Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Octubre de 2009.

PROXECTO GENOGRÁFICO V

 

Presentase hoxe o capítulo 5º do Genographic Project, dirixido por SPENCER WELLS (nacido en Georgia-EEUU o 6 de abril de 1969. Estudiou bioloxía na universidade de Texas, doctorouse en bioloxía na universidade de Harvard, fixo o postdoctorado en Stanford e como investigador residente na universidade de Oxford. En 2005 foi nomeado Explorador Residente de National Geographic.

Mañá o último capítulo.

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

PROXECTO GENOGRÁFICO VI

 

Rematamos co 6º capítulo, e último, do Proxecto Genográfico. Espero que che gustasen todos e cada un deles, que tratan de contestar a esas dúas preguntas fundamentais: De onde vimos realmente? Como chegamos a onde vivimos agora?

Se queres saber máis sobre este proxecto pincha en O PROXECTO GENOGRÁFICO

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

CONTOS DE LUGRÍS FREIRE

20090929173513-manuel-lugris-freire.jpg

Hoxe propoñovos un conto de Manuel Lugrís Freire. Pero, quen é? Pois trátase dun escritor nacido en Sada (A Coruña) en 1863 e morto en 1940. Foi un home comprometido co galego. Se queres coñecer algo da súa biografía e vida pincha en Manuel Lugrís Freire 

O conto en cuestión é "A mitá en cartos"

Fai tantos anos como eu conto de vida, que andaba visitando as freguesías das Mariñas un señor Arzobispo, cuio nome non lembro, desprendido, xeneroso e caritativo coma un cristiano de boa lei. Por aquelo de que "canto máis doce é o mel, máis moscas caen sobre el", non acougaba o perlado coas peticións que decote i en todas partes lle facían.

Nunha aldea, preto de Betanzos, según conta a historia, presentáronse ao señor Arzobispo dous labregos a pedirlle diñeiro para a fundación  dunha escola de primeiras letras. Xa non lle quedaba nin branca na faltriqueira, e o rogo aquel púxoo nun verdadeiro compromiso.

- Señor -decíalle Chinto, repetindo as palabras que lle apuntaba por detrás Bastián, seu compañeiro de comisión-; sabemos que a vosa señoría é xeneroso e amigo dos pobres, e polo mesmo vimos a lle rogar que nos dea algo para axudarnos a erguer as paredes da nosa escola, que tanta falla nos fai...

- Ben sabe Dios, meus fillos, -respondeu o perlado-; ben sabe Dios que eu non podo negarme a axudarvos na vosa empresa. Enseñar ao que non sabe é unha obra de misericordia das máis proveitosas e gratas aos ollos de Dios.

- Ten razón, si, señor -anadéu Chinto, máis contento que un cuco porque comprendeu que a súa petición era atendida.

- E polo tanto -sigueu o perlado con voz solene e cariñosa-, eu concedereivos, para vós e máis para os que vos axuden na civilizadora labor, catrocentos días de indulxencia plenaria...

-Está ben, si, señor; Dios llo pague -contestóu Chinto con certa resignación.

E Bastián, que estaba detrás, díxolle quediño:

- Chinto, dille á súa señoría que che dea a mitá das indulxencias en cartos.

(Respetouse a ortografía e vocabulario do autor)

En próximos días proporeivos outros contos da súa autoría.

No hay comentarios. Comentar. Más...

NON FOI POSIBLE!

20091004204407-logo-rio-2016.jpeg

Non foi posible, e eso que as esperanzas mantivéronse ata o último momento. Rio de Janeiro (Brasil) foi a elexida, con 66 votos fronte a 32 de Madrid.

Esto amosa que nestes tercios de eleccións pasa calquera cousa. Non valen as infraestructuras, a seguridade, ... Si vale que America do Sur nunca foi sede, que no 2012 xa será en Londres (Europa), que para o 2020 teñen idea de presentarse Roma, Francia, Grecia (todos en Europa), que os horarios de Brasil son máis axeitados para América, e un longo etc.

A pena para nós, e sorte para Brasil, é que esta celebración é unha axuda importante para o progreso de Brasil e en concreto de Río de Janeiro, e tal como andan as cousas aínda moito máis.

Dende aquí os mellores desexos para a cidade anfitriona e para Madrid, paciencia, pois seguro que terá ques esperar, bastantes máis anos de catro, para poder presentarse de novo.

No hay comentarios. Comentar. Más...

