Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Julio de 2011.

ALERTA ALIMENTARIA

20110630101308-gran-20110307095509aesan.jpg

A Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN) endureceu as recomendacións sobre o consumo de alimentos que teñan un elevado contido en mercurio (grandes peixes), cadmio (crustáceos) e nitratos (hortalizas).

Os metais e a súa toxicidade

- O mercurio é un metal pesado que, na súa forma máis tóxica (metilmercurio), pode provocar alteracións no desenvolvemento neuronal do feto e en nenos de curta idade. Os peixes cun maior contido en mercurio son o peixe espada, a quenlla, o atún vermello e o lucio. AESAN recomenda evitar o seu consumo ás mulleres preñadas ou en período de lactancia e aos nenos menores de tres anos. No caso dos nenos de entre tres e 12 anos, a axencia recomenda limitar a 50 gramos á semana o consumo de cualquera destes peixes.

- O nitrato atópase de maneria natural nos vexetais. Os que máis o absorben son as espinacas, a leituga, as acelgas e a remolacha. Unha elevada inxesta pode provocar cianosis no caso dos bebés, e tamén vincúlase co cáncer gástrico. AESAN recomenda evitar as espinacas e acelgas nos purés dos nenos menores dun ano, e non dar máis dunha ración ao día aos nenos de entre un e tres anos.

- O cadmio é un metal pesado xenerado por actividades mineiras e industriais, e liberado ao medio ambiente pola queima de combustibles ou a incineración do lixo. Tende a acumularse no fígado e no ril, e pode chegar a causar disfunción renal. Concéntrase sobre todo nas cabezas dos crustáceos, polo que AESAN recomenda limitar o seu consumo.

FONTE: El País

No hay comentarios. Comentar. Más...

O CEO DO MES: XULLO

20110702085538-verano2008-1.jpg

Ceo de verán / Imaxe:eurocosmos.net

1 de xullo: Eclipse de Sol parcial. Non visble no hemisferio Norte

1 de xullo: Lúa Nova.

8 de xullo:Cuarto Crecente.

15 de xullo: Lúa Chea.

23 de xullo: Cuarto Minguante.

30 de xullo: Lúa Mova.

Chuvia de meteoros: Piscis Austrinidas, actividade dende o 15 de xullo ao 10 de agosto, con máximo o 28 de xullo. Delta-Acuaridas Sur, actividade dende o 12 de xullo ao 23 de agosto, con máximo o 30 de xullo. Alfa-Capricornidas, actividade dende o 3 de xullo ao 15 de agosto, con máximo o 30 de xullo.

No hay comentarios. Comentar. Más...

A VOLTAS COS METAIS PESADOS

20110702093023-20110702elpepivin-3-1.gif

 

A noticia da presenza de mercurio en certo tipo de grandes peixes, como o atún, orixiña comentarios de humor gráfico como este de El Roto (seudónimo de Andrés Rábago ) que comenta diariamante a realidade da súa terra e do mundo enteiro con debuxos que se publican no xornal El País.


No hay comentarios. Comentar. Más...

ESPONXA CARNÍVORA

20110630104403-esponxa-carnivora.jpg

Asbestopluma hypogea / Imaxe:futura-sciences.com

Un grupo formado por científicos da organización internacional Oceana, a Universidade de Erlangen-Nürnberg, en Alemania e a italiana de Le Marche-Ancona descubriron a presenza de esponxas carnívoras ("Asbestopluma hypogea") en augas profundas do Mediterráneo italiano e español.

O descubrimento, publicado no último número da revista científica "Zootaxa", supón un necesario e importante primeiro paso cara a protección das áreas habitadas por esta especie. Tamén, espérase que beneficie a oturas especies como as ostras xigantes ou aos corais de profundidade, xa que o seu interese ecolóxico tamén é notable.

Ata o momento, só se rexistrara a presenza desta esponxa en tres covas submarinas do Mediterráneo, ao oeste e en zonas do Mar Adriático, concretamente en Francia e Croacia. A primeira foi descuberta na cova ’Trois Pépès’, preto de Marsella, a unha profundidade de entre 15 e 26 metros.

O achádego amplía o hábitat desta curiosa esponxa. Foi vista no exterior das covas, pousada sobre montes submarinos, nas Illas Baleares, ao norte de Sicilia e en empinadas escarpas batiais do Estreito de Sicilia. Os investigadores localizaron cinco novos enclaves e incluso atoparon exemplares de "Asbestopluma hypogea" a 700 metros de profundidade.

Debido á profundidade do seu hábitat, estas esponxas adaptáronse a vivir en entornos caracterizados pola escaseza de alimento. É por eso que aliméntanse de pequenos crustáceos que tardan máis de dez días en dixerir. Nunca foran avistadas en alta mar, xa que son fráxiles exemplares cuxo tamaño non supera o centímetro e medio.

FONTE:El Mundo

No hay comentarios. Comentar. Más...

BETELGEUSE

20110624174321-betelgeuse-nebulosa.jpg

Imaxe composta da estrela Betelgeuse na que se aprecian os chorros e a nebulosa do astro. O disco central oculta (cunha máscara) as partes máis brillantes do astro. ESO / P.KERVELLA

Betelgeuse é unha estrela enorme, unha das máis brillantes que se observan no ceo. É unha superxigante vermella (estrela masiva nas súas últimas fases de evolución, cando aumenta o seu tamaño e libera ao espazo enormes cantidades de materia) e, se estuvera no centro do Sistema Solar, ocuparía ata a órbita de Xúpiter, unhas catro veces e media o diámetro da órbita da  Terra. Tamén, está rodeada dunha nebulosa moito máis grande aínda, que se extende ata unhas 400 veces a distancia da Terra ao Sol. Está situada a unha distancia da Terra uns 430 anos luz.

