Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Febrero de 2012.

CHEGA O ASTEROIDE 433 EROS

20120131172314-eros.jpg

O asteroide Eros, captado pola sonda NEAR / NASA

O asteroide 433 Eros pasará hoxe a 26,7 millóns de quilómetros da Terra, na súa viaxe máis próxima ao planeta dende 1975.

433 Eros é un asteroide do tipo S, o que significa que ten unha composición de silicatos de magnesio e ferro. Este tipo de corpos representan arredor do 17% dos asteroides coñecidos, son moi brillantes e os máis comuns no cinto interior de asteroides.

En febreiro do 2000 a nave espacial NEAR Shoemaker da NASA aterrou sobre a súa superficie. A través de máis de 160.000 imaxes da súa superficie identificáronse máis de 100.000 cráteres e axudou aos investigadores a concluír sobre a súa composición.

A NASA sinalou que, a pesar da proximidade do asteroide, non hai perigo de colisión coa Terra xa que hai "unha distancia moi respectable". Neste sentido, precisou que pasará a máis de 80 veces a distancia á que pasou o 2005 YU55 no novembro pasado, que se achegou ao noso planeta a unha distancia inferior á órbita da Lúa sen ningún tipo de perigo.

Segundo indicaron os expertos, aqueles que queirades ver o corpo dende España podedes facelo a partir das 04:00 horas do 1 de febreiro cun telescopio de afeccionado. Eros permanecerá visible ata o próximo dia 10 e non volverá pasar tan preto da Terra ata 2056.

FONTE: Xornal El Mindo/Ciencia

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

FRÍO

20120202164141-2012-02-09-vin-2012-02-02-02-32-02-davila.jpg

Tal como apunta aviñeta de Davila, no xornal Faro de Vigo de hoxe, chegou o frío e parece que mañá aínda máis. Espérase que o domingo remate esta onda de frío polar. Se queres coñecer as previións para mañá pincha  AQUÍ.

Abrigarse!

No hay comentarios. Comentar. Más...

O ROSTRO DE ALFRED HITCHCOCK NAS ESTRELAS

20120202192416-rostro-de-alfred-hitchcock.jpg

 Trata de localizar o rostro de Alfred Hitchcock no vídeo de arriba

O Universo está cheo de sorpresas, deso non cabe a menor dubida. E a última foi atopar nin máis nin menos que o rostro de Alfred Hitchcock debuxado nas estrelas. Ou, máis exactamente, perfilado nun dos bordos do sementeiro de estrelas NGC3324, na constelación de Carina, a 7.500 anos luz da Terra.

Sorprendente!

FONTE: Xornal ABC

No hay comentarios. Comentar. Más...

A ESPECIE MÁIS LONXEVA DA BIOSFERA

20120202172500-clon-de-posidonia-oceanica.jpg

Pradaría de posidonia no mar Mediterráneo / CSIC

Un equipo de investigadores do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) atopou en Formentera un clon de Posidonia oceanica, unha especie mariña ameazada e endémica do Mediterráneo, con 100.000 años de idade. Os resultados, publicados no último número da revista revista PLoS ONE, convírtena na especie máis lonxeva da biosfera.

A clave atópase no crecemento clonal, un proceso que a  Posidonia comparte co resto das anxiospermas (plantas superiores con flor) mariñas. Está basado na continua división dos seus meristemos (rexións onde se producen novas células) e rizomas, talos que medran a un ritmo extremadamente lento, aproximadamente un centímetro ao ano, e conectan as novas plantas que se van creando.

Os científicos descubriron agora que os rizomas ocupan lentamente o espazo ata estenderse varios quilómetros producindo millóns de plantas a partir dun mesmo clon.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

O 22,9% DOS RESIDUOS QUE SE DEPOSITAN NOS CONTEDORES AMARELOS SON IMPROPIOS

20120205091044-contedor-amarelo.jpg

Contedor amarelo / Imaxe:cartagena.es

O 22,9% dos residuos que se depositaron no contedor amarelo en 2010 eran impropios. Aínda así, esta cifra mellora os datos de anos anteriores. En 2007, a taxa de impropios situábase nun 28%, mentras que en 2004 a porcentaxe chegaba ao 35%, destacou Ecoembes, a sociedade que xestiona a recuperación e reciclaxe dos envases lixeiros (envases de plástico, latas e briks) no contedor amarelo e os envases de cartón e papel no contedor azul.

Por comunidades autónomas, os datos de Ecoembes revelan que País Vasco, A Rioxa, Navarra, Comunidade Valenciana e Aragón son as rexións de España que mellor separan no contedor amarelo, cunha porcentaxe de impropios do 15,3% en 2010, sete puntos por debaixo da media española. Este datos sitúaos na líña cos resultados de Bélxica, o país que mellores cifras presenta en materia de reciclaxe de Europa.

Ademais, varias administracións locais lograron mellorar os seus resultados nun 33% nos últimos anos. Esto conseguíuse garzas á labor dos cidadáns e a un proceso de innovación dos servizos de xestión de residuos, á mellora da conterización, á optimización das rutas ou á inclusión de melloras mo transporte, explica Ecoembes.

