Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Octubre de 2010.

GLIESE 581G

Publicado: 01/10/2010 10:14 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS

 

Gliese 581g, ese é o nome do novo planeta fóra do Sistema Solar atopado por un equipo de astrónomos da Institución Carnegie e a Universidade de California e que publia a revista "Astrophysical Journal".

Gliese 581g atópase a uns 20 anos luz, e sún os astrónomos a distancia a que está da súa estrela (Gliese 581) permítelle ter unha temperatura adecuada (entre de -31ºC e -12 ºC)  para que  exista augua líquida na súa superficie, ou a escasa profundidade.

Outras características son: ten gravidade, período orbital de aproximadamente de 36 días e unha masa de entre 3,1-4,3 masas terrestres.

A estrela Gleise 581, unha anana vermella,  ten ao seu redor seis planetas, que se moven en órbitas circulares, dos que tres son superterras, é dicir, similares ao noso planeta Terra, aínda que só o "g" podería ter organismos vivos, grazas a súa situación.

Para este descubrimento valéronse do instrumento HIRE do W. M. Keck Observatory de Hawaii.

Noticia esperanzadora!

O CEO DO MES: OUTUBRO 2010

Publicado: 01/10/2010 10:15 por vgomez en O CEO DO MES
20100927121012-lluvest01-.jpg

Chuvia de metroros Dracónidas / Imaxe:ovnis.tv

1 de outubro: Cuarto Minguante.

7 de otubro: Lúa Nova.

14 de outubro: Cuarto Creciente.

23 de outubro: Lúa Chea.

30 de outubro: Cuarto Minguante.

Chuvia de meteoros:   Dracónidas, actividade desde o 6 ao 10, con máxima actividade o 8 de octubro. Epsilon-Gemínidas, actividade desde o 14 ao 27, con máxima actividade o 18 de octubro. Oriónidas, actividade desde o 19 ao 7 de novembro, con máxima actividade o  21 de octubro. Leo Minoridas, actividade desde o 19 ao 27, con máxima actividade o 23 de octubro.

O domingo día 31 de outubro terá lugar o cambio de hora (retrasando o reloxo 1 hora), recuperando o horario de inverno.

 


ESTO SI QUE É AMOR DE PAI

Publicado: 04/10/2010 06:06 por vgomez en VÍDEOS

 

O outro día recibín un correo que me sorprendeu gratamente. Penso que o amor que pode sentir un pai por un fillo, non moitas veces correspondido, é moi grande. A proba tédela no vídeo. Pero quero reproducir o texto do correo que citei anteriormente, para poder entender correctamente o vídeo:

O fillo pregúntalle ao seu pai: Papá, formarías parte no maratón comigo? O pai respondeu: Si. Foron ao maratón e completárono xuntos. Pai e fillo foron xuntos a outros maratóns, e o pai sempre dicía "si" ás solicitudes do fillo de ir xuntos ás carreiras. Un día, o fillo preguntoulle ao seu pai: Papá, imos a participar xuntos no Ironman? O pai díxoxe si tamén. O triatlón Ironman abarca 2,4 millas (3,86 quilómetros) nadando en océanos, seguida de 112 millas (180,2 quilómetros) en bicicleta, e rematando con 26,2 millas (42,195 quilómetros) maratón ao longo da costa de Big Island.

Impresionante!!!

 

PREMIO NOBEL DE MEDICINA 2010

Publicado: 04/10/2010 23:05 por vgomez en NOMES PROPIOS
20101004164812-professorrobertedwardscloseup.jpg

Robert G. Edwards / Imaxe: cambridgenetwork.co.uk

Como tódolos anos por estas datas chegán os Premios Nobel.

O científico británico Robert G. Edwards  é o gañador do Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina 2010 por "o desenvolvemento da fertilización in vitro nos anos 50"

Segundo o Instituto  Instituto Karolinska de Estocolmo (Suecia), que é o encargado de determinar ao gañador, "os seu achádegos fixeron posible o tratamento da infertilidade, un problema médico que afecta a unha parte importante da Humanidade, incluíndo a máis do 10% das parellas do planeta".

