Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Febrero de 2013.

O CEO DO MES: FEBREIRO 2013

20130131181358-al-calor-del-fuego.jpg

Leña ardendo / Imaxe: picasaweb.google.com
 

"Febreiro do rabo torto, cos teus días vinte e oito, se tiveses máis catro, non quedaba can nin gato, nin raposo no burato" (REFRÁN POPULAR)

3 de febreiro: Cuarto Minguante

10 de febreiro: Lúa Nova

17 de febreiro: Cuarto Crecente

25 de febreiro: Lúa Chea

Chuvia de Meteoros: Alfa-Centauridas, actividade dende o 28 de xaneiro ao 21 de febreiro, máximo o día 8.

No hay comentarios. Comentar. Más...

DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO

 

Dende o ano 2000, a Organización Mundial da Saúde (OMS) dedica a data do 4 de febreiro a recordar o Día Mundial contra o Cancro, unha enfermidade cuxa incidencia crece de ano en ano en todo o mundo.

En España hai algo máis de 300 casos de cancro por cada 100.000 habitantes, unha gran parte deles debidos a hábitos evitables como o consumo do tabaco.

Este vídeo trata de informar sobre esta enfermidade que con só nomeala xa trememos: CANCRO.

No hay comentarios. Comentar. Más...

MELLOR VÍDEO CIENTÍFICO DO ANO PARA UNHA INSTITUCIÓN ESPAÑOLA

 

Por unha vez, a ciencia española coouse nos "Oscar" da ciencia de EUA. Un vídeo divulgativo sobre a simulación en tres dimensións do funcionamento dun corazón humano realizado na Barcelona Supercomputing Center  (Centro Nacional de Supercomputación) resultou o gañador do Concurso Internacional de Visualización de Ciencia e Enxeñaría, organizado pola revista "Science" e pola National Science Foundation de Estados Unidos.

A película, chamada Alya Red: A computational heart (Alya vermella: un corazón computacional), non só gañou o premio absoluto na categoría de vídeo, senón que tamén foi o traballo máis votado polo público. Pero non se trata só dun traballo divulgativo, senón que detalla o funcionamento real dunha ferramenta (baseada nun modelo computacional pioneiro) para simular o funcionamento do corazón humano.

Os científicos que forman parte do proxecto poden hoxe en día simular modelos ventriculares procedentes de xeometrías reais. É dicir, poden estudar pacientes individuais con problemas cardíacos caso a caso, o que supón un gran paso adiante cara á medicina personalizada.

Parabéns!

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia


UN ESACARAVELLO DE 0,8 MM

20130205184619-fotonoticia-20130129103733-500-644x362.jpg

O escaravello máis pequeno que a cabeza dun alfinete / Juan Antonio Delgado

O profesor titular do departamento de Zooloxía da Universidade de Murcia (UMU) e membro do grupo de investigación de Zooloxía Básica e Aplicada á Xestión e a Conservación da institución docente, o doutor  Juan Antonio Delgado , descubríu catro novas especies de escaravellos na mítica illa africana de Socotra , coñecida na antigüidade por gregos e romanos como illa do Sangue de Dragón.

Un amplo grupo internacional de zoólogos, encabezado por investigadores da Universidade Carolinxia de Praga (República Checa) e entre os que tamén se encontra o profesor Delgado, publicou os seus primeiros achados nun libro de case 600 páxinas onde se describen non só os encantos naturais da illa, senón moitas novas especies descoñecidas para a ciencia, en concreto cinco novos xéneros e 69 novas especies de insectos (principalmente escaravellos) das que catro o foron polo profesor Delgado.

Entre as especies descritas polo profesor Delgado destaca un escaravello que mide só uns 0,8 milímetros. "Se pos este escaravello enriba da cabeza dun alfinete, a cabeza do alfinete sóbralle por todos os sitios", engade para exemplificar o seu tamaño, indicando que pertence a un dos grupos "máis diminutos", aínda que non é a especie máis pequena que se coñece.

