Se muestran los artículos pertenecientes a Septiembre de 2007.

20070901092534-telescopio-spitzer-detecta-agua-sistema-planetario-formacion.jpg

O telescopio espacial da NASA Spitzer detectou nun sistema planetario en formación suficiente vapor de agua como para encher cinco veces os océanos da Tierra, según o Laboratorio de Propulsión a Chorro (JPL).

O sistema identificado como NGC 1333-IRAS 4B atópase a aproximadamente mil anos luz, na constelación de Perseo.

Amplia a noticia en Sorprendido

O TEMPO - ENLACES

Publicado: 02/09/2007 22:42 por vgomez en COMUNICADOS

Neste apartado poño á vosa disposición dous ENLACES PERMANENTES sobre o tempo e a súa previsión.

O primeiro a nivel de GALICIA , no noso idioma:

MeteoGalicia

O segundo a nivel MUNDIAL, en alemán, polo que precisades algúns pasos. Póñovos o caso común para consultar chuvias en galicia:(Pinchar EUPOPA en verde, pinchar Niederschlang en amarelo e usar numeracións en amaraelo de horas (son de 6 en 6 horas). En caso de querer ter unha idea das precipitacións durante a semana pinchar en Niederschlang panel 24 h en amarelo) Por suposto tedes outras aplicacións como temperaturas, ventos, etc. So fai falta fuchicar un chisco. Penso que é moi fiable.

Wetter : Wetterzentrale : Top Karten : Prognose - GFS Europa

Aínda que hoxe aparecen aqui os enlaces, tédelos sempre na parte dereita da páxina en ENLACES: O TEMPO GALICIA e O TEMPO NO MUNDO.

ZONA VERDE

Publicado: 02/09/2007 23:07 por vgomez en ZONA VERDE
Neste apartado apareceran cousas relacionadas fundamentalmente co MEDIO AMBIENTE.
Para escomenzar empezaremos polo pobo de A Guarda e por alguén (colectivo) que está a traballar especialmente neste tema na comarca do Baixo Miño, tal como reza no seu logotipo identificativo:

 

 

Por un Baixo Miño máis verde e mellor conservado.
ANABAM
Asociación Naturalista do Baixo Miño
 
Pinchando nesta dirección podedes coñecer polo miúdo tódalas actividades que
realizan nesta asociación.

BIENVENIDA/O

De aquí en diante tedes unha forma fácil de acceder, na parte dereita da paxina en ENLACES: ANABAM

OUTRO FURACÁN:"FELIX".

Publicado: 03/09/2007 13:07 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20070903125247-1188768150-g-0.jpg
Desta vez chámase "Félix", e é un novo furacán que empezou como tormenta tropical e que aumentando de potencia está a punto de acadar a categoría 5, máxima intensidade na escala Saffir-Simpson. A súa traxectoria vai cara a Península de Yucatán, entrando por Belice, aínda que se sentirá con forza en Nicaragua, Honduras e Guatemala.

Indicareiche que se queres coñecer que son e como se forman os furacáns busca o artigo con ese mesmo nome: OS FURACÁNS (NOTICIAS DAS CIENCIAS).
 
Pero hoxe quero pararme nunha curiosidade : AS NOMENCLATURAS.
Hai uns díaS era "Dean", agora "Fleíx", pero ¿como se elixen os nomes?
O sistema de nomenclatura internacional aprobado pola Organización meteorolóxica Mundial (WMO), elabora as listas anuais con nomes masculinos e femininos en inglés, francés e español.
Se queres coñecer máis a fondo a forma de elexilos pincha na seguinte páxina:
Tormentas con nombre propio | elmundo.es

EXPLORACIÓN DE MARTE

Publicado: 08/09/2007 10:16 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20070908100603-1189234863-g-0.jpg
Os vehículos exploradores da NASA en Marte, 'Spirit' e 'Opportunity', entrarán una vez máis en acción despois de que o vento marciano limpiara o po acumulado na superficie dos seus paneis solares, segundo acaba de anunciar o Laboratorio de Propulsión a Chorro (JPL) de la NASA. Un deles estase a preparar para entrar no xigantesco cráter Victoria.
Para ampliar a noticia pincha en:

¿SERÁ VERDADE OU SÓ PALABRAS?

Publicado: 08/09/2007 10:44 por vgomez en ZONA VERDE

Os países do APEC acordan reducir nun 25% a "intensidade enerxética" para o 2030

Os líderes mundiais participantes no Foro de Cooperación de Países de Asia-Pacífico (APEC) firmaron hoxe unha declaración pola que se comprometen a intentar reducir as súas emisións enerxéticas para combatir o quentamento global e na que recoñecenen que o mundo necesita "ralentizar, deter e finalmente revertir" o efecto invernadoiro e desenvolver políticas de reforestación para protexer o medio ambiente.

