Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Septiembre de 2009.

LÁMPADAS INCANDESCENTES

Publicado: 01/09/2009 12:51 por vgomez en ZONA VERDE
20090901124909-bombilla-incandescente.png

Maña, martes, desaparecerán do mercado da UE (Unión Europea) todas as lámpadas incandescentes de máis de 100W. No próximo ano, en setembro, desaparecerán as de máis de 75W. En 2011 desaparecarán as de máis de 60W e, finalmanete, en 2012 quedarán eliminados todos os tipos.

Esta normativa foi aprobada pola UE o pasado ano, en decembro, para a desparición de lámpadas incandescentes e baixo redimento, para ser substituídas por outras de maior eficiencia. Esto suporá un aforrro medio por fogar de 50 € e un recorte de 15 millóns de toneladas de emisións de dióxido de carbono (CO2).

NOVO VIDEOCLIP DE MADONNA

Publicado: 01/09/2009 18:27 por vgomez en MÚSICA

 

Aquí tedes o novo videoclip de Madonna, estreado hoxe. "Celebration" é o título e pertence a unha canción inédita que forma parte do álbum recopliatorio que sairá o próximo día 22.

Espero que os fans desta cantante disfrutedes!

HUMOR: O PAPA

Publicado: 02/09/2009 08:20 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20090901131549-carrabouxo.jpeg

Nesta viñeta de "O Carrabouxo", publicada no xornala La Región o pasado 30-08-2009, faise unha comparanza entre o que estades a facer algúns estes días: exames de recuperación, e a ideaSorprendido do Papa de recuperar o latín como idioma a empregar en actos litúrxicos.

Será para que aínda non enteremos menos!

ENTREGA DE NOTAS E MATRÍCULA

Publicado: 03/09/2009 00:17 por vgomez en COMUNICADOS
20090903001627-aviso.gif

Entrega de notas:

2º Bacharelato- venres 4 de setembro ás 10 horas.

ESO e 1º de Bacharelato- luns 7 de setembro ás 10 horas.

Prazos de matrículas:

Do 1 ao 15 de setembro (10 a 14 horas):ESO Adultos, 2º curso PCPI e Ensinanzas de Idiomas-CUALE Inglés

Día 7 de setembro (10 a 14 e 17 a 20 horas): Bacharelato ( Ordinario e adultos)

Día 8 de setembro: 3º e 4º ESO (10 a 14 horas) e 1º e 2º ESO (17 a 20 horas)

Días 9 e 10 de setembro (10 a 14 horas): PCPI

O CEO NO MES DE SETEMBRO

Publicado: 03/09/2009 16:15 por vgomez en O CEO DO MES
20090903095836-ceonocturno.jpg

25 de agosto ao 5 de setembro de 2009- Chuvia de meteoros Alfa-Aurígidas.Máxima actividade 1 de setembro.

5 ao 17 de setembro de 2009- Chuvia de meteoros Perseidas. Máxima actividade  9 de setembro.

4 de setembro de 2009- Lúa Chea.

12 de setembro de 2009- Cuarto Minguante.

18 de setembro de 2009- Lúa Nova.

22 de setembro de 2009- Equinocio de Outono.

26 de setembro de 2009- Cuarto Minguante.

Durante todo o mes será visible o cometa 22P/Kopff, aínda que non é moi resplandecente.

OS ÓSOS DO NOSO CORPO

Publicado: 04/09/2009 10:47 por vgomez en CURIOSIDADES
20090903110734-esqueleto.jpg

Aínda que seguramente díchelo en clase (E.Física ou Ciencias), seguro que se che fago a pregunta: Cantos ósos temos?, moitos non lembraredes o número exacto, e é lóxico pois dende que nacemos ata que morremos o número vai cambiando.

Cando nacemos temos 300 ósos e cando somos adultos 206. A explicación reside en que cando somos moi pequenos hai ósos divididos que posteriormente vanse  soldando.

Por certo o óso máis pequeno está no oído, o chamado estribo que mide de 2,6 a 3,5 mm. Pola contra o óso máis longo é o fémur  e atópase na perna superior ou muslo.

 

III CONFERENCIA MUNDIAL SOBRE O CLIMA

Publicado: 05/09/2009 10:18 por vgomez en ZONA VERDE
20090904113714-iii-conferencia-munsial-sobre-o-clima.jpg

Na III Conferencia Mundial sobre o Clima, que se esta a celebrar en Ginebra (Suíza) e organizada pola Organización Meteorolóxica Mundial (UMM), acábase de presentar un informe cientifico da WWF ( World Wide Fund for Nature - Fondo Mundial para a Natureza, a máis grande e respectada organización conservacionista independente do mundo) no que, entre outras conclusión, apunta que o quentamento do Ártico é moito máis rápido do que se pensaba e que acarreará graves consecuencias globais como a elevación dun metro do nivel do mar en 2100, provocando inundacións que afectarán a un cuarto da población mundial.

