Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Junio de 2008.

A21EG EN PONTEAREAS

Publicado: 02/06/2008 16:28 por vgomez en ZONA VERDE
20080602162323-p1010471.jpg

Hoxe pola maña, 2 de xuño, os alumnos-as da Axenda 21 Escolar Galega do noso IES, participaron nunha xornada de convivencia cos alumnos-as do CIFP "A Granxa" de Ponteareas. Alí ao longo da mañá fixeron actividades relacioanadas co medio ambiente, enerxias renovables e sostibilidade. Como curiosidade atopámonos con moitos alumnos-as que estiveron hai anos no noso centro e que son nativos da nosa localidade ou de zonas próximas.

En resumo, un día productivo medioambientalmente falando.

 

20080602230745-1212416834-0.jpg

Imaxe captada pola cámara do "Phoenix’ durante a primera excavación feita polo brazo robótico da sonda. (Foto: AP | NASA)

Científicos da NASA comunicaron que a sonda "Phoenix" realizou unha pequena excavación en Marte, o que é  o primeiro paso cara a toma de mostras  da terra deste planeta  en busca de xeo e da posibiliade de que albergara ou albergase vida.

.

CANNABIS

Publicado: 03/06/2008 18:42 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20080603184147-porro.jpg

Fumando un porro

Cannabis, marihuana, herba, hashish, hash, aceite de hachis son en realidade o mesmo: compostos derivados da planta Cannabis sativa, que se cultiva nas zonas de clima  cálido e seco como parte de Ásia, África e as zonas centrais do norte e sur de Ámérica.

Tecnicamente clasifícase como un alucinóxeno menor. Entre os constituíntes activos da planta está o tetrahidocannabinol (THC) responsable de case todos os efectos nocivos desta substancia.

Existe unha crenza de que a marihuana ou calquera dos seus nomes, non  ten graves efectos ao longo prazo na saúde. O máis probable é que nun consumo baixo non sexa moi neurotóxico, pola contra os grandes fumadores de porros manifestan alteracións estructurais en determinadas rexións cerebrais, así coma síntomas de psicosis.

Outro dos problemas ao longo prazo son os efectos nocivos conta o pulmón, moito maiores que o tabaco, alteracións nos sistemas reproductores masculino e feminino, e dado que o TCH atravesa a a barreira placentaria supón un risco para o embarazo e a lactancia.

¡Estamos falando de cousas moi importantes!

¡PENSAO BEN  E DECIDE!

CHARLES ROBERT DARWIN

Publicado: 04/06/2008 19:16 por vgomez en NOMES PROPIOS
20080604191653-darwin-charles.jpg

Charles Robert Darwin naceu en 1809 en Sherwshury (Inglaterra). Foi o quinto fillo dunha familia británica rica e sofisticada. Pasou pola Universidade de Edimburgo para comenzar Mediciña, aínda que en 1827 ingresou na Universidade de Cambridge para prepararse como ministro da Igrexa de Inglaterra.

Despois de graduarse en Cambridge en 1831, con só 22 anos, foi invitado a viaxar como naturalista no barco Beagle, nunha expedición científica, tendo a oportunidxade de observar en diferentes continentes e illas a diversidade das formacións xeolóxicas, así como a ampla variedade de fósiles e organismos vivos.

A súa formación científica foi guiada por dúas figuras importantes de Cambridge: o xeólogo Adam Sedgwick, e o naturalista John Stevens Henslow, sendo este último o que lle axudou a ter máis confianza en si mesmo e potenciar o seu afán pola observación e a colección de especímenes.

Ao regreso  a Inglaterra en 1836, Darwin comenzou a construír unha hipótese sobre a capacidade das especies para cambiar. Influenciado por Malthus e as súas teorías sobre o equilibrio das poboacións humanas, aplicou inmediatramente os seus razoamentos aos animais e ás planatas. En 1838 xa desenvolvera a estructura da súa teoría evolutiva basada na selección natural.

