Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Diciembre de 2012.

20121201120728-dia-mundial-da-loita-contra-a-sida.jpg

Cada 1 de decembro, Día Mundial da loita conta a SIDA, persoas de todo o mundo xuntan esforzos para xerar unha maior conciencia do que supón o VIH/SIDA e mostrar solidariedade internacional ante a pandemia.

SIDA é o acrónimo da Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida que afecta aos humanos infectados polo VIH (Virus da Inmunodeficiencia Humana). Dise que unha persoa padece a SIDA cando o seu organismo, debido á inmunodepresión provocada polo VIH, non é capaz de ofrecer unha resposta inmune adecuada contra as infeccións. 

Aínda que pareza unha enfemidade que non está preto de nós, un dato a ter en conta: "Segundo a Coordinadora Estatal da SIDA en España (CESIDA), hoxe, no noso país, hai entre 120.000 e 150.000 persoas afectadas pola SIDA e cada ano prodúcense unhas 3.500 novas infecciones máis".

Para ter unha idea de conxunto sería bo coñecer DEZ DATOS E CIFRAS sobre a SIDA.

A mellor forma de evitalo e a prevención!

 

O ZAPATEIRO

Publicado: 02/12/2012 10:53 por vgomez en CURIOSIDADES
20121202105306-zapateiro.jpg

 Zapateiro (Gerris lacustris) / Imaxe:yorokobu.es

Seguro, que máis dunha vez, tédelo visto sobre as augas tranquilas das beiras dun regato. Trátase do zapateiro (Gerris lacustris), tamén coñecido como pernalongas de auga, patinadores de auga... Teñen unha curiosidade especial: flotar. Pero como o consegue?

Estes insectos deslízanse sobre a auga apoiándose no seu segundo e terceiro terceiro par de patas, moito máis longas que as dianteiras. Mentres que o segundo dá impulso, o último serve de leme para ir en calquera dirección. Cada unha destes dous pares de patas posúen unha especie de almofada formada por pelos hidrófobos, que conseguen formar unha minúscula bolsa de aire sobre a superficie, o que os mantén en flotación constante.

Así as patas dianteiras quedan libres para capturar os pequenos insectos dos que se alimenta. Trátase dun insecto carnívoro, que axuda a manter a auga limpa doutros insectos como por exemplo os mosquitos. E sempre van en grupo, axudándose mutuamente a cazar comida.

FONTE:www.yorokobu.es

20121202120610-mosaico-imaxes-polo-norte-marciano.jpg

Mosaico de imaxes que amosa o polo norte de Mercurio e os seus cráteres / NASA

A cápsula de exploración planetaria Messenger da NASA ten enviado á Terra novas evidencias da presenza de auga xeada e materiais orgánicos nalgunhas rexións de Mercurio, segundo informa a axencia espacial estadounidense. Os investigadores calculan que o xeo, localizado na rexión permanentemente ás escuras do polo norte, ten un espesor de polo menos 45 centímetros e posiblemente alcance ata 20 metros. Os científicos consideran probable que o polo sur do planeta tamén conteña xeo, aínda que non hai datos que o confirmen.

Tres estudos independentes realizados con varios dos instrumentos da misión Messenger coinciden en confirmar a presenza de auga no planeta. O primeiro mediu un exceso de hidróxeno no polo norte do planeta; o segundo centrouse na reflectancia (a capacidade de reflectir luz) dos depósitos polares de Mercurio nunha lonxitude de onda próxima ao infravermello, e un terceiro ofreceu un modelo das temperaturas superficiais do planeta.

Malia a súa proximidade ao Sol, en Mercurio existen rexións enteiras (nas zonas polares) que non reciben nunca a luz do Sol debido á escasa inclinación do seu eixe de rotación. Dende fai xa varias décadas os investigadores consideran a idea de que podería haber xeo de auga alí, pero ata agora tratábase só dunha teoría.

A idea recibiu un grande impulso en 1991, cando o telescopio de Arecibo, en Puerto Rico, detectou unhas estrañas e brillantes manchas de radar nos polos de Mercurio. Manchas que reflectían a luz da mesma forma en que o faría o xeo. A maior parte desas manchas, ademais, procedían precisamente dunha rexión que fora fotografada dúas décadas antes, nos anos 70, pola sonda Mariner 10.

Agora a Messenger, que chegou ás proximidades de Mercurio en 2008 e entrou na súa órbita en marzo de 2011, puido verificar sen ningunha dúbida que aquelas manchas brillantes detectadas hai 20 anos coinciden coas zonas que nunca reciben a luz solar.

Os datos confirman non só que hai xeo, senón que o hai en xeito abundante. De feito, é o maior dos constituíntes dos depósitos do polo norte de Mercurio e, ademais de no interior dos cráteres, existe tamén moi preto da superficie e xusto baixo unha capa dun estraño "material escuro" que aparece en case todos os depósitos minerais e que permite que o xeo se manteña estable.