Uns astrónomos viron agora detalles novos da estructura complexa desa nebulosa formada pola liberación asimétrica de materia por parte do astro.A nebulosa non se aprecia en luz visible xa que ol brillo de Betelgeuse é tal que anúlaa completamente, peroestes astrónomos observárono en infravermello cun dos grandes telescopios do conxunto VLT (en Chile), do Observatorio Europeo Austral (ESO) e con máscaras especiais que tapan a luz deslumbrante do astro.

O obxetivo da súa investigación é "comprender como o material expelido de Betelgeuse transpórtase dende a súa superficie ata o medio interestelar e como evoluciona químicamente no proceso", segundo escriben estes astrónomos na revista Astronomy & Astrophysics (A&A).

FONTE:El Mundo

No hay comentarios. Comentar. Más...

O MAPA DO UNIVERSO

 

O  Universo é moito máis denso do que parece cando miramos as estrelas dende a Terra. As constelacións forman filamentos que, vistas no seu conxunto, lembran ao enmarañamento neuronal dun cerebro humano, composto por centos de miles de millóns de astros. Esta é a imaxe á que recorda o mapa que ha logrou realizar o equipo dirixido polo astrofísico norteamericano, e Premio Nobel de Física en 2006, George F. Smoot.

Smoot, profesor na Universidade de Berkeley (California) presentou recentemente en España, dentro do Starmus Festival, celebrado en Tenerife, os últimos resultados dunha cartografía na que leva traballando moitos anos e que continuamente actualízase con novos datos.

Smoot, que estudiou o fondo de radiación de microondas producido trala explosión do Big Bang, grazas ao satélite artificial COBE, demostrou que pouco despois desta explosión  houbo no Universo unhas irregularidades que foron as sementes da posterior formación das galaxias.

Boa parte dos datos recabados para este mapa foron conseguidos co COBE, co seu sucesor o satélite WMAP e co Planck da Axencia Espacial Europea (ESA).

O astrofísico explicaba que é a forza deagravidade a que fai que pequenas estructuras organícense nuotras cada vez máis grandes. Segundo as súas estimacións, o Universo podería ser 100 veces máis grande do que se conseguíu ver ata agora.

FONTE: El Mundo

No hay comentarios. Comentar. Más...

MELISA

20110705125145-melisa.jpg

 Melisa / Imaxe:terapiasnaturales.com

A melisa (Melissa officinalis),tamén coñecida como toronxil, citronela ou  folla de limón, é unha herba perenne da familia das lamiáceas. Orixinaria de Asia Menor, foi introducida en Europa durante a Idade Media. Cultívase amplamente en xardíns polo agradable aroma e a súa beleza. 

USOS:

A melisa ten unha acción sedante e beneficiosa sobre o nerviosismo e a ansiedade. Axuda a tratar doenzas de orixe nervioso, así como flatulencias, espasmos intestinais e dixestivos, colitis, calambres de estómago e ercutos. Tamén exerce unha beneficiosa acción sobre os zuñidos de oídos, sensacións auditivas verdadeiramente desagradables.

Curiosamente a famosa auga do Carme, antiga fórmula dos Carmelitas que aínda se segue a empregar para o malestar dixestivo, non é nin máis nin menos que alcohol de melisa.

En resumo ideal para o nerviososmo moderado ocasional e relaxante dixestivo.

No hay comentarios. Comentar. Más...

LINDOSO

20110704201559-peneda04-459x306.jpg

Castelo de Lindoso / Imaxe: National Geographic España. Xullo 2011

Son moitas as veces que paso por este pobo portugués de camiño ao pobo da ñiña dona situado no concello de Lobios (Ourense). Lindoso é unha pequena freguesia rural do norte interior portugués, a 4 quilómetros da fronteira española. É un lugar atrapado no tempo, cheo de historia e sorprendentes paisaxes. Forrma parte do Parque Nacional da Peneda-Gerês, único parque nacional portugués creado en 1971. Ten uns 46,48 Km2 e pouco máis de 500 habitantes. Pertence ao concelho de Ponte da Barca e a distrito de Viana do Castelo.

O máis chamativo de Lindoso é o seu castelo, de entre 1220 e 1258, clasificado como monumento nacional, clave durante as loitas do século XVII que desembocaron na independencia portuguesa de España.

Tamén son interesantes os espigueiros (nós chamámoslles cabaceiros, en castelán hórreos). Son un total de 50 e datan dos séculos XVII e XVIII.

Xa na modernidade é impresionante a presa de auga Alto-Lindoso (1992) no río Limia

Merece a pena prederse por este lugar!


No hay comentarios. Comentar. Más...

XÚPITER XA TEN 65 SATÉLITES COÑECIDOS

20110706172225-1309853601-3.jpg

Montaxe de Xúpiter e os satélites galileanos /NASA/JPL

Observacións recentes confirmaron a existencia de dúas novas lúas en torno a Xúpiter, elevando a 65 o número total de satélites coñecidos, mantendo así o récord como o planeta co maior número de lúas identificadas no sistema solar, seguíndolle de preto Saturno con 62 satélites confirmados.

O descubrimento, que se remonta ao pasado 7 de setembro, foi realizado grazas ao telescopio Hale de 5 metros do Monte Palomar (California) polos astrónomos Jacobson, Brozovic, Gladman e Alexander que realizando observacións viron indicios dun nuevo satélite en torno a Xúpiter. Á noite seguinte, Christian Veillet dirixíu o espello de 4-m do telescopio Canadá-Francia-Hawai (CFHT) cara ao xigante gasoso e non só confirmou o achádego do equipo de Jacobson, senón que descubríu outra lúa aínda menor.

As dúas lúas foron designadas provisionalmente como S/2010 J1 e S/2010 J2 (a letra S significa que trátase dun satélite, a cifra 2010 é o ano do descubrimento e J2 que é o segundo descubrimento realizado en Xúpiter nese ao. Este tipo de designacións son provisionais ata que os novos satélites reciban un nome definitivo, que acontece ser mitolóxico e relacionado con Xúpiter).