En 1858 fixo pública a teoría da selección natural nun documento presentado ao mesmo tempo que Alfred Russel Wallace, aínda que a teoría completa publicouse en 1859 baixo o título A orixe das especies. Os maiores ataques á selección natural non viñeron dos científicos, senón dos opositores relixiosos. A comunidade científica recoñeceu a valía da teoría, e foi elexido mebro da Royal Society (1839) e da Academia Francesa das Ciencias (1878).

Darwin pasou o resto da súa vida desenvolvendo diferentes aspectos da súa teoría. Morreu en 1882 e foi enterrado na abadía de Westminster.

CRISIS ALIMENTARIA

Publicado: 04/06/2008 22:56 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20080604193105-g4p16f1.jpg

Viñeta de Pinto&Chinto, do xornal La Voz de Galicia (04-06-2008) onde se ironiza a problemática do elevado prezo dos alimentos como consecuencia da producción para biocombustibles. Precisamente nestes días estase a tratar en Roma-Italia, por representantes de todo o mundo, esta situación.

5 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Publicado: 06/06/2008 10:05 por vgomez en ZONA VERDE
20080606100555-p1010474.jpg

Rapeces voluntarios

Onte día 5 de xuño, celebrouse o DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE. Seguramente houbo celebracións de todo tipo e co único obxecivo final de conseguir engregar este mundo aos nosos fillos e netos polo menos igual e nunca peor do que o recibimos dos nosos pais, o que tecnicamente chámase como desenvolvemento sostible.

No noso Centro, este día que coincidíu coa XVI Carreira das Letras Galegas, que fora aprazada polas malas condicións climáticas do pasado 23 de maio, foi todo un acontecemento deportivo, lúdico e reivindicativo.

Dende a A21EG quixemos darlle un toque propio ao día: Os participantes na citada carreira necesitan inxerir auga durante o percorrido. A organización facilítalle auga en botellas de plástico, que ... acaban na cuneta da estrada que rodea ao monte de A Guarda. Pois un equipo de voluntarios fomos recollendo esas botellas, que foron moitas,  e que encheron un contedor amarelo.

¡Estamos satisfeitos!

 

20080607134941-efe-317-2005032911934141722058621400.jpg

Galicia, no 2006, emitiu á atmosfera 34,5 millóns de toneladas de dióxido de carbono, de 29.000 millóns atribuíbles ao planeta. A comunidade contribuíu co 0,12% e nos últimos 17 anos incrementou a emisións de gases de efecto invernadoiro un 20%.

Os indicios de cambio climático en Galicia son evidentes, segundo os datos dun informe da Dirección Xeral de desenvolvemento Sostible, que se traducen, por exemplo, en que a temperatura se incrementou case un grao nos últimos 45 anos. En Vigo, o mar subiu quince centímetros en pouco máis de medio século.

A Xunta marcouse o reto de reducir en 12,2 millóns de toneladas, nos próximos catro anos, as emisións de dióxido de carbono nos distintos sectores produtivos, como medida complementaria ao Protocolo de Kioto. é dicir, o equivalente ao consumo enerxético anual de 1.156.000 familias.

A Xunta destina 347 millóns de euros a combater o efecto invernadoiro con medidas de eficiencia enerxética.

¡Imos dando pasos!

20080608092114-20080608elpepusoc-2.jpg

O paleontólogo Christian Sidor nunha excavación na Antártida. (Fotografía: Cara Fritz/Oregon State University)

Hai 245 millonóns de anos, no Triásico, a Terra aínda estaba agrupada nun só  continente: Pangea, que non empezou a dividirse ata  uns 45 millóns de anos despois. Os primeiros animais terrestres podían migrar libremente dende o polo norte ata o polo sur, aínda que  as rexións máis septentrionais ou meridionais debían ser moi secas pola falla de chuvias e as  temperaturas eran máis baixas que noutras zonas, polo que nelas é máis raro atopar fósiles de eras tan temperás que en lugares máis mornos como Sudáfrica.

