Se muestran los artículos pertenecientes a Septiembre de 2010.

O CEO DO MES: SETEMBRO

Publicado: 01/09/2010 08:41 por vgomez en O CEO DO MES
20100827172019-foto-benito-de-a-guarda.jpg

Outono (Foto: Benito de A Guarda/Galiciasuroeste.info)

 

1 de setembro: Cuarto Minguante.

8 de setembro: Lúa Nova.

15 de setembro: Cuarto Crecente.

23 de setembro: Lúa Chea.

                         Comenzo do Outono ás 5 horas e 9 minutos.

Chuvia de meteoros: Perseidas Setembro, actividade dende o 5 ao 17 deste mes, con máximo o día 9.

CICLOMOTORES: NOVO PERMISO AM

Publicado: 01/09/2010 14:04 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20100901140154-1283267060-01.jpg

Hoxe entra en vigor a parte da reforma do Regulamento Xeral de Conductores que convirte a actual licencia de conducción de ciclomotores (ata 50 cm3) nun novo permiso de conducción, o AM  A idade para conducir estes vehículos  eleva dos 14 aos 15 años, aínda que o citado permiso non autorizará a transportar pasaxeiros ata que o seu titular teña 18 anos. Para obter o permiso AM os conductores deberán superar unha proba específica de coñecementos e outra práctica en circuíto pechado.

A medida levantou críticas da industria del ciclomotor e das asociacións de motoristas, que advierten que, ante a perspectiva de elexir entre un ciclomotor aos 15 años ou unha moto de ata 125 cm3 aos 16 años (obtendo previamente o permiso A1), moitos optarán por esperar un ano, reducindo drásticamente a industria do ciclomotor.

FONTE: El Mundo:motor.

DRAGÓN ROBUSTO

Publicado: 02/09/2010 08:48 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20100831110849-1283185581-extras-ladillos-1-0.jpg

Garra da pata traseira do "Balaur bandoc"/ M. Ellison

A revista Proceedings of the National Academy of Sciences (PNAS) acaba de publicar esta semana os detalles do achádego, en Rumanía, por parte dun grupo de  paleontólogos da Universidade de Bucarest e do Museo Natural de Historia de EEUU (AMNH), dunha especie descoñecida de dinosaurio.

Denominado "Balaur bondoc" ou dragón robusto, vivíu durante o Cretácico superior (un periodo que se extende desde hai 98 ata 66 millóns de anos), media ao redor de 2 metros e os investigadores pensan que podería estar emparentado co Velociraptor e algúns dinosaurios con plumas. O máis chamativo, as súas poderosas garras, que eran a súa arma máis eficaz.

PLATERINA

Publicado: 03/09/2010 13:38 por vgomez en CURIOSIDADES
20100829123825-platerina2.jpg

Aspecto da platerina / Imaxe: gastronomiaycia.com

Este verán descubrín unha nova froita: Platerina.

A platerina ou tamén chamada nectarina plana é o resultado de cruzar (non hai manipulación xenética, só cruces e inxertos en árbores) unha paraguaya  cunha nectarina ou pexego.

É unha froita de pel lisa, sen o veludo do pexego, suave e con carne firme. Aromática, fresca e doce.

A platerina foi obtida polo Institut de Recerca i Tecnologia Agroalimentàries (IRTA), que a presenou hai tres anos. O nome rexistrado desta froita, realizado por Viveiros Provedo, con sede en Logroño, foi Platerina ® 110.

Pouco a pouco irémola vendo nas nosas froiterías, aínda que ten un prezo alto (1 € máis que as paraguayas).

RUTA DA DESEMBOCADURA DO MIÑO

Publicado: 04/09/2010 10:24 por vgomez en ZONA VERDE
20100903154110-591-28539-a-esteiro2.jpg

Vista aérea do Esteiro do Miño / Imaxe: Kalipedia.com

Hoxe, 4 de setembro, sábado, terá lugar no Observatorio de aves da Xunqueira a presentación da “Ruta da Desembocadura do Miño”.

Ás 19:00 horas comezará a visita guiada para dar a coñecer a nova ruta coa que se pretende acercar ao veciño e ao visitante os valores naturais e o patrimonio que está ligado á desembocadura do Miño.

En 2008 púxose en marcha unha iniciativa para revalorizar os diferentes recursos do concello. Lévanse publicado: "Ruta Urbana Nº 1" (2008), "Ruta de las Casas Indianas" (2009) e para este ano a “Ruta da Desembocadura do Miño”.

Estades todos invitados!

ENTREGA DE NOTAS E CALENDARIO SETEMBRO

Publicado: 04/09/2010 12:59 por vgomez en COMUNICADOS
20100903191511-inicio.jpeg

A entrega de notas para o alumnado de ESO e 1º de Bacharelato será o martes 7 de setembro ás 13 horas. A partir deste día e ata o 10 de setembro será o pazo de matrícula para o alumnado que non o fixo en xuno/xullo.

