Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2010.

PLANETSOLAR

Publicado: 01/04/2010 09:44 por vgomez en ZONA VERDE
20100331183740-planetsolar.png

A procura de enerxías renovables aplicadas ao mundo da navegación acaba de dar novos froitos: PanetSolar.

PlanetSolar é un catamarán propulsado con enerxía solar. As súas dimensións? Espectaculares!:30 metros de eslora por 16 de manga, aínda que aumentando algúns metros coas placas solares fotovoltaicas desplegadas (470 m2). O seu peso entre 60 e 85 toneladas. Capacidade 50 pasaxeiros.P ode acadar unha velocidade máxima de 15 nudos (25 km/h). O barco foi construído en Kiel (Alemania).

 

solar

Imaxe da botadura onte do PlanetSolar / Efe

 Despois da súa presentación inicaiará unha xira europea e comenzará a volta ao mundo en 120 días.

Se queres coñecer o proceso de construcción , así como as etapas da pervista volta ao mundo pincha AQUÍ.

Boa viaxe!

PEIXE CEBRA

Publicado: 02/04/2010 11:53 por vgomez en CURIOSIDADES
20100401105502-pez-cebra.jpg

O peixe cebra (Danio rerio) é un ciprínido (peixe óseo) emparentado coas carpas e barbos e que é frecuente atopalo en acuarios, coas chamativas raias.

A curiosidade deste peixe é que ten a capacidade de rexenerar os seus órganos e tecidos. Esta capacidade despertou o interés dos científicos e buscan pistas para desvelar este misterio. Moitas das doenzas humanas, como as insuficiencias cardíacas, entre outras, son o resultado do dano nos tecidos, polo que se se descubre como os peixes cebra se rexeneran, tamén se podería obter os coñecementos para poder aplicalos aos humanos. Ao seccionarlles un anaquiño de miocardio, nadan con dificultade, pero ao cabo dun mes volven a normalidade. Fantástico!

Corazón regenerado

Imaxe do corazón dun peixe cebra rexenerado 14 días despois de sufrir unha amputación experimental- JUAN CARLOS ISPIZUA BELMONTE /SALK INSTITUTE FOR BIOLOGICAL STUDIES

Os resultados de dous estudios foron publicados pola revista Nature que suxiren que os responsables son un tipo de cardiomicitos, as células musculares cardíacas do propio  animal que lle proporcionan as forzas para contrare o corazón.

Según un destes estudios, ao sufrir un ataque ao corazón, o tecido muscular cardíaco e sustituído por tecido cicatricial, que é incapaz de contraerse. Pero antes de producirse a insuficiencia cardíaca nos mamíferos, as células musculares cardíacas lesionadas entran nun estado de autopreservación coñecido como hibernación, no que deixan de contraerse, esforzándose por sobrevivir. Os investigadores supoñen que os cardiomiocitos en hibernación dos mamíferos poderían ser células que están intentando reproducirse. Chris Jopling, autora principal del estudio considera que a hibernación do corazón humano é significativa. "Tal vez o único que necesiten sexa un pequeño empuxón na boa dirección".

FONTE: Elpais.es

 

 

HUMOR: ABRIL AUGAS MIL

Publicado: 02/04/2010 13:36 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20100402133047-resize.jpeg

Comenza o mes de abril e hai un dito: "Abril augas mil". Levamos un ano de moita auga e polo que parece o mes que andamos segue a mesma tónica.

Esta idea recóllea moi ben O Carrabouxo, na súa viñeta do xornal La Región.

Só nos queda o consolo doutro dito: "Nunca choveu que non escampase".

O CEO DO MES: ABRIL 2010

Publicado: 03/04/2010 10:31 por vgomez en O CEO DO MES
20100402131111-cometathatcher.jpg

Cometa Thatcher/spaceweather.com

6 de abril: Cuarto Minguante.

14 de abril: Lúa Nova.

21 de abril: Cuarto Crecente.

26 de abril: Lúa Chea.

