Se muestran los artículos pertenecientes a Marzo de 2010.

O CEO DO MES: MARZO 2010

Publicado: 01/03/2010 08:15 por vgomez en O CEO DO MES
20100228135941-primavera1a.jpg

A primavera estación das flores / Foto: travelnauta.com

7 de marzo: Cuarto minguante.

13 de marzo: Máxima actividade da chuvia de meteoros Gamma-Nórmidas (actividade desde o 25 de febreiro ao 22 de marzo)

15 de marzo: Lúa nova.

20 de marzo: Inicio da Primavera ás 18:33 horas.

13 de marzo: Cuarto cerecente.

28 de marzo: Cambio de hora (ás 2:00 da madrugada adiantase 1 hora, pasando ás 3:00)

30 de marzo. Lúa chea.

HUMOR: TEMPORAL

Publicado: 01/03/2010 12:13 por vgomez en OUTRAS COUSAS
20100228110428-2010-03-07-vin-2010-02-28-01-07-36-humordavila.jpg

A ninguén lle pasou desaprecibido o temporal desta fin de semana, a denominada cicloxénese explosiva. Tampouco a Luis Davila, que publicou esta viñeta onte, no xornal Faro de Vigo.

Hai que tomalo con humor!

DECLARACIÓN DE NUSA DUA

Publicado: 02/03/2010 10:09 por vgomez en ZONA VERDE
20100228132030-terrazasdearroz2.jpg

Arrozais de Bali / Foto: isladebali.es

O pasado 26 de febreiro, clausurouse o Foro Ministerial Global sobre Medio Ambiente, celebrada en Indonesia, concretamente en Bali. Esta reunión internacional congregou a ministros e delegados de máis de 130 países e foi a primeira desde a Conferencia da ONU sobre Cambio Climático de Copenhague, organizada en decembro.

O máis importante desta reunión foi a aprobación da Declaración de Nusa Dua sobre Medio Ambiente, que subliña a importancia de preservar a biodiversidade e a necesidade de adoptar unha economía verde baixa en carbono que free o cambio climático.

A declaración promove a creación dun panel intergobernamental que achegue os avances científicos á comunidade política, para que esta poida lexislar en consecuencia e con rapidez. FONTE: La Voz de Galicia

É un avance!

 

IMAXES NOS PAQUETES DE TABACO

Publicado: 03/03/2010 12:58 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20100303125757-tabaco.jpg

O Ministerio de Sanidad e Política Social escolleu imaxes impactantes que levarán a partir de maio os paquetes de tabaco, onde se advirte das enfermidades e riscos do consumo deste producto ta nocivo para o xénero humano.

Será efectivo? Esa é a gran pregunta. Moitos serán os que consideren excesivo o impacto das imáxes. Eso é io que pretende a campaña, que impacte, que faga reflexionar a xente. Para outros será indifrente.

É preciso a concienciación de todos e todas, xa que vai máis alá do si ou non  ao consumo, xa que un acto individual do exercicio voluntario de fumar leva aparellado un gran gasto sanitario que todos pagamos, sen contar baixas de traballo,...

Un pouquiño de por favor!

A NEBULOSA DO "MORCEGO XIGANTE"

Publicado: 04/03/2010 10:42 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20100303190433-1267470884-1.jpg

 Nebulosa NGC 1788 / ESO (Observatorio Europeo Austral)

Todos recordaredes o que é unha nebulosa: Cúmulos de gases e po no espazo, que teñen unha importancia cosmolóxica notable pois considéranse os lugares onde nacen, por fenómenos de condensación e agregación da materia, os sistemas solares similares ao noso.

Pero seguro que pouco coñeceredes, eu fíxeno hoxe, a nebulosa NGC 1788  ou tamén coñecida como a da "morcego xigante", pois saltou a actualidade grazas ás imaxes que difundíu a ESO - Science Outreach Network dende Silla (Chile).

Atópase na constelación de Orión tamén chamada a do cazador (lembrade que unha constelación é unha agrupación arbitrairamente feita polo home que reperesenta figuras humanas ou de animais). 

Trátase dunha nebulosa refractaria, composta de po e gases que dispersan a súa luz nun pequeno grupo de estrelas novas, de forma que o seu brillo presenta unha forma dun xigantesco morcego que move as súas ás a pucos graos do cinturon do cazador.

Son moitos os secretos que esconde o universo!