Aínda así atopáronse restos que demostran que ata alí chegou a  vida. Un grupo de científicos estadounidense publicou un estudio na revista Journal of Vertebrate Palentology no que amosan o resultado do análisis duns  restos de madrigueiras de tetrápodos, vertebrados terrestres que se desplazan sobre catro patas ou apéndices similares a elas, na Antártida.

Os científicos pensan que os fósiles se formaron ao inundarse os túneles e encherse con area fina procedente dalgún río próximo. Os sedimentos endurecerianse nos lugares máis abertos, á entrada e saída dos túneles, permitiendo así a súa conservación ata  os nosos días.

FAUNA SALVAXE IX

Publicado: 09/06/2008 08:12 por vgomez en DOCENCIA
20080608105104-moucho.jpg

O moucho común (Athene noctua)

O moucho común (Athene noctua) é unha ave rapaz nocturna. É un bufo pequeno duns 23-27.5 cm. de lonxitude. As ás abertas miden uns 50 cm. Aínda sendo da orde das aves de rapina nocturnas, é activo tamén de día.

O moucho común prefire vivir en zonas abertas con algunhas zonas arboradas, incluíndo xardíns con árbores vellas e hortas de árbores froiteiras. Precisa territorios con presas abundantes, ocos para agacharse de día e puntos para espreitar. É unha ave sedentaria que é moi fiel ao territorio e mesmo á súa parella.

Caza, preferentemente á noitiña ou de noite, invertebrados grandes (como escaravellos, miñocas e grilos), ratos, paxariños e lagartos e cobras pequenos.

Reprodúcese desde abril a xuño en furados, naturais ou feitos polos petos, de árbores e tamén en ocos nas rochas ou mesmo en construcións humanas. Poñen, en xeral, de 3 a 5 ovos, que choca exclusivamente a femia, ocupándose o macho da súa alimentación.

En Galicia é común en todo o territorio aínda que sufríu unha notable diminución nos derradeiros 20 anos.

Clasificación científica:

Reino: Animal

Filo: Cordados

Clase: Aves

Orde: Estrixiformes

Familia: Strigidae

Xénero: Athene

Especie: Athene nocturna

20080611232759-1213186578-1.jpg

A misión "Glast" (acrónimo en inglés do Telescopio Espacial de Gran Área de Raios Gamma) foi lanzado ás 18:05 dende Cabo Cañaveral ao lombo dun foguete estadounidense Delta 2.

Este satélite da NASA acaba de partir cara a órbita terrestre co fin de estudiar un dos misterios mellor escondidos do universo: as explosións de raios gamma.

Pero ’Glast’ non nestudiará en exclusiva estes eventos astronómicos, senón que tamén observará estrelas de neutróns, a radiación de fondo do universo, os raios cósmicos e outros eventos ou obxectos astronómicos situados no rango do que a NASA  denomina "o universo extremo".

"UNICORNIO"

Publicado: 12/06/2008 23:01 por vgomez en FOTOVERDE
20080612201203-1213279720-g-0.jpg

O corzo "unicornio" (Foto: AP)

Non se trata dun unicornio (esa criatura semellante a un cabalo, dotada de "poderes curativos máxicos", que aparece en lendas e relatos ao longo da historia, desde textos antigos e medievais ata as novelas de Harry Potter), é un  corzo nacido en cautiverio no Parque do Centro de Investigacións en Prato, unha poboación veciña de  Florencia (Italia).

Ao parecer trataríase dunha anomalía xenética, xa que o seu irmán, nacido do mesmo parto ten a cornamenta completa.

¡Cousas da xenética!

HUMOR MARCIANO

Publicado: 14/06/2008 13:55 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20080614135511-2008-06-21-vin-2008-06-14-01-42-45-aguilera.jpg

Viñeta de Aguilera (Faro de Vigo 14/06/2008)

A VOLTAS CON PLUTÓN

Publicado: 15/06/2008 11:23 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20080612233825-sistema-solar-contempla-pluton-planeta-2006.jpg

Xa pasaron case dous anos dende que a Unión Astronómica Internacional (UAI) determinou que Plutón non era un planeta senón un planeta anano. Agora un grupo de astrónomos da organización acuñou o termo de plutoide para chamar ao outrora noveno planeta.