Sigamos nesta liña. Recicla!

FONTE:revista.consumer.es

No hay comentarios. Comentar. Más...

CINE: ENGURRAS

20120205153515-engurras.jpg

Hai uns días chegou aos cines a película ENGURRAS, unha longametraxe de animación 2D para un público adulto basado no cómic do mesmo título de Paco Roca (Premio Nacional de Cómic 2008). "Engurras" é unha película, sobre a vellez, cunha historia real, dura e con moito sentimento. Foi nominada para os premios Goya e tamén preseleccionada para os Oscar. Esta é a súa ficha técnica:

Título: Arrugas

Dirección: Ignacio Ferreras

Guión: Ángel de la Cruz

País: España

Ano: 2011

Productora: Perro Verde Films

Distribuidora: Wanda Visión S.A

Duración: 89 min.

Xénero:  Animación, Drama

Animación: Baltasar Pedrosa, Paco Roca

Música: Nani García

 Reparto: Álvaro Cervantes, Tacho González, Álvaro Guevara, Mabel Rivera

Sinopse: "Engurras" narra a amizade entre Emilio e Miguel, dous anciáns recluídos nun xeriátrico. Emilio, que acaba de chegar á residencia nun estado inicial de Alzheimer será axudado por Miguel e outros compañeiros para non acabar na planta superior da residencia, o temido piso dos asistidos que é como lle chaman alí aos desafiuzados. O seu alocado plan tingue de comedia e tenrura o tedioso día a día da residencia porque aínda que para moitos as súas vidas remataran, eles acababan de empezar unha nova.

No hay comentarios. Comentar. Más...

A CARA OCULTA DA LÚA

20120205183740-cara-oculta-da-lua.jpg

Imaxe da cara oculta da Lúa tomada pola misión GRAIL / Imaxe:movik.tv

Unha cámara a bordo dunha das sondas xemelgas da misión GRAIL da NASA captou imaxes insólitas da cara oculta da Lúa que nunca se ve dende a Terra. O vídeo foi filmado cunha cámara MoonKAM. As dúas sondas estiveron dando voltas arrededor do  noso satélite natural dende que entraron na órbita lunar o pasado 31 de decembro. 

A cara oculta a Lúa é o hemisferio do noso satélite non observable dende a Terra. Só os astronautas do programa Apolo que orbitaron á Lúa nas décadas dos 60 e 70 puideron observar directamente esta rexión lunar.

Anteriormente, o 7 de outubro de 1959, o Lunik III, foguete espacial soviético, fotgrafou a cara oculta da Lúa dende unha distancia de 62.000 quilómetros da súa superficie. Daquela empregaron un sistema chamado MAS (Mirovaya Automaticheskcaya Stantsia)

En todos os casos demostrouse que esa cara oculta ten o mesmo aspecto que a visible, toda chea de cráteres, se ben algo menos accidentada.

No hay comentarios. Comentar. Más...

ICONOS SUBMARINOS

20120208094250-inercia2.jpg

"Inercia" / Jason deCaires Taylor

Esta escultura cun televisor perforado con pequenos orificios que ofrece refuxo aos peixes está sumerxida na costa de Cancún. A ciencia demostrou que o noso modo de vida xa non é sostible, pero seguimos facendo oídos xordos.

Sumerxidas nas transparentes e cálidas augas do océano, as escultura, a tamaño natural de Jason deCaires Taylor (1974, escultor inglés), son como arrecifes naturais. Á primeira vista poden parecer as ruínas dunha civilizavión pasada, pero observándoas con atención representan persoas reais levando a cabo accións contemporáneas, e están feitas cun tipo de cemento cuxo PH neutro farvorece o crecemento do coral. A súa obra é contemplada polos buceadores e turistas que acuden en barcos con casco panorámico. 

É o punto de encontro entre a arte, a ciencia e o medio ambiente!

Nós hoxe temos esa posibilidade de facelo só cun dedo pinchando AQUÍ.

FONTE: Revista National Xeographic / Miradas


No hay comentarios. Comentar. Más...

AS DÚAS NOVAS LÚAS DE XÚPITER: S/2011 J1 e S/2011 J2

20120205210316-xupiter.jpg

Xúpiter, o planeta máis grande do Sistema Solar / Imaxe:escuelapedia.com

Xúpiter  ten dúas novas compañeiras. Trátase de dúas pequenas lúas, recentemente dadas a coñecer polos astrónomos. Deste xeito, o quinto planeta do Sistema Solar suma 67 satélites naturais que xiran ao seu redor.

As novas lúas, denominadas S/2011 J1 e S/2011 J2, foron identificadas por primeira vez en setembro de 2011 (razón do seu nome) polo telescopio Magellan-Baade do Observatorio As Campanas de Chile. Moi diminutas, só miden un quilómetro de diámetro cada unha, atópandose entre as lúas máis pequeñas atopadas ata agora no Sistema Solar. A diferencia dos catro grandes satélites de Xúpiter (os chamados galileanos: Io, Europa, Ganímedes e Calisto), que orbitan moi preto do planeta, os dous últimos son moi débiles e atópanse moi lonxe. J1 xira a uns 20 millóns de quilómetros de Xúpiter, e J2 a uns 23 millóns. O primeiro tarda 580 días en completar a súa órbita; o outro, 726 días.

