Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Marzo de 2009.

ACASO ESCOLAR E INTERNET

Publicado: 01/03/2009 10:32 por vgomez en COMUNICADOS
20090301103238-acosoeinternet.jpg

Acoso e internet (Foto: www.talinga.net)

Maña, luns 2 de marzo, ás 18 horas e no salón de actos do IES, un grupo especializado da Guarda Civil, impartirá unha charla sobre "O acoso escolar e os perigos do mal uso da internet" para pais, profesores, alumnos maiores e público en xeral. Previamente esta mesma charla foi ofreciada no mes pasado aos alumnos de 1º e 2º de ESO e hoxe mesmo aos alumnos de 3º e 4º de ESO.

A actividade está organizada grupo de Dinamización de Convivencia Escolar.

Penso que é moi importante estar informados para actuar en consecunecia e saber os límites que impón a lei, para poder defender os nosos dereitos.

¡Que sexa proveitosa para todos a charla!

EUROVISIÓN 2009

Publicado: 01/03/2009 11:13 por vgomez en MÚSICA

 

Este ano parece que teremos unha representación no Festival de Eurovisión un chisco máis axeitada que o ano pasado (mellor olvidar ao Rodolfo Chikilicuatre). Trátase de Soraya, unha vella coñecida dos seguidores de Operación Triunfo.

O tema que leva é "La noche es para mi".O festival celebrase o próximo 16 de maio en Moscú (gran final se pasamos entre os 24 millores).

¡Sorte!

MARCAS BRANCAS

Publicado: 02/03/2009 07:55 por vgomez en sin tema
20090228132447-aliada-marca-blanca-corte-ingles2.jpg

Alida, nova marca branca do Cote inglés

A crise económiga agudiza o inxenio dos compradores: mercar o máis barato posible. Neste contexto, aínda que levan moito tempo no mercado, a solución é acudir ás marcas brancas. Pero que é un marca branca?

Unha marca branca é unha marca pertenecente a unha cadea de distribución (xeralmente, hiper ou supermercado, pero tamén de gran distribución especializada) coa que se venden productos de distintos fabricantes. O punto de partida foi alá polo 1975, co que se denominou "producto libre", sendo o lema do seu lanzamento: "Igual de boas que as grandes marcas e máis baratas (pois non hai gastos de publicidade)". O seu nome  procede de que nun principio os envases eran brancos, aspecto que hoxe en día mudou.

Seguro que moitos consumides marcas brancas: iogures do DÍA, ou tomate FROID, etc. Pero sabedes quen fabrica ese producto? Pois, na maioría dos casos, as marcas que están nos estantes e que custan máis: Leite Celta, Campofrío, El Pozo,...

Bótalle un ollo ao seguinte documento e sorprenderaste:MARCAS BRANCAS

 

 

VARAMENTO MASIVO DE BALEAS

Publicado: 03/03/2009 10:37 por vgomez en ZONA VERDE
20090303103758-ballenas-varadas-sur-australia.jpg

Baleas varadas (Foto: Reuters)

Ao sur de Australia, na illa de King, apareceron varios centos de baleas e golfiños varados na súa praia. Din os científicos que os cetáceos síntense  atraídos polo sónar dos grandes buques ou que seguen aos seus líderes enfermos e desorientados polos danos auditivos.

Foron moitos voluntarios os que intentaron devolver ao mar  a estes cetáceos, logrando salvar a 48.

HUMOR: ELECCIÓNS GALEGAS

Publicado: 03/03/2009 13:43 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20090303134357-2009-03-10-vin-2009-03-03-02-09-36-humordavila.jpg

Nesta viñeta de Luis Davila (publicado no xornal de hoxe de Faro de Vigo) móstrase a marcha do que foi ata agora Presidente da Xunta, o famoso Audi da discorsia, que tanto deu que falar,  e sobre el as gaivotas simbolo do partido gañador das eleccións. Completa a viñeta, ao fondo, os aeroxeradores do cuestionado plan eólico e o deserto que terá que pasar o partido perderor.