O 17 de stembro, venres, será a presentación do alumnado, coa da Dirección do Centro, de 1º ESO (ás 12 horas) e 2º ESO (ás 13 horas).

O 20 de stembro, luns, será a presentación do alumnado, coa Dirección do Centro, de 3º ESO (ás 12 horas), 3º ESO (ás 12,30 horas), 1º Bacharelato diúrno (ás 13 horas) e 2º Bacharelato diúrno (ás 13,30 horas).

Este mesmo día, e en horario a comunicar, entregaranse os libros de texto, en sistema de préstamo, ao alumnado de 1º e 2º ESO na Biblioteca do Centro.

O 21 de setembro 1ª hora (8:20) os titores e titoras entregarán os horarios aos grupos. A partir da 2ª hora(9:10) clases en horario normal.

Este mesmo día, a partir da 2ª hora, entregaranse os libros de texto, en sistema de préstamo, ao alumnado de 3º e 4º ESO, na Biblioteca do Centro.

Tamén serán as presentacións dos Ciclos Formativos ás 12 horas, PCPI ás 17 horas, 1º e 2º ESA  ás 18 horas, 3º e 4º ESA  e 2º PCPI ás 19 horas e 1º e 2º Bacharelato nocturno ás 20 horas.

O 22 de setembro, mércores, comenzo das clases dos Ciclos Formativos e Adultos/nocturno.

O 23 de setembro, xoves, é festa local (Sta. Tegra).

CW Leonis

Publicado: 06/09/2010 09:52 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20100905124835-cw-leonis.jpg

CW Leonis / Imaxe: CSIC

Por primeira vez os astrónomos atoparon vapor de auga na atmosfera dunha estrela xigante vermella rica en carbono, un achádego que tira por terra a teoría de que nun astro deste tipo non poden coexistir moléculas de auga e moléculas de carbono.

O descubrimento, publicado na semana pasada na revista Nature, aportará pistas para comprender a orixe da vida. A investigación sobre a estrella "CW Leonis" (situada na Constelación de Leo, a 500 anos luz da Terra) foi levada a cabo co telescopio Herschel da Axencia Espacial Europea (ESA) e nela participaron investigadores do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

A auga e o carbono son os principais elementos da vida na Terra e as estrelas como o Sol sintetízanos en grandes cantidades a medida que envellecen. Ao final das súas vidas, convírtense en xigantes vermellas.

CW Leonis emite 10.000 veces máis enerxía que o Sol.

FONTE: Elmundo.es

HUMOR: ETA

Publicado: 07/09/2010 09:24 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20100906111431-2010-09-13-vin-2010-09-06-23-27-38-humoraguilera3.jpg

A verdade é que o tema de ETA non é de chiste, é algo moi serio e que xa estamos tan fartos, que todos desexamos que dunha vez por todas remate este pesadelo do terrorismo e da chantaxe a que estamos sometidos neste país por parte destes asasinos.

Agora, e xa non é a primeira vez, plantexan unha nova tregua. Será verdade ou só un truco máis para armala de novo como a última vez? Precisamente nesta última vez, moitos, entre o que eu me inclúo, pensamos que sería o final e ao pouco tempo... o que só saben facer: matar.

A única solución é que definitivamente entreguen as armas e defendan ás súas "ideas" por medios políticos, non violentos.

Na viñeta de onte de Aguilera no xornal Faro de Vigo, plantexa este tema, indicando que si temos memoria e que non nos fiamos.

Veremos que pasa!

RETRASO NO PROXECTO ABALAR

Publicado: 07/09/2010 11:08 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20100906190554-tic.jpg

A Consellería de Educación anuncia unha demora na entrega dos ordenadores do proxecto Abalar e solicita á adxudicataria unha rápida solución ao problema.

Este é o titular con que a Consellería de Educación deu onte a coñecer o parón no proxecto Abalar. Iniciado o curso, a piques de escomenzar as clases puco hai feito: material (o que temos xa), formación (foi un compromiso e aínda estamos a espera. Querena facer cando estemos a traballar? Faltando a clase? Ou perdendo tempo fóra do traballo?), contidos educativos (que deberían axudar, xa non digo suplir, aos libros de texto), armarios e material auxilar e recarga, miniordenadores,...

Como xa se comentou neste blog, na nosa localidade participan nesta implantación para o presente curso o centro concertado de "Carmelitas" e o IES "A Sangriña".

Se non se pode pois dicilo. As cousas apuradas nunca saen ben!

