Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Enero de 2011.

O CEO DO MES: XANEIRO 2011

Publicado: 01/01/2011 20:19 por vgomez en O CEO DO MES
20110101201630-lluvia-de-estrellas.jpg

A chuvia de estrelas Cuadrántidas son orixinadas polo asteroide 2003 EH.


4 de xaneiro: Lúa Nova

12 de xaneiro: Cuarto crecente

19 de xaneiro: Lúa Chea

26 de xaneiro: Cuarto Minguante

Chuvia de estrelas: Cuadrántidas, actividade desde o 28 de decembro ao 12 de xaneiro (con máximo o día 4).

SUBIDA DA LUZ

Publicado: 02/01/2011 19:32 por vgomez en ZONA VERDE
20110102193204-ahorro-luz.jpg

Imaxe:josejoaquinleon.es

Unha das primeiras sorpresas deste ano, que acabamos de estrear, foi a subida da luz do 9,8% por parte do Goberno; o maior incremento rexistrado desde o ano 1983.

Lamentablemente, como cidadáns pouco podemos facer, pero como consumidores e usuarios si que temos respostas, eso si moi necesarias ante a situación: AFORRA ENERXÍA.

Aquí temos unha lista de formas de facelo, que ao final irán no noso beneficio ECOLÓXICO e MONETARIO:

Iluminación

  • Substitúa as lámpadas convencionais (incandescentes), son as de maior consumo e as de menor duración, por lámpadas "eficientes" (lámpadas fluorescentes compactas sen reactancia radioactiva e halóxenas de baixa voltaxe). Proporcionan a mesma luz, duran 8 veces máis e aforran ata un 80% de enerxía. Segundo o Instituto para a Diversificación e o Aforro de Enerxía (IDAE), a substitución dunha lámpada tradicional por outra de baixo consumo representa ao final da súa vida útil un aforro de máis de 60 euros.
  • Se cambia as tres lámpadas de maior consumo da casa polas equivalentes de baixo consumo, reducirá á metade o que gasta en iluminación e recuperará a compra polo aforro en oito meses. O aforro ao cabo de cinco anos andará arredor dos 300 euros.
  • As lámpadas fluorescentes compactas son excelentes aforradoras de enerxía, e máis se se ten en conta que o gasto enerxético en iluminación supón preto do 20% do consumo eléctrico do fogar. Nalgunhas casas carentes de luz natural abonda este gasto pode chegar alcanzar a metade do recibo da luz.
  • Instale tubos fluorescentes nos espazos onde necesite máis luz, e onde esta permaneza acesa moitas horas: cociña, baño... Duran 10 veces máis ca as lámpadas incandescentes e consumen catro veces menos enerxía. Procure non acendelos e apagalos constantemente, xa que se reduce a súa vida. Se a fluorescente vai estar apagada menos de 20 minutos, é mellor deixala acesa.
  • Tanto lámpadas fluorescentes como incandescentes han de permanecer limpas de po para que o lixo non bloquee a luz que emiten.
  • Sempre que sexa posible, aproveite a iluminación natural. Manteña abertas as persianas e cortinas mentres haxa claridade para aproveitar ao máximo a luz natural do sol. Use luz artificial cando realmente a precise. Non deixe luces acesas en cuartos ou zonas nas que non haxa ninguén.

Electrodomésticos

Cando se adquire un electrodoméstico, é moi importante ter en conta o seu consumo de enerxía. Por iso, cómpre que repare na etiqueta enerxética que se inclúe en todos os electrodomésticos cando queira decidir a súa compra. Esta clasificación indica o grao de eficiencia enerxética do aparello. A maior eficiencia, menor consumo.

            Consumo de enerxía

Clase

         Consumo

A

  Menos do 55% da media

B

  Entre o 55% e o 75% da media

  Entre o 75% e o 90% da media

D

  Entre o 90% e o 100% da media

E

  Ata o 10% máis da media

F

  Entre o 10% e o 25% máis da media

G

  Por riba do 25% máis da media

O mellor xeito de aproveitar os seus electrodomésticos e de que consuman menos, é utilizalos sempre a plena carga e, se teñen, usar os programas económicos.

Lavalouzas

  • O lavalouzas é un dos electrodomésticos que máis enerxía consume. O 90% dese consumo débese ao proceso de quentar a auga e o 10% restante utilízase para xirar as aspas e axitar a auga. Non obstante, lavar os pratos á man con auga quente supón un 40% máis de consumo ca co lavalouzas.
  • Elixa o tamaño do seu lavalouzas en función das súas necesidades. Se normalmente ten pouca vaixela que lavar, dificilmente poderá utilizar un lavalouzas grande a plena carga.
  • Unha opción interesante son os chamados lavalouzas bi-térmicos, que teñen dúas tomas independentes, unha para a auga fría e outra para a auga quente. Deste xeito, a auga quente tómase do circuíto procedente do quentador ou caldeira, reducindo un 25% o tempo de lavado e aforrando enerxía.