Chuvias de meteoros:Líridas. Actividade entre o 16 e o 25 de abril. Máxima actividade o día 22.

Pi-Púppidas. Actividade entre o 15 e o 28 de abril. Máxima actividade o 23.

Cometas:Thatcher e 26P/Grigg-Skjellerup.

HUMOR: A CRUZ

Publicado: 03/04/2010 10:31 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20100402131952-tira2color2.jpg

A cruz é un símbolo que estes días pasean dobremente polas nosas rúas: a cruz de Xesús na Semana Santa e a cruz da crise que está durante todo o ano.

A viñeta de Pinto & Chinto de onte, no xornal La Voz de Galicia recolle perfectamente esta cuestión, é máis pon no punto de mira ao Presidente do Goberno, que leva a súa cruz particular e ao resto do país que leva esa cruz de presidente, como causante do problema.

Esperemos que na próxima Semana Santa só levemos a cruz de Xesús polas rúas!

 

20100403112654-pareja-planetas.jpg

Ilustración do ceo para observar Venus e Mercurio / SKY & TELESCOPE

No anoitecer de hoxe domingo, 4 de abril de 2010, temos a oportunidade única, se se dan as condicións de noite despexada, de ver un fenómeno espectacular: Venus e Mercurio emparellados.

Venus e Mercurio, os dous planetas máis próximos ao Sol, observaranse a simple vista no ceo crepuscular despexado, mirando cara a occidente entre media hora e unha ahora despois da posta do Sol. Neste anoitecer veremos ese achegamento cando estarán separados por uns tres graos (o ancho de dous dedos xuntos elevados cara o ceo co brazo extendido).

A partir do 10 de abril, Mercurio deixará de verse, xa que será cada vez menos visible dende a Terra a súa cara iluminada.

FONTE:SkyandTelescope.com e diario El Pais.

ANÉCDOTA REAL

Publicado: 05/04/2010 07:12 por vgomez en CURIOSIDADES
20100403133432-barometro1.jpg

Sir Ernest Rutherford, Presidente da Sociedade Real Británica e Premio Nobel de Química en 1908, contaba a seguinte anécdota:

Hai algún tempo recibín a chamada dun colega. Estaba a punto de poñerlle un cero a un estudiante pola resposta que dera nun problema de física, aínda  que el afirmaba con rotundidade que a súa resposta era absolutamente acertada. Profesores e estudiantes acordaron pedir a arbitraxe de alguén imparcial e fun elexido eu.

Lin a pregunta do exame e dicía:

Demostre como é posible determinar a altura dun edificio coa axuda dun barómetro.

O estudiante respondera:

Levo o barómetro á azotea do edificio e átolle unha corda moi longa. Descólgoo  ata a base do edificio, marco e mido. A lonxitude da corda é igual á lonxitude do edificio.

Realmente, o estudiante plantexáralle un serio problema coa resolución do exercicio, porque respondera á pregunta correcta e completamente. Por outra banda, se lle concedía a máxima puntuación, podería alterar o promedio do seu ano de estudio, obter unha nota máis alta e así certificar o seu alto nivel en física, pero a resposta non confirmaba que o estudiante tivese ese nivel.

Suxerín que se lle dera ao alumno outra oportunidade. Concedinlle seis minutos para que me respondera á mesma pregunta pero esta vez coa advertencia de que na resposta debía demostrar os seus coñecementos de física.

Pasaran cinco minutos e o estudiante non escribira nada. Pregunteille se desexaba marcharse, pero contestoume que tiña moitas respotas ao problema. A súa dificultade era elexir a mellor de todas. Excuseime por interrumpilo e pregueille que continuara.

No minuto que lle quedaba escribíu a seguinte resposta: Tomo o barómetro e  lánzoo ao chan dende a azotea do edificio, calculo o tempo de caída cun cronómetro. Despois aplícaselle a formula da caída libre e así obteño a altura do edificio.

Neste punto  pregunteille ao meu colega se o estudiante se podía retirar. Deulle a nota máis alta.