 

El glaciar Helheim , en Groenlandia | Efe.

 Glaciar Helheim , en Groenlandia. Foto: EFE.

WWF considera que non hai tempo que perder e advierte que na Cumbre de Copenhague de decembro, na que os Estados deberán acordar un nuevo tratado post-Kioto, deben saír proposicións claras para atallar este problema xa que  esta perda de xeo está cambiando patróns de temperatura e precipitacións no Hemisferio Norte, o que afectará cada vez máis á agricultura, aos bosques e o acceso á auga.

Esperemos que fagan caso e  se tomen en serio o cambio climático!

IMAXES DE MARTE

Publicado: 05/09/2009 13:50 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20090905134437-monte-olimpus.jpg

A NASA acaba de publicar 1.500 fotos da superficie de Marte tomadas entre abril e agosto pola nave MRO (Mars Reconnaissance Orbiter), nas que se ven cráteres, gargantas, dunas e rexións xeadas con gran resolución.

Nesta fotografía (NASA/JPL/U.ARIZONA) aparecen bloques escuros na aureola do Monte Olimpus.

Espectacular! Mañá outra.

 

MÚSICA: ZAHARA

Publicado: 06/09/2009 10:10 por vgomez en MÚSICA

 

Zahara, que neste verán fíxose famosa é en realidade María Zahara Gordillo Campos. Naceu en Úbeda (Jañen) o 10 de setembro de 1983, é dicir vai cumprir dentro duns días 26 anos. Estudiou guitarra no conservatorio ata o Grao Medio. Ten publicados dous traballos: "Día 913" (2005) e "La fabulosa historia" (2009). Precisamente deste último traballo tomouse o tema titulado "Merezco", que podedes escoitar no vídeo, como banda para a Volta Ciclista a España deste ano.

Portada La Fabulosa Historia de, ZaharaBiografía de Zahara

O primeiro tema que compuxo foi "Una palabra". Tiña 15 anos.

IMAXES DE MARTE II

Publicado: 06/09/2009 11:23 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20090905135012-xeo-de-marte.jpg

Aquí tedes outra fotografía de Marte (NASA/JPL/U.ARIZONA), tomada pola sonda MRO, nela amósanse formacións de xeo de dióxido de carbono.

Mañá máis.

IMAXES DE MARTE III

Publicado: 07/09/2009 10:12 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20090905135230-dunas.jpg

Esta é outra das fotografías de Marte publicadas pola NASA/JPL/U.ARIZONA, e tomadas  pola sonda MRO. Nela amósanse as dunas nos Montes Nereidum Occidentales.

Se queres ver o resto das 1.500 imaxes pincha en IMAXES DE MARTE

ESTROMATOLITOS

Publicado: 08/09/2009 10:40 por vgomez en CURIOSIDADES
20090907181135-estromatolitos.jpg

 

Hai dous días vin nun xornal o seguinte titular: "Las formas más antiguas del planeta habitan en un lago argentino" (El Mundo.06/09/2009). Cando seguín a lectura decateime que falaban dos ESTROMATIOLITOS. Pero que é un estromatolito?

Trátase dunha estructura rochosa producida polo crecemento de cianobacterias (coñecidas como algas verdeazuladas e que se caracterizan por ser os únicos procariotas que levan a cabo fotosíntesis oxigénica, polo que tamén se denomina oxyphotobacteria), que van xerando unha capa mucilaginosa na que se precipitan os carbonatos e onde se van quedando os sedimentos. Despois do paso do tempo van medrando en tamaño e, a nivel xeolóxico, rematan consolidándose en rochas sedimentarias. Podemos datalos hai 3.500 millóns de anos.

Foron estes microorganismos os que crearon a nosa atmosfera, rica en ozono, e que fixeron posible a aparición de formas máis complexas de vida. O proceso é o seguinte: as algas producen a fotosíntese e absorben o CO2. As bacterias reciclan os nutrientes minerais. O proceso complétase coa liberación do osíxeno.

Neste vídeo de Discovery Chanel podedes  completar esta información.

 

CONTO: MÚSICA, MESTRE!