Para ampliar a noticia pincha en:

Los países del APEC acuerdan reducir en un 25% la "intensidad energética" para 2030

COSMOS I

Publicado: 09/09/2007 12:49 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20070909122824-etacarina.jpg

A Nebulosa Eta Carina (ou Gran Nebulosa Carina)

 

Neste apartado drnominado COSMOS traterei, en sucesivas entregas, aspectos relacionados co mundo da atronomía, sempre cunha pequena explicación e acompañado de fotografías que nos poden dar unha idea do que non vemos cando miramos para ao ceo.

Hoxe falaremos das NEBULOSAS.

A palabra nebulosa deriva do grego nebula que significa néboa ou nube. Unha nebulosa é unha masa de materia cósmica celeste, difusa e luminosa, que ten aspecto de nube.

 

Fontes: www.astronomía.com  e propias.

 

 

 

 

COSMOS II

Publicado: 10/09/2007 09:37 por vgomez en DOCENCIA
20070909133344-andromeda.jpg

 

Galaxia de Andrómeda

 

As galaxias:

As galaxias son acumulacións xigantes de estrelas, gases e po.
No Universo hai centenas de miles de millón. Cada galaxia pode estar formada por centenas de miles de millóns de estrelas e outros astros. No centro das galaxias é onde se concentran máis estrelas.

Cada corpo dunha galaxia móvese a causa da atracción dos outros. En xeral hai, tamén, un movemento máis amplo que fai que todo xunto xire ao redor do centro.


A Vía Láctea é a nosa galaxia

Os romanos chamárona "Camiño de Leite", que é o que significa via lactea en latín.

O Sistema Solar está nun dos brazos da espiral.

A Via Láctea é unha galaxia grande, espiral e pode ter uns 100.000 millóns de estrelas, entre elas, o Sol. En total mide uns 100.000 anos luz de diámetro e ten unha masa de máis de dous billóns de veces a do Sol.

Fontes: www.astronomía.com  e propias.

 

 

UN LIBRO

Publicado: 11/09/2007 16:33 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20070911163250-novela.jpg
Neste verán tiven un agasallo dun antigo compañeiro de traballo : un libro. Aínda que lector, non son un "devorador" de libros, pero este enganchoume dende o primeiro momento. Trátase dunha obra en castelán de 187 páxinas do autor DOMINGO VILLAR, galego aínda que residente en Madrid.
O libro en cuestión é "OJOS DE AUGUA",unha novéla policial que se desenvolve no noso país, concretamente en Vigo. Trata da investigación dun asasinato dun mozo saxofonista, Luis Reigosa. O investigador é un solitario inspector de policía, Leo Caldas.
¡Recomendable!
 
Datos do libro:
Ojos de agua.
Domingo Villar.
Ediciones Siruela
Madrid. 2006.
 
Por certo, tamén hai o libro escrito en galego.

POLÉMICA SOBRE OS BIOCOMBUSTIBLES

Publicado: 12/09/2007 18:48 por vgomez en ZONA VERDE
20070912182257-images.jpg
Para empezar:

Que é un biocombustible? Segundo a etimoloxía da palabra sería un combustible de orixe biolóxico. Deste xeito incluso o petróleo tamén o sería, pois procede de restos fósiles de seres que viviron hai millóns de anos. Pero a tendencia é a de definir como biocombustible a un combustible de orixe biolóxico obtido de maneira renovable a partir de restos orgánicos.

1ª parte da polémica:

Segundo unha directiva da Unión Europea, o 5,75% de todo o transporte baseado en enerxías fósiles deberá ser substituído por biocombustibles antes do 2010.

2ª parte da polémica:
Os biocombustibles, producidos sobre a base de cultivos como cana a de azucre, millo e oleaxinosas, foron presentados como unha fonte de enerxía capaz de reducir as emisiones de gases de efecto invernadoiro ao tempo que representarían maiores ingresos para os agricultores. Pero un dos capítulos dun documento de debate na OCDE (Organización para a Cooperación e Desenvolvemento Económicos) plantexa abertamente o interrogante se "é mellor o remedio que a enfermidade".
Do texto despréndese que os beneficios de carburantes como o etanol e o biodiesel son moi limitados se se ten en conta a escaseza de alimentos e a ameaza á biodiversidade que causarían.
3ª parte da polémica:

"Cos biocombustibles non se aforran emisións de CO2"