Despois de saír do despacho, reencontreime co estudiante e pedinlle que me contara as outras respostas á pregunta proposta.

"Bueno, respondeu, hai moitas maneiras, por exemplo tomas un barómetro nun día soleado e mides a altura do barómetro e a lonxitude da súa sombra. Se medimos de seguido a lonxitude da sombra do edificio e aplicamos unha simple proporción, obteremos tamén a altura do edificio."

Perfecto, díxenlle, e doutra maneira? Si, contestou, este é un procedemento moi básico para medir un edificio, pero tamén serve. Neste método, tomas o barómetro e sitúaste nas escaleiras do edificio na planta baixa. Segundo subes as escaleiras, vas marcando a altura do barómetro e contas o número de marcas ata a azotea. Multiplicas ao final a altura do barómetro polo número de marcas que fixechese xa tes a altura.

Este é un método moi directo, por suposto, pero se o que queres é un procedemento máis sofisticado, podes atar o barómetro a unha corda e movelo como se fose un péndulo. Se calculamos que cando o barómetro está á altura da azotea a velocidade é cero e se temos en conta a medida da aceleración da gravidade ao descender o barómetro en traxectoria circular ao pasar pola perpendicular do edificio, da diferencia destes valores e aplicando unha sinxela fórmula trigonométrica, poderemos calcular, sen dubida, a altura do edificio.

Neste mesmo estilo de sistema, atas o barómetro a unha corda e descólgalo dende a azotea á rúa. Empregándoo como un péndulo podes calcular a altura medindo o seu período de oscilación.

En fin, concluíu, existen outras moitas maneiras. Probablemente, a mellor sería tomar o barómetro, golpear con el a porta da casa do porteiro Cando abra, decirlle: "Señor porteiro aquí teño un bonito barómetro. Se vostede dime a altura deste edificio, regálollo."

Neste momento da conversa, pregunteille se non coñecía a resposta convencional ao problema: A diferencia de presión marcada por un barómetro en dous lugares diferentes proporciónanos a diferencia de altura entre ambos lugares. Evidentemente, dixo que a coñecía, pero que durante os seus estudios, os seus profesores sempre intentaron ensinarlle a pensar.

De regreso ao meu despacho, reflexionei longo tempo sobre este estudiante. Mellor que todos os informes sofisticados que ata entón houbese lido, acababa de ensinarme a verdadeira pedagoxía, a que se apega á realidade. Con  mozos como este, non lle temo ao futuro.

O estudiante chamábase Niels Bohr, físico danés, premio Nobel de Física en 1922, máis coñecido por ser o primeiro en propoñer o modelo do átomo con protóns, neutróns e os electróns que os rodeaban. Foi fundamentalmente un innovador da teoría cuántica.

Pero ao marxe da persoaxe, o esencial da anécdota hoxe comentada, é que ensináronlle a pensar. Aprendamos a pensar! Hai mil solucións para un mesmo problema, pero o realmente interesante , o autenticamente xenial é elexir a solución máis práctica e rápida, de forma que poidamos acabar co problema de raíz... e  adicarnos a solucionar outros problemas.


GAS NATURAL

Publicado: 06/04/2010 07:05 por vgomez en DOCENCIA
20100406070907-gas-1-.jpg

Cada día é máis empregado nas cidades, chegando ás nosas casas por tubaxes similares as da auga, para uso doméstico (cociña, calefacción, auga quente). Nestes últimos días acaba de sufrir unha subida na tarifa de prezos. Estou a falar do gas natural. Pero que é o gas natural?

O gas natural é unha fonte de enerxía non renovable formada por unha mestura de gases (composto principalmente por metano e outros gases como nitróxeno, CO2, H2S, helio e mercaptanos) que se atopa frecuentemente en xacementos de petróleo, disolto ou asociado con el, ou en depósitos de carbón.

