Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Agosto de 2011.

COXOPLECTOPERA

Publicado: 03/08/2011 19:56 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20110720092954-1311010398-0.jpg

Exemplar fosilizado do "Coxoplectopetera" adulto / Museo Historia Natural Stuttgart

Un equipo científico do Museo de Historia Natural de Stuttgart (Alemaña) descubríu un orde de insectos do Cretácico, que vivíu en Sudamérica, pero que non se coñecía atata agora e que, segundo aseguran, podería cambiar o que ata agora se coñece da evolución destes animais.

As ordes constitúen unha das grandes categorías de clasificación das especies, que separa a bolboretas, escaravellos, mosquitos.... e agora a os "Coxoplectoptera", como foron bautizados, pola súa longa lingua, polos seus descubridores, Arnold H. Staniczek e Günter Bechly, ámbolos dous expertos nos insectos que publican este novo orde na revista "Insect Systematics and Evolution".

Os científicos analizan nese artígo fósiles que se atoparon en finos sedimentos de Brasil de hai uns 120 millóns de anos unhas larvas e exemplares con ás que estaban moi bien conservados. Poderían ser parentes de especies que posteriormente extinguíronse, polo que hoxe non terían descendentes.

Aínda que parécense aos insectos chamados "efímeras", non son iguais, nin na súa anatomía nin na súa forma de vida.

Un dos grandes enigmas dos científicos foi buscar explicación á evolución das ás dos insectos. Durante moito tempo aceptóuse que se desenvolveron cara  a fóra dos primeiros segmentos do peito. Outra hipótese fala de xenes que se atopan nas patas e que participarían do control desa evolución. Agora, as larvas de Coxoplectoptera aportan nova e interesante información sobre como tivo lugar esa evolución na que ambas teorías atoparían o seu lugar. Os investigadores suxiren que patas e ás tivieron a mesma orixe evolutiva.

TRABALLO DOS CIRUXANOS ORTOPÉDICOS

Publicado: 04/08/2011 08:27 por vgomez en CURIOSIDADES

 

Aínda que a nosa estructura ósea é moi grande, algunhas veces non é capaz de aguantar e rompe. Nese momento os médicos especialistas, os ciruxanos ortopédicos actúan dunha forma asombrosa. Esta animación médica pretende dar a coñecer o seu traballo.

Vídeo da Asociación 2009 Americana de Ciruxanos Ortopédicos nas Vegas EEUU).

4º ANIVERSARIO

Publicado: 05/08/2011 10:01 por vgomez en OUTRAS COUSAS
20110719120229-4-aniversario.jpg

Unha vela por cada ano / Imaxe:arteyfotografia.com.ar

Cumpre este blog 4 anos de vida. Comenzou alá polo 5 de agosto de 2007 e dende aquela pasaron moitas cousas que se resumen nos seguintes datos:

Visitas ata hoxe:56.615

Visitas no último ano: 35.869                        

Promedio mensual: 2.989 visistas/mes

Nº artigos publicados no último ano: 327

Promedio mensual: 27 artigos/mes

Visitas ata agosto de 2010: 20.746

Visitas ata agosto de 2009: 13.780  

Visitas ata agosto de 2008:   5.588  

A todos moitas grazas, pois sen vós esto non tería ningún sentido. Seguirei traballando sempre que estedes detrás.

Grazas!

20110805133149-cartel-a-orixe-do-planeta-dos-simios.jpg

 

Esta fin de semana estréase a película: A orixe do planeta dos simios (Rise of the Planet of the Apes). Esta é a súa ficha:

Director: Rupert Wyatt
Intérpretes: James Franco, Andy Serkis, Freida Pinto, Brian Cox, John Lithgow

Nacionalidade: EE.UU.

Duración: 110 min

Xénero: Ciencia-Ficción

Argumento: Un científico (James Franco) traballa na cura do Alzheimer que está sendo probada en monos. Unha de estas criaturas é Caesar (Andy Serkis), evolucionando a súa intelixencia de forma rápida e ao que o protagonista da historia leva ao seu fogar para protexelo da crueldade dalgúns dos seus colegas. Precuela da xa coñecida "O planeta dos simios" de 1968.
20110804114729-1312391625-0.jpg

Simulación da colisión entre as dúas lúas terrestres / Nature

A cara oculta da Lúa e a visible amosan notables diferencias. A primeira é montañosa, mentras que na segunda domina o terreo baixo e chan; tampouco as rochas son idénticas. Os científicos discutiron esta asimetría durante moito tempo propoñendo diferentes procesos internos ou externos que puderan provocala, pero a cuestión non está nin moito menos zanxada. As montañas, terras altas, da cara oculta da Lúa poderían ser os restos duanha gran colisión entre ela e outro satélite terrestre máis pequeno, que acabou por desaparecer. Esta é a conclusión do traballo de dous científicos da Universidade de California que esta semana se publica a revista "Nature".

Os investigadores parten da teoría que defende que un obxecto do tamaño de Marte chocou coa Terra nas orixes do Sistema Solar, o que fixo que saíran despedidos pedazos de masa que acabaron por configurar a Lúa. No seu traballo, Erik Asphaug e Martin Jutzi sinalan que entón tamén se formou outro obxecto, que nos inicios compartíu a órbita da Lúa, pero que acabou colisionando con ela.

No seu traballo, e grazas a simulacións realizadas por ordenador, recrearon como pudo ser o impacto entre a Lúa e unha compañeira que tiña 30 veces menos masa. Observaron que a baixa velocidade, dado que non estaba moi lonxe, o impacto non pudo xerar un cráter nin fusionar a materia, quedando amontoada na rexión afectada ata formar unha grosa capa de codia, de varios quilómetros de profundidade.

Pero outras hipóteses, tamén publicadas en revistas de prestixio, atopan outras explicacións, como que as montañas creáronas as forzas das mareas ou que a diferente composición débese a estraños volcáns.

FONTE: El Mundo e El País


JUNO

Publicado: 07/08/2011 08:53 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20110806132044-lanzamiento-nave-juno2.jpg

Despegue do foguete Atlas V na base espacial de cabo Cañaveral (Florida) coa nave Juno que se dirixe a Xúpiter / NASA

A nave interplanetaria Juno partíu ás 18:25 do pasado venres (hora peninsular española) con destino a Xúpiter, comenzando así unha longa viaxe de cinco anos nos que recorrerá 2.800 millóns de quilómetros para chegar ao planeta xigante. O lanzamento, nun foguete Atlas V, realizouse dende a base espacial de cabo Cañaveral (Florida, EEUU) con tres cuartos de hora de retraso debido a un problema rexistrado no último momento na segunda etapa do foguete.