Lavadora

  • As lavadoras de baixo consumo aforran ata un 70% de auga e un 24% de enerxía.
  • Analice os ciclos de lavado que ofrece cada modelo e lembre a importancia de dispor dun ciclo económico e curto, e a posibilidade de elixir distintas temperaturas de lavado.
  • Teña en conta que as lavadoras de carga frontal gastan, xeralmente, menos enerxía e auga ca as de carga superior.
  • O 90% do consumo da lavadora é para quentar a auga. Utilice un programa de lavado con auga fría ou morna, que adoita ser suficiente cos deterxentes actuais.

Frigorífico

  • O frigorífico é o electrodoméstico que máis electricidade consume da casa, en concreto, o 40% do que consumen o conxunto de aparellos.
  • O xeo é illante e dificulta o arrefriamento no interior do frigorífico. No mercado hai modelos, os chamados "non-frost", ou sen xeada, que teñen unha circulación continua de aire no interior que evita a formación de xeo.
  • Regule a temperatura do frigorífico segundo as instrucións do fabricante. Cada grao centígrado de frío supón o aumento do 5% en consumo de enerxía.
  • Manteña a parte traseira do frigorífico e conxelador sempre limpa e ventilada e sitúeos lonxe dos focos de calor. Instalados en malas condicións poden consumir ata un 15% máis de enerxía.
  • Non introduza alimentos quentes no frigorífico ou no conxelador. Se os deixa arrefriar fóra, aforrará enerxía.
  • Comprobe que o seu frigorífico pecha hermeticamente e non o abra inutilmente. Uns poucos segundos abondan para perder boa parte do frío acumulado.

Placa e forno

  • Se a súa cociña é eléctrica, use cazolas e tixolas de maior tamaño ca a placa ou zona de cocción. Se un recipiente deixa ao aire dous ou tres centímetros da zona de cocción, está a perder a metade da enerxía consumida. Sempre que a receita o permita, utilice potas a presión. Consumen a metade de enerxía e aforran moito tempo.
  • Aproveite a calor residual da cociña eléctrica, apagándoa cando falten uns cinco minutos para acabar de cociñar (algo menos se é vitrocerámica).
  • Non abra innecesariamente o forno. En cada ocasión que o faga a temperatura pode diminuír entre 50 e 125 graos, e está a perder ata un 20% da calor acumulada. Utilice o reloxo programador ou o timbre avisador do forno.
  • Se utiliza habitualmente o forno, saiba que os de convección favorecen a distribución uniforme da calor, aforran tempo e gastan menos enerxía.

Outros

  • Cando adquira un pequeno electrodoméstico, merque o da potencia adecuada ás súas necesidades. Aínda que non o pareza, mentres se usan, secadores de pelo, microondas ou aspiradoras poden ter un consumo superior ao dun frigorífico.
  • Apague a televisión, o vídeo, o aparello de música ou o ordenador, cando non os estea a usar. Deixalos en stand-by supón un consumo enerxético de ata un 33% máis.
  • Desconecte os interruptores de arranque dos aparellos. Non os apague co mando a distancia, algúns compoñentes destes aparellos seguen conectados e consumindo ata o 80% do consumo normal. Un televisor apagado só co mando a distancia consume uns 15 vatios de potencia por hora.

A temperatura, a raia

  • Un bo illamento pode aforrar ata un 40% do gasto dunha familia no consumo da calefacción, ao redor de 160 euros anuais, e tamén unha porcentaxe considerable en sistemas de aire acondicionado e climatización, segundo o Instituto de Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE).
  • Substitúa os radiadores eléctricos por acumuladores de calor, e contrate a tarifa nocturna. Aforrará máis dun 50% en gastos de calefacción.
  • Procure que a temperatura da calefacción se manteña sempre arredor dos 20 ºC, nivel térmico ideal para unha vivenda. Por cada grao adicional consumirá entre un 5 e un 7% máis de enerxía. E se se ausenta do seu fogar durante unha horas, reduza a posición do termóstato a 15º C.
  • Por cada grao de temperatura que lle esixa ao seu aparato de aire acondicionado por baixo dos 25º C, estará a consumir aproximadamente un 8% máis de enerxía.

    FONTE:Revista Consumer-Eroski

TABACO

Publicado: 03/01/2011 17:49 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20110103172815-esqueletofumadordiego2.jpg

Imaxe:sinvivirenmoto.blogspot.com

Outra novidade neste ano que acabamos de escomenzar é a nova normativa sobre o tabaquismo que dende o pasado día 2 se empezou a aplicar. O tabaco non só é nocivo, adictivo e prexudicial para a saúde, tamén é molesto para a xente que rodea ao fumador.

Ante esta situación, salta de súpeto a palabra LIBERDADE. Pero onde comenza a liberdade do fumador e a do non fumador?. Eu penso que esta lei segue a permitir fumar, restrinxindo os lugares para facelo en beneficio do deireito e a liberdade dos que non queren soportar obrigatoriamente os fumos dos fumadores.

Por outra banda, é igual o momento de plantexarse deixar de fumar en favor da saúde e do peto, pois a crise segue apretando.

Se queres coñecer o texto integro desta nova normativa pincha AQUÍ.

 

TORMENTA EN SATURNO

Publicado: 04/01/2011 12:14 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20110104121418-tormenta-planeta-anillos.jpg

Imaxe da tormenta en Saturno que escintila máis que os aneis característicos do planeta / NASA

A nave espacial automática Cassini, en órbita ao redor de  Saturno, captou unha xigantesca tormenta nese planeta, distingíndose como unha gran mancha escintilante nas capas altas da atmosfera. Según os expertos, as tormentas son habituais en Saturno, pero esta, no hemisferio Sur, é enorme, e  brilla máis que os propios aneis.