Segundo publica National Geographic é posible que existan moitas máis lúas deste tamaño arredor de Xúpiter.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

CINE: CABALO DE BATALLA

20120205153011-war-horse-cartel.jpg

 

Esta fin de semana chega aos cines unha nova película do director Steven Spielberg: War horse (Cabalo de batalla), basada nunha novela de Michael Morpurgo (1943, escritor e poeta británico). Ten 6 nominación aos premios Oscar, entre elas de mellor banda sonora: John Williams. Esta é a súa ficha técnica: 

Película: War horse (Cabalo de batalla)

Título orixinal: War horse

Dirección: Steven Spielberg

Guión: Lee Hall e Richard Curtis

País: USA e Reino Unido

Ano: 2011

Xénero: Drama, bélico

Producción: Frank Marshall e Steven Spielberg

Distribuidora: The Walt Disney Company Spain

Música: John Williams

Fotografía: Janusz Kaminski

Reparto: Jeremy Irvine , David Thewlis, Emily Watson, Toby Kebbell, David Kross, Peter Mullan, Niels Arestrup, Eddie Marsan, Benedict Cumberbatch, Tom Hiddleston, Celine Buckens.

Sinopse:“Cabalo de batalla” contanos a extraordinaria historia de amizade que xurde entre o mozo Albert e un cabalo chamado Joe. Os seus camiños afástanse a causa da Primeira Guerra Mundial. O pai de Albert vende a Joey á cabaleiría do exército británico para loitar na fronte. Joey será testigo dun periodo da Historia coa Gran Guerra como trasfondo.  A pesar dos obstáculos que atopa no seu camiño, a súa coraxe será fonte de inspiración para todos os que con se cruzan co este nobre animal. Albert non pode olvidar ao seu cabalo e abandoa o seu fogar para loitar nos campos de batalla de Francia. Alí busca incansablemente ao seu amigo para traerlo sano e salvo á casa.

No hay comentarios. Comentar. Más...

PEIXE BOLBORETA DE CATRO OLLOS

20120208172925-peixe-mariposa-de-catro-ollos1.jpg

 Peixe bolboreta de catro ollos / Imaxe:hogarutil.com

Chaetodon capistratus é o nome científico do peixe bolboreta de catro ollos, unha especie que habita nos arrecifes de coral. O seu nome deriva dos termos gregos chaite (cabelo) e odous (dentes), facendo alusión ás Fiadas de dentes que locen como cepillos na súa boca. O máis curioso desta especie é que preto da aleta caudal amosa dous ocelos ou falsos ollos, un a cada lado, que emprega para enganar aos seus depredadores, facéndolles cer que o seu tamaño é moito maior e confundíndoos sobre a situación auténtica da súa cabeza. Vistas dende enriba, as súas longas aletas pectorais asemellan ás de bolboreta.

No hay comentarios. Comentar. Más...

REINHARD GENZEL E ANDREA GHEZ

20120208114623-andrea-ghez-reinhard-genzel-svt-vetenskap.jpg

 Reinhard Genzel e Andrea Ghez / Imaxe:svt.se

O premio Crafoord de astronomía, impartido pola Academia Sueca de Ciencias e considerado o "Nobel da astronomía", foi otorgado en 2012 ao astrónomo alemán Reinhard Genzel e á estadounidense Andrea Ghez. Segundo a Academia Sueca, este galardón recoñece «as observacións das estrelas orbitando arredor do centro galáctico, o que indica a presenza dun buraco negro supermasivo

O premio Crafoord foi establecido en 1980 polo empresario sueco Holger Crafoord (1908-1982) e é administrado pola Real Academia de Ciencias Sueca. Ten por obxectivo promocionar a investigación básica en Astronomía, Matemáticas, Xeociencias e Biociencias, disciplinas que complementan ás premiadas co premio Nobel. A dotación económica do premio, ao redor de medio millón de euros, ten por obxecto axudar á financiación das investigacións dos gañadores. Ao igual que o Nobel, o premio Crafoord entrégao o Rei de Suecia.

Reinhard Genzel naceu en 1952 en Bad Homburg vor der Hoehe, Alemaña. Obtivo o seu doutoramento en 1978 na Universidad de Bonn. Foi profesor de física na Universidad de California en Berkeley (EEUU). Desde 1986 es director del Instituto Max-Planck de Física Extraterrestre (Munich, Alemaña), posto que compaxina dende 1990 cun novo profesorado en Berkeley. Recibíu diversos galardóns e nomeamentos honoríficos. Foi nomeado académico correspondente da Real Academia de Ciencias de España en 2011.

Andrea Ghez naceu en 1965 en Nueva York (EEUU). Obtivo o seu doutoramento no Instituto de Tecnoloxía de California (Caltech) en 1992 e actualmente é profesora na Universidad de California nos Ánxeles (EEUU). No ano 2004 ingresou na Academia Nacional de Ciencias de EEUU e foi incluída na lista, elaborada pola revista Discover, dos 20 investigadores estadounidenses que demostraran un alto nivel de comprensión das súas respectivas disciplinas.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia


No hay comentarios. Comentar. Más...