COMETA LA SAGRA

20091004210636-cometa-la-sagra.jpg

Cometa 2009 QG31 La Sagra (Observatorio de Mallorca)

Un novo cometa, denominado pola UAI (Unión Atronómica Internacional) 2009QG31La Sagra, foi descuberto polo OAM (Observatorio Astronómico de Mallorca).

Foi detectado a 170 millóns de quilómetros, na constelación de Acuario debido a que cada 6,77 anos achégase ao Sol. Ten un núcleo entre 2 e 3 km e arrastra unha cola formada por  unha nube de po e gas duns 12.000 km de diámetro, xa que a radiación do Sol fai esta se vaia desintegrando.

O novo cometa foi descuberto o 15 de agosto pasado mediante observación remota polo equipo de observación da OAM dende La Sagra, na Serra de Granada, onde o Observatorio Astronómico de Mallorca mantén unha base de rastrexo de corpos pequenos do Sistema Solar: Asteroides, NEOs (Obxectos Cercanos á Terra) e novos Cometas.

No hay comentarios. Comentar. Más...

DÍA DO PROFESOR ? !

20091005164416-feliz-dia-profes.gif

Hoxe pola mañá, ás 8,20 horas, un alumno díxome que era o meu día: o día do profesor. Sorprendeume dobremente, pois non tiña esa constancia (eu sempre o relacionei con 27 de novembro -San Xosé de Calasanz- ou ben 28 de xaneiro -Santo Tomas de Aquino) e en segundo lugar porque alguén me felicitase.

Eu aínda lembro, gratamente, algo parecido ao que fixo este alumno na súa felicitación, hai anos. O día do maestro era algo importante, non só para nós, senón para alumnado e pais. Sempre tiven, nunha grande maioría, a implicacion deles no meu traballo e é algo de agradecer. Penso que cando os implicados na educacion (mestres, pais e alumnado) non reman na mesma dirección é cando acontecen fracasos e problemas de todo tipo. Por desgraza, botamos a culpa dos problemas uns a outros; en realidade é non asumir a parte que a cada un lle toca; é desprazar a pelota ao tellado dos outros, pero o problema (a pelota) segue estando, non pode desaparecer. As autoridades educativas, fundamentalmente políticos, non axudan; eles reman na procura doutra pesca: os votos. Tiñan que pasarse un día polas aulas, polos centros, para ver a realidade.

Na miña ignorancia sobre este día, documenteime: Dende 1994 o 5 de octubro foi declarado pola UNESCO e a OIT (Organización Internacional da Educación)o día mundial dos docentes.

Eu, que prefería o 27 de novembro, xa mudei de idea: que sexa todos os días, que nos deixen traballar e que nos apoien dende todos os sectores; ao fin e ao cabo será en beneficio do máis preciado: os nosos alumnos-as, os seus fillos.

No hay comentarios. Comentar. Más...

NOBEL DE MEDICINA 2009

20091006105300-medicina2009.jpg

O Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina deste ano reaceu en Elizabeth H. Blackburn, Carol W. Greider e Jack W. Szostak, descubridores dos telómeros e a enzima telomerasa que coas súas implicaciones afectan tanto ao proceso de avellentamento como ao cancro.

O trío de investigadores descubríu un anel de protección en torno aos cromosomas creados polos denominados telómeros e as telomerasas, que fan as funcións de fonte de xuventude das células.

Elizabeth H. Blackburn, nacida en 1948 en Tasmania (Australia) e con dobre nacionalidade estadounidense-australiana. Profesora de Biloxía e Fisioloxía na Universidade de California, San Francisco.

Carol W. Greider, nacida en 1961 en San Diego-California (USA).Profesora de Oncología en Johns Hopkins University School of Medicine de Baltimor.

Jack W. Szostak, nacido en 1952 en Londres. Profesor de Xenética en Harvard Medical School de Boston.

Os Premios Nobel otórganselle ás persoas que realizaron investigacións sobresaintes, inventaran técnicas ou equipamentos revolucionarios ou contribuíran notablemente á sociedade. Instituíronse como vontade de Alfred Bernhard Nobel (Estocolmo, 21 de outubro de 1833-San Remo, 10 de decembro de 1896.

O inventor da dinamita e industrial sueco, firmou un testamento no Club Sueco-Noruego de París o 27 de novembro de 1895. Sentíase culpable pola súa responsabilidade como empresario enriquecido a través dunha industria productora de dinamita, que tiña como especial mercado a minería, pero tamén a guerra. Esa puido ser a motivación principal do seu afamado testamento, unida tamén a costume de realizar accións para facer transcender o seu nome ao morrer.