FONTE. Xornal El Pais/Ciencia

20121203155010-sendra-discapacidad.jpg

 

A viñeta do humorista gráfico SENDRA (Fernando Javuer Sendra, Bos Aires-Arxentina, 1949) serve axeitadamente para nosa reflexión de hoxe, 3 de decembro, no que se celebra o Día da Discapacidade, proclamado coma tal pola Asemblea das Nacións Unidas en 1992, e que este ano ten como lema: "Eliminar as barreiras para crear unha sociedade incluínte a accesible a todos".

Lamentablemente este lema choca frontalmente cunha realidade económica, pero sobre todo política, polo que albisco que as barreiras que había manteranse ou aumentarán polos recortes.

Mira que non hai onde recortar, e precisamente agora que pouco a pouco os discapacitados iban integrándose na socidade, veremos como dun plumazo voverán a retroceder en dereitos.

Non teñen corazón!


O NOSO PLANETA TEN UNHA BELEZA ESPECTACULAR

Publicado: 04/12/2012 08:15 por vgomez en VÍDEOS

 

O espazo volvenos obsequiar con imaxes impagables do noso planeta. Os astronautas da Estación Espacial Internacional (ISS)  realizan regularmente fotografías a gran resolución segundo orbitan arredor do planeta cada 90 minutos.

Nesta ocasión, o encarcado de recollelas unha a unha foi o estudante de cine Giacomo Sardelli, quen as montou nun vídeo, unha tras doutra, formando este "estafe lapse" que podedes ver na parte superior.

Espectacular!

A COCHINILLA E O VERMELLO PERFECTO

Publicado: 05/12/2012 08:58 por vgomez en CURIOSIDADES
20121203163817-cochinilla.jpeg

Cochinillas / Imaxe:www.yorokobu.es

A cochinilla (Dactylopius coccus) debería ser considerada xunto ao ouro ou a prata como un dos grandes tesouros do Imperio Español en América.

A humanidade tradicionalmente tivo unha relación especial coa cor vermella en particular, difícil de lograr con tinguiduras vexetais. Ata que descubriron que machucando e fervendo o corpo das femias de cochinilla, que abundaban en certos tipos de cacto que medraba en México, obtíñase un vermello máis intenso e duradeiro, o "vermello cochinilla" ou tamén chamado "vermello perfecto".

Actualmente o Cochinilla (L-120) é considerado como o mellor dos colorantes naturais. Úsase para colorear xaropes, confeituras, marmeladas, conservas vexetais, xeados e lácteos como o iogur e o queixo fresco; e en produtos cárnicos e en bebidas. Poderiamos dicir, en certa forma, que comemos cochinillas a diario.

FONTE: yorokobu.es

O CEO DO MES: DECEMBRO 2012

Publicado: 06/12/2012 07:14 por vgomez en O CEO DO MES
20121206071403-inverno.jpg

Estampa de inverno / Imaxe:imagenestop.com

6 de decembro: Cuarto Minguante

13 de decembro: Lúa Nova

20 de decembro: Cuarto Crecente

21 de decembro: Comezo do Inverno

28 de decembro: Lúa Chea

Chuvia de meteoros: Phoenícidas Decembro, actividade dende o 28 de novembro ao 9, con máximo o 6 de decembro. Puppid/Vélidas, actividade dende o 1 ao 15, con máximo o 6 de decembro. Monocerótidas, actividade dende o 27 de novembro ao 17, con máximo o 8 de decembro. Sigma-Hydridas, actividade dende o 3 ao 15, con máximo o 11 de decembro. Sigma-Hydridas, actividade dende o 3 ao 15, con máximo o 11 de decembro. Coma Benerícidas, actividade dende o 12 ao 23, con máximo o 15 de decembro. Leo Minóridas Decembro, actividade dende o 5 de decembro ata o 4 de febreiro, con máximo o 19 de decembro. Úrsidas, actividade dende o 17 ao 26, con máximo o 23 de decembro.   

20121202205818-asterix-e-obelix-ao-servizo-da-sua-maxestade.jpg

 

Os lectores dos comics de Atérix e Obélix, dos creadores René Goscinny e Albert Uderzo,  estamos de noraboa, xa que dúas das súas aventuras: "Astérix en Bretaña" e "Astérix e os normandos" son a base da película que xa está nos cines para a etapa navideña: "Astérix e Obélix ao servizo da súa maxestade". Esta é a súa ficha técnica:

Título Orixinal: "Astérix et Obélix: God save Britannia" 

Xénero: Comedia. Familiar

 País: Francia

Ano: 2012

Duración: 109 minutos

Dirección: Laurent Tirard
 

Guión: Laurent Tirard e Grégoire Vigneron

Produción: Coproducción Francia-Italia-España-Hungría: Olivier Delbosc, Marc Missonnier e Alvaro Longoria

Fotografía: Catherine Pujol. Denis Rouden
 

Música: Klaus Badelt

Reparto: Gérard Depardieu, Edouard Baer, Guillaume Gallienne, Fabrice Luchini, Catherine Deneuve, Vincent Lacoste, Jean Rochefort, Dany Boon, Gérard Jugnot, Tristán Ulloa e Valérie Lemercier.