O XATCOBEO ACADOU A SÚA ÓRBITA

20120213130312-2012-02-13-img-2012-02-13-12-28-00-vega-epa.jpg

O foguete Veiga, no momento do seu despegamento, esta mañá na Güiana Francesa / Imaxe:www.esa.int

Hai algún tempo falamos neste blog do XATCOBEO: NANOSATÉLITE GALEGO. Hoxe comenzou a súa andaina. O lanzador europeo Vega despegou este luns do Porto Espacial Europeo en Kourou, na Güiana Francesa, sobre as 11.00 horas (hora española) tal e como estaba previsto, co primeiro picosatélite galego XaTcobeo.

Así comeza a primeira misión do máis pequeno dos lanzadores da Axencia Espacial Europea (ESA), que colocará en órbita nove satélites: os da Axencia Espacial Italiana Lareiras e Almasat, xunto con sete CubeSats de universidades Europeas, entre eles o galego XaTcobeo.

A axencia informou que o lanzamento se producíu "segundo o previsto" sen ningún tipo de complicación. Así, aos 30 segundos do lanzamento, Vega rompeu a barreira do son (a unha altitude de 4,7 quilómetros). Durante a súa viaxe ao espazo o foguete chegou a alcanzar os 3,8 quilómetros por segundo e cumpríu as etapas de apagado e separación, acendido de motor e separación da carena que protexe aos satélites, durante o seu ascenso.

Do mesmo xeito, a ESA informou que ao tratarse dun voo de cualificación (o primeiro do lanzador) o foguete estivo moi supervisado e mesmo se víu algún helicóptero supervisando o lanzamento. Tras a súa saída ao espazo, o foguete iniciou a súa cuarta etapa, na que acadou a súa órbita de destino, a 1.447 quilómetros sobre a superficie da Terra.

FONTE: Xornal Faro de Vigo

No hay comentarios. Comentar. Más...

AMASIA

20120209125823-amasia.jpg

Os continentes actuais (á esquerda) e Amasia o supercontinente (dereita), centrada sobre o Ártico / Imaxe:Mitchell et al, Nature

A forte atracción do polo norte provocará dentro de millóns de anos a fusión de América e Asia dando lugar a Amasia, o nome co que científicos estadounidenses bautizaron ao que parece que será o próximo supercontinente da Terra.

Segundo os seus cálculos, esta gran masa de terra chegará a formarse dentro de entre 50 e 200 millóns de anos, segundo unha investigación publicada na revista británica "Nature".

Así, ámbolos continentes uniranse polo polo norte, mediante unha cordilleira montañosa que permitirá cruzar de Alaska a Siberia e viceversa, segundos os expertos da Facultade de Xeoloxía e Xeofísica da Universidade de Yale (EEUU).

América permanecerá situada sobre o anel de lume do Pacífico, unha zona de intensa actividad sísmica e volcánica, pero a súa orografía cambiará radicalmente porque a atracción cara ao Polo fusionará América do Sur co Norte. Este desprazamento provocará a súa vez a desaparición do océano Ártico e do mar Caribe.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

PEIXE ELEFANTE

20120208175824-peixe-elefante.jpg

Peixe elefante / Imaxe:animalmascota.com

Gnathonemus petersii é o nome científico do peixe elefante, que vive nas augas cálidas de África occidental, dende a cunca do río Níger atao a do Congo, así como tamén nos ríos Benue, Zaire e Ogun, e no lago Chad. O nome deste xénero deriva do vocablo grego gnathos (mandíbula), facendo refrencia ao órgano móbil en forma de trompa que loce baixo a súa boca. Na súa cola ubícase un órgano eléctrico que emite descargas de baixa intensidade cunha frecuencia de ata 80 veces por segundo. Medindo as variacións do campo magnético ao seu redor a traves de máis de 5.000 sensores por toda a súa pel, o peixe elefante pode orientarse, detectar obxectos e comida no seu entorno, comunicarse cos seus conxéneres,... Incluso é capaz de nadar con soltura marcha atrás.

No hay comentarios. Comentar. Más...

OS CABACEIROS DENDE A CIENCIA

20120214190913-horreo-de-carnota.jpg

 O hórreo de Carnota (A Coruña), o   terceiro máis longo de Galicia, con 34,74 m. de longo, 1,90 m. de ancho e 22 pares de columnas ou pías / Imaxe:panageos.es

Cabaceiros, canastros, hórreos...Non facía falla demostrar nada. O hórreo está sobradamente probado polo pobo. O proxecto, llevado a cabo ao longo de dous anos por sete investigadores da Misión Biolóxica de Galicia (Pontevedra), recoñece que “os resultados” do seu traballo “son bastante obvios”. Pero o obxectivo era dar un respaldo científico ao sistema de almaceamento tradicional, deixar probada a súa “viabilidade” futura. Porque “non se debe consentir que se perdan”, e entre os aproximadamente 30.000 hórreos cos que conta en Galicia, xa son máis os que están en ruínas que os que seguen gardando o gran.

