Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Junio de 2010.

O CEO DO MES: XUÑO 2010

Publicado: 01/06/2010 08:40 por vgomez en O CEO DO MES
20100530120304-estaciones.png

4 de xuño 2010: Cuarto Minguante.

12 de xuño de 2010: Lúa Nova.

19 de xuño de 2010: Cuarto Crecente.

21 de xuó de 2010: Inicio do verán ás 13 horas e 28 minutos.

26 de xuño: Lúa Chea. Eclipse de Lúa (non visible dende España, visible dende parte de America, Pacífico e Asía oriental).

Chuvia de meteoros: Bootidas Junio, actividade dende o 22 de xuño ao 2 de xullo. Máxima 27 de xuño.

Cometa: 7P/Pons-Winnecke. 

HERBAS MEDICINAIS: SARXA

Publicado: 02/06/2010 08:08 por vgomez en HERBAS MEDICINAIS
20100530134252-salvia.jpg

Sarxa Salvia officinalis

(En castelán salvia)

Outros nomes: Xarxa, Salva


A sarxa é unha planta arbustiva, leñosa na base, pero con anovos anuais herbáceos, erguida, moi aromática, que pode acadar os 60-70cm, moi ramificada, coas ramas estendidas e tomentosas. Follas pecioladas, opostas, ablongo-ovais ou lanceoladas, con finos dentes redondeados, verdosas pola face e abrancazado-pubescentes polo envés, sendo máis pubescentes de novas.

Flores hermafroditas e pentámeras, agrupadas (5-10) en verticilos, formando un acio simple e laxo, con brácteas oval-acuminadas. Cáliz bilabiado de 10 a 14 mm, pubescente e con punteaduras glandulares, con cinco dentes lanceolados, e con abundante nerviación reticulada entre as veas principais. Corola de ata 35mm, excedendo amplamente o cáliz, de cor branca, rosada, azul ou violeta, co labio superior case dereito e o inferior con 3 lóbulos ben definidos, sendo o do medio máis grande.

Froito en tetraquenio, 4 núculas ovoides e lisas. Florece a finais da primavera e durante o verán.

USOS

Contén aceites esenciais, flavonoides e principios amargos. Ten moitas propiedades medicinais como antisudorífica, hipoglucemiante, emenagoga, estimulante, antiespasmódica, astrinxente e antiséptica.

Durante milleiros de anos empregouse como planta culinaria e medicinal. Sábese que axuda no proceso dixestivo estimulando a secreción da bile. É particularmente útil para reducir a acumulación de gases intestinais e calmar os cólicos abdominais.  Contén tamén unhas substancias chamadas fitoesterois que teñen un efecto estroxénico e refrescante. Nas mulleres menopáusicas reduce a sudación excesiva, polo que é moi eficaz para reducir as quenturas e suores nocturnas. Diminúe ou detén o fluxo de leite, polo que non debe ser utilizada por mulleres en período de lactancia.

Tamén se pode empregar externamente. Posúe propiedades antisépticas, polo que é útil aplicar un pano mollado cunha infusión de sarxa sobre as picaduras de insectos, cortaduras e outras feridas externas. Emprégase tamén pra tratar a xenxivite e aftas bucais.

Consumida regularmente axuda a reducir os niveis de azucre no sangue en persoas diabéticas.

As partes utilizadas son as follas e sumidades floridas, coas que se preparan infusións, pílulas, tinturas, etc.

 

HUMOR: GAZA E ISRAEL

Publicado: 02/06/2010 08:58 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20100602085855-2010-06-09-vin-2010-06-02-23-08-49-imagen-davila020610bn.jpg

Estes días o tema de conversación é o problema xurdido cando unidades de elite do Exercito de Israel atacaron en aguas internacionais á "Flota da Liberdade", un grupo de seis barcos, tres deles turcos, que transportaba a máis de 750 persoas con 10.000 toneladas de axuda humanitaria a Gaza. Entre o material transportado había equipos médicos, productos de primeira necesidade e elementos para  a reconstrucción da cidade.O exército israelí recoñeceu a morte de nove activistas e 50 feridos o resto foron detidos e nestes momentos comenzas as deportación. O Consello de Seguridade da ONU decidíu onte a condea ao ataque israelí contra a flotilla humanitaria para Gaza e ordeou unha investigación independente dos feitos. E nada máis, sen condea directa a Israel, pois detrás está EEUU. O problema xurde con Turquía, país que fletou a flotilla, que está na OTAN e sentíuse agredida. En fin que teremos próximos capítulos.

