Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2008.

FAUNA SALVAXE II

Publicado: 01/04/2008 19:47 por vgomez en DOCENCIA
20080330103741-250px-de-stieglitz-lat-carduelis-carduelis.jpg
Xílgaro (Carduelis carduelis)
Paxaro pequeno, de cores vivos. Durante varios anos a súa presencia en Galicia foi moi reducida, pero nestes momentos estase a recuperar o número de exemplares.
20080402234303-1207126912-0.jpg

Un grupo de científicos da NASA acaban de de identificar o burato negro máis pequeno coñecido que se víu ata agora cunha masa de catro veces superior á do Sol.

Aínda que o seu tamaño é relativamente pequeno con respecto a outros buratos negros, a súa forza gravitartoria é tan grande que se unha persoa se aproximara quedaría estriado como un espagueti.

Se queres ampliar esta noticia pincha en:NASA

FAUNA SALVAXE III

Publicado: 03/04/2008 23:09 por vgomez en DOCENCIA
20080330104656-erithacusrubecula.jpg

Paporrubio (Erithacus rubecula)

Tamén chamado paporroibo ou pisco. Paxaro moi pequeno de cor caractística no papo. Se andas polo monte, sempre estará preto de ti.

Clasificación científica

Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Aves
Orde:Paseriformes
Familia:Muscipapidae
Xénero:Erithacus

20080404172139-1207305346-0.jpg

Foi en Lepe (Huelva), onde realizando traballos de limpeza e preparación para a construcción do futuro Centro de Interpretación Paleontolóxica da Cidade de Lepe, onde se atoparon os restos fósiles que corresponde a un óso pélvico esquerdo dun "pinnípedo", pertencente a unha foca, que podería ter catro millósn de anos, correspondente ao período plioceno.

Os paleontólogos están profundizando no estudio biométrico do óso pélvico para determinar o xénero de foca de que se trata dentro do grupo da subfamilia dos Monachinae, grupo ao que pertence tamén a actual foca monxe, de nome científico "Monachus monachus".

 

 

FAUNA SALVAXE IV

Publicado: 05/04/2008 09:20 por vgomez en DOCENCIA
20080404172723-jay-garrulus-glandarius-.jpg

Gaio (Garrulus glandarius)

O gaio ou pega marza, é un córvido moi solitario, salvo nas épocas reproductoras. Durante varios anos descendeu considerablemente o número de exemplares. Na época que andamos son moi ruidosos e emiten formas melodiosas no seu canto.

Clasificación Científica:

Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Aves
Orde:Passeriformes
Familia:Corvidae
Xénero:Garrulus

 

OUTRA VÍCTIMA DO CAMBIO CLIMÁTICO

Publicado: 05/04/2008 23:13 por vgomez en ZONA VERDE
20080405101120-koala-australiano-peligro.jpg

O Koala australiano (Phascolarctos cinereus) podería convertirse pronto nunha víctima do cambio climático.

Científicos australianos aseguran que as follas de eucalipto, que compoñen a dieta básia destes animais, corren perigo de convertirse incomentibles polos efectos do incremento do CO2 na atmosfera. Ao parecer o dióxido de carbono está provocando unha reducción do nitróxeno e outros nutrientes contidos nas follas de eucalipto, así como un aumento dunha toxina chamada tanino. Este proceso causa un recorte nos niveis de proteinas nas follas, o que obriga aos koalas e outros animais a buscar follas desta árbore máis pobres en nutrientes para sobrevivir.

Os koalas, como outros marsupiais, dependen case exclusivamente dos eucaliptos para sobrevivir: apotandolle azucres, almidón, graxas e proteínas. De feito, os grandes bosques destas árbores constitúen todo o seu hábitat

 

ERUPCIÓN DO VOLCÁN KILAUEA

Publicado: 06/04/2008 21:05 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20080406110632-kiru.jpg

O volcán hawaiano Kilauea entra en erupción. Está situado na parte sur da illa de Mauna Loa (Hawai). O edificio volcánico ten unha altura de 1.111 m e a caldeira unha profundidade de 165 m e un diámetro entre 3 e 5 km.

É o volcán máis activo do mundo e está marabillando a nativos e turistas con outra das súas erupcións. O espectáculo atrae a miles de turistas de todo o mundo. O volcán leva varias semanas arroxando a súa lava ao mar, o que está contribuíndo, unha vez máis, ao agrandamento da illa.

Os nativos consideran a este volcán como o fogar da deusa Pelé, deusa do lume.