Sinopse: Astérix e Obélix cruzarán a Canle da Mancha para rescatar o seu primo Anticlímax e salvalo dos romanos.

Preparádevos para disfrutar!

A LÁMPADA CENTENARIA

Publicado: 07/12/2012 22:05 por vgomez en CURIOSIDADES
20121204233306-bombilla-centenaria.jpg

"Bombilla centenaria" / Imaxe:cienciados.com

Que unha lámpada leve acesa 110 anos non é normal, pois ao fin e ao cabo é un filamento incandescente, que facilmente se funde. A denominada "lámpada centenaria" leva lucindo, sen apenas interrupcións dende 1901. É unha lámpada de 60 W, aínda que a súa potencia non supera os 4, e atópase no cuartel de bombeiros número 6 de Livermore, California, iluminando coa súa palidez, 24 horas ao día, aos camións de bomberios non seu garaxe.

Que se saiba, a parte dalgún que outro apagamento na zona, a lámpada deixou de lucir nunha ocasión, no ano 1976, cando a sede do cuartel dos bombeiros foi transladada ás novas instalacións. Para evitar desgustos, e ante o temor de que ao afloxala do seu casco a lámpada se rompera, os electricistas cortaron o cable polo san e o pequeno "tesouro" foi transportado ao seu novo destino con escolta policial e nun coche de bombebeiros. A interrupción apenas durou 22 minutos.

Os científicos pregúntanse como é posible que aguantase tanto tempo sen apagarse. Esta lámpada diferénciase de dúas formas dunha lámpada incandescente contemporánea. En primeiro lugar, o seu filamento é unhas oito veces máis groso que o dunha lámpada actual incandescente. En segundo lugar, ese filamento, posiblemente feito de carbono, é semicondutor".

A "lámpada centenaria", figura no Guinnes dos Records, foi soprada a man pola  
Shelby Electric Company , de Ohio, a finais da década de 1890 e doada despois polo dono desa compañía ao departamento de bombeiros en 1901.


GALAXIA "FEIXÓN VERDE"

Publicado: 09/12/2012 19:08 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20121209190750-galaxia-feixon-verde.jpg

A galaxia "feixón verde" J2240, na constelación de Acuario / CFHT/ESO/M. Schirmer

Unha rara galaxia que brilla intensamente en cor verde toda ela, iluminada pola luz residual do ámbito do burato negro que ten no seu centro, sorprendeu aos científicos. É un novo tipo galáctico que bautizaron de feixón verde (non confundir coas de chícharo verde, que xa se coñecían) e que dá pistas sobre o que sucede cando o burato negro se relaxa. A galaxia en cuestión (denominada J2240) está a uns 3.700 millóns de anos luz na constelación de Acuario. Os científicos, á vista desta gran rareza no universo, buscaron outros exemplares similares entre case mil millóns de galaxias rexistradas na base de datos SDSS (Rastreo Dixital do Ceo Sloan) e deron con outras 16 do mesmo tipo. E son tan pouco correntes, que os investigadores calcularon que cabe esperar a existencia dunha soa nun cubo de 1.300 millóns de anos luz de lado no universo, sinalan os expertos do Observatorio Gemini.

Os científicos bautizaron como feixóns verdes estas galaxias para distinguilas das de chícharo, que se coñecen dende 2007 e que son pequenas galaxias cun intenso proceso de formación estelar nelas, moi diferentes das agora descubertas.

As análises de J2240 desvelou a estes científicos outra rareza: O burato negro no seu centro parece moito menos activo do que cabería esperar dado o gran tamaño e o brillo da zona que ilumina. A conclusión á que chegaron é que, en realidade, o brillo verde que observan debe ser un eco, a radiación remanente, de cando o burato negro era moito máis activo. Co tempo, o brillo irase perdendo,
pero ofrece unha oportunidade extraordinaria aos científicos para estudar o proceso no que se van apagando estes obxectos tan activos, o como, o cando e o por que.

FONTE: Xornal El Pais/Ciencia

CUMIO DO CLIMA DE DOHA

Publicado: 10/12/2012 13:57 por vgomez en ZONA VERDE
20121206073847-cumbre-clima-doha.jpg

Cumio do Clima das Nacións Unidas de Qatar / Imaxe:efeverde.com

O pasado martes chegaron a Doha, Qatar , máis dun cento de ministros de distintos países para asistir ao Cumio do Clima das Nacións Unidas (ONU) e asinar un novo acordo mundial sobre o clima. O Cumio, que comezou o pasado 26 de novembro, reuníu os equipos negociadores de 194 países que tiñan como un dos principais puntos de fricción a cuestión da asistencia financeira aos países en desenvolvemento, particularmente vulnerables ao cambio climático. O segundo punto máis importante nas discusións de Doha foi a extensión do Protocolo de Kioto, ata o momento o único instrumento legal vinculante para os países industrializados, a excepción de Estados Unidos que non ratificou reducir as súas emisións de gases de efecto invernadoiro.

