Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2011.

O CEO DO MES: ABRIL 2011

Publicado: 01/04/2011 09:08 por vgomez en O CEO DO MES
20110331193117-liridas2.gif
Líridas / Imaxe:windows2universe.org
3 de abril: Lúa Nova
11 de abril: Cuarto Crecente
18 de abril: Lúa Chea
25 de abril: Cuarto Minguante
Chuvia de meteoros: Líridas, actividade desde o 16 ao 25, máximo o 22 de abril. Pi-Púppidas, actividade dende o 15 ao 28, con máximo o 24.

DI ELAS

Publicado: 01/04/2011 14:54 por vgomez en MÚSICA

 

Di Elas é o nome dunha banda formada no 2008, que nun primeiro momemnto chamouse The Ellas e que se define como productora de "power-rock".

Os compoñentes do grupo son: Luis Tosar: voz, armónica e guitarras acústicas; Piti Sanz: guitarras, coros, percusión; Ro Muñoz: batería; Iván Laxe: baixo e Suso Alonso: teclados.

O seu primeiro album leva por título "Di Elas", o mesmo que o do grupo. Aquí tedes o videoclip do single "Volver". Ten boa pinta! Que disfrutedes!

ÁRBORES E TEAS DE ARAÑA

Publicado: 04/04/2011 09:42 por vgomez en CURIOSIDADES
20110401121033-1301642022-extras-albumes-0.jpg
Sindh (Pakistán)/Imaxe:El Mundo

 

Esta imaxe espectacular mostra unha paisaxe curiosa das inundacións que o pasado mes de xaneiro afectaron gravemente a Paquistán convertindo as árbores do país na nova casa das arañas. Estas subíronse ás árbores para salvarse da auga e agora quedaron atrapados nas súa teas de araña, provocando unha paisaxe curiosa, espectacular e desagradable.

 Os habitantes desta zona de Paquistán nunca viran antes un fenómeno similar, pero que ten algo positivo: reducir o número de mosquitos típicos da zona, xa que quedaron atrapados nas teas de araña, diminuíndo, consecuentemente, os casos de malaria, o que é unha bendición para este pobo de Sindh.

FONTE: El Mundo.

ESPAÑA RECICLA POUCO

Publicado: 05/04/2011 10:29 por vgomez en ZONA VERDE
20110404114718-reciclaxe.jpg

Cada cousa no seu sitio / Imaxe:fserrano72.blogspot.es

Cada europeo xera 513 quilos de lixo ao ano e só se recicla o 24%. Estes datos saen dun recente informe da Oficina de Información Estatistica da Unión Europea (EUROSTAT) que non deixa en bo lugar a España: a reciclaxe non pasa do 15% e o vertedoiro, a opción menos ecolóxica, chega ao 52% fronte ao 38% da media europea. O estudo reflicte grandes diferencias entre os 27 Estados membros (UE-27). Mentres Alemaña recicla o 48% dos 587 quilos de lixo por persoa e ano, os chipriotas xeran 778 quilos e mandan o 86% ao vertedoiro. No lado favorable, España rexistra boas cifras na reutilización de resíduos orgánicos mediante a compostaxe: un 24% fronte ao 18% da media europea, superado só por Austria (40%), Italia (32%) e Holanda (28%). Estes datos correspondena 2009.

As institucións comunitarias son cada vez máis esixentes para convertir a Europa nunha sociedade da reciclaxe, pero recoñecen que aínda queda moito traballo que facer.

Sexamos responsables. Cada cousa no seu sitio. Recicla!

20110406094200-1301939589-0.jpg

Impresión do corpo do insecto, á esquerda, sobre a rocha / PNAS

 

Científicos de Estados Unidos lograron localizar o rastro deixado no fango por un pequeno insecto hai uns 310 millóns de anos, no Carbonífero superior. Trataríase da máis antiga pegada atopada dun ser vivo voador.

A impresión sobre unha rocha é a  dun corpo duns 36 milímetros de lonxitude e as ás só se ven en parte e moi levemente, pero aínda así revela segredos sobre a morfoloxía dos insectos, nun periodo do que escasea o  rexistro fósil.