Os Premios Nobel otórganselle ás persoas que realizaron investigacións sobresaintes, inventaran técnicas ou equipamentos revolucionarios ou contribuíran notablemente á sociedade. Instituíronse como vontade de Alfred Bernhard Nobel (Estocolmo, 21 de outubro de 1833-San Remo, 10 de decembro de 1896.

O inventor da dinamita e industrial sueco, firmou un testamento no Club Sueco-Noruego de París o 27 de novembro de 1895. Sentíase culpable pola súa responsabilidade como empresario enriquecido a través dunha industria productora de dinamita, que tiña como especial mercado a minería, pero tamén a guerra. Esa puido ser a motivación principal do seu afamado testamento, unida tamén a costume de realizar accións para facer transcender o seu nome ao morrer.

Desde a súa instauración en 1901, os Premios Nobel recaeron en sete españois:

1904José EchegarayLiteratura
1906Santiago Ramón y CajalMedicina e Fisioloxía
1922Jacinto BenaventeLiteratura
1959Severo OchoaMedicina e Fisioloxía
1956Juan Ramón JiménezLiteratura
1977Vicente AleixandreLiteratura
1989
Camilo José CelaLiteratura

COMETA HARTLEY 2

Publicado: 05/10/2010 12:12 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20101004065732-1285952962-0.jpg

Imaxe do cometa Hartley 2 capatado polo OAF

O Observatorio Astronómico de Forcarei (OAF), na nosa provincia de Pontevedra, logrou tomar as primeiras imaxes do cometa Hartley 2 (103P/Hartley). Estas só amosan un punto brillante e nebuloso que se atopa moi lonxe, aínda que a medida que se aproxime ao Sol irá mostrando o núcleo do cometa desde corta distancia.

Este cometa, descuberto en 1986 e que completa a súa órbita ao redor do Sol cada 6,46 años, ten un núcleo de 1,5 quilómetros de diámetro e está a 18 millóns de quilómetros de distancia da Tierra.

Ao parecer chegará ao seu punto máis próximo ao Sol o próximo día 28, se ben o día 20 rozará a visibilidade a simple vista.

O Observatorio Astronómico de Forcarei pertence á Fundación Ceo, Ciencia e Cultura e é un centro de investigación, ensiñanza da Astronomía e divulgación científica de moi reciente construción. O telescopio que captou as imaxes, que víu a súa primeira luz en marzo do ano pasado, é un RCOS (Ritchey Cretien Optical System) de moi alta calidade cun tamaño de 60 centímetros de diámetro, 1,3 metros de lonxitude e un peso de 68 quilos.

A NASA estudia este corpo celeste (Misión Epoxi) e ten previsto sobrevoalo o 4 de novembro coa nave Deep Impact

PREMIO NOBEL DE FÍSICA 2010

Publicado: 06/10/2010 08:11 por vgomez en NOMES PROPIOS
20101005175840-1286269485-1.jpg

Andre Geim (á esquerda) e Konstantin Novoselov (á dereita) / Imaxe: AFP

Real Academia das Ciencias de Suecia acaba de galardoar co Premio Nobel de Física 2010 a Andre Geim e Konstantin Novoselov polos seus traballos pioneiros no desenvolvemento do grafeno, un material bidimensional útil para o desenvolvemento de dispositivos electrónicos flexibles e máis eficientes, como ordenadores e pantallas táctiles así como paneis solares.

Andre Geim, nacido en Sochi, Rusia, en 1958 e nacionalizado holandés, doctorouse en Ciencias Físicas en 1987 na Academia Rusa de Ciencias de Chernogolovka. É catedrático na Universidade de Manchester.

Konstantin Novoselov, nacido en 1974 en Nizhny Tagil, Rusia, ten dobre nacionalidade (británico-rusa). Exerceu na Universidade de Nijmegen (Holanda)  e é  catedrático na Universidade de Manchester.

BOIA DE A GUARDA (WMO)

Publicado: 07/10/2010 08:14 por vgomez en ZONA VERDE
20101004114539-foto-est.asp.jpeg

A Boia de A Guarda (WMO) é unha estación océano-meteorolóxica que está situada no noso concello, ubicada a 41,9º de latitude N e -8,9º de lonxitude O, e que comenzou a funcionar o pasado 29 de xullo de 2010.