A ORIXE DA AUGA

Publicado: 04/03/2009 14:01 por vgomez en VÍDEOS

 

Estes días estamos tratando, en clase, o tema da Hidrosfera. A cantidade de auga da hidrosfera estímase aproximadamente nun 1 400 millóns de km3 (lembrade que un m3 son 1000 litros), pero está repartida de forma moi desigual, aparece en diferentes estados e ten distintos graos de pureza. Pero, de onde saíu a auga? Cal é a súa orixe?.

Este vídeo pretende dar contestación a esta pregunta. Espero que resolva as vosas dúbidas.

MÓBILES DE PREPAGO: ATENCIÓN

Publicado: 05/03/2009 09:04 por vgomez en COMUNICADOS
20090304171209-images.jpg

Foto: www.movilae.com

Se eres propietario dun móbil con tarxeta de prepago esta noticia interésache... e moito.

O Ministerio do Interior acaba de facer público que aquel que fale cunha tarxeta de prepago sen identificar, a partir do día 8 de novembro próximo, quedará incomunicado. Polo tanto o meu consello é que os que vos atopedes nesa situación, pasedes polas oficinas da vosa operadora de móbil e fagades a vosa identificación.

Segundo o citado ministerio esta é unha das ferramentas aprobadas polos países membros da Unión Europea para a loita contra o terrorismo e a delincuencia organizada.

Os que teñades móbiles de contrato non tedes problema, pois xa estades identificado nese contrato firmado.

RAREZAS DA NATUREZA

Publicado: 06/03/2009 08:34 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20090304165841-delfin.jpg

Fotografía publicada por The Guardian da fotografía feita poloCaptain Erik Rue /Caters News Agency Ltd

A natureza ofrécenos cousas raras. Neste caso trátase dun golfiño albino, de cor rosado.

O albinismo é unha condición xenética na que hai ausencia conxénita de pigmentación nos ollos, pel e pelo no seres humanos e animais causados pola mutación nos xenes.

Foi visto en compaña doutros golfiños grises no lago Calcasieu, no sur de EE.UU. Non se coñece outro caso. Os máis parecidos son os rosados, que non son albinos e viven na conca do río Amazonas, en Suramérica.

¡Ver para ... !

MÚSICA: SIN FRENOS

Publicado: 06/03/2009 16:37 por vgomez en MÚSICA

 

"Sin frenos", é o título no novo álbum do grupo de pop latino La Quinta Estación. Aqui preséntase o tema "Sin salida" que forma parte dese álbum.

¡Que distrutedes!

ERROS NA RECICLAXE

Publicado: 07/03/2009 09:46 por vgomez en ZONA VERDE
20090306165638-papeleras01.jpg

Foto: Daniel Lobo (Revista Consumer Eroski)

Cando tratamos de reciclar na casa, por medio da separación de resíduos, moitas veces cometesmos erros, non por non facelo, senón por desconecemento.

A Revista CONSUMER EROSKI, publica un artigo datado o 16 de ferebreiro do 2009, da autoría de Alex Fernández Muera, titulado : "Como evitar erros na reciclaxe". Nel resolve moitas dubidas sobre o destino dos resíduos e a que contedor deben de ir. A súa lectura pode axudarnos  a facer unha selección axeitada xa na casa, polo que vola recomendo.

Para acceder ao documento pincha en ERROS NA RECICLAXE

A SONDA KEPLER

Publicado: 07/03/2009 10:34 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20090307103426-kepler2-jr0703091.jpg

Lanzamento do foguete Delta 2, que leva a sonda Kepler (Foto: EFE/NASA)

Na pasada noite, segundo confirma a NASA, foi lanzado con éxito dende a base de Cabo Cañaveral (Florida, EEUU) o foguete Delta 2 que leva unha sonda, denominada Kepler (Johannes Kepler foi un  astrónomo e matemático alemán, coñecido fundamentalmente polas leis sobre os movementos dos planetas sobre a súa órbita ao redor do Sol).