Publicado: 09/09/2009 09:53 por vgomez en OUTRAS COUSAS
20090908220712-banda.gif

Sempre houbo en Galicia unha gran tradición bandística. Moitas e boas agrupacións que deleitaban e deleitan á xente, en festas, procesións ou romarías. Algunhas tan grandes, que mesmo pasaban dos cincuenta números.

Nunha pequena aldea de Lugo, trataron de traer unha banda para as festas do setembro, pero, como a aldea era tan cativa, pensaron en contratar só unha parte da mesma.

Amable e Paco eran os maiorais da comisión, e achegáronse á cidade que tiña a banda máis grande da bisbarra. Ian falar co xefe da agrupación, Don Alejandro Solís, natural de Valencia.

- Mestre, vimos contratarlle vintemúsicos para a festa dos Remedios.

- Ya, dixo el, pero, qué músicos? Porque no todos os contarán lo mismo. Depende del instrumento que ejecuten.

Colleu unha lista e engadíu:

- El más caro: el director, que soy yo; le siguen los primeros clarinetes, luego las flautas traveseras y flautines, requintos, fliscornos y pínfanos, trompetas, fagots y contrafagots, oboe, corno inglés, trompas, ...

Aquel home non acababa de nomear instrumentos que nin coñecían. Amable atallou a conversa en seco e preguntou:

- E logo? Cal é o músico máis barato?

- El bombo. Contestou o profesor.

- Pois daquela, dixo o Paco, que veñan vinte bombos, e non se fale máis.

GRIPE A(H1N1)v GALICIA

Publicado: 10/09/2009 10:40 por vgomez en COMUNICADOS
20090909121004-gripe-a.jpg

Dende hoxe e con este título GRIPE A(H1N1)v GALICIA, tedes un enlace coa páxina da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, onde se facilita información sobre esta pandemia do seguinte xeito:

Información para a cidadanía

  • Preguntas e respostas máis frecuentes
  • Cómo evitar contaxiar e contaxiarse?
  • Información para o enfermo
  • Información para o coidador
  • Consellos para viaxeiros

Información para os profesionais

  • A gripe A(H1N1)v en atención primaria
  • A Gripe A(H1N1)v nos hospitais
  • Factores de risco
  • A gripe A(H1N1)v e o embarazo
  • Informes para os profesionais sanitarios
  • Actividade gripal

Información para colectivos

  • Información cara o curso escolar 2009/2010
  • Campamentos de verán
  • Centros educativos
  • Residencias da terceira idade
  • Centros de inclusión e emerxencia social
  • Congresos, feiras e semellantes

Destacados

  • Comunicados da Consellería
  • Suscrición SMS
  • Máis información

Se queres ver o seu contido pincha en Gripe A(H1N1)v GALICIA  ou no ENLACE do mesmo nome. Lembra que tamén tes outro ENLACE co Ministerio de Sanidade nomeado GRIPE A.

THE BEATLES

Publicado: 10/09/2009 17:18 por vgomez en MÚSICA

Estes días están en todos os medios de comunicación... , son THE BEATLES. Onte día 9 de setembro saíu á venda o xogo The Beatles: Rock Band que che permitirá cantar xunto aos seus compoñentes  as súas 45 cancións máis populares. A verdade é que me volven a tempos da mina mocidade, aínda que esta banda inglesa (concretamenrte de Liverpool) de música rock-pop formouse cando eu tiña 4 anos, en 1960. Desapereu definitivamente, despois de certa incertidume, en 1970.

Os seus compoñentes eran: John Lennon (guitarra rítmica e vocalista), Paul McCartney (baixo e vocalista), George Harrison (guitarra solista e vocalista) e Ringo Starr (batería e vocalista). Deles xa morreron John Lennon (1980) e George Harrison (2001).

No vídeo podes ver un avance deste xogo. De calquera xeito se o teu é so escoitar e non cantar, aconséllote que entres nesta páxina  para facelo e coñecelos THE BEATLES.  

 

CALENDARIO INICIO DE CURSO 2009/2010

Publicado: 11/09/2009 10:50 por vgomez en COMUNICADOS
20090909114501-comienzo-de-clases.gif

17 de setembro: Presentación da Dirección cos grupos da ESO

1º ESO: 12 a 12,30 horas              2º ESO: 12,30 a 13 horas

2º ESO: 13 a 13,30 horas              4º ESO: 13,30 a 14 horas

 

18 de setembro:

ESO: 8,20 horas (1ª hora) Presentación cos titores/as na aula correspondente, entrega de horarios e outras informacións. Nas horas seguintes claseS cos respectivos profesores. Durante a mañá procederase a entrega de libros de texto (sistema de préstamo). Os alumnos-as repetidores empregarán os mesmos libros, prestados, no curso pasado, polo que non terán que recollelos.