Este é o contido integro da información facilitada pola Consellería na súa páxina web:


A Consellería de Educación anuncia unha demora na entrega dos ordenadores do proxecto Abalar e solicita á adxudicataria unha rápida solución ao problema.
A empresa adxudicataria comunicou que ten dificultades para cumprir o prazo de entrega e alega problemas de fornecemento mundial.
Lun, 06/09/2010 - 12:31

A entrega de ordenadores aos alumnos dos colexios incluídos no programa Abalar non poderá realizarse no prazo previsto por problemas cos tempos de fabricación e abastecemento, que están sendo asumidos pola empresa adxudicataria. Aínda que as razóns alegadas pola citada compañía apuntan a terceiros responsables de orde internacional, a Consellería demandoulle unha rápida solución ao problema. En caso contrario veríase na obriga de esixir as responsabilidades pertinentes.

Como ben é sabido, no marco do plan Abalar, proxectouse a adquisición de 15.000 ordenadores ultraportátiles (netbooks) para a dotación aos alumnos das aulas seleccionadas para esta primeira fase de implantación dun programa que persigue a transformación dos centros educativos tradicionais en Centros Educativos Dixitais.

O inicio dos trámites comezou o pasado 26 de marzo co envío ao Diario Oficial da UE do anuncio de licitación. O 12 de abril publicouse no DOG e no BOE a licitación do subministro de netbooks por un importe de 4.875.000 euros.

Basicamente, o netbook solicitado- cuns requisitos mínimos semellantes aos do resto do estado- era un equipo cunhas características mínimas de 1 mega de RAM, 120 GB de disco duro, wifi, autonomía de 300 minutos e unha pantalla de 10 polgadas. Entre os requisitos esixidos figuraba que o prazo de entrega era de 45 días dende a sinatura do contrato.

Ao peche do concurso, o 30 de abril, admitíronse 7 empresas; e a primeira mesa de contratación celebrouse o 10 de maio de 2010. Por resolución do 4 de agosto adxudicouse definitivamente á empresa a subministración de 15.000 netbooks por un importe de 4.611.918,10 (IVE incluído), asinándose o contrato dous días despois, polo que o prazo de entrega dos ultraportátiles quedaba automaticamente fixado para o 20 de setembro de 2010.

O pasado xoves, 26 de agosto, a empresa comunicou un calendario provisional de entregas que superaba o prazo límite máximo, polo que se convocou á dirección da empresa para o mércores dia 1 de setembro co obxecto de que aportase novos calendarios e as explicacións precisas.

O representante da firma adxudicataria alegou que o proceso de fabricación de equipos, destas características novedosas, que son feitos a medida ten unha maior duración e que ten feito tódolos esforzos posibles en presionar á cadea de produción da fabrica chinesa para adiantar os prazos de entrega. Referiuse tamén á ruptura dun stock mundial dun dos compoñentes do ordenador; a pantalla multitáctil, polo que entende que non parece posible facer as entregas en prazo, aínda que continuará a facer xestións de cara a acurtar os prazos de entrega.

Compre salientar que, efectivamente o equipo subministrado, é de última xeración e, por tanto, notablemente superior en características (pantalla táctil e maior resolución- equivalente a das pantallas de 11,6 polgadas- e posibilidade de ser utilizado como tablet PC) ao presentado polos outros subministradores. Tratase dunha ferramenta única no ámbito da aplicación das TIC no sistema educativo de todo o estado español e exclusivo da comunidade galega.

 Polo que se refire á formación do profesorado no uso e no aproveitamento didáctico das ferramentas do proxecto “Abalar”, así como a instalación de pizarras dixitais e canóns, a Consellería continuará os seus plans dentro do prazo previsto.

FONTE: Consellería de Educación e O. Universitaria.

PEIXE COFRE AMARELO

Publicado: 08/09/2010 20:09 por vgomez en CURIOSIDADES
20100907111403-pez-cofre2.jpg

Observando a fotografía, seguro que o de peixe cofre amarelo non sorprende a ninguén. Fixándose ben asemella a unha caixa. O seu nome científico é Ostracion cubicus 

Está cuberto por múltiples escamas en forma de placas hexagonais que lle proporcionan unha elevada rixidez cun peso mínimo e que o protexen de modo eficaz de posibles lesións, desprazándose con moita lentitude. Vive nos arrecifes das rexións cálidas do océano Pacífico e o mar Roxo.

A súa alimentación e a base de algas e animais pequenos, como vermes, ameixas, cangrexos, camaróns e peixes, que saca da area expulsando chorros de auga cos seus grosos beizos fruncidos.

Como curiosidade deste animal citar que en 2005 os enxenieros de Mercedes-Benz copiaron os contornos hidrodinámicos deste peixe cofre para conseguir fabricar un coche máis aerodinámico, capaz de consumir un 20% menos que modelos similares. Tamén aumentaron a rixidez das súas portas nun 40% con relación aos deseños convencionais.

