Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2013.

20130329152703-parasito-sacculina-carcini.jpg
A Sacculina carcini obriga aos cangrexos a levar os seus propios ovos / Hans Hillewaert

 

A especie parasitaria  Sacculina carcini , parente próximo dos afamados percebes, converte os cangrexos en nais (forzosas) de aluguer. Cando só é unha larva, o parasito introdúcese no corpo do cangrexo, aliméntase dos nutrientes do seu sangue e pon os seus ovos. Isto significa que o cangrexo queda estéril se é unha femia, ocupándose dos ovos do parasito coma se fosen os seus. Curiosamente, se se trata dun cangrexo macho tamén asumirá o papel maternal . Cando as novas larvas desenvolvéronse o suficiente como para existir por si mesmas, o cangrexo sobe a unha rocha alta e comeza a abanearse arriba e abaixo ata expulsar as larvas, coma se fosen os seus propios fillos.

FONTE: Xornal abc/Ciencia

ESTAMOS DE VOLTA: 3º TRIMESTRE

Publicado: 02/04/2013 08:13 por vgomez en COMUNICADOS
20130401193831-volta-a-clase.jpg

 

As vacacións remataron e toca volver á rutina das clases! Enfadado

Comezamos o terceiro e último trimestre do curso que nos levará ata o día 21 de xuño, venres, día do remate oficial das clases (ESO). Na semana seguinte serán as avaliacións (profesores) e entrega das notas.

Teremos tres días de descando:1 de maio (martes-Festa do Traballo), 17 de maio (venres-Día das Letras Galegas) e o 20 de maio (luns-día non lectivo escollido polo IES).

Resumindo, 56 días lectivos, repartidos en tres meses, nos que hai que aplicarse para que os resultados sexan axeitados para pasar un bo verán.

Bo trimestre a tod@s!

20130401200647-1364751306-224630-1364751373.jpg

 

O xenial Forges, publiaba esta viñeta no xornal El País, o pasado luns, apuntando moi acertadamente, a ese posible "exame" para obter a nacionalidade española.

O Ministerio de Xustiza propón, nun borrador do anteproxecto de lei de Reforma Integral dos Registros, que os estranxeiros deberán superar un "exame oficial" que permita acreditar un grao suficiente de coñecemento do idioma español e da súa integración na sociedade española para adquirir a nacionalidade española, cuxa perda poderá ser decretada por razóns de seguridade nacional ou orde pública.

Na actualidade, o Código Civil xa establece que a concesión da nacionalidade estará condicionada, entre outras cousas, a que o solicitante acredite "boa conduta cívica e suficiente grao de integración na sociedade española".

Espero que non lle pidan coñecementos que os españois descoñecemos, na súa maioría!

FONTE: periodicolatino.com

20130330102041-golfino-alnitak.jpg

Exemplar de golfiño común / ALNITAK

A partir de finais de 2013 España aumentará de forma notable as súas áreas mariñas protexidas. Ese é o compromiso anunciado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA), que quere cumprir así co obxectivo marcado, por Europa de crear unha ampla rede comunitaria de espazos mariños protexidos. Completaríase deste xeito a chamada Rede Natura 2000, un catálogo dos espazos con máis valor biolóxico da UE que ata agora está moi desenvolvido en terra pero que non o está tanto no medio oceánico. En concreto, un 27,13% do territorio español forma parte da Rede Natura 2000. Son case 15 millóns de hectáreas, pero delas só un millón corresponden a superficie mariña, a maior parte reservas pesqueiras próximas á costa.

Para detectar cales son as zonas mariñas susceptibles de pasar a integrar ese catálogo de espazos de valor ambiental, púxose en marcha en 2009 o proxecto LIFE+ INDEMARES. A Fundación Biodiversidade coordina este proxecto no que participan nove socios: o MAGRAMA, o Instituto Español de Oceanografía (IEO), o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), ALNITAK, a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, OCEANA, a Sociedade para o Estudo dos Cetáceos no Arquipélago Canario, SEO/BirdLife e WWF España.

A finais do ano 2012 remataron todas as campañas oceanográficas de investigación centradas no estudo dos ecosistemas e grupos de fauna considerados preferentes pola UE, como son os hábitats de profundidade, os cetáceos, as tartarugas e as aves oceánicas. Agora, acaba de presentarse en Madrid o resultado destes campañas oceanográficas, nun seminario organizado pola Fundación Biodiversidade.

