Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Enero de 2008.

365 XESTOS PARA SALVAR O PLANETA

Publicado: 01/01/2008 14:14 por vgomez en FOTOVERDE
20080101141456-1198868854-extras-albumes-0.jpg

Deserto de Namib (Namibia). Fotografía de Philippe Bouseiller.

 

ROUTEIRO POLA DESEMBOCADURA DO MIÑO

Publicado: 02/01/2008 13:42 por vgomez en COMUNICADOS
20080102134208-logoanabamht1.jpg

 

ANABAM, organiza un routeiro pola desembocadura do río Miño. Será o próximo 5 de xaneiro (sábado) e o punto de saída é a Estación Ornitolóxica de Camposancos ás 10,30 horas.

Para máis información sobre esta actividade pincha en:ROUTEIRO

 

20080102140838-0186340b.jpg

O Llaima, volcán ubicado no sur de Chile, entrou en erupción o 1 de xaneiro. O volcán atópase na rexión sureña de A Araucania, dentro do Parque Nacional de Conguillío, do que se atopan preto as cidades turísticas de Churacautín, Cherquenco e Melipeuco, polo que foron evacuados decenas de turistas.

O volcán Llaima xa tivera a mediados do 2007 un aumento importante da súa actividade.

 


AURORA BOREAL

Publicado: 03/01/2008 11:03 por vgomez en DOCENCIA
20080103110330-1199301192-1.jpg

A AURORA BOREAL é un meteoro luminoso que se produce ao redor das zonas polares. Orixínase cando as partículas cargadas electricamente (protóns e electróns) procedentes do Sol e transportadas polo vento solar, son guiadas polo campo magnético da Terra e impactan a gran velocidade contra os átomos e moléculas da atmosfera terrestre (osíxeno e nitróxeno, compoñentes máis abundantes do aire). Parte da enerxía da colisión excita eses átomos a niveles de enerxía tales que cando se desexcita devolven esa enerxía en forma de luz visible.

 

 

 


20080101140210-1198084506-0.jpg
Representación dun "Indohyus" o antepasado da balea (Foto.NATURE)
Un pequeno animal, cunha apariencia entre un roedor e un antílope, é o eslabón perdido entre as baleas e aqueles mamíferos carnívoros de catro patas que, según as probas, foron os seus antepasados sobre a Terra. Os restos fosilizados dese animal, bautizado como "Indohyus raoellidae" polos seus descubridores apareceron nun xacemento na rexión india de Cachemira.
Se queres ampliar a noticia pincha en:

365 XESTOS PARA SALVAR O PLANETA II

Publicado: 05/01/2008 12:02 por vgomez en FOTOVERDE
20080101141852-1198868750-extras-albumes-0.jpg
Baleas xorobadas baixo as augas da Polinesia. Foto: Phillippe Bourseiller.

20080105115150-1199390824-0.jpg

O Beluga Skysail, un cargueiro de 10.000 toneladas de peso, cruzará o Atlántico impulsado pola forza do vento, grazas a un xigantesco papaventos. Cando se atope ben alonxado da costa, lanzara ao aire un papaventos de 160 m2, que según as probas mariñas e eólicas realizadas, será capaz de arrastrar a embarcación e aforrar entre un 10 ou 15 % do pesado combustible que normalmente queima. Se a viaxe entre Bremen (Alemania) e Venezuela de ida e volta resulta exitoso, podería ser común que vexamos enormes cargueiros por todo o mundo arrastrados por papaventos do tamaño dun campo de fútbol, podendo aforrar ata un 50% de combustible.

As enerxías renovables teñen que ir substituíndo ás enerxías non renovables. Seguiremos con atención este experimento.

 


365 XESTOS PARA SALVAR O PLANETA III

Publicado: 06/01/2008 12:12 por vgomez en FOTOVERDE
20080101141951-1198868186-extras-albumes-0.jpg
Volcán Piton da Fourniaise en plena actividade (Isla da Reunión). Foto: Phillippe Bourseiller.