A misión desta sonda, cunha duración prevista de tres anos e medio, é a busca doutros planetas como a Terra (planetas rochosos e con auga en forma líquida). A cámara coa que vai provista a sonda Kepker (que pode funcionar maís do tempo previsto para a misión) observará con maior atención máis de 100.000 estrelas, que son similares ao Sol, na rexión de  Cygnus Lyra da Vía Láctea.

¡Boa viaxe!

 

Hoxe celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. Neste día conmemórase a loita da muller pola súa participación, pola igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa.

¡Feliz día!

 

OBSERVACIÓN ORNITOLÓXICA

Publicado: 10/03/2009 17:31 por vgomez en ZONA VERDE
20090310173453-dscn1299.jpg

No día de onte, luns 9 de marzo, os alumnos-as de 1º ESO e na materia de CN, distribuídos en quendas de mañá e tarde, fixeron unha saída  para a realización de observacións ornitolóxicas. Contamos co asesoramento e material facilitado por ANABAM.

Aínda que tivemos un día fermosísimo, tendo en conta a época que nos atopamos, as aves que había non eran moitas. De calquera xeito puidemos observar: Alavanco real (Anas platyrhynchos), Mazarico galego (Numenius phaeopus), Píllara riscada ( Arenaria interpres), Garza real (Ardea cinerea), Garzota (Egretta garzetta), Corvo mariño real (Phalacrocorax carbo), Carrán cristado (Sterna sandvicensis), etc

¡Un día a recordar!

OS ANEIS DE SATURNO

Publicado: 11/03/2009 11:08 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20090310175613-anillosaturno.jpg

Saturno (Foto: Astromia.com)

Cada 15 anos aos aneis de Saturno, dun espesor duns 100 m, practícaranlle un xogo de maxia moi curioso: desaparecer. Si, pois dende estas datas ata o 4 de setembro, os aneis irán, pouco a pouco desaparecendo. A desparición é en realidade unha falta de visión dos aneis dende a Terra por un cruce do plano a medida de que sSturno xira ao redor do Sol, o que provoca que se coloquen de canto á Terra.

Hose sabémolo, pero cando Galileo o víu (1612) non soupo por que sucedía.

BACHARELATO

Publicado: 11/03/2009 23:49 por vgomez en COMUNICADOS
20090311234947-libros-gratis.jpg

O Tribunal Supremo anulou un real decreto (o 1467/2007, do 2 de novembro) segundo o cal os alumnos de primeiro de bacharelato que suspendesen ata catro materias podían pasar de curso matriculándose en parte de segundo.

En concreto, o que declara nulo o Tribunal Supremo é o artigo 14 do citado real decreto, no que se di: « Quen non promocionen a segundo curso e teñan avaliación negativa en tres ou catro materias poderán optar por repetir o curso na súa totalidade ou por matricularse das materias de primeiro con avaliación negativa e ampliar devandita matrícula con dúas ou tres materias de segundo nos termos que determinen as administracións educativas».

Segundo o Tribunal Supremo, na LOE , do mesmo xeito que nas outras leis, «a promoción ou paso a un curso de bacharelato implica a matrícula en todas as materias que integran devandito curso, e a posibilidade de matricularse de materias soltas queda limitada a materias pendentes do curso anterior e, xa que logo, impide a matrícula de materias soltas dun curso ao que non se promocionou previamente». é dicir, quen se matricule por primeira vez nun curso ha de facelo en todas as súas materias e só se despois quédanlle dúas ou menos pode rexistrarse nestas materias concretas.

Polo tanto, como estaba anteriormente, con máis de dúas materias hai que repetir 1º de bacharelato.

CALENDARIO 2ª AVALIACIÓN

Publicado: 13/03/2009 00:26 por vgomez en sin tema
20090312204451-images.jpg

Estamos a piques de rematar esta 2ª avaliación  e achégase a etapa de exames, polo que temos que programar esta recta final.

Datas a ter en conta:

19 de marzo (xoves), Festa de San Xose. Non lectivo.

20 de Marzo (venres), Día do Ensino. Non lectivo.

31 de marzo (martes), Avaliación de 3º ESO A e B.

1 de abril (mércores), Avaliación de 1º ESO A, B, C e D. Avaliación de 3º ESO C  e PDC. Avaliación de 4º ESO A, B e PDC.