Desde a súa instauración en 1901, os Premios Nobel recaeron en sete españois:

1904José Echegaray Literatura
1906Santiago Ramón y CajalMedicina e Fisioloxía
1922Jacinto Benavente Literatura
1959Severo Ochoa Medicina e Fisioloxía
1956Juan Ramón JiménezLiteratura
1977Vicente AleixandreLiteratura
1989Camilo José CelaLiteratura
No hay comentarios. Comentar. Más...

NOBEL DE FÍSICA 2009

20091006170652-nobel-fisica-2009.jpg

O Nobel de Física  deste ano premia a Charles Kuen Kao, Willard Sterling Boyle e George Elwood Smith, que impulsaron as tecnoloxías que permitiron desenvolver as telecomunicaciónd do mundo actual.

Charles Kuen Kao, nacido en 1933 en Shanghai, investigador dos Laboratorios de Telecomunicacións de Harlow, no Reino Unido, e profesor da Universidade de Hong Kong, aportou innovadores avances sobre a transmisión da luz en fibras ópticas de comunicación.

Willard Sterling Boyle, nacido en 1924 en Amherst, en Canadá, aínda que nacionalizado estadounidense e George Elwood Smith, nacido en 1930 en Nueva York, ámbolos dous dos Laboratorios Bell de Murray Hill, en Nueva Jersey, inventores dun circuíto semiconductor de imaxes, o sensor CCD, primeira tecnoloxía que permitíu a transmisións de imaxes a través da rede.


ANEL XIGANTE DE SATURNO

20091007164235-anel-saturno.jpg

Ilustración da vista infravermella do novo anel de Saturno (NASA)

Coñecido era que o planeta Saturno tiña aneis, pero o que non era coñecido era que tivese un anel xigante. Eso foi o que acaba de descubrir a NASA, grazas ao seu telescopio Spitzer (lanzado en 2003 e que na actualidade se aptopa en órbita ao redor do Sol, a 106,2 millóns de quilómetros da Terra). Esta noticia deuna a coñecer a revista "Nature".

Para poder conseguir este decubrimento fixo falta o emprego dos infravermellos. O anel, formado por xeo e pó, está a uns 5,95 millóns de quilómetros do planeta, extendéndose ata unha distancia de 11,9 millóns de quilómetros cara afora e a súa órbita está inclinada 27º en relación cos anillos principais.

Como curiosidade, Febe (unha lúa de Saturno) está dentro deste anel.

No hay comentarios. Comentar. Más...

NOBEL DE QUÍMCA 2009

20091007164902-nobel-quimica-2009.jpg

O Premio Nobel de Química deste ano recaeu nos científicos: Venkatraman Ramakrishnan, Thomas A. Steitz e Ada E. Yonath, polos seus estudos sobre a estrucura e a función do ribosoma a nivel atómico. Este achádego sobre o funcionamento das moléculas que fabrican as proteínas para manter con vida o ADN, ten importantes aplicacións á hora de lograr o desenvolvemento de antibióticos.

Venkatraman Ramakrishnan, naceu en 1952 na India e é cidadán estadounidense. Doctorouse en Ciencias Físicas en 1976 pola Universidade de Ohio e exerce no Laboratorio de Bioloxía Molecular de Cambridge, en Inglaterra.
Thomas A. Steitz, naceu en 1940 en Estados Unidose e é doutor en Bioloxia Molecular e Bioquímica pola Universidade de Harvard. É catedrático da Howard Hughes Medical Institute, da Universidade de Yale.
Ada E. Yonath, naceu en 1939 en Xerusalén e doctorouse en Cristalografía de raios X en 1968 no Instituto Weizmann da Ciencia, centro onde exerce na actualidade.

No hay comentarios. Comentar. Más...

BIODIVER

20091007172405-home-biodiver2.jpg

A Fundación Biodiversidad foi fundada polo Goberno de España no ano 1998 para contribuir á conservación e a o uso sostible da biodiversidade. O seu traballo foi evolucionando co tempo, adaptándose ás esixencias dos retos emerxentes e a evolución do medio ambiente na axenda política internacional.

Acaba de estrear unha nova web http://www.fundacion-biodiversidad.es/   que podes visitar. Entre outros contidos destaco BIOVIDER, no que podes xogar, descargar salvapantaias, fondos de escritorio etC. Se queres coñecelo pincha en BIODIVER.  