A súa clasificación científica sería:

Reino: Animal

Filo: Cordados

Clase :Actinopterygii

Orde :Tetraodontiformes

Suborde: Tetraodontoidei

Familia:Ostraciidae

Xénero: Ostracion

 

FONTE: 365especies.com

PEPITO

Publicado: 09/09/2010 12:58 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20100909123456-hallado-nuevo-dinosaurio-cuenca.jpg

Reconstrucción do dinosaurio "Concavenator corcovatus" / RAÚL MARTÍN

Pepito é o alcume que os científicos lle deron a un dinosaurio dun xénero e unha especie completamente descoñecidos ata  agora, descuberto en Cuenca, concretamente no Yacimiento de Las Hoyas .
Bautizado científicamente como Concavenator corcovatus, é unha especie carnívora que vivíu hai 125 millóns de anos. Cos seus seis metros de longo, o novo exemplar conquense, un animal adulto, era catro veces maior que os áxiles e temibles velocirráptores, así como moito máis antigo. 


Hallado un nuevo dinosaurio en Cuenca 
       Fósil do novo dinosaurio carnívoro "Concavenator" / SANTIAGO TORRALBA

 

Como dato relevante deste exemplar é a presencia dunha estraña chepa, que os científicos non saben moi ben para que lle posía servir (algúns destes animais prehistóricos tiñan unha estructura dorsal que podría ter unha función termorreguladora, como un radiador).

A prestixiosa revista  "Nature" publica un artículo firmado polos tres científicos españois que o atoparon e estudiaron: Francisco Ortega, Fernando Escaso e José Luis Sanz. 

FONTE: Elpais.es

ERUPCIÓN DE PLASMA NO SOL

Publicado: 10/09/2010 12:17 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20100910120143-480655main1-1105flare-strip-428-2.jpg

 

NASA  distribuíu unhas imaxes (similares ás que podedes ver no vídeo superior e que corresponden a abril deste ano) tomadas polo  Solar Dynamics Observatory (SDO) que amosan a gran erupción de plasma na superficie do Sol. A erupción provocou unha radiación de raios ultravioleta descomunal, pero a Terra non se víu afectada por este fenómeno.

Se queres ver esas imaxes pincha AQUÍ.

OBRIGADO PORTUGAL

Publicado: 11/09/2010 09:30 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO

 

A crise busca recadación en todos os sitios. Aquela frase de "Menos mal que nos queda Portugal" xa non se  cumpre, polo menos no apartado de gratuidade nas autovias do outro lado do Miño.

A implantación a partir do 15 de outubro de peaxes automáticas nas autovías ata agora gratuítas do norte de Portugal está a causar contrariedade e malestar, non só polo pago, senón tamén polos procedementos de pago. No vídeo superior infórmase precisamente deses procedementos.

Esto seguramente repercutirá nas visitas ao país veciño, aínda que algunhas seran inevitables como a do aeroporto Sá Carneiro, xa que é máis competitivo e barato que os de Vigo e Santiago.

Obrigado Portugal!

HUMOR: PEAXES

Publicado: 11/09/2010 09:45 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20100911094500-tira-11-color2.jpg

A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal corre perigo co entrada en vigor das peaxes do país veciño a partir do próximo 15 de outubro.
Este o tema escollido na viñeta de Pinto&Chinto do xornal La Voz de Galicia de hoxe.

Ilustrativa a viñeta!

A OLERÍA

Publicado: 13/09/2010 07:43 por vgomez en OUTRAS COUSAS
20100912133437-taza-ceramica-buno-15.jpg

Cunca de caldo de Buño / Imaxe:casatraba.es

O oficio ancestral da olería é a arte de facer vasillas de barro cocido, olas, pucheiros, pratos, vasos, porróns., feitos con arxila e logo cocidos, sen esmalte ou con con verniz aplicado nunha soa fornada. Son olería os azulexos esmaltadis das casas, así como tamén son os ladrillos, baldosas de baro sen esmalte fabriados industrialmente. Para estes últimos traballos adoptouse o nome de cerámica.

Na olería tradicional tiveron ou teñen sona: Buño, Niñodaguia, Bonxe, Gundivós...

Na olería industrial contou ou conta con Cerámica de Sargadelos, Cerámica do Castro, Cerámica Celta, Santa Clara...

Na cultura popular hai moitas referencias a este oficio. Aquí tedes algunha:

REFRÁN:

Oficio nobre e bizarro,

entre todos o primeiro,

porque na industria do barro

Deus o primeiro

e o home o primeiro caharro.

ADIVIÑA:

Teño asa pero non pitorro, non obstante a xente gustosa, acércame ó morro.(A cunca).

FONTE: Traballo de Anibal Cid B. publicado no Almanaque Agrícola ZZ. Ano LVIII.