Esta plataforma está dotada dos seguintes sensores:

  • Anemómetro-Cataventos
  • Correntímetro Perfilador Doppler Horizontal
  • Sensor de calidade de auga
  • Sonda de Temperatura e Humidade

Se queres consultar os últimos datos recollidos pincha AQUÍ ou ben en calquera momento no ENLACE: BOIA DE A GUARDA (WMO).

FONTE:Meteogalicia

PREMIO NOBEL DE QUÍMICA 2010

Publicado: 07/10/2010 09:55 por vgomez en NOMES PROPIOS
20101007093303-hech-negishi-suzufi-2.jpg

 

A Real Academia Sueca de Ciencias concedeu onte o Premio Nobel de Química a Richard F. Heck (Springfield- Massachusetts-EEUU, 1931, Profesor Emérito da Universidade de Delaware), Ei-ichi Negishi (Changchun-actualmente China, 1935, Universidade de Purdue) e Akira Suzuki (Mukawa-Hokkaido-Xapón,1930, Profesor Emérito da Universidade de Hokkaido). A concesión do premio fíxose pola súa contribución con novos modos eficientes de unir átomos de carbono, que levaron ao desenvolvemento de métodos sintéticos catalizados por complexos de paladio, (Pd) que permitiron a preparación de miles de compostos orgánicos de estructuras variadas, útiles en tódalas áreas nas que inflúe a Química: saúde, alimentación, agricultura, tecnoloxía, materiais, enerxía, etc…

NOVO TRABALLO DE DOVER

Publicado: 08/10/2010 08:39 por vgomez en MÚSICA
20101007100404-ikakene.jpg

 

O grupo madrileño DOVER acaba de presentar o seu novo traballo, a sétima produción do grupo, que leva por título "I Ka Jené", un disco con influencias africanas.

Das 10 propostas do traballo, aquí tes o primeiro tema: "Dannayá"

Dover, xurdíu a finais dos 80 e esta formado por: Amparo LLanos, Cristina Llanos, Jesús Martínes e Samuel Titos. Se queres coñecer máis sobre este grupo preme na súa Web oficial DOVER .

PREMIO NOBEL DA PAZ 2010

Publicado: 09/10/2010 08:59 por vgomez en NOMES PROPIOS
20101008113850-activista-liu-xiaobo.jpg

Liu Xiaobo / Imaxe:momento24.com

O disidente chino Liu Xiaobo (Changchun-Jilin-República Popular China, 1955) foi galardoado onte co Premio Nobel da Paz, según anunciou o Instituto Noruego do Nobel.

Xiaobo, de 54 anos e actualmente no cárcere, é unha das voces máis críticas co rexime comunista chino. Foi detido en decembro de 2008, acusado de "incitar á subversión do poder do Estado", e condenado un ano despois a 11 anos de cárcere pola publicación da chamada Carta 08, un sorprendente manifesto político, que pide reformas democráticas.

COPIBARA

Publicado: 10/10/2010 08:52 por vgomez en CURIOSIDADES
20101004072938-wasserschwein-hydrochoerus-hydrochaeris-zoologie.de-tier-nagetier-0001-1.preview.jpg

Hydrochoerus hydrochaeris / Imaxe: zoologie.de

O copibara (Hydrochoerus hydrochaeris) é o roedor maís gran e e pesado do mundo, podendo chegar ata os 130 centímetros de longo e chagar a pesar 65 quiogramos de peso. Vive en Brasil, Uruguay, Venezuela, Colombia, Arxentina e os Andes. ten forma de barril e presenta pelaxe pardo-avermellado.

HUMOR: CELTA

Publicado: 11/10/2010 08:12 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20101010210800-2010-10-17-vin-2010-10-10-23-18-04-davila101010.jpg

Nesta sociedade actual, onde o sistema de valores está en mínimos, só triunfa o éxito inmediato, polo que a FIDELIDADE desaparece rapidamente cando os logros non chegan. Así nos vai!