2 de abril (xoves), Avaliación de 2º ESO A, B, C e D. Avaliación de 4º ESO C.

3 de abril (venres). Clases normais ata a última hora (13,10 a 14 horas) na que se entregarán as notas, polos titores, na aula respectiva do grupo.

Este trimestre é moi importante, polo hai que poñer o maior empeño en superalo. ¡ÁNIMO!

OLIVEIRA

Publicado: 13/03/2009 17:01 por vgomez en ZONA VERDE
20090313165629-dscn1303.jpg

Oliveira (Olea europea L.)

Dende hai uns días contamos cunha nova árbore no noso xardín botánico. Trátase dunha oliveira (Olea europeaL.) doada por un particular: Jesús Baldonedo  (Muebles Suso). Dende a A21EG o noso agradecemento.

A planta ten bo porte é esta situada preto doutra oliveira, moito máis pequena. Lembremos que esta árbore ten un crecemento moi lento.

A oliveira é unha árbore perennifolia (sempre con folla), lonxeva, que pode acadrar os 15 m de altura, con copa ancha e toro groso e retorcido. A súa clasificación científica é:

Reino: Plantas

División: Magnoliophyta

Clase: Magnoliopsida

Orde: Lamiales

Familia: Oleáceas

Xénero: Olea

ENERXÍA EÓLICA

Publicado: 13/03/2009 17:14 por vgomez en VÍDEOS

 

Estes días estivemos tratando en clase os tipos de enerxías. Iniciamos hoxe unha serie de vídeos que pretender completar, dun xeito máis agradable, este tema.

Hoxe tócalle á enerxía do vento: ENERXÍA EÓLICA.

CAMPAMENTOS VERÁN 09

Publicado: 15/03/2009 22:25 por vgomez en COMUNICADOS
20090315222541-image-gallery.jpg

 A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade convoca a oferta da Campaña Verán-2009 que comprende, ademais daquelas que se desenvolven na Comunidade Autónoma galega, actividades de ámbito estatal, tendo lugar a súa celebración noutras comunidades autónomas de España. A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade pretende desta forma atender a demanda individual, cada día máis crecente, de mozos e mozas no eido do lecer e o tempo libre.

Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas na presente convocatoria os mozos con idades comprendidas dentro dos tramos que se especifican para cada actividade (para campamentos de 9 a 17 anos, para actividades para maiores de 18 de 18 a 35 anos, e nos campos de traballo hai que atender ao que se marque en cada un deles). En canto á marxe de idade mínima e máxima que se especifica para cada actividade, deberase manter desde o inicio ata a finalización do campamento.

A adxudicación realizarase da seguinte forma:
1. Por adxudicación directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.
2. Por sorteo, por medios informáticos, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles.Neste caso o sorteo realizarase, ante notario, o día 22 DE ABRIL DE 2009 as 12 horas no salón de actos número un, sito na planta baixa das dependencias da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en Santiago de Compostela.

O prazo de solicitude  rematará o día 24 DE MARZO.

Se estás interesado, tes toda a información en CAMPAMENTOS VERAN 09


ENERXÍA NUCLEAR

Publicado: 17/03/2009 00:00 por vgomez en VÍDEOS

 

Continuamos coas fontes de enerxía. Neste caso tócalle a ENERXÍA NUCLEAR, sempre cuestionada polos perigos que hai ao seu redor. É unha fonte de enerxía non renovable.

 Espero que sexa útil para clarificar as ideas sobre este tema.

20090316142151-bibliotecavirtualprensa.gif

A Biblioteca Virtual de Prensa Histórica é un proxecto posto en marcha, resultado dun proceso de dixitalización cooperativa do Ministerio de Cultura, as Comunidades Autónomas e outras institucións da memoria, co que se pretende, simultaneamente, preservar e facer accesibles uns materiais bibliográficos que se caracterizan por ser exemplares únicos e, polo tanto, de difícil acceso.

Un exemplo: A consulta dalgúns dos 11 documentos que corresponden a Galicia: o xornal do 1 de xaneiro de 1925 do xornal de Lugo "El Progreso".