O CINE VISTO DENDE A NASA

Publicado: 05/01/2011 11:14 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO

 

Varios membros da Axencia Espacial Estadounidense (NASA) reuníronse en California para charlar sobre as películas de ciencia ficción que máis se aproximan á realidade e tamén sobre as que teñen unhas tramas máis absurdas.

Entre as primeiras, as dun argumento máis plausible propoñen a mítica "Blade Runner" , da que tedes arriba o trailer en V.O. subtitulada. Tamén propoñen, aínda que menos coñecida, a "Gattaca". Tamén recibieron os parabéns dos expertos o clásico "Metrópole"  e a primeira entrega de "Parque Xurásico" .

Pola contra, no segundo grupo, as de argumento máis absurdo e rocambolesco atópanse "2012"  e "O Núcleo" .

NOITE DE REIS

Publicado: 05/01/2011 16:55 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20110105165507-816-ef0-reyes-magos.gif

 

Chegou a noite de reis, a noite máxica para uns e para min, coma sempre, a "noite da ilusión".

De todos é sabido, pois sempre o dixen, que eu creo nos Reis. Si... certo que creo. De neno, como a maioría, tiña a ilusión dos agasallos que me esperaban ao día seguinte. Non eran moitos, pero eu quitáballe bo partido, pois coa imaxinación dun neno calquera xoguete era fantástico: os coches movíanse sen pilas, os indios falaban e atacaban, os xerifes detiñan a todos os culpables...

Hoxe sigo tendo esas mesma ilusión. Que sería de min sen ilusión? Que sería do meu traballo?, da miña familia? A ilusión é o que nos move a seguir ante as dificultades.

Penso que estamos perdendo a ilusión como persoas individuais e como país e así van as cousas. Uns exemplos: a lusión  no traballo fainos facelo con gañas, con entusiasmo e ser máis productivos; na nosa familia a ilusión fainos máis unidos, axúdanos a prosperar...

Por eso nesta noite  pídolle aos Reis ILUSIÓN. Seguramente esa ilusión materializarase en cousas que eu preciso e que todos necesitamos.

Afrontemos a vida con ilusión! Feliz noite de Reis.

VICTOR

HUMOR: AGASALLO MEDIOAMBIENTAL

Publicado: 06/01/2011 13:06 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20110106125555-20110106elpepuvin-22.gif

Moi acertado, para as datas que estamos, a viñeta de hoxe de Erlich no xornal El Pais. Recibimos un gran agasallo: o noso planeta. Coidémolo, pois é único!

Como proposta para este ano que acabamos de comenzar é moi boa.

20110106132638-g6p5f1.jpg

Imaxe: La Voz de Galicia 6-1-2011

A Consellería de Educación e O. U. fixó público na súa páxina web a seguinte información sobre o anteproxecto de Lei da Convivencia e a Participación:

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad; e o secretario xeral de educación, Jesús Oitavén; presentaron o borrador do anteproxecto de Lei de Convivencia e Participación da Comunidade educativa, un texto que, tal e como explicou o titular do departamento educativo da Xunta,  ten como obxectivo “crear e reforzar os instrumentos xurídicos que permitan acadar e manter un clima de convivencia, a través da restauración de certos valores e comportamentos e que, simultaneamente, dignifique a profesión docente”.

A Lei, explicou o conselleiro, recolle as aspiracións do profesorado de ver recoñecida debidamente a súa función pola sociedade e os poderes públicos. Deste xeito, serán considerados autoridade pública, e disporán protección xurídica e da presunción de veracidade necesaria para o mantemento da disciplina escolar. Ademais, estarán habilitados para requerir aos alumnos calquera substancia ou obxecto que porten e que non estea permitido polas normas do centro, ou sexa perigoso.

O texto, que Vázquez Abad cualificou de "innovador", ten como fin xerar un marco de convivencia que garanta o respecto nas aulas. Para iso, posibilitarase unha resposta xurídica inmediata e reeducadora a comportamentos que perturban un correcto clima nos centros educativos, introducindo ademais por primeira vez no plano lexislativo a figura do acoso con carácter preventivo e correctivo.

Doutra banda, a Lei busca instaurar a corresponsabilidade das familias a través da participación, polo que regulará tamén a consulta e a participación directa das familias no proceso educativo.

Dereitos e deberes

O articulado da Lei cuxo anteproxecto se presentou hoxe, e que será de aplicación nos centros de ensino non universitario sostidos con fondos públicos, recolle tanto os dereitos como os deberes de alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos dos centros educativos (P.A.S.). O obxectivo é enuncialos para acadar un clima de respecto mutuo nas aulas, a través da comunicación entre pais nais e docentes, da participación directa das familias na comunidade educativa, e do respecto destas á autoridade do profesorado. Pola súa banda, tanto profesores como P.A.S. deberán colaborar activamente na prevención e corrección do acosos escolar, mantendo a disciplina no centro educativo.