Un político, un músico, un amigo, incluso a parella ou compañeiro de matrimonio corre perigo cando non acompaña o éxito. Non hai paciencia, nin tempo  que perder, acabouse. Eso si, se por algunha circunstancia volven ventos favorables, entón... xa volven ser dos meus. Que pena!

Este tema é tratado na vineta de Davila, do xornal Faro de Vigo de onte. O Celta, lider da segunda división, que volve polos seus fueros e entón, moitos dos renegados, dos que olvidaron o equipo galego, agora si poñen a camiseta, cantan a rianxeira e presumen de equipo.

Un pouquiño máis de fidelidade, por favor!

A GALICIA PROFUNDA: ENSINO

Publicado: 12/10/2010 10:25 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO

 

Moito cambiou Galicia en tódolos aspectos, pero sobre todo no campo da educación. Alá a finais dos anos 70, cando din eu as primeiras clases de mestre, había un programa da TVE que levaba por título VIVIR CADA DÍA. O vídeo superior corresponde a un deses programas no que se ofrecía a imaxe dos nenos de aldea (eu tamén o fun) que acudían ás primeiras concentracións escolares polo incipiente transporte escolar. Alí tamén comían. Despois volta a aldea e... a traballar: axudando nas labores da casa, traballando no campo...

Xeograficamente corresponde a Friol (Lugo).

Sabedes que mal o pasaban coas dificultades para expresarse en castelán, cando o seu idioma diario era o galego? Paradoxas do destino, hoxe o castelán ou outro idioma da emigración  presume, o galego segue a ser de aldea.

Quero con este vídeo que valoremos moitas cousas: o que temos e disfrutamos hoxe en día, o esforzo que xa se perdeu, as vocacións daqueles mestres, a valoración do noso idioma...

Gardar o positivo e o resto... QUE NON VOLVA!

DINOSAURIO CAMARÓN

Publicado: 13/10/2010 08:13 por vgomez en CURIOSIDADES
20101012112159-triops.jpg

O dinosaurio camarón ou triops tortugueta (Triops cancriformis) é un crustáceo de ata 10 centímetros de lonxitude, provisto dun caparazón  dorsal en forma de escudo que lle protexe a cabeza e a porción anterior do tronco. Vive en charcos e lagoas. É un animal omnívoro que busca no fondo coa parte frontal do seu caparazón na procura de plancton, larvas de anfibios e incluso anélidos. En ocasións practica o canibalismo.

Como curiosidade deste animal é que "é a especie animal viva máis antiga do planeta", xa que ostenta o record mundial de permanencia sobre a face da Terra, pois lleva uns 220 millóns de anos sen sufrir apenas variacións na súa forma (dende o Triásico).

FONTE:365especies.com

NOVA ESPECIE ATOPADA

Publicado: 15/10/2010 10:01 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20101013100549-1286901127-extras-ladillos-1-0.jpg

Mangosta de Durrell / D.W.C.T.

A Revista "Systematics and Biodiversity" acaba de publicar o relato do achádego dun novo mamifero carnívoro en Madagascar.

Bautizado como mangosta de Durell (Salanoia durelli), trátase dun mamífero do tamaño dun gato, dun peso de medio quilo, de cor marrón e que habita os humedais de Alaotra (o maior lago de Madagascar).

Como dato curioso, esta mangosta de Durrell é o primeiro mamífero carnívoro atopado nos últimos 24 anos, según aseguran os responsables do Museo de Historia Natural de Londres.

UNHA TARDE DE CINE

Publicado: 16/10/2010 12:54 por vgomez en OUTRAS COUSAS
20101016125144-vicky-el-vikingo.jpg

Esta tarde de sábado pode pasarse vendo unha boa película "Vicky o vikingo". Ás 17,30, no Centro Cultural e de balde. A ficha da citada película é a seguinte:

VICKY O VIKINGO
(Wickie und die starken männer)