Pero o venres, rematado o prazo do cumio, non se chegara a acordos. Fóra de días, as reunións intensificáronse o sábado coa fin de acadar un acordo de mínimos e parce que así foi: Prórrogar ata 2020 o período de compromiso do Protocolo de Kioto, que expiraba este ano.

O acordo, coñecido como Porta Climática de Doha, supón prorrogar Kioto oito anos. Non obstante, Rusia, Xapón e Canadá, entre outros, non accederon a este novo compromiso, co que as emisións de CO2 dos participantes supoñen agora apenas o 15% das emisións globais.


O acordo alcanzado en Doha apraza ademais ata 2013 as negociacións sobre a demanda dos países en vías de desenvolvemento, que esixen maiores doazóns para axudalos a frear as emisións de gases de efecto invernadoiro.

Todas as delegacións presentes en Doha recoñeceron que o acordo final non satisfai as recomendacións dos científicos, que pedían medidas drásticas para evitar un quentamento que está a provocar ondas de calor, inundacións, secas ou a suba dos niveis do mar.

O noso planeta pasará factura!

TUTATIS ACHÉGASE Á TERRA

Publicado: 11/12/2012 12:21 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20121211114529-tutatis.jpg

Imaxe de Tutatis / JPL

Tutatis (Toutatis), un asteroide moi ben coñecido polos astrónomos, achegarase á Terra mañá, mércores 12 de decembro. A impresionante rocha, do tamaño dunha montaña e duns 5 km de diámetro (en comparación, o asteoide que destruíu aos dinosauros medía 10 km), non supón ningún perigo, xa que na súa máxima aproximación, que sucederá minutos antes das oito da mañá, situarase a 6,9 millóns de quilómetros do noso planeta (18 distancias lunares), unha distancia que pode deixarnos tranquilos.

Non é a primeira vez que pasa a saudarnos. En realidade, faino cada catro anos por estas datas e noutras visitas aproximóusenos moito máis. Por exemplo, en 2004 tivémolo a tan só 1,55 millóns de quilómetros, cando mesmo puido verse con pequenos telescopios, algo tan extraordinario que non se repetirá ata 2652.

4179 Tutatis, nome do deus galo da guerra e os pobos, foi descuberto por Christian Pollas en Caussols (Francia) en xaneiro de 1989. Pola súa proximidade, foi cualificado como un «obxecto próximo á Terra»
(NEO, Near Earth Object), cunha traxectoria orbital «excéntrica», que o leva ata o cinto de asteroides, entre as órbitas de Marte e xúpiter, no seu máximo afastamento do Sol e preto da órbita terrestre durante o seu perihelio, cando está máis preto do Astro rei.

Desta vez non é a findo mundo!

FONTE: Xornal abc/Ciencia

ARGONAUTA

Publicado: 12/12/2012 12:53 por vgomez en DOCENCIA
20121212121621-argonauta.jpg

 Argonauta/ Imaxe:avecesno.com.ar

Argonauta argo, é unha especie de cefalópodo cosmopolita que vive nas augas tropicais. A femia mide 20cm e está provista de oito longos brazos dos que dous, moi desenvolvidos, secretan unha cuncha espiral moi fina, translúcida, na que se manteñen os ovos. Nada na superficie, arrastrada polo vento, xa que non é unha grande nadadora. O macho é moito máis pequeno, ata 20 veces, e carece de cuncha. Os principais depredadores desta especie son os atúns e golfiños.

O seu nome, Argonauta, fai refrencia aos heroes da mitoloxía grega que viaxaron na nave Argos na procura do vellocino de ouro.

O HOBBIT: UNHA VIAXE INESPERADA

Publicado: 13/12/2012 23:22 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20121213232219-o-hobbit.jpg

 

Chega esta fin de semana aos cines o prato forte da campaña navideña: "O Hobbit: unha viaxe inesperada", a primeira entrega dunha triloxía inspirada no libro do escritor británico J. R. R. Tolkien do mesmo nome. Esta é a súa ficha técnica:

Título: O Hobbit: Unha viaxe inesperada

Título orixinal: The Hobbit: An Unexpected Journey

País: EEUU

Duración: 170 min

Xénero: Aventuras

Productora: New Line Cinema (Warner Bros.), Metro-Goldwyn-Mayer (MGM)