Esta é unha afirmación feita, nunha entrevista, por Hartmut Michel, alemán, 59 anos, que recibíu o premio Nobel de Química en 1988, conxuntamente con Johann Deisenhofer e Robert Huber. Michel afirma que os combustibles de orixe vexetal non son unha boa opción para combatir o cambio climático: non aforran emisións de CO2 e promoven a deforestación da Amazonia. "Non son o único que di esto, só hai que facer cálculos para velo. Só que os políticos non queren escoitar esta idea".
Continuará a polémica ...
Se queres visaulizar toda a entrevista e os comentarios que suscitan pincha na seguinte páxina:
"Con los biocombustibles no se ahorran emisiones de CO2"

TERREMOTOS E TSUNAMIS

Publicado: 13/09/2007 13:25 por vgomez en DOCENCIA
20070913130603-20070912elpepuint-12.jpg
Ata dezaoito seísmos sacudiron a illa indonesia de Sumatra entre onte e hoxe e causaron polo menos nove mortos e máis dunha centea de feridos, derrubamentos de edificios, incendios e causar o pánico entre a poboación. A réplica máis forte acadou os 7,9 graos na escala de Richter. As autoridades indonesias activaron ata en cuatro ocasións a alerta ante o risc de tsunami.
 
¿Que é un terremoto e un tsunami, e como se produce?
 
Un terremoto, sismo ou movemento sísmico son sacudidas bruscas do terreo de intensidade variable e de curta duración.
 
Aínda que poden ter causas diversas, a maior parte dos sismos orixínanse polas vibracións que se producen cando grandes masas de rochas ríxidas do interior da codia terrestre se fracturan bruscamente tras seren sometidas a enormes presións.
O hipocentro ou foco sísmico é o punto do interior da Terra onde se produce o terremoto. O punto da superficie onde primeiro se recibe o terremoto é o epicentro.

De forma similar as ondas concéntricas que se forman cando guindas unha pedra a un estanque, as vibracións que se producen nos terremotos tamén se propagan polas rochas en forma de ondas, que se denominan ondas sísmicas. Algúns tipos de ondas sísmicas viaxan polo interior da Terra, mentres que outros se propagan pola superficie. Estas ondas superficiais son as responsables dos efectos devastadores dos terremotos. As ondas son rexistradas cun instrumento moi preciso denominado sismógrafo e que elabora un gráfico chamado sismograma.

Os movementos sísmicos mídense pola súa intensidade (Medida subxectiva, baseada nas sensacións percibidas polas persoas durante a sacudida e nos efectos que produce o movemento sísmico no terreo e nas construccións humanas. A escala empregada é a de Mercalli con 12 graos de intensidade, expresados en números romanos) e pola magnitude (Que mide a cantidade de enerxía que libera o sismo. A magnitude mídese coa escala de Richter, que non ten límite superior. No caso que nos ocupa falamos de 7,9 graos).
 
Se o sismo se produce baixo o mar, as vibracións poden formar unhas ondas enormes, denominadas tsunamis, que arrasan ás poboacións costeiras.
 
Para que quede todo o dito anteriormente máis claro, pincha na seguinte animación:
Sociedad en ELPAIS.com
20070912193745-1189587673-0.jpg

musculatura pierna posterior tendon aquiles

O Aquiles é o tendón conxunto dos músculos xemelgos e sóleo. É un potente e longo tendón que ten moita literatura e miles de citas cotiás pola súa referencia na épica grega. Existe unha certa confusión de termos cando se fala do "Talón de Aquiles" que é unha expresión moito máis literaria. Estamos falando do mesmo pero de forma inapropiada. O talón é a zona de apoio posterior do pé que corresponde ao calcañar e a súa envoltura de graxa. Dende o calcañar parte o tendón cara á perna. Se o frechazo recibíuno Aquiles sobre o tendón, deberíamos falar sempre de "Tendón de Aquiles" pero deixaremos a incorrección anatómica en beneficio da literartura que, ao fin e ao cabo, prestoulle tanta notoriedade ao través da Historia.

Os homínidos non podían correr porque non tiñan o tendón de Aquiles

Os animais máis próximos ao home -como os gorilas, chimpancés e orangutáns- carecen dese tendón. Polo tanto, e moi posible que os homínidos máis primitivos non o tivesen. Así o pensa Bill Sellers, da Universidad de Manchester, que realizou unha investigación ao respecto.

Bill chegou á conclusión que o talón de Aquiles é imprescindible para correr. O que se deriva desta conclusión é que o desenvolvemento do tendón foi imprescindible para que os homínidos se convirtieran en cazadores.

 

Se queres indagar máis sobre esta investigación pincha en :

COSMOS III

Publicado: 16/09/2007 21:06 por vgomez en DOCENCIA
20070912235533-fotosol.jpg

Protuberancias solares

 

AS ESTRELAS

Son corpos celestes que brilan emitiendo luz propia.

