Se muestran los artículos pertenecientes a Enero de 2009.

20090102105418-fotovoltaica.jpg

Planta fotovoltaica de Amareleja (Foto: Acciona)

A maior planta de enerxía fotovoltaica do mundo acaba de inagurarse no país veciño:Portugal, concretamente preto da fronteira co noso país, no Alentexo, en Amareleja (Moura).

Ten unha potencia de 46 Megawatios (Mw), que producirán 93 millóns de kilowatios/hora.A central solar ocupa unha superficie de 250 hectáreas e consta de 2.520 seguidores solaresde 140 m2 (13 m de longo por 10,8 m de ancho). Cada un deles alberga 104 módulos de silicio policristalino, de 170 e 180 Mw de potencia, con 262.080 módulos fotovoltaicos no comnxunto da central solar. Os seguidores desenvolven un movemento acimutal de 240º de xiro seguendo a parábola do Sol, cunha inclinación fixa de 45º.

 

Esta central evitará a emisión de 89.383 toneladas anuais de CO2 en centrais de carbón. Construída pola empresa española Acciona, produccira a enerxía que poden gastar 30.000 fogares portugueses.

Aínda en construcción, en España, está a plata fotovoltaica de Puertollano, que no momento de estar rematada producirá algo máis que a portuguesa, un total de 47,6 Mw.

¡Este é o camiño, as enerxías renovables e limpas!

 

20090102113535-nebulosa-ojo-gato.jpg

Nebulosa "Ollo de gato".

En 1609 (hai 400 anos) Galileo Galilei apuntou por primeira vez cara ao ceo cun telescopio. Esa é a razón pola que a UAI ( Unión Astronómica Inernacional) celebra este ano, recien estreado, o Ano Internacional da Astroniomía.

Xa conmentamos, hai días, iniciativas e eventos que se están levando a cabo. Nós iremos reseñando ao longo do ano móitas máis.

Como comenzo, quedémonos coa esta imaxe, gracias a esa máquina científica que temos no espazo, orbitando ao redor da Terra, cunha capacidade de ver o ceo cunha resolución incrible, comparable a distinguir, dende un quilómetro de distancia, dous puntiños separados medio milímetro un do outro: o telescopio espacial Hubble.

¡Bo ano astronómico para todos e todas!

¿REIS OU MAGOS?

Publicado: 04/01/2009 14:04 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20090104140419-reismagos2.jpg

Na nosa cultura o Nadal leva consigo aparellado tres figuras que acudiron a adorar a Xesus e leváronlle tres presentes: ouro, incenso e mirra. Esas figuras son os Reis Magos de Oriente.

Un semanal ligado a un periódico nacional "El Pais" facía hoxe unha reflexión sobre estas tres figuras, preguntándose: ¿Existiron realmente? ¿Eran homes ou mulleres? ¿Cantos eran? ¿Eran reis realmente ou non? ¿De onde eran? ¿Seguiron unha estrela?

Tratarei de describir os aspectos máis salientables desta reportaxe histórica de Luis Miguel Ariza.

1º  Na Biblia non se cita nin unha soa vez que eran reis. Os evanxeos falan "simbolicamente" de Magos, pero sen citar número e sexo. Investigando textos, as tradiciones antiguas suxiren que puideron existir ata doce. Foi o papa Leo o Grande (entre os anos 440 e 464 despois de Cristo) o que popularizou a idea de tres Magos", basándose nos tres regalos tan caros que trouxeron :ouro, incenso e mirra.

A procedencia non é clara. San Mateo refírese a eles como "magos"; un termo grego, magoi, que é o nome dunha tribu parta de orixe persa.

¿E a estrela? Se existise confirmaría unha teoría de que eran astrónomos ou astrólogos, polo interés premoritorio dese astro. Pero curiosamente cítase que o obxecto brillante no ceo aparece dúas veces (para ir a Xerusalen e para sinalar Belén). Supoñendo que os magos fosen persas, terían que recorrer 1.500 km e, contando cos medios de locomoción daquela época, tardaría entre 2 e 12 meses o que suxire que a estrela de Belén puido ser una nova (resultado  dunha explosión estelar) que durou uns dous meses e medio. Segundo outra teoría puido ser a conxunción dos planetas  Xupiter e Saturno. Os atrónomos babilónicos rexistraron esa aproximación que durou 11 meses.

Como vedes pouco claro en todos os aspectos. De calquera xeito segue a perdurar o número 3 (tanto no número de figuras como de regalos), que eran magos (posiblemente persas) con coñecementos astronómicos e que a luz procedía posiblemente da conxunción de Xúpiter e Saturno.