Este tema está moi ben tratado na vineta de hoxe de Davila, no xornal Faro de Vigo.

BANDEIRAS AZUIS 2010

Publicado: 03/06/2010 07:42 por vgomez en ZONA VERDE
20100602135347-bandera-azul.jpg
O  xurado internacional Bandeira Azul, en 2010, concedeu  3.511 bandeiras azuis, 2.884 para praias e 627 para portos, no hemisferio norte. España con 605 bandeiras azuis, 521 de praias e 84 de portos deportivos, mantense á cabeza entre os 33 países participantes no hemisferio norte: 1 de cada sis bandeiras  do total ondearán no noso país. España recibe 34 bandeiras máis que o ano pasado.

Por comunidades autónomas, Galicia lidera a lista, con 132 bandeiras azuis (122 de praias e 10 de portos), seguida da Comunidade Valenciana, con 108, Cataluña, con 104 e  Baleares, con 94 bandeiras. Andalucía aparece no quinto lugar da clasificación, con 79 bandeiras, seguida de Canarias, con 37 distintivos e Murcia, que recibíu 17 bandera.

O noso concello contará con 2 bandeiras azuis: A praia da Area Grande e a do Muíño.

Se queres coñecer o listado completo pincha AQUÍ .

PREMIO P. ASTURIAS: INVESTIGACIÓN

Publicado: 03/06/2010 18:25 por vgomez en NOMES PROPIOS
20100603083602-300-1275519333-pieza.jpg

 David Julius, Baruch Minke e Linda Watkins / EFE

Os bioquímicos estadounidenses David Julius e Linda Watkins, e o israelí Baruch Minke, reconocidos polos estudios innovadores sobre a dor, obtiveron o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica. O xurado sinala que os galardoados "realizaron descubrimentos que en conxunto permiten unha comprensión máis profunda das bases celulares e moleculares das diferentes sensacións, en especial a da dor".

David Julius naceu en 1955 en Brighton Beach (Brooklyn, EE.UU.). En 1977 gradúase en Ciencias da Vida en el Instituto Tecnolóxico de Massachussets (MIT) y en 1984 doctoróuse en Bioquímica na Universidade de California-Berkeley. É profesor e director do Departamento de Fisioloxía da Universidade de California-San Francisco. Está considerado como o pioneiro na análise molecular dos nociceptores.

Baruch Minke naceu en Tel Aviv (Israel). É licenciado en Psicología e Bioquímica pola Universidad Hebrea de Jerusalén, en 1973 doctoróuse en Biofísica e completou a sua formación posdoctoral en Xenética e Electrofisioloxía do Sistema Visual na Purdue University (Indiana, EE.UU.). Desde 1987 é profesor e director do Departamento de Fisioloxía da Facultade de Medicina da Universidade Hebrea de Jerusalén e membro dos comités executivo e directivo desa Casa. É, tamén, director do Centro Wilhelm Kühne Minerva para o Estudio da Transducción Visual, da Sociedad Max-Planck, e asesor do Comité Israelí para a Educación Superior. Foi o primeiro en identificar "as canles TRP, compoñentes fundamentais dos sensores biolóxicos, implicados na percepción da dor", entre outras sensacións.

Linda Watkins (bioquímica e fisióloga) naceu en 1954 en Norfolk (Virginia, EE. UU. ). En 1976 graduóuse en Bioloxía ePsicoloxía na Universidade Estatal de Virginia e doctoróuse en Fisioloxía en 1980 no Colexio Médico de Virginia (EE. UU. ). É profesora do Departamento de Psicoloxía e do Centro de Neurociencia da Universidade de Colorado-Boulder. Descubríu un nuevo axente da dor, as células nerviosas non neuronais, denominadas células gliales, claves nos estados da dor patolóxico e nos que se producen despois dunha lesión nerviosa.