En termos xerais unha estrela está formada por unha esfera de gas que se mantén a elevadísimas temperaturas a causa dos procesos termonucleares que se desenvolven no seu interior.

As estrelas fórmanse como consecuencia da condensación de grandes nubes de gas e po existentes no Universo (nebulosas).

O seu combustible é o Hidróxeno (H) que nunha reacción termonuclear transfórmase en Helio (He), e outros elementos (C, O, Ca, Fe, Si, etc) e por suposto grandes cantidades de enerxía.

Polo seu tamaño as estrelas poden ser: xigantes, medianas e ananas. O Sol é de tipo medio.

Pola súa cor, as de maior temperatura (25.000ºC na súa superficie) vense azuladas e son moi luminosasa; se a temperatura rolda os 10.000ºC, vense brancas. O Sol, con 6.000ºC, é ameralo, e as de menor temperatura (3.000ºC), son vermellas.

Aínda que a simple vista as estrelas parecen ocupar posicións fixas unhas respecto doutras, non é certo; é un efecto debido ao seu afastamento. A estrela máis próxima a nós α-Centauri, está a 4 anos luz (a súa luz tarda 4 anos en chegar ata aquí). En realidade, as estrelas visibles, e tamén o Sol, móvense moi de présa, a razón de 72.000 km/h.


A NOSA ESTRELA: O SOL.

 

É a estrela máis próxima á Terra e o maior elemento do Sistema Solar. É unha estrela mediana (tamaño) e amarela (cor). A luz tarda, proximadamente, 8 minutos e medio en chegar ata nós. O Sol formouse hai 4.650 millóns de anos e ten combustible para 5.000 millóns máis. Despois, comenzará a facerse máis e máis grande, ata convertirse nunha xigante vermella.
Datos básicos O Sol A Terra
Tamaño: radio ecuatorial 695.000 km. 6.378 km.
Periodo de rotación sobre o eixe de 25 a 36 días * 23,93 horas
Masa comparada coa Terra 332.830 1
Temperatura media superficial 6000 º C 15 º C
Gravidade superficial na fotosfera 274 m/s2 9,78 m/s2

 

 

* O período de rotación da superficie do Sol vai dende os 25 días no ecuador ata os 36 días preto dos polos. Pero dentro parece que todo xira cada 27 días.


O Sol (todo o Sistema Solar) xira ao redor do centro da Via Láctea, a nosa galaxia. Da unha volta cada 200 millóns de anos. Agora móvese cara a constelación de Hércules a 19 Km/s.

 

 

Fontes: www.astronia.com e propias.

DATAS COMENZO DE CURSO

Publicado: 17/09/2007 14:04 por vgomez en COMUNICADOS

 19 DE SETEMBRO (Mércores)

 11:00 Presentacións de 1º e 2º de E.S.O.

 20 DE SETEMBRO (Xoves)

 11:00 Presentación de 3º, 4º E.S.O. e 1º, 2º Bacharelato.

 16:30 Presentación PGS, EPA e Bacharelato nocturno.

 21 DE SETEMBRO (Venres)

 8:20 Entrega de horarios (Tutor) e seguidamente clases cos diferentes profesores.

 24 DE SETEMBRO (Luns)

 Festa Local (Non clase)

 25 DE SETEMBRO (Martes)

 11:00 Presentación Ciclos Formativos 

  

 

FRASES

Publicado: 18/09/2007 11:47 por vgomez en FRASES
Unha FRASE, unha REFLEXIÓN, é que pretende este apartado.
Para empezar, hoxe primeiro día, fareime eco das frases enviadas por lectores a un coñecido xornal de ámbito nacional, EL PAIS, que dende hai algún tempo son propostas ante a pregunta: Propostas para salvar o mundo. Entresaco as que máis me chamaron a atención:
"Consume o que precises e prepara a herencia dos que che seguen".
"Non é preciso salvar ao mundo dun meteorito. Hai que salvalo de nós que o estamos destruíndo a pasos axigantados".
"Dende a educación, a solidaridade, a búsqueda da xustiza, o traballo persoal de transformarse en persoas, o respecto aos demais, a empatía, etc.
"A desaparición do ser humano".
"Penso que, ao paso que imos, o Mundo acabarase salvando de nós...El só".
Como vedes hainas para tódolos gustos. ¿E ti que pensas?