 Director: Peter Jackson

Guión: Peter Jackson, Fran Walsh, Guillermo del Toro & Philippa Boyens

Fotografía: Andrew Lesnie

Música: Howard Shore

Reparto: Ian McKellen, Martin Freeman, Cate Blanchett, Orlando Bloom, Ian Holm, Christopher Lee, Hugo Weaving, Elijah Wood, Andy Serkis, Richard Armitage, Jed Brophy, Adam Brown, John Callen, Stephen Fry, Ryan Gage, Mark Hadlow, Peter Hambleton, Stephen Hunter, William Kircher, Sylvester McCoy, Bret McKenzie, Graham McTavish, Mike Mizrahi, James Nesbitt, Dean O’Gorman, Lee Pace, Mikael Persbrandt, Conan Stevens, Ken Stott, Jeffrey Thomas, Aidan Turner, Luke Evans, Benedict Cumberbatch, Evangeline Lilly, Barry Humphries

Sinopse: A trama sitúase sesenta anos antes de que o anel chegue ás mans de Frodo, e narra a aventura do seu tío, Bilbo Bolsón, quen se embarca nunha aventura xunto a un puñado de ananos que queren recuperar o seu reino das mans do dragón Smaug. Unha viaxe que o levará ata o anel, por entón en mans de Gollum.

Importante cita para os seguidores do Señor dos Aneis!

HUMOR REAL: CAMBIO CLIMÁTICO

Publicado: 15/12/2012 09:44 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20121214122218-ramon-cambio-climatico2.jpg

 

A viñeta de onte de Ramón (Ramón Rodríguez) no xornal El País, afonda na problemática real do cambio climático que afecta ao noso planeta e que parece que os políticos gobernantes non acaban de interiorizar e asumir, proba delo é o fracaso do último  Cumio do Clima das Nacións Unidas (ONU) celebrado en Doha, Qatar, que o único que conqueríu foi prórrogar ata 2020 o período de compromiso do Protocolo de Kioto, que expiraba este ano, con reticencias e oposicións dalgúns países.

Cando tomaremos en serio este problema!

 

Un total de sete planetas na Vía Láctea, aínda que fóra do Sistema Solar, poderían albergar vida, segundo o Catálogo de Exoplanetas Habitables (HEC)  deste ano, realizado pola Universidade de Puerto Rico en Arecibo: Gliese 581g , Gliese 581 d, HD 85512 bKepler-22b, Gliese 667Cc, Gliese 163 c e HD 40307 g.

Os investigadores sinalan que todos estes exoplanetas son superterras porque son bastante máis grandes que o noso planeta, pero, aínda así, considéranse potencialmente habitables.

Eso si,  os científicos aínda non atoparon un anólogo á Terra verdadeira.


A FIN DE EBB E FLOW

Publicado: 17/12/2012 08:24 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20121216104320-impacto-na-lua-das-naves-da-mision-grail.jpg

Traxectoria final dos robots xemelgos da misión Grail ata chochar contra unha montaña da Lúa. / NASA/JPL-Caltech/GSFC/ASU

Ebb e Flow son as dúas naves xemelgas da misión espacial GRAIL . Estiveron a dar voltas á Lúa durante un ano, en formación unha tras outra, para facer o mapa gravitatorio dese corpo celeste, pero xa remataron, e os especialistas da NASA planearon a súa destrución controlada no chan lunar. Chocarán contra unha montaña, preto do polo Norte, hoxe luns. Primeiro impactará Ebb, ás 21.28 (hora peninsular) e despois Flow, 20 segundos máis tarde. Cada un destes artefactos ten o tamaño dunha lavadora e 200 quilos de masa; estrelaranse a 1,7 quilómetros por segundo.

As GRAIL  traballaron en órbita a unha altura de 55 quilómetros sobre a superficie da Lúa durante a maior parte da misión, pero o 30 de agosto pasado descenderon ata 23 quilómetros. Agora, antes do seu final destrutivo, teñen que facer un último experimento, esta vez de enxeñaría. Recibirán a orde de manter acendidos os seus motores ata que consuman todo o combustible, o que permitirá aos expertos coñecer con precisión canto queda nos seus depósitos, un dato importante para calcular o consumo en futuras misións e operalas máis eficazmente.

FONTE: Xornal El País/Ciencia


O CURRICULUM DE TODOS

Publicado: 18/12/2012 06:06 por vgomez en OUTRAS COUSAS

 

Se a finais de outubro faciamonos eco da campaña de GADIS , onde se poñía en valor as características dos galegos, agora outra firma, CAMPOFRÍO, fai o mesmo pero apelando aos logros dos españois, como país, na sitación de crise que estamos a pasar. O vídeo, que podedes ver na parte superior, leva por título: "Un curriculum de todos".

Non é por nada pero persoalmente prefiro a nosa versión galega!