Juno  é unha nave automática de tres toneladas e media, de 3,5 metros de alto e 3,5 de diámetro, sendo deseñada no Jet Propulsión Laboratory (California), o centro por excelencia da exploración espacial interplanetaria en EE UU. É a nave espacial máis veloz da historia, sendo capaz de acadar os 270.000 quilómetros por hora.

Esta sonda automática da NASA debe colocarse na órbita polar de Xúpiter o 4 de xullo de 2016. Alí, e durante un ano, cos oito instrumentos científicos que leva, estudará o campo gravitatorio do planeta, a súa estructura interna, o campo magnético, as auroras e a dinámica e composición química das nubes. Só unha nave espacial ata agora estivo na órbita xupiteriana, a  Galileo, tamén da NASA, que funcionou dende 1995 ata 2003.

Tralo lanzamento e o o desplegue dos seus tres grandes paneis solares, a Juno debe prepararse para a denominada fase de cruceiro, que consta de varias etapas. Na súa traxectoria a nave dará unha volta e media ao Sol. En outubro de 2013, cando teña recorrido xa 1.600 millóns de quilómetros, achegarase de novo á Terra para tomar o impulso gravitatorio que necesita para chegar ata Xúpiter.

Juno será a primera nave espacial que poderá ver en detalle os polos do planeta xigante. Estará nunha órbita de traballo moi elíptica que completará cada once días e cando teña cumplido 33 órbitas, terá sobrevoado todo o planeta; tendo transcurrido entón o ano de traballo previsto. Entón tomará unha traxectoria de impacto contra as capas altas de nubes do planeta para destruírse.

FONTE: El Mundo.


ERUPCIÓN DO ETNA

Publicado: 08/08/2011 10:02 por vgomez en OUTRAS COUSAS
20110807090522-1312649961-0.jpg

O Etna en erupción / Reuters

O volcán Etna, a montaña máis alta de Italia ao sur da cordillera dos Alpes con 3.322 metros de altura, localizado en Sicilia, entrou na madrugada do sábado en erupción por segunda vez na última semana, deixando imaxes de grandes ríos de lava pola ladeira do Val del Bove, unha zona desértica.

A expulsión de lava veu acompañada por unha nube de cinsas que cubríu as poboacións cercanas e obligou a pechar o aeroporto siciliano de Catania varias horas, sendo cancelados cinco voos.

No que vai de ano, este volcán de 45 quilómetros de diámetro, que se infla e desinfla pola presión do seu magma interno, xa entrou en erupción en nove ocasións.

FONTE: El Mundo


LECTURA NO VERÁN

Publicado: 09/08/2011 07:48 por vgomez en OUTRAS COUSAS

 

Para o que queda de verán temos unha boa proposta do blog da biblioteca do noso IES: BIBLIOTEGRA DO MIÑO, que é a lectura. Esta é a súa presentación e o contido no vídeo adxunto:

Que facer este verán? Podemos viaxar a Venecia con Marcos Calveiro en Settecento, ou polo mediterráneo con Ulises, aprender a dicir quérote de 97 formas diferentes, observar a Lúa do Senegal, descubrir o noso Futuro imperfecto... 

Boa Viaxe!

FONTE: www.bibliotegra.blogspot.com

O GALEGO E A MOCIDADE

Publicado: 09/08/2011 09:17 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20110808115126-en-galego.jpg

Lema galego de Paula /Imaxe:aaactoresdehollywood.blogspot.com

O 38,6% da mocidade de Galicia de entre 15 e 29 anos afirma utilizar a lingua galega, segundo se desprende do informe Xuventude Galega 2010, que vén de presentar a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar. Este dato supón un aumento de case 6 puntos porcentuais na utilización do galego respecto dos usos lingüísticos recollidos nun estudo semellante elaborado en 2007.

No que respecta ao castelán, o seu uso sitúase nun 59,9%, 5,4 puntos menos que no informe elaborado hai catro anos. Así mesmo, o estudo indica que un 0,2 emprega outras linguas, mentres que unha porcentaxe do 1,3 non achegou información.

O informe Xuventude Galega 2010 baséase nun estudo realizado pola Universidade de Santiago de Compostela a partir de 1.200 enquisas presenciais a mozos e a mozas de entre 15 e 29 anos. Este traballo sociolóxico, que se enmarca no plan Xuventude 2013, unha estratexia para a mocidade galega, inclúe unha pregunta relativa á lingua empregada habitualmente en once situacións diferentes da vida cotiá, centradas nas relación cos máis próximos, en diferentes ámbitos sociais, en actividades funcionais diarias tanto orais como escritas e mais en intercambios orais espontáneos.

Atendendo a estes parámetros e segundo se desprende dos datos obtidos das enquisas, os temas ou situacións máis favorables para o uso do galego son os vinculados coa relación cos máis próximos. Pola contra, o seu uso redúcese nos que se vinculan cos usos escritos da lingua e nos contactos con descoñecidos.

Usos lingüísticos da xuventude por ámbitos

Este uso favorable do galego no ámbito familiar por parte do grupo de idade de 15 a 29 anos tamén se constata na Enquisa de condicións de vida das familias galegas 2008 (ECVFG-2008). O estudo realizado polo Instituto de Estatística de Galicia (IGE), que inclúe preguntas sobre lingua inicial e habitual, usos lingüísticos, coñecemento das linguas, dinámicas de mantemento e cambio de idioma etc., indica que utiliza sempre o galego ou máis galego ca castelán o 43% dos mozos e mozas dese grupo de idade.

No que respecta ao ámbito laboral, cos compañeiros/as de traballo, co persoal ao cargo, cos superiores e cos clientes, en Galicia utiliza sempre o galego ou máis galego ca castelán o 45,5% da mocidade. Mentres, no ámbito social, o 40,5% dos mozos e das mozas utiliza maioritariamente o galego cos amigos/as, comerciantes, médicos/as, profesorado dos fillos/as, persoal da administración e persoal bancario.

Estas porcentaxes que se desprenden da ECVFG-2008 para o sector da mocidade non acadan, con todo, os valores da media da poboación galega, xa que nos ámbitos mencionados –o familiar, o laboral e o social– os usos lingüísticos galegófonos en xeral se sitúan no 51,8%, no 48,4% e no 50,7%, respectivamente.