Se queredes ler o toda a reportaxe pincha en Seguindo a pista dos Reis Magos  

¡Maña será a noite de reis!

HUMOR: REIS E CRISE

Publicado: 05/01/2009 11:10 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20090105111058-kiko5.jpg

Nesta viñeta de Kiko publicada no Faro de Vigo (05/01/209) recóllese a problemática da crise, agudizada na costa de xaneiro, despois dos grandes gastos do Nadal.

¡REGALOS! ¿ILUSIÓN?

Publicado: 06/01/2009 20:51 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20090106204127-giftwraps.jpg

No día de hoxe, día de Reis, en case todas as casas prodigáronse os regalos. Regalos dos pais, dos avós, dos irmáns, dos padriños, ... ¡Regalos e máis regalos! ¡E eso que estamos en época de crise! No día de onte, as rúas estaban  ateigadas de xente, con presas, mercando os últimos agasallos, pero eses agasallos ou reis consumistas tiñan algunha ilusión?

ILUSIÓN, palabra que case desapereceu do noso vocabulario. Si, pois a maior parte dos regalos contamos con eles, veñen a paliar cousas que precisamos (que por outro lado aínda son prácticos), moitas veces repetitivos. Penso que os únicos que se libran desta situación son os máis pequenos que na noite pasada durmiron cun ollo aberto pensando que ían chegar os reis, eso si para traerlles o que eles xa pediran, polo que é unha ilusión a medias, unha ilusión de conseguir o que querías.

Moito cambiaron os tempos, para mellor, penso eu, pero non neste aspecto, o da ilusión, non só neste día de reis, senón na ilusión da vida, do traballo, do que teño que facer, etc.

Sobre este tema deixovos cunha naracción dunha persoa da miña casa, que fai os  seus pinitos literarios, que trata esta problemática. Espero que sexa do voso agrado e que serva  de reflexión sobre esa palabriña: A ILUSIÓN.

 

 

Unha lenda de Nadal

 

Dise que cada vez que un neno deixa de crer nos trasgos, un destes morre. Pois algo parecido sucede co Nadal.  Cada vez que un de nós, nenos e non tan nenos, deixa de crer nel, nos Reis Magos, ou na súa maxia… o Nadal, deixa de ter sentido.

A historia que vos vou contar non é máis que como a ilusión dun neno, puido facer que os seus soños se fixeran realidade. E grazas a outros nenos coma el, que o Nadal siga existindo:

 

Polo ermo camiño das Fontiñas o frío pousase sobre as molladas follas das árbores, e os refachos de vento moven as tellas e as ventás da casa de Marco.

Este inverno presentouse máis frío que de costume. Una gran nevada enchía tódalas herdades co seu branco manto… O Nadal estaba próximo.

Marco ten 7 anos, e a súa humilde familia vivía nunha vella casa afastada da montañosa vila das Cabanas. Os seus pais traballaban no campo, polo que máis ben era una familia con poucos recursos económicos, e xa facía varios anos nos que cada 6 de xaneiro non agardaban regalos baixo a árbore.

-“Mamá, ¿Por qué os Reis Magos nunca se lembran de nós, e non nos deixan regalos baixo a árbore?”- preguntaba.

-“Porque senón os camelos morrerían co frío, porque xa sabes que os camelos son de climas quentes”.

Polo que Marco razoaba: “¡Ah! Entón é por iso os nenos de Groenlandia teñen a Santa Claus para que lles traia regalos.”

A pesar de todo, cada ano, Marco escribía con gran ilusión a carta ás Súas Maxestades, fixese frío ou non. Xa facía 2 anos que seguía pedindo o mesmo regalo, un trineo de madeira. E cada ano, podía comprobar como non estaba ó carón da árbore. Malia todo, Marco nunca perdeu a esperanza de que algún día puidese ver cumprido o seu soño de poder xogar polos campos preto da súa casa co seu marabilloso trineo. Este ano non ía ser menos, e días antes da sinalada data, Marco comezou a escribir a súa carta.

A súa nai Elsa, admiraba a ilusión do seu fillo, pero sabía que un ano máis o seu soño non podería ser realidade. A situación económica estaba mal, e outra vez a seca árbore non tería regalos ós seus pés.

Os días foron pasando paseniño a paseniño de igual maneira que caían as folerpas de neve, e deste xeito chegou a véspera do día de Reis. Elsa xa fixera todo o posible para facerlle ver o seu fillo as dificultades que tiñan os Reis Magos para poder chegar a súa casa, pero aínda así o neno resistíase a crer o evidente:

-“Mamá, non digas iso, eu presinto que esta noite virán, sei que virán”.

