Se muestran los artículos pertenecientes a Noviembre de 2007.

1ªAVALIACIÓN

Publicado: 01/11/2007 01:02 por vgomez en COMUNICADOS
20071101010116-images.jpg
AVALIACIÓN INICIAL: Para os curso 1º ESO e 3º ESO. Como son curso de incorporación novos, os titores e os profesores que imparten materias neses cursos intercambian información de cara a mellor marcha/intregración destes alumnos-as no centro. (1º ESO , luns 5 de novembro).
 
Datas das avaliacións (Reunión do titor cos profesores que imparten clase nese grupo): 17, 18,19 e 20 de decembro.
Entrega de notas: Enfadado 21 de decembro.
Día proposto polo Claustro de Profesores para non lectivo :Riendo 7 de decembro (venres).
Período de vacacións: Do 22 de decembro de 2007 ao 7 de xaneiro de 2008 , ambobolos dous inclusive.

ESPAÑA DÁ UN PASO CARA A KIOTO

Publicado: 03/11/2007 11:11 por vgomez en ZONA VERDE
20071103111054-images.jpg

O Goberno de España da luz verde á estratexia para cumprir o Protocolo de Kioto para 2020. Na Estratexia Española de Cambio Climático e Enerxía Limpa 2007-2012-2020 figura o marco no que se pretende cumprir co Protocolo de Kioto e avanza na diminución das emisións que provocan o cambio climático. Na citada estratexia recóllense 198 medidas e destínase 2.500 millónse de euros.

Se queres ampliar esta noticia pincha en:

Luz verde a la estrategia para cumplir el Protocolo de Kioto para 2020 | elmundo.es

 


ICEBERG

Publicado: 04/11/2007 09:09 por vgomez en FOTOVERDE
20071104090935-26iceberg.jpg
Iceberg (Bego Vendrell)

O FUTURO

Publicado: 05/11/2007 16:51 por vgomez en FRASES
Nesta sección de FRASES imos reflexionar sobre O FUTURO, a través de tres frases de insignes autores:
A primeira é dun filósofo chino: Confucio (51 A.C.-478 A.C.)
"Estudia o pasado se queres pronosticar o futuro"
A segunda é dun gran novelista francés : Victor Hugo (1802-1885)
"O futuro ten moitos nomes. Para os débiles é o inalcanzable. Para os temerosos o descoñecido. Para os valentes é a oportunidade".
A terceira, e última, é dun gran actor e director de cine: Woody Allen (1935-?)
"Interésame o futuro porque é onde vou pasar o resto da miña vida"

RAS E CAMBIO CLIMÁTICO

Publicado: 06/11/2007 10:21 por vgomez en ZONA VERDE
20071105171502-1142031613-0.jpg
RA ARLEQUÍN
Este é un dos temas a tratar na Semana da Ciencia a celebrar entre o 5 e 18 deste mes de novembro en Barcelona.
Precisamente a REVISTA NATURA, publicaba un artígo, con data 11 de marzo de 2006, onde xa advertía que: "Morren os anfibios. Máis de 120 especies destes vertebrados desapareceron nos 25 últimos anos, segundo a IUCN".
"As ras arlequín é un dos xéneros que máis minguou na súa diversidade natural. O número destas pequenas ras tropicais decreceron un 70% na década dos 80".
Se queres coñcer esta artígo en profundidade pincha en:
- EL MUNDO | Suplemento natura 1 - La rana arlequín

RECOLLIDA DE FAUNA SILVESTRE POR ANABAM

Publicado: 06/11/2007 23:39 por vgomez en ZONA VERDE
20071106233927-recollcormare2.jpg
ANABAM ( Asociación Naturalista do Naixo Miño) leva recollido últimamente moitos exemplares mortos de aves aparecidos es distintos puntos da costa e na zona do río Miño. Estes datos e comentarios aparecen publicados na súa páxina, que  aparece como ENLACE neste blog e que volvo a indicar para pinchar e coñecer mellor:
RECOLLIDA DE FAUNA SILVESTRE
 

UN XUÍZ CON...

Publicado: 08/11/2007 00:03 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20071108000342-calatatud-2.jpg

D. Emio Calatayud Pérez (Ciudad Real 22-12-1955) é un maxistrado, xuíz de menores en Granada coñecido polas súas sentencias exemplares.

