Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Julio de 2009.

CALENDARIO CURSO 2009/2010

20090629115717-calendario.jpg

O pasado 22 de xuño foi publicado no DOGA o calendario escolar para o curso 2009/2010 para os centros docentes sostidos con fondos públicos.

En resumo, estes son os aspectos máis importantes:

Actividades lectivas: Comenzo das clases o 17 de setembro de 2009 e remate o 23 de xuño de 2010.

Vacacións: Nadal (do 23 de decembro de 2009 ao 7 de xaneiro de 2010, ambos inclusive). Día do Ensino (8 de xaneiro 2010). Entroido (15, 16 e 17 de febreiro de 2010). Semana Santa (do 29 de marzo ao 5 de abril de 2010, ambos inclusive). Así mesmo o centro disporá de  2 festas laborables de caracter local (sen decidir).

Se queres coñecer polo miúdo o calendario pincha en CALENDARIO ESCOLAR 2009/2010

No hay comentarios. Comentar. Más...

EXAMES DE SETEMBRO

20090702190257-examese.jpg

Aquí tedes as datas  e horas dos exames de setembro:

CN pendentes de cursos anteriores:

Martes, 1 de setembro: 8,30 a 9,30  (1º e 2º ESO)

CN suspendas deste curso:

Mércores, 2 de setembro: 8, 30 a 9,30 (1º e 2º ESO)

Avaliacións:

Xoves, 4  e venres 5 de setembro.

Entrega de notas:

Luns, 7 de setembro, ás 10 horas.

Para o resto de materias consultade taboleiros e cristaleras do IES.

No hay comentarios. Comentar. Más...

CABALIÑOS DE MAR NA RÍA DE VILAGARCÍA

Un equipo de científicos deo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) está a traballar con moito entusiasmo para coñecer máis datos sobre o comportamento e o ciclo biolóxico dos cabaliños de mar. É o denominado Proxecto Hippocampus, experiencia pioneira mundial iniciada en 2006.

O primeiro paso foi crailos en cautividade, aspecto xa dificil. O ano pasado naceron 10, aos quese lle implantou un marcador subcutáneo, para facilitar o seu seguemento. Agora estes exemplares foron liberados na ría de Vilagarcía, esperando que se poidan reproducir e obter datos deste animal protexido.

Estes cabaliños de mar pertencen á especie Hippocampus guttulatus ou cabaliño de mar narizón, que é o máis abundante nas nosas augas. Como recordaredes os cabalióños de mar son: animais, cordados, vertebrados, peixes, óseos (teleósteos) e pertencen a mesma familia das agullas (sygnathidae).

Como curiosidade deste animal indicar que é o único xénero de animais no que o macho queda "preñado". A femia emprega o seu ovopositor para insertar os ovos maduros dentro da bolsa incubadora do macho, dentro da que serán fertilizados.

Esperemos que este proxecto poña máis luz na vida deste curioso animal, de momento quedámonos con este vídeo explicativo.


 

No hay comentarios. Comentar. Más...

LIBROS DE TEXTO: NOVIDADES

20090705103631-f-12980260-1.jpeg

A Consellería de Educación acaba de informar das novidades no programa de libros de texto para o vindeiro curso escolar:

Esta Consellería aportará 180 € por alumno de familias con rendas baixas grazas ao novo sistema de axudas á compra de libros, sustituíndo progresivamente aó mecanismo de préstamo vixente.

O novo programa dotará ás familias de bolsas que cubrirán a compra en función do nivel da renda, asegurando axudas para as familias con menos recursos.

A bolsa cubrirá a totalidade do gasto en libros para familias con ingresos ata 5.400 € anuais por persoa no fogar, ou ata 6.000 € se a familia é monoparental, cunha axuda de 180€. Para as familias con ingresos entre 5.400 e 9.000 € por persoa e fogar, ou entre 6.000 e 9.000 € no caso das monoparentais, a Consellería garante unha axuda aproximada da metade do custo.