En canto ás alumnas e alumnos, recoñéceselles o dereito a recibir formación integral, respecto a identidade e dignidade, protección fronte a agresións e acoso; e o deber de respectar a autoridade, as normas e aos compañeiros, e de facer un bo uso das instalacións.

Normas de convivencia

Outro dos fins desta Lei é o de establecer as normas básicas de convivencia e de respecto nos centros educativos. Así, recoñécese ao profesorado a condición de autoridade pública, coa protección xurídica que tal consideración implica, ademais da presunción de veracidade no exercicio das súas funcións nos centros de ensino. Asemade, os profesores quedarán habilitados para requisar obxectos, produtos ou substancias perigosas ou prohibidas polas normas do centro, dentro do recinto escolar e durante a realización de actividades complementarias e extraescolares. Doutra banda, as normas poderán conter previsións sobre o atuendo do alumnado, , que deberá ser axeitado para axeitadas para o desenvolvemento das actividades docentes. Esta regulación quedará a criterio da autonomía da cada centro, en función da situación socioeducativa do mesmo.

Tal e como explicou o conselleiro de Educación, a norma tipifica as condutas graves e leves contrarias á convivencia, as ,medidas correctoras das mesmas e o procedemento para a súa aplicación. Ademais, modernízase e esténdese o ámbito de aplicación disciplinaria ás condutas desenvolvidas a través das novas tecnoloxías; e á difusión por calquera medio de imaxes ou información que atenten contra o dereito á honra, a intimidade persoal e familiar e á propia imaxe dos demais membros da comunidade educativa. Non en balde, esta Lei aborda, por primeira vez no plano lexislativo español, o tratamento de situacións de acoso escolar.

Para garantir que os prazos de aplicación das medidas correctoras non afecten á convivencia en colexios e institutos, a Lei dotará de inmediatez ao procedemento de imposición das sancións, sempre nun réxime garantista e perseguindo o carácter reeducador das medidas correctoras aplicadas. Neste mesmo sentido, a norma inclúe gradación na tipificación das condutas, con atenuantes como o recoñecemento espontáneo e a reparación voluntaria; e agravantes como a intencionalidade, a difusión mediante medios electrónicos ou a vulnerabilidade da vítima.

Outra das novidades do texto é a incorporación aos plans de convivencia dos centros docentes de protocolos para a prevención, detección e tratamento das situacións de acoso escolar. Ademais a dirección do centro poderá designar un responsable personalizadode atención á vítima, ou fixar unha mediación profesional no caso de que a situación presente unha gravidade especial.

Participación das familias

De acordo coas demandas da sociedade actual, a futura Lei regulará a participación das familias no proceso educativo, a través de mecanismos de consulta e participación directa. Así, habilítase expresamente á Administración educativa para que poida establecer os correspondentes procedementos dirixidos a facer efectiva a súa implicación no proceso educativo, empregando métodos telemáticos ou medios dos mesmos centros escolares.

En todo caso, o obxecto desta participación será sempre aspectos concreto do ensino, co que se garante a autonomía dos centro educativos en materia curricular e a liberdade docente e pedagóxica do profesorado.

Finalmente, o anteproxecto da Lei de Convivencia e Participación da Comunidade Educativa promove medidas oportunas para garantir a axeitada protección e asistencia xurídica dos profesores dos centros docentes; ao uso xeneralizado nos mesmos de medios electrónicos de comunicación, finalmente para estreitar a colaboración entre nais, pais e docentes; así como un mandato para a adecuación dos horarios dos equipos directivos dos centros docentes ás funcións, tarefas e responsabilidades que derivan da aplicación desta lei, e os plans de accións formativas específicas para o profesorado.

Coa presentación deste anteproxecto de Lei, a Consellería de Educación dá resposta ás demandas tanto da sociedade como da comunidade educativa de fixa unhas pautas para acada un clima de convivencia nos centros escolares, velando ao tempo pola seguridade do alumnado no uso das novas tecnoloxías da información e a comunicación.

A pesar de que outras Comunidades Autónomas teñen regulado parcialmente estes elementos, a Lei galega é máis ambiciosa, regulando integramente a materia da convivencia.

FONTE: Consellería de Educación e O.U.

Haberá que estar atentos ao contido deste borrador, que sera comentado neste blog.

AUTORIDADE "DE SEU"

Publicado: 08/01/2011 11:06 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20110106134259-694116.jpg

A continuación plasmo, polo seu interese, o artigo de opinión de Manuel-Luís Casalderrey (Catedrático de Física e Química), publicado no xornal "La Voz de Galicia" do pasado día 6, sobre o anteproxecto da Lei de Convivencia e Participación, no referente a autoridade do profesor e o acoso escolar e outros comportamentos indebidos do alumnado.

A min gustaríame que os profesores fosen respectados pola sociedade, sen necesidade de que unha lei os converta en autoridade. A moi nobre profesión de ensinar e formar, aínda que encadrada no sector servizos, debería ter a consideración social que corresponde ás persoas que, xunto coas familias, estruturan as mentes, inculcan valores e hábitos de nenos e adolescentes que marcarán o camiño e o comportamento dos adultos do futuro. Non me gustaría que os profesores exercesen a súa autoridade con porra, esposas e pistola, como sintetiza Leandro no seu debuxo de La Voz. Gustaríame ser a autoridade á que os alumnos se dirixen respetuosamente e pola que se levantan cando entro en clase. Tamén á que as familias recoñecen pola contribución á formación dos seus fillos.