Os autores do achádego, da Universidad de Tufts, pensan que podería pertencer ao orde dos efemerópteros, coñecidos como efímeras pola curta duración da súa vida, tan só uns días. Afirman que é de gran interese porque, ademais de ter ás, é de pequeno tamaño, nun momento no que os insectos acadaban grandes dimensións debido á abundancia de osíxeno que había na Terra.

Este resto foi atopado no xacemento fosilífero da formación Wamsutta, ao sur de Massachusetts (EEUU).

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA: OUTONO 2011

Publicado: 09/04/2011 11:56 por vgomez en COMUNICADOS
20110409115428-images.jpg

O Ministerio de Educación convoca axudas destinadas a alumnos segundo curso de Educación Secundaria Obrigatoria para o desenvolvemento dun Programa de “Inmersión Lingüística” durante o outono de 2011.

Estes cursos, dunha semana de duración en réxime de internado, de domingo pola tarde a sábado pola mañá, celebraranse entre o 2 de outubro e o 3 de decembro. Galicia contará con 12 grupos, para un total de 300 alumnos-as.

Paramáis información pincha AQUÍ, ou fala co teu profesor/a de inglés.

XA SE NOTA QUE HAI ELECCIÓNS

Publicado: 10/04/2011 12:35 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20110410123526-2011-04-17-vin-2011-04-10-01-02-24-huquesada1.jpg

Cada vez que se convocan ou están preto unhas elecccións sucede o mesmo: inaguracións (aínda que o que se pretenda inagurar aínda non se atope rematado), manifestacións, descalificacións,... e nós como estamos acostumados seguimos ese circo, como se fose un programa de televisión, e non deberiamos facelo. Tiñamos que ser máis críticos cos nosos políticos, esixindo transparencia, dedicación e preocupación polos nosos intereses. A nosa clase política está de capa caída: grandes soldos, dietas, billetes de avión en clase prefrente... Dan un exemplo que dá pena, e despois queren que votemos?

Na viñeta de hoxe de Quesada, no xornal Faro de Vigo, pon de manifesto esta situación. Ataques entre candidatos, lanzando as miserias do contrincante ao aire e nada, nada do importante: futuro para o noso pobo!

DÍA DO CIENTÍFICO GALEGO 2011

Publicado: 11/04/2011 11:33 por vgomez en NOMES PROPIOS
20110410131058-s6c6f3.jpg

Ramón María Aller Ulloa/ Imaxe:lavozdegalicia.es


O astrónomo  Ramón María Aller Ulloa protagonizará a edición  deste ano do Día do Científico Galego que se celebra o 26 de abril. A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) elixíuno por unanimidade. Entre os motivos para tomar esta decisión están o seu papel como introductor da astronomía como disciplina científica en Galicia e a súa contribución ao impulso dunha escola de investigadores do campo dos astros na nosa comunidade.

Ramón María Aller (Lalín-Pontevedra,1878-1966) foi, realmente, un personaxe singular. Un científico alentado pola curiosidade cuxa única aspiración era o coñecemento. Pero era, por encima de todo, un sacerdote, un home da Igrexa, cunha enorme devoción científica, que acabou converténdose tamén en pai da astronomía en Galicia. Dicía misa todos os días, aínda que non predicaba nin tiña parroquia, porque o seu exercicio sacerdotal era puramente vocacional e nunca quixo nin cobrar por iso nin acceder a ningún cargo relixioso. Morreu aos 66 anos no seu pobo natal.

Doutor en Teoloxía, doutor en Ciencias Exactas (Matemáticas) e catedrático e director vitalicio do observatorio de Santiago.

Como curiosidades dicir que estudou no colexio dos Xetuítas na Pasaxe, no noso concello e que hai un cráter na Lúa que leva o seu nome.

En anos anteriores foron adicados a:

2008 Profesor Dr. Enrique Vidal Abascal

2009 Profesor Dr. Isidro Parga

2010 D. Cruz Gallástegui Unamuno

MEGALODÓN

Publicado: 12/04/2011 10:08 por vgomez en CURIOSIDADES
20110411174826-carcharodon-megalodon1.png

Tamaños do Megalodón, tiburón branco e ser humano  Imaxe:cmcjonatanygonzalo.blogspot.com

O Megalodón ou megalodonte (Carcharodon megalodon) , tiburón prehistórico, foi un verdadeiro monstruo mariño (acadando lonxitudes de 12 ou 13 metros ou máis e cun peso de 30 toneladas), que vivíu probablemente entre hai 20 e 1,5 millóns de anos.  Os seus dentes  foron atopados en moitas partes do mundo. Os grandes tiburóns brancos de hoxe só acadan a metade da lonxitude dese monstruo, tal como se aprecia no gráfico superior. Nin que dicir ten o tamaño con respecto ao ser humano.