No hay comentarios. Comentar. Más...

DÍA NON LECTIVO PARA ESTE CURSO

20091009180753-vacacions.jpg

O segundo día non lectivo para este curso 2009/2010 (o primeiro foi o 23 de setembro, Santa Tegra), será o 18 de maio de 2010, martes. Esto fará que a fin de semana  se prolongue ao luns 17, Día das Letras Galegas, e o citado martes 18.

Este día foi proposto polo Claustro do IES A Sangriña onte vernres.

No hay comentarios. Comentar. Más...

HUMOR: PREMIO NOBEL DA PAZ

20091009162256-pro-photo1255086841.jpg

Onte deuse a coñecer o Premio Nobel da Paz, e foi unha sorpresa, ao menos para min: O presidente dos EEUU Barack Hussein Obama II (nacido en Honolulu-Hawái-EEUU en 1961).

O xenial humorista Foges, fai unha referencia na súa viñeta do xornal  "elpais.com", moi acertada, onde a pomba da paz aparece de negro, xa que o presidente é de raza negra.

Persolamente penso que é un premio a esperanza, pois polos feitos non se faxo merecedor de tal galardón. Sinceramente é algo precipitado. Son millóns de persoas que teñen depostitadas nel moitos desexos de paz e de concordia. Espero, de corazón, que non decepcione a ninguén, empezando por min!

No hay comentarios. Comentar. Más...

MARÍA MITCHELL

20091011081619-mariamitchell.jpg

Non quixera que rematase este ano 2009, Ano Internacional da Astronomía, sen falar desta muller: MARÍA MITCHELL (1818-1889).

Se por algo temos que falar dela é que está considerada como a primeira astrónoma académica dos EEUU, sendo a primeira muller e entrar na Academia Americana das Artes e das Ciencias.

No campo astronómico citar que 1847, con 29 anos, descubríu o cometa C/1847 T1, hoxe chamado o cometa Mitchell. Un cráter da Lúa leva o seu nome. Foi unha loitadora polos dereitos da muler, fundando unha asociación a tal efecto (Asociación para o Avance da Muller).

No hay comentarios. Comentar. Más...

OS PREMIOS NOBEL CUESTIONADOS

20091011090322-medallanobel.gif

O xornal El Pais, de onte, trae unha reportaxe de Javier Sampredo, titulado "Los olvidados del Nobel". Esta comenza facendose a seguinte pregunta: "Que premio Nobel explicou a  física cuántica da radiactividade, postulou a versión moderna do Big Bang, propuxo que as estrelas brilan por reaccións termonucleares e descubríu o concepto de código xenético? Ningún. A persona existíu -chamábase George Gamow-, pero non recibíu o premio. Nin o de física nin o de medicina.

Este é un só dos apuntamentos que se fai na reportaxe e que dalgunha maneira cuestionan estes premios despois da concesión, tan sorprendente para todo o mundo, do Nobel da paz ao presidente dos EEUU. Precisamente sobre este tema, noutro momento da reportaxe  dise: "E fóra das ciencias áinda é peor. O pacifista máis célebre do século XX, Mahatma Gandhi, non recibíu o Nobel da paz, a diferencia de Henry Kissinger ou Yasser Arafat".

Non se escapa ningunha das 6 disciplinas, ás que se conceden os Nobel, ás críticas incluso cuestionan a limitación das mesmas, deixando de lado á paleontoloxía, matemáticas, ..., incluso o cine.

Penso que é unha reportaxe interesante para ler e aprender. Se estás interesado nela, na súa integridade, pincha en "Los olvidados del Nobel"  

No hay comentarios. Comentar. Más...

THIS IS IT

20091012110906-fragmento-cartel-oficial-nuevo-lanzamiento-musical-michael-jackson-this-is-it.jpg

Fragmento do cartel oficial do novo lanzamento musical de Michael Jackson: ’This is it’ (AP)

Xa pasaron case 4 meses dende a morte de Michael Jackson (25 de xuño de 2009), e aparece a súa primeira canción inédita "This Is It", que se estrea hoxe en España e que se porá á venda o próximo 27. Un día despois chegará o estreo da película (que ofrecerá imaxes únicas do artista): "Michael Jackson This Is It ",

Hoxe tes a oportunidade de escoitar este tema pinchando enThis Is It

No hay comentarios. Comentar. Más...