 

O noso mundo non acabará por agora, tal como se pronosticaba, segundo o calendario Maia. A NASA, no vídeo superior, por boca do astrónomo Don Yeomans, tira por terra, todas e cada unha das afirmacións desa fin apocalíptica: O impacto dun suposto palaneta xigante, as tormentas solares, as alineacións planetarias e as variacións do eixe e do campo magnético terrestre.

A ciencia, unha vez máis, pon a cada un no seu sitio, explicando a verdade. Realmente o pronostico Maia é algo similar a un fin de ciclo, como o día 31 de de decembro de cada ano, cando remata un ano e comeza o seguinte.

Tranquilos, non se acaba o mundo. Eso si, a ciencia lémbranos que cada día, nós, si estamos acabando co noso planeta!

20121216102707-crise-hipotecaria-explicada-aos-nenos-por-erlich.jpg

 

Penso que non necesita ningún comentario a viñeta de ERLICH, do pasado domingo do xornal El País.

Unha desgraza a quen ninguén pon remedio!

IX CONCURSO DE FOTOGRAFÍA BIOLÓXICA 2012

Publicado: 20/12/2012 08:23 por vgomez en ZONA VERDE
20121220082243-anabam-2.15.12.2012.noe.4n.dsc00356.jpg

 

Esta fotografía, "Formigas", realizada nunha vila do interior de Romanía polo antigo alumno deste IES e mebro da directiva de ANABAM, Noe Ferreira,  obtivo un accésit no IX Concurso de Fotografía Biolóxica 2012, organizado pola Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo e patrocinado pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria da UVigo.

Parabéns Noé!

FONTE: galiciasuroeste.info

INVERNO

Publicado: 21/12/2012 07:24 por vgomez en OUTRAS COUSAS
20121215130835-forjes-e-frio.jpg

Frío de inverno / Viñeta de Forges (Antonio Fraguas de Pablo)

Hoxe, ás 12 horas e 12 minutos (hora oficial peninsular) segundo cálculos do Observatorio Astronómico Nacional (Instituto Xeográfico Nacional - Ministerio de Fomento) comeza o inverno.

O inicio das estacións vén dado, por convenio, por aqueles instantes en que a Terra se encontra nunhas determinadas posicións na súa órbita arredor do Sol. No caso do inverno, esta posición dáse no punto da eclíptica no que o Sol alcanza a súa posición máis austral. O día que isto sucede, o Sol alcanza a súa máxima declinación Sur (-23º 27’) e durante varios días a súa altura máxima ao mediodía non cambia, e por iso, a esta circunstancia o a chama tamén solsticio (Sol quieto) de inverno. Neste instante no hemisferio sur iníciase o verán.

Esta estación, a máis curta do ano dende hai algúns séculos, durará 88 días e 23 horas, e rematará o 20 de marzo de 2013 co comezo da primavera.


CHEGARON AS VACACIÓNS

Publicado: 21/12/2012 23:44 por vgomez en COMUNICADOS
20121215131336-20120328173047-vacacions.jpg

 

Dende hoxe, día 22 de decembro de 2012 ata o 7 de xaneiro de 2013, inclusive, estaremos de vacións. Tempo de descando e lecer. As clases retomarémolas o día 8, martes.

Boas vacións a tod@s!

BOAS FESTAS!

Publicado: 22/12/2012 16:15 por vgomez en OUTRAS COUSAS
20121215132653-20111218120831-bo-nadal.jpg

 

Nestas festas tan entrañables, deséxovos Bo Nadal e próspero ano 2013.

Víctor

20121218062042-o-nacemento-por-aguilera.jpg

 

Viñeta navideña de Aguilera (Javier Aguilera) do pasado día 18, no xornal Faro de Vigo, onde incide na problemática económica-sanitaria que estamos a sufrir e que irá a peor.

Unha imaxe vale máis que mil palabras!

FOTCIENCIA10

Publicado: 25/12/2012 11:36 por vgomez en OUTRAS COUSAS
20121222090746-bailarina.jpg

Foto gañadora de Fotciencia10

Déronse a coñecer os gañadores da 10 edición de FOTCIENCIA, que é un certame de fotografía científica convocado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) cuxo obxectivo é achegar a ciencia e a tecnoloxía aos cidadáns mediante unha visión artística e estética suxerida a través de imaxes científicas e un comentario escrito do feito científico que ilustran.

Neste ano, a foto gañadora, que vedes na parte superior, foi "Bailarina" de Juan Manuel Maroto Romo

Para ver o resto das fotos gañadoras só tes que premer AQUÍ.

FONTE: fotciencia.es

A XENTE ESTÁ MOI CABREADA

Publicado: 26/12/2012 10:39 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO

 

A verdade é que xa somos moitos os que estamos moi cabreados coa xestión da situación que atravesa o noso pais e parece que vai en aumento. Proba delo é que os que ata agora estaban nesa "maioría silenciosa" empezan a deixar de estalo. Personaxes públicos aparecen nos medios de comunicación manifestando o seu descontento e falando alto e claro sobre o tema. Un exemplo é o famoso cocineiro Arguiñano, que non se corta un pelo en dicir esas verdades que a algúns lle costa moito admitir.