Os galegos levan ensaiando a estructura sobre pés, camiño da perfección, dende muoito antes de que o Imperio Romano chegase ao fin do mundo. Un século antes do cambio de era, Marco Terencio Varrón describía sorprendido os almacéns de gran “sobre terra” dos galaicos, sen deixar aclarado para a Historia se entón xa se atopaban por aquí, a pé de castro, algúns hórreos voadores. Foi Plinio o Vello, un século despois, o que se refiríu a estas construcións “suspendidas” do noroeste peninsular. E moitas colleitas e moitas chuvias despois, pero aínda demasiado pronto para que neles se instalase a perpetuidade o millo, Alfonso X mandou retratalos por primeira vez nunha miniatura das que iluminan as Cantigas de Santa María.

Os científicos constataron que o hórreo é un bo método para o secado e que os tornarratos e tornaformigas funcionan. Pero almacen de gran galaico, por moitas cruces que o adornen, non libra ás espigas de insectos voadores como o taladro ou fungos que poden chegar a ser tóxicos. Un “tratamento postcolleita” imposible en tempos de Plinio, como o “secado rápido con aire a 35 graos durante dous días”, bastaría para espantar os riscos.

FONTE: Xornal El Pais

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

CHEGOU O ENTROIDO

20120216173240-carnaval2.png

Mácaras/ Imaxe:lesmoraliens1030.skynetblogs.be

Si...chegou o Entroido para min e para a maioría de vós o Carnaval. Hai diferencia pois o primeiro é máis enxebre, máis tradicional e que aínda perdura no rural; mentres que o segundo é máis urbano e moderno.

De calquera xeito disfrutemos destes días descanso, de transgresión, de comidas propias da época e da familia e amigos.

Vémonos o xoves, día 23. Que o pasedes ben!

No hay comentarios. Comentar. Más...

GJ1214b: O PLANETA DE AUGA

20120222114507-gj1214b.jpg

Ilustración do planeta de auga GJ1214b pasando por diante da súa estrela / NASA / ESA / D.AGUILAR

Un novo tipo de planeta súmase á lista dos coñecidos ata agora. Non é un corpo rochoso como a Terra, Marte, Venus ou Mercurio; tampouco é un xigante gasoso como Xúpiter ou Saturno, nin un xigante xeado como Urano e Neptuno. É un planeta na órbita dunha estrela situada a uns 40 anos luz de nós, sobre todo, de auga, cunha densa atmosfera de vapor. Con estas características non se parece nin sequera a outros tipos de planetas extrasolares coñecidos.

O planeta en cuestión, GJ1214b, foi descuberto por David Charbonneau (profesor de astronomía na Universidade de Harvard) e colegas, en 2009, na órbita dunha estrela anana vermella, moito máis pequena que o Sol, pero agora os astrónomos puideron observalo e analizalo co telescopio espacial Hubble e, a partir das súas características, deducir a súa composición e identificalo como un novo tipo de planeta descoñecido ata agora. O seu diámetro é 2,7 veces o terrestre e a súa masa unhas 6,5 veces a do noso planeta; cumpre unha órbita arredor do seu astro cada 38 horas a unha distancia duns dous millóns de quilómetros (a distancia media da Terra ao Sol é duns 150 millóns de quilómetros). “GJ1214b non se parece a ningún planeta que coñezamos, unha gran parte da súa masa é agua”, comenta o líder do equipo científico nun comunicado do Harvard Smithsonian Center for Astrophysics (EE UU).

A partir da masa e o tamaño do planeta, os investigadores poden calcular a súa densidade, que é 2g/cm3, fronte á terrestre, que é, como media, 5,5g/cm3. A densidade da auga, porén, é 1g/cm3, o que suxire que o planeta en cuestión ten moita máis auga que a Terra e moita menos rocha, cunha estrutura moi diferente.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

HUMOR OU REALIDADE: A MODA VERDE

20120222105039-bolsa.jpg

Bolsa de plástico de la compra / Imaxe:consumer.es

Na fila dun supermercado, o caixeiro dille a unha señora maior: "Debería traer a súa propia bolsa, xa que as bolsas de plástico non son boas para o medio ambiente"

A señora pide desculpas e explica: “É que non había esta moda verde nos meus tempos”

O empregado contestoulle: “Ese é agora o noso problema. A súa xeración non puxo o suficiente coidado en conservar o medio ambiente”

A señora maior respondeu: “Ten razón. A nosa xeración non tiña esa moda verde neses tempos. Daquela, as botella de leite, as de gaseosa e as de cervexa devolvíanse á tenda, desta iban de novo á fábrica para ser lavadas e esterilizadas antes de enchelas de novo, de maneira que podíanse empregar as mesman botellas unha e outra vez. Así, realmente, reciclábanas.

Pero leva razón, non tiñamos moda verde nos nosos tempos. Subiamos as escaleiras, porque non había ascensores nas casas e oficinas, nin escaleiras mecánicas nos comercios. Ibamos andando ás tendas en lugar de ir en coches de ata 300 cabalos de potencia cada vez que precisabamos percorrer 200 metros.