Se estás interesado pincha no enlace permanente ou en Biblioteca Virtual de Prensa Historica

MAFALDA VEIGA

Publicado: 17/03/2009 13:48 por vgomez en MÚSICA

 

Mafalda Veiga é unha cantante portuguesa, nacida en Lisboa o 24 de decembro de 1965. Vivíu algús anos en España.

Imos coñecer unha das súas cancións: No rastro do Sol. Podes seguir o vídeo coa letra que segue:

Duas luas no céu e duas canções
Dois olhares que se cruzam a procurar
Um sol um luar
E todos os lugares onde a luz se pode abraçar

Doze luas em ti e sete marés
Sete barcos navegam a procurar
Um porto uma praia
Talvez no fim do mar onde alguém nos venha esperar

Vem comigo no rasto de sol
Eu vou contigo
Vem comigo do outro lado das muralhas
Eu vou contigo

Duas luas no céu na palma da mão
Dois olhares que se entregam até ao fim
Do corpo e da alma
Em todos os lugares onde o mundo me fala de ti

À tua volta há luz de sete luares
Sete barcos navegam para encontrar
Um fogo um calor
Talvez no fim de tudo haja força pra recomeçar

Vem comigo no rasto de sol
Eu vou contigo
Vem comigo do outro lado das muralhas
Eu vou contigo

Duas luas no céu e duas canções
Dois olhares que se cruzam a procurar
Um sol um luar
E todos os lugares onde a luz se pode abraçar

Vem comigo no rasto de sol
Eu vou contigo
Vem comigo do outro lado das muralhas
Eu vou contigo

Espero que vos gustara. Se é así, ao remate do vídeo tedes outros vídeos relacionadaos con máis temas, incluso algúns en español.

TIANYULONG CONFUCIUSI

Publicado: 19/03/2009 22:08 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20090319130918-1237395009-0.jpg

                                                       Recreación do "Tianyulong confuciusi" (Nature)

A revista "Nature" publica esta semana o achadego dos restos fósiles dun Tianyulong confuciusi, un dinosaurio con plumas.

Este dinsosaurio pertence ao grupo dos Ornithischia, que viviron entre hai 144 e 90 millóns de anos, no Cretácico Inferior.

Era bípedo, herbívoro e de pequeno tamaño (non superando os 1,3 m de longo). O caso concreto do fósil era xove e de 70 cm.

Foi atopado nunha mina na provincia china de Liaoning.

O achádego abre máis teorías sobre estes dinosaurios dos que se pensan que descenden as aves.

E CHEGOU A PRIMAVERA

Publicado: 20/03/2009 10:55 por vgomez en COMUNICADOS
20090320105510-primavera.jpg

Hoxe, venres 20 de marzo, ás 12,44 horas comenzará a primavera, que durará 92 días e 18 horas. O equinoccio de primavera é o momento do ano no quea duración do día e a noite é practicamente igual. O equinoccio de primavera pode darse en tres datas distintas ao longo do século XXI, podendo iniciarse entre os días 19 ao 21 de marzo  (data oficial española),  sendo o seu incio máis temperán o do ano 2096 e o inicio máis tardío o do 2003.

BIOMASA

Publicado: 20/03/2009 12:07 por vgomez en VÍDEOS

 

Outra das fontes de enerxía renovable é a denominada BIOMASA. Ten moito futuro e solventa moitos problemas no entorno cunha aplicación para a obtención de enerxía eléctrica e auga quente. Este vídeo pretende que profundicedes sobre ela.

 

 

HUMOR: O TEMPO

Publicado: 21/03/2009 22:22 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20090320111333-2009-03-27-vin-2009-03-20-01-19-04-hudavila.jpg

Dávila (Faro de Vigo 20-03-09)

A viñeta  de Dávila, fai referencia ao tempo primaveral ou incluso de verán que estamos disfrutando. Esperemos non pagar máis tarde as consecuencias. De calquera xeito parece que as témporas entraron ben.