O premio está dotado con 50.000 euros  e a reproducción dunha estatuilla deseñada por Joan Miró.

Felicidades!

 

CINE: LOL

Publicado: 04/06/2010 09:11 por vgomez en OUTRAS COUSAS
20100603135301-lol1.jpg

A Asociación Érguete Baixo Miño en colaboración co Concello de A Guarda e a Consellería de Traballo e Benestar, Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado,  está a celebrar un Ciclo de Cine e Saúde dirixido á mocidade da comarca do Baixo Miño.

Este domingo, 6 de xuño, ás 5 da tarde e no Centro Cultural proxectarase a película "LOL" (2008) da directora Lisa Azuelos. A entrada é de balde.

Estás invitad@!

 

 

RECTA FINAL

Publicado: 06/06/2010 10:45 por vgomez en COMUNICADOS
20100603115221-examenes.jpg

Iniciado o mes de xuño, ao curso pouco lle queda: o día 23, mércores, rematan as clases. Ese mesmo día comenzas as avaliacións (3ª e Ordinaria de Xuño). No que afecta a 1º e 2º serán 1ºA/B/C e D o xoves 24 pola máña, o mesmo que 2ºA. O resto dos 2º /B/C) serán pola tarde.

A entrega de notas será o venres 25 ás 11 horas.

Poñede os medios, neste días que quedan con tantos exames, para que os resultados sexan os mellores.

Sorte a to@s!

20100607195347-nueva-imagen3.jpg

Foto gañadora (Álvaro Portela Pereira)

Onte, 7 de xuño, á 12 horas, celebrouse o acto de entrega dos premios de fotografía do III Concurso de Fotografía A21EG. Os gañadores foron:

1º Premio: Álvaro Portela Pereira (Alumno de 2º de Bacharelato)

2º Premio: Esther Silva Rodríguez (Alumna de 2º de Bacharelato)

3º Premio: Ricardo Silva Rodríguez (Pai dunha alumna)

Felicidades a todos!

CINE: THE COVE

Publicado: 10/06/2010 11:49 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO


O proximo venres, 11 de xuño, estréase a película-documental "THE COVE", que amosa a matanza de máis de 23.000 golfiños nunha cala de Taiji, Wakayama (Xapón).

Película do 2009, do director Louie Psihoyos, ten o seguinte argumento: Os golfiños son uns dos animais máis intelixentes e unha das especies máis admirada en todo o mundo. Sen embargo, nun pequeno pobo da costa xapones, que aparentemente se caracteriza pola súa devoción a estes animais, esconde un gran secredo. Un grupo de activistas liderado polo coñecido adestrador de golfiños Ricard O’Barry, embárcase nunha perigosa misión encuberta para revelar ao mundo o que acontece neste lugar, desenvolvendo un dos documentais máis impactantes dos últimos anos.
Merece a pena vela!

FÚTBOL

Publicado: 11/06/2010 11:02 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20100611104930-20100611elpepivin-1.jpg.gif

Tal como amosa a viñeta de FORGES, do siario El País de hoxe, o fútbol e máis concertamente o Mundial de Sudáfrica 2010 irrumpe nas nosas casas, podendo deixar, polo menos temporalmente, a un lado a grave situación económica e política que vive o noso país. A receta xa é vella pois en tempos da dictadura tamén poñían touros e fútbol para a mesma fin.

Por certo, o país organizador Repúbica de Sudáfrica  ten moitos problemas de orde, polo que pode pasar calquera cousa, tanto nas instalacións deportivas como nos hoteis. 

Para os maís afeccionados aquí tedes a WEB FIFA , na que tedes toda a información sobre o mundial.

E por último: que gañe España! 

WAKA WAKA

Publicado: 12/06/2010 09:24 por vgomez en MÚSICA

 

Centos de persoas bailaron ao ritmo do Waka Waka e as cadeiras de Shakira puxéronlle o broche de ouro ao multitudinario concerto co que deu comenzo o Mundial de Sudáfrica de Fútbol.

O tema aquí está e podes ter a túa opinión sobre o mesmo, despois de escoitalo.

ATRAPAMOSCAS

Publicado: 15/06/2010 17:31 por vgomez en CURIOSIDADES

 

Estes días no corredor dos laboratorios, temos unha esposición de dúas atrapamoscas ( Dionaea  muscipula), unha delas con floración.