 

 

CASA ECOLÓXICA

Publicado: 08/04/2008 08:11 por vgomez en ZONA VERDE
20080406113032-eu-head.jpg

A marca xaponesa Panasonic (potente empresa en electrodomésticos e tecnoloxía) acaba de presentar a súa eco-house, unha vivenda unifamiliar que multiplica por cinco o factor confort e eficacia, mentres reduce o consumo de electricidade e auga, e por outro lado as emisións de dióxido de carbono (CO2) para producila. Poñerase á venda en 2010.

Se queres coñecer por dentro esta casa ecolóxica visualiza o vídeo en vivenda ecolóxica 

 

 

 

20080408104817-nuclear.jpg

A revista 'Proceedings of the National Academy of Sciencies' acaba de publicar unha investigación realizada por Brian Toom e Michael Mills, da Universidade de Boulder, capital do Estado de Colorado, onde se conclúe que un conflicto rexional nuclear arrasaría a capa de ozono de todo o planeta.

Os investigadores simularon informáticamente a explosión dun cento de bombas nucleares de 15 kilotóns cada unha (similares as que se lanzaron en Hirosima) que é o arsenal nuclear que almacenan dous paises do sur de Aásia como India e Pakistán. Esta simulación deu como resultado que as explosións e posteriores incendios urbanos provocarían columnas xigantescas de fumo e ferruxe nunha cantidade de ata cinco millóns de toneladas métricas, de ata 70 km de altura, xa no límite da estratosfera. Diminutas partículas en suspensión, absorberían unha gran parte da radiación solar, que provocaría o quentamento dos gases atmosféricos. Nesas circunstancias, produciríanse reaccións químicas, entre elas a catálisis (proceso mediante o cal se incrementa a velocidade dunha reacción química) que logra romper as moléculas de ozono (O3), destruíndo esa fina capa que nos protexe da radiacións solar, o que tería enormes consecuencias saude humana e os ecosistemas terrestres, acuáticos e mariños.

20080410095845-1207736482-extras-ladillos-1-g-0.jpg

Recreación do sistema planetario GJ 436. (Foto: CSIC)

 

Un equipo español de investigadores dirixido por Ignasi Ribas, do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), detectou a presencia do planeta máis pequeno e, polo tanto, máis parecido á Terra que se coñece fóra do noso Sistema Solar, atopándose só a 30 anos luz da Terra, na constelación de Leo. 

O procedemento empregado, novedoso, é unha combinación de simulacións informáticas coa observación das alteracións que o novo exoplaneta provoca no "outro mundo cercano", que xa era coñecido dende 2004.

O planeta descuberto, que é de tipo rochoso e completa unha órbita ao redor da súa estrela en 5,2 días terrestres, pasou a formar parte da selecta lista das "superterras", é dicir, mundos parecidos á Terra pero algo máis grandes.

FAUNA SALVAXE V

Publicado: 14/04/2008 10:36 por vgomez en DOCENCIA
20080406111936-jabali.jpg

Xabaril (Sus scrofa)

Tamén chamado xabarín, porco bravo ou cocho bravo. É un mamífero que últimamente está proliferando moito nos nosos montes, pois non conta case con inimigos naturais.

CLASIFICACIÓN CIENTÍFICA:

Reino: Animalia

Filo: Chordata

Clase: Mammalia

Orde: Artiodactyla

Familia: Suidae

Xénero: Sus

 

 


 

 

FOBOS

Publicado: 15/04/2008 17:57 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20080414101901-1.jpg

A sonda espacial Mars Reconnaissance Orbiter (MROL) da Axencia Espacial dos Estados Unidos, NASA, logrou imaxes espectaculares de Fobos, a lúa máis grande de Marte.

Algúns datos desta lúa.

Descubridor:Asaph Hall
Data:18 de Agosto de 1877

Características orbitais:

Satélite de

 

Marte

Radio orbital (2)9377,2 km
Excentricidade0,0151
Período orbital0,31891023 d
(7 h 39,2 min)
Inclinación orbital1,093° (ecuador)
0,046° (plano de Laplace)
26,04° (eclíptica)
  
Inclinación axial

Características físicas:

Diámetro (2)

22,2 km
(26,8 × 21 × 18,4)
Superficie~6.100 km²
Volume~5.500 km³
Masa1,07×1016 kg
Densidade (2)1,9 g/cm³
Gravidade0,0084 - 0,0019 m/s²
Vel. Escape0,011 km/s
Albedo0,07
Temperatura (3)≈233 K
  
(2) valor medio.
(3) temperatura na superficie do satélite.