-“Non fillo, non esperes gran cousa, será difícil, anuncian unha gran nevada esta noite”.

Nese mesmo intre, o pai entra pola porta:

-“¡Papá, papá! ¿A que esta noite virán os Reis e van traer o meu trineo? ¿A que si papá, a que si?”

O pai frunciu o ceño, e súa resposta no foi outra que a que supuña arrebatarlle a ilusión a un neno:

-“Non fillo, creo que xa van sendo horas de que medres. Vouche dicir unha verdade que pode que che doa, pero xa é tempo de sabela: Os Reis Magos non existen.”

O neno todo asustado replicou: “¡Non é mentira, non digas iso! ¿Mamá, a que está a mentindo?”

A nai calada, só foi capaz de asentir. Nese intre o pobre rapaz comprendeu o que pasaba, e decepcionado correu cara súa habitación mentres un mar de bágoas corría polas súas fazulas.  

Aquela noite foi triste para Marco, para el, ou para calquera outro neno ó que lle arrebatan a ilusión de tal xeito. Pero a pesar de todo, Marco non se deu por vencido, é como era costume nel, antes de deitarse baixou á cociña encher un barreño con auga para os camelos. Os nervios impedíanlle durmir a xeito. Xa era media noite, e as secas badaladas do reloxo da igrexa das Cabanas escoitábanse coma un rumor por mor do vento que zoaba naquela zona. Marco seguía na súa cama, quedo, somnolento, inmerso da escuridade da súa habitación. Naquel instante escoitou uns ruídos que proviñan da cociña, coma pasos. A emoción de Marco comezou a xurdir… pouco a pouco escoitaba como aqueles pasos aproximábanse cara o cuarto onde se atopaba a árbore. Marco xa non podía conterse máis, e dun chimpo baixou da cama e buliu escaleiras en baixo. Mentres baixaba podía ver coma un máxico resplandor diminuía na habitación onde se atopaba a árbore e con el, o ruído que antes escoitaba dende o seu cuarto. Refregando os ollos, alí estaba a ergueita figura do rapaz fronte a árbore, que non podía crer o que estaba contemplando, ¡o seu trineo estaba alí!

Rapidamente buliu escaleiras arriba para espertar ós seus pais:

-“¡¡Mamá, papá!! ¡¡O meu trineo, touxérono!! ¡¡Aquí está!!!

-“¿¡Pero que dis? ¡Ti  estás a durmir!

A incredulidade dos pais era igual ca do seu fillo. Non podían dar cabida ó sucedido.

-“Elsa, ¿fuches ti verdade?, ¡fuches ti quen o deixou baixo a árbore!

-“¡Non Tomás, non! ¡Eu non teño nada que ver! ¿Cando ía ir, se estiven toda a noite contigo?

É era certo. Algo máxico sucedera. Se ningún dos pais de Marco puxera o trineo alí, ¿quén ía ser?

 

Vela aquí está un exemplo máis do que a maxia do Nadal, a ilusión e o espírito destas datas pode chegar a facer. Sexades nenos ou non, nunca perdades a ilusión polos vosos soños. Quen sabe, se vos portades ben, igual a Súas Maxestades poñen da súa parte para poder cumprilos.

 

                                                                                                                              Koyumbaba

 

2º TRIMESTRE

Publicado: 07/01/2009 23:44 por vgomez en COMUNICADOS
20090107234424-images.jpg

Espero que todos e todas teñades cargadas as pilas para afrontar o 2º trimestre, que eu penso que o máis ponderante de todos e iso non quere dicir o decisorio, e que ten datas que temos que ten en conta:

Inicio clases: 8 de xaneiro (xoves).

Remate clases: 2 de abril , entrega de notas e comenzo vacacións de S. Santa (venres).

Vacacións: 23-24-25 de febreiro: luns, martes e mércores (Entroido).

                     19 marzo- S. Xosé (xoves).

                     20 marzo- Día do Ensino (venres).

Actividades propias da miña materia:  Reforzo educativo 1º e 2º E.S.O. e dúbidas na materia do trimestre:

Cadernillo : Inicio 8 de xaneiro - Renate 6 de febreiro.

Proba : 17 de febreiro.

Atención ás dúbidas: 1º ESO Luns e 2º ESO martes ( 11:50-12:20 LAB QUIM).

¡Ánimo e bo trimestre! ¡Traballo diario!