En canto á regulación por lei do acoso escolar e outros problemas de comportamento indebido dos discentes, só pido axilidade na resolución dos conflitos. Non é nada conveniente que un alumno expulsado da práctica totalidade das clases polo seu comportamento inadecuado siga no centro sine díe porque a superioridade paralizou o procedemento sancionador e cando chega a sanción xa non terá a ejemplaridad da inmediatez.

Outro aspecto ao que se refire o anteproxecto de lei é a vestimenta nos centros. Creo que, na maioría dos casos, é unha proxección de como vístese na sociedade. Non importa tanto o veo como os vaqueiros raídos, ata entre os docentes.

VELOCIDADE NO MUNDO ANIMAL

Publicado: 09/01/2011 11:55 por vgomez en CURIOSIDADES
20110108185008-falcon-peregrino2.jpg

Falcón Peregrino, o animal máis rápido do mundo

O animal acuático máis veloz é o Peixe Vela (Istiophorus platypterus) que chega ao 109 km/h.

O animal terrestre máis rápido é o Guepardo (Acinonyx jabatus), acadando unha velocidade de 120 Km/h.

A ave máis veloz, en voo muscular, é o Vencello e en particular o Andoriñón Mongol (Hirundapus caudacutus) conseguindo os 170 Km/h. Pero o Falcon Peregrino (Falco peregrinus) acada en picado (axudado pola gravidade) os 300 Km/h.

HUMOR: TABACO

Publicado: 10/01/2011 07:01 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20110109125845-2011-01-16-vin-2011-01-09-00-42-54-humordavila2.jpg

A viñeta de Davila (Luís Davila, Pontevedra 1972), publicada onte, domingo, no xornal Faro de Vigo, plasma moi ben o problema dos fumadores e propietarios de locais coa nova lei antitabaquismo.

A imaxe de velos nas portas, nas terrazas de "inverno", pasando frío, dá lugar a situacións nas que vemos estufas tipo seta, baixo paraugas,...

Que todo sexa pola saúde!

SEGUNDA AVALIACIÓN

Publicado: 11/01/2011 10:44 por vgomez en COMUNICADOS
20110110165336-pupitre.gif

Iniciada esta segunda avaliación, cómpre matizar a duracion da mesma. Se tradicionalmente abrangue  dende o remate das vacacións de Nadal ata ás de Semana Santa, este ano non é así no noso Centro: a 2ª avaliación rematará o día 25 de marzo, venres (día da entrega de notas).

Durante esta avaliación só teremos vacacións os días 7, 8 e 9 de marzo (luns, martes e mércores de Entroido).

As vacacións de Semana Santa serán polo tanto na 3ª avaliación, do 18 ao 25 de abril, ámbolos dous inclusive.

TEXTO DO BORRADOR

Publicado: 11/01/2011 19:47 por vgomez en COMUNICADOS
20110111192845-26a1ccf2dbc28995f5e440316704bfe7.png

Aquí tedes o texto do BORRADOR DE ANTEPROXECTO DE LEI DE CONVIVENCIA E PARTICIPACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA para que podades lelo e ter unha opinión.

Para velo pincha AQUÍ.

CONTRADICCIÓN?

Publicado: 12/01/2011 08:13 por vgomez en ZONA VERDE
20110110070022-cambio-climatico-fuego.jpg

Cambio climático / Imaxe:aericambioclimatico.wordpress.com

O pasado 17 de decembro de 2010, ao final da primeira década do século XXI, a revista Science complementaba a súa lista dos 10 descubrimentos máis importantes de 2010 cunha clasificación retrospectiva: Os dez mellores destes dez anos.

No décimo lugar aparece o Cambio climático e cita: Nunha década os científicos consolidaron os seus coñecementos do cambio climático confirmando que o planeta estase quentando, que a responsabilidade é, en grande medida, humana e que os procesos naturais seguramente non ralentizarán o quentamento.

Neste contexto sorprende a seguinte noticia: MORTE DO CAMBIO CLIMÁTICO.

Según publica ThinkProgress, o 50% dos novos republicanos no Congreso dos EEUU non cren que o cambio climático sexa causado polo ser humano, se é que este realmente existe. Así que é normal que unha das primeiras accións do novo Congreso fose acabar coa Comisión de Independencia Enerxética e Cambio Climático do Congreso. O xornal Politico publicou a noticia como un obituario: "O preciado comité do quentamento global dos Demócratas do Congreso morreu tranquilamente o mércores. Tiña catro anos".

Ver para cer!

OS ANEIS DE ANDRÓMEDA

Publicado: 13/01/2011 08:15 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20110109122037-20110105elpepusoc-42.jpg

A galaxia Andrómeda, fotografada en luz visible (esquerda), en raios XX co telescopio XMM-Newton (centro) e en infravermello, co Herschel. ESA / R: GENDLER

A Galaxia Andrómeda, ou M31, veciña da nosa Vía Láctea, atópase a 2,5 millóns de anos luz. É unha galaxia espiral barrada, como a nosa, pero ten un gran anel de po que rodea o seu centro, cun diámetro duns 75.000 anos luz.