Reprodúcese o artigo de de Natalia Bore publicado hoxe no xornal La Voz de Galicia polo seu interés.

Os biocombustibles son «un crime contra a humanidade», segundo a ONU. A Unión Europea suprimirá as subvencións para os cultivos destinados a producir carburantes verdes

Mentres que onte en Brasil comezaban as reunións técnicas preparatorias para a trixésima edición da Conferencia Rexional da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO), que mañá será inaugurada oficialmente, alén do océano o relator especial da ONU para o Dereito á Alimentación, o suízo Jean Ziegler, declaraba que a produción masiva de biocombustibles «é un crime contra a humanidade».

A súa afirmación, fundamentada no impacto que o cultivo de cereais para este tipo de carburantes ten nos prezos mundiais dos alimentos, súmase ás voces de alerta que o pasado fin de semana lanzaron outros organismos, como o Fondo Monetario Internacional (FMI) e o Banco Mundial. Os seus últimos estudos debuxan un terrible futuro no que os elevados prezos traduciranse en cen millóns máis de pobres no mundo, o que ameazará a paz, como ocorreu xa en países como Haití, Exipto, Indonesia, Madagascar, Mauritania ou Filipinas.

Ziegler advertiu que o mundo se encamiña «cara a un período moi longo de disturbios» e conflitos derivados da escaseza de alimentos e da imparable escalada dos seus custos, que será -así como a súa relación cos biocombustibles- un dos asuntos centrais que tratará a Conferencia rexional da FAO para América Latina e o Caribe, que se celebra en Brasília.

Aínda que o uso de cereais para producir biocarburantes non é o único factor que causou o desmesurado encarecemento dos alimentos, si tivo un efecto determinante, pois por primeira vez o consumo humano ten competencia.

Ante esta situación de crise global, o ministro francés de Agricultura, Michel Barnier, propuxo onte en Luxemburgo, no transcurso dunha reunión cos seus homólogos da Unión Europea, a adopción de medidas orientadas a reforzar a agricultura comunitaria e a aumentar a axuda para ese sector nos países máis pobres. «é necesario producir para alimentar», subliñou Barnier, en referencia á competencia do cultivo para biocombustibles.

Pero, a pesar das críticas, a UE, que si suprimirá as subvencións aos cultivos destinados á produción de biocarburantes, non ten previsto modificar nin suspender os seus proxectos baseados nesta fonte de enerxía alternativa.

OPERACIÓN CARBALLO

Publicado: 16/04/2008 12:16 por vgomez en ZONA VERDE
20080416120654-imagen-a21-136.jpg

Onte, martes 15 de marzo,  28 alumnos-as e 2 profesores participamos  na denominada Operación Carballo, organizada pola Obra Social de Caixagalicia e o Concello de Vigo e que se celebrou nos montes de Coruxo-Vigo.

Nela plantamos 42 carballos nunha parcela destinada ao noso Centro. Entre os días 14, 15 e 16 plantaranse nestes montes por escolares un total de 1.200 carballos. As nosas felicitacións pola iniciativa e a organización da actividade.

PRENSA : OPERACIÓN CARBALLO

Publicado: 16/04/2008 19:21 por vgomez en ZONA VERDE
20080416192130-2008-04-23-img-2008-04-16-10-11-36-arboles.jpg

Na fotogría o Alcalde de Vigo e o Director Xeral de Caixagalicia

No día de hoxe aparece unha reseña da actividade que realizamos onte, 15 de marzo, e da que xa dimos conta anteriormente, no xornal FARO DE VIGO. Se queres coñecela polo miúdo pincha en:Operación carballo

 

 

¡ASÍ NON IMOS A NINGURES!

Publicado: 17/04/2008 17:08 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20080417170854-1208367025-1.jpg

O cambio climático é un feito irrefutable, pero parece hai "personaxes" que non o teñen claro aínda  e non posibilitan acordos e políticas para afrontar xa esa realidade. Estoume referindo ao actual presidente dos EEUU o señor George W. Bush.

Agora  Bush propón  que EEUU no reduza as súas emisións de CO2 ata o 2025, asegurando que o aumento das emisións sufrirá recortes de forma progresiva e sinala que a loita contra o cambio climático non debe prexudicar á economía.

Por sorte pouco lle queda e parece que os tres aspirantes a sucedelo (John McCain, Hillary Clinton e Barack Obama) fixeron propostas climáticas máis ambiciosas , que por exemplo inclúen un sistema de intercambio de cuotas de emisións similar ás da Unión Europea.