FONTE: Xornal abc/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

EXEMPLOS QUE NON ENSINAN NADA

20130206101942-erlichelpais.jpg

Viñeta de Erlich no xornal El País (06/02/2012)

Hai uns días lin na prensa que debería ser a escola, á que sempre se acude como táboa de salvamento para todo, o lugar onde se desen os primeiros pasos para educar aos rapaces nas obrigas fiscais. Patético! Penso que debe ser a sociedade en xeral, da que tamén forma parte a escola, a que debe dar exemplo para que os nenos e nenas do noso país aprendan dos xestos solidarios fiscais exemplarizantes dos maiores. Pero vendo as últimas imaxes do noso país onde políticos e personaxes públicos relevantes están na picota por todo o contrario; que ensinanza podemos ter as persoas da rúa? Que argumentos podemos ter para cumprir nós mesmos? Que ensinanza poden quitar os nosos nenos e nenas?

Para máis "inri", a xustiza trata de diferente xeito á xente da rúa que rouba uns cueiros que a estes grandes defraudadores. Que xustiza é esta?

Un exemplo penoso. Así imos!

No hay comentarios. Comentar. Más...

REFORESTEMOS 2013

20130207233029-reforestemos.jpg

 

Na tarde de hoxe, xoves día 7 de febreiro, 20 alumnos (de 1º ESO e do Comité Ambiental da A21EG)  e 4 profesores do noso IES, participaraon no programa de VOZ NATURA REFORESTEMOS.

En terreos da Comunidade de Montes de San Miguel, realizamos a plantación de 100 árbores (20 castineiros e 80 carballos), ampliando a plantación xa realizada no curso pasado.

O noso agradecmento a Arsenio (mestre xubilado deste IES) e a dous operarios da citada Comunidade de Montes, ao garda de forestal da zona e ao programa Voz Natura de A Voz de Galicia.

Actividades coma esta sensibilizan ao noso alumnado co medio ambiente!

No hay comentarios. Comentar. Más...

TEMPO DE ENTROIDO

20130204165847-mascara.jpg

Máscara de arlequín / Imaxe:artesanum.com

Chega o Entroido, termo propio do rural, ou carnaval, máis propio de vilas e cidades. Tempo de lecer e de certas licencias que non se premiten no resto do ano.

Uns días de descanso, polo que non volveremos ás aulas ata o xoves, día 14. Despois, traballo pois a 2ª avaliación xa está na metade da súa duración e os resultados apremian.

Divertídevos!

No hay comentarios. Comentar. Más...

LEMBRANZAS DO ENTROIDO

20130204162219-escanear0001.jpg

 

Xa choveu dende aquela! Nesta fotografía tomada no antigo Colexio de E.X.B. "Manuel R. Sinde", fronte ao Recreo Artístigo Guardés, aparece o meu grupo de alumnos, a maioría deles xa casados e con fillos e a punto de que estes últimos cheguen a este IES. Entre eles, este profesor disfrazado con eles na comparda "Os punks do Sinde".

Tempos aqueles!

No hay comentarios. Comentar. Más...

JANE LUBCHENCO: PREMIO FRONTEIRAS DO COÑECEMENTO BBVA

20130206114122-jane-lubchenco-.jpg

Jane Lubchenco / Imaxe: heinzawards.net

Jane Lubchenco (nacida o 4 de decembro de 1947, en Denver-Colorado- EEUU, de familia ucrano-americana) é unha referencia mundial no campo da Ecoloxía Mariña. Oito das súas investigacións están consideradas como Science Citation Classics (Clásicos da Cita Científica), unha categoría que alberga os traballos que van máis alá, que abre novos camiños e se converte en piares nos que se apoian outras investigacións. Ela foi a primeira que demostrou como a luz, os nutrientes e os organismos que consumen organismos vexetais controlan os ecosistemas mariños, un paso clave para sentar as bases do deseño de reservas mariñas. O seu abraiante currículo e a súa paixón pola divulgación científica e por facilitar á sociedade a comprensión dos avances da investigación fixo que o presidente de EUA, Barack Obama, fixésea formar parte do seu equipo científico de cabeceira en 2008 e nomeásea directora da Administración Nacional para o Océano e a Atmosfera (NOOA) en 2009.