En total, estudáronse 3,6 millóns de hectáreas repartidas en 10 áreas mariñas que se encontran na rexión atlántica (Canón de Avilesino, Banco de Galicia, Chemineas de Cádiz) na mediterránea (Seco das Oliveiras, lsla de Alborán e conos volcánicos, Delta do Ebro-Columbretes, Canón de Creus, Canle de Menorca) e na rexión Macaronésica (Banco da Concepción e Sur de Fuerteventura).

Realizáronse   máis de 100 campañas oceanográficas, que levaron a descubrir especies novas para a ciencia e a confirmar o alto valor ecolóxico das áreas de estudo," moitas delas situadas en alta mar.

Un exemplo é o traballo levado a cabo na illa de Alborán. Só nesa zona do Estreito se identificaron 675 especies diferentes. Delas, 13 resultaron probablemente novas para a ciencia e áchanse agora mesmo en estudo para confirmalo. Outras 10 especies representan novas citas para o mar Mediterráneo e 193 cítanse por primeira vez na plataforma de Alborán.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

O ESPERTAR DUN BURATO NEGRO

Publicado: 05/04/2013 08:08 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS

 

Mentres observaban co telescopio Integral unha galaxia, astrónomos da ESA (Axencia Espacial Europea) detectaron un brillo en raios X no seu campo de visión. A súa intensidade non facía máis que aumentar, e tras unha análise, descubriron que se trataba do "espertar", e do seu correspondente "almorzo", dun burato negro tras décadas de inactividade. O burato negro devorara un obxecto de baixa masa (unha anana marrón ou un planeta xigante), un fenómeno que acontecerá pronto de forma similar, segundo estimacións, na Vía Láctea.

Encontrábase a 47 millóns de anos luz de distancia, na galaxia NGC4845. Os astrónomos seguiron a luz durante todo o ano 2011, ata o seu máximo en xaneiro de 2012, cando o brillo da galaxia se multiplicou por mil e esvaeceuse.

O intenso fulgor procedía do halo de material en torno ao burato central da galaxia. Este obxecto esnaquizaba e alimentábase doutro dunha masa entre 14 e 30 veces a de Xúpiter, un rango que se corresponde co das ananas marrons, obxectos que non poden realizar unha fusión do hidróxeno do seu núcleo, como acontece coas estrelas.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia.

20130405082020-avispa-espanola-hormigas.jpg
Kollasmosoma sentum / C. van Achterberg

 

A Kollasmosoma sentum é unha especie descuberta en Madrid e descrita o pasado ano. A avespa parasita voa a tan só un centímetro do chan en busca de formigas. En canto localiza o seu obxectivo, lánzase en picado como un bombardeiro para depositar un ovo sobre a vítima en menos de 1/20 de segundo. Cando o ovo eclosiona, a larva aliméntase da propia formiga. O animal foi incluído no «top ten» de novas especies de 2012 elaborado polo Instituto Internacional para a Exploración de Especies da Universidade Estatal de Arizona.

FONTE: Xornal abc/Ciencia.

20130405101724-baobab.jpg
Baoban Glencoe / R.S.

 

O baobab  Glencoe Baobab, en Sudáfrica, é posiblemente a árbore máis corpulenta do mundo. O seu madeiro ten un diámetro de 15,9 metros. A árbore divídese en varios madeiros preto do chan. En novembro de 2009 dividiuse en dúas partes, abrindo un oco enorme. A súa idade estimada é de 2.000 anos.

FONTE: Xornal abc/Ciencia.

20130407113357-caducidade-iogures.jpg

Caducidade dos iogures / Imaxe: segre.com


A decisión do Goberno de eliminar a data caducidade dos iogures (ata agora era de 28 días dende a súa elaboración) e substituíla por unha data de consumo preferente que establecerán libremente os fabricantes desatou reaccións a favor e en contra por parte das asociacións de consumidores e produtores. A decisión sobre o consumo recae agora no consumidor.

Que diferenza hai entre ámbalas dúas datas? A data de caducidade indica ata cando un produto é seguro para o consumo e afecta aos alimentos moi perecedoiros e con risco microbiolóxico, como carnes e peixes crus e frescos, a pastelaría ou algúns produtos lácteos (ata o pasado 29 de marzo tamén afectaba ao iogur). Unha vez que caducou, o produto non debe consumirse porque existe o risco de que estea en mal estado ou teña bacterias patóxenas. Para aproveitar os alimentos que van caducar pronto, a Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) suxire conxelalos. Iso si, ao desconxelados hai que consumilos en menos de 24 horas.