Este mesmo grupo propuxo que a palabra sexa tamén usada para nomear aos pequenos corpos con forma de esfera que orbiten máis alá de Neptuno. O novo termo, non obstante, deberá ser aprobado pola unión, que se encarga de todos os nomes e clasificacións do sistema solar.

Nun  comunicado da UAI define aos plutoides como aqueles corpos celestes que "teñen suficiente masa para gravitar por eles mesmos e lograr un corpo ríxido ata asumir un equilibrio hidrostático", que se traduce nunha forma case esférica. Tamén se indica que estes corpos no contan con órbitas libres de escombros.

O comunicado  indica tamén que os dous plutoides coñecidos son Plutón e Eris, e que esperan a que se sumen corpos a esta subcategoría cando os descubrimentos científicos o permitan.

PREMIOS CLIMÁNTICA

Publicado: 16/06/2008 23:55 por vgomez en COMUNICADOS
20080616234731-logo.png

Tres alumnos de 2º de ESO deste centro: Estefania González, Patricia Álvarez e Sara Márquez foron convidados ao I Congreso de Climántica, que terá lugar o vindeiro sábado, 21 de xuño, no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela.

O motivo é a presentación dun traballo que leva por título: UN DÍA NA VIDA DUNHA ÁRBORE.

Estes alumnos-as foron coordinados polo seu profesor de C. Naturais Miguel Trigo, pertencente a Axenda 21EG do centro.

O seu traballo (narrativa) sera publicado na revista CLMNTK. No seu momento, pois será presentado no citado congreso, publicaremolo nesta páxina.

SÁIDA DE 1º ESO Á PRAIA DA LAMIÑA

Publicado: 17/06/2008 17:39 por vgomez en COMUNICADOS
20080617173946-dsc00235.jpg

Fotografía do grupo facilitada por Irika S.M.

Hoxe, 17 de xuño, nun día radiante os alumnos-as de 1º ESO do noso Centro fixeron actividades na praia da Lamiña (Camposancos). Despois dun percorrido a pé ata o lugra de 45 minutos comenzaron as actividades:

- Busca do tesouro por grupos.

- Actividades de E.F e CN alternas de dous en dous grupos.

- Parte final de baño e bocata.

Ás 13,15 regresamos, chegando as 14 horas ao IES.

¡Un día a repetir!

CHEGOU O VERÁN

Publicado: 19/06/2008 23:51 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20080619234932-images2.jpg

Mañá 21 de xuño, á 1,59 da madrugada, entrará oficialmante o verán, estación que rematará o 22 de setembro.

Hai coincidencias co curso escolar, pois hoxe 20 de xuño rematamos as clases e nas datas de setembro cando  empaza o curso (comenzará o outono), salvo os que teñen que vir a recuperar en setembro que o farán un pouco antes.

De  calquera xeito, bo verán  para todos e todas.

¡Vemonos!

FOTOVERDE: GLACIAR

Publicado: 23/06/2008 13:23 por vgomez en FOTOVERDE
20080623132352-138glaciar.jpg

Glaciar Colonia (Chile) Foto:Diego Sáinz

¡HOXE É DO QUE TOCA FALAR!

Publicado: 23/06/2008 17:04 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20080623170458-2008-06-30-vin-2008-06-23-09-15-51-tikitaka15.jpg

Faro de Vigo 23/06/2008

Aínda que non son moi futbolero, parece que toca falar do que a maioría dos españois falan: ¡¡¡FÚTBOL!!!

O mellor comentario, penso que o resume  o humor de Davila - Tiki Taka.

¡Esperemos que sigamos en racha!

CROCODILOS E COMUNICACIÓN

Publicado: 24/06/2008 09:09 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20080623200222-1214238123-1.jpg

Segundo publica, no seu último número, a revista "Current Biology", os sons que emiten as crías de crocodilos antes de romper o ovo teñen un significado para os seus irmáns e para as súas nais. Estas chamadas, que o ser humano pode oír, serven para indicar ao resto das crías do niño que xa chegou o momento de romper o ovo.