UN CURSO MÁIS

Publicado: 18/09/2007 20:04 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20070913180641-imagen1.jpg
De novo ao "cole". Remataron as vacacións e a coller de novo a mochila (maleta)para comenzar un novo curso. Os amigos do curso pasado; posiblemente, os mesmos profesores pero un pouquiño maiores, como é o meu caso, algunha profesora/or novo que ten boa pinta (refírome ao aspecto físico, pois da clase aínda non houbo tempo de coñecelos), os mesmos conserxes e coas mesmas manías , o mesmo persoal de cafetería e secretaría e as mesmas aulas, aínda que sen tantas pegadas dos zapatos que quedaron imprensas o ano anterior, as mesmas mesas, sen dúbida, un pouco máis limpas porque as señoras da limpeza borraron con lixivia os grafitis que "ninguén" grabou en horas de aburrimento e un largo etc ...
 
En fin, lembranzas nostálxicas dunhas vacacións pasadas e a ilusión (nalgúns) e a curiosidade ante o curso que comenza (na maioría).
Tirando de papeis que gardo cando me toca ser titor (que por desgracia son moitas veces), collo un que leva conmigo xa moitos anos e que xa non me lembro pero penso que o collín dun caderno de Edicións Xerais (no que coincido plenamente) e que sempre mando (algunhas veces penso para que) aos pais/nais dos meus titorandos e que desta vez poño á vosa disposición pois son unhas reflexións, moi interesantes, e que o único que pretenden é como dicia o título des cadernillo é AXUDAR AOS FILLOS A ESTUDIAR CON ÉXITO, que neste caso non só é axudar aos fillos (por parte dos pais/nais), senón que vos axudedes a vós mesmos a estudiar con éxito.
 
¡Pois empecemos !
O éxito dun alumno depende da calidade do ensino que recibe, da intelixencia e o esforzo do propio rapaz, do seu método de traballo, pero tamén de factores ambientais e familiares que favorezan a súa inclinación cara o estudo.
Os pais son os primeiros educadores dos adolescentes. Non vale, polo tanto, descargarse de responsabilidades coa disculpa de que os profesores son os encargaddos de educar aos seus fillos e de esixirlles. Os pais de hoxe teñen que tomar parte activa na educación dos seus fillos, xunto cos profesores e o conxunto da sociedade.
A seguinte información pode contribuír a un mellor aproveitamento escolar dos alumnos.
 
1.- A BOA FORMA FÍSICA, PRIMEIRA CONDICIÓN
O estudo ou traballo intelectual é unha actividade psíquica, e como tal está condicionado á boa saude física, ao benestar corporal. Por iso é conveniente para os estudantes:
 
1.1. Descanso
- Durmir entre oito e nove horas.
- Deitarse a unha hora fixa.
- Suprimir ou reducir cando se poida os alimentos excitantes, como o alcohol, cafe, especias ...
- Cear cedo, inxerindo alimentos lixeiros e dixestivos.

1.2. Alimentación racional
- Dieta equilibrada, rica en fósforo, calcio e vitaminas.
- Dieta variada, a base de vexetais, peixe, carne, leite, ovos e froita.
- Será bo engadir á dieta diaria alimentos ricos en fibra (legumes, froita, cereias, etc...)
- É importante almorzar forte, xantar simplemente ben, merendar e cear pouco.

1.3. Exercicio físico

- Cómpre realizar algún exercicio físico de xeito moderado e habitual.
- Nunca se debe poñer como castigo ao alumno deixar de facer deporte ou exercicio (ao igual que non deixalos ler).

2.- O LUGAR DE ESTUDO
Entre os factores que afectan á eficacia na aprendizaxe o lugar de estudo inflúe máis do que comunmente se pensa.

2.1. Un lugar fixo e sen ruídos
É importante contar cun lugar fixo para o estudo, no que o alumno se sinta cómodo, decorado ao seu gusto, e lonxe do ruído. Ás veces, a radio, a televisión, a aspiradora, etc., provocan distraccións.
Estudar con música é o vicio dos estudantes de hoxe. Moitos pretenden enganarse a si mesmos dicindo que así se concentran mellor. Estudar con musica é desaconsellable, sobre todo se o traballo requira unha gran concentración mental. Sen embargo, nalgunhas actividades, como debuxar, pasar fichas ou apuntes a limpo, ou realizar traballos normais que requiren pouca concentración, unha música suave de fondo pode ser incluso aconsellable, porque mantén relaxado e distendido ao estudante.
 
2.2. Mobiliario
Son imprescindibles unha mesa, unha cadeira e andeis.
- A mesa disporá dun taboleiro cunha superficie mínima de 1 x 0,50 m.
- A cadeira terá unha altura proporcioal ao estudante e á mesa , e un firme respaldo para evitar posturas incorrectas.
- Os andeis situaranse a carón da mesa para que o alumno dispoña facilmente do material de consulta e de traballo.
 
2.3. Iluminación
Aos destros a luz éntralles pola esquerda e aos zurdos pola dereita. É moi práctica unha lámpada articulada con bombilla azul de 60 w para reducir a fatiga da vista. Para evitar sombras, convén que o cuarto dispoña, tamén, doutra luz ambiental.
 