Para coñecelo mellor, teño un documento que penso que todos (POLÍTICOS, PAIS, PROFESORES E SOCIEDADE EN XERAL) tiñamos que escoitalo e quitar as nosas conclusións. Eu estou moi de acordo, pero entendo que igual outros non , pero penso que é algo sobre o que podemos e que temos que discutir para quitar solucións para a nosa xuventude, que é o FUTURO DA NOsA SOCIEDADE.

Se queres ver este vídeo e despois xuzgar pincha en:

Mediateca EducaMadrid - Vídeo - Intervención D. Emilio Calatayud Pérez (V Tertulia Educativa-2006)


 

 

BALEA BELUGA

Publicado: 08/11/2007 19:03 por vgomez en FOTOVERDE
20071106235947-65primbeleu.jpg
Nace a primeira balea beluga europea (Oceanográfico de Valencia)

CAMBIO CLIMÁTICO EN ESPAÑA

Publicado: 09/11/2007 16:52 por vgomez en ZONA VERDE
20071108191432-1194536793-0.jpg

A organización ecoloxista Greenpeace presentou onte en Madrid, PHOTOCLIMA: un libro con fotografías de Pedro Armestre e Mario Gómez. A obra acompáñase de textos de autores diversos: desde o escritor José Saramago ata a primatóloga Jane Godall.

O libro aborda situacións concretas como a que aperece na imaxe superior : o potencial secamento do Ebro ao seu paso por Zaragoza.

Se queres coñecer polo miúdo PHOTOCLIMA pincha en:

20071108elpepusoc_1_Pes_PDF.pdf (application/pdf Objeto)
20071108193619-foto-252125-cas.jpg
Os astrónomos descubriron un quinto planeta en órbita preto da estrela CANCRI 55, a única sen contar o Sol que se ecoñece con tantos planetas e que se atopa a 41 anos luz, segundo informa a Fundación Nacional para a Ciencia (NSF), axencia federal independeinte dos Estados Unidos.

Se queres ampliar esta noticia pincha en:

Faro de Vigo - Descubren un quinto planeta en órbita cerca de la estrella Cáncri 55


 

 

CALENDARIO 1ª AVALIACIÓN

Publicado: 10/11/2007 09:36 por vgomez en COMUNICADOS
DATAS EXÁMENES 1ª AVALIACIÓN:
(Recordade que entra todo o dado no trimestre)
1º ESO:
1ºA/B/C/D ........ MARTES 18 DE DECEMBRO
2º ESO:
2º C1 .............. LUNS 17 DE DECEMBRO
AVALIACIÓNS DE PROFESORES:
1º A/D e 2ºC1 ...................... MÉRCORES 19 DE DECEMBRO
1º B/C .................................. XOVES 20 DE DECEMBRO
ENTREGA DE NOTAS:
VENRES 21 DE DECEMBRO ÁS 11 HORAS
COMENZO DAS VACACIÓN DE NADAL.

O DIÓXIDO DE CARBONO

Publicado: 11/11/2007 10:38 por vgomez en ZONA VERDE
20071110101115-1194649203-extras-portadilla-0.jpg

O dióxido de carbono (CO2) é, sen dúbida o gas máis nomeado neste século XXI, e non precisamente para ben. Esta molécula presente na respiración dos seres vivos na Terra, convertíuse no principal inimigo público das últimas décadas. A razón está na capacidade de absorber e reter a calor na atmosfera, ao igual que o fan o resto dos chamados gases de efecto invernadoiro: metano (CH4), óxido nitroso (N20), perfluorocarbonos (PFC), hidrofluorocarbonos (HFC) e hexafluoro de sulfuro (SF6). Todos eles potencian o efecto invernadoiro natural e son os culpables do quentamento global.

Pero, ¿canto aportamos nós de CO2 na vida diaria? Para obter resposta, no seguinte enlace tes unha calculadora, na que constestando a un sinxelo cuestionario, darache ese dato: A PEGADA DO CARBONO.