¡Así non imos a ningures!

FAUNA SALVAXE VI

Publicado: 18/04/2008 17:21 por vgomez en DOCENCIA
20080418172121-conejo-800.jpg

O coello (Oryctolagus cuniculus)

O coello (Oryctolagus cuniculus) é un mamífero silvestre que tamén está domesticado nas nosas casas. Dende hai anos, a poboación silvestre estivo afectada por unha enfermidade infecciosa coñecida por mixomatose, reducindo considerablemente o seu número de exemplares. A falta de limpeza dos nosos montes tamén é un factor en contra desta especie tan típica de Galicia.

Clasificación científica:

Reino: Animalia

Filo: Chordata

Clase: Mammalia

Orde: Lagomorpha

Familia: Leporidae

Xénero: Oryctolagus

MOSCA DA FROITA

Publicado: 19/04/2008 11:46 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20080419114611-1208567616-0.jpg

Mosca da froita (Drosophila melanogaster)

Aínda que os machos e as femias ás veces actúan como se viñeran de planetas distintos, un estudio das universidades de Yale (EEUU) e Oxford (Reino Unido), publicado na revista estadounidense 'Cell' baixo o título 'Amor a primeira luz', suxire que o cerebro das moscas é en grande parte unisex.

Os científicos, encabezados polo profesor Gero Miesenböck, da Universidad de Oxford, activaron nas femias por control remoto, mediante un raio láser, a neurona que nos machos é responsable do cortexo sexual.

O resultado foi que as femias da mosca da froita ('Drosophila melanogaster') se comportaban igual que os machos tras recibir este estímulo.

Segundo o estudio, as femias puxéronse a "cantar facendo vibrar unha das súas ás, o mesmo que fan os machos para atraer a súa atención cando queren conquistalas, o que suxire que ese comportamento está "durminte" no seu cerebro.

22 ABRIL : DÍA DA TERRA

Publicado: 20/04/2008 10:46 por vgomez en ZONA VERDE
20080419124850-1208528546-g-0.jpg

O próximo martes, 22 de abril, celébrase o Día da Terra, aínda que nesta fin de semana concentranse a maior parte das actividades. O lema do presente ano é "Fronte ao cambio climático, menos CO2".

Orixe: No ano 1962, o senador estadounidense Gaylord Nelson comenza a plantexar a necesidade de que as cuestións do medio ambiente formen parte da axenda gubernamental do presidente John F Kennedy. En 1969, e aproveitando o ímpetu das continuas protestas civís conta a guerra do Vietnam, especialmente no ámbito universitario, Nelson convoca unha manifestación popular para que todos os interesados expresen a súa precupación polo manexo do tema ambiental a nivel nacional. Así o 22 de abril de 1970 máis de 20 millóns de estadounidensesmovilizáronse, establecendo nas súas comunidades, universidades e colexios unha plataforma de difusión e discusión, co obxectivo de aumentar a pouca conciencia sobre os problemas ambientais do noso planeta. O evento foi bautizado co nome de Dia da Terra, e considerado por moitos como o nacemento do movemento ecoloxista moderno.

A Consellería de Educacións ten enriba da mesa un borrador de modificación horaria dos estudios de bacharetato. Unnha polémica xurdíu coa reducción horaria na materia de E. Física entre outras.

Reprodúcese o artigo de María Cedrón do xornal La Voz de galicia sobre este tema:

Galicia parece querer desmarcarse das últimas directrices recomendadas pola UE en materia deportiva. O documento elaborado en outubro do pasado ano polo Parlamento Europeo sobre a función desa materia na educación insta aos Estados membros «a que fagan obrigatoria a Educación Física en primaria e secundaria e a aceptar o principio de que o horario debería garantir polo menos tres clases desa materia por semana, aínda que tería que animarse ás escolas a superar ese obxectivo mínimo». Pero o borrador de decreto de bacharelato que agora debate o Consello Escolar de Galicia para a súa aplicación o curso 2008-2009 reduce en dous terzos esa recomendación mínima europea ao establecer unicamente unha hora de ximnasia semanal en primeiro curso e ningunha en segundo.

Frear a obesidade

Aínda que o requirimento de Bruxelas non é vinculante, a tendencia en Europa é a acatalo e, ata, a facer un esforzo por ampliar as horas nas que se fomenta a actividade deportiva.