Para alumnado de Educación Especial, a bolsa será de 250 €, independientemente da renda familiar.

A convocatoria de solicitudes de bolas sairá publicada este verán e abrirá un prazo no mes de setembro para que as familias soliciten as xudas nos centros educativos.

O sistema de axudas comenzará nos dous próximos cursos para 1º, 2º, 5º e 6º de Primaria e E. Especial, que son os niveis nos que o calendario fixaba a reposición total. No curso 2011-12 sumaranse 1º e 3º da ESO, para pasar a cubrir todos os niveis a partir do curso 2012-13.

Polo tanto o programa actual de préstamo irá desaparecendo paulatinamente durante a implantación do novo sistema, polo que o vindeiro curso os alumnos de 3º e 4º de Primaria e os de Secundaria recibirán os lotes xa existentes nos centros no mes de setembro, e dicir como ata agora, sistema de préstamo.

No hay comentarios. Comentar. Más...

MISIÓN Á LÚA

20090705113347-nasa.jpg

A superficie da Lúa, segundo a sonda LRO (NASA)

O pasado 17 de xuño foi lanzado, dende Cabo Cañaveral (Florida-Estados Unidos), o lanzador "Atlas V", que levaba a bordo a sonda Orbitador de Recoñecemento Lunar (LRO), e o Artefacto de Observación del Cráter Lunar (LCROSS), chegando á Lúa o 23 de xuño.

Ámbalas dúas naves son o primeiro paso para facer un atlas da superficie e ter máis detalles das súas características para a vida, como é a posibilidade da existencia de auga.

O LRO, atópase xa nunha órbita elíptica, a só 50 km da superficie lunar. Precisamente aquí tedes unha das primeiras imaxes enviadas pola sonda. O seu obxectivo fundamental é identificar plataformas de aterraxe seguras para os astronautas en futuras misións. A permanecia será aproximadamente dun ano.

O LCROSS, dirixirá parte do foguete Atlas, o foguete Centauro, coa fin de impactar nunha rexión lunar de sombra permanente. Como consecuencia do impacto, levantarase unha nube que pode acadar os 10 km de altura. Nos seguintes catro minutos, o instrumental recollerá datos sobre a composición mineralóxica da nube e sobre a posible existencia de xeo no noso satélite. Esta imformación será enviada rapidamente á Terra, pois tamén impactará contra o polo lunar. O tempo de duración desta misión será entre tres e seis meses, pois non se sabe con exectitude o tempo que tardará o LCROSS en chegar ao punto da órbita adecuado para caer nun cráter profundo ou cando haberá mellor ilumniación do Sol.

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

UNHA BACTERIA OBSERVABLE A SIMPLE VISTA

20090707102802-mpi-thiomargarita16.jpg

Thiomargarita namibiensis  (Foto: Max-Planck-Institute)

Thiomargarita namibiensis é a bacteria (organismo procariota) máis grande coñecida, ata tal punto que pode ser observada a simple vista, podendo acadar os 750 μm (0,75 mm), aínda que o seu tamaño normal oscila entre os 0,1 aos 0,3 mm.

Foi descuberta por Heide H. Schulz et al. en 1999, en sedimentos fronte á costa de Namibia no curso dunha expedición oceanográfica a bordo do navío ruso "Petr Kottsov".

É unha sulfobacteria, que emprega no seu metabolismo os sulfuros que se producen no fondo mariño , así como os nitratos que toma da auga nun proceso anaeróbico (sen presencia de osíxeno).

O seu tamaño procede da inmensa vacuola onde almacena os nitratos.

No hay comentarios. Comentar. Más...

MESES E REFRÁNS I

20090707125615-agricultor.jpg

Un REFRÁN é un dito popular e sentencioso que contén un consello ou unha moralexa.