BACHARELATO:  Presentación 12 horas 1º Bach. e 12,15 2º Bach. Posteriormente, cos seus titores/as, na aula correspondente entrega de horarios e outras informacións.

21 de setembro: Horario normal para toda a ESO e BACH diurno.

12 horas: Presentación Ciclos Formativos

17,30 horas: Presentación PCPI

18,30 horas: Presentación ESA

19 horas: Presentación Bach adultos

19,30: Presentación CUALE

22 de setembro: Comenzo das clases en horario normal para os Ciclos Formativos, PCPI, ESA, Bach adultos e CUALE.

23 de setembro: FESTA LOCAL (Non lectivo)

 

OCEAN WORLD 3D

Publicado: 14/09/2009 09:34 por vgomez en ZONA VERDE

 

O próximo día 25 estréase a película-documental Ocean World. Película rodada coa tecnoloxía 3D, sumerxe ao espectador no fondo do océano. Empregando a viaxe dunha tartaruga mariña polos océanos de medio mundo, podemos ver os ecosistemas mariños máis espectaculares: dende os bosques de algas de California ata a Grande Barreira de Coral de Australia, ou dende a rocha fendida de México ata as illas Azores.

De nacionalidade británica, o seu director é Jean Jacques Mantello e o productor Francois Mantello. Ten unha duración de 1 hora e 25 minutos. Para a súa realización contouse co asesoramento de Jean-Michel Cousteau e Sylvia Earle, referentes mundiais na exploración mariña.

Anímovos, se podedes, a ver esta película, pois é unha lección de conservacionismo. Para que teñades unha idea aquí tedes o seu trailer.

LCROSS

Publicado: 15/09/2009 11:54 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20090914131942-lcross.jpg

Sempre tivemos a idea de que o noso satélite, a Lúa, era un deserto gris, completamente seco, sen atmosfera, onde os raios solares inciden dirtectamente sobre ela. Por siso, a súa superficie quéntase moito. A temperatura varía desde unha máxima de 107ºC, a unha mínima  nocturna de -173ºC.

Pois agora, a NASA, quere facer unha comprobación sobre a presencia ou non de auga na superficie lunar, concretamente nos cráteres polares, nos que as paredes están en penumbra permanente, e poderían conservar xeo.

A tal efecto o LCROSS (Lunar Crater Observation and Sensing Satellite), sonda espacial lanzada no pasado xuño, prepárase para a súa fase final e impactará sobre un crater, concretamente Cabeus A, duns 40 quilómetros de diámetro, situado preto da rexión polar Sur. Será o próximo 9 de outubro e permitirá analizar a pluma de material lunar que se elevará tralo impacto para ver se hai rastro de auga.

Esta idea xa non é nova, aínda que fallidamente ou sen datos concluíntes, xa o fixeron en 1999 a sonda Lunar Prospector (da NASA) e en  2006, a Smart-1 (da Axencia Europea do Espazo), unha vez concluídas as súas misións, coma neste mesmo caso. Esperemos que desta se quite algunha conclusión.

 

CASAS INDIANAS

Publicado: 15/09/2009 23:43 por vgomez en OUTRAS COUSAS
20090915132430-casas-indians.jpg

As casas indianas son numerosas vivendas construídas na segunda metade do século XIX e primeira metade do XX polos emigrantes guardeses a Porto Rico, República Dominicana e Brasil.

Caracterízanse polo emprego de cantería, azulexo e forxa. Adpotan as estructuras do país americano; o que lle confire unha personalidade propia.

O Concello de A Guarda quere evitar o seu esquecemento, polo que deseñou unha ruta cun servizo gratuíto de guías.

Se queres coñecer máis sobre elas, así como a ruta deseñada para percorrelas pincha en CASAS INDINAS

20090916124743-ozono.jpg

Hoxe, mércores 16, celebrase o Día Internacional para a Preservación da Capa de Ozono. Naceu como tal para conmemorar a firma, o 16 de setembro de 1987, do Protocolo de Montreal sobre Substancias que Esgotan a Capa de Ozono.

O lema deste ano é "Participación universal: a protección do ozono unifica ao mundo". Este día ten como obxectivo lembrar a importancia de eliminar as substancias destructoras do ozono, principalmente as coñecidas como CFCs e Halóns, así como outros novos compostos causantes desa destrucción. É unha oportunidad para reflexionar sobre este importante tema e  así previr á humanidade de potenciais emerxencias ambientais que poderían chegar a ameazar a vida do noso planeta.