A verdade é que esta planta carnívora orixinaria de Carolina do Norte e do Sur (EEUU) adáptase moi ben ao noso clima polo alto grao de humidade. No vídeo que tedes diante podedes ver a "actuación" maxistral desta planta.

A súa clasificación sería:

Reino: Plantae

División: Magnoliophyta

Clase: Magnoliopsida

Orde: Caryophyllales

Familia: Droseraceae

Xénero: Dionaea

Especie: Dionaea muscipula

Por certo en Galicia tamén temos algunhas plantas carnívoras como Drosera rotundifolia  e  Drosera intermedia, que se poden atopar en brañas e lugares húmidos e  de augas acedas.

VUVUCELA

Publicado: 16/06/2010 08:16 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20100616081607-2010-06-22-vin-2010-06-15-01-18-31-hudavila2.jpg

Unha vuvuzela (que en idioma zulú significa "facer ruído") é unha especie de trompeta larga utilizada polos afeccionados para animar aos seus equipos, característica no fútbol surafricano. Está normalente feita de plástico e ten un son similar ao barritar dun elefante ou o zuñido dunha abella.

Precisamente no mundial está a cuasar molestias aos xogadores e por eso na viñeta de onte de Davila do xornal Faro de Vigo, plasma un son forte para anunciarlle, por parte dos sindicatos, a folga xeral convocada para o 29 de setembro contra o Goberno.

Darase por enterado o Presidente?

HAYABUSA

Publicado: 17/06/2010 10:59 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20100617104736-capsula-sonda-hayabusa.jpg

Cápsula Hayabusa tras caer no desierto australiano de Woomera / JAXA

A Axencia de Exploración Aeroespacial(JAXA) fixo público esta semana a recuperación, sen danos, no deserto australiano de Woomera, da capsula da sonda Hayabusa (Falcón Peregrino),de 17 quilogramos de peso, que regresou á Terra tras unha viaxe de sete anos ata o asteroide Itokawa e volta. 

Este asteroide, 25143, foi descuberto no ano 1998 polo telescopio LINEAR.

Hayabusa realizou observacións científicas durante dous meses sobre a composición mineral, altitude e reflexo da luz solar en Itokawa, ata que en novembro de 2005 pousóuse sobre o asteroide, onde permaneceu unha media hora. O po que se espera que conteña a cápsula pode axudar a respostar a interrogantes sobre a formación dos planetas hai máis de 4.500 millóns de anos.

Esta misión que agora remata escomenzara alá polo mes de maio de 2003, e por problemas técnicos demorouse o seu retorno.

XENOMA: O MAPA DA VIDA

Publicado: 18/06/2010 09:55 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20100618095501-cromosoma1.jpg

O 26 de xuño de 2000, Craig Venter e Francis Collins anunciaban o logro científico que marcou moitas pautas de investigación na última década: o primeiro borrador do xenoma humano.

A secuenciación do ADN é un fito científico que moitos pensaron cque ambiaría a Bioloxía e a Medicina tal e como se coñecían. Sen embargo, no que  á práctica clínica se refire, eses resultados van tardar en chegar.

Sobre este facinante tema tes aquí toda a información:

Que é o ADN? E un xenoma? Queres as respostas, pois preme AQUÍ.

Que aportou a secuenciación do xenoma? Queres a resposta, pois preme AQUÍ.

Cal foi a historia ata chegar a ese 26 de xuño? A resposta AQUÍ.

FONTE:El Mundo.es

O QUIOSCO

Publicado: 19/06/2010 09:08 por vgomez en OUTRAS COUSAS
20100617180021-revistas.gif

Un  quiosco, segundo o diccionario da Real Academia Galega é unha pequena contrucción instalada ao aire libre para a venda de periódicos, revistas, caramelos, etc.

A internet proporcionanos un verdadeiro quiosco (no referente a revistas, xornais, comics) e sen gastar cartos. Seguramente gústanche máis as revistas: motor, xogos, música, corazón...

Pois agora tes a oportunidade de lelas sen pagar nada. Si, dixen ben, e non só as de España, senón as de toda Europa.