O obxectivo, tal e como explica o informe do Parlamento Europeo, é frear o aumento da obesidade que existe en Europa e instaurar hábitos de vida saudables. Neste sentido, o documento recorda tamén que «España, Portugal e Italia informan de niveis de sobrepeso e obesidade que superan o 30% en persoas con idades comprendidas entre os sete e os once anos».

Ao mesmo tempo, incide en que os escolares están «en peor forma física que as xeracións dos anos setenta e oitenta». A causa, apunta o informe, «non é que os nenos coman máis, é que se moven menos». Pero aínda vai máis aló ao recordar que na UE estímase que o 7% dos gastos de saúde teñen como responsable á obesidade, fonte tamén de enfermidades cardiovasculares.

A advertencia europea fixo que moitos países comecen a traballar nos seus programas de fomento do deporte no aula. O Reino Unido, un dos Estados membros con maior índice de obesidade, ofrece aos adolescentes que cursan estudos equivalentes ao bacharelato un total de catro horas semanais de ximnasia ou a práctica dalgún deporte, tal e como explicaron fontes do departamento de Educación británico.

Algo semellante ocorre en Francia, onde o mínimo son tres horas semanais. Estas complétanse logo coa realización de ligas intercentros de distintas especialidades deportivas. Para iso resérvanse os mércores pola tarde.

Pero tamén hai Estados que, por agora, incumpren a recomendación europea. Italia ou Portugal estipulan dúas horas semanais, un horario equivalente ao actual en Galicia e que quedaría minguado a unha hora en primeiro coa reforma que pretende efectuar a Consellería de Educación.

Este cambio quere levalo a cabo o País Vasco, unha comunidade na que tamén se abriu a polémica ao redor da redución horaria.

Currículo

A capacidade de manobra das comunidades históricas para elaborar os currículos escolares nun 45% é o que lles permite xogar, neste caso coa Educación Física, para poder adecuar as novas materias establecidas polo Ministerio de Educación dentro dos seus programas.

Pero tanto profesores como médicos endocrinos coinciden en que a fórmula está equivocada. O catedrático e xefe de servizo de Endocrinoloxía do Hospital Clínico, en Santiago, Felipe Casanueva, xa advertiu nunha entrevista realizada este mes que a redución do tempo dedicado no aula a esa materia é «un desastre». Ata puntualizou que quen fai exercicio asimila mellor o coñecemento.

AULA FORO

Publicado: 21/04/2008 18:18 por vgomez en sin tema
20080421181803-logo.gif

Aulaforo 2007/08

CAJA MADRID

 

Artículo periodístico presentado por Alfonso Español Losada (3º ESO B – I.E.S. A Sangriña) para participar en el concurso “Jóvenes reporteros” del Proyecto de Educación Ambiental Aulaforo Caja Madrid 2007-2008.

CONTAMINACIÓN EN A GUARDA

 

Focos de contaminación por aguas fecales en el centro y playas de A Guarda

 

Alfonso E. L.

 

A GUARDA | Voy a hablar de una anécdota ocurrida a mediados de enero de este año cuando volvía del instituto con mis amigos. Lo que aconteció me dejó asombrado: una excavadora tenía en su pala aguas fecales. Este hecho tuvo lugar en pleno centro de A Guarda (frente a un supermercado).

 

El joven periodista que suscribe estas líneas no comprende cómo una excavadora puede transportar aguas fecales por el centro de una población que, además, no tenía protección alguna contra vertidos. El vehículo, cuando frenó, vertió parte de su contenido. Además de dejar la carretera muy peligrosa, un hedor pestilente recorrió los alrededores. Fue casi imposible respirar por la nariz debido a lo desagradable de la situación. En el agua vertida se encontraban heces de personas y demás residuos tóxicos para nuestra salud.

 

Este no es un hecho aislado. Hace unos meses, cuando fui a limpiar el traje de buceo con mi padre a la playa de Fedorento (cerca de la playa de Arena Grande), encontramos un antiguo conducto residual vertiendo aguas nocivas al mar. El Ayuntamiento de A Guarda afirmaba que el conducto residual ya estaba cerrado, pero eso es, cuando menos, cuestionable. La contaminación en la playa citada puede llegar a extinguir la fauna y la flora marina del lugar, aparte de ser un problema para los abundantes bañistas en el verano.

 

Las medidas deberían ser drásticas. Se proponen las siguientes soluciones:

 

-   Utilizar vehículos especializados para transportar residuos tóxicos y contaminantes.

-   Evitar pasar por zonas con densa población con los residuos.