A capa de ozono está formada por unha variedade alotrópica do osíxeno (O3), sendo un filtro natural que ten efecto beneficioso para a vida, retendo a maioría dos raios ultravioleta do Sol e actuando como regulador climático. Debido ao incremento nas últimas décadas da liberación á atmosfera de gases como los CFC, HCFC (cloro e hidroclorofluorocarbonados) usados en propelentes de aerosois e en refrixeración e o bromuro de metilo (gas violento para pesticidas), a capa foi sistemáticamente agredida, provocando o seu adelgazamento.

Coincidindo con esta data  a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) fixo público datos nos que pronostica que os seus efectos perdurarán moito tempo, e a recuperación dos niveles de ozono será moi lenta. No citado informe rexístrase unha progresiva pero lenta recuperación, polo que haberá que esperar ata 2050 parta acadar os niveis anteriores aos anos oitenta, perspectivas que aínda  son moi pesimistas na área Antártica, onde non se chegará a eses valores ata o período 2060-2075.

 

CECILIA PAYNE-GAPOSCHKIN

Publicado: 17/09/2009 10:25 por vgomez en NOMES PROPIOS
20090914190513-c.payme-gaposchkin.jpg

Continuando con persoas relevantes neste ano da astronomía, falaremos hoxe de CECILIA PAYNE-GAPOSCHKIN (1900-1979).

Aínda que nacida en Gran Bretaña, onde estudiou botánica, física e química na Universidade de Cambridge, desenvolveu a súa labor científica na Universidade estadounidense de Harvard. A súa tese de doutoramento nese centro (a primeira obtida por unha muller na área de atronomía) demostrou que o hidróxeno é o principal compoñente das estrelas, algo que hoxe asumimos, pero que no seu momento representou un auténtico cambio de paradigma no ano 1925. Aínda que estivo ligada a esta universidade durante case 20 anos, non foi considerada astrónoma oficial ata 1938. En 1956 converteuse na primeira muller profesora asociada desa universidade.

Como dato curios, esta muller interesouse pola astronomía cando se comprobou a teoría da relatividade de Einstein (1879-1955), grazas á eclipse solar de 1919.

BIBLIOTECA MUNICIPAL

Publicado: 18/09/2009 00:27 por vgomez en COMUNICADOS
20090918002714-libros.jpg

Durante este curso, que onte empezou, teredes que ir motas veces a unha BIBLIOTECA, ben sexa a do propio Centro, a que hai en Camposancos ou ben a Municipal de A Guarda. Algúns, por sorte, teredes libros e material de abondo nas vosas casas, pero non será a maioría.

As bibliotecas son ferramentas de apoio, non só de libros, pois hoxe contan todas con internet, para elaborar traballos, consultar dúbidas, etc.

Neste comentario quero indicarvos o horario da biblioteca municipal, que será de luns a venres de 17 a 20 horas e sábados de 10 a 13 horas.

Tedes que valorar cal é a máis próxima e o seu horario (a do centro está sempre aberta en horario escolar de mañá e tarde-noite, pero non os sábados). Fai uso das bibliotecas!

BOLSAS DE PLÁSTICO

Publicado: 19/09/2009 09:15 por vgomez en ZONA VERDE

 

Fíxate nos seguintes datos: En España consumimos 238 bolsas de plástico por habitante e ano. Cada bolsa emite 4 g de CO2 na súa fabricación e o total delas produce o 0,1% da emisión nacional. Este tipo de envases tarda sobre 100 anos en descompoñerse. Tan só o 10% acaba nos contedores amarelos para a reciclaxe. Un 65% delas emprégase como bolsas do lixo, pero a maioría acaba o seu ciclo nos vertedoiros e, no peor dos casos, nas costas. O 20% do lixo das praias son bolsas, onde se convirten en trampas para as aves e fauna mariña.

Ante esto o Plan Nacional Integrado de Residuos establece que para o 2010 deben reducirse nun 50%, ano a partir do cal deberán prohibirse progresivamente.

Nós temos nas mans moitas solucións: cambiar esas bolsas por outras máis resistentes  de varios usos, empregar as de papel, tela, etc. O medio ambiente precisa da nosa axuda!

Neste vídeo de Consumer Eroski faise un repaso a esta problemática.

HUMOR: GRIPE A

Publicado: 20/09/2009 10:00 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20090919093407-humor-da-gripea.jpeg

Nesta viñeta de O Carrabouxo (La Región 17/09/2009) interprétanse os consellos de sanidade para evitar os contaxios. A solución é cursiosa e complicada de levar a cabo.