Se queres coñecer polo miúdo este oficio, preme AQUÍ e terás íntegro o traballo citado na FONTE entre as páx. 9 e 19 do citado Almanaque.

PREMIOS MTV Video Music Awards

Publicado: 13/09/2010 08:26 por vgomez en MÚSICA

 

MTV Video Music Awards, tamén coñecida como MTV VMA entregou os premios que este canal adica aos mellores vídeos musicais do ano.

A gala de entrega dos premios, iniciada en 1984, celebrouse no teatro Nokia de Los Ángeles (California).

A gran triunfadora, nesta pasada madrugada, foi Lady Gaga, conseguindo 8 das 13 estatuiñas (tamén chamadas «Home da Lúa», xa que teñen a forma dun astronauta sobre este satélite): Mellor Vídeo do ano, Mellor Vídeo Pop, Mellor Vídeo dunha artista feminina, Mellor Vídeo Dance (todas elas por "Bad Romance"), Mellor Colaboración (por "Telephone", con Beyoncé), Mellor Coreografía, Mellor Dirección e Mellor Edición.

Para os seus seguidores, aquí tedes o Mellor Vídeo do ano: "Bad Romance".

PRESENTADA MODELO AULA ABALAR

Publicado: 14/09/2010 07:57 por vgomez en DOCENCIA
20100913104312-435a8be9c9cb186660e039fd63648de7.jpg

A Consellería de Educación vén de amosar aos directores dos centros nos que se vai implantar este curso 2010/2011 o Proxecto ABALAR, entre os que se atopa o noso IES, un modelo de aula totalmente equipado cos materiais contemplados neste plan. Nun acto informativo celebrado no CIFP Politécnico de Santiago de Compostela, o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Jose Luis Mira, explicou aos membros da comunidade educativa o funcionamento destas aulas, que puideron comprobar in situ grazas á exposición instalada.

A aula que puideron visitar estaba dotada dun encerado dixital, un carriño de carga para os ultraportátiles e un ordenador para o profesor. Así mesmo estaban colocadas nas mesas modelos dos ultraportátiles que utilizarán as alumnas e alumnos, todos eles de última xeración e, con pantalla táctil, e unha resolución equivalente á das pantallas de 11,6 polgadas. Ademais, os asistentes puideron comprobar o uso destes netbooks como tablet PC, unha das características que converte aos equipos que vai ofrecer o ABALAR nun referente de calidade.

Ao fin da visita o director xeral de Educación amosouse satisfeito pola acollida que tivo a instalación entre os membros da comunidade educativa, mostra que anticipa que "o esforzo que está a facer a Consellería para a impantación das TIC no sistema educativo galego gozará de seguro dun recoñecido éxito".

FONTE: Consellería de Edicación e O. Universitaria

FURACÁNS

Publicado: 15/09/2010 10:21 por vgomez en OUTRAS COUSAS
20100915101943-1284490150-1-2.jpg

Imaxe dos furacáns Igor e Julia sobre o Atlántico rexistrada pola NASA / FP

Ciclón tropical é un término meteorolóxico usado para referirse a un sistema de tormentas caracterizado por unha circulación cerrada ao redor dun centro de baixa presión e que produce fortes ventos e abundante chuvia.

Dependendo da súa forza e localización, un ciclón tropical pode chamarse depresión tropical, tormenta tropical, furacán, tifón ou simplemente ciclón.

Os furacáns clasifícanse según unha escala coñecida como Saffir-Simpson (desenvolvida en 1969 polo enxeniero civil Herbert Saffir e o director do Centro Nacional de Huracanes de Estados Unidos, Bob Simpson), que lle otorga un número entre 1 e 5, basándose na velocidade dos ventos (1 é a menos intensa -ventos de 119 a 153 km/h- e a categoría 5 é a máis intensa -ventos maiores que 250 km/h-).

Os nomes para este ano na Conca do Atlántico (Golfo de México + Mar Caribe + Océano Atlántico) son:

Alex
Bonnie
Colin
Danielle
Earl
Fiona
Gaston
Hermine
Igor
Julia
Karl
Lisa
Matthew
Nicole
Otto
Paula
Richard
Shary
Tomas
Virginie
Walte

(En negrita os que xa pasaron)

 Este tipo de fenómeno meteorolóxico recibe outros nomes, como tifón no caso de Asia e  Willie-Willie no suroeste de Australia.

Pero como se forma un furacán? Para saber a resposta a esta pregunta preme AQUÍ.

HUMOR: INMIGRACIÓN

Publicado: 16/09/2010 09:27 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20100915111646-20100915elpepuvin-2.jpg2.gif

Estes días fálase moito dos xitanos expulsado de Francia, que ten certos tintes de racismo, aínda que dende ese país enmárcano dentro da regulación inmigratoria. Non é un problema novo o da inmigración. En España temos problemas cos procedentes de África fundamentalmente, aínda que tamén de paises latino-americanos e os de procendencia europea como os rumanos. Na época de vacas fracas todo sobra. Pero na época de bonanza son necasarios, pois hai traballos que non queremos facer e axudan a a rexuvenecer  a media da idade da poboación española.