Por riba da media nas novas tecnoloxías

Cómpre indicar, no entanto, que os mozos e mozas utilizan máis o galego no ámbito das novas tecnoloxías en comparación coa media da poboación galega. Segundo os datos sociolingüísticos que se desprenden da enquisa do IGE de 2008, no tocante á lingua de preferencia para redactar mensaxes de móbil ou correos electrónicos, utiliza maioritariamente o galego o 24,7% dos menores de 29 anos, 3 puntos porcentuais máis que a media de Galicia, que se sitúa no 21,7%.

Así mesmo, no tocante á preferencia de idioma para navegar por internet, vólvese detectar unha tendencia semellante: o 17,3% da xuventude emprega sempre ou preferentemente o galego, mentres que esta é a opción do 16,9% da poboación.

A mocidade, un sector social prioritario para a dinamización lingüística

O galego é a lingua de maior uso social en Galicia. O 56,4% da poboación maior de 5 anos fala sempre en galego ou máis galego ca castelán, segundo se desprende dos datos da ECVFG-2008, e os que falan sempre en galego constitúen o 30% da poboación. Malia todo, a xuventude adoita utilizar máis o castelán. En consecuencia, as franxas de idade máis novas constitúen un dos principais retos para a lingua galega, así como o sector da poboación onde se fai máis necesaria unha actuación planificada para promover o uso do idioma.

FONTE: Consellería de E. e O. Uniersitaria.


ENERXÍA UNDIMOTRIZ

Publicado: 10/08/2011 10:39 por vgomez en ZONA VERDE

Es la producida por el movimiento de las olas. Algunos países de la Unión Europea, entre los que se encuentra España, están desarrollando tecnologías que permitan aprovecharla y transformala en energía eléctrica.

A enerxía undimotriz, ás veces chamada enerxía ondamotriz, é o transporte da enerxía producida polo movemento das ondas e a súa captación para aplicala en facer un traballo útil; por exemplo, para a xeración de electricidade, a desalinización, ou o bombeo de auga (en depósitos). É unha fonte de enerxía renovable menos coñecida e estendida cá maremotriz, pero cada vez se aplica máis.

A Xunta de Galicia planea a creación dun gran parque undimotriz, nas proximidades da ría de Ferrol. A súa potencia podería suministrar a corrente suficiente para unha cidade case do tamaño de Ferrol durante todo un ano. De momento, xa hai unha boia experimental activada na ría de Ares. Este prototipo, xera actualmente enerxía suficiente para abastecer a 300 familias cada ano.

Na infografía superior podedes coñecer todo o relativo a este tipo de enerxía e os diferentes prototipos de aplicación.

20110807101622-20110807elpepuvin-3.gif

Viñeta de Ramón no xornal El País do pasado domingo 07/07/2011

A capa de xeo no Ártico diminuíu case ata mínimos históricos debido ás altas temperaturas dos últimos meses, segundo informa o Centro Meteorolóxico de Rusia (CMR). Trátase do terceiro ano máis cálido no Ártico dende 1936.

Nestes momentos o xeo ártico cobre unha superficie de 6.860 millóns de quilómetros cadrados, preto do mínimo rexistrado en 2007.

Tódolos mares árticos rusos atópanse por debaixo da media no que se refire a su superficie xeada dende a parte europea de Rusia ata o mar de Chukotka, fronte á península de Alaska.

FONTE: Prensa.com

CHEGAN AS BÁGOAS DE SAN LOURENZO

Publicado: 12/08/2011 10:17 por vgomez en CURIOSIDADES
20110810201415-perseidas-dos-644x362-1-3.jpg
Impresionante imaxe das Perseidas tomada en 2010 / M. Menefee / ABC

A famosa chuvia de estrelas de agosto, chamada Perseidas ou Bágoas de San Lourenzo, é, probablemente, a máis esperada do ano pola súa espectacularidade. A mellor noite para disfrutar do espectáculo será a do 12 ao 13 de agosto, a noite do vernes ao sábado, cando se produza o seu máximo pico: cen meteoros por hora.

Aínda que a súa actividade será alta, similar á de anos anteriores, aqueles que queiran contemplar este regalo caído do ceo atoparanse con inconvintes, xa que a lúa chea sairá o 13 de agosto, de modo que a luminosidade lunar entorpecerá a súa observación.

Para ter as mellores opcións, o máis recomendable é situarse nun lugar afastado do pobo, o máis escuro posible, sen que molesten as luces ou farolas, edificios altos ou árbores que impiden a visión limpa do ceo. O fenómeno obsérvase a simple vista, sen necesidade de instrumentos ópticos. A máxima actividade producirase a últimas horas da madrugada.

As bágoas (lágrimas) de San Lourenzo, denominadas así polo santo do día, son en realidade os restos do cometa Swift-Tuttle, cuxa órbita atravesa a Terra todolos anos a mediados do mes de agosto. O seu outro nome, o de Perseidas, provén da constelación de onde parecen caer, a de Perseo. Ao penetrar na atmosfera, as partículas de po deixadas polo cometa acéndense e consómense en poucos segundos, grazas a Deus, deixando a súa magnífica estela luminosa.

Un espectáculo!

FONTE: CIENCIA/ABC

20110809083310-1312822733-0.jpg

Meteorito procedente de Marte / NASA

Os meteoritos que caen na Terra chegan con importantes pistas sobre os elementos químicos que había cando o Sistema Solar estaba formándose e cada vez hai máis evidencias de que puideron participar na orixe da vida. Nos últimos anos, atopáronse aminoácidos na súa composición, pero non se lograra confirmar a existencia de núcleobases, os "ladrillos" do ADN e o RNA, ata agora.

Unha investigación, publicada na revista "Proceedings of National Academy os Science" conclúe que estas nucleobases poden ter unha orixe extraterreste porque hainos en gran cantidade e diversidade nalgúns dos meteoritos estudados, 11 condritas e unha ureilita.

Nas condritas carbonáceas, un tipo de meteorito moi rico en elementos orgánicos, xa se localizou hai uns anos a presenza de aminoácidos, que son a base da formación das proteínas. Nalgunhas tamén foran detectadas nucleobases, pero non se tiña a certeza de que non procederan dunha contaminación terrestre.

Os investigadores, dirixidos por Michael P. Callahan, da NASA, e James Cleaves, do Carnagie Institute, analizaron e purificaron as mostras cunha nova técnica espectroscópica. Só dúas das condritas foran estudadas previamente.

Finalmente, atoparon que dous dos meteoritos tiñan un gran número de nucleobases, e dunha gran diversidade. Incluso había compostos similares, pero que non eran o mesmo, aos que chamaron "análogos ás nucleobases". Tres destes últimos, tamén, son moi raros na Terra e, de feito, non se encontraron nas cercanías do lugar onde caeran as pedras do espazo.