DE VOLTA

Publicado: 07/01/2008 10:14 por vgomez en COMUNICADOS
Non queda máis remedioEnfadado.
Hai que volver ás clases. Espero que coas pilas cargadas para levar este 2º trimestre. Por certo, esto é o que nos depara:
8 de xaneiro (martes): Comenzo de clases.
4 e 5 de febreiro (luns e martes): Vacacións de Entroido.
14 de marzo (venres): Entrega de notas e comenzo das vacacións de Semana Santa.
Eso si, reparade que este trimestre é moi importante, xa que pode ser a confirmación da boa marcha do curso ou pola contra o afundimento case definitivo. ¡ANIMO E A TRABALLAR!

A MÁXICA NATUREZA IBÉRICA

Publicado: 08/01/2008 16:52 por vgomez en FOTOVERDE
20080106122227-1199456823-extras-albumes-0.jpg
Gardiáns da cova: MORENAS (Illa de Benidorm-Alicante)
Co título A MÁXICA NATUREZA IBÉRICA, e durante varios días irán aparecendo as fotografías dunha exposición itinerante do fotógrafo José B. Ruíz e patrocinada pola Caixa do Mediterráneo (CAM). Merece a pena admiralas.

A MÁXICA NATUREZA IBÉRICA II

Publicado: 09/01/2008 17:48 por vgomez en FOTOVERDE
20080107142620-1199458023-extras-albumes-0.jpg
Calculando distancias (Orito-Alicante) Fotografía: José B. Ruíz

A MÁXICA NATUREZA IBÉRICA III

Publicado: 10/01/2008 11:33 por vgomez en FOTOVERDE
20080107143111-1199457170-extras-albumes-0.jpg
Mirada con mensaxe (Antequera-Málaga) Fotografía: José B. Ruíz

VISITA AO PUNTO LIMPO DE A GUARDA

Publicado: 10/01/2008 11:34 por vgomez en DOCENCIA
20080110113346-p1010304-bis.jpg
ALUMNOS 1º E.S.O. A
 
O día 9 de xaneiro empezaron as visitas dos alumnos-as de 1º ESO ao Punto Limpo de A Guarda, nunha actividade conxunta da Concellería de Medio Ambiente de A Guarda e a Axeda 21 Escoalr Galega- Departamento de Bioloxía Xeoloxía (Ciencias  da Natureza) do IES "A Sangriña".
En próximos días aparecarán as fotografías dos alumnos-as asistentes. Hoxe empezamos por 1º ESO A. 

A MÁXICA NATUREZA IBÉRICA IV

Publicado: 10/01/2008 18:59 por vgomez en FOTOVERDE
20080110185931-1199457430-extras-albumes-0.jpg
Retrato de familia (Pinoso-Alicante) Fotografía:José B. Ruíz

VISITA AO PUNTO LIMPO DE A GUARDA II

Publicado: 11/01/2008 11:48 por vgomez en DOCENCIA
20080111114723-p1010307.jpg

1º E.S.O. B

VISITA AO PUNTO LIMPO DE A GUARDA III

Publicado: 11/01/2008 11:50 por vgomez en DOCENCIA
20080111115031-p1010310-bis.jpg