Que pouca memoria temos! Os galegos que saímos polo mundo, por desgraza, eramos, na maioria dos casos, inmigrantes neses países de destino, deixando atrás familia, raíces...

Cumprese ese vello dito de que cando hai un conflicto económico, sempre, sempre, aparece un conficto social. Non é nada fácil casar ámbalas dúas situacións, pero nunca debemos de tomar o camiño máis facil, que por desgraza é que pague o máis débil.

A vineta de Erlich no xornal El Pais de onte, trata este tema satíricamente. Sen comentario.

CARLOS SANTANA

Publicado: 17/09/2010 10:39 por vgomez en MÚSICA

 

Santana  chegou a ser considerado uno dos mellores guitarristas instrumentais durante as décadas dos 70 e 80. Carlos Augusto Santana Alves, que é o seu verdaiero nome, naceu en Autlán de Navarro-Jalisco-México en 1947.

Na próxima semana, concretamente o día 21, presenta un novo disco: Guitar Heaven The Greatest Guitar Classics of All Time. Nel lévanos polas mellores cancións do mundo interpretadas por este virtuoso guitarrista. Como mostra un dos temas, que podes escoitar "While my guitar gently weeps" dos The Beatles, no que conta coa colaboración da cantante India Arie e o violonchelista Yo-Yo Ma.

Espero que disfrutedes!

Por certo, se queres coñecere máis deste  fenómeno da guitarra pincha AQUÍ.

ESTRADAS QUE XERAN ENERXÍA

Publicado: 18/09/2010 10:58 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS

O enxeniero británico Peter Hughes propón o seguinte invento : estradas con enerxía cinética. A "Electro Kinetic Road Ramp" é unha rampa rectangular de varios metros de longo e ancho, cunha serie de paneis que sobresaen do chan un centímetro e medio. Ao pasar o tráfico, os paneis soben e baixan. O movemento transmítese a un motor que produce a enerxía mecánica. A rampa pódese colocar tanto en bandas de deceleración como no chan liso, sen que se note a súa presenza.

Cada aparato xera uns 30 quilovatios (kW) de electricidade cada hora en condicións normais de tráfico, aínda que varía según o número de rampas, o seu tamaño, a cantidade de vehículos, o seu peso e frecuencia de paso. Segundo o seu  creador, catro destas rampas serían suficientes para suministrar enerxía ás farolas, semáforos e demais sinais de tráfico luminosas nunha rúa  dun quilómetro e medio de longo.

Outras propostas inclúen o mantemento de sistemas de calefacción para combatir o xeo no invierno, a ventilación nos túneles ou para zonas illadas donde non chega a rede eléctrica.

O sistema funciona cando o vehículo pasa a unha velocidade de entre 5 e 90 km/h, é silencioso e non dana aos vehículos nin a ciclistas ou motoristas.

Novedoso!

FONTE Revista Eroski Consumer

VIÑO DE XEO

Publicado: 19/09/2010 10:11 por vgomez en CURIOSIDADES
20100919101112-uva-albarino2.jpg

Uva monovarietal de albariño / Imaxe:sites.google.com

Non é un invento novo! Tampouco o entendades ao pé da letra! O viño de xeo (eiswein) é un viño doce que se elabora en Francia, Canadá ou Estados Unidos. É orixinario de Alemaña e Austria, onde acumula varios séculos de tradición a pesar do moito que custa producilo.

Pois ben, este ano vaise producir aquí en Galicia. Que como se fai? Verdes: As uvas recentemente vendimiadas chegan á adega e son espolvoreadas de inmediato con carbónico (CO2) a -80 ºC e nun cuarto de hora están duras como pedras. Pero hai un truco: a clave está en que se xee unicamente a auga da uva, non a pulpa nin os azucres. Dese xeito é posible separar o mosto se se prensa con rapidez a froita antes de que se derritan os cristais de xeo do seu interior. Dentro da prensa neumática quedan retidos os elementos sólidos: xeo, pel e pebidas, á vez que se obtén un mosto denso, case sen auga e, xa que logo, cunha altísima concentración de azucre, duns trinta graos de alcol probable.

Enorme dificultade implica tamén a fermentación, polo altísimo contido de azucre do mosto. Realízase a baixa temperatura,  requerindo polo menos dez días, porque o mosto é como unha salmoira de azucre. Vai con moita lentitude, tendo unha concentración un 300% superior ao normal. Unha vez fermentado, pasará directamente a botella, cun tempo concreto de maduración, aínda que non en barrica.