Pero vostede ten razón, non tiñamos moda verde nos nosos tempos. Entón, lavábamos os cueiros dos bebés porque non había de usar e tirar. Secabamos  a roupa en tendedeiros, non en secadoras que funcionan a 220 voltios. A enerxía solar e a eólica secaban verdadeiramente a nosa roupa. Os nenos usaban a roupa dos irmáns maiores, non sempre “modelitos” novos e de marca.

Pero está vostede no certo, non tiñamos unha moda verde nos nosos tempos. Daquela, tiñamos unha televisión, ou radio, na casa, non un televisor en cada habitación. E a TV tiña unha pantaia do tamaño dun pano, non unha pantaia do tamaño dun estadio de fútbol. Na cociña, moiamos e batiamos a man, porque non había máquinas eléctricas que o fixesen por nós. Cando empaquetabamos algo fráxil para envíalo por correo, empregabamos xornais engurrados para protexelo, non cartóns preformados ou boliñas de plástico. Neses tempos non acendiamos un motor e queimabamos gasolina só para cortar o céspede; usabamos un fouciño ou gadaña que funcionaba a músculo. Faciamos exercicio traballando, así que non precisabamos ir ao ximnasio para correr sobre cintas mecánicas que funcionan con electricidade.

Pero claro que está vostede no certo: non había neses tempos moda verde. Bebiamos da billa cando tiñamos sede, no canto de empregar vasiños ou botellas de plástico cada vez que tiñamos que tomar auga. Recargabamos as estilográficas con tinta, en lugar de mercar unha nova e cambiabamos as coitelas de afeitar en vez de tirar ao lixo toda a máquina afeitadora só porque a coitela perdera o filo. Pero eso si, non tiñamos unha moda verde por entón.

Naqueles tempos, a xente tomaba o tranvía o autobús e os rapaces ían nas súas bicicletas á escola ou andando, en lugar de usar á súa nai como taxista as 24 horas do día. Tiñamos un enchufe en cada habitación, non unha regleta de enchufes para alimentar unha ducia de “artefactos”. E non precisabamos un aparato electrónico para recibir sinais dende satéites situados a miles de quilómetros de distancia no espazo para atopar a pizzaría máis próxima.

Así que paréceme lóxico que a actual xeración se queixe continuamente do irresponsables que eramos, os agora vellos, por non ter esta marabillosa moda verde nos nosos tempos.




No hay comentarios. Comentar. Más...

ROSALÍA DE CASTRO: 175 ANIVERSARIO DO SEU NACEMENTO

20120224081659-rosalia-de-castro.jpg

 

Hoxe cúmprense 175 anos do nacemento de Rosalía de Castro (Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 1837). Dende aquí unha pequena lembranza a esta insigne escritora galega:

Cantarte hei, Galicia,
teus dulces cantares,
que así mo pediron
na beira do mare.

Cantarte hei, Galicia,
na lengua gallega,
consolo dos males,
alivio das penas.

                                                                              Cantares Gallegos

No hay comentarios. Comentar. Más...

ATOPADO O ANIMAL TERRSETRE QUE VIVE A MIOR PROFUNDIDADE

20120223005620-plutomurus-ortobalaganensis.jpg

"Plutomurus ortobalaganensis" atopado a 1.980 metros de profundidade / Universidade de Navarra

Non teñen ollos, carecen de pigmentación e co seu minúsculo tamaño (entre 1 e 4 milímetros) sobreviven nun dos ambientes máis inhóspitos da Terra. Unha expedición hispano-rusa atopou catro novas especies na cova Krubera-Voronya, situada na rexión de Abkhazia (República de Xeorxia) cerca do Mar Negro. Cos seus 2.191 metros, está considerada a cova máis profunda do mundo. Dúas destas novas especies, cuxas características publícanse esta semana na revista Terrestrial Arthopod Reviews (TAR), son os artrópodos atopados a máis profundidade.

O inquilino máis illado foi bautizado como "Plutomurus ortobalaganensis". Este artrópodo vive a nada menos que 1.980 metros baixo a superficie terrestre.

Os outros tres artrópodos foron localizados a menos profundidade e foron catalogados como "Anurida stereoodorata", "Deuteraphorura kruberaensis" e "Schaefferia profundísima".

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

TRATARUGA QUE CONVÍU COS DINOSAURIOS: "POLYSTERNON ISONAE"

20120226102418-polysternon-isonae.jpg

Reconstrución da tartaruga "Polysternon isonae" a partir dos restos fósiles recuperados en Isona / ÓSCAR SANISIDRO

Un equipo de paleontólogos cataláns descubríu nun xacemento de Isona i Conca Dellà (Pallars Jussà), os restos fosilizados dunha nova especie de tartaruga que convivíu cos dinosaurios e que se extinguíu con eles a diferenza doutras especies de quelonios.

Esta tartaruga, bautizada como Polysternon Isonae, medía medio metro de longo e vivíu hai 65 millóns de anos en augas doces. Os restos fósiles foron localizados en estratos de finais do Cretáceo nun xacemento coñecido como Barranco de Torrebilles.