As observacións indican que os seus tamaños son de 2 km e 1 km, respectivamente, e que as súas órbitas son altamente irregulares (moi excéntricas e moi inclinadas). Ámbalas dúas orbitan nunha zona exterior do sistema xoviano e seguen un movemento retrógrado, é dicir, o sentido do seu movemento é contrario oa do xiro do planeta e ao das órbitas dos maiores satélites interiores.
Os catro maiores satélites de Xúpiter (Ío, Europa, Ganímedes e Calisto) foron descubertos por Galileo en 1610. Estes foron os primeros corpos do sistema solar que foron observados orbitando en torno a un corpo diferente do Sol e a Terra. Xúpiter con estas grandes catro lúas ten o aspecto dun sistema solar en miniatura,o que transmitíu ao astrónomo pisano unha gran confianza na teoría heliocéntrica de Copérnico.

Similares aos satélites de Galileo, aínda que moitísimo menores, hai outros cuatro satélites máis interiores: Amaltea, Metis, Adrastea e Tebe. Sen embargo, os outros 57 satélites coñecidos de Xúpiter (incluíndo os dous descubertos agora) son pequenos corpos que orbitan a distancias moito maiores do planeta, seguindo movementos a miúdo retrógrados e irregulares. Pénsase que a maior parte destas lúas foron asteroides que pasaban preto de Xúpiter nos momentos iniciais da súa formación e que fueron capturados en órbitas heteroxéneas.

Moitos destes asteroides rompéronse en anacos menores polas tensións orixinadas pola captura ou mediante colisións con outros corpos. Cada unha destas fragmentacións deu lugar a unha familia de satélites similares das que hai identificadas varias. Scott Sheppard, un dos maiores especialistas do mundo nos satélites de Xúpiter, realizouo unha compilación de tales familias  que podes ver nesta táboa .

Xúpiter é o planeta do sistema solar con máis satélites: 65, séguelle Saturno con 62, Urano con 27, neptuno con 13, Marte con 2 e a Terra con 1. De Mercurio e Venus non se coñecen satélites.

Naturalmente os planetas ananos (entre os que se atopan Plutón e Eris) tamén poden ter satélites e, de feito, coñecense, seis satélites desta clase.

FONTE: Artigo do astrónomo Rafael Bachiller, no xornal El Mundo (06/07/2011)

No hay comentarios. Comentar. Más...

TOMILLO

20110705132947-tomillo.jpg

Tomillo / Imaxe:galeria.infojardin.com

O tomillo (Thymus vulgaris) é o nome dunha planta perenne da familia das labiadas (lamiales) que se emprega como condimento e como planta medicinal. O seu nome latino thymus (oloroso), fai referencia ao seu intenso aroma.

USOS:

O tomillo posúe propiedades antisépticas empregadas para tratar as infeccións pulmonares. É espasmódico e calma a tos espasmódica da tos ferina e do enfisema. Actúa tamén, sobre a rinorrea  diminuíndo as secrecións nasais.

Ao marxe da súa actividade pulmonar, o tomillo revélase tamén eficaz no alivio de problemas intestinais: ventre hinchado e aerogaxia, para o que resulta ideal asociado ao carbón vexetal. A súa acción antiséptica exércese igualmente sobre o sistema dixestivo e especialmente nos casos de diarrea.

O tomilllo ten virtudes estimulantes e antivíricas e como tal pode empregarse para previr as recidivas do herpes zóster. As súas follas son ricas nun aceite esencial cuxas propiedades empréganse en fitoterapia.

En resumo o tomillo é ideal para trastornos dixestivos e tos intermitente.

No hay comentarios. Comentar. Más...

RESULTADOS DA AVALIACIÓN DIAGNÓSTICO 2010

20110710205707--lotes-de-libros-de-texto-7-ffaf1ba2.gif
Galicia sitúase por riba da media española en tres das catro competencias avaliadas na evaluación general de diagnóstico 2010.

 

Os resultados da Evaluación General de Diagnóstico 2010 , presentados na semana pasada en Madrid, revelan o alumnado galego supera a media española (establecida en 500 puntos) en tres das catro competencias avaliadas, e que Galicia se atopa na media das 17 Comunidades Autónomas, con puntuacións entre 480 e 520 puntos.

Deste xeito, as alumnas e alumnos de segundo da ESO, curso no que se pasou a proba, acadaron un resultado de 515 puntos na competencia social e cidadá, a cuarta mellor puntuación acadada entre todas as comunidades. Quedan só por diante, cunha diferenza mínima respecto dos 529 puntos acadados por Madrid e Castela e León, os 528 da Rioxa, e os 519 de Navarra.

Tamén por riba da media, Galicia obtén 506 puntos na competencia en coñecemento e interacción co mundo físico, dentro do grupo de comunidades con promedios situados na franxa entre 480 e 520 puntos. De feito só dúas autonomías presentan resultados promedios superiores de forma significativa a 520 puntos nesta competencia. No caso da competencia matemática, o resultado acadado polo alumnado avaliado é de 502, co que se consigue superar a media española, quedando tamén dentro do grupo de comunidades con puntuacións intermedias. Só unha comunidade é quen se superar de forma significativa os 520 puntos nesta competencia.

Os resultados na competencia en comunicación lingüística quedan por debaixo da media española, con 487 puntos.

A Evaluación General de Diagnóstico 2010, que se desenvolveu a nivel estatal, testou as competencias de 1.591 alumnos de 50 centros galegos, nos que se pasou aproba en maio de 2010.

FONTE: Consellería de Educación e O. Universitaria.

No hay comentarios. Comentar. Más...