O refraneiro galego é prolífero, sobre todo no referente aos meses, relacionando estes co tempo e coas actividades agrarias. Precisamente sobre este aspecto imos tratar hoxe, nunha primeira parte:

XANEIRO:

"Poucas chuvias en xaneiro, enchen o canleiro"

"A sardiña no xaneiro, cúspelle a barba a un mariñeiro"

"Cando as ras cantan no xaneiro, sinal de fame no eido"

"No mes de xaneiro pés no braseiro"

"Amor o primeiro, e a lúa a de xaneiro"

"En xaneiro, visita o outeiro; se ves verdegar, ponte a chorar; se ves terrexar, ponte a cantar".

"Por xaneiro, o ferreiro vale carneiro"

"A auga do mes de xaneiro mata ó usureiro"

FEBREIRO:

"Febreiriño do rabo torto, cos teus días vinte e oito, se tiveses máis catro, non queda nin gato, nin raposo no burato"

"Febreiro camiseiro, non dá boa meda, nin bo palleiro"

"Cando non chove en febreiro, nin bo pardo nin bo centeo"

"Neve febreiriña, tarda vén e logo camiña"

"A chuvia de febreiro, enche o cabaceiro"

"Ano de xeadas, ano de fornadas"

 

 


HOME

20090708121530-home-pelicula.jpg
HOME é unha oda á beleza do planeta e á súa delicada armonía. A través das paisaxes de 54 países capturados dende o aire, Yann Arthus-Bertrand lévanos nunha viaxe única arredor do planeta, para contemplalo e entendelo. Pero HOME é máis que un documental con mesaxe, é realmente unha magnífica película.

As súas espectaculares imaxes amosan  a Terra, a nosa Terra, como nunha a viramos antes. Cada imaxe ensínanos os tesouros da Terra que estamos destruíndo e todas as súas marabillas que aínda podemos conservar. " A vista de paxaro son necesarias menos explicacións". A nosa visión faise máis inmediata, intuitiva e emocional. HOME non deixa impasiblea ningúen dos que a ve, despertando en todos nós a conciencia necesaria para cambiar o modo en que vemos o mundo.

HOME abarca os principais temas ecolóxicos aos que nos enfrentamos e amosa como todo no noso planeta está interconectado.

Se estás interesado en ver esta película pincha en HOME
Por certo dura  1 hora e 33 minutos. Ponte cómodo e a disfrutar. Pincha en HD para mellor calidade de imaxe.
No hay comentarios. Comentar. Más...

NEREUS

20090707113146-20090626elpepusoc-16.jpg

O Nereus antes de sumerxirse (Foto: NSF)

O Nereus é un vehículo robótico sumerxible que o pasado 31 de maio chegou ata a profundidade de 10.902 m (Abismo Callenger), na fosa das Marianas (que se atopa entre dúas placas tectónicas na parte do Anel de Fogo do Pacífico, onde se producen a maioría dos terremotos e erupcións volcánicas do mundo).

Nereus é un vehículo híbrido non tripulado que é controlado remotamente por pilotos a bordo do buque de investigación Kilo Moana, a través dun enlace de fibra óptica moi fino e lixeiro, pero que tamén pode funcionar de forma autónoma.

Nereus ennviou imaxes e recolleu mostras de sedimentos e, por primeira vez, rochas profundas das exposicións da codia da Terra.

No hay comentarios. Comentar. Más...

TAL DÍA COMA HOXE

 

Hai 40 anos eu era un papaz e estupefacto vin, a través da única cadea de TV, a chegada do home a Lúa. As televisión eran poucas, en branco e negro, e nos bares e en xuntanzas onde había algunha, presenciamos tal acontecemento.

Xa daquela, moitos vellos, pensaban que eso de ir á Lúa era un  conto, e aínda hoxe moitos manteñen ese reparo.

Aquí tedes as imaxes que eu presenciei daquela.

No hay comentarios. Comentar. Más...