Podedes imaxinar a presión que faría a súa mandíbula? Calculase que serían 18 toneladas. Non é de estranar que comeran diariamente 900 quilogramos de carne sen problema.

20110412110129-desnudo-haiti.jpg

Os periodistas gráficos saben transmitir nas súas fotos, sen palabras, as situacións, sentementos,... Este é o caso do galardoado na categoria de periodismo gráfico da XXVIII edición dos Premios Ortega e Gasset de Periodismo. Trátase de Cristobal Manuel Sanchez, fotógrafo de El País.

O traballo que leva por nome Joven paseando desnudo por Puerto Príncipe, foi tomado cando este fotógrafo estivo, como enviado especial, en Haití tralo terremoto que devastou o país e sumíuno no caos en xaneiro de 2010. Na concesión do premio, o xurado manifesta: "A escalofriante fotografía reflexa a armonía e a soidade do ser humano nun entorno caótico e desesperanzado".

FONTE: El País

IMAXE DE MERCURIO

Publicado: 14/04/2011 10:09 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20110414163414-20110330elpepusoc-51.jpg

Imaxe da superficie de Mercurio tomada pola nave espacial Messenger despois de poñerse en órbita dese planeta. NASA/JOHNS HOPKINS UNIVERSITY APPLIED PHYSICS LABORATORY/CARNEGIE INSTITUTION OF WASHINGTON

 

A nave espacial Messenger , da NASA, que se puxo en órbita do planeta Mercurio o pasado 18 de marzo, mandou as primeiras imáxes tomadas dende esa posición orbital. Tomou 363 imaxes da superficie do planeta máis preto ao Sol antes de empezar a enviar á Terra algunha delas.

FONTE:El País

VACACIÓNS

Publicado: 15/04/2011 09:50 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20110411175636-semana-santa-2011.jpg

 

Ao rematar as clases de hoxe, venres 15: VACACIÓNS. Eso si, vémonos o próximo día 26 de abril, martes.

Que o pasedes ben!

Imaxe: ampalosprados.blogspot.com

POLÍTICA II

Publicado: 21/04/2011 11:57 por vgomez en FRASES

Preto dunhas eleccións, é motivo para reflexionar cunhas FRASES:

A primeira é do gran actor, comediante e escritor estadounidense Groucho Marx  (1980-1977): "A política é a arte de buscar problemas, atopalos, facer unha diagnose falsa e aplicar despois os remedios equivocados".

A segunda é do empresario estadounidense ef undador da compañía Ford Motor Company: Henry Ford   (1863-1947): " A maioría das persoas gastan máis tempo e enerxía en falar dos problemas que en afrontalos".

A terceira é dun gran escritor español: Noel Clarasó i Serrat (1899-1965): "A política é a arte de obter cartos dos ricos e votos dos pobres, co fin de protexer a uns dos outros".

Para rematar, unha dun gran escritos irlandes: George Bernard Shaw (1856-1950): " A política é o paraíso dos charlatáns".

 

 

AURORA BOREAL EN SATURNO

Publicado: 22/04/2011 11:26 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20110422111600-auroras-planeta-anillos.jpg

Ilustración da mancha de luz ultravioleta preto do polo norte de Saturno xerada pola interacción coa lúa Encélado. KEN MOSCATI / ABIRYMER / JHUAPL (DATOS DE NASA / JPL / JHUAPL / U.COLORADO / CENTRAL ARIZONA COLLEGE / SSI)

A revista "Nature" faise eco dun estudo no que os astrónomos, grazas aos datos enviados pola nave Cassini, revelaron que Encélado, unha das lúas máis pequenas de Saturno, está unida ao seu planeta por unhas correntes eléctricas de longo alcance, como un feixe de electróns que van  veñen entre ámbolos astros, provocando un fenómeno similar ao da aurora boreal.