A etiqueta de consumo preferente aplícase a produtos máis duradeiros e indica a data a partir da cal o produto vai perdendo ou cambiando parte das súas propiedades organolépticas (sabor, aroma, textura, cor, etc). Non obstante, aínda que estea rancio ou cambie a súa textura ou cor, se se conservou de xeito axeitado, o seu consumo despois da data non entraña riscos para a saúde.

Esta mefida foi tomada, segundo o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA), para incorporar a lexislación europea á española e reducir a dilapidación de alimentos (a medida enmárcase nunha campaña denominada "Máis alimento, menos desperdicio" que pretende reducir á metade a comida que se tira cara a 2025).

FONTE: Xornal El Mundo/Economía

O TEMPO

Publicado: 09/04/2013 08:11 por vgomez en FRASES
20130408184637-reloj.de-.arena-.jpg

Reloxo de area / Imaxe:ecofin.es

Tempus fugit é unha expresión que aparece nun libro de poemas escrito polo poeta latino Virgilio co significado «O tempo escapa» ou «O tempo voa», invitando a non perdelo.

Imos reflexionas sobre este termo con frases propostas por personaxes moi coñecidos da historia:

A primeira foi proposta polo profeta fundador do islam Mahoma  (570-632): "Non pasedes o tempo soñando co pasado e co porvir; estade listos para vivir o momento presente".

A segunda é do físico alemán de orixe xudeo, nacionalizado despois suizo e e estadounidense Albert Einstein  (1879-1955): "Non penso nunca no futuro porque chega moi pronto".

A última é do pensador e político indio Mahatma Gandhi (1869-1948): "Un minuto que pasa é irrecuperable. Coñecendo isto, como podemos malgastar tantas horas?".



20130408113132-plesiometa.jpg

Larva da Hymenoepimecis argyraphaga adherida á Plesiometa argyra

Unha avespa de Costa Rica chamada Hymenoepimecis argyraphaga   é protagonista dun dos casos de "posesión" parasitaria máis estraños do mundo. A avespa paraliza á araña Plesiometa argyra para adherirlle un ovo no seu abdome. Cando o ovo rompe, a larva perfora a pel da araña e vive de chuparlle o sangue. Pasado un tempo, inxecta á súa anfitriona unha substancia química que a obriga a tecer unha arañeira moi diferente á que faría normalmente. A larva mata e come a araña e tece un botón na arañeira, moi forte e deseñada especificamente con ese fin. Unha semana e media máis tarde, transfórmase nunha avespa.

FONTE: Xornal abc/Ciencia.

20130410081854-jose-luis-sampedro.jpg

José Luis Sampedro / Imaxe: Xornal abc

O escritor José Luis Sampedro faleceu, o pasado luns, aos 96 anos tras deixar un legado literario, artístico e económico á humanidade. As protestas sociais que xurdiron en España en maio de 2011(15Mencumbraron a súa figura, pois escribiu o prólogo español do libro considerado como o precursor do movemento, o "Indignádevos!" de Stéphane Hessel.

Nacido en Barcelona en 1917. Era membro da Real Academia Española e obtivo o Premio Nacional das Letras.

Para coñecer a súa forma de pensar e actuar nada mellor que ler o seu "Credo persoal":

Credo persoal (Tradución ao galego)

Creo na Vida nai Todopoderosa,
creadora dos ceos e da terra.
Creo no Home, o seu avanzado fillo,
concibido en ardente evolución,
progresando a pesar dos Pilatos
e inventores de dogmas represores
para oprimir a Vida e sepultala.
Pero a Vida sempre resucita
e o Home segue en marcha cara ao mañá.
Creo nos horizontes do espírito,
que é a enerxía cósmica do mundo.
Creo na Humanidade sempre ascendente,
Creo na vida perdurable.
Amén.

Descanse en paz!