O peor de todo é que non fan nin caso e, coma sempre, os cidadáns seguemos a pagar as consecuencias, pois é culpa nosa ao "vivir por riba das nosas posibilidades".

Políticos,escoitade ao pobo!

EVEREST

Publicado: 27/12/2012 11:24 por vgomez en CURIOSIDADES

 

Os investigadores do Centro Aeroespacial Alemán (DLR)  representaron o Monte Everest , situado no Himalaia e considerado o "teito do mundo", en 3 D a partir de datos de satelitales ópticos a unha resolución máxima de apenas medio metro. Estas imaxes 3D son o resultado dunha iniciativa de colaboración entre o Instituto DLR de Robótica e Mecatrónica e a empresa 3D RealityMaps GmbH e DigitalGlobe. O vide permítenos seguir a ruta tomada por 15 alpinistas dunha expedición ao cumio da montaña máis alta do mundo (8.848 metros).

20121228091412-dia-de-los-santos-inocentes-por-forges.jpg

A viñeta do xenial Forges (Antonio Fraguas de Pablo, Madrid-1942), no xornal El País de hoxe, pon o toque de humor real nesta xornada das inocentadas.

Como di Erlich, outro humorista gráfico: "Para inocentadas xa estivo ben todo o ano, verdade?"

Simulación da colisión da Vía Láctea e Andrómeda / Universe Sandbox

 

Despois do paso do "fin do mundo Maia", que xerou tanto interese e controversias,  as ameazas espaciais regresan ao centro do escenario como "potenciais responsables" de borrar á especie humana dun só movemento. Os medios cubriron con especial atención (e o suficiente grao de dramatismo) o progreso de (99942) Apophis , un asteroide que de pasar por certa "fechadura gravitacional" no ano 2029, golpeará á Terra o 13 de abril de 2036. Mentres que os científicos se encargan de determinar se o impacto acontecerá ou non, o que podemos facer nós é observar unha simulación aproximada, ou desfacer os aneis de Saturno, ou ser testemuñas da colisión entre a Vía Láctea e Andrómeda.

Para facelo temos o  Universe Sandbox, unha aplicación creada por Dan Dixon, que leva máis de catro anos de desenvolvemento. Ademais de crear as túas propias simulacións (e facer chocar algúns planetas no proceso), podes cargar simulacións xa establecidas, e recordar algúns dos eventos máis relevantes en materia astronómica dos últimos anos.

Universe Sandbox pódese descargar de forma gratuita, pero só está dispoñible para Windows (a partir de XP SP3).

Algo distinto para este Nadal!

20121229085906-os-10-descubrimentos-de-2012.jpg

Imaxes dos 10 descubrimentos ientíficos do 2012 / Science

A prestixiosa revista Science publica no seu último número a lista dos 10 grandes descubrimentos científicos durante o ano 2012. Estes son:

1. Aparece, por fin, o bosón de Higgs
O 4 xullo, os físicos de CMS e ATLAS, os dous maiores experimentos do Grande Colisionador de Hadrones (LHC), situado no CERN, preto de Xenebra, en Suíza, confirmaban emocionados a existencia dunha partícula que coincidía coa descrición teórica do bosón de Higgs. O achado «bendicía» os coñecementos actuais sobre o mundo subatómico e, por fin, permitía explicar como o resto de partículas elementais obtén a súa masa. Os científicos asumen que existe un campo enerxético que permea todo o Universo, o campo de Higgs, por onde as partículas se moven como os peixes o fan na auga. Canto maior é a partícula, máis resistencia encontra ao moverse. Así, colisionar cos famosos bosones, que lles confiren a materia. En definitiva, o Higgs é o que fai que os obxectos teñan masa, dende o máis diminuto seixo dun río ata a estrela máis colosal, incluídos, por suposto, nós mesmos. Sen el, o Universo sería moi diferente ao que coñecemos.

2. O xenoma do denisovano, secuenciado
O investigador Svante Pääbo, director do Instituto Max Planck de Antropoloxía Evolutiva en Leizpig (Alemaña), logrou secuenciar o xenoma do homínido de Denisova, unha misteriosa especie atopada en 2010 en Siberia e emparentada cos neandertais, a partir dun fragmento dun dedo maimiño infantil e dúas pezas dentais. A análise permitíu comparar os denisovanos co home moderno e revelou que o óso pertencía a unha nena de ollos marróns, cabelo castaño e pel morena que vivíu hai entre 74.000 e 82.000 anos.