A iniciativa  galega é de Adegas Mar de Frades, que intenta conseguir un viño doce de alta calidade obtido por crioelaboración a patir de uva monovarietal de albariño.

Esperemos o resultado, alá por marzo!

FONTE: La Voz de Galicia

HUMOR: SANTIAGO

Publicado: 20/09/2010 10:07 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20100919120215-20100913elpepivin-1-3.gif

Estamos en Ano Santo e Santiago de Compostela énchese de xente de todo tipo, uns movidos polo turismo, outros polo camiño e outros pola relixiosidade. Todo ten cabida e os comerciantes frétanse as mans.

O único que parece descontento é o apóstolo Santiago que ten que sufrir os abrazos de tanta xente, independientemente da súa condición: reis, ministros, políticos, empresarios, obreiros, autónomos...

A verdade é que cada un leva unha petición tan dispar que non sei que vai facer o pobre apóstolo. Non sabemos realmente o que a xente pide, pero imaxinámolo.

Paciencia Santiago!

Este é o tema tratado na viñeta do xenial Forges no diario El País. Moi ilustrativo!

NOVOS MINERAIS NA LÚA

Publicado: 21/09/2010 10:05 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20100919105446-1284637963-1.jpg

Topografía da Lúa obtida pola misión LRO / NASA / Science

Os últimos datos da misión Lunar Reconnaissance Orbiter (LRO) da NASA revelan a presenza de minerais ricos en sílice en novas rexións da superficie lunar.

Dous informes independientes de Science desta semana ofrecen probas convincentes de que a Lúa é un corpo celeste complexo, que foi experimentando sucesivos procesos ígneos no tempo.

Os  investigadores analizaron os datos extraídos do instrumental Diviner Lunar Radiometer Experiment sobre a sonda LRO e localizaron marcas térmicas de compostos de sílice moi evolucionados en amplas demarcacións da superficie lunar.

Ao centrarse en catro demarcacións concretas que os científicos denominaron "puntos vermellos" (Red spots), dixeron que o espectro de radiación infravermella media que presentaban podíase comprender pola presencia de cuarzo, un mineral rico en sílice, ou feldespatos.

Estas composicións minerais non se atoparan, aínda, en ningunha outra parte da Lúa, pero podería compararse ao granito ou á riolita na Terra.

Segundo os investigadores a presenza de diversas formas na superficie, asociadas a estes minerais, sería un indicio de que algunha vez houbo magma fluíndo por enriba e por debaixo da superficie lunar.

FONTE: El Mundo

ALZHEIMER

Publicado: 21/09/2010 13:24 por vgomez en OUTRAS COUSAS
20100921132437-alzheimer.jpg

Imaxe: esbuenocomunicarnos.blogspot.com

Hoxe, 21 de setembro, celébrase o DÍA MUNDIAL DO ALZHEIMER. Esta data foi escollida pola OMS (Organización Mundial da Saúde) e a Federación Internacional do Alzheimer, co propósito de dar a coñecer esta enfermidade e difundir información ao resepecto, solicitando o apoio e a solidaridade da poboación en xeral, e institucións e organismos oficiais. 

  O seu nome provén de Alois Alzheimer, un neurólogo alemán que en 1907 describíu os síntomas que presentaba unha muller de 48 anos, como graves problemas de memoria, así como as características neuropatolóxicas da enfermidade.

 A enfermidade de Alzheimer, causa máis frecuente de demencia nos anciáns, é un trastorno grave, dexenerativo, producido pola perda gradual de neuronas cerebrais, sendo a súa causa descoñecida. Trátase dunha enfermidade moi rara nos pacientes novos, ocasional nos de mediana idade e máis frecuente a medida que se cumpren anos.

Se queres profundizar sobre o coñecemento desta enfermidade, pincha AQUÍ.

FLOR CADAVER

Publicado: 22/09/2010 08:20 por vgomez en CURIOSIDADES
20100920123657-flor-cadaver1.jpg

Flor cadaver é o nome dunha planta, que ten por nome científico Rafflesia arnoldii, que medra nos bosques de Sumatra e Borneo (Indonesia).

Esta planta ten varias curiosidades. A primeira é que vive como un parásito, dentro do tecido dunha videira tropical, carecendo de follas, brotes e raíces (só é visible a flor) e polo tanto non realiza a fotosíntese. A segunda é dobre e refírese á súa flor (de cor  avermellado e alaranxado), xa que é a fnflorescencia máis grande do mundo (máis dun metro de diámetro e ata 11 quilogramos de peso), pero tamén é a flor que emite o cheiro máis desagradable, similar ao dunha prea (animal morto).

Por certo a flor permanece aberta como máximo durante unha semana e aparece cada varios anos.