 

 

 

 

A VÍA LÁCTEA

Publicado: 08/01/2009 17:47 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20090108174726-images.jpg

Vía Láctea, ese é o nome da nosa galaxia , tamén coñecida como Camiño de Santiago. En realidade é unha agrupación de100.000 millóns de estrelas en forma de espiral ou xirándula. Componse duns brazos espirais que xiran ao redor dun gran núcleo central. O noso Sistema Solar atópase entre dous brazos, nunha zoa pouco poboada de estrelas e ás aforas da mesma, a unha distancia do centro duns 30.000 anos luz. O tamaño da nosa galaxia é duns 100.000 anos luz.

Ata aquí é todo máis ou menos coñecido. A noticia é que na reunión anual da Sociedade Americana de Astrofísica, celebrada hai uns días en Long Beach (California-EEUU) presentouse os resultados dunha investigación do Centro de Astrofísica de Harvard-Smithsonian no que se confirma que a velocidade con que xira a nosa galaxía é moito máis do que se pensaba. Esta xira á velocidade, nada despreciable, de 965.000 km/h. Para obter este dato os científicos empregaron o radiotelescopio Very Long Baseline Array (VLBA), un conxunto de 10 antenas, distribuídas por todo o país, que conforman unha das maiores instalacións de observación dende a Terra.

Pero a noticia non queda só neso. Ese aumento de velocidade (estimada en 160.00km/h) con respecto a anterior, implica que a súa masa é moito maior e fai moito máis probable que colisionemos con outra galaxia, a máis próxima, a galaxia de Andromeda.

¡Pero non preocuparse, ... nun futuro moi lonxano!

DOMINGO DE SOTO

Publicado: 09/01/2009 19:06 por vgomez en NOMES PROPIOS
20090109190544-images.jpg

Domingo de Soto naceu en Segovia en 1494. Frade dominico. Estudiou en Salamanca, Alcala de Henares e París. Carlos V enviouno ao Concilio de Trento comio teólogo imperiral, sendo posteriormente o seu confesor.

Ten numerosas obras de teoloxía, dereito, filosofía e lóxica. Comentou varios libros de física e lóxica aristotélica, sendo o primeiro en establecer que un corpo en caída libre vai con movemento uniformemente acelerado, e non só iso, senón que aplicou con éxito a matemática a este problema. Este principio sempre foi atribuído a Galileo Galilei que vivíu entre 1564 e1642. Lembremos que este postulado foi o alicerece para que posteriormente xurdira a lei da Gravitación Universal de Newton, perefeccionada posteriormente pola Teoría da Relatividade de Einstein.

Domingo de Soto morreu en Salamanca en 1570.

CUMPREANOS DE TINTÍN: 80

Publicado: 10/01/2009 13:43 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20090110134333-cumpleanos-tintin.jpg

Non sei vós, pero éu son un seguidor, dende moi pequeno, das aventuras de Tin Tin (o neno-reporteiro) e hoxe está de cumpreanos, nada menos que 80 anos.

Dende que un debuxante belga de 21 anos, chamado George Remi (que firmaba co seudónimo Hergè, que procede de darlle a volta ás súas iniciais RG, pronunciadas en francés) publicara a primeira tira cómica con Tintín no suplemento infantil do diario belga "Le Vingtieme Siecle" o 10 de xaneiro de 1929, publicáronse máis de 200 millóns de libros coas súas aventuras en máis de 50 idiomas. 

A primeira aventura foi "Tintín nopaís dos soviets" (portada que vedes na fotografía) e aproximadamente durante un ano seguiron publicándose mo formato de serie, ata que, debido a súa popularidade , convertíronse en libro.

Durante a vida de Hergè publicáronse un total de 23 libros de Tintín. Un máis publicóuse despois de que morrera en 1983. Todos os anos véndense uns cuatro millóns de libros de Tintín no mundo.

¡Felicidades Tin Tin!

 

GLOBOS ATMOSFÉRICOS

Publicado: 11/01/2009 11:50 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20090111115035-globo-medir-presion-atmosferica.jpg

A NASA e a Fundación Nacional das Ciencias acaban de facer público que probaron con éxito un novo globo atmosférico para a exploración científica a gran altura.

A proba, levada a cabo a finais do ano pasado, realizouse na Antártida. O prototipo, dun grosor similar ao do plástico, é moi resistente e ten un volume de 200.000 m3(equivalentes a 80 piscinas olímpicas). No futuro o volume será maior (625.000 m3), levando no seu interior 1000 quilogramos de instrumental, podendo superar os 33.000 m de altura. O prototipo lanzado atópasa nestes momentos a 32.000 m de altura.

Estes globos, de gran duración e altamente resistentes á presión, son moito máis baratos que os satéiltes coa posibioliodade de recuperalos e reutilizalos.

