade dunha estrela de magnitude 4.

A diferenza da Terra, que conta coa protección da atmosfera, a superficie lunar está exposta ao contínuo bombardeo desta clase de pequenos obxectos que, no noso planeta, arden pola fricción, moito antes de tocar o chan.

  FONTE:Xornal abc/ciencia
 
No hay comentarios. Comentar. Más...

AMIGO FÉLIX

20131016214955-tres-decadas-sin-felix-rodriguez-de-la-fuente.jpg

Félix S. Rodríguez de la Fuente / Imaxe:noticias.terra.es 

Moitos fomos os que seguimos boa parte da nosa vida a ese gran comunicador do mundo da natureza que foi Félix Samuel Rodríguez de la Fuente (1928-1980) e que perdeu a vida facendo que máis lle gustaba en Shaktoolik (Alaska). Pioneiro na defensa da natureza no noso país, influíu en moitos dos mozos daquela época na sensibilización pola protección dos ecosistemas.

Aqueles documentais de El Hombre y la Tierra, que emitía TVE, única televisión daquela, entre os anos 1974 e 1980, fixéronos pasar momentos inesquecibles.

Hoxe propóñovos unha viaxe a aqueles documentais. Para facelo só tedes que premer AQUÍ e facer a escolla. Como veredes son moitos, polo que podedes facer unha programación a realizar durante moito tempo.

Seguro que disfrutaredes!

No hay comentarios. Comentar. Más...

HOXE ECLIPSE DE LÚA PENUMBRAL PARCIAL

20131017194605-luna-cazador-.jpg

Eclipse de Lúa penumbral parcial / Imaxe: xornal abc

Esta noite teremos unha eclipse de Lúa penumbral parcial, coincidindo coa famosa “Lúa do Cazador”. Como consecuencia unha parte da Lúa entra na penumbra que proxecta a Terra, o resto da Lúa está fóra dela e recibe a luz do Sol completamente, sen que nesta parte do noso satélite se proxecte a sombra nin a penumbra da Terra.

A Lúa entrará na penumbra da Terra, un 76,5% da totalidade da superficie visible do satélite. O resto non será eclipsado, polo que esta parte brillará, coma se a eclipse non fose con ela, é dicir, o Sol lucirá na zona norte ou de arriba da Lúa. Así pois, as 3/4 partes da Lúa internaranse na zona da penumbra.

Aínda que será visible a simple vista, as condicións meteorolóxicas, parece que non van axudar. De calquera xeito este é o seu horario:

Primeiro contacto penumbra: Día 18 ás 23:48:04

Máximo da eclipse: Día 19, ás 01:50:08

Último contacto penumbra: Día 19 ás 03:52:11

No hay comentarios. Comentar. Más...

ANDAINA ORNITOLÓXICA DE ANABAM

20131018081958-andaina.jpg

 

Maña, domingo día 20 de outubro, ANABAM organizada unha andaina ornitolóxica que marca a inauguración oficial da ruta ornitolóxica que o concello guardés está a rehabilitar para darlle un carácter oficial á mesma.

Se estades interesado o punto de encontro será a Estación Ornitolóxica de ANABAM, no Pasaxe, Camposancos, local situado a uns 100 metros do peirao do ferri,ás 10,30 horas.

Lembrade que o Esteiro do Miño é unha zona ZEPA (Zona de Especial Protección para Aves).

Anímate!

AVISO DE ÚLTIMA HORA: suspendida por condicións climatolóxicas adversas.

No hay comentarios. Comentar. Más...

CHEGAN OS COGOMELOS

20131018100242-20121012184041-sany0343.jpg

 

Coa chegada do outono e das chuvias aparecen nos nosos montes  e campos os prezados cogomelos (fungos pluricelulares). Realmente o que vemos  e o que cortamos (aqueles que apreciamos istes manxares) non é nin máis nin menos que a parte reprodutiva do fungo, que se atopa baixo o chan.

Pero hai que ter moito coidado á hora de recollelos, por iso NUNCA CONSUMIR sen que nolo diga unha persoa experta no tema, sobre todo cando sexamos principiantes.

Por desgraza hai persoas que esquilman os montes e campos destes froitos da natureza, sen ningún reparo. Penso que aquí tamén hai que aplicar o principio de sostibilidade, é dicir utilizar estes recursos pero dun xeito racional, para garantir que as xeracións vindeiras e nós mesmos, no futuro, poidamos seguir disfrutando deles.

Para ampliar un chisco maís isto, anímote a que vexas a seguinte infografía, obtida de revista Consumer Eroski. Para facelo só tes que premer AQUÍ.