Paréceche interesante? Pois so tes que pinchar AQUÍ. De calquera xeito terás sempre a opción en ENLACES: O QUIOSCO.

CAMUFLAXE

Publicado: 20/06/2010 11:20 por vgomez en CURIOSIDADES
20100620110837-camuflaxe.jpg

Saltón camuflado no medio / Pxleyes.com

A camuflaxe sempre foi o modo de engano no que os animais buscan parecer inanimados e non comestibles, para evitar ser detectados por depredadores e presas. No caso da fotografía , supoño que o atopastes, aparece un saltón camuflado , co mesma cor, nun medio pedregoso.

A fotografía é unha ferramenta marabillosa para plasmar esta técnica. Hoxe tedes a posibilidade de ver as 50 mellores fotografías de camuflaxe animal, con só pinchar AQUÍ.

Que disfrutedes!

JOSÉ SARAMAGO

Publicado: 20/06/2010 13:03 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20100620130301-20100620elpepivin-1a.gif

O pasado venres morreu José Saramago aos 87 anos. Este escritor portugués, afincado en España, foi Premio Nobel de literatura no ano 1998. Hoxe será incinerado. Coa súa morte vaise o home das palabras.

O xenial Foges, adícalle a súa viñeta de hoxe no xornal El País.

Que descanse en paz!

COMENZO DO VERÁN

Publicado: 21/06/2010 08:05 por vgomez en COMUNICADOS
20100619100335-fe397377e62.jpg

Hoxe luns, 21 de xuño, ás 13:28 hora galega, comenza o verán no hemisferio Norte. Durará 93 días e 15 horas. O outono iniciarase o día 23 de setembro ás 05:09.

Refrente ao tempo a última actualización do modelo a longo prazo do Centro Europeo de Pronóstico ECMWF, indica que , para os meses de xullo, agosto e setembro, prevese un ascenso nos valores térmicos medios.

Bo verán para tod@s!

LIMPEZA NA CASA: ECOLÓXICA E BARATA

Publicado: 22/06/2010 10:12 por vgomez en ZONA VERDE
20100620115440-art.-limpieza.gif

Desinfectantes, branqueadores, ambientadores... A despensa dos consumidores está chea de gran cantidade de productos do fogar industriais. Parecen imprescindibles, pero hai alternativas ecolóxicas, sinxelas e baratas, sen os efectos negativos para o medio ambiente e a saude dun uso excesivo de productos químicos. Auga, vinagre, papel de periódico, limón, xabón natural, ou incluso ketchup, son algúns dos ingredientes básicos da ecolimpeza caseira.

Que che parece a proposta? INTERESANTE! Pois as alternativas e os casos prácticos telos quí, nun artigo que publica a revista CONSUMER EROSKI.

Espero que sexán útiles para tod@s e para o medio ambiente tamén.

ÚLTIMO DÍA DE CLASE

Publicado: 23/06/2010 16:14 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20100623161358-p1020821p2.jpg

Hoxe, 23 de xuño, rematamos as clases. Por fin! E celebrámolo dunha forma distintinta, mesturando contidos e diversión. Estivemos na praia da Lamiña-Armona toda a mañá facendo actividades de E. Física e Ciencias da Natureza, sen olvidarnos de divertirnos: tonar o sol, descansar e baño.

O alumnado de 1º ESO, acompañados de Pepe, Paco, Arsenio, Amalio e o que escribe, puxemos deste xeito punto e final ao curso 2009-2010.

Agora a esperar ao venres para ver ...SorprendidoLloraTodo bien as NOTAS!!!

Boa sorte a to@s!


CINE: UN SOÑO POSIBLE

Publicado: 23/06/2010 18:19 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO

Esta fin de semana chegou ás pantaias dos cines unha gran película:The Blind Side (Un soño posible), aínda que máis correctamente sería "o angulo morto". A súa ficha sería:

Título V.O.: The blind side
Ano de producción: 2009
Distribuidora: Warner Bros
Xénero: Drama
Clasificación: Todos os públicos
Estreo: 18 de xuño de 2010
Director: John Lee Hancock
Guión: John Lee Hancock
Música: Carter Burwell
Fotografía: Alar Kivilo
Intérpretes: Sandra Bullock (Leigh Anne Tuohy), Kathy Bates (Miss Sue), Kim Dickens (Sra. Boswell), Ray McKinnon (Burt Cotton), Tim McGraw (Sean), Quinton Aaron (Michael Oher), Lily Collins (Collins Tuohy)

Por certo, por esta pelícua, Sandra Bullock, obtivo o Oscar a Mellor actriz no ano 2009.