Gráficos | elmundo.es



UN VOITRE NA GUARDA

Publicado: 12/11/2007 17:35 por vgomez en ZONA VERDE
20071111105854-gallingall2.jpg

Trátase do que en América chaman gallinazo, unha ave carroñeira do grupo dos voitres como o cóndor ou o zapilote. A súa forma lémbranos a dun pavo, de aí o nome de gallinazo.

Información recollida de www.anabam.org

 


13/11/2002: PRESTIGE

Publicado: 12/11/2007 23:37 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20071112231751-images.jpg

PRESTIGE, petroleiro monocasco cargado con 77.000 toneladas de fuel, afundido no ano 2002, un día coma hoxe, frente ás costas galegas, producindo unha inmensa marea negra, que afectou a unha zona comprendida entre Portugal e as Landas de Francia, pero con especial incidencia na nosa costa galega.

¿REPETIRASE ALGUNHA VEZ?

¡FÍXOSE ALGO DENDE ENTÓN PARA EVITAR OUTRA CATÁTROFE DESTE TIPO!

¡NUNCA MÁIS! ... por favor.

Pero hai que recordar para que nunca volva pasar.

Pincha e, sen comentarios, visualiza as seguintes fotofrafías do desastrE:

Galicia no merecía esto !!!

 

 

PASIFLORA

Publicado: 13/11/2007 17:25 por vgomez en FOTOVERDE
20071111135245-29pasiflora.jpg
Pasiflora (Fotografía de Cristina Sánchez-Turrero)

 

Pasiflora ou flor da pasión (Passiflora caerulea). Familia das Pasifloráceas. Planta perenne de ata 9 metros de lonxitude. Talos trepadores, leñosos. Follas alternas, trilobadas, verdes oscuras; brotes brandos vermellos. Flores cremosas con tintes rosados pálidos. Froitos comestibles semellantes ao ovo.

É un dos mellores remedios contra o insomnio e con propiedades sedantes, antiespasmódicas e analxésicas.

 


FOTO NEGRA

Publicado: 13/11/2007 23:21 por vgomez en FOTOVERDE
20071113231937-enrique-prestige.jpg
Fotonegra, parece contradictorio publiclalo en FOTOVERDE, pero hai que telo presente para nunca esquecelo UN DESASTRE: PRESTIGE.
Nestes días vemos no norte de Europa e en América máis do mesmo. 
Cada un que pense o que queira pero eu ...Boca sellada

ENFERMOS CELÍACOS

Publicado: 14/11/2007 19:05 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20071113232523-gluten-free.jpg

A enfermidade celíaca é unha intolerancia a unha proteína, chamada gluten, que esta presente no trigo, centeo, cebada e posiblemente na avea. O gluten é o responsable da elasticidade da masa da fariña, o que permite a fermentación e que as masas estén esponxosas.

Se unha persoa presenta unha predisposición xenética, unha dieta con estes ingredientes desencadea unha resposta do sistema inmunitario que actúa de agresor sobre o intestino, quedando este incapacitado para a absorción de nutrientes.

Para máis información desta intolerancia pincha en :

index

 


20071114192304-2007-11-21-img-2007-11-14-13-01-28-luna.jpg

Secuencia na que se observa o movemento da Terra no momento de anoitecer (EFE/JAXA)

A Axencia Xaponesa de Exploración Aeroespacial conseguíu, por primeira vez, plasmar en imaxes de alta definición unha secuencia do movemento diario que realiza a Terra durante o movemento que corresponde co anoiteccer e amencer.
O explorador Selene atópase dende o pasado 18 de outubro en órbita lunar, a unha altura de 100 km.



 

INCENDIO

Publicado: 15/11/2007 22:56 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20071115225617-110incendiog.jpg
Parece mentira pero á altura que estamos do mes de novembro (15) temos unhas temperaturas e sobre todo unha falta de chuvia que é moi preocupante. Así en Galicia aparcen os INCENDIOS, cousa frecuente no verán pero anormal nestas datas. Eu espero que dende o próximo luns pola noite esto escomence a cambiar... polo ben de todos.
Aínda así hai que facer un chamamento ao sentido común á hora de queimar. Haberá tempo en todo o ano, en mellores condicións.