Debido á súa enorme achega científica ao seu campo de investigación, e non polo seu labor dentro da esfera política norteamericana, a Fundación BBVA outorgoulle o Premio Fronteiras do Coñecemento na categoría de Ecoloxía e Bioloxía da Conservación: "É un líder global, un dos ecólogos máis citados do mundo e con maior impacto sobre a sociedade.  O seu traballo supuxo un cambio de paradigma e sentou as bases dun sistema de deseño de reservas mariñas baseado no coñecemento científico", sinalou o xuradao destes premios.

Parabéns!

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

APROXÍMASE O ASTEROIDE 2012DA14

20130205181913-tamano-asteroide-2012da14.jpg

Comparativa do tamaño do asteroide cun transbordador espacial / NASA

O asteroide 2012 DA14, descuberto hai case un ano (o 22 de febreiro de 2012)  por un grupo de astrónomos do Observatorio Astronomico da Sagra , en Puebla de Don Fadrique (Granada), realizará a súa máxima aproximación á Terra o 15 de febreiro, venres, aproximadamente ás 19.24 GMT (unha hora máis no horario da España peninsular).

Os científicos estiman que o asteroide mide 45 metros de diámetro e ten unha masa de 130.00 toneladas. Se as observacións de radar teñen éxito, poderán afinar aínda máis o tamaño da rocha despois da súa aproximación, que realiza a 28.100 quilómetros por hora.

O asteroide pasará a 27.000 km sobre a superficie da Terra no momento da súa máxima aproximación. A NASA asegura tallantemente que non impactará coa Terra, pero recoñece que existe a posibilidade, aínda que moi pequena, de que o asteroide impacte contra algún satélite ou sonda espacial. A influencia gravitacional sobre a Terra polo paso seu paso será "infinitésimamente pequena".

O próximo achegamento notable deste asteroide producirase o 16 de febreiro de 2046, eso si, moitisimo máis afastado do noso planeta que desta vez.

Esperemos que os pronósticos se cumpran!

FONTE: Xornal abc/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

BABOSA DE MAR CON PENE "DESBOTABLE"

20130213225318-babosa-pene-644x382.jpg

A babosa Chromodoris reticulata ten un pene "desbotable" / MATTHEW OLDFIELD

Científicos da Universidade de Tokyo descubriron en augas do Pacífico unha babosa de mar hermafrodita cunha incrible capacidade. A criatura perde o seu pene despois de copular pero, atención, pouco despois vólvelle medrar e pode utilizalo outra vez. Os investigadores cren que é o primeiro ser coñecido que pode copular en repetidas ocasións co que describen como un "pene desbotable".

A Chromodoris reticulata, como case todas as babosas, son hermafroditas simultáneos, o que significa que teñen ambos os dous sexos, masculino e feminino, e poden utilizar os dous ao mesmo tempo. O pene dun exemplar encaixa na vaxina doutro e ao revés. Ambos os dous doan e reciben esperma. Pero os órganos sexuais da Chromodoris son aínda máis asombrosos.

Segundo explican na
revista Biology Letters da Academia das Ciencias británica os científicos observaron 108 acoplamentos de parellas de babosas nun acuario. Decatáronse de que os exemplares que doaran esperma recentemente parecían ser incapaces de facelo de novo en 24 horas. Cando os científicos os observaron con detemento, quedaron estupefactos. Os animais quedaban sen pene, que fora «arrancado» polas súas parellas. Estas conservábano uns vinte minutos ata que se desfacían deles.

Pero a súa estraña vida sexual non remata aquí. Grazas a unha estrutura en espiral que parece ser un «pene en espera», 24 horas despois ás babosas médralles un novo pene, coma se fose un órgano de usar e tirar. O animal pode utilizar esta técnica tres veces seguidas. Os científicos cren que perder o pene é unha estratexia para eliminar o esperma dun rival da vaxina da súa parella, xa que os penes teñen pequenas espiñas e estas espiñas a miúdo se recobren con seme despois de retiralo dunha parella sexual.

Hai que ver cada cousa!

FONTE: Xornal abc/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

OS ANFIBIOS: AS RAS

 

As ras e os sapos son animais cordados, vertebrados, anfibios  e anuros (sen cola e corpo curto).