-   Revisar toda la red de alcantarillado y así se evitarían problemas de fugas.

-   Cerrar definitivamente los conductos residuales que desembocan en el mar.

-   Poner alcantarillado en las zonas donde no está establecido.

 

BALEAS NO DESERTO

Publicado: 22/04/2008 07:11 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20080420115511-1208429313-g-0.jpg

Estudiamos que case toda a Terra estivo cuberta polos océanos, pero poucos saben que en lugares tan áridos coma o deserto do Sáhara nadaron un día baleas. Os seus esqueletos, fosilizados, son a prueba palpable. Teñen nada menos que 40 millóns de años.

Estes esqueletos atópanse a 200 quilómetros ao sudoeste do Cairo, na depresión de Wadi Rayan (provincia de Al Fayum), que é un dos conxuntos máis ricos do mundo en fósiles mariños: todo tipo de cunchas, ourizos, estrelas de mar, cangrexos, tartarugas y dentes de tiburón.

Os fósiles sobreviviron case intactos grazas ao extraordinario poder conservador da area, a mesma que permitíu tamén a recuperación de numerosos templos faraónicos sinxelamente sepultados entre as dunas durante séculos.

20080422161404-tvtxsvngxb.jpg

Esta é a pregunta: ¿Queres ir unha semana de campamento á praia da Lanzada este verán? Se a resposta é SI, só tres cousas:

- Ter data de nacemento entre o 1995 e o ano 2000.

- Facer a solicitude.

- E pagar só 68 €.

¿Segues a estar interesado/a?

Entón consulta todos os datos, prazos, material, formularios, quendas, etc... pinchando en 

CAMPAMENTOS VERÁN 2008-DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

20080421185325-explorar.jpg

Abraham Lincoln

John F. Kennedy

Elexido ao Congreso en 1846.

Elexido ao Congreso en 1946.

Foi elexido Presidente en 1860.

Elexido Presidente en 1960

Os dous estivieron moi interesados en mellorar os dereitos civís.

As mulleres de ámbolos dous perderon fillos cando aínda estaban na Casa Branca.

Os dous Presidentes foron asasinados en venres. Aos dous disparáronlle á cabeza.

Aquí é onde se pon un pouco misteriosa a cousa

A secretaria de Lincoln era de apelido Kennedy

A secretaria de Kennedy era de apelido Lincoln

Os dous foron asasinados por sureños, e ámbolos dous foron reemplazados por sureños co mesmo apelido: Johnson.

Andrew Johnson,que reemplazou a Lincoln, naceu en 1808.

Lyndon Johnson,que reemplazou a Kennedy, naceu en 1908

John Wilkes Booth, o asasino de Lincoln, naceu en 1839.

Lee Harvey Oswald, o asasino de Kennedy, naceu en 1939

Ámbolos dous asasinos usaban e se lles coñecía polos seus 3 nomes, algo non moi practicado na cultura norteamericana.

A suma das letras de ámbolos nomes dan o mesmo número: 15.

Agora é cando debes agarrarte ben da túa cadeira

A Lincoln disparáronlle nun teatro chamado “Ford”

A Kennedy disparáronlle nun coche “Lincoln”, feito pola compañía “Ford”

Booth e Oswald foron asasinados antes de ir a xuízo..

E para rematar de facelo máis misterioso

Unha semana antes que o mataran, Lincoln estivo en Monroe, Maryland.

Unha semana antes que o mataran, Kennedy estivo con Marilyn Monroe.

¿Non se che poñen os pelos de punta? ¡Non é para menos!

VETERINATIA GALEGA EN TCHIMPOUNGA

Publicado: 23/04/2008 22:57 por vgomez en NOMES PROPIOS
20080420105932-1208538534-0.jpg

Fernando Tormo, Jane Goodall E Rebeca Atienza, na República do Congo. (Foto: Instituto Jane Goodall)

Só tres anos chegaron para que a xove galega Rebeca Atienza e o madrileño Fernando Turmo ampliaran a súa familia ata límites que non podian sospeitar cando chegaron á República do Congo, no corazón das tebras africanas.

Dos seus traballos dependen hoxe 139 chimpancés, a maioría bebés arrancados dos brazos das súas mais da forma máis traumática posible por cazadores furtivos que só vían carne e negocio nos nosos parentes máis próximos entre os primates.