Os seis investigadores responsables da excavación pertencen ao Instituto Catalán de Paleontoloxía Miquel Crusafont, ao Museo da Conca Dellà e á Universidade Autónoma de Barcelona. Os datos sobre o descubrimento desta tartaruga que convivíu cos dinosaurios foron publicados na semana pasada na revista Cretaceous Research.

O prepirineo de Lleida é unha zona moi rica en restos fósiles de dinosaurios que viviron hai máis de 65 millóns de anos, xa que onde hoxe érguebse elevadas montañas era nesa época unha enorme chaira costeira aberta cara ao océano Atlántico, cun clima tropical, moito máis cálido, e unha vexetación abundante na que se podían atopar incluso palmeiras.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

AFORRO ENERXÉTICO NO FOGAR: FALSAS LENDAS

20120226153033-energy-saving-coin-bank.jpg

Aforro de enerxía no fogar / Imaxe:yoahorroenergia.blogspot.com

Cando falamos de aforro enerxético no fogar, hai mitos que calaron entre a poboación, ata aceptarse polo imaxinario colectivo como verídicos. Porén, moitas desas premisas non se axustan á verdade. Estas son algunas desas falsas ideas que non axudan a aforrar.

  • 1. Lavar a man os pratos consome menos que o lavalouzas: falso

    Diversos estudos avalan o uso do lavalouzas fronte ao lavado de pratos tradicional. Un informe do Canal de Isabel II e BSH Electrodomésticos España reflicte que, fronte ao lavado tradicional a man, co uso do lavalouzas os pratos quedan máis limpos, aforrándose 30 litros ao día e consumindo un 10% menos de enerxía. Eso sí, os aparatos serán eficientes de baixo consumo que aforran, durante a súa vida útil, un 70% do consumo enerxético. Segundo un estudo da Universidade de Bonn, a cantidade de auga que consome un lavalouzas clase "A" é duns 15 litros por lavado, fronte aos 119 litros do lavado a man para a mesma cantidade de louza. Os expertos recomendan utilizalo cando se atope cheo, elexir o programa adecuado e cargalo pola noite, xa que o consumo da rede é menor.

  • 2. Apagar a calefacción consome máis que mantenela a unha temperatura constante: falso

    En moitos fogares é habitual conservar unha temperatura media durante as 24 horas, xa que considérase que apagar e acender a calefacción acarrea un maior consumo de enerxía e, polo tanto, de gasto. Aínda que é preciso un pico de calor para acadar de novo a temperatura desexada, o saldo final de enerxía consumida é ventaxoso. Segundo un estudo da Oficina Verde da Universidade de Zaragoza, se se limita a temperatura a 16ºC entre as diez da noite e as seis da mañá, pódese recortar en torno a un 13% o consumo anual de combustible, con respecto ao que ocurriría se se mantén unha temperatura constante de 20ºC. Co apagado o aforro é aínda maior. A nova regulamentación en España aconsella regular os termostatos a 20ºC en inverno e é que 1ºC máis de temperatura pode supoñer un 7% máis de consumo.

  • 3. O modo espera (standby) apenas consome enerxía: falso

    Deixar os aparatos eléctricos apagados en modo espera supón un gasto de 231 kWh ao ano, case o mesmo que o consumo medio anual do lavalouzas (246 kWh) e moito máis que o do ordenador (172 kWh), segundo datos do último estudo do IDAE en colaboración co Eurostat. Esto supón o 2,2% do gasto medio de enerxía das casas, o mesmo que o consumo medio do forno (231 kWh) e moito máis que o do ordenador (172 kWh) ou o resto de electrodomésticos (76 kWh). O standby representa preto do 5% do consumo dos fogares.

  • 4. Pola súa escasa superficie, a perda de calor polas fiestras é residual: falso

    Esgrímese que ao ser unha superficie moi reducida con respecto é superficie total da vivenda, esa perda non é moi importante. Os estudos de diversos expertos reflicten que entre o 25% e o 30% da calefacción gastada nos fogares destínase a cubrir as perdas da calor que se orixinan nas fiestras. Segundo un informe da Universidade de Zaragoza, os sistemas de dobre vidro ou de dobre fiestra poden reducir ata nun 50% a perda da calor con respecto aos vidros sinxelos.

  • 5. Manter os fluorescentes acendidos gasta menos que se se acenden e apagan cada vez: falso

    Outra falsa idea moi espallada entre os fogares é que o gasto de enerxía ao deixar os tubos fluorescentes acendidos é menor que se se apagan e acenden cada vez. De maneira errónea, susténtase nunha explicación similar á da calefacción. Pola contra, os estudos demostraron que pese a que ao acender un tubo fluorescente precísase un sobreconsumo de corrente eléctrica, este apenas dura unha fracción de segundo. En iluminación incandescente, o tempo máximo de ausencia que non compensaría o apagado e acendido posterior redúcese a tan só 0,3 segundos. De aí que o gasto sexa moito maior se se deixa sempre acendido. Agora ben, a vida do fluorescente pode acurtarse se se apaga e se acende en repetidas ocasións. Non así as lámpadas de Led, que permiten os acendidos e apagados sen avaría. As bombillas de baixo consumo supoñen un aforro enerxético. O seu prezo é superior ao das tradicionais, pero a súa vida útil supera os cinco anos e consomen un 80% menos.