Se queres profundizar sobre este tema, aquí tes unha infografía da revista Consumer:Gas Natural

FOCA GRIS

Publicado: 07/04/2010 08:12 por vgomez en ZONA VERDE

 

Este ano celebrase o  seu XXV aniversario de ANABAM. Moitas son as actividades que esta organización naturista leva realizado. Dende aquí quero, durante este ano lembrar algunhas das súas acutacións en defensa da natureza.

"Un día de marzo do ano 2006, recibíase unha chamada no local de ANABAM, alertando da presenza dunha Foca Gris na zona do Seixal, costa sur da Guarda. Ata alí desplazáronse membros desta asociación e colaboradores. Uns e outros rescataron á foca. Foi recollida polo CEMMA e trasladada a un centro de recuperación e soltada meses despois nas augas do Atlántico".

Esta é a historia deste vídeo realizado por esta Organización.

 

VARANUS BITAWA

Publicado: 08/04/2010 10:52 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20100407084651-nuevo-lagarto.jpg

A nova especie de lagarto xigante "Varanus bitawa" / AFP

A revista Biology Letters, da Royal Society de Londres, acaba de publicar un estudio, levado a cabo por un equipo internacional de biólogos, no que se identificaba unha nova especie de lagarto xigante, bautizado como Varanus bitawa.

Este lagarto, escamado de negro e amarelo, de 2m de longo, vive en Filipinas, concretamente nos bosques da illa de Luzón. A súa alimentación é a base de froitas e caracois.

FONTE: El Pais

2010 GA6

Publicado: 09/04/2010 08:09 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20100408184402-2020-ga6.jpg

Imaxe do radar que vixía a traxectoria do asteroide 2010 GA6 /NASA

2010 GA6 é o nome dun asteroide que, nesta pasada madrugada (concretamente ás 01:06 horas), pasoua só 359.000 km da Terra.

Este asteroide, de 22m de ancho, foi descuberto recentemente polo telescopio "Catalina Sky Survey", da Universidade de Tucson, en Arizona (Estados Unidos).

A información foi facilitada polo NASA e o seu programa "o vixiante do espacio",  encargado de coordinar o descubrimento destes obxectos e determinar se son perigosos ou non para o planeta.

VOLCÁNS EN VENUS?

Publicado: 11/04/2010 23:50 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20100411234502-volcan-activo-venus.jpg

Rexistro da sonda Venus Express permite identificar os puntos de maior temperatura superficial (en vermello e amarelo), posibles zonas de vulcanismo. NASA/JPL/CALTECH/ESA

Hai volcáns en Venus? Esa é a pregunta a contestar. Non se sabe certo, pero parece que hai "INDICIOS" desa actividade.


Observatorio de Venus

Ilustración da sonda espacial Venus Express, da Axencia Europea do Espacio / ESA

Grazas á sonda espacial  Venus Express da Axencia Espacial do Espacio (ESA), que dende o ano 2006 se atopa alí orbitando, conseguíu o que nós dende a Terra non podemos: ver a través da densa atmosfera deste planeta. Os rexistros obtidos, pero con certo grao de incertidume, apuntan a que é un planeta volcanicamente activo.

Os datos publicados pola revista Science identifican nove puntos quentes nese planeta, similares a "áreas similires a Hawai, con vulcanismo".

Ata agora en só dous corpos do sistema solar: a Terra e a lúa Io de Xúpiter, tiñan esta actividade.

FONTE: El Pais

HUMOR: APOIO ESCOLAR NA CASA

Publicado: 13/04/2010 10:45 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20100412190150-2010-04-19-vin-2010-04-12-00-56-56-hudavila120410.jpg

Quen non axuda ou axudou a un fillo-a nas tarefas escolares na casa? A contestación e seguramente : TODOS, na medida do posible. Cando son moi pequenos, moito, e despois, cando xa non podemos, tratamos de buscar outro tipo de axuda profesional, a costa dos nosos cartos. Todos queremos o mellor para os nosos fillos, que sexan mellores do que nós fomos, aínda que moitas veces non o consigamos.