3. Obteñen óvulos de células nai 
Científicos xaponeses da Universidade de Kioto conseguiron fabricar no laboratorio óvulos fértiles, con capacidade para ser fecundados, a partir de células nai de rato. Os óvulos deron lugar a unha ampla descendencia de ratiños sans. A investigación pode dar lugar a novos tratamentos para combater a imfertilidade feminina, especialmente no caso das mulleres que esgotaron os seus óvulos fértiles, por idade ou por un tratamento médico agresivo.


4. A complexa aterraxe do Curiosity
O rover Curiosity, o máis avanzado creado xamais pola NASA, aterrou en Marte o pasado agosto tras realizar unha serie de manobras que nunca antes foran probadas. O descenso era tan perigoso que mesmo foi denominado os «sete minutos de terror». Demasiado pesado para unha aterraxe convencional, o Curiosity foi descolgado cun complexo sistema de grúas e correas creado polo equipo do Laboratorio de Propulsión a Chorro en Pasadena (California). O éxito da aterraxe abre a porta a unha nova misión en Marte para recoller mostras do terreo e traelas de volta á Terra.


5. Raios X contra a enfermidade do sono
Un equipo internacional de científicos utilizou un innovador láser de raios X no Laboratorio do Acelerador Nacional SLAC (California, EE.UU) para revelar a estrutura dunha encima clave que permite ao parasito Trypanosoma brucei causar a enfermidade do sono en África. O descubrimento pode abrir unha nova vía de tratamento contra a infección, que transmite a mosca Tse-Tse a unhas 70.000 persoas cada ano, e revela o potencial deste tipo de láser, mil millóns de veces máis brillante que a fontes sincrotrónicas tradicionais, para descifrar proteínas.


6. Enxeñaría xenética máis precisa
Científicos da Universidade de Minnesota (EUA) desenvolveron unha nova tecnoloxía de edición do xenoma denominada TALENs, máis barata e rápida, que permite aos científicos modificar xeneticamente peixes cebra, sapos, gando e outros animais. Os investigadores poden alterar ou inactivar xenes específicos con máis habilidade, o que tamén lles permitirá aprender máis sobre as enfermidades humanas.


7. Exóticos fermiones dan a cara
A existencia de fermiones de Majorana, partículas que actúan como a súa propia antimateria e se aniquilan a si mesmas, foi debatida durante máis de sete décadas. Este ano, físicos e químicos holandeses obtiveron a primeira evidencia sólida de que a devandita materia exótica existe, na forma de quasi-partículas. Os científicos cren que estas misteriosas partículas poden ser utilizadas na computación cuántica para fabricar equipos máis eficientes.


8. O ADN quédase sen lixo
O proxecto Encode (Enciclopedia de elementos de ADN), a investigación de maior envergadura na actualidade no campo da xenómica, conseguíu internarse na parte escura do xenoma, que supón o 98,5% de todo o ADN humano. 30 estudos distintos publicados simultáneamente en catro revista de alto impacto desvelaron que o que se consideraba ADN lixo non é en absoluto un refugallo, senón que xoga un papel clave na regulación dos xenes. O descubrimento abre a porta a descifrar por que pacientes coa mesma enfermidade evolucionan de forma distinta e podería dar importantes pistas sobre patoloxías como a esclerose múltiple, a enfermidade de Crohn ou afeccións cardíacas.


9. O poder da mente
O mesmo equipo da Universidade Johns Hopkins (Baltimore, Maryland, EUA) que con anterioridade demostrou como rexistros neurais do cerebro poderían ser utilizados para mover un cursor nunha pantalla, posibilitou en 2012 que persoas con parálise puidesen mover un brazo mecánico coas súas mentes e levar a cabo movementos complexos. A tecnoloxía aínda é experimental (e extraordinariamente cara), pero os científicos teñen a esperanza de que se poidan mellorar estas próteses para axudar a pacientes con apoplexías ou lesións vertebrais.


10. A clave dos neutrinos
Centos de investigadores que traballan no Experimento Neutrino do Reactor de Daya Bay en China demostraron como estas elusivas e fantasmagóricas partículas que xera, por exemplo, o Sol, e atravesan todo o que se encontran se transforman dun «sabor» ou tipo a outro conforme viaxan á velocidade da luz. Os resultados suxiren que os neutrinos poderían axudar no futuro a explicar por que o Universo contén tanta materia e tan pouca antimateria.

Un ano cientificamente produtivo!

MÚSICA: OS MELLORES TEMAS DO 2012

Publicado: 31/12/2012 09:22 por vgomez en MÚSICA

 

Botando un vistado ao ano musical 2012, este son os mellores discos do ano:

No ámbito internacional, o mellor tema é "Agels", do disco "Coexist", do grupo indie rock británico The xx , formado en 2008.

No ámbito español, o mellor tema é "Ayer", do disco "Fue eléctrico" do grupo pop-rock indie valenciano La Habitación Roja, formado en 1994.

Na parte superior tedes os vídeos destes temas.



Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next