Este vídeo pretende ampliar os coñecementos traballados na clase. Que sexa de proveito!

No hay comentarios. Comentar. Más...

CASUALIDADE? ASTEROIDE 2012 DA14 E UN METEORITO QUE CAE SOBRE OS URAIS

20130215224233-mapa-el-pais.png

 

Mentres todo o mundo estivo pendente onte,venres, do  asteoride 2012 DA14 , que pasou preto da Terra, outra rocha celeste entraba na atmosfera unhas horas antes, de modo completamente imprevisto e provocando máis de 500 feridos na provincia de Cheliábinsk nos Urais, e arredores.

Na zona hai unha central nuclear e un centro de tratamento e almacenamento de residuos atómicos. Se foi unha casualidade, como se inclinaban os expertos, foi unha tremenda casualidade. Tamén tense barallado a posibilidade de que ámbolos dous obxectos celestes (o asteroide duns 50 metros de diámetro e o meteorito de 15) estivesen relacionados e que o meteorito fose unha pequena rocha desprendida do asteroide. Pero en tal caso terían levado o mesmo rumbo no ceo e non parece que fose así. A  NASA descartouno, aínda con datos preliminares: "A traxectoria do meteorito que caeu en Rusia é significativamente diferente da traxectoria do asteroide 2012 DA14, o que significa que se tratou de obxectos que non teñen ningunha relación".

FONTE: Xornal El País/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

CONTOS QUE NON SON CONTOS: POR SAN FROILÁN

20130214192932-polo-san-froilan-zz2013.jpg

 

O San Froilán é unha festa de moita sona en Galicia. Entre os días 4 e 12 de outubro,  Lugo  vive estas festas , cuxa celebración atrae centos de miles de visitantes cada ano. Dentro do programa destacan, sobre todo, dúas das xornadas festivas: o 5 de outubro, cando teñen lugar os actos relixiosos na honra do patrón San Froilán; e o domingo seguinte, o chamado "O domingo dás Mozas", que está adicado á exaltación do traxe tradicional e ao folclore galego. Alí situamos o noso conto:

Pepe da Corga e Estevo de Castro encontráronse despois de moito tempo, entre a multitude, no San Froilán.

Abrazos e alegróns polo encontro, pero só un intre porque Estevo tiña moita présa. Perdera a súa dona e andaba na súa procura coma un deseperado por toda a festa.

- Vaia home, que casualidade -dixo o Pepe-. Pois eu tamén perdín á miña esta mañá e co xentío que hai este ano tampouco a dou atopado. Se che parece, dime como é a tua dona e así avísote se a vexo.

- Pois si. A miña Raqueliña éche unha xoia. Única herdeira do pazo do Regato. Cose, tece, pasao o ferro e borda que é un primor. De cociñeira non quero que a haxa. Alta coma nós pero "moi ben formada", pernas longas e bonitas. Cara fermosa de ollos azuis, busto perfecto... (meu deus como falou aquel home). E dime temén como é a túa...

- A miña? A miña? -dixo de novo o da Corga-. Esquece a miña e imos os dous agora mesmo buscar a túa!!!!!!

FONTE: Almanaque Agrícolas ZZ 2013


O ANFIBIO MÁIS GRANDE DO MUNDO: A PÍNTEGA CHINESA XIGANTE

 

Así é, este é o anfibio máis grande do mundo: A píntega chinesa xigante (Andrias davidianus). Unha especie de anfibio urodelo da familia Cryptobranchidae.

Estas son algunhas das súas características:1,8 m de longo (incluída a súa cola), 30 kg de peso e cunha loxevidade en torno aos 50 anos. Posúe unha cabeza proporcionalmente grande, ollos pequenos e unha pel de tonalidades escuras e engurrada. Viven nas correntes frías de augas montañosas, onde se alimenta de insectos, peixes e outros anfibios.

Especie en perigo de extinción, pola contaminación das augas e por ser empregada na medicina tradicional china.

Por certo, é practicamente inofensiva para o home.

No hay comentarios. Comentar. Más...