 

 

EXPOSICIÓN SOBRE CAMBIO CLIMÁTICO

Publicado: 12/01/2009 18:19 por vgomez en COMUNICADOS
20090112181849-images.jpg

  CAMBIO CLIMÁTICO

O NOSO MUNDO, O NOSO FUTURO, A NOSA OPCIÓN

Dende hoxe, día 12, ata o día 16 de xaneiro, está aberta esta exposición no Centro Cultural. Aínda que nela participarán alumnos de 3º, 4º de ESO e 1º BACH do noso Centro (materias de Biloxía-Xeoloxía e Ciencias para o Mundo Contemporáneo), é aberta para todos e todas, alumnos e non alumnos. O mellor horario para asistir é pola tardes a partir das 5, pois polás mañás, tedes clase e está reservada fundamentalmente para Centros de Ensino.

Esta exposición pretende dar a coñecer a todos os galegos e galegas o problema ambiental do cambio climático, informando sobre as súas causas e consecuencias a nivel global e tamén en Galicia. Ademais intenta estimular a participación e reflexión dos visitantes propoñendo novos comportamentos comprometidos e accións positivas co clima que loiten contra o cambio climático e fomenten un desenvolvemento máis equilibrado, social e ambientalmente.

¡Merce a pena!

 

 

 

 

 

INMERSIÓN VERÁN 2009

Publicado: 12/01/2009 18:30 por vgomez en COMUNICADOS
20090112130231-axudasle-portada.gif

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca 2.650 prazas para realizar actividades de inmersión lingüística no verán de 2009. Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma Galega dos cursos 6º de Primaria, 1º, 2º, 3º e 4º ESO e 1º, 2º de BACH e que non gozase dunha bolsa de inmersión 2008.

 Un exempo: Para 1º ESO hai 200 prazas, para inglés, en réxime de aloxamento en campañentos ou residencias, cunha duración de 2 semanas, en distintos lugares de España, cun custe de 1.000 € e cunha aportación da familia de 100 €.

Outro exemplo: Para 2º ESO hai 400 prazas (300 inglés e 100 francés), en aloxamento en familias ou residencias de Francia, Irlanda e Reino Unido, cunha duración de 3 semanas, cun custe de 1860 € e cunha aportación familiar de 150 €.

O PRAZO ESTÁ ABERTO ATA O 9 DE FEBREIRO

Se estás interesado/a e queres maís información pincha nos seguintes enlaces:

CARTEL INMERSIÓN 2009

DOGA INMERSIÓN 2009

 

PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS

Publicado: 13/01/2009 10:39 por vgomez en COMUNICADOS
20090113104656-logofp.jpg

O Diario Oficial de Galicia (DOGA) publicou a Orde do 2 de decembro de 2008 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos (grao medio e superior) de formación profesional do sistema educativo.

Se estás interesado ou queres obter máis información pincha en PROBAS ACCESO A CICLOS

XOGOS: O PREGUNTOIRO

Publicado: 13/01/2009 17:51 por vgomez en XOGOS
20090113111503-boton.jpg

Na páxina da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (PORTAL EDUCATIVO), que podedes atopar en ENLACES, hai unha sección de XOGOS. Iremos pouco a pouco coñecéndoos e facilitando información sobre eles. Hoxe tócalle a O PREGUNTOIRO.

O preguntoiro é un xogo de preguntas e respostas en tres versións :Estandar (8 niveis de dificultade), Desafío (respostas nun tempo limitado e Maratón (respostas sen máis, a modo de adestramento). Hai varias categorias (Arte, Bioloxía, Etnografía, Historia, Lingua, Literatura, Refrans e Xeografía). A versións estandar admite varios xogadores.

Pero penso que o mellor e que o vexades. Pincha en O PREGUNTOIRO

HUMOR: O FRÍO

Publicado: 14/01/2009 17:12 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20090114171225-resize.php.jpg

Levamos varios días cun FRÍO tan grande que podemos cualificalo como INVERNAL. A estación meteorolócica no noso Centro rexistrou na última semana unha mínima a reseñar -3ºC e eso que estamos nas proximidades do mar.

Sobre esta temática trata a viñeta de O Carrabouxo, publicado no xornal La Región no día de onte. ¡Que frío!

ÓCIO: MÚSICA

Publicado: 14/01/2009 17:42 por vgomez en MÚSICA
20090114174235-images.jpg

A MÚSICA é esa manifestación artística que suscita unha experiencia artística no que a oe, e expresa sentimentos, circunstancia, pensamentos e ideas. Pero a música tamén é un estímulo e polo tanto polo que pode cumprir funcións como entretemento, ambientación, etc.