  • 6. A cocina eléctrica gasta menos que a de gas: falso

    Os expertos aseguran que as cocinas eléctricas ou vitrocerámicas consomen catro veces máis que as de gas. O IDAE recomenda, en caso de dispor dunha cociña eléctrica, empregar baterías de cociña, tixolas e cazos con fondo groso difusor. Así lógrase unha temperatura máis homoxénea en todo o recipiente.

      Teñamos en conta estes consellos e rompamos con eses falsos mitos!

      FONTE: Revista Eroski Consumer/Economía

No hay comentarios. Comentar. Más...

PREMIOS OSCAR 2012

20120227184652-oscar.jpg

 

Na madrugada pasada levouse a cabo a 84 entrega anual dos Premios Oscar no Hollywood & Highland Center. Este é o Oscar a Mellor Película: "The Artist". É a segunda película muda que consigue o galardón na historia dos Oscar. O resto de galardoados cos Oscar son:

 Mellor Director: Michel Hazanavicius, por "The Artist"

Mellor Actor: Jean Dujardin, por "The Artist"

Mellor Actriz: Meryl Streep, por "The Iron lady"

Mellor Actriz de Reparto: Octavia Spencer, por "The Help"

Mellor Actor de Reparto: Christopher Plummer, por "Beginners"

Mellor Banda Sonora: Ludovic Bource, por "The Artist"

Mellor Canción Orixinal: Bret McKenzie, por "The Muppets" (Man or Muppet)

Mellor Película Animada: "Rango"

Mellor película extranxeira: "A Separation", de Asghar Farhadi (Irán)

Dirección de Arte: Dante Ferretti, Francesca Lo Schiavo, por "Hugo"

Cinematografía: Robert Richardson, por "Hugo"

Vestuario: Mark Bridges, por "The Artist"

Maquillaxe: Mark Coulier, J. Roy Helland, por "Iron Lady"

Mellor edición: Angus Wall, Kirk Baxter, por "The girl with the dragon tattoo"

Efectos Especiais: "Hugo"

Mellor adaptación de Guión: Alexander Payne, Nat Faxon, Jim Rash, por "The Descendants"

Guión Orixinal: "Midnight in Paris" de Woody Allen

Edición de son: Philip Stockton, Eugene Gearty, por "Hugo"

Mestura de Son: Tom Fleischman e John Midgle, por "Hugo"

Documental: "Undefeated" de Daniel Lindsay, T.J. Martin, Rich Middlemas

Mellor película curta, Live Action: "The Shore"  de Terry George, Oorlagh George

Mellor documental curto: "Saving Face" de Daniel Junge, Sharmeen Obaid-Chinoy

Mellor Curto animado: "The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore" de William Joyce, Brandon Oldenburg

Felicidades a todos!

No hay comentarios. Comentar. Más...

VERRUCARIA MAURA

20120226132531-verrucaria-maura.14.02.2012.lique-supralito.dsr.-6718.jpg

 

Seguramente veriades algunha vez esta imaxe nas rochas da costa e moitos pensariades que se trataba dunha macha de alcatrán. Nunca máis lonxe da realidade! Trátase dun lique: Verrucaria maura, que aparece abondoso na costa do Baixo Miño, de cor negra, cubrindo en moitos casos amplas zonas, incrustado e que non se pode arrincar coa uña. Atópase na zona supralitoral baixa, ou sexa practicamente no límite da marea superior, en rochedos espidos, chegando ás veces a quedar totalmente mergullados polas augas do mar.

Un lique é un organismo formado pola simbiose dun fungo (ou micobionte) e unha alga ou cianobacteria (ou fotobionte).

FONTE: Anabam

No hay comentarios. Comentar. Más...

CIRO DE QUADROS

20120228164852-ciro-de-cuadros.png

Ciro de Quadros / Imaxe: Sabin Institute

O epidemiólogo e investigador brasileiro Ciro de Quadros foi distinguido co IV Premio Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento en Cooperación ao Desenvolvemento, por "liderar a eliminación da polio e o sarampón en América e por ser un dos científicos máis importantes na erradicación da virola en todo o mundo".

Segundo a acta do xurado, Ciro de Quadros, natural de Río Pardo (Brasil) en 1940, "a través do seu traballo coas axencias de Nacións Unidas, os gobernos e o mundo académico, cambiou o paradigma da coordinación da saúde pública para o desenvolvemento dos países".

O xurado recoñeceu o papel "fundamental" deste investigador na loita contra as enfermidades infecciosas a través da vacinación, "un dos principais logros da medicina", así como a súa contribución para facer que os gobernos se fixesen responsables da financiación e desenvolvemento das campañas de inmunización.

FONTE: Xornal El Mundo /Saude

No hay comentarios. Comentar. Más...