AMONITES

Publicado: 22/03/2009 12:58 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20090322125841-amonites.jpg

Amonites é o nome popular dos ammonoideos, unha subclase dos moluscos cefalópodos desaparecidos, dos que formaría parte hoxe a lura e onde os parentes máis próximos serían os argonautas e os nautilus, que viviron nos mares dende o período Devónico (Era Paleozoica ou Primaria) e o Certácico (Era Mesozoica ou Secundaria).

Externamente posuía unha cuncha fina (único que podemos ver dos fósiles) cunha ornamentación moi marcada, constituída por costelas. Estaba dividida en dúas partes: unha tabicada onde almacenaba os gases para controlar a flotación e outra onde se aloxaba a parte branda, cunha coroa de tentáculos na cabeza que saían pola abertura da cuncha.

A noticia é que na pasada semana atopáron na Antártida arxentina un cemiterio de fósiles de amonites, de entre 20 cm e 1,7 m. Esto permitirá coñecer un pouco mellor o que foron estes fascinantes e curiosasos moluscos.

 

 

 

 

DÍA MUNDIAL DA AUGA

Publicado: 22/03/2009 22:45 por vgomez en COMUNICADOS
20090322224550-wwd09.gif

Hoxe, 22 de marzo de 2009, celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA AUGA, que este ano leva o lema: "Os recursos híricos transfronteirizos".

Este día pretende dar énfase a cuestións  relacionadas ás aguas compartidas. Persoas de todo o mundo están invitadas a celebrar este día resaltando a importancia dos desafíos mundiais de compartir a agua e as oportunidades.

Nós, dende o IES, queremos esta próxima semana reslatar a importancia da depuración das augas no proceso do ciclo hidrolóxico. Por eso o próximo martes os alumno-as de 1º ESo farán unha visita á EDAR (Estación Depuradora de Augas Residuais) de A Gurada, onde coñecerán de primeira man este proceso que permite evitar a contaminación do noso mar, sendo máis respectuosos co medio ambiente.

Así mesmo dende a A21EG fixemos unha serie de recomendacións para o aforro deste líquido tan importante para os seres vivos. Facemos un chamamento á responsabilidade  de todos e todas ao aforro da auga.

O PETRÓLEO

Publicado: 23/03/2009 09:13 por vgomez en VÍDEOS

 

Dentro das fontes de enerxía non renovables atopamos o PETRÓLEO, o ouro negro do que tanto dependemos. O vídeo de hoxe pretende profunzidar nel.

 

¡POR FIN!

Publicado: 24/03/2009 13:38 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20090323150931-rae.jpg

Xa era hora que desaparecera un dos significados do termo gallego do Diccionario da Real Academia Española, no que, como se pode ver máis abaixo no apartado 5, significaba despectivamente tonto.

gallego, ga.

(Del lat. Gallaecus).

1. adj. Natural de Galicia. U. t. c. s.

2. adj. Perteneciente o relativo a esta comunidad autónoma de España.

3. adj. En Castilla, se dice del viento cauro o noroeste, que viene de la parte de Galicia. U. t. c. s.

4. adj. Ant., Arg., Col. y Ur. Dicho de una persona: Nacida en España o de ascendencia española. U. t. c. s.

5. adj. C. Rica, tonto. (falto de entendimiento o razón).

6. adj. El Salv, tartamudo.

7. m. Lengua de los gallegos.

8. m. C. Rica y Nic. Especie de lagartija crestada que vive en las orillas de los ríos y nada con mucha rapidez.

9. m. C. Rica. libélula.

10. m. Cuba y P. Rico. Ave palmípeda de plumaje ceniciento, rabadilla, vientre y cola blancos, patas, pico y párpados rojizos.

11. m. Cuba. En un ingenio, dispositivo que aplana y nivela la caña antes de ser molida.

 

  Esta loita, gañada pola persistencia dunha galega (nin tonta nin tartamuda), naquel momento estudiante de maxisterio  se Santiago de Compostela, surtirá efecto dentro dun par de meses do diccionario que a RAE ten en internet e en papel a partir do diccionario que se publicará no ano 2013. 