MEDUSAS

 

As medusas son organismos mariños pertencentes ao filo Cnidaria, con forma de campana ou parasaol e corpo xelatinoso. As medusas posúen tentáculos formados por células urticantes, ou nematocistos, que usan para capturar presas e como forma de defensa. Estas células conteñen unha cápsula cun filamento tóxico (velenoso). Ao contacto cunha presa, os filamentos exéctanse e inxectan veleno. Os tentáculos de medusas mortas que ás veces se atopan na praia poden envelenar por varias semanas.

Este vídeo pretende dar unha serie de consellos para evitar esa situación tan incómoda que se produce talo contacto cunha destas medusas, tan frecuente na época de verán que nos atopamos.

Espero que sexa útil!

No hay comentarios. Comentar. Más...

O VOTO DAS PRÓXIMAS ELECCIÓNS

20110711124131-20110711elpepuvin-3.gif

 

A día de hoxe non sabemos se o Presidente do Goberno convocará as próximas Eleccións Xerais antes da primavera do próximo ano. Seguramente, tratará de agotar o prazo previsto para gañar votos, perdidos durante estes anos de dura crise, da que non damos saído, con novas iniciativas e cedéndolle protagonismo ao candidado Rubalcaba.

As enquisas indican que os resultados serán negativos para o partido do goberno, incluso con dúbidas dos seus propios votantes, tal como se alude na vineta de Elrich, no xornal El País de onte, día 11, xa que senón se vota sería unha humillación nos resultado e se se vota será unha previsble derrota, xa que o principal partido da oposición ten, por agora, as de gañar.

En todo caso, o previsible gañador, será capaz de sacarnos desta situación de impás ou sairemos forzosamente con máis recortes e perdas sociais?

Xa vereeeemos!

No hay comentarios. Comentar. Más...

NOVA LEI DE RESIDUOS

20110711115554-resize.php.jpeg

Botellas / Imaxe:www.laregion.net

O Congreso dos Deputados está a punto de aprobar a nova Lei de Residuos. Unha das principais novidades da norma é a posibilidade de que se poda poñer en marcha un sistema de depósito de envases, como o que funcionaba coas botellas retornables nos anos 80: págase unha fianza ao mercar un envase e o establecemento devólveche os cartos se llo entregas baleiro. Eso si, para poder facelo teríase que demostrar a viabilidade económica do sistema.

Trala súa recente aprobación no Senado, o representante do Ministerio confía en que a nova lei estará aprobada polo Congreso dos Deputados antes de agosto. Segundo o mesmo, os obxectivos son a prevención e invertir a tendencia actual de aumento na xeneración de residuos e, tamén, evitar que unha porcentaxe aínda elevada de residuos vaia ao vertedeiro.

A aprobación da lei non quere dicir que se poñe en marcha de forma inmediata o sistema de depósito de envases. Sen embargo, que o texto contemple a posibilidade de instauralo (en caso de que se demostre a "viabilidade técnica, ambiental e económica para España") xa xerou un encendido debate entre consumidores, comerciantes, administracións e xestores de residuos.

Estarías disposto a pagar 25 céntimos de euro (que logo che devolverán) por cada botella ou lata para garantir o seu reciclado?

En España, cada ano xéranse 556 quilogramos de residuos domésticos por habitante, fronte á media europea de 508. En materia de reciclado, España recicla unha media de 86 quilogramos por habitante e ano, mentres que a media da UE é de 119 quilogramos.

O debate está servido!

FONTE: El Mundo

No hay comentarios. Comentar. Más...

A GRAN MANCHA BRANCA DE SATURNO

20110711121551-gran-mancha-blanca-saturno2.jpg

Imaxe da colosal tormenta no planeta dos aneis fotografada en marzo de 2011 polo telescopio espacial Hubble / HSTNASA/ESA/GRUPO DE CIENCIAS PLANETARIAS (UPV-EHU)

A gran mancha branca de Saturno, un fenómeno meteorolóxico único no Sistema Solar, é unha tormenta que chega a acadar prácticamente o tamaño da Terra. A última desencadeóuse a finais do ano pasado no planeta dos aneis e sorprendeu aos científicos porque non se esperaba ata dentro de nove anos, xa que o fenómeno vense producindo regularmente cada ano saturnino, equivalente a 29,5 anos terrestres.

O adianto da gran mancha branca (rompendo a regularidade rexistrada dende que hai 130 anos se reliazan observacións regularmente de Saturno con telescopios), e para o que os científicos non teñen explicación, é unha sorpresa, pero tampouco é normal que siga activa.

A orixe enerxética deste tipo de fenómenos atópase nas profundas nubes de auga, a uns 250 quilómetros por debaixo das nubes visibles de amoníaco. As observacións sen precedentes que se presentan en Nature  do crecemento da tormenta confirman esta hipótese anterior presentada polos autores. Uha vez formada a gran mancha branca desencadéase a perturbación que, coa axuda dos ventos, circunda todo o planeta.

FONTE: El País

No hay comentarios. Comentar. Más...

CINE: TINTÍN

 

Os amantes do comic e en particular de Tintín estamos de en hora boa,  xa que o o próximo 28 de outubro estréase "As aventuras de Tintín: O segredo do unicornio", a primeira das tres películas dunha triloxía que Steven Spielberg (como director) e Peter Jackson (como productor)  puxeron en marcha sobre o personaxe de cómic creado por Georges Rémi, "Hergé". Está protagonizada por Jamie Bell (Billy Elliot) no papel do intrépido e mozo reporteiro, e Daniel Craig (James Bond) dando vida ao malvado Rackham o Vermello.

A película foi rodada coas máis novedosas técnicas de "motion capture" (captación do movemento) e tamén será estreada en 3D.

Esta non a perdo eu!

No hay comentarios. Comentar. Más...