1º E.S.O. C

VISITA AO PUNTO LIMPO DE A GUARDA IV

Publicado: 11/01/2008 12:04 por vgomez en DOCENCIA
20080111120419-p1010305.jpg

1º E.S.O. D

20080113202111-pro-photo1200139245.jpg
Ata agora, os científicos estaban en xeral de acordo sobre a extinción dos dinosaurios. Desde hai un par de décadas, a maioría dos científicos compartían a teoría de que un meteorito ao final do Cretácico (aproximadamente hai 65 millóns de anos) impactou sobre a Terra e causou a desaparición de preto do 50% dos xéneros biolóxicos existentes, entre eles a familia máis completa dos dinosaurios.
Pero unha nova teoría está cobranzo forza dentro do mundo científico encargada de investigar a extinción dos dinosaurios. A revista Time publica que un estudio elaborado por dous profesores da Unviesidade de Princenton (George Pinar, zoólogo, e Roberta Pinar, experta en infeccións) na que formula unha hipótese de que foron os insectos os que acabaron cos dinosaurios.
Os autores defenden a súa teoría alternativa según a que os insectos transmitiron microbios entre os dinosaurios que causaron novas enfermidades, entre elas a malaria, para as que non tiñan mecanismos de defensa desenvolvidos.
Os expertos aseguran que atoparon probas de parásitos fechados no período Cretácico.


 

O MUNDO DAS ÁRBORES: EXPOSICIÓN

Publicado: 14/01/2008 16:04 por vgomez en COMUNICADOS
20080113202828-elmundodelasarboles.jpg
A exposición didáctica "O Mundo das Árbores" pretende achegar á sociedade os aspectos máis interesantes e curiosos deste mundo natural.
A exposición está formada por máis dunha trintena de paneis fotográficos de gran formato, ademais de mostras de cortes de madeira, nas que se poden apreciar os aneis de crecemento e detalles da casca, ou un sementeiro, entre outros elementos.
Cada fotografía vai acompañada dun texto no que se describen os aspectos máis importantes de cada árbore e algúns dos datos máis singulares como as súas dimensións, enfermidades, pragas, crecemento e usos tradicionais.

Próxima exposición:

  • Concello de A Guarda

Centro Cultural - Sala de Exposicións de A Guarda

R/ Rosalía de Castro, s/n

Datas: do 15 ao 31 de xaneiro de 2008

Horario: de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas

A MÁXICA NATUREZA IBÉRICA V

Publicado: 15/01/2008 10:28 por vgomez en FOTOVERDE
20080113203652-1199457937-extras-albumes-0.jpg
UNIDO AO SEU ESPELLO (Plá de Xirau-Alicante) Fotografía:José B. Ruíz

A MÁXICA NATUREZA IBÉRICA VI

Publicado: 16/01/2008 19:27 por vgomez en FOTOVERDE
20080113204043-1199457646-extras-albumes-0.jpg
CAZANDO A DISTANCIA (Piñeiral de Barbate-Cádiz) Fotografía: José B. Ruíz

MERCURIO Á VISTA

Publicado: 16/01/2008 19:27 por vgomez en sin tema
20080116192438-1200306565-0.jpg
O planeta Mercurio visto dende a sonda "Messenger"
O pasado luns tivo lugar o primeiro achegamento da sonda "Messenger" ao planeta Mercurio. Durante o breve encontro tomou imaxes e datos sobre este caluroso mundo, aínda que a súa inserción en órbita definitiva non se producirá ata o ano 2011.
Nesta primeira aproximación estivo a 200 km da superficie deste palaneta, que é agreste, chea de cráteres e rochas.
Se queres ampliar esta noticia pincha en:Sonda MESENGER

TENSIÓN NA ANTÁRTIDA

Publicado: 17/01/2008 16:38 por vgomez en ZONA VERDE
Máis de dous días levan retidos dous activistas do grupo ecoloxiata "Sea Shepherd Conservatión Society", que se colaran o pasado martes no baleeiro xaponés "Yashin Maru 2"Enfadado, cando pretendían entregar unha carta ao capitán do barco, na que se lle informaba que se atopaban ilegalmente nunha zona recentemente declarada Reserva Marina Australiana na Antártida, onde estaba prohibida a caza de baleas por decisión xudicial.
Temos o vídeo de tal acontecemento e unha ampliación da noticia. Se queser visualizalo, pincha en:

A MÁXICA NATUREZA IBÉRICA VII

Publicado: 17/01/2008 17:00 por vgomez en FOTOVERDE
20080117170050-1199457819-extras-albumes-0.jpg
Baixo as estrelas (Malpartida de Cáceres-Cáceres) Fotografía: José B. Ruíz