XAPON CAZA BALEAS XOROBADAS

Publicado: 20/11/2007 16:39 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20071120162943-images.jpg

 

Xapón cazará baleas xorobadas por primeira vez dende 1963

Estas baleas coñecidas tamén como iubarta, son moi populares polo seu comportamento xoguetón.
A flota xaponesa partíu do porto de Shimonoseki, situado no oeste do país, con dirección ao Pacífico Sur, onde cazará 50 baleas xorobadas e poñerá fin á moratoria que protexeu a estes animais dende 1963.

Segundo a axencia nipona Kyodo, nesta campaña, que durará ata mediados do mes de abril, o equipo formado por 240 persoas, teñen previsto cazar 850 baleas mink, 50 baleas fin e 50 baleas xorobadas.A carne obtida na expedición venderase ao mercado xaponés e os ingresos invertiranse en futuras campañas.

¡Sen comentarios!


A SONDA

Publicado: 20/11/2007 17:00 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20071120165916-china-change-1-bg.jpg

A sonda "Chang E I" deu o primeiro paso do programa lunar da China, comenzando a explorar a superficie lunar dende a súa órbita, a 200 km de distancia do satélite.

O aparello, lanzado o 24 de outubro pasado dende a base espacial de Xichang (suroeste de China), rematou estes traballos despregando os seus paneis solares e a antea de transmisión de datos á Terra, segundo explicaron fontes da CNSA (China National Space Administration).

Se queres ampliar esta noticia pincha en:

El satélite chino 'Chang E I' comienza a orbitar alrededor de la Luna · ELPAÍS.com

 

 

BANGLADESH

Publicado: 21/11/2007 19:03 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20071121190301-20071121elpepuvin-1.jpg.gif
Viñeta do 21-11-07 de RAMÓN no xornal EL PAIS

CLONACIÓN

Publicado: 22/11/2007 19:13 por vgomez en DOCENCIA
20071122190358-412.jpg

 

Nestes últimos días están nos medios de comunicación termos como célula nai e clonar.

Imos tratar de poñer un chisco de luz sobre estes conceptos. Escomenzaremos por CÉLULA NAI.

 

Unha célula nai ou stem cell é unha célula proxenitora, autorenovable, capaz de rexenerar un ou máis tipos celulares diferenciados.

Nos animais superiores, as células nai clasifícanse en 2 grupos. Por un lado, as células nai embrionarias (Embrionix stem ou EScells). Estas células derivan da Masa celular interna do embrión en estado blastocito (7-14 días), e son capaces de xenerar TODOS os diferentes tipos celulares do corpo, por iso chámanselle células pluripotenciais. Destas células derívanse, tras divisións celulares, o outro tipo de células, as células nai órgano-específicas. Estas células son multipotenciais, é dicir que poden orixinar as células dun órgano concreto no embrión, e tamén en adulto.

A clonación é o proceso polo que se conseguen copias idénticas dun organismo, xa desenvolvido, de forma asexual. Estas dúas características son importantes: Pártese dun animal, xa desenvolvido, porque a clonación responde a un interese por obter copias dun determinado animal que nos interesa, e só cando é a dulto coñecemos as súas características. Por outra banda, trátase de facelo de forma asexual, xa que este tipo de reproducción permítenos obter copias idénticas.


Para profundizar neste tema pincha en:

elmundosalud.com - Graficos Interactivos

ACEBO

Publicado: 23/11/2007 11:03 por vgomez en FOTOVERDE
20071122191829-30acebo.jpg

Acebo (Ilex aquifolium) (Cristina Sánchez-Turrero)

A MÚSICA

Publicado: 23/11/2007 19:42 por vgomez en FRASES
Sobre a MÚSICA imos reflexionar hoxe contando con tres frases:
A primeira é dun filóso grego que vivíu entre o 427 A.C e o 347 A.C.
" A música é para a alma o que a ximnasia para o corpo"
A segunda é doutro filósofo, neste caso alemán, que vivíu entre o 1844 e o 1900.
" Sen música a vida sería un error".
Finalmente, a terceira é dunha falutista española que naceu no ano 1963.
"A música é o arte máis directo, entra polo oído e vai ao corazón"

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Publicado: 25/11/2007 11:35 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20071125113511-1195834776-extras-portada-0.jpg

Hoxe celébrase o DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Como reflexión sobre este tema, propóñovos que vexades o seguinte vídeo:

 Vídeos en ELPAÍS.com

20071125115541-valga-16.jpg
Despois das últimas chuvias, que tanto necesitavamos, chegaron os primeiros cogomelos da temporada. Moitos son os que nos alegramos da súa aparición, pero considero importante que sexamos un pouco sensatos á hora de saír ao monte na súa procura.
Unhos pequenos consellos:
- Levar sempre cesta, nunca bolsas de plástico.
- Cortar sempre , nunca arrancar.
- Nunca coller especies descoñecidas. Se se collen para estudiar ou consultar, non mesturalas co resto.
- Ata adquirir destreza ir acompañados de persoas que dominen o tema.
- En caso de dúbida, non coller.
- Disfrutar tamén do paseo e do lugar.
¡Boa sorte a todos!

FASES LUNARES E MAREAS

Publicado: 25/11/2007 12:01 por vgomez en ZONA VERDE
Dende hoxe e na sección de ENLACES está a disposición información das fases lunares e mareas.
FASE LUNAR: Lúa Chea, dende o sábado 24 ás 14,31.
MAREAS PARA HOXE EN A GUARDA: Preamar ás 02:43 h con 3,77 m
Baixamar ás 05:58 h con 0,33 m
Preamar ás 15:09 h con 3,65 m
Baixamar ás 21:16 h con 0,47 m
* Engadir 1 hora pois estamos en horario de inverno.
O enlace é:
La Voz de Galicia. O tempo. Mareas

¿CAMBIO CLIMÁTICO?

Publicado: 27/11/2007 10:51 por vgomez en FOTOVERDE
20071124133050-36groenlandia.jpg

Desxeo acelerado en Groenlandia

Foto de J.A. Dowdeswell/Science

 

 

ECOSISTEMA AMEAZADO

Publicado: 27/11/2007 10:52 por vgomez en ZONA VERDE
20071124131702-1195838430-1.jpg

WWF planta 10 millóns de árbores no Congo para protexer aos gorilas de montaña.

O Fondo Mundial para a Natureza (WWF) e o Goberno da República Democrática do Congo (RDC) plantaron a árbore número 10 millóns, cos que quere protexer o hábitat dos gorilas de montaña, unha especie ameazada.

Trátase dun proxecto que se lanzou no ano 1987 e quen por obxectivo preservar un dos lugares do planeta onde aínda viven en liberdade os gorilas de montaña, o Parque Virunga (situado ao leste do país)

 

 

A LECTURA

Publicado: 27/11/2007 23:19 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20071127194702-2007-12-03-vin-2007-11-26-02-12-18-quesada26.jpg
Viñeta do FARO DE VIGO do 26/11/2007

O CAMBIO CLIMÁTICO EN ESPAÑA

Publicado: 28/11/2007 08:24 por vgomez en ZONA VERDE
20071128082334-ad-wwf-calentamiento-global.jpg
Os veráns españois serán tsunamis de calor, a costa norte farase mediterránea, o sur convertirase nun deserto, especies vexetais e animais extinguiranse, a auga será un ben escaso, o mar comerá praias e os españois desenvolveremos novas enfermidades relacionadas coa contaminación atmosférica e os climas tropicais. Nunha palabra , España africanizarase.
 
Este panorama será un feito a finais de século se España non actúa na loita contra o cambio climático, según un informe elaborado por 17 expertos españois para o Presidente do Goberno.
 
Se queres ampliar esta noticia ou coñecer polo miúdo o citado informe pincha en:

KOALA

Publicado: 29/11/2007 11:45 por vgomez en FOTOVERDE
20071128083901-75koala.jpg
Koalas. (Reuters)
Koala (Phascolarctos cinereus) é marsupial arborícora, con hábitos moi tranquilos e que pode acadar os 76 cm.
El koala es un marsupial arborícola que posee unos hábitos muy tranquilos, como los de un perezoso.
El koala es un marsupial arborícola que posee unos hábitos muy tranquilos, como los de un perezoso. Su longitud corporal puede alcanzar unos 76 centíEl koala es un marsupial arborícola que posee unos hábitos muy tranquilos, como los de un perezoso. Su longitud corporal puede alcanzar unos 76 centímetros aproximadamente.metros aproximadamente.