O LAGARTO DE CUENCA DE TRES METROS

20130219115148-komodo.jpg

O dragón de Komodo (na imaxe) ten un aspecto similar ao lagarto achado en Cuenca / Imaxe: Xornal abc

Investigadores da UNED participaron na descrición de varias vértebras achadas no depósito de Lo Hueco (Cuenca), atopadas en 2007, que parecen pertencer a unha nova especie de lagarto do Cretácico Superior, hai uns 70 millóns de anos. O peculiar do animal, duns tres metros de longo, é que trátase dun lagarto terrestre, aínda que pertence a un grupo con hábitos mariños. Dentro deste grupo podería encontrarse o antecesor das serpes, o que reforzaría a idea dunha orixe non mariña para estas.

Se a orixe das serpes foi mariña ou terrestre continúa sendo un misterio. Estes réptiles, xunto con algúns tipos de lagartos varanoideos, forman parte do distinto grupo dos pitonomorfos (Pythonomorpha). Entre eles encóntranse os
mosasaurios, réptiles mariños do Cretácico. O feito de que o antecesor común destes mosasaurios vivise na auga ou na terra podería ser relevante para coñecer a orixe das serpes.

Os mares do
Cretácico Superior estaban dominados por réptiles emparentados co lagarto de Lo Hueco. Non obstante, o que encontraron no depósito conquense, duns tres metros de longo, tiña un aspecto semellante ao do actual dragón de Komodo (Varanus komodoensis), un lagarto varanoideo con formas de vida terrestres e non acuáticas que habita en Indonesia.

Que un animal deste tipo vivise en terra sáese do habitual, xa que só se documentara outro caso no Cretácico Inferior de Xapón, hai 120 millóns de anos, co xénero Kaganaias. Aínda que o réptil de Lo Hueco parece pertencer a unha especie descoñecida ata agora, os autores do traballo móstranse cautos e esperan encontrar máis restos óseos que confirmen os seus datos para propoñer un nome específico.

Ata agora, algúns autores pensaban que a relación das serpes cos mosasaurios indicaba tamén unha orixe mariña para estas. A pesar de que a relación se está a poñer en dúbida nos últimos anos, o novo réptil descrito por científicos da UNED, da Universidade de Bonn (Alemaña) e do Museo Nacional de Historia Natural (Francia), apoiaría a teoría de que mesmo os mosasaurios terían un antepasado terrestre, debilitando a hipótese da orixe mariña das serpes.

FONTE: Xornal abc/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

A GUARDA NA REVISTA NATIONAL GEOGRAPHIC

20130220125320-01-cima-del-monte-santa-trega-y-desembocadura-1000x664.jpg

Cima do monte Santa Trega e desembocadura do río Miño / National Geographic

A web da revista viaxes National Geographic publica un especial dos Destinos EDEN («European Destinations of Excellence», Destinos Europeos de Excelencia, proxecto que fomenta modelos de desenvolvemento do turismo sostible na Unión Europea).

No apartado de viaxes "Actualidad viajera" publícase o especial dos destinos EDEN no que A Guarda tamén é protagonista. Para velo pincha  AQUÍ.

FONTE: galiciasuroeste.info

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

QUE SERÁ?

20130221113334-ovo-de-raia.jpg

 

Esta especie de bolsa globosa, case que de aspecto cadrado, cor negra e con dúas prolongacións en cada extremo podemos atopalas con moita frecuencia nas nosas praias e rochedos costeiros. Pero,  que sera?

 Estas bolsiñas son o "envoltorio" dos ovos da raia, ese animal plano mariño emparentado coas quenllas, xa que ámbolos dous son peixes cartilaxionosos. Esas prolongacións vanlle servir a este ovo para suxeitarse ás algas e, deste xeito, evitar que as correntes mariñas os despracen libremente. De aspecto coriáceo cando está seco, esta bolsa fai o mesmo oficio que a cáscara do ovo de galiña: protexer ao embrión.

 

FONTE: anabam.org

No hay comentarios. Comentar. Más...

REFORESTEMOS 2013 (II)

 

Presentación fotográfica da actividade REFORESTEMOS que levamos acabo o pasado día 7 de febreiro.

No hay comentarios. Comentar. Más...