O satélite, posto na órbita de Saturno en 2004, xa pasou a 500 quilómetros de Encélado 14 veces. Nesta última, recabou datos que indican que os chorros de gas e os grans xeados que emanan do seu polo sur cárganse de electróns, formando unha ionosfera. O movemento de Encélado e da súa ionosfera nesta burbulla magnética funcionaría en torno a Saturno como unha dinamo.

La áurea detectada, según os autores do estudo, mide cerca de 1.200 por 400 quilómetros, unha área similar á superficie de Suecia.

FONTE: El Pais/El Mundo.

HUMOR: MATEMÁTICAS XITANAS

Publicado: 23/04/2011 12:57 por vgomez en OUTRAS COUSAS
20110423125658-un-grupo-de-gitanos-de-la-antigua-yugoslavia-en-un-campamento-de-la-zona-de-casilino-cerca-de-roma.-med.jpg

Gitanos / Imaxe:infocatolica.com

Er pápa que coge al hijo gitano y le dice:

- A vel Richal, voy a haserte unas preguntas que ma dicho la siñorita que vas malamente con las matimáticas.

- Enga pápa, aqui esta er tio pa respondel....

- Aaaaayy va la primera, amos a vel Richal, cuánto eee 4 x4?

- Ayyy pápa, pos mu facil eso es un tó terreno.

- Ele ahí mi gitanillo, mu bien, enga la segunda, qué eeee 3 X 2?

- Uy pápa, pos que va a ser, eso es el Carrefur.

- La paya de la maestra que no entiende na, mu pero que mu bien! Venga ya, la urtimas pa ver si serass Patriarca.Vamos con la fregoneta y passamos por un melonar que tiene 200 melones,cojemos y cholamos 100 melones, a ver Richal quéqueda?

- Pos pápa que va a quedal............ pos otro viaje..

20110424075808-capa-ozono.jpg.png

O maior buraco de ozono sobre a Antártica detectado ata agora, o 24 de setembro de 2006 / NASA

 

Unha nova investigación, de científicos canadienses e estadounidenses, indica que a abundancia de veráns tropicais especialmente chuviosos nas últimas décadas  débese ao adelgazamento da capa de ozono, ademais do aumento dos gases de efecto invernadoiro. O chamado buraco de ozono , que se produce anualmente sobre a Antártida, é a manifestación máis espectacular deste adelgazamento, que está afectando a toda a circulación atmosférica no hemisferio Sur.

Xa se sabía que o buraco de ozono cambia o fluxo atmosférico en latitudes altas, pero agora demóstrase que chega a aumentar as precipitacións nas zonas subtropicais.

A capa de ozono, situada na estratosfera terrestre (encima da troposfera, a capa que empeza na superficie terrestre), absorbe a maior parte dos raios ultravioleta solares. O uso dos clorofluorocarbonos, compostos artificiais, provocou o seu paso á atmosfera, onde xa destruíron gran parte da capa de ozono. Esta destrucción, especialmente importante sobre a Antártida, foi descuberta nos anos oitenta e tomáronse medidas, encadradas no Protocolo de Montreal para deixar de usar os compostos destructores. A capa de ozono xa empezou a recuperarse, aínda que lentamente, e espérase que se volva á situación de equilibrio a mediados deste século.

Sen embargo, se parte das manifestacións incipientes dun cambio global observadas ata agora débense a este problema, esto confirma que o ser humano pode introducir cambios no clima, engadindo un novo grao de incertidume ao futuro climático da Terra.

Os científicos queren agora estudiar  os fenómenos extremos de precipitacións, asociados a corrementos de terras e inundacións, para intentar saber como a desaparición do buraco de ozono vailles influír.

FONTE: El País

FOCHA MORUNA

Publicado: 25/04/2011 13:27 por vgomez en ZONA VERDE
20110424085700-fulcri2.jpg

 Focha moruna / Imaxe:avesgranatenses.blogspot.com

 

A recuperación ambiental do Parque Nacional Tablas de Daimiel, situado en Ciudad Real, fixo posible o regreso da focha moruna (fulica cristata), unha das aves máis ameazadas da península, catalogada en perigo crítico de extinción e da que apenas hai 96 parellas reproductoras en España.

A focha moruna, ou tamén chamada focha cornuda ou gallareta cornuda, é unha especie de ave gruiforme da familia Rallidae. É de cor negro, peteiro celeste branco e patas azuladas.