Espero que sexa útil!

No hay comentarios. Comentar. Más...

MÚSICAS DE ESPAÑA: ASTURIAS

 

Asturias é esa franxa de terreo pegada ao mar Cantábrico e veciña nosa, á que eu pesoalmente me sinto moi unido, xa que alí vívín algúns anos, na Caridade, e onde fixen o Ingreso para Bacharelato, en Luarca.

Cando falamos da música asturiana, seguro que a todos vénsenos a memoria Víctor Manuel ou Melendi. Pero a música tradional asturiana, ao meu entender, ten un nome propio José Angel Hevia.

Hevia nacaceu en Villaviciosa en 1967, comezando a tocar a gaita aos 7 anos. En poucos anos pasou de estudar cos mellores mestres do instrumento a crear a súa propia escola, na que se xerou a chamada “quinta do biberón”, unha serie de instrumentistas que ían cambiar o xeito de entender a música tradicional asturiana.

Numerosos son os díscos que ten no mercado. A fórmula do seu éxito é o folclore tradicional tratado con bases modernas e unha eficacia incomparable,  conseguindo facer soar a súa música como a máis comercial música pop.

A modo de exemplo, no vídeo superior tedes,  o tema Busindre Reel do disco “Tierra de nadie” (1998), co que consegue varias certificacións de ouro e platino en Europa.

Espero que sexa do voso agrado!

No hay comentarios. Comentar. Más...

COMETA ISON

20131020092230-comet-ison.jpg

 O cometa Ison fotografado polo Hubble / Imaxe: NASA

 

En realidade, ninguén sabe se o cometa ISON , descuberto fai agora un ano por científicos rusos, converterase en decembro nun dos máis espectaculares da historia, tan brillante como a Lúa chea e mesmo visible en pleno día se se confirman as mellores previsións, ou será en cambio un completo fracaso. Aos astrónomos non lles queda máis remedio que seguir a súa traxectoria e esperar. De momento, vai por bo camiño. As predicións máis pesimistas sinalaban que Ison xa corría grave perigo de desintegrase na súa actual fase de achegamento ao Sol, pero o telescopio espacial Hubble da NASA obtivo unha nova imaxe do cometa na que o seu núcleo xeado permanece intacto.

Na imaxe, o núcleo sólido do cometa segue dunha soa peza. Se se tivese desintegrado, probablemente o Hubble tería detectado a evidencia de múltiples fragmentos. Por outra parte, a coma que rodea o núcleo é “simétrica e suave”, segundo indica o Instituto de Ciencia do Telescopio Espacial en Baltimore, Maryland (EUA). Probablemente, este non sería o caso se as agrupacións de pequenos fragmentos voasen ao seu arredor. Ademais, un chorro de po que apareceu por primeira vez nas imaxes do Hubble tomadas o pasado mes de abril xa non é visible e púidose desactivar.

Cando foi fotografado, o cometa, procedente da Nube de Oort, un depósito de rochas conxeladas situado a miles de millóns de quilómetros do Sol, estaba dentro da órbita de Marte e a 284 millóns de km da Terra. Fará a súa máxima aproximación ao Sol o 28 de novembro: pasará a 1.100 millóns de km a unha velocidade de 425.000 km/h. Ese será o momento clave, no que seguramente sairemos de dúbidas de que tipo de rocha nos espera. Entón producirase o maior estalido de actividade na súa superficie. Se o cometa non se disolve ou fragmenta verase enormemente brillante.

E se é que sobrevive, os expertos esperan que a rocha faga o seu máximo achegamento ao noso planeta o 26 de decembro, a unha distancia duns 64 millóns de quilómetros. Ison podería converterse no “cometa do século” e eclipsar a todos os demais cometas brillantes que vimos no pasado, pero iso aínda está por verse.

Sería un bonito regalo de Nadal!

No hay comentarios. Comentar. Más...

O RELOXO BIOLÓXICO DO ADN

20131021231634-1-uclascientis-.jpg

O reloxo biolóxico mide o envellecemento dos tecidos en todo o corpo / Imaxe: UCLA/Horvath lab

 

Todo o mundo envellece, pero os científicos non saben realmente por que acontece. Un estudo da Universidade de California-Los Ángeles (UCLA), en Estados Unidos descubríu unha especie de "reloxo biolóxico" encravado no noso xenoma que pode botar luz sobre por que envellecen o noso corpo e como podemos deter o proceso.

Os achados tamén poderían ofrecer información valiosa sobre o cancro e a investigación con células nai. A  investigación, publicada esta semana na revista Genome Biology , é a primeira que calibra con seguridade a idade de diferentes órganos, tecidos e células humanas.  