Este é o motivo da viñeta de Davila, onte do xornal Faro de Vigo. Penso que non merece comentarios e que non ten desperdicio.

ESPAÑA QUÉNTASE MOITO

Publicado: 14/04/2010 08:14 por vgomez en ZONA VERDE
20100413122422-desiertos-espana.jpg

Hai uns días presentouse o Informe «Clima en España: pasado, presente e futuro», elaborado pola Red Temática CLIVAR-España, no que se pon de manifesto que a Península Ibérica quéntase a un ritmo maior que o resto do hemisferio norte, de tal forma que a súa taxa de quecemento é un 50 por cento superior á media desa zona do planeta e case o triplo da media global.

O informe sintetiza e avalía a información sobre os aspectos físicos do cambio climático recente observado na Península Ibérica e intenta mellorar a comprensión dos cambios climáticos que afectan e afectaron, para poder anticipar mellor os impactos de futuros cambios no clima a distintas escalas temporais.

As proxeccións rexionais na Península Ibérica para finais do século XXI mostran un aumento das temperaturas de ata seis graos centígrados, un 50 por cento menos de precipitacións en media e unha tendencia cara a condicións máis áridas na maior parte do territorio.

Se se considera todo o século XX, a subida de temperatura afectou a todas as estacións por igual, pero nos últimos trinta anos o quecemento foi moito máis pronunciado na primavera e no verán.

En canto ás precipitacións, diminuíron de forma significativa en relación ás décadas dos 60 e 70, especialmente a finais de inverno.

A década que está a piques de concluír foi a máis seca desde 1950, aínda que a forte variabilidade e a falta de datos que se remonten a principios de século impiden afirmar que a precipitación descenda de forma xeneralizada a mínimos históricos.

O informe fai referencia tamén aos océanos e pon de relevo que na costa atlántica o quecemento das augas varía desde 0,15 e 0,30 graos centígrados por década entre 1985 e 2005, mentres que na conca mediterránea rexístrase tamén un aumento da temperatura e da salinidade.

FONTE: La Voz de Galicia

 

EYJAFJALLA

Publicado: 16/04/2010 10:19 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20100416101907-caos-a-vista-de-pajaro.jpg

 

Eyjafjalla, é un dos glaciares máis pequenos de Islandia. A capa de xeo, deste glaciar, cubre un volcán de 1.666m de altura e cun diámetro de entre 3 e 4 quilómetros. A última erupción foi 1821 a 1823, causando un desprazamento no glaciar. 

O pasado mércores, 14 de abril, entrou en erupción, provocando evacuacións de granxas e localidades próximas. As cinsas emitidas están a cusar problemas no tráfico aéreo.

Se queres coñecer algo máius sobre este tema preme neste gáfico .

HUMOR: CINSAS NO CEO

Publicado: 18/04/2010 10:22 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20100418101615-resize.php.jpeg

A erupción do famoso volcán Eyjafjalla, vai a máis, sobre todo as consecuiencias que está a provocar na navegación aérea. Parece ser que xa chegou ao norte de España. Esta situación é recollida na vineta de "O Carrabouxo" do xornal La Región do pasado día 16.

XIRO ANORMAL DE PLANETAS

Publicado: 19/04/2010 17:11 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20100419171151-2381434-original.jpg

Ata agora, polo menos no Sistema Solar, os planetas , que se formaron a partir dun disco de gas e po, que xira ao redor dunha estrela no seu mesmo sentido de rotación; esa materia acaba formando corpos planetarios que, lóxicamente, seguen dando voltas ao astro no mesmo sentido que o disco inicial.

Na Reunión Nacional de Astronomía da Royal Society Británica, celebrada a semana pasada en Glasgow (Escocia-Reino Unido), un grupo de investigadores  suízos lanzaron unha bomba sobre este tema, anunciando o seguinte descubrimento, que rompe co considerado anteriormente, ou polo menos cuestiona a anterior teoría: seis planetas en órbita de estrelas diferentes ao Sol xiran en sentido oposto á rotación do seu astro central.