CAMPAÑA

20091011092534-logocast.jpg

“MOVILízate por la selva” é unha campaña de reciclaxe de móbiles lanzada polo Instituto Jane Goodall España, co apoio da primatóloga e conservacionista Jane Goodall, da que xa temos falado neste blog en nomes propios, embaixadora do Año do Gorila 2009, Premio Príncipe de Asturias 2003 e Mensaxeira da Paz polas Nacións Unidas.

 

 A campaña ofrecelle aos cidadáns unha forma sinxela e gratuíta de aportar móbiles en desuso (en funcionamento ou non), o que permitirá:
-
reutilizar terminais e reducir a insostible demanda dos seus compoñentes.
-reciclar elementos útiles e dispor adecuadamente de materiais tóxicos, evitando a contaminación do medio.
-recaudar fondos para proxectos de apoio ao desenrolo de ciudadáns congoleños, e aos programas de educación e conservación na R. do Congo, como o do Centro de Recuperación de Chimpancés de Tchimpounga. Alí, o Instituto Jane Goodall coida de máis de 140 chimpancés rescatados, a grande maioría achegados en péximas condicións tras ser decomisados a cazadores, traficantes ou particulares.

Se estás interesado nesta campaña ou queres participar, pincha en MOVILízate  para ter unha maior información ao respecto.

É por unha boa causa!

No hay comentarios. Comentar. Más...

ABELLAS

20091013185043-abellas.jpg

A abella europea ou melífera ten o nome científico de Apis mellifera e coñécense máis de 30 razas.

"O número de abellas diminúe no noso planeta, un descenso que, lonxe de ser irrelevante, supón un importante problema. Alén do seu labor produtor de mel, néctar, propóleo e cera, os insectos melíferos son os principais polinizadores dos cultivos. Da súa supervivencia dependen as árbores froiteiras , as verduras e os pasteiros"

Deste xeito comenza un artigo que publica último número da revista CONSUMER EROSKI, na sección de Medio Natural.

No artigo, con imaxes espectaculares, faise un estudo da importancia destes pequenos insectos para o home. Se queres velo só tes que pinchar en REVISTA CONSUMER EROSKI  


No hay comentarios. Comentar. Más...

HUMOR: DEFINICIÓN DE MAESTRA

20091015163018-forges.jpg

 

Nesta viñeta o gran humorista FORGES (Antonio Fraguas de Pablo, nacido en Madrid en 1942) fai unha definición bastante axietada da profesión de MAESTRO

A verdade é que non se equivoca nada!

No hay comentarios. Comentar. Más...

AVALIACIÓN DO DIAGNÓSTICO

20091017003000-avaliacion-diagnostica.jpg

O próximo día  21 de outubro, mércores, no noso centro ao igual que en todos os centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia que imparten cuarto curso de Primaria e segundo da Educación Secundaria Obrigatoria realizarán a avaliación diagnóstica referente as competencias :

Competencia de Comunicación Linguística

Competencia Matemática

Veranse afectados os alumnos-as que cursan actualmente 3º curso da ESO, que non sexan repetidores, e os alumnos-as repetidores de 2º ESO deste curso.

Indicar que neste proceso tamén haberá un cuestionario para o alumnado, dirección, profesorado titor e para as familias.

No hay comentarios. Comentar. Más...

XOGO: A AVENTURA DO UNIVERSO

20091017100002-googleaventurauniverso-1-.jpg

Unha das preguntas do xogo / Google.

Google acaba de estrear un xogo virtual para coñecer o nivel de coñecementos que tedes de Astronomía: A aventura do Universo.

Consiste en contestar a 20 preguntas dun total de 200. Estas preguntas aparecen de forma aleatoria, polo que podedes xogar tantas veces como queirades. Por cada acerto acumularedes puntos, perdéndoos no caso de fallo. De calquera xeito sempre aparecerá na pantaia un texto que explica a resposta de forma máis ampla, xunto con imaxes proporcionadas polas axencias espaciais e observatorios de todo o mundo.

Esta iniciativa é unha actividade máis do Ano Internacional da Atronomía, que se celebra e foi desenvolvida pola Agrupación Astronómica de Madrid, CosmosCaixa de Madrid, o Planetario de Madrid e Google.

Se estás interesado pincha en Google - La Aventura del Universo  e segue as instruccións para instalalo.  

No hay comentarios. Comentar. Más...