XX CONCURSO DE FIGURAS DE AREA

20110713100316-index.59.jpg

 

Mañá, domingo, 17 de xullo, na praia do Muíño, celebrarase o XX Concurso de Figuras de Area, organizado pola Concellería de Medio Ambiente do Concello de A Guarda, contando coa colaboración de Anabam e Érguete Baixo Miño. Esta actividade terá o seguinte programa:

 De 11:00 - 12:00: Inscripcións por categorias:

    Categoría  vermella (3-5 anos)       

    Categoría gris (6-9 anos)

    Categoría amarela (10-12 anos)

    Categoría azul (13-16 anos)

    Categoría verde (por grupos de 3-16 anos. Máximo 4 participantes)

De 12:00 a 13:00: Concurso de figuras de area

Ás 13:00: Entrega de agasallos a tódolos participantes

Ás13:30: Entrega de premios ó 1º e 2º de cada categoría

Por que non participas?

FONTE: www.galiciasuroeste.info

No hay comentarios. Comentar. Más...

IMOS Á PRAIA DE XEITO ECOLÓXICO

20110712102209-medioambiente.jpg

 O comportamento ecolóxico e cívico pódese levar a tódalas partes, e a praia non é unha excepción. As sinalizacións e as zonas acoutadas como sensibles débense respectar. Na maioría das praias, os animais de compañía están prohibidos para evitar que os seus excrementos acaben na area. As duchas non están para desbaldir a auga, un ben cada vez máis escaso, senón para se dar unha mollada rápida e quitar a salitre da auga do mar. E, por suposto, non se deben usar xabóns ou xampús, que van directos á praia e causan un forte impacto. A contaminación acústica debida á música con excesivos decibelios ou aos berros da xente tamén contribúe a romper o equilibrio natural e a tranquilidade dos outros usuarios.

As praias contan co seu propio ecosistema e hai que tratar todos os seus elementos con coidado. As dunas protexen as praias da erosión, das treboadas e das ondas, e son o fogar de diversas especies de plantas e animais. Algúns destes seres están en perigo, como as corais, e por iso non hai que caer na tentación de tocalos, movelos ou levalos de recordo, e moito menos se son especies en perigo de extinción.

Por outro lado, son moitas as persoas que aproveitan os meses de verán para realizar actividades ao aire libre que teñen como escenario a praia e como protagonista o barco de vela ou remo, as canoas e as táboas de surf, preferibles todas elas ás embarcacións de motor ou ás ruidosas motos acuáticas. Para rematar, o día de praia non remata ao limparmos a area coa toalla, mudar a roupa e arredármonos da praia. A xornada esténdese ata que chegamos ao lugar de residencia, xa sexa un apartamento, un hotel ou o noso propio lar, onde os consellos para aforrar enerxía ou auga tamén se deben aplicar. Nos hoteis non hai por que utilizar todas as xabóns todos os días, nin malgastar a auga con longos baños en nome do "todo incluído". No intre de planificarmos as vacacións tamén se pode ter en conta a contratación de hoteis ecolóxicos, aqueles que teñen especial coidado co medio.

FONTE: Revista Eroski Consumer. Xullo 2011.

No hay comentarios. Comentar. Más...

DECONSTRUCCIÓN MOLECULAR DO VIÑO

20110718095027-vino-sen-alcohol.jpg

Viño sen alcohol / Imaxe:guiamaximin.com

Unha das bebidas máis consumidas no verán é a cervexa, coas posibilidades de consumila sen alcohol ou cero. Esta posibilidade tamén chega a unha bebida  típica de Galicia, que non pode faltar en ningunha comida ou celebración: o viño. A  mellor maneira de disfrutar das saudables propiedades do viño é beber unha copa. Así a todo, se hai que conducir, por razóns de saúde ou motivos relixiosos non se pode tomar alcohol, pero podemos igualmente aproveitarnos dos beneficios dos polifenoles, as substancias antioxidantes responsables da boa fama desta bebida. Como? Mediante a deconstrucción molecular do viño.

O proceso de deconstrucción ten tres fases. A primeira é a desaromatización, os compostos aromáticos (máis volátiles) sepáranse do viño, conservándose  cada unha destas partes nun depósito refrixerado. A segunda fase consiste en desalcoholizar o líquido desaromatizado. De novo conséguense dúas partes: etanol duns 60º e por outro lado, o viño sen aromas e sen alcohol. Só falta volver reintegrar o vino desalcoholizado coa parte que contén os aromas. O producto obtido conserva todas as calidades organolépticas do viño orixinal pero non contén calorías.

Aínda que é novedoso, xa dende 2008 están no mercado viños sen alcohol (menos de 1º), viños baixos en alcohol (entre 8 º e 1º) e recentemente zero, un refresco de 0,0º de alcohol.

Esta técnica abre a posibilidade de dar un paso máis: enriquecer outros alimentos, como o pan, productos lácteos ou cárnicos, con estas substancias que teñen un efecto antioxidante.

Unha oportunidade e solución moi intersante!

FONTE:El Mundo

No hay comentarios. Comentar. Más...

NOVA FERRAMENTA NA ÓPTICA DA VISIÓN

20110718103946-imagen-retina-humana.jpg

Imaxe da retina humana obtida por microscopía no lineal / P. ARTAL

Se o ollo humano é unha máquina, aínda que sexa case perfecta, pode tratarse como tal e xa se desmostrou que a súa manipulación é posible, non hai máis que recordar as técnicas para eliminar ou reducir a miopía ou as xa ubicuas operacións de cataratas, nas que se reemplaza o cristalino por unha lente artificial. Agora chega a siguinte oleada da inxeniería do ollo, da man da física, co obxectivo non só de prescindir para sempre de muletas externas, como lentes e lentillas, senón tamén de coñecer moito mellor este órgano e a orixe e o desenvolvemento das súas patoloxías, que poden rematar sendo tratadas de forma mínimamente invasiva.