Dirección: Michael Bully Herbig.
País:
Alemania.
Ano: 2009.
Duración: 85 min.
Xénero: Aventuras, comedia, familiar.
Interpretación: Jonas Hämmerle (Vicky), Waldemar Kobus (Halvar), Nic Romm (Tjure), Christian Koch (Snorre), Olaf Krätke (Urobe), Mike Maas (Gorm), Patrick Reichel (Ulme), Jörg Moukaddam (Faxe), Ankie Beilke (Lee Fu), Günther Kaufmann (Sven, el Terrible), Jürgen Vogel (P-P-P-Pirata).
Guión: Michael Bully Herbig y Alfons Biedermann; basado en los libros de Runer Jonsson.
Producción: Christian Becker.
Música: Ralf Wengenmayr.
Fotografía:
Gerhard Schirlo.
Montaxe: Alexander Dittner.
Deseño de producción: Matthias Müsse.
Vestuario: Anke Winckler.
Estreo en Alemania: 9 Setembro 2009.
Estreo en España: 2 Outubro 2009.


A TERRA. SOMOS INSIGNIFICANTES NO UNIVERSO

Publicado: 16/10/2010 22:04 por vgomez en ZONA VERDE

 

Este vídeo, feito a partir dunha presentación de powerpoint, plantexanos moitas preguntas interesantes, pero quita unha conclusión final demoledora: somos unha area na praia do universo, somos insignificantes.

Merece a pena velo e quitar... moitas conclusión.

Que sexa do voso agrado! Pena da música do orixinal powerpoint, pero sempre queda poñer música de fondo como Star Wars.

ÚLTIMO SUSPIRO DUNHA ESTRELA

Publicado: 19/10/2010 17:28 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20101019172857-1287480618-0.jpg

Imaxe captada polo telescopio Hubble da morte dunha estrela / ESA/NASA

O telescopio espacial Hubble conseguíu captar unha imaxe espectacular dunha estrela na fase final da súa vida. O fenómeno detectouse na nebulosa planetaria NGC 6210, situada a uns 6.500 anos luz de distancia, na constelación Hércules.

No corazón desta nebulosa atópasese una estrela, lixeiramente menos masiva que o noso Sol, que se atopa na última etapa do seu ciclo vital.

Os espasmos durante a morte desa estrela esparciron múltiples restos de materiais con diferentes graos de simetría, dando á nebulosa NGC 6210 unha peculiar forma de bulbo.

As nebulosas planetarias son cáscaras de gas e po expulsados polas estrelas na etapa final da súa vida. Suelen verse ao redor de estrelas parecidas ao Sol (mediana e amarela). Sen embargo, as nebulosas planetarias non están relacionadas cos planetas como o seu nome indica, senón que gañaron o alcume porque tiñan parecido cos planetas xigantes vistos a través dos primeiros telescopios.

FONTE: Elmundo.es

OUTONO E COGOMELOS

Publicado: 20/10/2010 08:53 por vgomez en ZONA VERDE
20101019181138-turismo-setas.jpg

Exemplares de Macrolepiota procera, moi abundante en Galicia

Outono é sinómino de cogomelos  e castañas, das que falaremos outro día. Estes días son moitos os que patexan os montes de Galicia, eu un deles. Eso si, dende o pasado domingo, inicio da temporada de caza, hai que ter coidado por se nos confunden cun algún exemplar ou trofeo.

Este mundo da micoloxía e fascinante, pero no que se precisa unha formación previa, sobre todo para evitar accidentes e confusións que se poden pagar moi caras, como sucedeu hai uns días en Bilbao por culpa dunha amanita phalloides. Esta formación pasa por ir acompañados sempre dunha persoa coñecedora do lugar e das especies que se pretender recolectar. Tamén é preciso ter ou consultar algunha guía que poidan resolver dúbidas ou que podan permitirnos investigar. Empregade cesta e navalla para cortar. Finalmente, disfrutade do monte, dos paseos e da compaña pero sempre trespectando a natureza.

Lémbrovos que tedes un ENLACE cunha guía para consulta: GUÍA DE FUNGOS E COGOMELOS.

ANABAM:"BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA"

Publicado: 21/10/2010 12:54 por vgomez en ZONA VERDE
20101021125442-charaxmantemen.30.09.08-3.jpg

O sábado, día 23 de outubro, a partires das catro da tarde, levarase a cabo unha nova limpeza do “Bosque para unha Bolboreta” eliminando as acacias que medran nel. 