Mentres que reloxos anteriores relacionáronse coa saliva, as hormonas e os telómeros, a nova investigación é a primeira en identificar un reloxo interno capaz de medir con precisión a idade de diversos órganos, tecidos e tipos de células. Inesperadamente, o reloxo sinala que algunhas partes da anatomía, como o tecido dos seos dunha muller, envellecen máis rápido que o resto do corpo.

Recollendo información de preto de 8.000 mostras de 51 tipos de tecido e células de todo o corpo, trazaron como a idade afecta aos niveis de metilación do ADN  dende o prenacemento aos 101 anos. Para identificar o reloxo, concentráronse en 353 marcadores que cambian coa idade e están presentes en todo o corpo. Probaron a eficacia do reloxo mediante a comparación da idade biolóxica dun tecido á súa idade cronolóxica. Se ben a maioría das idades das mostras biolóxicas coincidiron coa súa idade cronolóxica, outras diverxeron considerablemente.

En principio, o descubrimento proba que os científicos poden retroceder o reloxo biolóxico do corpo e restauralo a cero, pero a gran pregunta é se o reloxo biolóxico controla un proceso que conduce ao envellecemento.

Por último, descubriron que o ritmo do reloxo acelérase ou retarda en función da idade dunha persoa. O tic-tac do reloxo non é constante. É moito máis rápido cando nacemos e durante o crecemento dos nenos a adolescentes e logo diminúe a un ritmo constante ao chegar aos 20 anos. Nun achado inesperado, as células de nenos con progeria (unha enfermidade xenética que causa envellecemento prematuro), parecían normais e reflectían a súa verdadeira idade cronolóxica.

UCLA solicitou unha patente provisional para o reloxo e os seus seguintes estudos centraranse en examinar se ao parar o reloxo do corpo se detén o envellecemento ou aumenta o risco de cancro.

FONTE: Xornais elmundo/ciencia e abc/ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

REMATA A MISION DO SATÉLITE PLANCK

20131024080912-11mar2009-3328-h.jpg

Satélite Planck / Imaxe:noticiasdelcosmos

O satélite Planck da Axencia Espacial Europea (ESA) comezou o seu proceso de apagamento no día de onte, co que poñerá fin a súa misión. Segundo informou a ESA, os controladores dispararon xa os propulsores do aparato para baleirar os seus tanques de comble.

Un dos dous instrumentos de Planck, o de alta frecuencia de HFI, xa esgotara a súa subministración de helio líquido en xaneiro de 2012. Para entón, Planck xa completara cinco estudos completos do ceo utilizando tanto HFI como o seu detector asociado, o LFI, un instrumento de baixa frecuencia.

Ademais, dende xaneiro de 2012, a nave espacial levou a cabo outros tres estudos do ceo con LFI, o que permitiu aos científicos refinar os seus datos da Radiación de fondo de Microondas (CMB).

Planck é a terceira misión de medio tamaño (M3) do programa científico Horizon 2000 da ESA. O seu lanzamento produciuse en maio de 2009 e a súa principal misión era detectar as anisotropías no fondo cósmico de microondas en todo o ceo, cunha resolución e sensibilidade sen precedentes. Segundo destaca a axencia europea, foi unha fonte valiosa de datos cos que se comprobarán as teorías actuais sobre o universo primitivo e as orixes das estruturas cósmicas.

Entre os seus grandes logros destaca a súa primeira imaxe de todo o ceo, que obtivo o 5 de xullo de 2010 e a estimación máis precisa da distribución do Universo, que determinou en 68,3% de enerxía escura, un 26,8% de materia escura e un 4,9% de materia ordinaria.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

DÍA DA BIBLIOTECA

 

Hoxe, celébrase o DÍA DA BIBLIOTECA, creado en 1997 pola Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil , co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte co fin de concienciar á nosa sociedade da importancia da lectura, especialmente entre os nenos e mozos e para agradecer e potenciar o extraordinario labor dos bibliotecarios e bibliotecarias.

Neste día reivindícase o papel que xogan as bibliotecas como institución cultural básica e imprescindible, centro de proximidade á cidadanía e de espazo de socialización e de intercambio de ideas, que busca facilitar o acceso á información e ao coñecemento a todos e todas sen exclusións.

Quedádevos con esta frase do escritor irlandés Richard Steele (1672-1729): "A lectura é á intelixencia o que o exercicio é ao corpo".

Boa lectura! 

No hay comentarios. Comentar. Más...