Neste último apartados imola tratar, como ÓCIO. Presentase este ENLACE par poder gozar dela: oíndoa, vídeos dos cantante/es, lendo a súa letra (incluso serve para practicar idiomas) e sempre selecionando coas letras do abecedario no mome do cantante/es (despois aparecerán os temas e faremos a última selección)

Neste caso foi unha selección ao chou, para que vexades, pero podedes parala inmediantamente e facer outra selección, a vosa. Se queres probar pincha en MÚSICA  

XOGOS: DESFACHICABOLA

Publicado: 15/01/2009 18:43 por vgomez en XOGOS
20090113112655-bola2.jpg

Continuando cos xogos que oferta o Portal Educativo (que tedes en ENLACES), imos hoxe co xogo da DESFACHICABOLA.

É un xogo de habilidade, similar ao tenis. Nel tes que mover a pa da dereita (co rato ou coas teclas [arriba] e [abaixo] ) de arriba a abaixo para que as bombas que andan pola pantalla non saian pola dereita. Tes 5 vidas, e con cada vida que perdas, a mecha da túa dinamita irase queimando. O ordenador ten máis vidas ca ti, ¡co que tes que ser moito mellor ca el! Hai 8 niveis, cada un máis difícil e ¡ moito máis rápido có anterior!

Imos coñecelo. Pincha en DESFACHICABOLA

JOAN MASSAGUÉ

Publicado: 16/01/2009 10:13 por vgomez en NOMES PROPIOS
20090115113913-1227273010-0.jpg

Joan Massagué (Foto: Javier Cortera)

Falar de Joan Massagué e falar de cancro. Científico e investigador español, nacionalidazo en EEUU. Naceu en Barcelona no ano 1953. Esudiou Farmacia e doutorouse en Bioquímica pola Universidade de Barcelona. Estivo nas Universidades de EEUU de Brown e Massachusetts. En 1989, pasou a dirixir o Departamento de Biloxía Celular e Xenética do Memorial Sloan-Kettering Cancer Center de Nueva York. A su vez, é investigador do Horward Hughes Medical Institute e director adxunto do Institut de Recerca Biomèdica (IRB Barcelona), supervisando os grupos de investigación do Instituto MetLab.

O seu traballo está centrado no estudio de mecanismos de señalización que son esenciais para o desenvolvemento normal dos tecidos e que se alteran coa presenza do cancro. É un dos investigadores máis importantes nas área de regulación da división celular e da metástase do cancro.

As súas investigacións foron clave no coñecemento dos mecanismos que permiten deter a proliferación celular, proceso que cando se descontrola leva á formación de tumores. Tamén, a raíz das súas investigacións, permitiron identificar os 18 xenes que contrlan a metástase das células tumorales do cancro de mama cara a outros órganos, que abre posibilidades de investigación neste aspecto do cancro.

Autor de innumerables artigos científicos, galardóns e distincións, entre eles o Premio Principe de Asturias de Investigación Científica e Técnica no ano 2004.

HUMOR: CRISE E DESEMPREGO

Publicado: 17/01/2009 10:30 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20090117103030-2009-01-24-vin-2009-01-17-01-25-00-davila.jpg

Viñeta de Dávila no xornal Faro de Vigo do 17-01-09

XOGOS: O AFORCADO DE SAN XOÁN

Publicado: 17/01/2009 10:31 por vgomez en XOGOS
20090113113401-aforc2.jpg

Seguimos cos xogos aos que podedes acceder por medio do POTAL EDUCATIVO en ENLACES. Hoxe falaremos do AFORCADO DE SAN XOÁN.

Neste xogo só tes que adiviñar a palabra agochada, dicindo as letras que cres que ten. Tes 5 oportunidades, antes de que queimen o Meco (por cada letra que non estea na palabra, subirá o lume da fogueira).

Imos coñecelo, pincha en O AFORCADO DE SAN XOÁN

IMAXES: O MONTE SANTA TEGRA

Publicado: 18/01/2009 11:22 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20090118112236-k23o8305.jpg

Desde abaixo (Foto: Manuel Marras)

No xornal de hoxe (La Voz de Galicia), na súa edición dixital, publica hoxe un álbum sobre o Monte Santa Tegra, co título: MONTE DE SANTA TEGRA, A ENVEXABLE PEGADA HISTÓRICA. Consta de 13 fotos e son da autoría de Manuel Marras.

¡Imos velas! Pincha en MONTE SANTA TEGRA

NOTICIAS BREVES: O PAPEL

Publicado: 19/01/2009 17:45 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20090119174541-bien-verde-como-reutilizar-papeles-460x345-la.jpg

En España consómense ao ano 270.000 toneladas (270.000.000 kg) de papel de oficina, das que só o 3% son de papel reciclado.