2.4. Temperatura e ventilación
-A temperatura adecuada para o traballo intelectual estímase ao redor dos 20ºC. O frío produce inquedanza e nerviosismo, mentres que a calor excesiva invita á inactividade.
- O cuarto de estudo debe ser ventilado con frecuencia.
 
3.- AMBIENTE FAMILIAR PROPICIO
O ambiente familiardos alumnos que acadan mellores notas, a miúdo, caracterízase por:
- Unidade de criterio entre os pais á hora de esixir aos seus fillos disciplina e responsabilidade.
- Firmeza no fundamental, con boas doses de comprensión e tolerancia. Ser firme non implica ser duro ou intransixente. O auroritarismo e a violencia nas expresións ou no comportamento non conducen a resultados poisitivos.
- Respecto sempre a un horario familiar máis ou menos flexible, a unhas normas de traballo afable e de conducta correta, e ao criterio dos demais.
- Comprensión e axuda, valorando o esforzo que se realiza o seu fillo para superarse cada día.
- Constancia á hora de esixir que os seus fillos cumpran coas súas responsabilidades. Non esquezan que os alumnos deberán ter un horario de estudo ao saír de clases. O ideal é que o alumno estudie no ensino secundario polo menos dúas horas diarias, durante os cinco días á semana e sempre á mesma hora.
-Interese polas actividades do alumno, polo seu rendemento durante o curso e polas dificultades que ao longo do mesmo poida experimentar.
 
Se pais e alumnos aplicamos estes consellos, penso, que as cousas marcharían mellor, salvo casos puntuais, que os hai.
 
¡BO CURSO E SORTE PARA TODOS!

FRASES II

Publicado: 21/09/2007 23:09 por vgomez en FRASES

As frases de hoxe, e que pretenden unha reflexión, van en torno ao tema da bondade.

 

 

A primeira é dun filósofo grego que vivíu entre o 427 A.C. e o 347 A.C.: PLATÓN.

"Buscando o ben dos nosos semellantes, atoparemos o noso".

 

 

 

A segunda é dun compositor alemán que vivíu entre 1770 e 1827: BEETHOVEN.

"O único símbolo de superioridade que coñezo é a bondade".

 

 

 

A terceira é dun médico austríaco que vivú entre 1856 e 1939: FREUD.

"A ciencia moderna non acadou aínda un medicamento tranquilizador tan eficaz como o son unhas poucas palabras bondadosas".

 

 

A última é dun escritor español que vivíu entre 1864 e 1936: UNAMUNO.

"Todo acto de bondade é unha demostración de poder".



¿E ti que pensas? Pódesme contesta...

A SELVA DO AMAZONAS REVERDECE COA SEQUÍA

Publicado: 22/09/2007 13:30 por vgomez en ZONA VERDE
20070922105956-1190389176-0.jpg
Lendo este titular parece unha contradición, pero parece que é certo.
A Revista "Science" publica un estudio das imaxes rexistradas polos satélites Terra e Aqua dos sistemas MODIS.
Ao parecer, as árbores son "moi intelixentes" e adáptanse aos períodos secos extraendo auga do solo mediante as profundas raíces que posúen. O estudio sostén que tamén a cantidade de sol adicional que capturaron as árbores durante ese período seco propiciou un crecemento máis productivo dos bosques.
 
Se queres ampliara a noticia pincha en:
La selva del Amazonas reverdece con la sequía | elmundo.es

¿TIÑA PLUMAS O VELOCIRRAPTOR?

Publicado: 23/09/2007 10:39 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20070922140924-velocirraptor.jpg

VELOCIRRAPTOR


Este dinosaurio do grupo terópodo dromeosáuridos, que vivíu no Campaniano (finais do perído Cretácico) hai uns 70-83 millóns de anos.

Se ben hai unha soa especie coñecida V. mongoliensis, outras foron nominadas no pasado. Atopáronse fósiles desta especie en Asia Central, Mongolia e China.

Foi un carnívoro bípedo, con cola longa e ríxida, e unha garra alongada e curva en cada pata, que empreñaba para matar ás súas presas. A diferencia doutros dromeosáuridos o Velocirraptor tiña cranio baixo e alongado, e un fuciño dirixido cara arriba.

Unha análise detallada dos sesu restos fósiles almacenados no Museo Nacional de Historia Natural de Estados Unidos revela que estes dinosaurios dospoñían de plumaxe e que eran máis pequenos do que se supoñía. Esta é a conclusión dun informe paleontólxico que publica a revista "Science".