20130412165621-nebulosa-ic1295.jpg

A nebulosa IC1295 fotografada polas cámaras dos   telescopios europeos VLT, situados en Chile / ESO

A nebulosa IC1295, situada a uns 3.300 anos luz da Terra, na constelación do Escudo do hemisferio Sur celeste, foi fotografada con gran detalle por un dos catro grandes telescopio VLT (Very Large Telescope) , en Chile, e aparece na imaxe como unha rechamante burbulla verde. É o osíxeno ionizado o que brilla nesa cor, explican os astrónomos do Observatorio Europeo Austral (ESO).

As estrelas do tamaño do Sol ou maiores (ata oito veces a súa masa) rematan a súa vida como ananas brancas, cando consumiron o combustible que as fai brillar grazas ás reaccións de fusión nuclear no seu interior. Na transición á fase de anana branca, a estrela xa non suxeita a súa atmosfera e esta esténdese polo espazo circundante de maneira que, durante uns cantos miles de anos, o astro está rodeado por esta especie de burbulla gasosa que se denomina nebulosa planetaria. O gas brilla porque esta bañado pola forte radiación ultravioleta que emite a estrela moribunda e os diferentes elementos químicos presentes brillan en diferentes cores. No caso da IC1295, é dominante o osíxeno ionizado, que brilla en verde.

O Sol tamén se converterá nunha nebulosa planetaria cando remate a súa vida e a súa atmosfera expandida engulirá os planetas que ten preto, incluída a Terra. A nosa estrela ten xa uns 4.600 millóns de anos e quédanlle outros tantos, aproximadamente.

Na imaxe da IC11295, apréciase no centro da nebulosa o núcleo da vella estrela como un punto branco azulado, que acabará converténdose nunha moi débil anana branca fría dentro de moitos miles de millóns de anos.

FONTE: Xornal El país/Ciencia

CINE: "OBLIVION"

Publicado: 13/04/2013 13:33 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO

 

Esta fin de semana chega aos cines a última película do actor Tom Cruise: "Oblivion". Moita acción e espectaculares efectos especiais. Esta é a súa ficha técnica:

Título Orixinal: Oblivion

Nacionalidade: EEUU

Produtora: Universal Pictures / Radical Pictures

Ao: 2013

Xénero: Acción, Ciencia Ficción

Duración: 126 minutos

 Director: Joseph Kosinski

Guión: Joseph Kosinski, William Monahan

Música: M83

Fotografía: Claudio Miranda

Reparto: Tom Cruise, Nikolaj Coster-Waldau, Morgan Freeman, Olga Kurylenko, Melissa Leo, Andrea Riseborough, Lindsay Clift, Jaylen Moore, James Ricker II

Sinopse: Nun futuro planeta Terra espectacular que evolucionou ata ser irrecoñecible, un home enfróntase ao pasado e toma o camiño da redención mentres loita para salvar a raza humana. Jack Harper (Tom Cruise) é un dos últimos mecánicos de avións non tripulados destinados á Terra. Forma parte dunha enorme operación dirixida a extraer recursos vitais despois de décadas en guerra coa aterradora ameaza que representan os Scavs. Pero a misión de Jack toca ao seu fin. Percorre e patrulla o ceo a miles de metros de altura ata que a súa "elevada" existencia se derruba cando rescata unha preciosa descoñecida dunha nave derrubada. A súa chegada pon en marcha unha serie de acontecementos que obrigarán Jack a cuestionarse todo o que sabe e que acabarán poñendo o destino da raza humana nas súas mans.

Merece a pena vela!

20130414115711-garbage-state.png

Arquipélago de Garbage Patch / Imaxe:worldcrunch.com

Garbage Patch, o gran remuíño de lixo non biodegradable que forma un espantoso arquipélago de cinco illas de plástico nos océanos, converteuse nun Estado federal con bandeira, capital (Garbandia) e constitución, o pasado xoves 11 de abril. O recoñecemento da comunidade internacional tivo lugar no marco dunha instalación performance na Sala dos Pasos Perdidos da sede da Unesco en París.

A acción é a primeira iniciativa de Wasteland, un proxecto en proceso da artista italiana  
Maria Cristina Finucci, que se propón visibilizar un dos fenómenos de contaminación máis graves do planeta.

Estimase  que o 80% do lixo provén de zonas terrestres e o 20% de barcos do océano.

Este novo "Estado" conta xa con postal turística e coa súa propia web, que podes visitar permendo AQUÍ. Por certo, calquera poderá rexistrarse como cidadán do Garbage Patch State e recibir o pasaporte oficial.