¡20 toneladas de papel reciclado aforran 634.000 litros de auga!

¡Queda moito por facer!

Dende o pasado 1 de xaneiro xa non se imprime o BOE (Boletín Oficial do Estado). Esto leva un  aforro de 3.500 toneladas (3.500.000 kg) de papel. A versión dixital é dende esa data a única e ten caracter oficial. Pero non é só aforro en papel, tamén en cartos: 3,6 millóns de € (que foi o que custou facelo en papel o ano 2007).

¡Boa iniciativa!

HUBBLE

Publicado: 20/01/2009 11:38 por vgomez en VÍDEOS

Xa comentamos que este ano 2009 celébrase o ANO INTERNACIONAL DA ASTRONOMÍA. Dende aquí celebramos, coas nosas humildes posibilidades, este evento.

Hoxe imos facelo mediante un vídeo onde se pon de de manifesto a importancia do telescopio Hubble na investigación do Universo.

O Hubble é un proxecto espacial da NASA e ESA, posto en órbita o 24 de abril de 1990, que orbita a unha altura de 593 km sobre o nivel do mar.

Se queres coñecer o seu funcionamento e os seus logros pincha no vídeo.

XOGOS: MAPAS INTERACTIVOS

Publicado: 20/01/2009 17:45 por vgomez en XOGOS
20090120134128-mapas.jpg

Este XOGO interactivo esta adicado ao entretemento pero tamén a aprendizaxe da Xeografía, empezando por Galicia, España e o resto do mundo. Pode traballarse dende tres puntos de vista : PUZZLE, ¿COMO SE CHAMA? e ¿ONDE ESTÁ?

Atoparédelo en TEMAS : XOGOS. Se agora queres velo pincha en MAPAS INTERACTIVOS

CINE A21EG:

Publicado: 20/01/2009 18:18 por vgomez en COMUNICADOS
20090120181701-tierra.jpg

A21EG, dentro das actividades do Comité Ambiental, proxecta o mércores 21 de xaneiro, ás 16 horas a película "TIERRA" (Earth).

Trátase dunha película-documental do ano 2007 cunha duración de 96 min. É un ha coproducción GB-Alemana e os directores da mesma son Alastair Fothergill e Mark Linfield. Esta película logra mostrar con todo esplendor a beleza do reino animal, ao tempo que alerta do seu progresivo perigo de desaparición. Ao longo das catro estacións, retrátase os contrastes entre as diferentes partes do planeta e as súas transformacións naturais.

¡Estades invitados!

WILKINS A PUNTO DO COLAPSAR

Publicado: 21/01/2009 18:16 por vgomez en ZONA VERDE
20090120174521-1232444260-0.jpg

Plataforma de xeo de Wilkins (Antártida)  (Foto: Reuters/Bas)

As plataformas de xeo son extensións de capas de xeo continental que flotan no mar. A plataforma de Wilkins, que se atopa na península ártica, que na súa orixe cubría 16.000 km2, foi perdendo superficie e está a punto de desaparecer. Neste momento atópase unida por unha franxa de 40 km de longo (cando hai 50 anos era de 100)  e 500 m de expesor no punto máis estreito. A temperatura na península antártica aumentou uns 3ºC dende 1950.

¿Cambio Climático?

A Antártida ou continente antártico é unha masa terrestre cuberta na súa maior parte por xeo e que rodea ao Polo Sur. Considérase continente antático a todos os territorios e mares situados ao sur do paralelo 60º, incluíndo os arquipélagos das Georgias do Sur e Sandwich do Sur, que son as rexións máis próximas ao continente sudamericano.

 

Foto

Se queres coñecer máis deste continente xeado, podes facelo na seguinte páxina onde Alfredo Merino (enviado especial do xornal El Mundo) e que participou na expedición Internacional Inspire Antartic, que tiña por obxectivo chegar a E-Base (que é un edificio ecolóxico e sustentable que funciona dun modo eficaz dende o punto de vista medioambiental e de recursos.  Pincha aquí A ANTÁRTIDA  

 

 

FERRAMENTAS: APRENDER A ESTUDIAR

Publicado: 22/01/2009 10:42 por vgomez en DOCENCIA
20090122104240-estudiar.jpg
Cada día estase constatando máis o fracaso escolar no que estamos implicados todos os sectores (profes, alumnos e pais). Dende aquí queremos tratar un problema co que se atopan moitos alumnos-as e que pais e profesores constantemente vemos : APRENDER A ESTUDIAR.
Na proposto de hoxe ofértase máis de 1000 consellos e máis 100 actividades para que os estudiantes aprendan a utilizar técnicas de estudio. Aínda que vai dirixido fundamentalmente a alumnos-as, tamén ten apartados para profesores e pais. É unha ferramenta facilitada polo Ministerio de Educación, Política Social e Deporte, dende o Isftic.
Penso que será de moita utilidade. Bótalle unha ollada pinchando en APRENDER A ESTUDIAR



20090122173221-endesa-ng290x271.jpg

En poucos días, moitos poderedes ver o primeiro documental rodado no noso país sobre os efectos do cambio climático, de National Geographic Channel e Endesa, titulado "Cambio climático en España: Un desafío para todos".