MESES E REFRÁNS II

20090718134041-qsomos.gif

MARZO

"Cando o marzo maiea o maio marcea"

"Se por marzo canta a ra, no maio xa calará"

"Gomo de marzo, non vai ao cabazo"

"A viña do bo amo pódase en marzo. A viña dun ruín pódase en abril"

"En marzo podar e cavar se queres colleitar"

"Marzo chegar, tempo de enxertar"

 

ABRIL

"Polo abril, xa só poda o labrego ruín"

"Polo San Marcos (día 25), o millo nin nacido nin no saco (semeado)"

"Abril amoroso, San Xoán ventoso"

"En abril e maio fai fariña para todo o ano"

"Abril chuvioso, maio pardo, San Xoán claro, enchen o carro"

"Abril frío, moito pan e pouco viño"

"Se o abril vén mollado, no maio canta o río e baila o prado"

"Ben coidado o colmear, por abril debe enxamiar"

"En abril augas mil, se non é ao comenzo, é no medio ou ao fin"

No hay comentarios. Comentar. Más...

ESTIVERON NA LÚA?!

20090718195149-misiones-apollo-luna.jpg

Esta é a pregunta que millóns de persoas se fixeron ao longo do tempo: Estiveron Armstrong e Aldrin realmente na Lúa ou foi unha montaxe?

Conmemorando os 40 anos de tal fazaña (20 de xullo de 1969), o satélite artificial LRO, do que xa falamos hai tempo nesta páxina e que onte cumpríu un mes do seu lanzamento, acaba de enviar as primeiras imaxes dos lugares  de alunizaxe que as misións Apolo tiveron na Lúa. Precisamente nesta imaxe (NASA) amósase o módulo de alunizaxe do Apolo 11 e a sombra que proxecta.

Lémbrovos que este mesmo satélite esta fotografando con detalle a superficie lunar para atopar lugares axeitados para añunizaxe e asentamento de futuras misións.

Será esta unha proba de que realmente estiveron na Lúa?

No hay comentarios. Comentar. Más...

6ª PELÍCULA DE HARRY POTTER

 

Xa está nos cines (dende o día 15) a sexta película, das oito previstas, do neno mago: Harry Potter e o misterio do príncipe. Unha película de máis de dúas horas e cuarto de duración, na que o protagonoista principal segue a facerse maior, perdendo a súa inocencia. A película ten menos acción que as anteriores, gañando en misterio e intriga, aparecendo as relascións sentimentales, propias da idade.

En fin, unha película propia para os seguidores de Harry Potter e para pasar un longo anaco de tarde con palomitas para o resto.

Aquí tedes o trailer.

No hay comentarios. Comentar. Más...

SPMAGE09

20090720110218-globulos-rojos-infectados.jpg

Foto gañadora: Glóbulos vermellos infectados polo parásito da malaria (LI ANG)

SPMAGE09 (Concurso Internacional de Imaxes do Nanomundo) é un concurso organizado por investigadores do Instituto de Ciencia de Materiais de Madrid (Consello Superior de Investigacións Científicas) e da Universidade Autónoma de Madrid, que desexa encontrar as máis fermosas e impactantes imáxes do nanomundo.

 

O gañador deste ano foi Li Ang, da Universidade Nacional de Singapur pola súa imaxe titulada Human malaria (Plasmodium malariae) infected red blood cells.

No hay comentarios. Comentar. Más...

HUMOR: VACACIÓNS EN CRISE

20090720121715-2009-07-27-vin-2009-07-20-00-43-41-hudavila.jpg

Na viñeta de Davila, do xornal Faro de Vigo (20/07/09), amosa a crise nas vacacións, como a xente non gasta tanto en mariscadas, recurrindo a trucos para presumir diante dos amigos. En realidade o sector da hosteleria amosa preocupación, pois hai menos veraneasntes e os que viñeron gastan moito menos.