Os autores do traballo están convencidos de que só este feito proba que a súa orixe é extraterrestre, pero para confirmarlo decidiron realizar algúns experimentos que o probaran. Estes consistiron en reproducir as nucleobases e os seus análogos creando as mesmas reaccións químicas, grazas ao amoníaco e ao cianuro, que se producen no espazo exterior.

O resultado foi o esperado: as súas nucleobases sintéticas eran prácticamente iguais ás dos meteoritos, e a diferencia podía deberse a que estes últimos viaxaran polo espazo.

FONTE:El Mundo

GANDHI E O SER HUMANO

Publicado: 14/08/2011 11:11 por vgomez en FRASES
20110813173551-gandhi-1.jpg

Preguntáronlle a Mahatma Gandhi cales son os factores que destrúen ao ser humano. El respondeu así:

A Política sen principios,

O Pracer sen compromiso,

A Riqueza sen traballo,

A Sabiduría sen carácter,

Os Negocios sen moral,

A Ciencia sen humanidade e

A Oración sen caridade.

 

A vida ensinoume que a xente é amable, se eu son amable;

que as personas están tristes, se eu estou triste;

que todos me queren, se eu os quero;

que todos son malos, se eu téñolles odio;

que hai caras sorrintes, se eu lles sonrío;

que hai caras amargas, se eu estou amargado;

que o mundo está feliz, se eu son feliz;

que a xente anóxase, se eu estou anoxado;

que as persoas son agradecidas, se eu son agradecido.

  

A vida é como un espello:

Se sorrío, o espello devólveme o sorriso.

A actitude que tome fronte á vida, é a mesma que a vida tomará conmigo.


ACTIVIDADE SOLAR

Publicado: 15/08/2011 13:23 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS

 

O Sol alterna periodos de relativa tranquilidade con outros de gran actividade. Para estudialos, os científicos estableceron o que denominan ciclo de actividade solar. Os máximos solares rexístranse cunha periodicidade aproximada de 11 anos, aínda que esta pode variar. Segundo calculan os astrónomos, será en 2012 e 2013 cando o actual ciclo acade a súa máxima intensidade.

A erupción detectada o pasado 9 de agosto (X6.9) é tres veces máis grande que a do pasado mes de febreiro (intensidade X2.2), considerada ata agora a máis potente do actual ciclo solar. Naquela ocasión, a laparada non apuntaba directamente  cara a Terrra, polo que tampouco se rexistraron incidentes.

Os científicos clasifican estas erupcións de menor a maior intensidade, empregando as letras B, C, M e X. Cada unha destas categorías vai acompañada dunha escala numérica (do 1 ao 9). As catalogadas como X son, polo tanto, as máis fortes. As de intensidade B ou C non son capaces de producir consecuencias na Terra mentras que as de categoría M si poden afectar aos astronautas e aos nosos sistemas de comunicación. A letra A designa ás máis débiles.

O sistema de clasificación é similar ao da escala de Richter usado cos terremotos. A categoría X é dez veces maior que a M, e cen veces superior á C. Segundo destaca a NASA, o estoupido máis intenso captado ata agora ocurríu en 2003, durante o último periodo de máxima actividade solar rexistrado. Foi capaz de inutilizar os instrumentos que se empregaban para medir a actividade solar. Aínda que os equipos deixaron de funcionar cando a laparada acadou unha intensidade de X17, os científicos consideran que puido chegar a X45.

Os investigadores cren que o Sol produce unha cantidade de enerxía máis ou menos constante, aínda que a enerxía que escapa cara ao resto do Sistema Solar varía. O Sol compórtase como se fose un xigantesco imán e os científicos cren que o seu campo magnético é o que controlaría a enerxía que escapa da súa superficie.

Ademais de producir interferencias nos sistemas de comunicación, os científicos cren que as erupcións solares son capaces de alterar o campo magnético e o clima terrestre. Tamén, poden poñer en perigo aos astronautas senón se protexen adecuadamente. A pesar do risco, provocan tamén un dos fenómenos naturais máis fermosos que se poden observar na Terra: as auroras boreais.

FONTE: El Mundo


CEREBROS ROTOS

Publicado: 16/08/2011 09:09 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO

 

Unhas 300.000 personas sofren en España dano cerebral sobrevido. Á súa traxedia persoal suman a da escaseza de centros especializados.
No programa de RTVE Informe Semanal do 29/10/2010 e emitido de novo onte, 16 de agosto, achéganos ao día a día dalgúns destes mozo e mozas, na súa maioría, que facilmente piderían ser os nosos fillos ou os nosos irmáns.


MORTE ESPACIAL

Publicado: 17/08/2011 23:10 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20110815134608-satelite-agotado.jpg

O satélite de observación ERS2, quedará conducido a unha órbita segura para que non xere basura espacial / ESA

O satélite ERS-2 (European Remote Sensing Satellite), un dos máis veteranos "páxaros espaciais" da Axencia Espacial Europea (ESA), adicado á observación da Terra foi apagado o pasado 6 de xullo, e este mes sacarano da súa órbita para evitar que se convirta nun pedazo máis de chatarra espacial. A finais de agosto, o combustible dos motores esgotarase, tamén as baterías e apagaranse os transmisores.

As observacións de ERS-2 axudaron a investigar o cambio climático, a deforestación, o fenómeno do Neno, o buraco na capa de ozono, o volcán Etna, o nivel e a temperatura do océano, etcétera. Cando foi lanzado, en 1995, ERS2 era o satélite europeo de observación da Terra máis avanzado, xunto co seu irmán case xemelgo ERS-1, lanzado en 1991. Os seus datos nutriron miles de investigacións.

En setembro, a órbita do ERS-2 baixará dos 800 quilómetros de altura aos 550 grazas ás operacións de acendido de motores controladas dende o Centro Europeo de Operacións Espaciais (ESOC), en Darmstadt (Alemaña). Unha vez na súa nova posición, a ESA espera que ERS-2 vaia perdendo altura pouco a pouco ata que dentro duns 25 anos volva a entrar na atmosfera desintegrándose.

O seu sucesor é o satélite Envisat (Environmental Satellite).

Adeus a un dos pioneiros da xeneración de satélites que están resultando indispensables para entender o funcionamiento do planeta.