Cando nos daremos conta do irresponsables que somos! Iniciativas coma esta deben servir para decatarnos do problema e propoñer solucións.

OS CRÁTERES XEMELGOS

Publicado: 15/04/2013 23:42 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20130413181206-crateres-xemelgos-arima-.jpg

Imaxe dos cráteres xemelgos "Arima", en Marte / ESA

Dende unha vista cenital, o aspecto dos cráteres xemelgos Arima, na rexión marciana de "Thaumasia Planum", recorda uns ollos sorprendidos. As imaxes obtidas pola sonda Mars Express da Agencia Espacial Europea (ESA) permiten coñecer como se crearon estes círculos de 50 km de diámetro escarvados na superficie de Marte, moi comúns no planeta vermello e en diversas lúas do Sistema Solar.

Os cráteres fórmanse tras o impacto dun meteorito. Cando alcanza a superficie, tanto esta coma o obxecto que a alcanza comprímense a densidades moi altas. As rexións onde impacta despresurízanse e estoupanse violentamente. Non obstante, a orixe dos buratos que aparecen no centro do cráter, que no caso dos "xemelgos" Arima son de diferente tamaño, non está totalmente claro.

Unha das teorías afirma que cando o meteorito impacta, o xeo existente na superficie derrétese é absorbido polas gretas da superficie. Os científicos consideran outra hipótese, pola cal o xeo da superficie quéntase rapidamente e evapórase nunha explosión. Así, o impacto "escarva" na terra e crea ese burato ou marca cos restos do impacto.

A diferenza de tamaño dos buratos nos cráteres xemelgos Arima, que se observa nas fotografías, acapara a maior atención dos científicos. A teoría desta disparidade pode estar na diferente cantidade de xeo de cada unha das zonas, e na velocidade en que se evaporou.

O estudo desta rexión achega máis aos investigadores ao coñecemento da superficie de Marte, e confirma a teoría de que tempo atrás houbo grandes cantidades de auga e xeo no planeta vermello.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

 

MÚSICAS DE ESPAÑA: GALICIA

Publicado: 16/04/2013 22:25 por vgomez en MÚSICA

 

A miña terra, Galicia, está chea de sons, de músicas. É moi dificil escoller, pois sería inxusto olvidar a Fuxan Os Ventos, Luar Na Lubre, Fía Na Roca, Berrogüetto, Cristina Pato, Carlos Núñez...Pero buscando algún representante da nosa música quedaría con Milladoiro.

Milladoiro naceu como grupo a finais da década dos 70 da unión da formación tradicional Faíscas do Xiabre cos músicos Antón Seoane e Rodrigo Romaní. O seu primeiro concerto foi en 1979, o 15 de maio, no Colexio Salesianos da Coruña.

Os meus alumnos, que participaban na emisora de radio escolar "Radio Papaventos" do CEIP "Manuel R. Sinde" tiveron a aoprtunidad ede entrevistalos, para a emisora, nunha actuación celebrada no San Benito, da nosa localidade.

A súa discografía é moi extensa. Como mostra, a do vídeo, o concerto celebrado no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña.

Impresionante!

 

20130413175759-yuca.jpg

Iuca de Mojave / Imaxe: Rachel Sussman

Pode parecer que esta mata está formada por moitas plantas diferentes, pero en realidade é un único exemplar. A iuca do deserto de Mojave en California (Yucca schidigera, tamén coñecida como "daga española"), clónase a si mesma ata aguantar na Terra durante 12.000 anos. Cada anel pode ter seis metros de ancho. Medra a un ritmo lento de apenas un centímetro por ano. 

A DOR E O SUFRIMENTO

Publicado: 19/04/2013 22:50 por vgomez en FRASES
20130419225033-dolor.jpg

Dor e dufrimento / Imaxe:grupopadelmochileroreflexiones.blogspot.com

Quen non sufríu ou tivo dor nalgun momento da vida? Hai algunha medida da dor ou baremo do sufrimento? Realmente o aguante da dor e do sufrimento vai relacionado coa natureza de cada persoa?