20100305094902-resize.jpeg

A noticia saltaba hai uns días cando o radar Mini-SAR da NASA, que rastreou os polos lunares a bordo do satélite indio Chandrayaan-1 descubríu que os cráteres máis sombríos da Lúa esconden 600 millóns de toneladas de auga xeada, según novos cálculos da NASA. A reserva similar en capacidade á cunca hidrográfica do Cantábrico atópase no polo norte do satélite. A auga detectada polo Mini-SAR é idéntica á da Terra, áinda que o seu estado é moi diferente. Os cráteres nos que se acumula, chamados trampas frías, están a uns 250º C baixo cero e non ven nunca o Sol.

Ante esta noticia o xenial O Carrabouxo (persoaxe de Xose L. González Vázquez), na súa viñeta do pasado 4 de marzo, no xornal La Región, aguza o inxenio e introduce o elemento das últimas temporadas de chuvias na nosa terra. 

CINE: "HOME"

Publicado: 05/03/2010 10:35 por vgomez en ZONA VERDE
20100305103510-home.jpg

Hoxe, venres 5 de marzo,ás 20 horas, será proxectado o documental "Home" no Centro Cultural da Guarda, dentro do Ciclo de Documentais co gallo do 25 Aniversario da fundación de Anabam.Home” é un deses documentais que non deben deixar de mirarse. A última película creada por Yann Arthus-Bertrand, o autor de A terra vista desde o ceo. Un documento indispensable para comprender a Terra e o efecto do home sobre o planeta. Un canto emocional de amor ao noso fogar común. "Home", é unha película para sensibilizar sobre o problema do deterioro medioambiental do Planeta.

Estás invitado!

OSCAR Á MELLOR PELÍCULA 2010

Publicado: 08/03/2010 09:51 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO

 

Na pasada madrugada entregáronse os Oscar 2010. A mellor película foi "En tierra hostil" (The Hurt Locker) da directora Kathryn Bigelow, que por certo tamén levou un Oscar. 

Unha película bélica que ten o seguinte argumento: Unha brigada estadounidense de desactivación de explosivos vese atrapada no perigoso perigoso xogo do gato e o rato no medio dunha gran cidade caótica onde calquera pode ser un inimigo potencial e calquera obxectivo pode ser unha bomba.

En total levou 6 Oscar, frente a súa gran competidora "Avatar" que só levou 3.

Por certo, en película de animación a gañadora foi "Up", da que xa falamos nestas páxinas.

Se queres coñecer as nominacións e os gañadores todos os gañadores, pincha auí Oscar 2010 .

EXTINCIÓN DOS DINOSAURIOS

Publicado: 08/03/2010 23:57 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20100305104913-dinosaurios2.jpg

A revista "Science" acaba de publicar un novo estudo do Departamento de Ciencias da Terra e Inxeniería do Imperial College de Londres, que afirma que hai 65,5 millóns de anos un meteorito acabou coa maior parte da vida sobre o planeta en cuestión de días. O meteorito, de 15 quilómetros de diámetro, impactou en Chicxulub, ao norte da península de Yucatán-México, cunha forza de mil millóns de veces máis potente que a bomba atómica de Hirosima.

Ao parecer, segundo o estudo, foi rápido e devastador. Golpeou á Terra a unha velocidade 20 veces superior á dunha bala de alta velocidade. A explosión da rocha quente e gas debeu parecer unha inmensa bola de lume. E ese día chegou á súa fin o reinado dos dinosaurios.

Para que teñades unha idea do que sucedeu pincha AQUÍ

Confirmación de algo xa considerado anteriormente!

CACEROLA DE MAR

Publicado: 10/03/2010 15:57 por vgomez en CURIOSIDADES
20100309164938-limulus.jpg

Seguro que a imaxe pode levarnos a engano. Non é unha raia, é un artrópodo, que se atopa entre un arácnido e un cangrexo.Seguramente se ves a parte inferior  enténdelo . O seu nome científico é Limulus polyphemus e ten varios nomes: cacerola de mar, cangrexo ferradura, cucaracha mariña,...

Como curiosidades deste fósil vivinte é que non ten un ollo tal como pode indicar o seu nome de Polifemo (cíclope grego dun só ollo), senón oito. Outra curiosidade é que  o seu sangue é azul  e presenta propiedades inmunolóxicas de gran interese para a industria biomédica:contén unha proteína chamada hemocianina e tamén amebocitos (empregados nos ensaios do lisado de amebocitos de Limulus (LAL), que un método para a cuantificación de endotoxinas bacterianas (piróxenos), que se basa na activación polas endotoxinas dunha cascada de enzimas serino proteasas (reactivo LAL) presentes nos amebocitos deste animal), obténdose directamente do animal e unha vez sangrado devólvese ao mar.