Para ampliar a noticia pincha en:

El velocirraptor con plumas de Mongolia | elmundo.es
 

COSMOS IV: OS COMETAS

Publicado: 24/09/2007 09:48 por vgomez en DOCENCIA
20070924094601-halley-300.jpg

Cometa Halley

 

 

Son córpos pequenos, fráxiles e de forma irregular. Móvense ao redor do Sol, como os planetas, pero as súas órbitas son moi excéntricas (alongadas) e completan o seu ciclo en períodos que oscilan entre 5 e 300 anos.

Están formados por tres partes: o núcleo (formado por rochas e "xeos" de auga e outras substancias), a coma (formada pola evaporación dos"xeos" debido á calor solar), e a cola (formada polos mesmos gases que a coma, pero estendida polo vento solar).O astrónomo estadounidense Fred Whipple describíu en 1949 o núcleo, que contén case toda a masa do cometa, como unha "bola de neve sucia" composta por unha mestura de xeo e po.

Os homes primitivos xa coñecían os cometas. Parecen manchas de luz,a menudo borrosas, que van deixando un rastro ou cabeleira. Esto fainos atractivos, máxicos e misteriosos.

 

HALLEY: UN COMETA FAMOSO

En 1705 Edmond Halley predecíu, empregando as leis do movemento de Newton, que o cometa visto en 1531, 1607 e 1682 volvería en 1758. O cometa volveu tal e como el dixo. Posteriormente levou o seu nome na súa honra.

O periodo medio da órbita de Halley é de 76 anos. O cometa volverá ao sistema solar interior no ano 2061.


Outro cometa famoso é Hale-Bopp que é un cometa periódico que volve cada 3.000 anos e que se achegou á terra en 1997, causando unha gran espectación.

AXENDA 21 ESCOLAR

Publicado: 25/09/2007 12:52 por vgomez en ZONA VERDE

 
     ¿QUE É A AXENDA 21 ESCOLAR?    

 A Conferencia das Nacións Unidas sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento que tivo lugar en Río de Xaneiro en 1992 aprobou, como un dos seus documentos máis relevantes, a Axenda 21. En realidade a Axenda 21 significa un plan de traballo global para o século XXI, un plan de acción das Nacións Unidas para un desenvolvemento sostible, que comprende e conxunta cuestións ambientais, económicas, sociais e culturais.

Pero, tal como se indica no documento, para facer realidade este proxecto é necesario “pensar globalmente e actuar localmente”, de forma que a filosofía da Axenda 21 busca implicar especialmente a poboación local. Por iso, no seu capítulo 28, fai un chamammento a todos os pobos e cidadáns do mundo para que, traducindo os obxectivos globais da Axenda 21 en plans e accións concretas para as comunidades, elaboren as súas propias Axendas 21 Locais.

As iniciativas cara á sostibilidade derivadas da Axenda 21 deben desenvolverse a todos os niveis posibles: individual, de colectivos, empresarial, municipal, escolar, etc. pero non de forma aillada, senón creando conexións e alianzas entre eles a través de foros comúns (parece razoable que, cando exista, a Axenda 21 Local municipal sexa quen coordine esas conexións). NestE sentido, a participación dos centros escoilares especialmente cando o municipio no que se asentan elaborou a sua Axenda 21 Local ou está en proceso de facelo, adquire sen ningunha dúbiuda especial relevancia.         

Os centros educativos parecen o lugar idóneo para aprender a vivir de maneira sostible na práctica diaria. A escala, é posible que os centros desenvolvan un proceso moi parecido ao da cidade cos súas Axendas 21 Locais, descubrindo e analizando os seus principais problemas, asumindo responsabilidades sobre eles e comprometéndose a mellorar a súa xestión integral, elaborando a súa Axenda 21 Escolar.

20070926201220-medio-ambiente01.jpg
A expresión desenvolvemento sostible fíxose cada vez máis popular desde que foi adopatada como proposta de futuro no Cumio de Río de Xaneiro (1992), converténdose ela mesma ou as simples palabras "sostible" ou "sostibilidade", progresivamente, nun novo talismán que cada vez usan máis persoas ou grupos e nunha apostila insdispensable como aval de numerosos proxectos e realizacións.
 
Imos pois tratar de clarificar este concepto, procurando unha definición.
 
A Comisión Brundtland (creda pola ONU en 1987 e dirixida polo sueco Gro Harlem Brundtland) define o desenvolvemento sostible como aquel "que satisfai as necesidades da xeración presente, sen compremeter a capacidade das xeracións futuras para satisfacer as súas propias necesidades". Esta definición parece encerrar ou conter dous conceptos fundamentais: o de necesidades e o de limitacións.
 