Esta nova aproximación nos laboratorios á óptica da visión ven da man de ferramentas potentes, especialmente o láser de femtosegundos, de pulsos ultracortos, que permite obter imaxes do interior do ollo (como a retina) sen afectar ás zonas intermedias. Dous fotóns combínanse grazas á intensa luz do láser para formar outro co dobre de enerxía e o dobre de frecuencia. Prodúcese así unha excitación moi localizada de moléculas que ten a ventaxa de proporcionar imaxes fluorescentes en tres dimensións con alta resolución.

"Dentro de cinco a dez anos, toda a ciruxía da parte anterior do ollo farase con luz, con láseres de femtosegundos", sinalou Pablo Artal, catedrático da Universidade de Murcia.

A microscopia con láser de femtosegundos, no infravermello próximo, vese como a próxima xeneración nos oftalmoscopios, agora imprescindibles en toda consulta. O máis empregado, basado na tomografía de coherencia óptica (OCT), xurdíu hai só 20 anos.

Futuro esperanzador!

No hay comentarios. Comentar. Más...

HUMOR DA REALIDADE

20110719114940-espanistan13.jpg

Imaxe:estepaissevaalamierda.wordpress.com/

Aleix Saló  (1983- Ripollet-Barcelona), ilustrador de profesión, presentou o seu traballo ESPAÑISTAN: Este país se va a la mierda, que segundo el "e producto do meu interés por realizar un relato sobre a realidade vivida neste país nos últimos dez anos".

 

Agora podémolo ver neste vídeo. Non ten desperdicio!


No hay comentarios. Comentar. Más...

VESTA

20110719124717-1311067001-0.jpg

Última imaxe do asteroide Vesta / NASA

A NASA publicou as primeiras fotos enviadas pola sonda espacial Dawn do asteroide Vesta, cuxa órbita alcanzou a pasada fin de semana, despois de viaxar case catro anos e recorrer 2.800 millóns de quilómetros.

A imaxe difundida pola NASA foi tomada cando ambos obxectos estaban a uns 16.000 quilómetros de distancia un do outro, mostrando a Vesta como nunca antes se vira.

As imaxes recibidas revelan unha superficie complexa na que se poderán estudiar pola súa erosión os impactos que recibíu por outros obxectos hai millóns de anos.

Os 530 quilómetros de diámetro de Vesta vonvertírono no segundo obxecto de maior tamaño no cinto de asteroides que está formado por aproximadamente 100.000 asteroides, considerados os "entullos" que quedaron trala formación do Sistema Solar hai 4.600 millóns de anos.

Lanzada en setembro de 2007, a sonda Dawn estudiará Vesta durante un ano para emprender rumbo ao planeta anano Ceres en xulo de 2012.

No hay comentarios. Comentar. Más...

A FIN DUNHA ODISEA NO ESPAZO

20110722131410-1311257032-extras-albumes-0.jpg

A tripulación do Atlantis á súa chegada a Cabo Cañaveral / Reuters

Sixilosamente e en plena madrugada do pasado xoves, día 21, o último transbordador espacial da NASA, a misión STS-135 do Atlantis, regresaba sin incidentes a Cabo Cañaveral, de onde saíra o 8 de xullo de 2011.

Despois de tres décadas de éxitos e fracasos, os EEUU quedouse sen o seu buque insignia da tecnoloxía, cedéndole a primacía no espazo a Rusia.

Se queres coñecer todo sobre estes 30 anos de exemonía pincha en A FIN DUNHA ODISEA NO ESPAZO.


No hay comentarios. Comentar. Más...

P4, NOVA LÚA DE PLUTÓN

20110723101801-1311174796-0.jpg

Órbitas das lúas de Plutón, incluída a nova P4 / NASA

O telescopio espacial Hubble  da NASA e a Axencia Espacial Europea (ESA) descubríu unha cuarta lúa orbitando Plutón, planeta anano máis alonxado do Sol. Esta nova lúa, que temporalmente chamarase P4, vense a sumar ás tres coñecidas ata agora, bautizadas como Caronte, Hidra e Nix. O descubrimento producíusese por casualidade, cuando o telescopio espacial estaba buscando aneis arredor deste planeta situado no borde exterior do Sistema Solar.

Aínda se descoñecen con exactitud as súas dimensións, pero estímase que o seu diámetro poderia estar entre 13 e 24 quiilómetros, polo que sería o satélite máis pequeño dos catro que orbitan arredor de Plutón: o de Caronte é de 1.048 quilómetros e os de Nix e Hidra entre os 31 e os 113 quilómetros.

A nova lúa de Plutón está situada entre as de Nix e Hidra, descubertas no ano 2005. Caronte coñécese dende 1978.

FONTE: El País e El Mundo

 

No hay comentarios. Comentar. Más...

ADIOS A AMMY WINEHOUSE

 

A cantante británica Amy Winehouse, de 27 anos, foi encontrada morta onte na súa casa de Londres, no barrio de Camden. A intérprete de soul tiña un longo historial de problemas co alcohol e as drogas.

Amy Winehouse naceu en Londres o 14 de setembro de 1983. Foi descubierta polo cantante Tyler James á idade de 16 anos. Debutou cun disco, "Frank", en 2003, que recibíu boas críticas. O seu segundo álbum, "Back to Black", publicouse en outubro de 2006. O single "Rehab" contén a frase: "They tried to make me go to rehab. I said ’no, no, no’" ("Eles intentaron levarme a rehabilitación. Eu dixen non, non, non").

Volveuse cumprir a frase daquel actor americano, que tamén morreu moi novo, James Dean: "Vivir depresa, morrer novo e deixar un fermoso cadaver".

Se queres profundizar na vida e obra desta cantante pincha AQUÍ.