O estudio publicado está basado en experimentos e grabacións realizados por Amélie Vergne e Nocholas Mathevon, da Universidade Jean Monet, en Francia.

O estudio tamén confirma que os alaridos serven para anunciar á nai que é hora de acudir ao niño a recoller ás súas crías, a punto xa de nacer.

¡¡¡Natureza!!!

¡¡¡NOTAS!!!

Publicado: 25/06/2008 09:45 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20080624161952-images.jpg

Hoxe é o día, 25 de xuño ás 11:30, día das notas, día de parabéns para moitos e para outros ...

Pero temos que ser positivos na vida e hai que aprender sempre do pasado, é hoxe é ese día: o día das reflexións para todos-as.

Como norma para todos-as : o verán é longo e ben organizado dá para todo.

En particular:

Para os que aprobaron todo: ¡Felicidades! Pero despois de tanta praia, viaxes, campamentos, ... sempre hai momentos mortos nos que podo ler un libro interesante, ver unha película ou documental, practicar un deporte ou un xogo, ...

Para os que non aprobaron todo: ¡Animo! ¡Non está todo perdido! Hai que organizarse: Vacacións ata o 1 de xullo, plantexar un horario de verán (preferentemente polas mañáns de 9,30 a 13,30) no que traballar nas materias non superadas. Traballar o indicado polos profesores e que adxuntan coas notas (revisando exercicios, controis, exercicios de atención á diversidade, etc). Descando na semana das festas do Monte e finalmente repaso xeral alá pola semana do 25 de agosto.

Finalmente para todos, pensade que o fundamento de todo traballo, e o voso tamén o é, é a organización e a disciplina diaria, facendo o que se pretende para ese día. Deste xeito podedes compaxinar o estudio e o descanso.

¡Boas vacacións para todos-as!

Un saúdo: VÍCTOR

 

PERÍODO DE MATRICULA NA ESO

Publicado: 25/06/2008 19:32 por vgomez en COMUNICADOS

Xa está aberto o prazo de matrícula para alumnos-as de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO, sempre que aprobaran todas as materias en xuño. Os alumnos-as con algunha materia suspensa farano en setembro, despois de recibir as cualificacións.

Este período de matricula remata o 10 de xullo. A documentación que terán que presentar, pola mañá, en Secretaria é:

* Fotocopia do DNI.

* Dúas fotografías.

* Impreso cumprimentado da matrícula (recollelo previamente no IES).

* Xustificante de pago do Seguro Escolar (pagado previamente en Caixanova). Este apartado só para alumnos de 3º e 4º da ESO. 

MODIFICACIÓN NA AVALIACIÓN NA ESO

Publicado: 26/06/2008 19:00 por vgomez en COMUNICADOS

O Diario Oficial de Galicia do pasado 24 de xuño, modifica a Orde pola que se regula a avaliación en ESO (21 de decembro de 2007).

Esta modificación consiste en que un alumno cunha materia suspensa en varios curso coa mema denominación, a efectos de promoción e titulación, contaba só como unha materia suspensa. Dende agora considerarase como materias suspensas tanto as materias do curso, como as dos anos anteriores.

Se queres coñecer polo miúdo esta modificacion pincha en:

Modifición Modificación avaliación ESO

Orde que regula a avaliación en ESO Orde reguladora avaliación ESO

20080626191548-1214413628-1.jpg

Reconstrucción artística do peixe prehistórico, xunto a unha foto do cranioo atopado. (Foto: Nature)

A revista científica británica "Nature" publica o achádego dun fósil moi ben conservado dun tetrápodo "Ventastega curonica", que vivíu hai máis de 300 millóns de años, e que é a clave para entender comoi foi a transición dos animais acuáticos  aos terrestres.

O fósil foi atopado nun xacemento de Letonia por un equipo da Universidade de Uppsala (Suecia).