1. O de necesidades. Atendendo á definición, evolucionar cara a un desenvolvemento sostible debería supoñer intentar satisfacer as necesidades de todos e, polo tanto, en particular as necesidades esenciais dos que non as teñen. A cobertura de necesidades que poida esterder e incrementar o benestar a todos os habitantes do planeta parece levar consigo a aceptación dalgúns principios:
 
* O principio de responsabilidade e racionalidade no consumo de recursos, que implica a conseguinte modificación de hábitos de consumo absolutamente insostible nas sociedades avanzadas, e a evolución xeneralizada cara a modelos e políticas de auténtico desenvolvemento que busquen fransformar en exclusivo benestar material en auténtica calidade de vida, dotándoa das correspondentes dimensións sociais, éticas, culturais e espirituais.
 
* Principio de equidade para que poidan saír da pobreza e alcanzar benestar e desenvolvemento os que agora non o teñen.
 
2. E o de limitacións. A satisfacción de necesidades para as xeracións actuais e futuras está condicionada polos límites impostos pola propia biosfera, límites establecidos polos recursos naturais existentes e, dunha forma máis importante, pola capacidade de asimilación de residuos, que é probablemente o ámbito onde se xeraron a maioría e os mías importantes problemas ambientais coñecidos.
 
En definitiva, o termo desenvolvemento sostible paracer ter o acerto de esbozar unha determinada filosofía e unhas determinadas pautas de actuación, que finalmente enmarcan dentro dos seguintes trazos, que en realidade se poderína construír ou entender como características propias das sostibilidade:
- Sostibilidade ecolóxica: require que o desenvolvemento sexa compatible co mantemento dos procesos ecolóxicos, a diversidade biolóxica e os recursos naturais, mantendo as características dos ecosistemas e a súa duración a longo prazo.
- Sostibilidade económica: que o desenvolvemento sexa económicamente eficiente e equitativo entre as xeracións e dentro delas. Por un lado, xestionando adecuadamente os recursos naturais e por outro tratando de logarar o suficiente benestar para os habitantes do planeta, o que implica a necesaria solidaridade intra e interxeracional.
- Sostibilidade social: que require un desenvolvemento que aumente o control das persoas e grupos sociais sobre as súas propias vidas, o cal facilitará a existencia de sociedades unidas e estables capaces de posibilitar a solidaridade internacional e a participación na resolución global dos problemas planetarios.
 
De forma que un auténtico desenvolvemento sostible debe pretender a intersección destes tres elementos, buscando que os obxectivos de xestión que se formules e as accións que se emprendan trataen de ser, de maneira simultánea, ecolóxica e economicamente viables e desexables desde o punto de vista social.

HUMOR ESCOLAR

Publicado: 28/09/2007 18:05 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20070928180517-20070928elpepivin-1.jpg.gif

Fágome eco dunha viñeta do xenial humorista gráfico FORGES, do xornal El Pais de hoxe 28-09-207 onde se abordan temas da actualidade nun contexto educativo e cuns alumnos-as "especiais".


 

O CINTO DE ASTEROIDES

Publicado: 29/09/2007 09:12 por vgomez en DOCENCIA
20070928192048-1190796906-0.jpg

SONDA DAWN

ASTEROIDES:

Os asteroides son fragmentos rochosos ou metálicos, cunhas dimensións que varían desde unha pequena rocha ata ter 1.000 km de diámetro, caratectizados por unha superficie irregular e a ausencia de atmosfera.
Algúns asteroides, sen embargo, teñen órbitas que van máis alá de Saturno, outros achéganse máis ao Sol que á Tierra. Algúns colisionaron contra o noso planeta. Cando entran na atmosfera, póñense incandescentes, transformándose en meteoritos.



O CINTO DE ASTEROIDES:
Atópanse entre as órbitas de Marte e Xúpiter. Nesa rexión, duns 550 millóns de km, orbitán máis de 18.000 asteroides, algúns incluso teñen satélites que xiran ao seu redor. Por razóns descoñecidas non lograron no seu día formar outro planeta.
Entre eses asteroides atópanse CERES, o máis grande, descuberto en 1801, con 457 Km de radio e cunha distancia media ao Sol de 413.900.000 Km.
Outro asteroide importante é VESTA, con 262 km de radio, descuberto no ano 1807 e aunha distancia media do Sol de 353.400.000 km.
O pasado xoves 27, a sonda "DAWN" (amañecer) emprendeu o seu voo con dirección ao cinto de asteroides, onde chegará dentro de catro anos. O obxectivo da nave é explorar os asteroides Vesta e Ceres. Os investigadores da NASA pensan que neles poden estar as claves da orixe do Sistema Solar.


Para coñecer máis sobre esta misión espacial, pincha en:

'Dawn' despega hacia el cinturón de asteroides | elmundo.es
    

20070930225337-48desierto.jpg
(UNEP)