Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2020.
CANTO SABES DE GALICIA LXXIV
por vgomez el 01/05/2020 07:48, en DOCENCIA
Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é…
- A anguía en empanada e a lamprea escabechada.
- Lamprea e salmón pola Pascua a sazón.
- Escorredizo como unha anguía.
- Quen pesca con chaqueta cábenlle os peixes nunha pandeireta.
- Labrego con cana á porta pouco lle medra a horta.
- Pola boca more o peixe.
E imos coa pregunta de hoxe!
74. Hai monumentos e lugares que son moi representativos de lugares de Galicia. Identifica as imaxes co lugar:
- Ourense
- Vigo
- Lugo
- A Coruña
Mañá a solución e a última proposta!
FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es e Almanaque Agrícola ZZ ano 2015 Imaxe: esculturaurbana.com, galiciaenfotos.com, infohostal.com, http://guiaturisticadevigo.blogspot.com
O CEO DO MES: MAIO 2020
por vgomez el 01/05/2020 07:48, en O CEO DO MES
Eta Acuáridas / Imaxe: infoemergencias.com
7 de maio: Lúa Chea. Superlúa (Superlúa das flores) A Lúa atópase a 361.984 km da Terra.
14 de maio: Cuarto Minguante
22 de maio: Lúa Nova
30 de maio: Cuarto Crecente
Chuvia de meteoros: Eta Acuáridas: do 19 de abril ao 28 de maio, con máximo o día 6. O corpo proxenitor é o cometa Halley (1P/Halley), e o radiante a constelación de Acuario, preto de Eta Acuarii, de onde procede o nome.
SOPA DE LETRAS DO PANADEIRO
por vgomez el 01/05/2020 07:49, en A PENSAR
FORNO LEÑA FARIÑA PENEIRA
AUGA PA RODO VARREDOIRO
LÉVEDO ARTESA
HAI QUE INVENTAR UN MODO DISTINTO DE ESTAR NO MUNDO
por vgomez el 01/05/2020 07:50, en OPINIÓN E COMENTARIO
Como será o mundo e a sociedade despois desta época de incerteza? A doutora en Ciencias Políticas e catedrática de Socioloxía, María Ángeles Durán, sostén que os cambios afectarán o corazón mesmo das sociedades que hoxe coñecemos. Non só haberá que adaptarse ao teletraballo e o distanciamento social, senón que tamén haberá que repensar como protexer aos nosos maiores de futuras crises sanitarias.
“Esta pandemia creo que afectará á idea do que é a calidade de vida, o dereito que cada persoa teña a decidir que é o que quere e que é o que non quere en relación cos últimos anos da súa vida. Temos que pensar que, cando sexamos dous mil millóns de persoas maiores de 65 anos, o grupo de idade que máis medra en toda a poboación mundial, haberá que inventar un modo distinto de estar no mundo para as persoas maiores", reflexiona.
María Ángeles Durán é doutora ’honoris causa’ polas universidades Autónoma de Madrid, Valencia e Selecta, dirixiu o Departamento de Análise Socioeconómica do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e na actualidade imparte cursos de posgrao e realiza traballos de asesoramento para diversos organismos e institucións internacionais.
Foi a primeira muller que logrou unha cátedra de Socioloxía en 1982, a primeira que recibiu o Premio Pascual Madoz para Ciencias Xurídicas, Sociais e Económicas, a primeira presidenta da Federación Española de Socioloxía e tamén a pioneira que recibiu o Premio Nacional de Investigación en Socioloxía e Ciencia Política 2018. Publicou máis de 200 obras sobre envellecemento poboacional, desigualdade, feminismo e saúde, con títulos como ‘A riqueza invisible do coidado’, ‘Os custos non sanitarios das enfermidades crónicas’ ou ‘Se Aristóteles levantase a cabeza’. Na última década desenvolveu o seu traballo de investigación sobre o “cuidatoriado”, unha clase social emerxente formada por “as que coidan”, normalmente mulleres que atenden aos seus maiores dependentes, sen remuneración nin dereitos nin visibilidade.
CANTO SABES DE GALICIA LXXV
por vgomez el 02/05/2020 07:21, en DOCENCIA
Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é…
1- Lugo. Monumento del Bimilenario, ubicado na Praza de Santo Domingo. Consta dunha aguia, obra de Santiago de Santiago, feita de bronce fundido inspirada nuha aguia imperial da época romana achada nas excavacións de O Courel, sobre unha columna de 15 m de altura, deseñada por Antonio González Trigo. A primeiro aguia, de ás pechadas, inaugurouse en decembro de 1976, pero na primavera do 1977 a aguia é substituída pola actual de ás abertas.
2 - Vigo. O Sireno, obra do escultor Francisco Leiro, preside a Porta do Sol. Sobre dúas columnas sitúase unha figura fundida en aceiro, representación dun personaxe imaxinario, híbrido de peixe e home, coa mirada posta no mar.
3 – A Coruña. O Millenium, monumento con forma de obelisco situado no Paseo Marítimo da Coruña. Ergueuse para conmemorar o inicio do século XXI. Ten 46 metros de altura e está feito en aceiro (2 toneladas) e 147 cristais de rocha, deseñados polo artista Gerardo Porto.
4 – Ourense. Monumento a Concepción Arenal, ubicada na praza do mesmo nome, fronte ao Palacio de Xustiza. Estátua en broce, con pedestal de granito, obra do segoviano Aniceto Marinas, no ao 1898.
E imos coa pregunta de hoxe!