HUMOR: A NOSA LINGUA

20091018103225-2009-10-25-vin-2009-10-18-02-29-57-hudavila.jpg

Nesta viñeta de Davila (Faro de Vigo de hoxe) faise eco da manifestación en contra da política lingüística da Xunta , convocada pola plataforma Queremos Galego.

Plasma moi ben a idea do galego, derretíndose. Temos evitar o "cambio climatico-lingüístico" para que o nos idioma non se perda, apiándo ao galego, falándoo.

No hay comentarios. Comentar. Más...

IMAXES DA INVESTIGACIÓN 2009

20091018121611-im-c3-a1genes-20fascinantes-20ciencia09-bild5-property-galeriebild-gross.jpg

"Larvas do peixe cebra". O primero lugar no concurso «A fascinación da ciencia - Imaxes da investigación 2009» (© Jürgen Berger y Mahendra Sonawane/Bildfunk-dpa)

O concurso de fotografía "A fascinación da ciencia - Imaxes da investigación 2009" deu a coñecer os gañadores, sendo o pasado día 12 de outubro a entrega de premios na cidade alemana de Múnich.

Este concurso de fotografía científica, un dos máis prestixiosos de alemania, é o segundo ano que se celebra e está auspiciado  pola revista "Focus" e a Unión de empresas farmacéuticas e de investigación (VFA).

Se queres coñecer o resto das fotografías gañadoras pincha en «A fascinación da ciencia - Imaxes da investigación 2009

No hay comentarios. Comentar. Más...

CONTO: A LIMOSNA DO SAN ANTÓN

20091018123501-1343005579-181c90596e.jpg

Voltaba de misar un abade montado na súa besta, cando, á beira do camiño, nunha leira grande, a medio decruar, víu unha xugada parada, co arado fóra da terra, e o labrego revolvendo os regos, coa cota da vara aguillada.

- Que fas, home? -preguntou.

- Ando buscando a rella do arado, que a perdín hai un anaco e non dou con ela.

- Dame unhas moedas -engadíu o crego mentres sonría-, que llas vou ofrecer ao Santo Antón, xa verás que axiña cha devolve.

- Non fai falla -contestou o paisano. Xa lle ofrecín eu unha rella de ouro macizo cando consiga atopar esta.

- Así saes perdendo -terciou o cura-, porque coa que lle ofreciches podes mercar moitas como a que tes perdido.

- Xa, xa -rematou o da leira con retranca-, pero ao santo xa o teño enganado máis veces.

Fonte: Almanaque Agrícola ZZ Ano 2003

No hay comentarios. Comentar. Más...

ARES 1-X

20091020184210-e-091020-140237.jpg

Novo foguete Ares 1-X (Foto: Justin Dernier)

Parece impresionante cos seus 100 metros de altura, e non é para menos. Trátase do foguete que está destinadoa substituír aos transbordadores espaciais, alá polo 2016: o Ares 1-X da NASA.

Pero claro antes hai que probar este prototipo. Tal evento será o próximo  día 27 no Centro Espacial Kennedy. Durará aproximadamente 2 minutos e ascenderá ata os 40 km.

Se todo sae ben será quen leve aos astronautas ao espazo na próxima década. Sorte!

No hay comentarios. Comentar. Más...

A LÚA

 

É o único satélite da Terra. O seu aspecto é gris, frío, cunha superficie rochosa salpicada de cráteres, causados polos impactos de meteoritos. Non ten atmosfera. É un satélite enorme para o noso planeta (un radio de 1.738 km e unha masa de 7,35 . 1022 kg). Atópase a 384.000 km. Completa unha volta ao redor da Terra cada 27,32 días, o mesmo tempo que invirte en dar unha volta sobre o seu propio eixe (inclinado 5º 8´13´´). Provoca importantes fenómenos como son as mareas e as eclpises.

Neste vídeo profundizameos algo máis sobre A LÚA.

No hay comentarios. Comentar. Más...

FOTOGRAFÍAS DA NATUREZA

20091022115002-1256199744-0.jpg

Veolia Environment Wildlife Photographer of the Year 2009 é o concurso fotográfico da natureza máis prestixioso do mundo. Na presente edición o gañador foi un fotógrafo español, concretamente de Ávila: José Luis Rodríguez.

O tema foi o lobo ibérico (Canis lupus signatus). A imaxe como podedes observar é impresionante.

Se queres ver outras fotografías deste concurso pincha en Veolia Environnement Wildlife Photographer of the Year - Competition  

Merece a pen velas!

No hay comentarios. Comentar. Más...