FONTE: 365especies.com

O TERMO

Publicado: 11/03/2010 23:33 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20100311233322-cap002.jpg

Hai uns días saltou á palestra o emprego dunha acepción do termo "galego" moi despectiva e antiga. O triste desta manifestación, feita por unha persoa adicada a política, é que lamentablemente figura nos diccionarios, coa acepción número 5 de "tonto". Aquí tes a proba: pincha en Diccionario de la lengua español.

Esto non pareceu ben en Galicia e eu tamén fago propia a declaración que de seguido aparece, feita polos nosos representantes no Parlamento Galego:

 

Declaración institucional do Parlamento de Galicia

A utilización do xentilicio “gallego” como un alcume pexorativo non só ofendeu a milleiros de galegos e galegas e a outras persoas sensatas, senón que constitúe un tópico non aceptable polo que contén de prexuízo xenófobo, inadmisible no único marco de debate que cómpre defender, o das ideas. Este tipo de prexuízos xenófobos susténtanse nun pensamento feble e na falta de cultura, e entraña un perigo potencial para a convivencia das persoas e dos pobos.
O Parlamento galego fai un chamamento a afondar na educación nos valores cívicos da tolerancia e respecto ao outro, e a abandonar a linguaxe que pode fomentar estas condutas, sobre todo por parte das persoas creadoras de opinión, entre as que nos atopamos as representantes e os representantes públicos.

Esperemos que non volva repetirse e dunha vez retiren esa acepción do diccionario!

CINE: A VIAXE DO EMPERADOR

Publicado: 12/03/2010 10:45 por vgomez en COMUNICADOS
20100312104515-elviajedelemperador.jpg

Dentro do ciclo de cine documental organizado por ANABAM, co gallo da celebración do seu 25 aniversario, proxetase hoxe, ás 20 horas no Centro Cultural a película "A VIAXE DO EMPERADOR" (La Marche de l'empereur),película do ano 2005, do director Luc Jacquet.

A película é un documental sobre a migración dos pingüíns emperador na Antártida. Centos destes animais escomenza unha emocionante e fermosa viaxe cada ano, abandonando a seguridade do océano para adentrarse na desértica terra xeada. Unha rexión tan dura e extrema que ningún outro ser vivo se atreve a habitar.

Non faltedes!

20100314114602-736fa2663108b8eb7a0c24cc81ee18f9.jpg
Xesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Onte deuse a coñecer as liñas básicas do famoso anteproxecto sobre as linguas no ensino e que mañá coñecermos por completo ao ter acceso ao documento.

En principio hai novidades que afectan a Secundaria: Daranse en castelán Matemáticas, Tecnoloxía e Física e Química; e en galego Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Ciencias dá Natureza, Bioloxía e Xeoloxía. O resto decidirao o propio colexio ou instituto, respectando a paridade entre galego e castelán.

Os pais, mediante unha consulta cada catro anos, opinarán sobre o idioma destas materias troncales. Se máis do 50% das familias dos alumnos -do censo total, non dos que voten- deciden cambiar a lingua, daráselle a volta a todo o esquema.

Curiosamente o alumnado podrá expresarse no idioma que queira.

En bacharelato os centros farán unha oferta equilibrada cada catro anos, así como en formación profesional, aínda que neste caso non se inclúe ningunha periodicidade.

FONTE: La Voz de Galicia.

 

O POLBO E A PATERNIDADE MÚLTIPLE

Publicado: 15/03/2010 17:37 por vgomez en CURIOSIDADES
20100315173708-octopus-vulgaris.jpg

O polbos (Octopus vulgaris) son moluscos cefalópodos, abundantes nas nosas costas. Sempre houbo diferentes opinións sobre a súa reproducción. Como sabedes os machos teñen modificado o seu tereceiro brazo dereito, que empregan para transferir paquetes de espermatozoides ás femias.

Biólogos da Universidade de Santiago de Compostela (USC) descubriron que o polbo ten paternidade múltiple porque as crías poden ser de tres ou catro pais diferentes, xa que a femia pode almacenar espermatozoides viables durante 10 meses.