O Observatorio Europeo Austral (ESO) informou do descubrimento nun comunicado.

CONFUCIO I

Publicado: 20/04/2010 12:27 por vgomez en FRASES
20100419172148-grabado-confucio.jpg

O apartado de FRASES imos adicalo hoxe ao filósofo oriental Confucio. Naceu na provincia de Lu, ao norte da China, nunha familia humilde, morrendo o seu paia cando era moi novo. Comenou a estudiar baixo as indicacións do tutor da aldea e aos quince anos dedidíu adicar a súa vida ao estudio. Aos vinte anos casouse, pero pronto se divorciou e mantivo unha relación distante co seu fillo e a súa filla. Antes dos trinta anos converteuse en maestro e reuníu un grupo de leales discípulos.

Confucio vivíu durante a dinastía Chou (1100 a.C. a 256 a.C.). Neste período o país estivo dividido entre señores feudais. A orde moral e social estaba nun estado de descomposición. Confucio buscou unha forma de restaurar a orde cultural e política. El pensaba que a reforma viría educando aos líderes nos clásicos e na súa filosofía. Polo tanto, buscou una posición de influencia política desde a que puidera implementar os seus principios.

Frases para reflexionar:

"Os vicios veñen como pasaxeiros, visítannos como hóspedes e quédanse como amos".

"Onde hai educación non hai distinción de clases".

"O home que cometeu un erro e non o corrixe comete outro erro maior".

"Elixe un traballo que che guste e non terás que traballar nin un só día da túa vida".

" Algúns cartos evitan as preocupacións; moitos, atráenas".

Continuara...

CONCERTO: "O CURA ROCKEIRO"

Publicado: 21/04/2010 09:52 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO

 

Vídeo do tema "El dinero no se puede comer", temática mediomabiental, do padre Yony.

 "O cura rockeiro"(padre Yony) ou Joan Enric Reverté, é un sacerdote catalán (consultar BIOGRAFÍA), que está de xira en Galicia, moi preto de nós: Na catedral e no polideportivo de Tui o sábado próximo 24 de abril 2010 (xunguindo o apartado relixioso e o de ocio).

Se queres coñecer máis sobre este cura singular, pincha en Padre Jony.

Por certo, as súas letras non teñen desperdicio!

DÍA DO CIENTÍFICO GALEGO

Publicado: 22/04/2010 08:19 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20100401103612-gallastegui.jpg

 

Hoxe celébrase o  Día do Científico Galego, iniciativa da RAGC (Real Academia Galega das Ciencias), que pretende recompensar a aqueles que contribuíron ao desenvolvemento do coñecemento e da innovación en Galicia

Este ano dedícaselle ao investigador Cruz Gallástegui Unamuno, considerado como o pai da modernización da agricultura galega. Foi o primeiro director da Misión Biolóxica de Galicia, cuxa creación impulsou en 1921 xunto a Juan López Suárez, e permaneceu á fronte da institución ata a súa morte en 1960. Gallástegui sucede, desta forma, ao geólogo Isidro Parga Pondal.

O recoñecemento á figura de Cruz Gallástegui Unamuno (Vergara-Guipúzcoa, 1981) coincide co 50 aniversario do seu falecemento e chega xusto 25 anos despois de que a Real Academia Galega de Ciencias rendéselle unha homenaxe en marzo de 1985.

A elección do enxeñeiro agrónomo foi aprobada por unanimidade en base á súa «importantísima achega á modernización dá agricultura galega, non seu labor pioneiro en Europa non eido dá experimentación cos híbridos do millo e na súa dedicación plena á posta en marcha e consolidación dunha institución senlleira non mapa científico galego: a Misión Biolóxica de Galicia».

Gallástegui, aínda que nacido en Guipúzcoa, desenvolveu toda a súa carreira científica en Galicia, logo de formarse en Francia e Alemaña e de obter o doutoramento polas universidades de Harvard e Cornell.