UNHA SOLUCIÓN AO LIXO ESPACIAL

Publicado: 19/08/2011 13:41 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20110813124651-1313168982-0.jpg

Esquema do satélite e os seus brazos robóticos / SpaceTech12-System E. Data Package

O lixo espacial estase convertindo nun serio problema para o que as axencias espaciais e os gobernos aínda non teñen solución. Sen ir maís lonxe, no pasado mes de xuño os astronautas da Estación Espacial Internacional (ISS) tiveron que desaloxar a plataforma orbital e refuxiarse nas naves Soyuz ante a ameaza de chocar cun obxecto que se aproximaba. Tratábase dun dos miles de restos de foguetes e satélites inutilizados que se moven pola órbita terrestre. Cando a alerta chegou, estaba demasiado preto para poder maniobrar e correxir a órbita da ISS, como se fai cando existe risco de colisión con algún obxecto, de modo que optouse por evacuar a plataforma.

Pero hai unha posible solución. O científico italiano Marco M. Castronuovo acaba de propoñer un novo sistema basasdo nun satélite dotado de brazos robóticos que permitiría atrapar os fragmentos máis perigosos e levalos a unha órbita máis baixa para que co roce coa atmosfera desparezan desintegrándose.

O sistema funcionaría da siguinte maneira: cando o satélite atopa un obxecto, acóplase ao mesmo por medio dun brazo robótico. Un segundo brazo coloca no obxecto uno dos cinco equipos propulsores que leva o satélite. Despois, o obxecto libérase e o propulsor actívase para conducilo a unha órbita máis baixa, onde se destruirá cando entre en contacto coa atmosfera. Unha vez cumplida a súa misión, o satélite diríxese ata o seu próximo obxectivo para repetir a operación. Cando esgote os cinco equipos propulsores, o satélite irá ao encontro dunha estación de recarga en órbita. Por medio do seu brazo robótico abastecerase de novos equipos propulsores e volverá ao traballo na procura de máis chatarra espacial.

Segundo o proxecto de Marco M. Castronuovo, con este sistema sería posible eliminar cinco obxectos perigosos cada ano. Nos sete anos de vida operativa que tería o satélite podería, polo tanto, recoller 35 dos restos de chatarra espacial considerados máis perigosos.

Aínda que Castronuovo traballa na Axencia Espacial italiana (ASI), esta investigación, publicada na "Acta Astronautica", enmárcase dentro dun proxecto da Universidade Técnica de Delft (Holanda) no que participan profesionais de 12 países e no que a axencia italiana non está involucrada.

Veremos en que remata este curioso proxecto!

FONTE: Ciencia/El Mundo

CINE: SUPER 8

Publicado: 20/08/2011 08:41 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20110820084039-super-8-cartel.jpg

 

Esta fin de semana estréase en España SUPER 8. Película  entrañable con moitos actores moi novos. Historia sinxela onde se nota a man do gan Steven Spielberg, que o productor executivo. Esta é a súa ficha técnica: 

Película: Super 8

Dirección e guión: J.J. Abrams

País: USA

Ano: 2011.

Distribuidora: Paramount Pictures Spain

Duración: 114 min.  

Xénero: Ciencia-ficción  

Interpretación: Joel Courtney (Joe Lamb), Kyle Chandler (Jack), Amanda Michalka (Jen), Elle Fanning (Alice), Gabriel Basso (Martin), Ron Eldard (Louis), Noah Emmerich (Nelec), Riley Griffiths (Charles), Zach Mills (Preston), Ryan Lee (Cary).

Producción: J.J. Abrams, Steven Spielberg e Bryan Burk.

Música: Michael Giacchino

Argumento: No verán de 1979, un grupo de amigos dunha pequena cidade de Ohio son testigos dunha catastrófica colisión de trens, xusto na rodaxe dunha película en formato super 8. Pronto sospeitan de que non fora un accidente. Pouco tempo despois, estrañas desaparicións e feitos inexplicables comenzan a darse na cidade. O comisario de policía intenta descubrir a verdade, bastante máis aterradora do que ninguén imaxinara nunca.

Aquí tedes o seu trailer. Merce a pena vela!

VOLTA CICLISTA A ESPAÑA 2011

Publicado: 20/08/2011 15:32 por vgomez en MÚSICA
20110820100344-musica-vuelta-ciclista-espana-2011-422x241.jpg

 

Xa está aquí, como cada ano, a Volta Ciclista a España, que cumpre a súa 66ª edición. Do 20 de agosto ata o 11 de setembro terá lugar esta competición, con comenzo en Benidorm e remate en Madrid. Por certo este ano pasará por Galicia: Etapa 11, 31 de agosto, (Verín-Estación de Montaña de Manzaneda), Etapa 12, 1 de setembro, (Ponteareas-Pontevedra) e Etapa 13, 2 de setembro, (Sarria-Ponferrada).

Como cada ano, a volta ten unha canción oficial, que podedes  escoitar e ver no vídeo superior. Para esta edición elexíuse o tema  "Como yo", do grupo galego La Fe de Manuela.

 Se queres manterte informado sobre o que acontece en cada etapa só tes que pinchar AQUÍ.

20110820123518-incendio-forestal.jpg

Incendio forestal / Imaxe:faunatura.com

Un dos temas de triste actualidade durante o verán son os incendios forestais. O seu impacto ecolóxico é moi superior ao que se ve a simple vista e sobrepasa incluso as áreas afectadas. A destrucción de biodiversidade (A biodiversidade da zona incendiada sofre cambios na súa estructura e composición), o aumento da desertificación ou a disminución da calidade das augas (O solo e a agua son dúas caras da mesma moeda, así que un incendio aféctalles de forma relacionada. O manto vexetal desaparece e, con el, a barreira natural que retén a auga e frea as inundacións) e a atmosfera (Os incendios forestais xeran contaminación: diversas partículas e gases, incluídos os de tipo invernadoiro, como el dióxido de carbono (CO2), acaban tamén na atmosfera) son algunhas das consecuencias negativas posteriores a un incendio. A recuperación dos bosques afectados, se é que se consegue, pode levar décadas.

Os incendios forestais naturais ocurriron sempre como un elemento normal no funcionamiento dos ecosistemas. O lume permitú unha serie de hábitats nos que distintos organismos poden prosperar, como o piñeiro piñoneiro,  sobreiras, os carballos ou as aciñeiras. O problema xurdíu co aumento da cantidade de incendios, que sobrepasa a capacidade de recuperación natural. Estímase que na actualidade entre un 80% e un 90% son causados polo ser humano, xa sexa de forma accidental ou intencionada.

Nas nosas mans está evitalos!