A noticia está en que os astrónomos apuntaron nas últimas semanas dous potentes telescopios espaciais da Axencia Europea do Espazo (ESA) cara a citada galaxia, obtendo imáxes con gran detalle. Os dous observatorios son o XMM-Newton e o Herschel: o primeiro ve o ceo en raios X e o segundo, en infravermello. Pero agora o Herschel víu máis detalles, distinguindo polo menos cinco aneis concéntricos de po onde se concentra a formación de novas estrelas.

NATUREZA

Publicado: 14/01/2011 10:01 por vgomez en FRASES
20110113184822-ojo-naturaleza-web.jpg

Natureza/ Imaxe:tendenciavital.ning.com

Por NATUREZA entendemos como o conxunto da realidade tal como é, independentemente da intervención e da acción humanas. Sobre ela vai hoxe a nosa reflexión:

A primeira é de Friedrich Wilhelm Nietzsche, filósofo, poeta, músico e filólogo alemán (1844–1900).

"A razón de atoparnos tan a gusto en plena natureza provén de que ela non ten opión sobre nós"

A segunda é de Sir Rabindranath Tagore, poeta, artista, dramaturgo, músico e novelista bengalí. Premio Nobel de Literatura en 1913 (1861-1941).

"A terra é insultada, e ofrece as súas flores como resposta"

A terceira é de Aristóteles, filósofo grego (384 a. C.-322 a. C.)

"A natureza nunca fai nada sen motivo"

E para rematar, a cuarta de Jean-Jacques Rousseau, escritor, filósofo e músico (1712-1778).

"Hai un libro aberto sempre para todos os ollos: a natureza"

Vorolémola!

ETNA

Publicado: 17/01/2011 09:16 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20110113190205-000340360.jpg

     O Etna é un volcán activo na costa leste da Illa de  Sicilia (Italia), entre as provincias de Mesina e Catania. Ten ao redor de 3.323 metros de altura. Atópase na Placa Euroasiática, cubrindo unha área 1.190 km2, cunhaa circunferencia basal de 140 quilómetros. A última erupción foi no ano 2008.

El Etna baña de lava su ladera sureste

A noticia é que o volcán entrou en erupción na madrugada do pasado xoves o que provocou a creación dun espectacular río de lava por unha das súas súas ladeiras, tal como se ve na fotografía de Reuters. Os expertos non descartan que a erupción veña acompañada dunha nube de cinsa volcánica que dificulte os voos aéreos.

EXPOMETEORO

Publicado: 18/01/2011 15:34 por vgomez en DOCENCIA
20110117135001-paraugas.png

Dende hoxe e ata o vindeiro día 28, nos corredores dos LABORATORIOS do noso IES, atópase a exposición EXPOMETEORO de MeteoGalicia.

Un total de 12 paneis para aproximarnos ao mundo da meteoroloxía dende a perspectiva da ciencia e da lingua:

  • Clima e tempo non son o mesmo
  • Onde a terra manda no aire
  • Tempo e lingua
  • O clima do pasado
  • Magnitudes I
  • Magnitudes II
  • As nubes
  • Mapas do tempo
  • Observación do tempo
  • Meteoroloxía extrema
  • Predición meteorolóxica
  • O sol, motor do mundo

Non pases de longo, párate diante e aprende!

A HISTORIA DAS COUSAS

Publicado: 19/01/2011 09:03 por vgomez en ZONA VERDE

 

Estes días estase impartindo no noso IES un obradoiro sobre "Consumo responsable" para o alumnado de 2º de ESO. Eu quero colaborar nesta iniciativa, pero vista dende o punto das CCNN.

Somos conscientes do que consumimos? Sabemos de onde proceden os productos que podemos adquirir na sociedade de consumo na que vivimos?

Annie Leonard  (escritora e activista anticonsumo) axudaranos a comprendelo, contestano a estas preguntas no seguinte documental, no que de forma moi pedagóxica explica como funciona o circuíto de consumismo no que viven inmersas as sociedades modernas.

A mensaxe de Leonard é nítido: non somos o que cremos ser, nin sequera o que temos, senón que somos o que compramos; porque antes que pais ou nais, mestras ou albaneis, somos consumidores. Por eso, nas pasadas datas de Nadal, por exemplo, o 99% dos productos consumidos convertiranse en lixo en menos de seis meses, porque a historia das cousas é máis ben fugaz. Non contribuamos a que a historia da humanidade tamén o sexa!

FONTE: Profes.net

PRENSA DIARIA

Publicado: 20/01/2011 09:18 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20110119192847-kiosko.net.jpg.png

Quiosco de prensa / Imaxe:visiondeprofetas.blogspot.com

A información diaria é moi importante nos tempos que corren: noticias, sucesos,... Unha posibilidade de  ter acceso a todos os xornais de España, da nosa Comunidade e do resto do mundo é  mediante Kiosko.net. Alí atoparás a prensa de información xeral, a prensa deportiva, a prensa económica... En resumo 239 xornais de España e só con facer clic AQUÍ ou no enlace PRENSA DE ESPAÑA.

Agora xa non hai escusa. Estar informado só depende de ti!

QUERES COLABORAR CON ANABAM NUNHA PESCUDA?