No desenvolvemento dun proxecto centrado no engorde desta especie en catividade, financiado pola Xunta e o Ministerio de Medio Marino , e no que participan as Comunidades con mar, os científicos estudaron a xenética do polbo e os procesos de fertilización das femias.

Ambos os sexos teñen múltiples compañeiros de cópula, de forma que pode existir unha especie de competencia dos machos para eliminar da femia o esperma do anterior e deixar a súa propia pegada xenética.

FONTE: A Voz de Galicia

20100316114308-resize1.jpeg

Viñeta de O Carrabouxo (La Región 11/02/2010)

O pasado día 13, o Conselleiro de Educación e Ordenación Universiataria, Xesús Vázquez Abad, deu a coñecer as liñas básicas do Borrador do Proxecto de Decreto para o Plurilingüismo no Ensino non Universitario, coñecido como Decreto do Galego das que nestas páxinas se deu información. Tal como prometín aquí tedes o texto integro para a súa análise pormenorizada.

Se o queres ver pincha AQUÍ.

FONTE: CIGAensino

E HAI VIDA NESE LUGAR?

Publicado: 17/03/2010 10:08 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS

 

A Axencia Espacial Estadounidense (NASA) detectou a existencia de dous seres vivos a case 200 metros baixo a capa de xeo da Antártida, en plena escuridade, un descubrimento que altera as teorías sobre as condicións nas que se pode desenvolver a vida.

Nun comunicado difundido este martes, a Axencia Espacial asegura achar un Lyssianasid Amphipod, unha criatura parecida a un camarón ou gamba, e duns 8 centímetros de tamaño. Ademais, atopou o que parecía ser o tentáculo dunha medusa, duns 30 centímetros.

Un equipo da NASA introducíu unha pequena cámara de vídeo a través da grosa capa de xeo, e fíxoa descender na profundidade mariña, onde reina a escuridade, tal como se ve no vídeo. A uns 190 metros, detectouse e fotografouse ao crustáceo que, a pesar do seu pequeno tamaño, logrou romper os principios establecidos ata agora sobre as condicións extremas nas que pode haber vida.

Ata agora, os científicos crían que só uns cantos microbios eran capaces de vivir nestas condicións.

FONTE: La Voz de Galicia

A RÍA DE VIGO DENDE O ESPACIO

Publicado: 18/03/2010 11:01 por vgomez en CURIOSIDADES
20100317100626-g17p56f1.jpg

Imaxe da Ría de Vigo / SOICHI NOGUCHI

Esta imaxe foi tomada polo astronauta xaponés Soichi Noguchi, na que se aprecia a Ría de Vigo e o seu estreitamento coa ponte de Rande. Este astronauta da Axencia Xaponesa de Exploración Aeroespacial (JAXA) mata o tempo tomando imaxes do mundo. Dispara a máis de 350 quilómetros de altitude. Ten un encadre privilexiado, porque vive na estación espacial internaciona (ISS).

Curioso divertimento!

CINE: A PESADELA DE DARWIN

Publicado: 19/03/2010 19:22 por vgomez en ZONA VERDE
20100317200355-index.47.jpg

Hoxe, xoves 19 de marzo, ás 20 horas, será proxectado o documental "La pesadilla de Darwin" no Centro Cultural da Guarda, dentro do Ciclo de Documentais co gallo do 25 Aniversario da fundación de Anabam.

Película-documental do ano 2004, de Hubert Sauper, que ten o seguinte argumento: Na década dos 60, en plena África, unha nova especie animal, concretamente un peixe: a perca do Nilo, foi introducida no famoso Lago Victoria, a modo de experimento científico. Os resultados foron desastros, xa que ese peixe era un depredor que acabou con todas as especies autóctonas do citado lago. Todo esto situado politicamente: avións que recollen o peixe e traen armas para guerras, que sabemos aínda hoxe que se levan a cabo nesas latitudes. E claro "colateralmente": miseria, afinamento,... pero pola contra grandes riquezas para ... "os de sempre". 

Merece a pena vela!

HOXE EMPEZA A PRIMAVERA

Publicado: 20/03/2010 11:34 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20100319232936-cerdeira.jpeg

Cerdeira en flor (www.lacoctelera.com)

Con mal tempo, hoxe, 20 de marzo, ás 16:33 horas comenza a primavera. O inicio desta estación ten lugar no día en que a duración do día e da noite coinciden practicamente en calquera punto do planeta, o que denominamos equinoccio. Hoxe, no hemisferio sur comenza o outono.