Esta especie (Ventastega curonica) ten o cranio  como o dun primitivo tetrápodo, pero as súas proporcións son máis parecidas ás dun peixe e a súa mandíbula está a medio camiño entre ambos.

A evolución dos animais vertebrados acuáticos a terrestres ocurríu durante o último peiodo Devoniano, hai 380 a 360 millóns de anos, e requiríu moitos cambios fisiolóxicos e morfolóxicos.

TEXTOS CN PARA O PRÓXIMO CURSO

Publicado: 28/06/2008 18:24 por vgomez en COMUNICADOS
20080628140935-explorar0003.jpg

Libro novo de CN de 2º ESO

Os textos na materia de Ciencias Naturais para o próximo curso serán os seguintes:

1º E.S.O.: Continuase co mesmo libro do ano pasado. Sonrisa

Ciencias da Natureza 1
S. Balibrea, M. Reyes, A. Álvarez, A. Sáez, J. M. Vílchez
Grupo ANAYA S.A.
Madrid 2007
Texto en Galego ISBN: 978-84-667-5975-5

2º E.S.O.: LIBRO NOVO. Enfadado

Ciencias da Natureza 2
S. Balibrea, M. Reyes, A. Álvarez, A. Sáez, J. M. Vílchez
Grupo ANAYA S.A.
Madrid 2008
Texto en Galego ISBN: 978-84-667-7041-5

Estes libros formarán parte dos fondos da Biblioteca do Centro, polo que serán prestado á cada alumno-a durante o curso.

 

O SOLO DE MARTE É ALCALINO

Publicado: 29/06/2008 10:44 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20080629103703-1214523947-0.jpg

Zona de Marte na que se atopou xeo. (Foto: AP)

A sonda "Phoenix" realizou o mércores pasado unha análise no seu laboratorio para medir a acidez ou alcalinidade do solo e determinar si era favorable para albergar vida. O solo resultou ser alcalino.

Na citada análise tamén se determinou a presencia de magnesio, sodio, potasio e outros elementos. Non obstante, os expertos da NASA adveriron que se necesitarán análises doutras mostras para determinar exactamente se existen todos os elementos necesarios para albergar vida.

A sonda "Phoenix" (que chegou o pasado 25 de maio ás cercanías do polo marciano despois dunha viaxe de 10 meses) constatou a presencia de auga, pero non atopou rastros de carbono, o outro elemento crucial para o desenvolvemento dalgún tipo de vida como a coñecemos na Terra.

¡INCRIBLE!

Publicado: 30/06/2008 09:08 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20080629233429-images.jpg

O pasado 23 publicaba un artigo co título: "HOXE TOCA FALAR DE FÚTBOL", no que manifestaba que non era moi futbolero é que había un gran ambiente en torno a este campeonato europeo de seleccións nacionais.


Pero hoxe, foi algo asombroso. ¡Unha histeria colectiva!. No lugar onde vivo, cando hai celebracións, é un sitio de paso cara o porto. Pero no tempo que levo nesta localidade, nin ligas do Madrid, nin do Bercelona, nin eleccións xerais, nin autonómicas, nin locais e bueno u longo etc., nunca vin cousa semellante.


Parecer incrible que de repente se paralice un pais deste xeito. Coches con nenos saíndo polas fiestras, mozos e menos mozos coa bandeira de España, noutros momentos tan pouco era considerada e incluso como motivo de discordia, iban de camiño ao lugar de reunión: o porto. Pero por unhas horas, penso que en toda España, non houbo nin crise, nin problemas políticos, nin nada. O fútbol, e neste caso a seleción, foi como unha mediciña que todo o cura. Penso que o humorista Aguilera explicábao moi ben no xornal deste domingo na súa viñeta, onde un balón eclipsaba ao Sol, impedindo que víramos outras cousas.


Eso si, maña, volta ao traballo, aos problemas, ás pelexas políticas e económicas, pero co comentario de fondo de que SOMOS CAMPEÓNS DE EUROPA.

¡INCRIBLE!

 



Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next