Entre os lugares analizados figura Galicia, onde se quitan tres conclusión:

1ª. É a comunidade española onde se producen maiores emisións de gases efecto invernadoiro, fundamentalmente debido a queima de madeira dos incendios.

2ª. Zona con maior risco polos aumentos da costa de inundación costeira.

3ª. A fauna mariña do Parque Nacional das Illas Atlánticas (fundamentalmente Illas Cies) pode desaparecer.

!Malos pronósticos¡ Merecerá a pena ver esta producción documental.

HUMOR: TABACO E PICARESCA

Publicado: 28/01/2009 17:57 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20090128175716-2009-02-04-vin-2009-01-28-01-38-28-quesada.jpg

Viñeta de Quesada, publicada o 28-01-09 no xornal Faro de Vigo, onde con certa picaresca e retranca trata o tema do tabaco.

Un consello: "Deixa o tabaco. Non axuda a nada"

II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA AXENDA 21

Publicado: 29/01/2009 11:06 por vgomez en COMUNICADOS
20090129110301-img035.jpg

Dende o 26 de xaneiro ata o 24 de abril está aberto o prazo de presentación de fotografías para o II CONCURSO FOTOGRÁFICO AXENDA 21, que este ano ten como tema "O MIÑO E O SEU ENTORNO".

 

Participantes: Poderán participar tódolos membros da comunidade educativa (alumnos, pais, profesores e persoal non docente).

Datas de presentación: Entre o 26 de xaneiro e o 24 de abril.

Temática: O Río Miño e o seu entorno.

Presentación: Os traballos serán orixinais, presentándose en formato 20 X 25. Tamén se presentarán en formato dixital a efectos de facer  un álbum fotográfico nese formato. En caso de non ser presentado deste segundo xeito serán escaneadas as fotos, perdendo polo tanto cualidade á hora de facer o citado álbum.

Cada fotografía ira acompañada dun  título e un pequeño texto ou  pequeño relato, onde o autor explique a idea que plasma a fotografía.

Entregarase nun sobre   e compañánda doutro cerrado que conteña o nome  e apelidos e teléfono de contacto. Á entrega, que se fará na secretaría do centro, numerarase a fotografía e o sobre cerrado, para manter identificada a foto e manter anónimo a identidade do autor.

O nº máximo de fotografías por persoa será de 3.

Exposición e resultados: Desde o 4 ao 14 de maio haberá unha exposición pública dos traballos. Tódolos membros da comunidade educativa do centro serán xuíces de tal evento, podendo depositar a súa votación  en urna (1 por persoa na que aparezan 2  números distintos correspondentes a 2 fotografías) en horarios que se farán públicos  entre o 13 e 14 de maio, días da exposición. Entre os votantes farase o sorteo dun agasallo  pen drive.

Categorías e premios : Existirá unha única categoría. Entregaranse 3 premios:

1º clasificado – Diploma e unha cámara dixital.

2º clasificado – Diploma e un MP4.

3º clasificado- Diploma e MP3.

A entrega de premios será o 15 de maio.

Bases: A participación no presente concurso leva consigo a plena aceptación destas bases.

As fotografías pasaran a ser propiedade da Axenda 21 Escolar de Galicia/IES A Guarda, podendo ser utilizadas en calquera campaña que a Axenda 21 faga a nivel escolar ou supraescolar.

¡ÁNIMO E A PARTICIPAR!

 

¿CANTO SABES DE ASTRONOMÍA?

Publicado: 31/01/2009 10:02 por vgomez en XOGOS
20090131100233-images.jpg

Son moitas as iniciativas para celebrar o ANO INTERNACIONAL DA ASTRONOMÍA. Unha é este curioso xogo que leva o título de ¿Canto sabes de astronomía? do xornal elpais.es no que te podes someter a un test para ver os teus coñecementos, ou repasalos, e de paso aprender.

¿Queres intentalo? Pois pinche en XOGO:CANTO SABES DE ASTRONOMÍA