A ZANFONA: REFRÁNS

Publicado: 21/09/2009 10:12 por vgomez en OUTRAS COUSAS
20090920114652-zanfona.jpg

A zanfona pertence á familia de instrumentos da corda freteada ou cordófonos. Consta de cinco cordas de tripa (dúas destas cordas, Bordón e Bordoncillo, van polo exterior do instrumento e as outras polo interior), a Roda (que se acciona mediante unha Manivela ou Beo), unha Caixa de Resonancia, un Teclado, o Cordoeiro, a Cravixa e o Cravixeiro.

A zanfona atopámola con distintos nomes no idioma español: "Viola de rueda", "Viola de ciego", "Gaita de rueda", "Lira de rueda" ... incluso en Galicia temos as voces zanfona, zanfonia  ou zanfoña.

O antecesor  directo da zanfona foi o organistrum, que aparece no eido instrumental no século X. Foi un instrumento máis usado polos músicos da corte dos reis Luís XIV e Luís XV de Francia e tamén moi apreciado por princesas e príncipes. Introdúcese en Galicia a través do Camiño de Santiago, instrumento preferido dos xograes da Escola Galaico Portuguesa, que foi precisamente a época do seu esplendor.

Se queres escoitala pincha en MÚSICA DE ZANFONA

REFRÁNS:

"Es maís pesado que unha zanfoña"

"Vai con esa zanfona a outra parte"

"O leite con moita tona e na romaría a zanfona"

"Bicos para a namorada e música de zanfona na alborada"

"Zanfona e pandeiro levan alegría ao turreiro"

"O son da zanfona é doce como o mel por eso todos acoden a el"

"A muller amerceada polo mal de amores atopa na zanfona consolo para as súas dores"

Fonte: Almanaque Agrícola ZZ. Ano LI

OUTONO

Publicado: 22/09/2009 08:17 por vgomez en COMUNICADOS
20090922081655-outono.jpg

Hoxe, 22 de setembro, ás 23 horas e 19 minutos (hora oficial peninsular) iniciase o outono, no hemisferio norte.

Durará 89 días e 20 horas, ata a chegada do inverno, o 21 de decembro.

Na madrugada do domingo, 25 de outubro, terá lugar o cambio de hora, iniciándose o horario de inverno (cando sexan as 3, poñeremos os reloxos nas 2).

 

A ZANFONA: CONTO

Publicado: 23/09/2009 20:15 por vgomez en OUTRAS COUSAS
20090920121404-zanfona2.jpg

Saturio nacera ao pé da Ribeira Sacra do Miño, entre viñedos dourados e a beleza dunha paisaxe singular que os seus ollos nunca puideron ver por mor da súa eiva de nacemento. Entón atopou na música da zanfona o motivo para alegrar ás xentes. Daba xenio  velo según contaban uns e outros. De xeito que a súa sona medrou co tempo de tal maneira que non había vodas, bautizos, casamentos, feiras ou romarías na que el non estivese na súa bisbarra. O seu campo de acción foise estendento e así pronto tamén se coñeceu en toda a terra galega. Así percorreu Vigo, a perla do Atlántico; Pontevedra, das rías a marabilla; Lugo, a cidade gardada polas murallas milenarias; Santiago, a cidade onde se concetra o mundo cristián; en fin Ourense, onde a auga ferve na fonte ou A Coruña, a chamada cidade de cristal.

Así dábase o caso que pola mañás o son do seu instrumento deixaba abraiadas ás xentes despois de cantarlle  algún que outro suceso monstruoso e polas tardes alegraba a mozas e mozos en calquera romaría. De maneira que as veces alguén lle rexeitaba tal parecer, sen embargo el respondíalle moi pereno: "Eu cambio igual que o tempo".

Pero as modas tamén trocan, e así, a zanfona, que un día entrara en Sevilla tocada por músicos diante do rei Fernando ao ser o consquistada ao infiel, ou que acompañou  Martín Codax nas cantigas de amigo, a zanfona coa que o infeliz xograr Macías atopou a morte apreixando as súas teclas, en fin a zanfona que inspiraba ao rei Alfonso X "O Sabio" na composición das preferencias das xentes porque estas tamnén cambiaron, para escoitar outros instrumentos que lles ofrecían  maiores posibilidades para divertirse. Saturio agora é un mendicante máis que pide, ao toque da zanfona, esmola á porta dunha igrexa ou en calquera recuncho dunha rúa. E igual que alma en pena rematou por percorrer camiños e congostras nunha andaina que semella non ter fin. A xente ao velo di: "Velaí vai o tolo da zanfona".