En 2009 dedicóuselle a Isidro Parga Pondal (Pai da xeoloxía da nosa comunidade) e en 2008 (primeira vez que se celebrou) a Enrique Vidal Abascal (Matemático).

DÍA DA TERRA: "OCÉANOS"

Publicado: 22/04/2010 17:06 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO

 

22 de abril: DÍA DA TERRA. Seguramente repetitivo cada ano, pero necesario, é un día festivo, que tivo a súa orixe un 2 de abril de 1970, cando un senador estadounidense Gaylord Nelson, instaurono para crear conciencia común aos problemas de contaminación, conservación da biodiversidade e outras preocupacións ambientais para protexer á Terra.

Os océanos, lugares onde xurdíu a vida e onde se atopa a maior despensa da humanidade é unha boa forma de lembrar este día. Seguramente o divertimento xunto coa concienciación fan un combinado perfecto, polo que a miña proposta é ver unha película documental que hoxe, Día da Tarra, se estrea e da que arriba tedes o trailer. Imaxes espectaculares, realidades do mundo marino, ... Se queres coñecer os datos técnicos da película pincha AQUÍ .

Merece a pena vela!

 

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

Publicado: 23/04/2010 09:17 por vgomez en COMUNICADOS
20100421170142-iiicartel-axendaxxi-2.jpg

 

A AXENDA 21 EG do IES  "A Sangriña", por terceiro ano consecutivo, convoca un concurso de fotografía, coas seguintes BASES:


Participantes: Poderán participar tódolos membros da comunidade educativa (alumnos, pais, profesores e persoal non docente).

Datas de presentación: Entre o 22 de abril e o 24 de maio de 2010.

Temática: O Monte Santa Tegra e a súa contorna.

Presentación: Os traballos serán orixinais, presentándose en formato 20 X 25. Sería aconsellable que tamén se presente en formato dixital a efectos de facer  un álbum fotográfico nese formato. En caso de non ser presentado deste segundo xeito serán escaneadas as fotos, perdendo polo tanto cualidade á hora de facer o citado álbum.

Cada fotografía ira acompañada dun  título e un pequeño texto ou  pequeño relato, onde o autor explique a idea que plasma a fotografía.

Entregarase nun sobre   e compañánda doutro cerrado que conteña o nome  e apelidos e teléfono de contacto. Á entrega, que se fará na

secretaría do centro, numerarase a fotografía e o sobre cerrado, para manter identificada a foto e manter anónimo a identidade do autor.

O nº máximo de fotografías por persoa será de 3.

Exposición e resultados: Desde o 27 de maio  ao 4 de xuño haberá unha exposición pública dos traballos. Tódolos membros da comunidade educativa do centro serán xuíces de tal evento, podendo depositar a súa votación  en urna (1 por persoa na que aparezan 2  números distintos correspondentes a 2 fotografías) o  día 4 de xuño, en horarios que se farán públicos o día anterior. Entre os votantes farase o sorteo dun agasallo:  pen drive.

Categorías e premios : Existirá unha única categoría. Entregaranse 3 premios:

1º clasificado – Diploma e unha cámara dixital.

2º clasificado – Diploma e un marco dixital

3º clasificado- Diploma e MP3.

A entrega de premios será o último día 7 de xuño (data na que no Centro celebramos o Día Mundial do Med Ambiente).

Bases: A participación no presente concurso leva consigo a plena aceptación destas bases.

As fotografías pasaran a ser propiedade da Axenda 21 Escolar de Galicia/IES A Guarda, podendo ser utilizadas en calquera campaña que a Axenda 21 faga a nivel escolar ou supraescolar.


DENDE AQUÍ, ANÍMOVOS A PARTICIPAR.

 

XX ANIVERSARIO DO HUBBLE

Publicado: 23/04/2010 16:57 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20100423165050-1272012217-0.jpg

" A montaña mística" NASA/ESA

Estamos a celebrar o 20º Aniversario do Telescopio Hubble, posto en órbita un 24 de aril do ano 1990.