Para ferlexionar sobre este tema propóñovos as seguintes frases:

A primeira é do escritor e teólogo francés Fénelon"O sufrimento depende non tanto do que se padece canto da nosa imaxinación, que aumenta os nosos males"

A segunda é do psiquiatra Francis JBraceland: "A dor que non se desafoga con bágoas pode facer que sexan outros órganos os que choren"

A terceira é do historiador italiano Cesar Cantù (1804-1895): "A dor ten un gran poder educativo; fainos mellores, máis misericordiosos, vólvenos cara a nós mesmos e persuádenos de que esta vida non é un xogo, senón un deber"

E a última do poeta rumano Valeriu Butulescu (1953):"Debes sufrir se queres coñecer o alivio

20130420090931-trabajo-1-.jpg

 

Parece que evitar dicir nomes incómodos ou non chamalle ás cousas polo seu nome miniminiza os problemas, xa que non o identificamos con situacións do pasado. Falso!

A viñeta de Pinto&Chinto no xornal La Voz de Galicia, do pasado xoves, incide neste tema. Onde antes era EMIGRACIÓN, agora é MOBILIDADE EXTERIOR.

Que pena, volvemos ao pasado!

 


CHUVIA DE METEOROS: LÍRIDAS

Publicado: 22/04/2013 09:44 por vgomez en CURIOSIDADES
20130422094443-liridas.jpg

Líridas /Imaxe: xornal abc/ciencia

Chegou o momento de gozar dunha das chuvias de estrelas máis espectaculares do ano xunto ás Perseidas, Leónidas e Cuadrántidas. As Líridas alcanzan a súa máxima actividade esta noite.

Son meteoros de velocidade alta que radian da Lira ou Lyra, constelación da que toman o nome. O corpo proxenitor das líridas é o cometa Thatcher (C/1861 G1) de longo período.

O mellor momento para observalas é a partir das 22:00 horas, cando a constelación de Lira se levanta sobre o horizonte nordeste.

Non perdades este espactáculo!

O CICLO DA AUGA

Publicado: 24/04/2013 23:39 por vgomez en VÍDEOS

 

Para completar o tratado na clase, sobre o "Ciclo da auga", propóñovos a visíón deste vídeo, extraído do documental da BBC "A viaxe da auga".

Espero que sexa útil e clarificador!


20130425110153-eclipse-lunar.jpg

Eclipse lunar / Imaxe: xornal abc/ciencia

Hoxe, xoves 25 de abril, producirase a segunda  eclipse de Lúa máis breve do século XXI. Será parcial, así que só unha parte do noso satélite natural permanecerá na escuridade. Será visible dende España, sen necesidade de prismáticos nin telescopio e durara sobre media hora.

A súa secuencia será a seguinte:
-Primeiro contacto coa penumbra: 20:01:26. Non visible, a Lúa está baixo o horizonte.
-Primeiro contacto coa sombra: 21:50:23. Visible.
-Máximo da eclipse: 22:07:21. Visible.
-Ultimo contacto coa sombra: 22:24:19. Visible.
-Ultimo contacto coa penumbra: 00:13:16 do 26 de abril. Visible.

Non perdades este espectáculo!

20130425170712-hubble-horsehead.jpg

Nova imaxe en infravermellos da nebulosa Cabeza de Cabalo / Imaxe: NASA

 

A icónica nebulosa  Cabeza de Cabalo  apareceu nos libros de astronomía dende o seu descubrimento hai máis dun século. O seu espectacular aspecto, coma se fose un colosal cabaliño de mar nun turbulento océano de po e gas, converteuna nun dos brancos favoritos de astrónomos profesionais e afeccionados. Agora, o telescopio espacial Hubble da NASA e a Axencia Espacial Europea (ESA) fotografouna baixo unha nova luz, en infravermellos, e o resultado non pode ser máis impresionante.

Cabeza de Cabalo é escura en luz visible, pero parece ser transparente e etérea cando se lle ve en lonxitudes de onda infravermellas, xa que poden penetrar a través do material poeirento que normalmente escurece as rexións internas da nebulosa. O resultado é unha estrutura bastante etérea e de aspecto fráxil, feita de delicadas dobras de gas, moi diferente da aparencia da nebulosa en luz visible. O rico tapiz da estrutura espacial sobresae no contexto de estrelas da Vía Láctea e galaxias distantes, doadamente visibles á luz infravermella.

A nebulosa é parte da nube molecular de Orión, situada a uns 1.500 anos luz de distancia da Terra na constelación de Orión.