Fonte ZZ Almanaque Agrícola 2003

A HAMBURGUESA DE GÓMEZ

Publicado: 24/09/2009 11:05 por vgomez en CURIOSIDADES
20090924110315-hamburger-hst-big.jpg

É evidente que nada ten que ver coa miña persoa, aínda que teñamos GÓMEZ  en común. En 1985, Arturo Gómez, un astrónomo do Observatorio Interamericano de Cerro Tololo en Chile,  descubríu este obxecto en fotografías do ceo.

En realidade é unha nebulosa protoplanetaria, unha nube de gas expulsado por unha estrela similar ao Sol, xusto despois de que o combustible do seu núcleo (hidróxeno), se fusionase co Helio.

O seu nome ten relación coa seimilitude cunha hamburguesa. A luz que se ve (o bolo de pan) é a que emite a estrela central e reficte o pó, aínda que a propia estrela está escurecida por un groso disco de pó que rodea a parte central (a carne). 

A Hamburguesa de Gómez atópsae a uns 6.500 anos luz da Terra, na dirección da constelación de Saxitario.

AUGA NA LÚA

Publicado: 25/09/2009 09:30 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20090924193810-superficie-lunar.jpg

Imaxe da Lúa tomada pola sonda Chandrayaan 1-ISRO.

A sonda india CANDRAYAAN-1 (satélite da Axencia India de Investigación Espacial -Indian Space Research Organization, ISRO) que leva a bordo instrumentos da NASA acaba de facer un achádego importantísimo: atopar auga na Lúa.

 A cantidade é pequena, por cada m3 de solo lunar obteríamos 1 l de auga. Ben entendido que a auga da que falamos  non a podemos atopar nin en lagos, nin océanos, nin en charcas, senón en moléculas de auga e hidroxilo (hidróxeno e osíxeno) que interaccionan con moléculas de pó e rocha nas capas superiores da superficie.

Este achádego serviría para o asentamento de bases no satélite, xa que se podería obter auga polo quentamento da superficie e como fonte de osíxeno para obter aire respirable.

VOLCÁN FÓSIL

Publicado: 26/09/2009 09:08 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20090925183554-volcan-prehistorico.jpeg

Si, digo ben, un volcán prehistorico  horizontal acaba de ser atopado ao norte de Italia, en Valsesia (Paiamonte), nos Alpes italianos.

A verdade é que é un feito singular e único, pois este volcán en lugar de ser vertical é horizontal, xa que desplomouse cando chocaron as placas tectónicas de Europa e Asia hai 50 millóns de anos.

Na investigación (na que participaron os científicos, o italiano Silvano Sinigoi, profesor de petrografía na Universidade de Trieste, e o  americano James Quick, pro-rector da Universidade Metodista de Dallas) descubríuse tamén que hai 288 millóns de anos, o volcán expulsou de 300 a 500 km3 de material terrestre, que escureceron o ceo e posiblemente cambiaron o clima daTerra.

COPÉRNICO

Publicado: 27/09/2009 12:21 por vgomez en NOMES PROPIOS
20090926193707-copernico.jpg

Neste ano da atronomía non podiamos deixar de falar da insigne figura de COPÉRNICO. Grazas a el a astronomía deu un  xiro drástico no século XVI: a teoría xeocéntrica de Ptolemo foi substituída pola súa, a heliocéntrica.

Nicolás Copérnico foi un astrónomo polaco (1473-1543.) Estudiou Humanidades na universidade de Cracovia, Dereito e Mediciña en Italia. Doctorouse en astronomía en Roma e foi canónigo da diócese de Frauenburg.

Despois de moitos anos rematou o traballo sobre a teoría heliocéntrica  onde explica que non é o Sol o que xira ao redor da Terra senón todo o contrario.

Os protestantes foron os primeiros en rexeitar este modelo, xa que estas ideas eran contrarias aos relatos do Antigo Testamento. Máis tarde tamén a Igrexa Católica, tamén  a rexeitou. Malia todo, triunfou, posto que finalmente puido demostrase canto se afirmaba nela (Galileo, 50 anos despois, viu co telescopio en Xúpiter  que os satélites que xiran ao redor del  forman un sistema planetario semellante ao solar).

PROXECTO GENOGRÁFICO

Publicado: 27/09/2009 13:05 por vgomez en VÍDEOS

 

Os estudios do ADN (ácido desoxirribonucleico, que é un tipo de ácido nucleico, unha macromolécula que forma parte de todas as celulas. Contén información xenética empregada no desenrolo e no funcionamento dos organismos vivos coñecidos e dalgúns virus, sendo o responsable da súa transmisión hereditaria) suxiren que todos os humanos da actualidade descenden dun grupo de ancestros africanos quen, hai aproximadamente 60.000 anos atrás, comenzaron unha viaxe extraordinario.