ROEDOR XIGANTE

Publicado: 18/01/2008 16:00 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20080117165721-1200424490-1.jpg
Recreación artística do roedor xigante (Foto: Royal Society)
Ao parecer hai entre dous e catro millóns de anos, desapareceu un roedor xigante que habitaba o actual continente Sudamericano, deixando importantes restos fósiles que permitiron aos paleontólogos e físicos uruguaios obter unha información sobre este descomunal roedor. A parte mellor conservada era o cranio.
Vivíu no Plioceno-Pleistoceno e chegaba a pesar 1000 kg. Déronlle por nome "Josephoartigasia monesi", pertencente a familia dos "Dinomydae", do grupo dos roedores xigantes extintos dos que non quedan máis que dúas especies: a capibara ( de aproximada 60 kg) e a pacarana (de 15 kg).
A orde dos roedores é o grupo máis abundante dos mamíferos vivos cun 40% das especies coñecidas.

Para ampliar a noticia pincha en:Roedor xigante


O MAR MEDITERRÁNEO QUÉNTASE

Publicado: 18/01/2008 16:33 por vgomez en ZONA VERDE
20080118163339-1200662734-3.jpg
O mar Mediterráneo está expirementando un acelerado quentamento e unha subida do nivel das augas, especialmente na década dos anos 90. Estes datos foron revelados polo IEO (Instituto Español de Oceonografía), despois de contrastar estudios entre os anos 1948 e o 2005.
Según este estudio a temperatura variou entre 0,1 ºC e 0,5 ºC nos 3.200 km de litoral deste mar. Así mesmo a elevación do nivel do mar foi dunha media 8 cm (que van dos 16 cm no mar de Alborán e os 4 cm das costas de Cataluña.
Estamos falando de 15 anos; se esta tendencia continuase nos próximos 50 anos a variación no nivel das augas sería de medio metro.

ACTIVIDADE DE REUTILIZACIÓN DE ANABAM

Publicado: 19/01/2008 13:18 por vgomez en COMUNICADOS

MERCADIÑO/TROCO

REDUCIR -REUTILIZAR

RECICLAR

Unha nova sección nace en ANABAM coa idea de evitar o malgasto e a cultura de tirar.

Moitas das cousas que a un non lle serven, poda que sexa útil a outros. Así que, nesta sección podedes enviarnos as vosas propostas de adquisición, doazón, intercambio.

INTERASDOS PINCHAR EN: ANABAM

APARATO CIRCULATORIO

Publicado: 19/01/2008 13:50 por vgomez en DOCENCIA
20080119135023-7fd3dc34b6ffilenamem701typeimagejpeg.jpg
Alá polo mes de outubro pasado, falamos do sangue e da súa composición. Hoxe imos ver mediante un artigo interactivo o funcionamento do aparato circulatorio.
Por unha banda o sistema cardiovascular (o funcionamento do corazón, o sistema de tuberías que forman as veas, arterias e capilares) e por outra o sistema linfático (rede de vasos e gánglios linfáticos).
Se estas disposto preme en SISTEMA CIRCULATORIO

A MÁXICA NATUREZA IBÉRICA VIII

Publicado: 20/01/2008 11:19 por vgomez en ZONA VERDE
20080120111700-1199457744-extras-albumes-0.jpg
Escuadra en voo (Lagoa de Gallocanta-Teruel) Fotografía: José B. Ruíz

RACISMO

Publicado: 21/01/2008 19:18 por vgomez en FRASES
Con catro FRASES imos reflexionar sobre un tema problemático, controvertido e por desgracia moi actual: O RACISMO.
A primeira é de procedencia Anónima:
"O racismo é como xuzgar o valor dun libro pola cor das súas follas"
A segunda é do relixioso e activista estadounidense Matin Luher King (1929-1968):
"Ninguén se montará encima de nós se non dobramos as costas"
A terceira é d arcebispo sudaficano e Premio Nobel da Paz Desmond Tutú(1931-?):
"Sempre que o sistema económica vai mal xurde o racismo"
A última da diplomática e escritora estadounidense, defensora dos dereitos sociais e muller do presidente de EEUU Roosevel, Eleanor Roosevelt (1884-1962):
"Ninguén pode facerche sentir inferior sen o teu consentemento"