¡Que chegue pronto ese día! ¡O significado número 6, tamén o podían quitar!

 

E.D.A.R. DE A GUARDA

Publicado: 24/03/2009 14:56 por en FOTOVERDE
20090324145530-dscn1309.jpg

No día de hoxe, martes 24 de marzo, o alumnado de 1º ESO visitou a EDAR (Estación Depuradora de Augas Residuais) do noso Concello. A actividade está organizada polo Seminario de Bioloxía-Xeoloxía e a A21EG, contando co asesoramento da empresa que leva a xestión da planta para o Concello.

A EDAR está pensada para unha poboación equivalente de 23.000 habitantes, para un caudal medio de 268,30 m3/h, podendo chegar a un caudal máximo de 644 m3/h. A depuradora consta de dúas liñas diferenciadas:

1ª. Liña de auga:

A auga residual que chega é sometida en primeiro lugar a un pretratamento para a eliminación das materias sólidas grosas e finas, da area e máis da graxa. Despois pasa ao biolóxico de aireación prolongada, caracterizado pola súa flexibilidade e baixo custo. A decantación é o seguente proceso, onde se consegue a clarificación da auga xa depurada. Por último a auga sométese á desinfección por raios ultravioleta.

2ª. Liña de lodo:

O lodo que se produce, recircúlase constantemente do decantador ao biolóxico. Os lodos en exceso envíanse ao espesador para sometelos a un acondicionamento químico que permita a súa centrifugación, e deste xeito que sexan aptos para o transporte (compost que se emprega como fertilizante).

Esta actividade, xunto con outras, sitúase na conmemoración do Día Internacional da auga, celebrado o pasado domingo 22.

5tº Piso

Publicado: 25/03/2009 09:16 por vgomez en MÚSICA

 

Hoxe, no apartado de MÚSICA, preséntovos un cantautor "diferente". Si, diferente ao que seguramente estades acostumados a escoitar. Profundo, con tema nas súas letras. Trátase de Ricardo Arjona.

Ricardo Arjona é nome artístico de Edgar Ricardo Arjona Morales, nacido en Jacotenango (Guatemala) o 19 de xaneiro de 1964. O seu bisavó era español. O tipo de música que escribe e canta (acompañado fundamentalmente de guitarra e piano) é pop e balada.

O tema que podedes escoitar é do seu último traballo 5tº Piso : "Como duele". Espero que vos guste. Se é o caso podedes escoitar outras e seguir a súa carreira en Ricardo Arjona

UN RECORDO PARA MANUEL

Publicado: 26/03/2009 11:42 por vgomez en COMUNICADOS
20090326114439-garcia-varela-manuel2.jpg

D. Manuel García Varela

Seguramente os que vexades esta fotografía non recoñeceredes quen é, pero se preguntades aos vosos irmás ou pais posiblemente si. Tratase dun profesor que foi..., pois lamentablemente hoxe faleceu en Tui (lugar onde tiña a súa residencia e o seu traballo, aínda que non era nativo desa vila) despois dunha curta pero intensa enfermidade, o profesor de Latín deste Centro durante varios anos. Era, ... si era D. MANUEL GARCÍA VARELA.

Fun moi poucos anos compañeiro seu, foi profesor dunha das miñas fillas, pero ante todo foi unha boa persoa. Dende aquí, os meus respectos. Son moitos os alumnos-as de A Guarda que pasaron polas súas mans.

¡Descanse en paz!

HUMOR: GALEGO/CASTELÁN

Publicado: 27/03/2009 00:50 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20090327005728-2009-03-29-vin-2009-03-22-00-56-01-hudavila.jpg

Viñeta de Dávila (Faro de Vigo 22/03/09)

Neste viñeta de Dávila, faise referencia aos anuncios esperemos que infundados, da nova política sobre o idioma galego. Ao parecer o castelán vai, como di a viñeta, a engulir ao galego. Seguramente moitos quedarán moi contentos e outros ... Dende o meu punto de vista hai que ter un respecto pola lingua do noso país (a nosa, o GALEGO), independientemente de que teñamos unha competencia lingüística igual en castelán (lingua cooficial en galicia) e se podemos en inglés, francés, portugués, ... , pois ao fin e ao cabo con canta máis xente nos relacionemos lingüísticamente moito mellor.