No hay comentarios. Comentar. Más...

NOMES PROPIOS: GREGOR MENDEL

20110722104740-mendel.jpg

 Gregor Mendel / Imaxe:ojocientifico.com

O pasado día 20, celebrouse o cumpreanos dun home que pasou á historia como o pai da herdanza xenética: GREGOR MENDEL.

Gregor Mendel (20 de xullo de 1822 - 6 de xaneiro de 1884). Biólogo austríaco. Realmente o seu nome era Johann, tomando o nome de pai Gregor ao ingresar como fraile agustino, en 1843, no convento de Brno, onde se ordeou sacerdote en 1847. Para poder seguir a carreira docente, foi enviado a Viena, onde se doctorou en matemáticas e ciencias (1851).

Pasou a historia polos traballos que levou a cabo con diferentes con diferentes variedades da planta do chícharo (Pisum sativum),  as hoxe chamadas leis de Mendel que rixen a herdanza xenética.

As tres leis enúncianse como segue: segundo a primeira, cando se cruzan dúas variedades puras dunha mesma especie, os descendentes son todos iguais e poden parecerse a un ou a outro proxenitor ou a ningún deles; a segunda afirma que, ao cruzar entre sí os híbridos da segunda xeneración, os descendentes divídense en catro partes, das que unha paréces á avoa, otra ao avó e as dúas restantes aos seus proxenitores; por último, a terceira lei conclúe que, no caso de que as dúas variedades de partida difiran entre si en dous ou máis caracteres, cada uno deles transmítese de acordo coa primera lei con independencia dos demais.

Un aspecto non moi coñecido da vida de Mendel é que se adicou durante os últimos 10 anos da súa vida ás abellas. Mendel recoñeceu que as abellas resultaron un modelo de investigación frustrante. É probable que o experimento realizado con abellas fose guiado para confirmar a teoría da herdanza.

Se queres profundizar no coñecemento destas leis, visiona o vídeo superior.

No hay comentarios. Comentar. Más...

SOS SOMALIA

20110726165237-20110726elpepivin.gif

 

Forges na viñeta de onte no xonal El País, dalle o toque crítico e comprometido á noticia da misería humana: HAMBRUNA EN SOMALIA.

Sabedes onde está Somalia? Seguro que oiriades falar do corno de África, e tamén dos piratas que hai nas súas costas e que atacan, entre outros, aos noso barcos na zona. Sitúate: AQUÍ.

A FAO convocou para hoxe unha reunión de emerxencia. O reto imperativo da comunidade internacional é facer chegar agora a axuda inaplazable e masiva para evitar a morte por inanición de deceas de miles de persoas.

Unha pena! E todos podemos axudar! O que xa é mái discuble é que chegue aos que realmente o precisan!

De calquera xeito: SOS SOMALIA!

No hay comentarios. Comentar. Más...

ENORMES CANTIDADES DE AUGA NO UNIVERSO

20110725102915-agua-quasar.jpg

 

Dous equipos de astrónomos, ámbolos dous dirixidos por científicos do Instituto de Tecnoloxía de California (Caltech) acaban de descubrir a maior e máis afastada reserva de auga xamais atopada en todo o Universo. Está a uns 48.000 millóns de billóns de quilómetros de distancia, formando un gran anel de vapor arredor dun afastadísimo quásar (un dos obxectos máis brillantes e violentos do ceo). En total, a súa masa equivale polo menos a 140 billóns de veces a da suma de tódolos océanos terrestres e é unhas 100.000 veces superior á do propio Sol.

O quásar anfitrión de toda esa cantidade de vapor de agua está tan lonxe de nós que a súa luz tarda 12.000 millóns de anos en chegar á Terra. A que vemos agora partíu cara a nós cando o Universo tiña só 1.600 millóns de anos, menos dunha décima parte da súa idade actual.

Normalmente, un quásar obtén a súa enerxía dun gran buraco negro que se alimenta do disco de pó e gas circundante. A medida que traga materia, o cuasar libera enormes cantidades de enerxía. Os dous grupos de científicos elexiron para o seu estudo un quásar en concreto, o APM 08279+5255, no que no seu centro reposa un enorme buraco negro que é 20.000 millóns de veces máis masivo que o Sol e que produce máis enerxía que mil billóns de soles xuntos.

Os astrónomos, esperaban atopar vapor de auga no Universo pronto, da mesma forma que o atoparon xa na Via Láctea, a nosa galaxia, e en numerosas galaxias ás máis variadas distancias da nosa. O que non esperaban en absoluto é atopar dun só golpe unha cantidade tan masiva do líquido elemento. Se outros quasares se comportan de forma parecida, haberá que empezar a pensar que a auga é moito máis abundante "aí fóra" do que imaxinaramos.

As observacións do primeiro grupo comenzou a realizarse en 2008 utilizando un instrumento chamado Z-Spec no Observatorio Submilimétrico de Caltech (CSO), un telescopio de dez metros no cumio do Mauna Kea, en Hawaii.

O segundo grupo de científicos, utilizou para detectar a agua, en 2010, o Interferómetro de Plateau de Bure, nos Alpes franceses.

FONTE: ABC

No hay comentarios. Comentar. Más...

ECO-CINE

 

 

Os amantes da natureza, que non temos TV de pago, recurrimos a TVE2 para ver eses documentais tan bos. Pero non é a única alternativa, pois están as películas de cine. A destrucción da natureza e a necesidade de preservala, os desastres naturais, a vida dos pobos e a súa contorna, a extinción animal ou o perigo nuclear son algúns temas presentes en moitas desas películas.

A web Cine e medio ambiente dá un bo repaso a grandes películas sobre este tema. O seu responsable, Enrique Martínez-Salanova, sinala que o cine pode poñer en contacto ao home coa natureza e ser un militante activo na defensa do medio ambiente.