Publicado: 21/01/2011 18:46 por vgomez en ZONA VERDE
20110121184630-jcs-thecla-betulae-11913-4.jpg

 Thecla betulae / Imaxe:biopix.dk

ANABAM (Asociación Naturalista do Baixo Miño) solicita a túa colaboración nunha pescuda: Habita a bolboreta da fotografía no Baixo Miño?

Trátase  da Thecla betulae  e é unha das bolboretas máis raras de Galicia e mesmo da Península. Ten unha cor pouco chamativa e é de pequeno tamaño.

Se estas interesado, infórmate pinchando AQUÍ.

Boa sorte na investigación!

FONTE: Anabam

ADMIRANDO A NATUREZA

Publicado: 23/01/2011 11:01 por vgomez en VÍDEOS

 

Este fermoso vídeo está elaborado a partir das imaxes do Planeta Terra: The Complete Series BBC (2007) DVD e a musica do tema "Pide a creación" do compositor e cantante de música de culto cristián chamado Brian Robert Doerksen (1965).

Merce a pena velo e escoitalo!

NOVOS SÍMBOLOS DE PERIGO NO ETIQUETADO

Publicado: 24/01/2011 08:37 por vgomez en DOCENCIA
20110122144934-istas-02282.jpg

Dende xullo de 2008, os novos símbolos e os anteriores, podíanse empregar de maneira indistinta. A partir do 1 de decembro de 2010, as empresas deben clasificar, etiquetar e envasar todos os seus productos químicos puros postos no mercado co novo sistema. Agora ben, para as mesturas (coñecidas antes como preparados), o período de transición vai ata xaneiro de 2015. Os nove símbolos que reemplazan aos sete anteriores son os seguintes:

Explosivo: este símbolo dunha bomba feita añicos alerta de que o producto pode explotar ao contacto co lume, chispa, electricidade estática, baixo o efecto da calor, en contacto con outros productos, por rozamentos, choques, fricción, etc. Os aerosois de todo tipo, como lacas ou desodorantes, incluso cando estén esgotados, son explosivos por encima de 50º C.

Inflamable: o producto comenza a arder de forma moi fácil, incluso por debaixo de 0º C, ao contacto cunha chama, chispa, electricidade estática, etc.), por calor ou fricción, ao contacto co aire ou agua, ou se se liberan gases inflamables. O alcohol, o metanol, a trementina e a súa esencia, a acetona, os disolventes de pintura, as pinturas en aerosol e metálicas, os desxeadores de cristais, os purificadores de aire, etc., son inflamables.

Comburente: a diferencia do pictograma para os productos inflamables, a llama está encima dun círculo. Faise esta distinción para avisar de que o producto é comburente. Son productos ricos en osíxeno que en contacto con outras substancias, sobre todo inflamables, poden provocar, avivar ou agravar un incendio ou unha explosión. Os disolventes que conteñen peróxidos, como o ácido peracético, son comburentes.

Gas: o debuxo da bombona sinala que é un envase con gas a presión. Algúns poden explotar coa calor, como os gases comprimidos, licuados ou disoltos. Os licuados refrixerados poden causar queimaduras ou feridas crioxénicas, ao estar a moi baixa temperatura. Na anterior normativa non había un símbolo para estes productos a presión ou comprimido, tan só unha frase de perigo.

Corrosivo: o producto pode atacar ou destruír metais e causar danos irreversibles á pel, ollos ou outros tecidos vivos, en caso de contacto ou proxección.

Toxicidade aguda: a caveira e as dúas tibias cruzadas advirten de que o producto xera efectos adversos para a saúde, incluso en pequenas doses, e con consecuencias inmediatas. Ao entrar en contacto co mesmo podese sentir náuseas, vómitos, dores de cabeza, pérdida de coñecemento. Nun caso extremo, pode causar a muerte.

Irritación cutánea: o signo de exclamación é unha advertencia dos efectos adversos que o producto pode provocar en doses altas. Algunhas destas consecuencias negativas son irritación nos ollos, gorxa, naris e pel, alerxias cutáneas, somnolencia ou vértigo.

Perigoso por aspiración: estes productos poden chegar ao organismo por inhalación e causar efectos negativos moi diversos, en especial, moi graves a longo prazo. Poden provocar efectos canceríxenos, mutáxenos (modifican o ADN das células e danan á persoa exposta ou á súa descendencia), tóxicos para a reproducción, causar efectos nefastos nas funcións sexuais, a fertilidade, provocar a morte do feto ou malformacións, modificar o funcionamento de certos órganos, como o fígado, o sistema nervioso, etc., posibilidade de graves efectos sobre os pulmóns e provocar alerxias respiratorias.

Perigroso para o medio ambiente acuático: este pictograma cunha árbore e un peixe indica que o producto provoca efectos nefastos para os organismos do medio acuático (peixes, crustáceos, algas, outras plantas acuáticas, etc.). A anterior clasificación consideraba os efectos tóxicos tamén sobre o medio terrestre e incluía unha frase de risco indicativa do perigo do producto sobre a capa de ozono.