FONTE: Xornal abc/ciencia


A "CARA" DE MARTE

Publicado: 27/04/2013 20:01 por vgomez en CURIOSIDADES
20130427200047-cara-marte-viking.jpg

A cara ce Marte / Imaxe: NASA

Aínda que Marte é un dos obxectos celestes máis observados e estudados, e aínda que o ser humano foi capaz de colocar na súa órbita e na súa superficie un número de instrumentos, sondas e rovers nada desdeñable, o planeta segue suscitando a imaxinación e as fantasías humanas.

Unha das imaxes máis famosas foi captada pola sonda Viking 1 en 1976. Trátase da "cara de Marte", unha figura que recorda perfectamente a un rostro humano, que mide uns 3 quilómetros de longo por 1,5 de quilómetros e está situada na rexión de Cidonia.

Os amantes da ufoloxía pronto interpretaron o achado como a proba da existencia dunha civilización extraterrestre, pero a cara non é tal. Só é unha formación xeolóxica natural, un humilde montículo capaz de enganar os nosos sentidos. O cerebro tende a facernos recoñecer as formas que xa coñece.

FONTE: Xornal abc/ciencia

MOZOS INVESTIGADORES

Publicado: 28/04/2013 11:35 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20130428113444-investigacion.jpg

Investigación e desenvolvemento (I+D) / Imaxe:hl-labs.com 

Reproduzo unha carta (traducida ao galego) de Luis Ibáñez Garzaran, publicado hoxe no xornal El País, en Cartas ao Director polo seu interese, no que incide na situación da investigación no noso país e os mozo investigadores:

Celébrase o 60º aniversario do descubrimento da dobre hélice do ADN e, aínda que un o soubese, volve chamar a atención que Watson tiña 25 anos, os mesmos que Einstein cando deu coa teoría da relatividade; ou aos que Newton xa encontrara gran parte dos seus achados, ou aos que Welles fixo Cidadán Kane.

Aos 25 anos, un investigador español, independentemente do bo que sexa, no mellor dos casos e seguindo os requisitos da regulación ao pé da letra pode esperar un futuro duns 10 anos de mileurismo en suposta formación investigadora, disfrazada con distintas etiquetas institucionais de suposta ascensión a unha madureza cada vez máis tardía, na que moitos pode que teñan que cambiar de carreira.

Os watsons ou einsteins son excepcionais, pero un mercado laboral que, salvo no deporte, non dá visibilidade nin recoñece a inmensa cantidade de mozos dispostos a dar o mellor de si mesmos, é un mercado laboral enfermo.


20130428201819-alamos.jpg

O Pando / Rachel Sussman

O Pando ou "xigante tremente" é unha colonia vexetal xurdida dun único chopo tremente masculino (Populus tremuloides) que cobre aproximadamente medio quilómetro cadrado preto de Fish Lake, en Utah (EUA), e que conta cuns 47.000 talos individuais. É un só organismo, conectado por un enorme sistema de raíces baixo terra. Pesa unhas 6.600 toneladas, o que os converte no organismo máis pesado do mundo. Ten 80.000 anos de antigüidade, polo que tamén é un dos máis vellos.

FONTE: Xornal abc/ciencia

UN LIBRO PARA LER: "LOBA"

Publicado: 30/04/2013 08:14 por vgomez en OUTRAS COUSAS
20130429201828-loba-de-veronica-murguia.jpg

Hoxe presentovos un libro onde se mestura o valor e a fantasía: "LOBA". Esta obra é a gañadora do Premio Gran Angular 2013 (XXXV Edición dos Premios SM). A súa autora é Vérónica Murguía.

Verónica Murguía  (México DF, 1960) Estudou Historia na Universidade Nacional Autónomo de México. Vive e traballa como escritora, tradutora e xornalista no Distrito Federal.

Sinopse do libro: O rei Lobo goberna con man de ferro en Moriana, un país que basea a súa prosperidade na escravitude e a guerra. Angustiado por unha maldición segundo a cal xamais poderá ter un fillo varón, Lobo desatende as súas dúas fillas, en especial a Soidade, a primoxénita, que non logra o cariño do seu pai por máis que o intenta adestrándose en cazarías e combates simulados. Cando a noticia dunha ameaza terrible -un dragón- chega á corte, Soidade acepta a responsabilidade de partir aos confíns do reino para ver canto hai de verdade nos rumores. Esa busca levaraa a coñecer a amizade, o amor, a maxia e, en última instancia, a esencia de si mesma.

Interesante!

FONTE: Literatura Infantil y Juvenil SM



Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next