Na madrugada do domingo 28 producirase o cambio de hora, pasando ao horario de verán.

Esta é a época do ano na que a lonxitude do día alárgase máis rápidamente. Ás latitudes da península, o Sol sae polas mañás case dous minutos antes que o día anterior e pola tarde poñerase un minuto máis tarde.

Durará 92 días e18 horas, concretamente ata o 21 de xuño ás 13:28 horas.

A sucesión das estacións radica no movemento de translación do noso planeta ao redor do Sol e a inclinación do eixe terrestre con respecto á eclíptica. Se queres afondar neste tema pincha AQUÍ .

CONTO: O MÚSICO

Publicado: 21/03/2010 11:33 por vgomez en OUTRAS COUSAS
20100319210036-tromepta-2.jpg

Era Dona Amalia unha señorita delicada, presumida e solermia, de grande nivel social, rica, solteirona e con motísimas relacións entre as altas xentes de influencia na Coruña.

A súa debilidade era un sobriño de quince anos, medio gambetas, ao que lle daba o que pedise e chamaba cariñosamente Horacito.

El, algo afeccionado á música, e ela crida de que era un auténtico virtuoso cunha carísima trompeta que lle comprara. Empeñáronse en que tiña que tocar nunha banda militar da Cidade de Cristal.

Traxe de estrea, repeiteado, trompeta limpa e brillante, coas partituras nunha carpetiña, dirixíronse ao quiosco dos xardíns de Méndez Núñez, un domingo pola mañá, para a súa primeira actuación estelar.

Con moita xente escoitando a agrupación abríu o concerto co emblemático Ponteareas do mestre Reveriano Soutulo. Esta peza, como é sabido, ten uns preciosos solos e contrapuntos de trompeta onde o Horacio puido lucirse, pero non foi quen.

Mamaíña. Aquel instrumento soaba coma unha manda de elefantes cando barritan asustados nunha desbandada de tormenta africana.

Dona Amalia estivo engaiolada coa actuación, vendo os xetos e as filigarnas do rapaz. Non escoitaba moito porque a pobriña era ben xorda, pero moi atenta aos movementos.

Ao remate da canción, dirixíuse ao director e preguntoulle ilusionadísima:

- ¿Qué le parece la ejecución de mi sobrino?

- Home -dixo o capitán-, executalo paréceme excesivo, pero unha boa malleira de paus, a fe que a merecía.

Fonte: Almanaque Agrícola. Ano 2010.

DÍA MUNDIAL DA AUGA

Publicado: 22/03/2010 18:09 por vgomez en ZONA VERDE
20100322180911-22-de-maro-dia-mundial-del-agua.1.jpg

Hoxe, 22 de marzo, celébrase o DÍA MUNDIAL DA AUGA, que a ONU  adica o 2010 baixo o lema: AUGA LIMPA PARA UN MUNDO SAN,  co obxectivo de demostrar que na xestión dos recursos hídricos a cualidade dese recurso é tan importante como a cantidade.

Nun día coma hoxe do mes de decembro de 1993, a Asemblea das Nacións Unidas , na resolución A/RES/47/193 adoptou un acordo para a celebración o 22 de marzo de cada ano ao Día Mundial da Auga.

É unha chamada de atención para todos: para os que temos acceso libre a ela, para aforrala, evitar a contaminación da mesma,... e para os que teñen un acceso limitado, xa que nese caso ou podecen falta dela ou na maioría dos casos ao non ser potable serve de transmisión de enfermidades letais.

Fai un uso responsable dela!

 

XOGO: CLMNTK

Publicado: 23/03/2010 11:11 por vgomez en XOGOS
20100320001801-pinguino.gif

Hoxe propóñovos un novo xogo: CLMNTK. Este xogo xorde como consecuencia da necesidade de axuda que ten o noso planeta para salvarse e na axuda que cada un podemos aportar.

A idea é a seguinte: Imaxina que estás no ano 2015e  que a contaminación na túa cidade é tan elevada  que xa non se pode vivir alí. Ti decides marchar a un novo territorio, onde crearás vivendas e traballo para a túa poboación, construirás zonas de lecer, experimentarás coa enerxía, descifrarás mensaxes, superarás probas de habilidade e, sobre todo, controlarás a contaminación e os cambios de clima.