ENTOMOLOXÍA DO BAIXO MIÑO

20131020102137--melolontha-papposa.14.10.2013.gg53s33s.afm5195.jpg

"SAN JUANERO" (Melolontha papposa) / Imaxe: Luis Dorado Senra-ANABAM 

A entomoloxía é rama da zooloxía cuxo obxecto é o estudo dos insectos.

Os insectos son unha clase de animais invertebrados, do filo dos artrópodos. Comprenden o grupo de animais máis diverso da Terra, con máis de 800.000 especies descritas, máis que os outros grupos de animais xuntos. Pódense atopar en case todos os ambientes do planeta, aínda que só un pequeno número de especies se adaptou á vida nos océanos.

ANABAM ten a vosa disposición na súa páxina web, un estudo moi intersante sobre as especie máis representativas da nosa bisbarra, co título ENTOMOLOXÍA DO BAIXO MIÑO. Información e fotografías que pretenden ampliar o coñecemento destes "pequenos animais" que comparten espazo cos humanos.

Se queres coñecelos só tes que premer AQUÍ.

No hay comentarios. Comentar. Más...

CAMBIO DE HORA

20131022185046-cambio-de-hora-invierno.jpg

Ás 3 da madrugada atraseromos unha hora e serán as 2 / Imaxe:bolsaclick.com

O cambio de hora prodúcese, como é habitual, ao iniciarse o último domingo de outubro. Nesta madrugada, exactamente ás 3, hora peninsular, xa domingo 27 de outubro, haberá que atrasar o reloxo ata as 2, co que este día terá, oficialmente, unha hora máis.

Unha hora máis para dormir, a cambio, a partir dese momento, anoitecerá antes, noites máis longas... En resumo as tardes quedan reducidas a mínima expresión e todo, ao parecer, co obxectivo é aforrar enerxía.

Como curiosidade direivos que o cambio de hora é unha medida que empezouse a adoptar durante a Primeira Guerra Mundial. En España, esta medida lévase aplicando dende 1974, aínda que a última regulación á que nos adaptamos chegou da man da directiva Europea 2000/84, que entre outras cousas unifica os días nos que se producen os cambios de hora en todos os países da Unión Europea, sendo estes o último domingo de marzo e outubro, respectivamente.

É o que hai!

No hay comentarios. Comentar. Más...

LAPARADA SOLAR CLASE X2.1

20131026090150-oct-25-xflare-number-2-670.jpg

Laparada solar de clase X2.1 do día 25 / Imaxe: NASA/SDO/GSFC

O Sol emitiu a súa terceira laparada solar en apenas 48 horas, segundo mostran as imaxes captadas polo Observatorio de Dinámica Solar (SDO) da NASA.

En concreto, trátase dunha laparada solar de clase X2.1. Pouco antes rexistrouse outra laparada solar, neste caso clasificada como X1.7 e procedente da mancha denominada AR 1882. Na madrugada do xoves, apenas 48 horas antes, houbo outra erupción de clase M9.3, de menor intensidade.

A NASA recorda que as laparadas solares son poderosas explosións da radiación. A pesar de que os seus efectos non resultan perigosos para os seres humanos, cando son o suficientemente intensas si son capaces de alterar os sistemas de comunicacións e interromper durante algún tempo (minutos ou horas) os sinais de radio. Non obstante, os incidentes ata agora foron moi infrecuentes. Nalgunha ocasión, como medida de precaución, tamén se desviaron algunhas rutas de voos comerciais próximas ao polo Norte para evitar interferencias cos sistemas de radio.

Na actualidade o Sol atópase no seu máximo dentro do seu ciclo, que os astrónomos estableceron en 11 anos para estudar a súa evolución. Por iso, precisa a NASA, este tipo de fenómenos son comúns e aumentan a medida que chega ao seu pico. A primeira laparada de clase X que aconteceu no presente ciclo solar aconteceu en febreiro de 2011. A máis intensa aconteceu o 9 de agosto de 2011 e foi clasificada como X6.9.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

10 CURIOSIDADES SOBRE A LÚA (V)

20131020084029-plato-crater-luna.jpg

O cráter Plato onde se observaron estes fenómenos /Imaxe: Xornal abc

Os Fenómenos Transitorios Lunares (TLP, por Transient Lunar Phenomena) son luces misteriosas que non se observan, salvo raras ocasións, no interior dalgúns cráteres ou sobre os cumes das cordilleiras montañosas lunares. Nalgúns casos aparecen como nubes en movemento ou sombras cun período de vida moi curto. Descoñécese a súa orixe. Algúns científicos apuntan a que pode tratarse da mera reflexión dos raios do Sol ao incidir sobre certos materiais. Outra posibilidade é a caída de meteoros sobre a superficie lunar.