A súa clasificación científica sería:

Reino: Plantas

División: Magnoliophyta

Clase: Magnoliopsida

Orde: Malpighiales

Xénero: Rafflesia

FONTE:365especies.com

OUTONO

Publicado: 23/09/2010 08:31 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO

 

Hoxe 23 de setembro de 2010, día de Santa Tegra e festa local, ás 5 horas e 9 minutos, hora oficial peninsular, entrou o outoño no hemisferio Norte, según o convenio astronómico. Esta estación durará 89 días e 20 horas. O domingo día 31 de outubro terá lugar o cambio de hora (retrasando o reloxo 1 hora), recuperando o horario de inverno, que empezará o día 22 de decembro.

PHIL COLLINS

Publicado: 24/09/2010 09:41 por vgomez en MÚSICA
20100923094257-philcollins.jpg

CARBÓN

Publicado: 27/09/2010 08:08 por vgomez en ZONA VERDE
20100923162512-carbon.jpg

Acumuación de carbón / Imaxe: ecologismo.com

Nestas últimas semanas o CARBÓN e a súa problemática está en tódolos medios de comunicación. Este combustible fósil (rocha sedimentaria de orixe orgánica) pasou de ser moi empregado a ser testimonial. Eu aínda lembro, na época que vivín en León, a ser o material empregado para quentar a casa e para cociñar. A minería industrial diminuíu drasticamente cando o petróleo e os seus derivados irrumpen na escea mundial. Hoxe volve a retomar presenza pola crise  aínda que medioambientalmente ten moitos problemas.

Pero que é o carbón? De onde procede? A consestación a estas e outras preguntas sobre o tema telas premendo AQUÍ, nesta infografía da revista  Consumer Eroski.

SATURNO: NOVAS IMAXES

Publicado: 28/09/2010 10:48 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20100927121051-1285351466-0.jpg

Imaxe captada pola sonda Cassini / AP

Durante o Congreso Europeo de Ciencia Planetaria que se celebrou a semana pasada en Roma, presentáronse unha nova película e imáxes aportadas pola Sonda Cassini na que se mostran as auroras brillantes de Saturno durante un período de dous días, que a xuízo dos expertos, colaborará no entendemento da razón pola que algúns corpos do sistema solar comprenden "impresionantes representacións de luz".

La misión Cassini-Huygens é un proxecto cooperativo da NASA, a Axencia Espacial Europea (ESA) a a Axencia Espacial Italiana (ASI). 

MÚSICA Á CARTA

Publicado: 29/09/2010 08:14 por vgomez en MÚSICA
20100928202649-rockola-selector.jpg

Rokola.fm / Imaxe:srpolo.wordpress.com

Di un dito popular que "a música amansa as feras", e algo parece ser pois na miña terra cando pasaban os rallyes de coches por zonas de granxas de polos, xa días antes, poníanlle música para adaptalos horas antes de que pasasen os coches, e parecía efectivo, non se alteraban, evitando moitas mortes. Tamén hai estudos sobre a tranquuilidade que teñen os rapaces pequenos cando escoitan música clásica e incluso algún  afirma que os volve máis intelixentes.
Deixando os ditos e os comentarios, existe unha emisora de música en internet, onde ti podes escoller a música en función do teu estado emocional: optimista, sentimental, intenso ou melancólico. Só tes que picar, escoller idioma, ano e a escoitar.
Paréceche interesante? Pois se é así só tes que picar neste enlace  Rokola.fm.
Que disfrutes!

 


CINE: SEMPRE AO MEU LADO

Publicado: 30/09/2010 08:17 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20100913155829-gana-una-entrada-doble-para-la-premiere-de-siempre-a-mi-lado-participa.jpg

Esta fin de semana estréase a película SEMPRE AO MEU LADO que se pode encasillar no xénero drama-romántico, onde un mozo ve de xeito distinto o mundo despois de sobrevivir a un accidente.

Argumento: Charlie St. Cloud (Zac Efron) é un experto mariñeiro. A súa nai Claire (Kim Basinger) e o seu irmán pequeno (Charlie Tahan) adórano. Conseguíu unha beca que o levará lonxe do seu pobo natal situado na zona norte da costa do Pacífico. Un futuro prometedor esvaécese cando unha traxedia leva por diante todos os seus sonos.

A ficha técnica é:

Sempre ao meu lado (Charlie St. Cloud)

Nacionalidade: USA   Ano: 2010  Estreo:01/10/2010

Productora:Universal Pictures Spain

Director:Burr Steers

Guión: Burr Steers, Craig Pearce, James Schamus & Lewis Colick

Reparto: Zac Efron, Amanda Crew, Charlie Tahan, Kim Basinger, Dave Franco, Donal Logue, Tegan Moss, Julia Maxwell, Ray Liotta

Maís información sobre a película pinchando AQUÍ.

Merce a pena vela!