Interésache a aventura? Pois empezamos, pincha aquí en O XOGO: CLMNTK

Fonte: Climantica.org

PUDÚ

Publicado: 24/03/2010 10:45 por vgomez en CURIOSIDADES
20100324100032-southern-pudu.jpg

O pudú (Pudu puda) é o cervo máis pequeno do mundo. Mide entre 25 e 43 cm de alto e de 70 a 90 cm de longo. Vive en Chile e Arxentina. Por ter pequeno ten tamén as astas do macho e a cola que poderiamos cualificala de diminuta.

 

TUBERCULOSE

Publicado: 24/03/2010 13:06 por vgomez en DOCENCIA

 

Hoxe celébraseo DÍA INTERNACIONAL DA TUBERCULOSE. Esta vella enfermidade segue a causar moitos problemas, diagnosticándose uns 10 millóns de casos cada ano no mundo, e concretamente en España 13.000 casos.

Coa celebración deste "día" preténdese alertar á poboación, a non baixar a garda, xa que as primeiras semanas de tratamento son fundamentais para evitar contaxios.

Este vídeo recolle a historia da loita contra esta enfermidade. Ser queres completar a información pincha AQUÍ.

PROVERBIOS I

Publicado: 25/03/2010 10:00 por vgomez en FRASES
20100325100004-sabiduria.gif

Un proverbio é unha sentencia breve que resume algún coñecemento dalgún pobo determinado. Os proverbios vanse transmitindo de xeración en xeración de forma oral. Aquí temos algúns:

"Quen viva só de esperanzas, morrerá de desesperación" PROVERBIO ITALIANO.

 

"Cando se segue a alguén bo, apréndese a ser bo; cando se segue a un tigre, apréndese a morder" PROVERBIO CHINO.

 

"Nunca debes lembrarte do que levas dado. Nunca debes olvidar o que recibiches" PROVERBIO HEBREO.

 

" Aprendemos pouco da victoria pero moito da derrota" PROVERBIO XAPONÉS.


"Podes caer só, pero para erguerte, necesitas a man dun amigo" PROVERBIO YIDDISH.

 

 

VACACIÓNS

Publicado: 26/03/2010 11:04 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20100326110345-post-cerrado-por-vacaciones1.jpg

Por fin chegou o día 26 de marzo e VACACIÓNS !!!

Agora uns días de descanso, sen profes, nin alumnos-as, en fin ... pasalo ben. Cargade ben as pilas para afrontar a última recta do curso: o terceiro trimestre e a fin de curso.

Eso si, o martes 6 de abril ás 8:20 temos unha cita.

¡Boas vacións para todos e todas!

HORARIO DE VERÁN

Publicado: 27/03/2010 09:29 por vgomez en COMUNICADOS
20100326102508-20080329114631-images.jpg

Na madrugada do próximo domingo, 27 de marzo, teremos que adiantarase unha hora os nosos reloxos, aplicando o cambio de horario de verán.

A medida aplícase en cumprimento da Directiva Comunitaria que rixe o cambio de hora e que afecta a todos os paises membros da Unión Europea.

O cambio de hora empezouse a xeneralizarse a partir de 1974, a consecuencia da primeira crisis do petróleo, cando algúns países decidiron adiantar os reloxos para poder aproveitar a luz do Sol e gastar menos electricidade. Aplícase como directiva dende 1981 e foi renovada sucesivamente cada catro anos.

Segundo as estimacións do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), dependente do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, o potencial de aforro en iluminación no soso país polo cambio de hora pode chegar a representar un 5% do consumo eléctrico en iluminación, equivalente a uns 300 millóns de euros.

PROVERBIOS II

Publicado: 31/03/2010 16:24 por vgomez en FRASES
20100326180152-yingyang.jpg

Aporto uns novos proverbios para a reflexión e tamén para que non se perdan, formando parte das nosas sentencias ou conversacións:

"Estar satisfeito coa túa vida, ese é o teu maior tesouro" PROVERBIO LATINO.

 

"Existe unha única liberdade: a verdade. Existe unha única escravitude: a mentira" P. CHINO.

 

" Con forza de vontade, incluso un rato pode comer a un gato" P. ÁRABE.

 

"Quen te acaricia máis do acostumado ou te engana ou enganarte quere" P. TOSCANO.

 

"O tempo é un grande mestre, e pon no seu lugar moitas cousas" P. FRANCÉS.