De momento, o misterio segue aí!

FONTE: Xornal abec/ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

DETECTADA A GALAXIA MÁIS AFASTADA ATA AGORA

20131024105947-galaxia-mais-afastada.jpg

Imaxe captada polo telescopio Hubble da rexión do ceo onde está a galaxia z8-GND-5296 (ampliada), que é a máis afastada confirmada ata agora. / V. TILVI (TEXAS A&M) / S. FINKELSTEIN (UT AUSTIN) /CANDELS TEAM /HST/NASA

A galaxia máis afastada detectada ata agora chámase z8-GND-5296 e a súa luz tardou 13.000 millóns de anos en chegar ata nós dende que se emitiu. Os astrónomos, polo tanto, vena agora como era cando transcorreran só pouco máis de 700 millóns de anos dende o Big Bang. Hai outras galaxias candidatas a récord de distancia, pero non se confirmaron, como esta agora, mediante técnicas de espectrometría, é dicir, de análise da súa luz. Os astrónomos que a mediron calculan, ademais, que se están a crear nela estrelas a ritmo realmente alto: unhas 300 anualmente, mentres que na nosa Vía Láctea se forman unha ou dous como o Sol ao ano. Esta información foi publicada na revista Nature. 

A idade do universo foi establecida polo telescopio espacial Planck en 13.800 millóns de anos, así que se a luz de z8-GND-5296 que chega agora aos telescopios na Terra estivo viaxando algo máis de 13.000 millóns de anos; cando se emitiu o cosmos tiña arredor do 5% da súa idade actual. Como o universo se está a expandir dende o Big Bang, os investigadores calculan que esa galaxia estará xa agora a uns 30.000 millóns de anos luz de distancia de nós.

Coas observacións de espectrometría os científicos poden estimar a distancia dos obxectos afastados no ceo comparando as lonxitudes de onda emitidas por un átomo determinado coas observadas procedentes da galaxia afastada. Viaxando nun universo en expansión, as ondas fóronse alongando, como as engurras dun pano que un estirase. Chámase para este efecto corremento cara ao vermello (as ondas máis longas perceptibles polo ollo humano), que será maior canto máis lonxe este a galaxia observada.

Os investigadores, partindo de datos tomados con telescopio espacial Hubble, seleccionaron 43 galaxias candidatas para a súa busca. Grazas a un novo espectrómetro avanzado instalado nun dos telescopios Keck (en Hawái) puideron determinar para z8-GND-5296 un valor de corremento ao vermello de 7.51 (o que traducen neses 13.000 millóns de anos de distancia percorrida pola luz da galaxia).

FONTE: Xornal El Pais/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

AS PILAS E BATERIAS DE CADMIO E MERCURIO TEÑEN OS DÍAS CONTADOS

20131023172815-pilas-norm-.jpg

Recollida de pilas para a súa reciclaxe / Imaxe:que.es

O cadmio e o mercurio, substancias moi perigosas para o medio e a saúde, deixarán de utilizarse en diversos modelos de pilas, baterías e acumuladores producidos na Unión Europea. A prohibición, aprobada polo Parlamento Europeo (PE), entrará en vigor entre 2015 e 2016.

A prohibición do cadmio en baterías e acumuladores portátiles que están presentes en trades, desaparafusadores ou serras son algunhas ferramentas que utilizan este compoñente,  aplicarase dende o 31 de decembro de 2016.

A prohibición do mercurio nas pilas botón será en outono de 2015. Estas pilas, utilizadas en reloxos, xoguetes, controis remotos e outros aparatos de consumo común.

Ao igual que o cadmio (que é un canceríxeno e tóxico para o medio acuático), o mercurio é unha substancia química que pode resultar moi nociva para o medio e a saúde se non se trata de forma axeitada. Hai estudos que indican que unha soa pila de mercurio podería contaminar ata 600.000 litros de auga.

Cando a prohibición entre en vigor, só sepermitirán as baterías de níquel-cadmio (NiCd) en sistemas de emerxencia e iluminación como alarmas e equipos médicos. Noutras aplicacións estanse a substituír sobre todo por alternativas de ións de litio (Li-Ion).

As novas normas permitirán vender as pilas e acumuladores xa producidos ata que se esgoten as existencias. Os fabricantes terán que deseñar aparatos para que as pilas e acumuladores usados se poidan quitar con facilidade, polo menos por profesionais independentes.

FONTE: Revista Consumer/Medio Ambiente

No hay comentarios. Comentar. Más...