FONTE: Revista Eroski Consumer

ALUMNOS DO NOSO IES NA TVG

Publicado: 25/01/2011 10:54 por vgomez en ZONA VERDE

 

Alumnado de 3º PDC do noso IES, realizaron o pasado día 25 de novembro de 2010 unha visita guiada ao Esteiro do Miño, en compaña da profesora de Bioloxía-Xeoloxía  Olga, contando con Agustín de ANABAM como guía para a observación das aves que aquí acuden fundamentalmente entre os meses de outubro e principios de marzo.

Esta visita foi aproveitada pola TVG para facer unha gravación do programa NATUREZA que se emite a mediodía, sobre as 13,3o horas.

Para aqueles que non tivestes a posibilidade de velo na televisión, aqui tedes unha copia, cortesía da TVG.

O QUILOGRAMO PERDE PESO

Publicado: 26/01/2011 08:15 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20110125234424-patron-internacional-kilogramo2.jpg

Quilogramo patrón / Imaxe:teleobjetivo.org

Todos estudiamos que o quilogramo é a masa que ten o prototipo internacional, composto dunha aliaxe de platino e iridio que se conserva na Oficina Internacional de Pesas e Medidas (BIPM) de Sèvres, preto de París (Francia).

Tamén sempre consideramos que un quilogramo eran 1.000 gramos. Pois ben, esa peza de platino iridio, fabricada en Londres en 1879 e que dende 1898 se atopa, tal como dixemos, en Sèvres, parece ser que nos últimos 100 anos variou de masa e peso. Para ser máis exactos variou aproximadamente 50 microgramos (o peso dun gran de area de 0,4 milímetros).

Esto que parece intrascendente, trae de cabeza aos científicos de todo el mundo que se deron cita esta semana na Royal Society de Londres para redefinir o quilogramo, a última medida do Sistema Internacional de Unidades (SI) que aínda ten como referencia un artiluxio material.

Veremos no que queda todo este asunto!

2011: ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES

Publicado: 27/01/2011 09:08 por vgomez en ZONA VERDE
20110123133629-logoanyobosques.jpg

Se o ano 2010 foi o Ano Internacional da Biodiversidade, 2011 será o dos bosques. Nacións Unidas organizará diversas actividades para concienciar á sociedade dos problemas que sufren os recursos forestais de todo o planeta e frear o seu deterioro. Cada ano desaparecen máis de 13 millóns de hectáreas de bosques en todo o mundo, unha superficie equivalente á cuarta parte da península Ibérica.

Nós tamén podemos contribuír a recuperar a masa boscosa do planeta de diversas maneiras. A máis activa é plantar unha árbore coas nosas propias mans.  Outra opción é axudar ás asociacións ecoloxistas ou que traballan con árbores, aprender máis sobre eles e apreciar a súa importancia, ou denunciar posibles casos de talas indiscriminadas ou cualquera outro problema que lles afecte. Tamén podemos presionar ás institucións para que emprendan medidas que defendan os bosques, como a creación de espazos protexidos e corredores entre estas áreas, o apoio a prácticas eficientes e unha xestión forestal sostible ou a repoboación con especies autóctonas das zonas deforestadas.

Os bósque son moito más que madeira!

FONTE: Revista Eroski Consumer

ÁREAS MIRIÑAS PROTEXIDAS

Publicado: 28/01/2011 09:50 por vgomez en ZONA VERDE
20110128093257-panel1.jpg

Dende hoxe e ata o 11 de febreiro , temos no noso centro, IES A Sangriña, a exposición ÁREAS MARIÑAS PROTEXIDAS cedida polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia).

Cos seus 24 paneis e un DVD, esta exposición pretende:

- Sensibilizar ao alumnado arredor da importancia do mar e do litoral como patrimonio esgotable e recurso espiritual, cultural e económico.
- Dar a coñecer a figura das Áreas Mariñas Protexidas como eficaz estratexia de conservación do mar e o litoral.
- Sinalar o papel que cada un de nós  pode xogar á hora de inclinar a balanza cara á conservación, ou non, do mar.

Na exposición poderás atopar información sobre a situación actual das Áreas Mariñas Protexidas e outros temas arredor delas. Esta información estrutúrase en catro bloques:

- Recursos do mar
- Problemáticas de conservación
- A pesca en Galicia
- As Áreas Mariñas Protexidas

"O mar depende de nós, nós dependemos do mar"

Que disfrutedes dela!

DÍA INTERNACIONAL DA PAZ

Publicado: 30/01/2011 00:21 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO

Este domingo, día 30 de xaneiro, celébrase o Día da Paz, coincidindo coa morte da líder internacional e espiritual da India Mahatma Gandhi (30 de xaneiro de 1948), asasinada a tiros por un fanático hinduísta.

O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidaridade, a concordia, o respecto aos dereitos humanos, a non-violencia e a paz. Neste día os colexios e outros centros convírtense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión. No noso centro, ao caer festivo terá lugar o próximo luns 31.

Dende aquí a miña aportación, que outras veces fixen nas miñas clases: unha reflexión a través do vídeo PUK E O MURO.

Puk e o muro, de forma simbólica invítanos a camiñar cara a unha convivencia máis pacífica e comprometida. Pretende mostrar a necesidade de manter unha actitude activa e responsable frente ás situacións de violencia e inxusticia como medio para garantir a paz.

Espero que quitedes conclusións e sobre todo que as poñamos en práctica!



Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next