Moitas foron as imaxes que nos descubríu, entre elas está a que observades: "A montaña mística". Un caos de po e gas de tres anos luz de longo, que se atopa na nebulosa Carina a 7.500 anos luz da Terra, na constelación do mesmo nome.

Que cumpras moitos anos máis!

IMAXES DO VOLCAN EYJAFJALLA

Publicado: 26/04/2010 16:34 por vgomez en FOTOS
20100426162830-e02-23042795.jpg

Despois de tanto caos, volve a calma... para a maioría dos pasaxeiros dos avións, pero o problema persiste. O volcán Eyjafjalla segue na súa erupción e corre perigo de engadirse un segundo limítrofe.

Ante a nai natureza non hai nada que facer! Estas imaxes poden pór algo de luz sobre as forzas que non podemos controlar e sobre a súa magnitude. Se as queres ver pincha AQUÍ .

FONTE: boton.com

PREMIO POR INVENTO

Publicado: 27/04/2010 16:44 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20100427125749-1272274780-0.jpg

 

Cecilia Sanchez Romos, doutora española da Universidade Complutense de Madrid (UCM), é a galardoada do Gran Premio Internacional das Invencións con medalla de ouro e felicitación especial do xurado, polo dispositivo de recoñecemento por córnea.

Este dispositivo está chamado a ser unha revolución dentro da alta seguridade, xa que propón un único patrón de autentificación propio de cada persoa, mellorando as técnicas anteriores de pegadas dactilares e análise do iris, permitindo con este invento a observación da cara interna da córnea, que non é replicable.

FONTE: elmundo.es

AINUR

Publicado: 28/04/2010 11:52 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20100428095754-1272379329-0.jpg

Anel nuclear da galaxia NGC1512 / NASA-ESA

 

AINUR (siglas de Atlas of Images of NUclear Rings) é o atlas máis completo de aneis nucleares  (que son rexións de formación estelar situadas ao redor dos núcleos galácticos. O seu tamaño oscila entre 500 e 3000 anos luz, sendo moi brillantes, pois neles abundan estrelas moi novas)  que ata agora nunca se fixo. Recolle 113 aneis nucleares de 107 galaxias distintas. Seis son aneis de po  en galaxias elípticas, e o resto son aneis de formación de estrelas en galaxias con disco.

Na súa elaboracións participaron científicos do Instituto de Astrofísica de Canarias e as universidades de  La Laguna, Oulu (Finlandia) e Alabama (EEUU).

Para atopar os aneis, os astrofísicos baseáronse nas imaxes dunhas 500 galaxias observadas polo telescopio espacial Hubble da NASA e a Axencia Espacial Europea (ESA).

Fonte: El Mundo

AS MÉDULAS

Publicado: 29/04/2010 17:01 por vgomez en ZONA VERDE

 

As Médulas foi unha antiga explotación romana de ouro a ceo aberto, e forma hoxe unha paisaxe espectacular no que antano fora o monte Medilianum. Está situada preto da aldea do mesmo nome, no concello de Carucedo, comarca do Bierzo (León), limitando con Ourense.

Foron declaradas Patrimonio da Humanidade no ano 1997, pola UNESCO.

Neste vídeo podedes coñecer esta marabilla de lugar, ao que merece a pena ir.

Para máis informaciín pincha AQUÍ .

HUMOR: PROBLEMÁTICA ECONÓMICA

Publicado: 30/04/2010 09:22 por vgomez en OUTRAS COUSAS
20100430092251-2010-05-07-vin-2010-04-30-01-06-41-huquesada.jpg

As cousas andan mal na ECOMONÍA. Primeiro foi unha crise mundial, despois trasladouse ao mediterráneo con Grecia, agora parece que chegou á Península Ibérica con Portugal e ... Veremos a onde chega. Esta temática está recollida hoxe na viñeta de Quesada no xornal Faro de Vigo.

Esperemos que agora coa primavera aparezan os "brotes verdes", pero na economía!