O Proxecto Genográfico busca rexistrar un novo coñecemento sobre a historia migratoria da especie humana usando unha avanzada análise de laboratorio e computadora do ADN ao cal contribúen centos de miles de personas de todo o mundo.

O proxecto é o resultado dunha colaboración entre  National Geographic Society, IBM e a fundación Waitt Family Foundation.

Este documental, estréase hoxe en España National Geographic Channel ás 21 horas. Para os que non podades velo iniciaremos hoxe unha serie de 6 capítulos.

Hoxe tes a posibilidade de ver o 1º capítulo : MISTERIOS DO ADN. EN BUSCA DE ADÁN.

En próximos días veremos os restantes capítulos.

DÍA D: 2 DE OUTUBRO

Publicado: 28/09/2009 08:14 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20090927194525-logo-candidatura-madrid-juegos-olimpicos-2016.jpg

Si, o próximo venres 2 de outubro, será o día D, o día en que saberemos se MADRID é a candidata aos xogos olímpicos do 2016. A cousa non está fácil, pois temos que competir con Chicago (EEUU) e Rio de Xeneiro (Brasil).

Dende aquí o noso apoio, e a esperar a decisión do COI en Copenhague.

PROXECTO GENOGRÁFICO II

Publicado: 28/09/2009 08:15 por vgomez en VÍDEOS

 

Hoxe podemos ver o capítulo 2º de MISTERIOS DO ADN. EN BUSCA DE ADÁN, do proxecto Genographic, dirixido por Spencer Well (xenetista americano de 40 anos).

Mañá o capítulo 3º.

LUZ CASAL

Publicado: 29/09/2009 10:40 por vgomez en MÚSICA

Hoxe é noticia a cantante galega LUZ CASAL, e non por motivos de saúde, como fora hai algún tempo. Hoxe lanza un novo traballo: "La Pasión".

Luz naceu no concello coruñes de Boimorto, un 11 de novembro de 1958. O seu forte sempre foi o po-rock, pero neste último traballo rinde tributo a un estilo de música e a unha época, mediante doce boleiros clásicos que están na memoria de todos.

Aqui tes o tema central do traballo: "Con mil desengaños" . Se queres coñecer o resto dos temás, así coma outros traballos e todo o que queiras desta cantante só tes que pinchar en LUZ CASAL: "La Pasión"

PROXECTO GENOGRÁFICO III

Publicado: 29/09/2009 10:40 por vgomez en VÍDEOS

 

Hoxe o capítulo 3º do Proxecto Genográfico (The Genographic Project), que se iniciou en abril del 2005 e consiste nun proxecto de investigación antropológico proxectado a cinco años, destinado a mapear as migracións humanas na historia.

Maña o capítulo 4º.

 

PROXECTO GENOGRÁFICO IV

Publicado: 30/09/2009 09:00 por vgomez en VÍDEOS

 

Hoxe o capítulo 4º do Proxecto Genográfico, que comenzou a súa andaina hai case oito anos, despois de que os traballos de Wells resultasen cruciais para determinar o importante papel do cromosoma masculino Y (os cromosomas sexuais femininos son XX e os masculinos XY) para reconstruír as migracións ancestrais do ser humano.

Maña o capítulo 5º.

TSUNAMI NAS ILLAS DE SAMOA E TONGA

Publicado: 30/09/2009 17:48 por vgomez en DOCENCIA
20090930120724-350px-esquema-de-un-tsunami.png

Esquema dun maremoto (Wikipedia)

Un tsunami golpeou onte as illas de Samoa Occidental, Samoa Americana e Tonga (Localizadas en Oceanía, illas no océano Pacífico sur, aproximadamente a metade de camiño entre Hawai e Nueva Zelanda). A orixe é un terremoto entre 7,9 e 8,3 graos de magnitude na escala de Richter, o que deu lugar a ondas de ata 6 m que romperon sobre as súas costas. Segundo os primeiros datos, ao menos 113 persoas morreron, pero esta cifra irase incrementando co paso das horas e dos días.

Un tsunami é unha onda ou grupo de ondas de gran enerxía que se producen cando algún fenómeno extraordinario (neste caso un terremoto) despraza verticalmente unha grande masa de auga, evidentemente moi superior as que orixina o vento nas ondas superficiais. Tamén se chaman maremotos ou maremotos tectónicos. No gráfico superior podes clarificar a definición.

 



Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next