TRANSXÉNICOS

Publicado: 22/01/2008 08:12 por vgomez en ZONA VERDE
20080120200531-images.jpg
Sen dúbida eso de alimentos transxénicos é un dos temas da actualidade máis polémicos e interesantes. Hoxe imos tratar, na medida do posible, de poñer un pouco de luz sobre este tema.
Todos os organismos vivos están constituídos por xenes (que son considerados como como a unidade de almaceamento de información e herencial ao transmitir esa información á descencencia. Tecnicamente é unha secuencia lineal de nucleótidos de ADN ou ARN). As diferentes composicións destes conxuntos determinan as caracteristicas de cada organismo.
Por alteración desa composición os científicos poden cambiar as características dunha planta ou dun animal. O proceso consiste na transferencia dun xen responsable de determinada característica nun organismo, cara outro organismo ao que se pretende incorporar esta característica. Neste tipo de tecnoloxía é posible transferir xenes de plantas a bacterias, a virus, a outras plantas, e tamén combinar xenes de plantas con plantas, de plantas con animais, ou de animais entre si, superando por completo as barreiras naturais que separan as especies.
Sobre o tema de se son ou non inofensivos hai moita controversia. Según algúns estudios causan dano á saúde e ao medio ambiente. En Europa hai unha moratoria ata que se revise e modifique a lexislación sobre a liberación ao medio ambiente de organismos transxénicos. Tema complexo e do que temos que estar á espectativa.
Para profundizar neste tema poden consultar o seguinte gráfico interactivo, tomando como exemplo o tomate: Transxénicos

MISIÓN: SALVAR A TERRA (HUMOR)

Publicado: 22/01/2008 17:28 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20080122172847-graf.gif
O próximo xoves, día 25 de febreiro, é o día ... A TERRA ESTÁ SALVADA ¿Quen son os que conseguirán salvala?
¡¡¡MORTADELO E FILEMÓN!!! Os dous superaxentes da TIA.
Persoalmente é mellor estar en mans deles que de ... (sen comentarios). Pasemos un bo rato e olvidémonos problemas reais.

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA (VERÁN 2008)

Publicado: 23/01/2008 12:35 por vgomez en COMUNICADOS
20080122175342-axudasle-portada.jpg
Para o próximo verán a Consellería de Educación convoca un total de 2.800 prazas para realizar actividades de inmersión lingüística (coñecementos doutros idiomas) ás que vós por estar en centros sostidos con fordos públicos podedes solicitar. A modo informativo este é o número de prazas:
1º ESO: 200 prazas en residencias e campañentos do territorio español. Idioma INGLÉS.
2º ESO: 500 prazas en residencias de: 300 Reino Unido, 100 Irlanda e 100 Francia.
3º ESO: 700 prazas en residencias e familias de: 500 Reino Unido, 100 Irlanda e 100 en Francia.
3º ESO: 800 prazas en residencias e familias de: 700 Reino Unido, 100 Irlanda e 100 en Francia.
Para bacharelato tamén hai prazas.
Se estás interesado pincha en: INMERSIÓN LINGÜÍSTICA VERÁN 2008

ENSEÑANZA/EDUCACIÓN

Publicado: 24/01/2008 11:43 por vgomez en FRASES
Con catro FRASES imos hoxe reflexionar sobre os termos ENSEÑANZA/EDUCACIÓN:
A primeira é dun escritor inglés Alexander Pope (1688-1744):
"Algunhas persoas nunca aprenden nada, proque o comprenden todo demasiado pronto"
A segunda é do tenor español Plácido Domingo (1941-?)
Na maioría dos países non interesa educar ao pobo, porque cando aprenden a ler interésanse polos problemas e piden contas; os analfabetos non din nada"
A terceira é do estadista mexicano Benito Juarez (1806-1872)
"Libre, e para min sagrado, é o dereito a pensar... A educación é fundamental para a felicidade social; é o principio no que descansa a libertade e o engrandecemento dos pobos"
Finalmente a última é de orixe Anónimo:
O que nin estudia nin traballa, tamén progresa; pero só cara a ignorancia e a pobreza"

¡¡¡MARCIANO!!!