Espero que o sentido común (eso que cada vez se perde máis, e así imos) perdure neste caso.

¡Vermos que acontece!

A HORA DO PLANETA

Publicado: 28/03/2009 00:55 por vgomez en ZONA VERDE

 

Hoxe, sábado 28 de marzo, ás 20,30 tes unha cita co noso Planeta para demostrar que a loita contra o cambio climático é posible.

Esta iniciativa de WWF (Adena/World Wildlife Fund)  é a maior campaña en defensa do medio ambiente da historia na que esperemos que participen 1.200 millóns de persoas. Na Hora do Palneta están implicados gobernos, cidadáns e empresas nunha acción conxunta para  chamar a atención sobre os efectos do quentamento global e esixir aos líoderes políticos que actúen para controlar as emisión de CO2 antes de que sexa demasiado tarde.

Moitos Concellos, institucións e empresas participarán. E ti?

Simbólicamente apaga as luces da túa casa 5 minutos ¡Participa!

CAMBIO DE HORA

Publicado: 29/03/2009 00:23 por vgomez en COMUNICADOS
20090328011157-20080329114631-images.jpg

O reloxo adiantarase unha hora durante esta  madrugada do sábado ao domingo.

A medida aplícase en cumprimento da Directiva Comunitaria que rixe o cambio de hora e que afecta a todos os paises membros da Unión Europea.

O cambio de hora empezouse a xeneralizarse a partir de 1974, a consecuencia da primeira crisis do petróleo, cando algúns países decidiron adiantar os reloxos para poder aproveitar a luz do Sol e gastar menos electricidade. Aplícase como directiva dende 1981 e foi renovada sucesivamente cada catro anos.

Segundo as estimacións do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), dependente do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, o potencial de aforro en iluminación no soso país polo cambio de hora pode chegar a representar un 5% do consumo eléctrico en iluminación, equivalente a uns 300 millóns de euros.

WILHELM BUNSEN

Publicado: 29/03/2009 13:41 por vgomez en NOMES PROPIOS
20090329132928-bunsen.gif

Wilhelm Bunsen (1811-99). Químico e físico alemán. Aislou o cacodilo (1837) e os elementos magnesio e o cromo. Estableceu con Kirchhoff os fundamentos da análisis espectral. Llevan o seu nome, ademais do “acendedor Bunsen”, un calorímetro, un densímetro, un fotómetro, unha pila, os minerales bunsenita (NiO) e bunsenina (AuAgTe2)… Foi  profesor de química en Kassel, Marburgo, Breslau e Heidelberg.

HUMOR: A HORA DO PLANETA

Publicado: 31/03/2009 12:31 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20090330181452-hplaneta.jpg

Nesta viñeta "O Carrabouxo" (Xosé Lois) publicada no xornal La Región do pasado 20-03-09, satiriza sobre o apagón dunha hora, do pasado sábado, na celebración da "hora do planeta". 

En verdade hai moitas luces acesas durante a noite innecesariamente. Hai que empezar por esas para aforrar enerxía.

ORIÓN

Publicado: 31/03/2009 13:05 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20090331130517-1238428776-0.jpg

Maqueta da futura cápsula lunar da NASA ( Foto: AFP)

Orión (a constelación do Cazador) ese e o nome da cápsula na que viaxarán os astronautas á Lúa, eso si, alá polo 2020.

Foi presentada pola NASA en Washintong, en forma de maqueta. Deseñada sobre a base dos transbordadores Apolo, terá unha capacidade para unha tripulación de 4 membros, fronte aos tres das Apolo.

A misión terá como obxectivo establecer unha base permanente, na que poderán estar ata seis meses, na Lúa. Ten un tamaño de 16,5 metros de diámetro e un peso de 8 toneladas.

Orión pretende tamén ser un vehículo empregado para trnasporte de suministros e ocupantes á ISS (Estación Espacial  Internacional).



Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next