FONTE: Revista Eroski Consumer/Medio Ambiente

PICADURAS DE AVISPAS E ABELLAS

Publicado: 22/08/2011 09:28 por vgomez en OUTRAS COUSAS
20110821121726-abella-avispa.jpg

 Abellas e avispas / Imaxe:desinfeccionesecopest.com

As abellas e as avispas pertencen ás familia dos himenópteros, insectos de ás translúcidas e mebranosas. Entre 15 e 20 persoas morren en España cada ano por complicaciones xurdidas de picaduras destes insectos. Na maioría dos casos queda nun desagradable momento e inflamación cutánea, pero noutros pode derivar nunha anafilaxia, unha reacción alérxica severa que afecta a todo o corpo, podendo en casos levar á morte. Se estas interesado nestas situacións, pinchando AQUÍ terás un gráfico interactivo para coñecer como se producen e como tratalas.

Espero que che sexa útil!


DIOGO REÚNE AS TAPAS PARA A SÚA MAN

Publicado: 23/08/2011 10:04 por vgomez en OUTRAS COUSAS
20110823095423-g23p9f4.jpg

Diogo sorrí entre varias bolsas cheas do plástico que custeará a prótese da súa man / Imaxe:www.lavoz.es

O pequeno luso que se presentou hai dous meses a Galicia explicando que coleccionaba envases de plástico porque llos ían a cambiar por unha man, acaba de completar o álbum. «Non hai palabras». É o salvoconducto de Diogo Farinhoto e a primeira expresión dunha nai á que lle acaban de confirmar que pagou o soño da súa familia.

«É un milagre, imposible sen todas e cada unha das persoas de Portugal e Galicia que nos axudan», afirma. Coñece os nomes propios dos concellos, persoas e entidades tanto públicas como privadas que na ribeira galega debuxan unha rede solidaria desde Ferrol e Burela ata a desembocadura na Guarda e que saltou xa a Murcia ou a Almería. «Espectacular, unha marca, unha carreira de todos», manifesta.

Desde A Guarda partiu onte, pouco despois do mediodía, o ferri de Santa Rita de Cassia coas dúas toneladas de envases e tapas procedentes de Galicia coas que se completan as 19 necesarias para obter a prótese.

O edil de Servizos, Paulino Rodríguez, destacou ao pé do embarcadoiro a implicación da vila. «Estamos orgullosos do pobo, de tanta xente implicada na Guarda, da colaboración con Caminha e tamén do apoio dunha empresaria de Baiona, á que mañá iremos recoller outro camión». Ata esta última vila acudirá tamén Diogo en canto colóquenlle a prótese porque se comprometeu a tomar el só un iogur na xeadería Gamela, onde lle axudaron coa súa particular colección.

Pero a nai quere agradecer tamén aos anónimos porque a campaña está a estenderse a unha velocidade sen precedentes. «Creo que é un premio para todos», afirma.

Hai noventa días que ela mesma botou as redes á ribeira galega. Entón gardaba catro toneladas en casa. Todos eses anónimos fixeron que a cooperativa Dar e Sorrir teña xa pagada a factura dos 9.000 euros nos que está valorada a prótese.

Antes de empezar o colexio Diogo disporá xa da man estética deseñada en Matosinhos. «Con esta prótese inténtase que se vaia afacendo ao seu novo corpo», afirma a nai. En quince días, Diogo acudirá de novo ao centro médico, pero esta vez para que se lle coloque a man mioeléctrica traída para el desde Alemaña. Con ela poderá agarrar obxectos e, polo tanto, aprender a escribir como os demais nenos do colexio, que tamén estreará en setembro.

A alegría do pequeno e a súa familia é tan «indescritible» que xa non se atreven a pedir máis. Pero Diogo volverá necesitar coleccionar tapas e a solidariedade galega. A man á que accederá nunhas tres semanas ten caducidade. En dous anos, cando o pequeno cumpra catro, haberá que dispor dun dispositivo máis avanzado, «o que lle permitirá ata sentir frío ou calor». A partir de entón xa só serán pequenos axustes bianuais. Pero de novo terá que dispor das tapas suficientes para o «premio».

O seguinte chanzo é máis alto. Diogo non é consciente aínda, pero entón necesitará outras 36 toneladas. O Concello da Guarda xa confirmou que manterán o apoio ata que o pequeno salde a conta. «Diogo conta con todos e cada un dos que o acompañaron ata aquí», recoñece timidamente a nai, confiada en que o ánimo non decaerá.

FONTE: Artigo de Mónica Torres. LA Voz de Galicia /23/08/2011

20110823103522-constelacions1.jpg

Constelacións / Imaxe:galeon.com

O próximo sábado, 27 de agosto, a partir das 23,00 horas, terá lugar unha nova xornada de observación astronómica na Guarda, desta vez dende o Monte Santa Trega. A observación, dirixida polo astrónomo Xosé Chacón, consiste nunha iniciación para poder interpretar o ceo nocturno coa axuda dun láser verde, para observar as principais constelacións e estrelas, a magnitude das mesmas, e a diferenza cos planetas e satélites.

Esta actividade ten unha duración aproximada dunha hora e, ao finalizar a mesma, os participantes poderán facer todas as preguntas que desexen ao noso convidado. En caso de mal tempo, a observación retrasarase ata o vindeiro sábado 3 de setembro, no mesmo lugar e á mesma hora. Recoméndase aos asistentes que leven roupa de abrigo, lanterna e prismáticos.

Os interesados en participar nesta actividade deben anotarse no teléfono do Concello da Guarda 986 610 000 (extensión de cultura) en horario de mañá (10:00 a 14:00 horas) antes do venres día 26. As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición.

FONTE: Concellería de Cultura do Concello de A Guarda.

REFLEXIÓN:

Publicado: 25/08/2011 08:58 por vgomez en ZONA VERDE

 

As augas do alcantarillado onde vértense os restos da industria química, dos hospitais, as augus fecais e a súa materia orgánica, os productos derivados do petróleo e perigosos virus e bacterias, forman os residuos sólidos urbanos. Unha amalgama de productos tóxicos que aconteceían acabar nas auguas fluviais ou mariñas, provocando enormes problemas de contaminación.

Na actualidade, a eliminación destes restos discurre por outro camiño: as plantas depuradoras de auga. Alí, extráense os líquidos e déixanse os materiais sólidos, que conformarán o chamado compost, utilizado como fertilizante ecolóxico.

Pero, que contén exactamente este compost? Segundo os expertos, está composto por materia orgánica e os estudios amosan a  presenza de metais pesados prexudiciais para a saude e de substancias canceríxenas como os furanos.

O documental franco-canadiense "Una dieta de desechos" que emitíu TVE, o pasado domingo en Documentos TV, relata como na última década, miles de hectáreas de terras de labor foron fertilizadas con toneladas destes residuos altamente contaminantes.