Conta a historia real dun adolescente negro de infancia durísima e físico impoñente que é recollido e adoptado por una familia republicana e cristiá. Grazas ao empeño e a tenacidade da súa nai, o rapaz consigue superar a súa timidez e limitacións iniciais para convertirse nuha prometedora estrela do fútbol universitario norteamericano.

Drama amable e emocionante que non cae demasiado en fáciles sentimentalismos. É unha desas películas, basadas en feitos reais que conseguen  enganchar ao espectador.

Merece a pena vela!

ENTREGA DE NOTAS E PRAZOS DE MATRÍCULA

Publicado: 24/06/2010 10:29 por vgomez en COMUNICADOS
20100623181608-aviso.gif

ENTREGA DE NOTAS

O próximo venres, 25 de xuño ás 11 horas, entregaranse as notas da convocatoria e xuño do curso 2009-20010.

Sería bo que recollerades os impresos de matrícula en Conserxería os alumn@s que aprobastes en xuño.

 

PRAZOS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 20010/2011

con todo aprobado en xuño

1º ESO : 28 e 29 de xuño. Documentación:Impreso matrícula, 2 fotos (co nome e apelidos reverso), fotocopia DNI (en caso de non telo fotocopia libro de familia), impreso de transporte subvencionado con 2 fotos (co nome e apelidos no reverso).

2º ESO: 30 xuño e 1 de xullo. Documentación:Impreso matrícula, 2 fotos (co nome e apelidos reverso), fotocopia DNI (en caso de non telo fotocopia libro de familia), impreso de transporte subvencionado con 2 fotos (co nome e apelidos no reverso).

3º ESO: 2 e 5 de xullo. Documentación:Impreso matrícula, 2 fotos (co nome e apelidos reverso), fotocopia DNI, impreso de transporte subvencionado con 2 fotos (co nome e apelidos no reverso), recibo do abono do seguro escolar (1,12 €) en Caixanova na conta do Centro (facendo constar nome do alumno e curso en que se matricula), impreso  (TA-1) de solicitude de asignación do nº de afiliación á Seguridade Social (NUSS). 

4º ESO: 6 e 7 e xullo. Documentación:Impreso matrícula, 2 fotos (co nome e apelidos reverso), fotocopia DNI, impreso de transporte subvencionado con 2 fotos (co nome e apelidos no reverso), recibo do abono do seguro escolar (1,12 €) en Caixanova na conta do Centro (facendo constar nome do alumno e curso en que se matricula).

1º Bacharelato (diurno e nocturno): 8 de xullo. Documentación:Impreso matrícula, 2 fotos (co nome e apelidos reverso), fotocopia DNI, recibo do abono do seguro escolar (1,12 €) en Caixanova na conta do Centro (facendo constar nome do alumno e curso en que se matricula).

2º Bacharelato (diurno e nocturno): 9 de xullo. Documentación:Impreso matrícula, 2 fotos (co nome e apelidos reverso), fotocopia DNI (en caso de non telo fotocopia libro de familia), recibo do abono do seguro escolar (1,12 €) en Caixanova na conta do Centro (facendo constar nome do alumno e curso en que se matricula).

2º Curso de Ciclos Formativos : 9 de xullo. Documentación:Impreso matrícula, 2 fotos (co nome e apelidos reverso), fotocopia DNI, recibo do abono do seguro escolar (1,12 €) en Caixanova na conta do Centro (facendo constar nome do alumno e curso en que se matricula).

ESA (Graduado ESO Adultos): 12 de xullo. Documentación:Impreso matrícula, 2 fotos (co nome e apelidos reverso), fotocopia DNI, recibo do abono do seguro escolar (1,12 €) en Caixanova na conta do Centro (facendo constar nome do alumno e curso en que se matricula),.