Da listaxe que a citada web propón, anímovos a ver "BARAKA" (O último paraíso). Película documental do ano 1992, do director Fricke e o productor Magidson, foi filmada en 24 países e ten unha duración de 96 minutos. Carente de palabras e cunha línea temporal fragmentada, ’"Baraka" é un filme que narra a impresionante historia da tumultuosa interacción entre a Terra e o home; evitando las palabras, excitando a vista, o oído e a imaxinación cun barrido de imaxes e sons. A música, do compositor Michael Stearns contribúen a aumentar a intensidade con que se perciben aas imágenes.

Espero que sexa interesante e non dubidedes en consultar a web citada anteriormente.

No hay comentarios. Comentar. Más...

CABAZA

20110725194554-cucurbita-pepo1.jpg

Cabaza / Imaxe:dasgrueneforum.com

Cucurbita pepo é o termo botánico do que comunmente se denomina cabaza, cabazo ou calacú, froito da planta herbácea anual rastreira chamada cabaza ou cabaceira, que pode chegar aos 10 m de lonxitude, de talos acanalados e de aspecto áspero, follas pubescentes, lobuladas e acorazoada.

A cabaza foi unha das primeiras hortalizas traídas das Américas. As súas sementes lévanse utilizando durante moito tempo na medicina popular polas súas propiedades vermífugas (para eliminar as lombrigas intestinais), grazas ao aminoácido cucurbitina, comendo simplemente as súas sementes sen cáscara.

As sementes da cabaza, ben comidas sen cáscara ou preparando un xarope das mesmas machacadas con mel, son moi útiles para o tratamento da hipertrofia prostática benigna, xa que o aminoácido cucurbitina inflúe na dihidrotestosterona, evitando o aumento da próstata. Tamén ten propiedades diuréticas, polo que facilita o vaciamento da vexiga urinaria.

As súas follas en infusión teñen propiedades antipiréticas e antidiarreicas.

En resumo a cabaza é unha amiga da próstata masculina fundamentalmente, pero con aplicacións vermífugas, diuréticas, antipiréticas e antidiarreicas.

No hay comentarios. Comentar. Más...

A NOVA LEI DE RESIDUOS E SOLOS CONTAMINADOS

20110726102919-elroto.gif

Viñeta de EL Roto, no xornal El País do pasado 26/07/2011

Hai uns día falabamos aquí do proxecto de Lei de Residuos e Solos contaminados. Pois ben o pasado día 14 de xullo foi aprobada polo Parlamento. Desta lei poderiamos citas os cinco puntos máis importantes:

1. Unha lei europea máis ambiciosa e eficaz: A nova lei transpón a Directiva europea 2008/98/CE, actualizando así a primera Lei de Residuos tras máis de dez anos de aplicación. A nova lei "configura os instrumentos necesarios para levar a cabo unha política de residuos máis ambiciosa e eficaz", segundo o Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino (MARM). Entre os seus obxectivos destacan:

  • Antes de 2015 deberá facerse unha recollida separada dos residuos (papel, plástico, vidro, metais) e fomentarase a separación en orixe dos biorresiduos.
  • Antes de 2020 a prevención deberá ser do 10% (as Administracións Públicas deberán aprobar programas e plans para conseguilo) e a reutilización e reciclaxe dos residuos domésticos e similares, dun 50%. Para os residuos de construcción e demolición, a porcentaxe elévase ao 70% en preparación para a reutilización, reciclado e valorización.

2. Posibilidade do sistema de retorno de envases: A nova Lei abre a posibilidade ao Sistema de Depósito, Devolución e Retorno (SDDR) "se se demostra que é un instrumento técnico, económico e ambientalmente viable para unha xestión máis eficaz dos residuos".

3. Adeus ás bolsas de plástico: As bolsas comerciais dun só uso de plástico non biodegradable desaparecerán de forma progresiva ata a súa prohibición en 2018. Dende 2015 deberán levar unha mensaxe sobre os seus efectos no medio ambiente.

4. Prioriza a reciclaxe en Europa: A nova Lei establece que "as administracións públicas poderán articular, con carácter temporal, mecanismos que prioricen o reciclado dentro da Unión Europea, cando se atope xustificado por razóns medioambientais".

No caso do papel e cartón é unha boa noticia, como explican dende la Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel e Cartón (Aspapel). Nos últimos cinco anos, entre 200.000 e 900.000 toneladas de papel usado recollido en España viaxaron cada ano a Asiaey, en especial, á China. Desta maneira, as fábricas recicladoras locais quédanse desabastecidas e ponse en perigo o sistema de reciclaxe e os seus postos de traballo. Ademais do impacto medioambiental do transporte, nestes países asiáticos o sistema de recollida de papel usado é aínda incipiente.

5. Inclúe a certificación forestal: Por primeira vez, a certificación forestal contémplase de forma normativa. A organización FSC España aplaude a medida para que "os envases e etiquetas cuxa materia prima procede dos bosques, como a madeira, o papel, a cortiza ou a resina natural, teñan unha orixe responsable".

FONTE: Revista Eroski Consumer. Xullo 2011

No hay comentarios. Comentar. Más...

O CEO DO MES: AGOSTO

20110725113459-perseidas2.jpg

Perseidas/ Imaxe:euroxpress.es

6 de agosto:Cuarto Crecente

13 de agosto:Lúa Chea.

21 de agosto:Cuarto Minguante.  

29 de agosto: Lúa Nova.  

 

Chuvia de meteoros: Perseidas, actividade dende o 17 de xullo ao 24 de agosto, con máximo o 13 de agosto. É unha das chuvias máis espectaculares, acadando en ocasións unha frecuencia de 400 meteoros por hora. Kappa-Cygnidas, actividade dende o 3 ao 25 de agosto, con máximo o 18 de agosto.

No hay comentarios. Comentar. Más...