Parace que as mariscadas son máis de mexilóns e croques que doutra cousa. É a crise!

No hay comentarios. Comentar. Más...

CONTO: O CULLERÓN DE PRATA

20090721161525-explorar.jpg

Servandiño era un curiña moi novo, acabado de saír do seminario maior de Lugo, e coa cabeza chea de novos ideais, que chegou destinado a un pequeno lugar do oriente coruñés onde a vida era moi tranquila.

Ao cabo duns días de se incorporar á súa freguesía, vai visitar un colega seu, con varios anos de oficio, da parroquía veciña, sendo moi ben recibido por estoutro párroco que mesmo lle porfía para que quedara a cear.

Durante a cea decátase Servandiño  de que o seu amigo ten como serventa unha rapaciña fermosa e boa moza, tratándose amo e criada con grande familiaridade e confianza sospeitosa.

Cando ámbolos dous quedan sós, pregúntalle o curiña:

- Y dígame, Don Domingo;  esta muchacha y usted se comportan debidamente en su larga convivencia. Siguen las pautas de castidad absoluta ¿verdad?

- Pues claro, Servando. No lo dudes en ningún momento. Ella, como yo, es una excelente cristiana, devota, católica y practicante.

Coa explicación non quedou moi convencido Servandiño, pero tampouco dixo nada, e regresou á súa parroquia.

Ao pouco tempo, diríxese a atractiva rapaza ao seu amo crego para lle comentar unha nova.

- Dende que estivo por aquí, e ceou connosco o seu colega de San Lourenzo, non atopo o cullerón de prata co que servimos a sopa.

Por esa razón o curiña recibe aos dous días unha carta do seu colega que di o seguinte:

"Querido Servando: no quiero decir nada con esto, pero desde que has estado en nuestra tu abadía, nos ha desaparecido un cucharón de plata que utilizamos en las comidas relevantes".

Non tarda moito Servandiño en respostar con outra breve misiva na que di:

"Querido Don Domingo: tampoco yo queiro decir nada con esto, pero si la criada hubiese dormido una sóla noche en su cama, encontraría el cucharón de plata que dejé escondido debajo de la manta, cuando estuve de visita".

  Fonte: Almanaque Agrícola ZZ 2006

No hay comentarios. Comentar. Más...

FELICIDADES NURIA

20090722234101-explorar0001.jpg

Onte, 22 de xullo de 2009, foi un día moi intenso. NURIA GÓMEZ FERNÁNDEZ, Licenciada en Bioloxía, opción  Molecular, despois dun duro  traballo doutros de 5 anos de Doutoramento (con dúas etapas: DEA ou Diploma de Estudos Avanzados e TESE), defendeu finalmente a súa TESE DOUTORAL: "Genes de susceptibilidad al cáncer colorectal hereditario: Análisis en familias gallegas con poliposis colónica y sospecha de síndome de Lynch".

A tese foi dirixida polo Doutor Angel Carracedo Álvarez (Catedrático de Mediciña Legal da Facultade de Mediciña de Santiago e a Doutora Clara Ruíz Ponte, adxunta da Fundación Pública Galega de Mediciña Xenómica.

O acto celebrouse no Salón de Grados, da Facultade de Mediciña da Universidade de Santiago de Compostela.

Despois da deliberación do tribunal a cualificación foi de SOBRESALIENTE  CUM LAUDE (máximo grado académico universitario en doctoramento).

Tes que sentirte orgullosa, doutora, do acadado na etapa de estudante universitiria e de investigadora, como todos os da túa familia, entre os que estou eu, o teu pai.

As miñas felicidades!

VÍCTOR

No hay comentarios. Comentar. Más...

INAGURACIÓN DO GTC

20090719113431-gtc.jpg

GTC sobre o mar de nubes da Palma (Foto:EFE)

Mañá, 24 de xullo, inagúrase oficialmente o GTC ( Gran Telescopio de Canarias), aínda que xa está operativo dende o pasado marzo. Está situado no Roque de los Muchachos, na illa canaria de La Palma. Conta cun espello con 10,4 metros de diámetro, o máis grande do mundo.