Años despois, producíanse mortes sospeitosas, enfermidades e envelenamentos por alta concentración de metais pesados, nas zonas onde se empregaron estes residuos sólidos como fertilizantes, que alertaron á poboación e á comunidade científica.

Na actualidade, cidadans de Estados Unidos, Canadá, Francia ou Suiza enfróntanse ás grandes empresas productoras destes fertilizantes e aos sesu propios gobernos, quen aínda promoven nalgúns casos, o seu uso. Tan só as autoridades suízas prohibírono completamente.

Precísanse uns cincocentos anos de media para producir dous centímetros e medio de solo fértil. Cunha soa aplicación de compost de residuos urbanos pódese destruír algo que a natureza tardou 3.000 anos en crear.

Merece a pena ver o documental e facer unha reflexión!

FONTE: rtve.es

20110821105331-primer-plesiosaurio-embarazado.jpg

Ilustración do parto dun plesiosaurio / S. ABRAMOWICZ, NHM

Hai uns 80 millóns de anos, na era dos dinosaurios, os grandes predadores dos mares eran os plesiosaurios, réptiles acuáticos carnívoros con catro aletas e cunha forma de reproducirse que foi un misterio dende que hai 200 anos empezaron a identificarse os fósiles atopados, bastante numerosos. O estudio dunha femia de plesiosaurio preñada  acaba de desvelar o misterio.

Primer plesiosaurio embarazado
Detalle do feto fósil de plesiosaurio, baixo a columna vertebral da femia / NATURAL HISTORY MUSEUM OF LOS ANGELES

Este fósil do cretácico foi atopado en 1987 no Estado de Kansas (EE UU) e estaba almacenado nun museo pero ata agora non fora preparado para analizar. Despois deste proceso, quedou exposto no  Museo de Historia Natural dos Ánxeles (EE UU), segundo publica a revistase Science.

O animal fosilizado estudado, de cinco metros de longo, é un exemplar bastante completo de Polycotylus latippinus, unha especie de plesiosaurio. O gran tamaño do feto que contén indica que os plesiosaurios eran vivíparos e que, ao contrario do que lle sucedía con outros réptiles acuáticos da época, parían unha soa cría en vez dunha camada de crías menos desenvolvidas.

FONTE: El País/Ciencia

A UTOPÍA E O POSIBLE

Publicado: 27/08/2011 09:03 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20110823112510-utopia.jpg

Utopía / Imaxe:lamoradadelasmusas.com

Seguramente moitos coñeceredes a Arturo Gonzalez, pois aparece con certa frecuencia como polémico tertuliano en difrentes  canles de televisión. O outro día lin un artigo seu no diario Público (Puntadas sin hilo) que quero compartir con vós: "La utopía y lo posible"

¿Era una utopía el descubrimiento de América por Colón?

¿Era una utopía la Revolución Francesa?

¿Lo era la invención de la luz eléctrica? ¿Y del ordenador?

¿Era una utopía el voto de la mujer?

¿Lo era llegar a la Luna?

¿Era una utopía la democracia?

¿Un hijo es una utopía?

¿Era una utopía la Gioconda?

Desgraciadamente, ¿era una utopía la bomba atómica?

¿Es China una utopía?

No. Eran posibilidades difíciles, pero reales.

 

¿No es Dios una utopía?

¿Es el 15-M una utopía?  (¡Oh, cielos, qué acabo de decir!)

¿No es una utopía la cuadratura del círculo?

¿No son las utopías una coartada de ingenuos para justificarse?

¿No es una utopía volar sin alas ni motores ni ningún artilugio añadido?

¿No es una utopía la pureza humana?

¿No es una utopía la eternidad?

¿No es una utopía la desaparición de la guerra, de la codicia y de la crueldad?

¿No es una utopía creer que siempre va a ser todo maravilloso?

¿No es una utopía, de las más amargas, creer que cabe la utopía en la economía y en la política?

¿No son una utopía los utópicos?

Sí. Los utópicos malgastan la posibilidad de luchar realmente por cambiar en lo posible la realidad, y solo consiguen que esa realidad se endurezca.

 

(Para Arlekín, Binah, Croniamental, Javier Ochoa, Carpanta 600, Turbina y el desaparecido Capitán Araña Akracia, utópicos de pro).

Á PORTA DOS EXAMES DE SETEMBRO

Publicado: 28/08/2011 07:30 por vgomez en COMUNICADOS
20110827094500-exames-1.jpg

Xa comenzou a conta atrás para a chegada do día 1 de setembro e en consecuencia os exames de setembro. Non estaría mal que cada un recordase as datas, horas e aulas de celebracion das citadas probas.

Lembrade que o día 1 serán as probas de materias pendentes de cursos anteriores e exames de 2º de Bacharelato. O día 2 e 5 probas de tódolos cursos. O mesmo día 5 pola tarde e o día 6 serán as avaliacións e a entrega de notas serán o marte día 6, ás 10 horas, para 2º de Bacharelato e o mércores día 7, tamén ás 10 horas, para o resto dos cursos.

Pinchando AQUÍ terás toda a información de forma precisa.

Boa sorte!

LUCY: O PLANETA DIAMANTE

Publicado: 29/08/2011 10:04 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20110828115318-planeta-diamante.jpg
Recreación do "planeta diamante" orbitando á súa estrela / SCIENCE

Un equipo internacional de científicos descubríu, co telescopio "The Dish" en Parkes (Australia), un pequeno "planeta de diamante" orbitando ao redor dun púlsar (estrella de neutróns) a 4.000 anos luz da Terra, na constelación da Serpe.

A composición deste planeta é cristalina e pénsase que gran parte deste corpo "pode ser similar a un diamante", segundo publican os investigadores do achádego na revista Science.

Trátase dun pequeno planeta duns 60.000 quilómetros de diámetro, unha quinta parte da Terra, pero dunha densidade incluso máis alta cá de Xúpiter, moito máis grande. Xunto co púlsar, este astro de carbono forma un sistemas binario estando separados por uns 600.000 quilómetros.

O planeta diamante, que poderíaa ser chamado "Lucy" polos seus descubridores, realiza unh órbita en torno á súa estrela netrónica, chamada PSR J1719-1438, cada dúas horas e 10 minutos terrestres.

Os púlsares son estrelas de neutróns que rotan a gran velocidade e teñen uns 20 quilómetros de diámetro, sendo a súa orixe a explosión dunha estrela en forma de supernova. Estas estrelas neutrónicas emiten pulsos de ondas de radio que son captadas polos telescopios. A pesar de que a distancia entre ámbolos corpos celestes é curta, o planeta non foi destuído polas oscilacións do púlsar debido ao seu tamaño.