Rebeca, veterinaria, e Fernando, publicista, dirixen hoxe a reserva de chimpancés de Tchimpounga creada en 1996 polo Instituto Jane Goodall para salvar e reinsertar no seu ambiente natural a estes orfos, cos que compartimos o 99% do ADN e que son capaces de fabricar utensilios, de transmitir diversas culturas e de aprender a comunicarse coma os nenos.

COLISIÓN ENTRE GALAXIAS

Publicado: 24/04/2008 19:46 por vgomez en COMUNICADOS
20080424194628-20080424elpepucul-9.jpg

Foto NASA/ESA

A NASA e a ESA celebran o aniversario do "Hubble" coa publicación de fotografías da colisión entre galaxias.

 O telescopio espacial "Hubble" está situado nos bordes exteriores da atmosfera, a 593 km sobre o nivel do mar, en órbita circular ao redor da Terra que tarda en recorrella entre 96 e 97 minutos. Foi posto en órbita o 24 de abril de 1990 como un proxeto conxunto da NASA e da ESA.

20080424231605-1209052038-2.jpg

Esqueleto dun dinosaurio ’Tiranosaurio rex’ no Museo de Historia Natural de Carnegie de Pittsburgh. (Foto: AP)

Un estudio demostra que as galinas e as avestruces descenden de Tiranosaurio Rex. A análise molecular dunha proteína confirmou que os dinosaurios teñen os seus descendentes máis directos nas aves, e que as gallinas e as avestruces están na mesma árbore evolutiva que os Tiranosaurios, aqueles xigantestos depredadores que vivieron hai máis de 65 millóns de anos.

Unha investigación, dirixida por Chris Organ, da Universidad ede Harvard, revelou este curioso parentesco do temible Tiranosaurio rex (o ’réptil tirano’, que é o que significa o seu nome) grazas ás secuencias dunha proteína conseguida do coláxeno dun fósil de hai 68 millóns de anos.

SOBRE A EVOLUCIÓN HUMANA

Publicado: 25/04/2008 23:48 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS

Hai uns días publicouse na prensa a seguinte noticia: PALEONTÓLOGOS ESPAÑOIS ATOPAN UN FÓSIL HUMANO DE HAI 118.000 ANOS.

O achádego revela que humanos moi primitivos conviviron cos modernos. Na beira do actual lago Eyasi, en Tanzania, foi o lugar elexido para vivir por uns "Homo sapiens" moi primitivos que conviviron no tempo con outros humanos modernos. O fósil de hai 118.000 anos, foi atopado por paleontólogos españois, e pon de manifesto que a diversidade da nosa especie é maior do que se pensaba desde as orixes.

Para poder entender ben esta noticia sería interesante ter unha idea clara sobre a evolución humana. Entón pincha en:

http://www.ceip-diputacio.com/MITJA%20I%20SUPERIOR/socials/socials%20historia/La%20evolucion%20humana.swf

OSO POLAR

Publicado: 25/04/2008 23:59 por vgomez en FOTOVERDE
20080425235910-44osopolar.jpg
Oso polar, nova especie en perigro de extinción (REUTERS)

PETRÓLEO: HUMOR

Publicado: 26/04/2008 10:28 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20080426102812-2008-05-03-vin-2008-04-26-01-46-21-davila.jpg

Faro de Vigo (25/04/2008)

O petróleo, rocha sedimentario de orixe orgánica, combustible fósil, acada máximos históricos. A verdade é que está a provocar unha crise económica que o convirte nun luxo que case precisa de papel de regalo para envolvelo.

ARCA DE NOÉ DO SÉCULO XXI

Publicado: 27/04/2008 11:16 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20080427111345-cronica-viaje.jpg

A Arca de Noé do século XXI, non é nin máis nin menos que un búnker futurista que se atopa preto do pobo de Longyearbyen, de 2000 habitantes, na illa noruega de Spitsbergen. Neste búnker, situado no paralelo 78, a tan só 1000 km do polo norte e onde o termómetro marca unha temperatura de -11º C, É a Bóveda Global das Sementes. Nesta bóveda gárdanse as sementes de todo o planeta, incluso nos peores escenarios de quentamento global, o frío reinante no seu interior preservaría a biodiversidade dos cultivos durante centos de anos.

Se a queres coñecer por dentro pincha en VISITA VIRTUAL

QUENLLA BALEA

Publicado: 28/04/2008 10:46 por vgomez en DOCENCIA
20080428104644-1209317252-g-0.jpg

Quenlla balea (Rhincodon typusl) Foto: Kurt Amsler

A quenlla balea ou tiburón balea (Rhincodon typusl) é o peixe máis grande do mundo. Vive nas augas cálidas topicais e subtropicais. Pénsase que habita a Terra dende hai 60 millóns de anos.