Sempre en horario de 9 a 13 horas.

Para máis información Secretaria do Centro ou non 986609015.

BOAS VACACIÓNS

Publicado: 28/06/2010 10:42 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20100628104252-vacacioneshamaca.gif

Chegou o momento: VACACIÓNS! Todo bien

Seguramente tod@s disfrutaremos duns días de descanso, incluso sen saír de A Guarda. Se o curso non foi todo o bo que pensabades, non vos preocupedes, hai tempo para todo. O que é preciso é organizarse.

Eu aínda seguirei traballando ata os primeiros días de xullo, pero xa dun xeito máis relaxado. De calquera xeito continuarei publicando artigos, eso si, sen a mesma intensidade que durante o curso.

O dito, boas vacacións a tod@s!

XUBI

Publicado: 28/06/2010 12:42 por vgomez en CAMIÑO DE SANTIAGO
20100628123315-imagen-portada-esp.jpg

Xubi é o nome da mascota do Camiño de Santiago neste Ano Xacobeo 2010.

Persoaxe azul e verde que simboliza a cabaza e o bastón do peregrino, ataviado cunha zapatillas brancas e vermellas, é a nova mascota relixiosa deste ano Xacobeo e, por extensión, do Camino de Santiago.

O ideólogo da figura é Alberte Permuy (Barallobre-A Coruña, 1955). Deseñador que conta con máis de 25 anos de experiencia no mundo do deseño gráfico.

VACACIÓNS PEREGRINAS

Publicado: 29/06/2010 09:10 por vgomez en CAMIÑO DE SANTIAGO
20100628122724-e-web-religionenlibertad.com-html-imagenes-fotosdeldia-6371-xubi-.jpg

Xubi, mascota do Xacobeo 2010

Este ano é ANO XACOBEO, o que implica que moitos tedes en mente, se xa non o fixestes, realizar o Camiño de Santiago completo ou polo menos as últimas etapas.

É un opción: VACACIÓNS PEREGRINAS. Seguro que quedaredes fascinados polo camiño, a súa xente, os lugares, os compañeir@s... É unha opción moi recomendable. Alá polo mes de maio, na ponte das Letras Galegas, viaxei ata Bilbao. Polo camiño, vin ringleiras de peregrinos, que xa dende moi cedo seguían o itinerario á Compostela.

Pero facer o camiño leva consigo: documentarse antes de saír da casa, realizar un adestramento físico axeitado, cargar o indispensable e alimentarse ben durante a peregrinación. Para axudarche a facer esta preparación previa pincha en Consellos para facer o Camiño de Santiago  que publicou a Revista Consumer.

Espero que che resulte útil, e Boa Viaxe!

EXAMES DE SETEMBRO 2010

Publicado: 30/06/2010 08:42 por vgomez en COMUNICADOS
20100630084417-examenes2.jpg

As datas dos exames da convocatoria extraordinaria de setembro 2010 para as materias de Ciencias da Natureza e Bioloxía-Xeoloxía son:

1 de setembro ás 9:00- Alumn@s con CCNN pendentes de 1º ESO (Aula 16), con CCNN pendentes de 2º ESO (Aula 4) e  pendentes con Bioloxía-Xeoloxía de 3º ESO (Aula 5).

2 de setembro ás 9:00- Alum@s suspensos en CCNN en xuño de 1º ESO (Salón de Actos), con CCNN suspensas en xuño de 2º ESO (Aula 3), con Bioloxía-Xeoloxía suspensas en xuño de 3º ESO (Aula 5) e con Ámbito CT (Aula11).

Para o resto das materias deberedes de consultar os taboleiros de anuncios ou cristaleiras no IES, que en resumo serán do seguinte xeito:

1 de setembro (entre as 9 e as 22 horas): Exames de pendentes de cursos anteriores e exames de 2º bacharelato e ESA.

2 de setembro (entre as 9 e as 22 horas): Exames de materias suspensas en xuño de 1º, 2º, 3º e 4º ESO, 1º e 2º de Bacharelato e ESA.

3 de setembro (entre as 9 e as 20:30 horas): Exames de materias suspensas en xuño de 1º, 2º, 3º e 4º ESO, e 1º de Bacharelato.



Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next