Polo que se leva observado, parece estar composto principalmente de carbono e osixeno, con elementos brillantes, como o hidróxeno e o helio.

FONTE: El Mundo/Ciencia.

20110823113021-manchas-de-cafe.jpg

Manchas de cafe / Imaxe:leblaaula2.blogspot.com

Ao secarse unha gota de café nunha superficie sólida non queda unha mancha uniforme, un lunar, senón un anel. É o que se chama o efecto do anel do café e uns físicos, da Universidade de Pensilvania, descubriron por que se produce. Tamén, averiguaron como lograr unha mancha uniforme. Pode parecer unha mera curiosidade científica, pero é tamén unha boa idea para determinadas aplicacións industriais, como as impresoras de inyección de tinta ou os revestimentos con finas películas. O truco está na forma das partículas de café.

La mancha de anillo de café
As partículas esféricas acumúlanse preto do bordo da gota de café e, ao secarse, forman unha mancha en forma de anel- J.YUNKER/ARJUN G.YODH/UNIVERSITY OF PENNSYLVANIA

Os científicos fixeron experimentos con gotas de auga que contiñan en suspensión partículas de poliestireno de tamaño micrométrico e de diferentes formas (esferas, esferas lixeiramente deformadas e elipsoides).

Distribución uniforme
As partículas elipsoidales en suspensión dun líquido forman grumos na superficie da gota o que evita o seu desprazamento cara ao el bordo, de maneira que, ao evaporarse o líquido, forman unha mancha uniforme.- J.YUNKER/ARJUN G.YODH/UNIVERSITY OF PENNSYLVANIA

A solución para evitar o efecto do anel de café está, polo tanto, en engadir unha pequena cantidade de partículas non esféricas á suspensión, explican estes científicos na revista Nature , onde presentan a súa investigación e os resultados.

FONTE: El País/Ciencia

DICIONARIO DE PRONUNCIA DA LINGUA GALEGA

Publicado: 30/08/2011 16:51 por vgomez en DOCENCIA
20110830094453-095a49b013a0ddeb751e7f950f20f0e5.jpg

O Dicionario de pronuncia da lingua galega xa está dispoñible na rede para consulta aberta de todos os usuarios e usuarias de internet. A Secretaría Xeral de Política Lingüística contribuíu á realización desta ferramenta en liña que propón un modelo de pronuncia estándar para o galego. Este novo recurso baséase na información fonética do Dicionario de pronuncia da lingua galega, do profesor Xosé Luís Regueira, publicado pola Real Academia Galega en 2010 no marco dun proxecto desenvolvido polo Instituto da Lingua Galega.

Ademais da transcrición fonética que se ofrece nesta publicación, a versión electrónica do dicionario permite escoitar 60.000 pronuncias do léxico común galego na súa variedade estándar, que foron gravadas coa colaboración da Compañía de Radio/Televisión de Galicia (CRTVG).

Os obxectivos prioritarios deste novo dicionario en liña, accesible no sitio web http://ilg.usc.es/pronuncia, son facilitarlles a aprendizaxe ás persoas que estudan galego e, por outra, ofrecerlles un modelo oral de referencia e de consulta aos profesionais que traballan coa lingua falada, como é o caso de xornalistas, dobradores, profesorado etc. Para isto, conta cun buscador no que poden introducirse palabras ou cadeas de caracteres. A páxina de resultados presenta a forma, a categoría gramatical, a transcrición e o arquivo de voz.

Este recurso tamén busca contribuír á normalización da lingua galega, á calidade e ao seu prestixio, en canto que difunde un modelo de pronuncia estándar para o idioma, útil sobre todo para o seu uso nos medios orais de comunicación e noutros ámbitos de difusión do galego.

Dende hoxe ten o seu sitio neste blog en ENLACES.

FONTE: Consellería de Educación e O. Universitaria


A SUPERNOVA PTF 11kly

Publicado: 31/08/2011 10:23 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20110828124152-caza-unha-supernova.jpg

A supernova, sinalada cunha frecha verde / Universidade Berkeley

Os astrónomos foron capaces de captar cos telescopios unha supernova no momento preciso que estoupaba no Cosmos. Esta explosión estelar, descuberta na semana pasada, é a máis próxima á Terra observada dende hai máis de 20 anos. Atópase, segundo os investigadores, a 21 millóns de anos luz da Terra e foi captada cando só transcurriran unhas horas dende a explosión.

O achádego, realizado por investigadores da Universidade de Berkeley, en California, revolucionou o mundo astronómico. En todo o mundo, os telescopios xa enfocan de cara a ese lugar, incluso o "Hubble" dende o espacio, para intentar captar máis detalles dese fenómeno cósmico.

Para os astrónomos de Berkeley será, sen dúbida, un blanco de investigación durante a próxima década, polo que xa chámana "a supernova dunha xeneración" e podería ser a máis estudiada da historia. O seu nome: PTF 11kly é a más nova detectada ata agora. Atópase na constelación da Osa Maior.

Durante a súa observación, tomáronse tres imáxes en noites consecutivas. Nunha delas,o 22 de agosto, obsérvase que aínda non hai un punto brillante porque non había estoupado a supernova, que é un millón de veces máis débil que o que detecta un ollo humano. Na sieguiente, do 23 de agosto, obsérvase débilmente, pero aínda é 10.000 veces máis débil do que somos capaces de ver. A última, do 24 de agosto, amosa a supernova seis veces máis brillante que o día anterior. Pénsase que en dúas semanas poderase ver con un par de prismáticos.

FONTE: El Mundo/Ciencia.

VAIA TROPAS!

Publicado: 31/08/2011 15:36 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20110831105654-forges-31-09-2011-el-pais.gif

 

Ten moita razón Forges (Antonio Fraguas de Pablo), na súa viñeta no xornal El país de hoxe: ¡VAYA TROPAS! Si, vaia tropas de políticos que temos! Nin unha semana precisou o Goberno e o principal partido da oposición, superando os habituais desencontros para culminar unha reforma Constitucional, iso si pola porta de atrás, sen contar coa cidadanía, para limitar o déficit de tódalas Administracións.

Esto, non cabe nin a menor dúbida, afectará aos gastos sociais, que tanto tempo levou conseguir, e a inversión pública, é dicir á modernización do país. Para eso foron rápidos, pero por que non son tan áxiles para elevar a fiscalidade das grandes fortunas? Ou na persecución da fraude fiscal? E a ocultacións de bens? Eso non interesa ou non se lle pode meter o dente!

Parece mentira! Xa o di Forges: Vaia tropas!



Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next