FAUNA SALVAXE VI

Publicado: 29/04/2008 09:24 por vgomez en DOCENCIA
20080429092304-llebre-europea.jpg

Lebre (Lepus granatensis gallaecius)

Trátase dun animal típico dos nosos montes, preto ou non dos ríos. En tempos abondaba moito máis que hoxe. A caza, sen dúbida, afecta moitísimo a esta especie, aínda que os seus problemas principais son os incendios, o furtivismo, as pistas por todos os lados e as enfermidades.

Aínda se atopa en toda Galicia, pero en pouco número.

Clasificación científica:

Reino: Animalia

Filo: Chordata

Clase: Mammalia

Orde: Lagomorpha

Familia: Leporidae

Xénero: Lepus

Especie: Lepus granatensis

Subespecie: Lepus granatensis gallaecius

 

CALAMAR COLOSAL

Publicado: 29/04/2008 17:26 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20080429104902-1209401755-g-0.jpg

Científicos biólogos da Universidad de Auckland de Nueva Zelanda comenzaron hoxe a examinar un "calamar colosal" de oito metros de longo e 495 quilogramos de peso capturado en 2007 fronte ás costas da Antártida por uns pescadores.
O "calamar colosal", considerado o invertebrado máis grande coñecido ata agora, pertence á mesma orde dos teútidos do "calamar xigante".
Estas criaturas carnívoras poden descender ata dous quilómetros baixo o mar e son coñecidos pola súa voracidade.
O "calamar colosal",que chega a acadar os 14 metros de longo, caza con dous tentáculos prensiles que sobresaen sobre outros oito máis pequenos e que están dispostos de ventosas e garfios cos que mata as súas presas.
No proceso, desconxelarán ao animal (que conservan nun tanque con 7.000 litros de solución salina) para medilo, proceder a su disección (extraerán o estómago e outras partes do aparato dixestivo) intentando descubrir os misterios dunha das especies menos coñecidas do océano, debido a que vive a gran profundidade.
Depois de ser ser examinado, o calamar colosal será embalsamado e preservado.

FOLGA NO IES

Publicado: 30/04/2008 10:00 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20080429174258-s29a8214.jpg

Preto de 4.000 manifestantes, segundo datos da CIG, percorreron hoxe Santiago de Compostela en protesta ante o borrador de Decreto de bacharelato proposto pola Xunta, que reduce unha hora de cada unha das materias de Educación Física, Filosofía e Historia.

A folga foi seguida por profesores afectados do noso IES. O noso apoio por unha causa xusta.

PROFES DE A GUARDA PREMIADOS

Publicado: 30/04/2008 11:23 por vgomez en COMUNICADOS
20080429094643-premia15.jpg

O pasado venres, 25 de abril, tivo lugar no salón de actos da Consellería da Presidencia, a entrega conxunta dos Premios de Innovación Educativa 2007, cos que foron galardoados distintos profesores que exercen na Guarda, concretamente na “Escola de Educación Infantil” da Gándara e no “IES A Sangriña.

Se queres coñecer o contido deste acto e os galardonados, pincha na seguinte dirección correspondente a galicia suroeste:Premiados

VOLCÁN MERAPI

Publicado: 30/04/2008 23:39 por vgomez en DOCENCIA
20080430100837-131merapi.jpg

Merapi en erupción. (Indonesia)

O Marapi é un volcán con forma de cono e atópase en Java Central en Indonesia a uns 400 km da capital Yakarta.Cos seus 2.911 metros de altitude, é o volcán máis activo de Indonesia.

¿ANEIS EN XUPITER?

Publicado: 30/04/2008 23:59 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20080430235250-1209581607-0.jpg

O planeta Xúpiter ten, coma Saturno, un sistema de aneis cuxas dimensións son moito máis grandes do que se pensaba ata agora. Esta é a conclusión á que chegou un equipo de investigación do Instituto Max-Planck (MPI) de Investigacións Solares ( Klatenburg–Lindau, ao norte de Alemania).

O  anel que rodea Xúpiter está composto de partículas de po e ten un diámetro de 640.000 quilómetros. Para realizar o estudio, o equipo de científicos alemáns e norteamericanos analizaron  os datos recabados pola sonda ’Galileo’, que entre 1995 e 2003 estivo orbitando en torno a Xúpiter e acumulando información sobre o planeta gasoso e os seus satélites