NOTA INFORMATIVA

20130222125857-hacker-618x294.jpg

Ataque informático detectado / Imaxe:www.pcactual.com

Na pasada madrugada a paxina onde colgo as notas e incidencias (DÍA A DÍA) sufríu un ataqeu informático, polo que foi bloqueda, para limpala e proceder ao cambio de contraseñas de seguridade.

Como consecuencia esa sección permanecerá inactiva e sen actualizar uns días, non así o resto do blog.

Lamento esta situación, totalmente allea a min.

No hay comentarios. Comentar. Más...

UN XIGANTESCO OCÉANO DE MAGMA EN MERCURIO

20130223225036-magma-mercurio-644x444.jpg
Mercurio puido albergar un xigantesco océano de magma / United States Geological Survey

 

Científicos do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT), un dos centros de investigación máis prestixiosos do mundo, cren que Mercurio  piudo albergar un grande océano de magma pouco despois da súa formación, hai uns 4.500 millóns de anos. A investigación aparece publicada na revista Earth and Planetary Science Letters.

A sonda Messenger da NASA, que orbita o planeta dende marzo de 2011, recolleu unha serie de datos que permitiron identificar dúas composicións diferentes de rochas na superficie do planeta que parecían formadas por distintos procesos xeolóxicos.

Para responder a esta cuestión, o equipo do MIT recreou dous tipos de rochas no laboratorio e someteu a cada rocha sintética a altas temperaturas e presións para simular diversos procesos xeolóxicos. A partir dos seus experimentos, os científicos chegaron a unha conclusión:
un só fenómeno pode explicar as dúas composicións: un vasto océano de magma que creou dúas capas diferentes de cristais, solidificados, que finalmente se fundiron en magma e que logo entrou en erupción na superficie de Mercurio.

FONTE: Xornal abc/Ciencia

No hay comentarios. Comentar. Más...

PREMIOS OSCAR 2013

 

Nesta pasada madrugada celebrouse a gala-entrega da 85 edición dos Premios Oscar, organizada e supervisada pola Academy of Motion Picture Arts and Sciences (AMPAS), onde es entregaron un total de 24 estatuíñas. Aínda que o permio á mellor película foi para «Argo», que levou un total de 3 estatuíñas, realmente a que máis premios acadaou foi «A vida de Pi», con catro estatuíñas. Aquí tedes a lista completa de galardoados:

MELLOR PELÍCULA:«Argo»

MELLOR DIRECTOR: Ang Lee «A vida de Pi»

MELLOR ACTRIZ PROTAGONISTA: Jennifer Lawrence «O lado bo das cousas (Silver Linings Playbook)»

MELLOR ACTOR PROTAGONISTA: Daniel Day-Lewis «Lincoln»

MELLOR ACTRIZ SECUNDARIA: Anne Hathaway «Os miserables»

MELLOR ACTOR SECUNDARIO: Christoph Waltz «Django desencadeado»

MELLOR GUIÓN ORIXINAL: Quentin Tarantino «Django desencadeado»

MELLOR GUIÓN ADAPTADO: Chris Terrio «Argo»

MELLOR PELÍCULA DE ANIMACIÓN: «Brave (Indomable)»

MELLOR PELÍCULA DE FALA NON  INGLESA: «Amor (Austria)»

MEllOR FOTOGRAFÍA: Claudio Miranda «A vida de Pi»

MELLOR BANDA SONORA: Mychael Danna «A vida de Pi»

MELLOR CANCIÓN: «Skyfall», de Skyfall

MEllOR MONTAXE: William Goldenberg «Argo»

MELLOR DESEÑO DE PRODUCIÓN: Rick Carter e Jim Erickson «Lincoln»

MELLOR DESEÑO DE VESTIARIO: Jacqueline Durran «Anna Karenina»

MELLORES EFECTOS VISUAIS: Bill Westenhofer, Guillaume Rocheron, Erik-Jan De Boer E Donald R. Elliott «A vida de Pi»

MELLOR MAQUILLAXE E PERRUQUERÍA: Lisa Westcott and Julie Dartnell «Os miserables»

MELLOR SON: Andy Nelson, Mark Paterson e Simon Hayes «Os miserables»

MELLOR MONTAXE DE SON: Per Hallberg e Karen Baker Landers «Skyfall»
Paul N.J. Ottosson «A noite máis escura (Zero Dark Thirty)»

MELLOR PELÍCULA DOCUMENTAL: «Searching for Sugar Man»

MELLOR CURTOMETRAXE: «Curfew»

MELLOR CURTOMETRAXE DE ANIMACIÓN: «Paperman»

MELLOR CURTOMETRAXE DOCUMENTAL: «Inocente»


No hay comentarios. Comentar. Más...