Trátase de eliminar as acacias que medran na superficie que se destinou para promover un proxecto pioneiro en España e, quizais, único en Europa, que precisa un seguimento continuado para evitar a invasión de especies foráneas que poderían malograr esta iniciativa.

Anabam informa que esta actividade, como as demais que realiza, está aberta a cantos queiran colaborar, sendo agora máis importante a presenza de voluntarios para acometer este traballo, porque xa está garantido o éxito da Charaxes ao detectarse  que esta bolboreta, das máis grandes de Galicia, xa realizou postas neste erbedal polo que desde a única asociación ecoloxista que resiste no sur de Galicia, din que “contamos contigo, e  tamén con el, con aquel e con aqueloutro” para axilizar a limpeza do “Bosque para unha Bolboreta”. Para máis información pódese contactar polas tarde no teléfono 986 61 17 99.

FONTE:Galiciasuroeste

 

PREMIO "WILDLIFE PHOTOGRAPHER OF THE YEAR"

Publicado: 22/10/2010 12:14 por vgomez en FOTOVERDE
20101022114943-1287669740-extras-albumes-0.jpg

Foto gañadora do Wildlife Photograph of the Year / Bence Mate

Esta é a fotografía gañadora deste ano do Wildlife Photographer of the Year, o premio de fotografía da natureza máis prestixioso do mundo. A foto leva por título "A marabilla das formigas" e nela mósase a un exército destes insectos despedazando unha folla e levando os seus fragmentos cara o seu formigueiro. O seu autor é o húngaro Bence Máté, que captou a imaxe durante unha expedición de seis meses en Costa Rica.

O Wildlife Photograph of the Year é un concurso organizado polo Museo de Historia Natural de Londres e a revista Wildlife Magazine da BBC. Tanto a imaxe gañadora como as outras 100 candidatas ao premio expoñeranse no museo da capital británica. Como seguramente non teredes a sorte de poder visitalo, podedes facelo virtualmente pinchando Museo de Historia Natural.

PRATA NA LÚA

Publicado: 24/10/2010 11:21 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20101022191248-luna-mares-3.jpg

 

A revista "Science" acaba de publicar que a superficie da Lúa contén máis elementos do que se supoñía, segundo a análise do po levantado polo impacto dirixido dunha sonda lunar da NASA.

 A NASA lanzou o Satélite de Observación do Cráter Lunar, conocida como misión LCROSS, o 18 de xuño do ano pasado. Llevaba a bordo un foguete, o Centauro, que tres meses e medio despois, o 9 de outubro, impactou contra a Lúa, xerando unha gran nube de máis  de 750 metros de altura sobre a súa superficie.

Os investigadores non só detectaron no po lunar auga, senón tamén monóxido de carbono, dióxido de carbono, amoníaco, nitróxeno e, sorpresivamente, prata. Con todo, a cantidade do metal precioso achado é ínfimo e para nada suficiente, polo menos polo que se viu ata agora, como para ir á Lúa para extraelo.

20101024125548-tortuga-apuros.jpg

Foto de Jordi Chias, gañadora da categoría One Earth.

O outro día daba conta do gañador do prestixioso concurso Veolia Environnement Wildlife Photographer of the Year 2010, gañado polo húngaro  Bence Máté co traballo  Unha marabilla de formigas. Pero neste concurso tamén hai varias categorías e tres fotógrafos españoles viron recoñecido o seu traballo nesta edición:  Jordi Chias que acadou o premio One Earth, que recoñece as imaxes que denuncian as actividades do home contra a natureza, onde amosa unha tartaruga enredada nunha rede de pesca, tomada en 2009 entre Baleares e Barcelona; Francisco Mingorance, que gañou o permio á mellor fotografía que recoñece ás imaxes con carga creativa, cunha imaxe aérea que amosa as beiras do Rio Tinto totalmente tinguidas de vermello; e Daniel Beltrá, que conseguíu o segundo premio na categoría One Earth, pola fotografía na que se denuncia a tala indiscriminada de árbores en Indonesia para gañar terreo ás plantacións de palma.

Felicidades!

Qe queres ver as fotos gañadoras pincha AQUÍ.