Publicado: 24/01/2008 18:32 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20080124183241-1201120179-0.jpg
Unha instantánea da NASA, captada polo robot explorador "Spirir" nun dos habituais paseos polo planeta vermello, mostra unha pequena rocha de retorcidas formas.
Pois ben, ampliando a imaxe vese... Bueno, sería mellor dicir quere un ver UN MARCIANO.
Como sempre hai veces que temos as cousas diante das narices e non as vemos e outras vemos o que non existe. 

O EMBARAZO

Publicado: 25/01/2008 15:34 por vgomez en DOCENCIA
20080120111110-images.jpg

¿Como fomos enxendrados? ¿Que sentía a nosa nai mentres estivemos no seu ventre? ¿Como pasamos eses nove meses?

Estas e outras moitas preguntas sobre o embarazo poden ter resposta no seguinte programa interactivo, podendo averiguar ao final o que aprendiches sobre o tema.

Se estás preparado, pincha en O EMBARAZO

20080128171018-asteroide.jpg
O asteroide "2007 TU24" , que ten un tamaño entre  entre os 150 e os 610 m, rozara esta noite a Terra, no que será a súa máxima aproximación dun destes obxectos ata dentro de dúas décadas. É algo previsto e está, con antelación, calculado polo que non ten perigo para nós, só é algo de interese para os estudiosos da astronomía.
Dende España será practicamente invisible pois cando pase a 537.500 Km, xa será de día (09:30).
De calquera xeito hai unha pregunta: ¿Chegará  a chocar algún asteroide contra a Terra? ¿Poderemos estar preparados e solventar esa situación?
 
 

¡¡¡ SEN PALABRAS!!!

Publicado: 29/01/2008 07:59 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20080128230653-file-200662114422-1.jpg
EXPLOTACIÓN INFANTIL
Aínda que pareza mentira non apatopo palabras para comentar esta noticia, xa sabida, pero nunca consentida e proporcionada: 200.000 MENORES VÍCTIMAS DA EXPLOTACIÓN INFANTIL EN ESPAÑA.
Cada ano 1,2 millóns de nenos en todo o mundo son víctimas da explotación infatil e deles en España, no noso país, 200.000. ¡Lamentable! ¡E eso que estamos no século XXI! Estes datos foron facilitados pola OSCE (Organización para a Seguridade e Cooperación en Europa)
Esta mesma organización pensa que só é a punta do do iceberg, xa que hai moitos máis. Estes menores foron obrigados a prostituirse, mendigar e cometer delitos. As nenas obrigadas a prostituirse producen ganancias entre 1000 e 3000 euros semanais. ¿Pero é que esas persoas non teñen fillos e fillas?
Tema preocupante. Se queres ter todos os datos pincha en SAVE THE CHILDREN ESPAÑA

SEQUÍA

Publicado: 29/01/2008 17:45 por vgomez en sin tema
20080129174509-32daimiel.jpg
Sequía no Parque Nacional das Táboas de Daimiel (Ciudad Real) Foto: EFE
20080130152715-1201639549-0.jpg
Estudiando as órbitas das estrelas que forman Gliese 22 (composto por tres ananas vermellas) un grupo de científicos españois diricxdos polo galego José Docabo dende o Observarorio Astronómico  Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acaban de descubrir un novo planeta  con unha masa 16 veces maior  que a de Xupiter, o maior do noso Sistema Solar.
Se queres ampliar a noticia pincha en NOVO PLANETA 


Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next