A pesar da melloría que sufríu a poboación da focha moruna, esta especie segue estando en grave perigo de extinción debido, fundamentalmente, á perda e degradación dos seus hábitats é á caza por confusión coa especie cinexética focha común (fulica atra). A focha moruna pódese distinguir pese ao seu aspecto similar á focha común por lucir na parte superior do escudete frontal un par de protuberancias vermellas, especialmente grandes e chamativas durante o seu periodo nupcial.

A súa clasificación científica é:

REINO: Animal

FILO: Cordados

CLASE: Aves

ORDE: Gruiformes

FAMILIA: Rallidae

XENERO: Fulica

ESPECIE: Fúlica cristata

HAI 25 ANOS

Publicado: 26/04/2011 16:19 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20110426161854-chernobyl-reactor.jpg

Central de Chernóbil, despois do desastre / Imaxe:foro3k.com

Un día 26 de abril, pero do ano 1986, polo tanto hai 25 anos, aconteceu o maior accidente nuclear coñecido: CHERNÓBIL (Ucrania).

Aquel día, na realización dun experimento, aconteceron unha cadea de fallos, provocando o colapso do reactor número 4, liberando materias radiactivos e tóxicos 500 veces superiores a bomba atómica de Hiroshima de 1945.

Tes interese en saber que pasou realmente? Se é así pincha AQUÍ .

Esta "celebración" e o desastre da central de Fukushima (Xapón), pon máis ardente o debate sobre a enerxía atómica. Compensan realmente as centrais nucleares? Esta é unha pregunta que cada un de vós debe responder.

ARANDEIRA

Publicado: 27/04/2011 08:12 por vgomez en HERBAS MEDICINAIS
20110426171207-opt1179681629g2.jpg

Arandeira co seu froito: o arando / Imaxe:infojardin.com

Arandeira (Vaccinium myrtillus)

En castelán arándano ou mirtilo.

É un arbusto da familia das ericáceas de pequeno tamaño, entre 15 e 35 cm. Medra nos bosques galegos por riba de 700 metros. As pólas, verdes, son triangulares e as súas flores, pequenas e verdosas, teñen os pétalos xunguidos formando un globo. As follas son ovais, dentadas e puntiagudas. Raramente cultivadas, o seu froito, o arando (unha baga pequena azulada ou negra) ten taninos, ácido cítrico, ácido málico e, o que é infrecuente, ácido benzoico.

USOS:

Está indicado en caso de hemeralopía (reducción da visión ante a luminosidade intensa) ou calquera outro trastorno das arterias dos ollos. É un remedio ideal para as persoas que conducen moitas horas seguidas, especialmente durante a noite, onde a agudeza visual acontece diminuír. Ademais, o arando, permite que os ollos se recuperen despois dunha intensa xornada de traballo.

Grazas a súa beneficiosa acción sobre a microcirculación, produce unha atenuación das pequenas veas que aparecen na cara, fundamentalmente no contorno do nariz e meixelas, coñecida co nome de cuperosis.

Resumindo, mellora a visión (hemeralopía, miopía e rinitis pigmentaria), fraxilidade capilar, varices e hemorroides.

NEPHILA JURASSICA

Publicado: 28/04/2011 20:28 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20110428201026-1303733850-0.jpg

Fósil da araña do Xurásico, atopado en China / "Biology Letters"

"Biology Letters"" publica unha investigación dun equipo da Universidade de Kansas e da Capital Normal University (Pekín) no que se presenta á comunidade científica o fósil máis grande coñecido dunha araña. Trátase dun exemplar do xénero "Nephilidae", tamén chaamado o tecedor da "seda ouro", que vivíu no Xurásico, compartindo o seu entorno cos dinosaurios, hai 165 millóns de anos.

A "Nephila jurassica", como foi bautizada, pertence a un dos xéneros animais cunha orixe máis primitiva e considérase o exemplo de araña tecedora máis grande que existe na actualidade, cun corpo que ten ata cinco centímetros de longo e unhas patas que chegan a acadar os 15 centímetros. As femias son moito maiores que os machos e a súa presenza é común nas rexiones tropicais e subtropicais do planeta.

O fósil, nunha rocha, foi atopado no xacemento de Daohugou, no interior de Mongolia (China), un lugar que no Xurásico medio debía ser moi cálido e húmido.

FONTE: El Mundo