Se queres coñecer polo miúdo (situación, contrucción, estructura, vídeos, etc) este tesecopio pincha en GTC

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

Up

 

Hoxe, 30 de xullo, estréase  "Up", do director Pete Docter (Monstruos SA) e Bob Paterson. A película, de 06 minutos de duración e que tamén se estrea en formato 3D, de Disney•Pixar, é unha comedia de animación sobre un vendedor de globos de 78 anos, Carl Fredricksen, quen finalmente consegue levar a cabo o sono da súa vida ao enganchar miles de globos á súa casa e saír voando rumbo a América do Sur. Pero descubre que a maior das súas pesadelas tamén está embarcado na viaxe: un explorador da xungla de oito anos, chamado Russell, optimista por natureza.

Unha película para todos, non só para público infantil. Merece a pena!

No hay comentarios. Comentar. Más...

E POR QUE?

20090730173037-observ12.jpg

Imaxe de Galiciasuroeste.info 30/07/2009

Tiven hoxe coñecemento do incendio dun dos Observatorios Ornitolóxicos, o coñecido como o da Regueira Ancha, que ao parecer sucedeu onte sobre as  18 horas e que practicamente o estragou.

Este xunto co resto de observatorios foron inagurados por ANABAM o 10 de abril de 1988, é dicir levan 21 anos servindo de plataforma para a observación de diferentes especies de aves dun xeito respectuoso coa natureza.

Dende aquí, a nosa solidaridade con  ANABAM, que sempre colaborou co IES e persoalmente co departamento de Bioloxía-Xeoloxía ao que pertenzo.

Non atopo explicación a esta acción, de todo deplorable, que vai en detrimento do coñecemento da ornitoloxía do noso esteiro.


 

No hay comentarios. Comentar. Más...

CENTRAIS NUCLEARES

20090731110656-garona-ugt-central.jpg

Nos últimos meses o tema das centrais nucleares está en todos os medios, incluso políticos e laborais, a raíz do posible peche da planta de Sta. María de Garoña (Burgos). As principais organizacións ecoloxistas e diversos expertos antinucleares argumentan o peche definitivo deste tipo de instalacións, mentres que os seus responsables e os expertos favorables ao uso da enerxía nuclear con fins pacíficos ofrecen explicacións contrapostas para defender a súa continuidade e incluso a construcción de novas centrais. Cuestións clave como a seguridade das instalacións, o almacenamento dos residuos e a radiactividade, a súa sustitución por enerxías renovables, o seu efecto na factura eléctrica dos consumidores, as reservas de uranio, ou o impacto laboral dun hipotético peche enfrontan con argumentos e contra-argumentos a uns e outros.

Na seguinte infografía poderás coñecer todo sobre a enerxía nuclear, os seus perigos, as súas ventaxas e desventaxas. Se estás interesado pinche en ENERXÍA NUCLEAR

Fonte: Consumer Eroski

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

KALIPEDIA

20090731160901-9e26410f-55aa-4f2c-9ef9-396a62531991-gm.jpg

Kalipedia é unha enciclopedia on-line, orientada ao ámbito educativo de secundaria. Comenzou o 16 de outubro de 2007 e foi creada polo Grupo Santillana. Nela podes obter información das seguintes materias: Artes, Ciencias Naturais, Xeografía, Historia, Tecnoloxía, Lingua e Literatura Castelá, Matemáticas e Pensamento, Relixión e Cultura. Conta tamén cun apartado de diccionarios.

Dende hoxe tes un ENLACE para poder consultala cando precises. Agora se a queres coñecer pincha en KALIPEDIA

Penso que che pode ser moi útil para todos os cursos de secundaria.

No hay comentarios. Comentar. Más...