PREMIOS EXTRAORDINARIOS E.S.O.

20091023111236-diploma.gif

No DOGA do día 22 de outubro convócanse os premios extraordinarios de E.S.O ao rendemento académico correspondentes ao curso pasado (2008/2009). Os requisitos son:

1. Cursar durante o curso 2008-2009 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.
3. A media das cualificacións dos alumnos e alumnas solicitantes debe ser igual ou superior a 9 puntos.
4. Esta nota media será a media aritmética das cualificacións en todas as materias dos catro cursos da etapa.
5. Segundo o establecido nas disposicións adicionais do Decreto 133/2007 polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria, para a obtención da nota media non se terá en conta a área de relixión.
6. As áreas validadas ou exentas non serán tidas en conta para o cálculo da nota media.
7. A media aritmética das cualificacións da etapa expresarase cun só decimal e deberá reflectirse na certificación  académica a que se fai referencia noartigo 6º.3 a) desta orde.

Os aspirantes realizarán unha proba. Proporanse ata 20 premios que consistirán nun diploma acerditativo e un ordenador portátil.

Se estás interesado pincha en PREMIOS EXTRAORDINARIOS E.S.O.

No hay comentarios. Comentar. Más...

CAMBIO DE HORA

20091023104811-cambio-horario.jpg

Na madrugada do domingo, 25 de outubro, procederase ao cambio de hora, entrando así o horario de inverno. Cando sexan as 3 da madrugada retrasaremos 1 hora os reloxos, sendo as 2 da madrugada e consecuentemente o día terá unha hora máis.

Esta medida lévase aplicando dende o ano 1981 e pretende un aforro enerxético. Este cambio horario realízase en toda a Unión Europea.

No hay comentarios. Comentar. Más...

CURSO DE CHINÉS

20091025210609-foto-0120090313151602.jpg

Cada vez á presencia china es España e concretamente en Calicia é maior. Así mesmo son moitos os nosos compatriotas que se desprazan á China, funfamentalmente por motivos empresariaIs. Por ese motivo a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa é promotor dun proxecto financiado pola Unión Europea dentro do Programa de Aprendizaxe Permanente. O proxecto denomínase CHINESE-COM  (Competencias básicas en chinés como medio para incrementar a competitividade das empresas da Unión Europea)

O material creado está disponible pinchando en  ChineseCom  

Anímate!

No hay comentarios. Comentar. Más...

AS ESTACIÓNS

 

Este vídeo pretende contribuír ao mellor entendemento do fenómeno das estacións, que xurden como consecuencia do movemento de translación da Terra ao redor do Sol, xunto coa inclinación do eixe terrestre, que nestes días estivemos tratando en clase.

Espero que sexa útil.

No hay comentarios. Comentar. Más...

BARALLETE

20091028173544-afiador.jpg

Roda auténtica de afiar, instrumento imprescindible dun afiador.

Hai uns días celebrouse no Rosal unha festa entrañable: "A festa do cabaqueiro". Nela rememórase o traballo de moitos rosaleiros que traballaron nas telleiras e que empregaban unha xerga, un vocabulario propio: o cabaqueiro.

Na miña terra, en Ourense, temos algo similar pero aplicado aos afiadores: o barallete.

Os afiadores necesitaban apoiarse uns a outros, porque se ven mergullados nun mundo no que debían vencer non poucas dificultades no trato coas persoas que os rodean: seareiros dos lugares visitados, garda civil, cobradores de taxas -como en Barcelona, onde se lle obrigaba a ter unha licencia de traballador ambulante-, ou en determinados concellos de Galicia nos que non se lles permitía circular coa roda en domingo para non entorpecer á xente que ía á misa. Nace así  unha lingua común a todos os que exercían esta profesión andadora que os mutilos tentaban aprender durante o tempo que estaban a caron do seu amo ou naceiro. Era unha linguasxe que funcionaba como unha auténtica xerga de grupo. Tiña como característica propia a de abranguer máis de dous mil vocablos que pertencían a adxectivos, verbos e substantivos. Estes tiñan a súa orixe no idioma galego, aínda que deformados fonéticamente. Ademais había vocablos xermánicos e do idioma caló (dos xitanos), sen que se esquecesen nomes que se encontran coa fala dos pícaros e que aínda conservan quinquis e esqueiros. Unha norma do barallete era que no seu conxunto  de palabras non entraban as que indicaban violencia. De xeito que este modo de entenderse tan só restrinxido aos afiadores supón unha protección  para evitar a comprensión por parte de oídos alleos ao oficio.