QUE SERA?

20130225130306-envoltura-dos-ovos-da-pintarroxa.jpg

 

Que será esta especie de bolsiña que podemos atopar cando damos un paseo pola praia ou polos rochedos costeiros, de aspecto coriáceo, de cor castaña, máis clara ou máis escura, cuns zarciños que están adosados a ela, cunha abertura por un dos extremos?

 

Pois ben, estas formacións teñen unha procedencia animal. Veñen sendo, nin máis nin menos, que as envolturas do ovo (chamada petaca) de peixes como a pintarroxas, e cumpren o mesmo papel que a caca dos ovos de galiña, ou sexa, protexer ao embrión mentres se desenvolve no interior. Cando chega o momento da eclosión, saen polo extremo máis recto. Os zarciños serven para que este ovo quede suxeito ás algas, deste modo, evitan que as ondas ou correntes os despracen dun lado para outro, á deriva.


FONTE: www.anabam.org

No hay comentarios. Comentar. Más...

LVIII FESTIVAL DE EUROVISIÓN 2013

20130227174000-esc2013-butterfly-white-slogan.jpg

"We Are One" (Somos un) / Imaxe: musikqmgusta.blogspot.com

Os días 14, 16 e 18 do mes de maio celebrase a 58 edición do Festival da Canción de Eurovisión no "Malmö Arenae" de  Malmö (Suecia). O slogan deste evento é "We Are One" (Somos un).

Un total de 39 países participarán, representantes das cadeas televisivas nacionais pertencentes á Unión Europea de Radiodifusión. Como notas discordantes Bosnia e Herzegovina, Eslovaquia, Portugal e Turquía anunciaron a súa retirada desta edición. Pola contra, Armenia volve ao concurso, que deixara en 2012.

O representante de España será El sueño de Morfeo, unha banda formada en Asturias en 2002 e formada por Juan Luis Suárez, Raquel del Rosario e David Feito. A canción que levan, da súa propia autoria, titúlase "Contigo hasta el final".

Para os amantes deste tipo de eventos, premendo AQUÍ tedes a posibilidade de seguir polo miúdo as cancións doutros paises, votacións...

Boa sorte!

No hay comentarios. Comentar. Más...

INFORMACIÓN ENTRE FLORES E ABELLAS

20130228090300-abella-flor.jpg

 

Segundo publica Science Express, investigadores da Universidade de Bristol afirman que as flores emiten sinais eléctricos que as abellas poden distinguir, coma se fose un letreiro de neon, de forma que os insectos polinizadores saben de forma anticipada se van atopar unha boa cantidade de rico néctar.

As flores adoitan producir cores brillantes e fragrancias sedutoras para atraer aos seus polinizadores. Pero ademais emiten patróns de sinais eléctricos que comunican información aos insectos. Basicamente, dinlles o atractivas que poden resultar para eles se están repletas de pole.

As plantas están xeralmente cargadas negativamente e emiten campos eléctricos débiles. Pola súa banda, as abellas adquiren unha carga positiva, de ata 200 voltios, mentres voan polo aire. Non se produce unha faísca mentres unha abella "cargada" se achega a unha flor, pero sen dúbida prodúcese unha pequena forza eléctrica que potencialmente pode transmitir a información.

O que os científicos non coñecen ben é como as abellas detectan os campos eléctricos. Os investigadores especulan con que os abellóns peludos perciben a forza electrostática, ao igual que o pelo dun ser humano é atraído pola pantalla dun televisor antigo.

FONTE: Xornal abc/Ciencia.

No hay comentarios. Comentar. Más...