TERREMOTO NA NOSA PROVINCIA: SOUTOMAIOR

Publicado: 26/10/2010 11:56 por vgomez en OUTRAS COUSAS
20101025181954-castillo-de-soutomaior1.jpg

Castelo de Soutomaior

Un pequeno teremoto de magnitude 3, con epicentro no lugar de O Rial, no concello pontevedrés de Soutomaio, alertou á xente do contorno e concellos limítrofes en torno á 1,42 da madrugada de onte, segun datos da Rede Sísmica Nacional do Instituto Xeográfico Nacional.

Pero, por que se producen os terremotos? Que é a magnitude dun terremoto? A estas e outras preguntas a resposta tela AQUÍ, neste gráfico interactivo.

HUMOR: POLÍTICOS

Publicado: 27/10/2010 09:06 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20101024132538-2010-10-31-vin-2010-10-24-22-26-53-huquesada-1.jpg

Temos que acostumarnos de aquí en diante á palabrería dos políticos, pois moi pronto, antes do próximo verán, haberá eleccións municipais e incluso antes eleccións autonómicas en varias Comunidades Autónomas, se non pasa nada grave primeiro a nivel nacional.

En fin, moi pronto empezarán a prometer o ouro e o mouro e despois pouco ou nada feito. Por eso, cada vez somos máis os desencantados. A política que debía ser o arte de facer posible o imposible (e refírome a buscar solucións reais aos problemas) covertíuse en facer imposible o posible (creando división, desconcerto, problemas engadidos).

Esta problemática é tratada pola viñeta de Quesada, no xornal Faro de Vigo, do pasado domingo, onde vemos a forma de actuar dos políticos: moita cousa durante a campaña e despois olvido ata a próxima.

Esperemos que as xeracións vindeiras, que hoxe están nas aulas, sexan do primeiro grupo e se preocupen máis pola xente que por eles mesmos.

PROBLEMAS NA ISS

Publicado: 28/10/2010 09:38 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20101027092945-1288085537-0.jpg

Estación Espacial Internacional (ISS) / Imaxe: NASA

A Estación Espacial Internacional (ISS) realizou unha manobra de urxencia onte para evitar unha posible colisión da plataforma co lixo espacial.

Especialistas do Centro de Control de Voos Espaciais (CCVE) de Rusia tomaron a decisión de realizar unha manobra urxente de corrección da altura media da órbita da estación elevándoa en aproximadamente medio quilómetro, para evitar unha posible colisión da plataforma co lixo espacial. A manobra realizouse coa axuda dos propulsores do cargueiro Progress M-07M, enganchado ao módulo de servicio Zvezdá.

Habitualmente a altura promedio da ISS oscila entre os 360 e os 330 quilómetros, pero a plataforma perde entre 100 e 150 metros de altura cada día debido á gravitación terrestre, a actividade solar e outros factores, o que obliga a correxir de maneira periódica a súa órbita.

CAMBIO DE HORA

Publicado: 29/10/2010 10:04 por vgomez en OUTRAS COUSAS
20101027094846-1224839795-0.gif

Na madrugada do domingo, 31 de outubro, procederase ao cambio de hora, entrando así o horario de inverno. Cando sexan as 3 da madrugada retrasaremos 1 hora os reloxos, sendo as 2 da madrugada e consecuentemente o día terá unha hora máis.

Esta medida lévase aplicando dende o ano 1981 e pretende un aforro enerxético. Este cambio horario realízase en toda a Unión Europea.

O CEO DO MES: NOVEMBRO 2010

Publicado: 29/10/2010 10:04 por vgomez en O CEO DO MES
20101025174703-castanas-asadas.jpg

6 de novembro: Lúa Nova.

13 de novembro: Cuarto Crecente.

21 de novembro: Lúa Chea.

28 de novembro: Cuarto Minguante.

Chuvia de meteoros: Táuridas Sur, actividade desde o 25 de setembro ao 25 de novembro, con máximo o 5 de novembro. Táuridas Norte, actividade desde o 25 de setembro ao 25 de novembro, con máximo o 12 de novembro. Leónidas, actividade desde o 10 ao 23, con máximo o 17 de novembro. Alfa-Monocerotids, actividade desde o 15 ao 25, con máximo o 21 de novembro. 



Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next