Don Xose Ramón Fernández Oxea, que usaba o pseudónimo "Ben-Cho-Shey", foi o home que máis se ocupou do tema dos afiadores, sendo o autor dun diccionario do barellete.

Aquí amoso algunhas palabras:

Boca- garlea

Can- doco

Lingua- lengumela

Mentira- farela

Mutilo- aprendiz

Naceiro- amo

Neno-a- Guezo-a

E algunha frase:

Traballas moito? - Manchas largaño?

Afio estas tesouras- Arreo estas trincantes

Ise home é un sinvergonza- Ise belén é un discoirento

O cabaqueiro e o barallete son formas culturais do noso país que non debemos esquecer!

 

 


COGOMELOS

20091029165357-cogomelos.jpg

Chegou o outono (aínda que cunha temperatura fóra do normal) e despois duns días de choiva escomenzan a aparecer polos nosos montes os primeiros cogomelos.

Este mundo da micoloxía e fascinante, pero no que se precisa unha formación previa, sobre todo para evitar accidentes e confusións que poden pagarse moi caras. Esta formación pasa por ir acompañados sempre dunha persoa coñecedora do lugar e das especies que se pretender recolectar. Tamén é preciso ter ou consultar algunha guía que poidan resolver dúbidas ou que podan permitirnos investigar. Empregade cesta e navalla para cortar. Finalmente, disfrutade do monte, dos paseos e da compaña pero sempre trespectando a natureza.

Dende hoxe contaredes cunha guía para consulta pinchado en GUÍA DE FUNGOS E COGOMELOS ou ben no ENLACE  do mesmo nome.

No hay comentarios. Comentar. Más...

CHEGAR Á LÚA EN GLOBO

20091029173711-proiecte-haas.jpg

Parece sorprendente o titular pero é realidade. Hoxe, 29 de outubro, é o día previsto para facer un terceiro ensaio. Pero comencemos polo principio deste experimento: Google creou un programa (X PRICE) no ano 2007. A súa intención era retomar a carreira espacial polas novas xeracións. Para elo propuxo un premio de 30 millóns de dólares, pero cunha condición: tiña que ser un equipo privado, que logre levar un robot á Lúa, recorrendo 500 m e enviar un vídeo de imaxes e datos á Terra antes do 31 de decembro de 2012.

É hai un candidato. Trátase da Asociación de Aeronáutica e Cosmonáutica de Rumanía (ARCA), pero o máis curioso é o seu sistema de lanzamento: UN GLOBO, si un globo convencional que elevará o foguete STABILO a uns 18 km e dende alí despegará cara á Lúa, levando o robot chamado European Lunar Lander.

Despois das dúas probas celebradas, máis ou menos positivas, hoxe será un día clave. Moita sorte!

No hay comentarios. Comentar. Más...

DÍA DA BIBLIOTECA: CINE

20091029170255-biblio2.jpg

Con motivo da celebración do DÍA DA BIBLIOTECA, o noso Concello organiza diversos actos, entre eles a proxección da película "Blade Runner".

LUGAR: Salón de actos do Centro Cultural

DÍA E HORA: Venres, 30 de outubro ás 21:30 horas

ARGUMENTO: Rick Deckard, experto no manexo de androides, recibe o encargo de destruír a seis androides rebeldes. Así comeza un alucinante pesadelo tecnolóxico, unha obra mestra que pon en cuestión o que significa ser humano. Película dirixida por Ridley Scott, baseada no relato ¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas?, de Philip K. Dick.

Actividade interesante e gratuíta.

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

HUMOR: OS NOSO VELLOS

20091029180157-resize.php.jpeg

Hai unha etapa da vida, á que todos estamos destinados a chegar, salvo que pasemos antes pola morte, que é a vellez, que trátase de maquillar co nome de 3ª idade.

Nela, despois de anos de traballo, coidando aos fillos e netos, aguantando as enfermidades propias do desgaste do corpo, chega algo impensado: A SOIDADE. Tantos anos con xente ao teu redor e agora ...

É unha realidade en Galicia e no resto de España. Cada vez hai máis vellos sós. Tantos anos sendo útiles ata que eres un inu... Xa non interesas, xa creas problemas, xa estorbas.

Na vineta do Carrabouxo do pasado día 27, do xornal "La Región", fai esta reflexión, que tamén todos tiñamos que facer.

No hay comentarios. Comentar. Más...