Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Julio de 2008.

CALENDARIO DE EXAMES

Publicado: 01/07/2008 08:57 por vgomez en COMUNICADOS
20080630235737-7w3epipzl9qluxjxkkv30.jpg

A partir de hoxe, 1 de xullo, están expostos no taboleiro de anuncios e cristaleiras do IES o calendario de exames das probas extraordinarias de setembro. De calqueira xeito indico ás referentes á mina materia, tal como quedie con vós:

1 de setembro: CCNN pendientes de cursos anteriores.

13:00 a 14:30: CCNN 1º e 2º ESO nas aulas 4 e 3 respectivamente.

2 de setembro: CCNN 1º e 2º ESO

8:30 a 10:00 no Laboratorio de Química (Aula 7)

Avaliacións: 1º ESO (3 de setembro) 2º ESO (4 de setembro)

Entrega de notas 5 de setembro ás 13:30 horas.

20080701160521-parquenac.gif

Os parques nacionais son áreas naturais, pouco transformadas pola explotación ou pola ocupación humana que, en razón á beleza das súas paisaxes, a representatividade dos seus ecosistemas ou a singularidade da súa flora, da súa fauna ou das súas formacións xeomorfolóxicas, posúen uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos e científicos polos que a súa conservación merece unha atención preferente.

Galicia conta na actualidade con un parque nacional, o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia que pasou hoxe 1 de xullo de 2008 a ser xestionado pola Xunta de Galicia.

Se queres coñecer máis sobre o Parque pinche en Parque Nacional das Illas Atlánticas

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2008/2009

Publicado: 03/07/2008 08:38 por vgomez en COMUNICADOS
20080625200910-calendario-anual.jpg

No Diario Oficial de Galicia do pasado 5 de xuño, publiase o calendario escolar para o próximo curso escolar.

Os apectos máis salientables son:

* O curso comenzará o 1 de setembro (entre o 1 e 4 realizaranse os exámenes extraordinarios).

* As clases comenzarán o 18 de setembro e rematarán o 23 de xuño.

* As vacacións de Nadal irán do 22 de decembro ao 7 de xaneiro, ambos os dous días inclusives.

* As vacacións de Entroido serán o 23, 24 e 25 de febreiro.

* Día do Ensino o 20 de marzo.

* As vacacións de Semana Santa dende o 6 ao 13 de abril, ambos os dous días inclusives.

Se queres coñecer polo miúdo o calendario pincha en Calendario Escolar curso 2008/2009

OS VOLCÁNS DE MERCURIO

Publicado: 04/07/2008 08:54 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20080704085443-1215104880-0.jpg

 

A superficie de Mercurio, captada pola nave "Messenger". (Foto: NASA)

A revista "Science" acaba de publicar os datos recopilados pola nave espacial "Messenger" durante o seu paso polo planeta Mercurio no febreiro pasado. Esta é a segunda visita ao planeta dunha nave, a primeira foi realizada nos anos 70 (século pasado) pola nave "Mariner 10". Este acercamento da Messenger, é un dos tres que realizará antes de que a nave entre en órbita ao redor de Mercurio alá polo ano 2011.

Os estudios  que publica "Science" analizan a superficie, a atmosfera e o campo magnético de Mercurio.

Entre os principais descubrimentos sinala que varias características da superficie do planeta, cuxa orixe era controvertida despois da misión "Máriner 10", agora parecen que se formaron por procesos volcánicos e vez de por impactos de meteoritos (como sucede no caso da Lúa, e con certo parecido con Mercurio no aspecto externo).

Os investigadores tamén descubriron un gran número de fallas, sucos e outras formacións do terreo, que de forma colectiva indican que a cantidade total de compresión pola que Mercurio pasou é ao redor dunha terceira parte superior á que se pensaba.

CARL SAGAN

Publicado: 05/07/2008 08:26 por vgomez en NOMES PROPIOS
20080704175728-417px-sagan-large3.jpg

Naceu o 11 de novembro de 1934 en Nueva York. Fillo de inmigrantes rusos, xa de neno gustáballe ler relatos de ciencia-ficción. Alumno destacado, xa dende moi novo tiña moi claro o que quería ser. Aos 20 anos obtivo a graduación en Física, e posteriormente doctoróuse en Astronomía e Astrofísica.

Traballou na NASA colaborando no proxecto que levaría á "Mariner 4" ata Marte. Ao mesmo tempo, tamén era profesor na Universidade de Harvard. Apasionáballe a posibilidade da existencia de vida extraterrestre. Colaborou co científico soviético I.S. Shklovski na búsqueda de datos dende o punto de vista científico. Froito desta colaboración publicaron o libro Vida intelixente no Universo.

En Harvard non aprobaban nin as súas hipóteses nin os debates que propoñía, polo que mudou de universidade marchando a de Cornell en Ithaca. O resto da súa vida ocupou o posto de director do Laboratorio de Ciencias.

Na universidade realizou numerosos experimentos sobre a orixe da vida, confirmando a multiplicación no laboratorio das principais biomoléculas. Chegou a presidir o grupo de estudios da NASA sobre intelixencia artificial e robótica, e creou a comisión para seleccionar o contido do disco que levaría cada un dos vehículos espaciais.

Implicado cos seus valores, criticou ás grandes potencias para produicir armamento nuclear. Colaborou na erradicación dos CFC, participando en diversos programas de protección ecolóxica.

Convertíuse en autor de éxito, xa que foi capaz de divulgar co rigor da ciencia dende un punto de vista comprensible para o lector. Seducido pola televisión, foi autor e presentador da serie (que seguro que algún xa vistes ou tédela na casa) "Cosmos". A súa forma de explicar a realidade que nós rodea levouno a ser a serie de divulgación científica de maior éxito da televisión.

Diagnosticóuselle unha enfermidade chamada mielodisplasia (grupo de trastornos nos que a función da médula ósea non é axeitada e no que non se produce o suificiente número de células sanguíneas), que convertíu a última etapa da vida nunha proba moi dura. En tres ocasións sometéuse a un transplante de médula ósea e quimioterapia.

Morreu o 20 de decembro de 1996, en Settle, aos 62 anos, a causa dunha neumonía.

20080704120304-1215108897-0.jpg

Fragmento do diamante no que se atoparon os restos de carbono. (Foto: Nature)

A revista "Nature" desta semana publica unha noticia na que os científicos aseguran que os primeiros organismos que poboaron a Terra posiblemente xurdiron 700 millóns de anos antes do que se pensaba ata agora. A esta conclusión chegaron despois dun estudio dos restos de carbono localizados nun diamante extraído en Jack Hills, no oeste de Australia. Este material orgánico, segundo os científicos, podería estar asociado a plantas ou bacterias moi primitivas.

Tendo en conta o citado, a vida no noso planeta debeu aparecer hai uns 4.250 millóns de anos, só 400.000 anos despois da formación da propia Terra.

Nun principio a Terra non sería máis que un conglomerado de rochas, cun interior que se quentou e fundíu o planeta. Co tempo, a codia arrefriouse. Finalmente apareceu a vida nun proceso no que os científicos teñen diferencias: uns defenden que evolucionou dende a materia inerte, cando o vapor de auga comenzou a condensarse, e outros sosteñen que ten unha orixe extraterrestre, coa chegada dun meteorito que traía materia orgánica, como o que se atopou no lago Tagish de Canadá.

Sen embargo son moitas as dúbidas que rodean estas conclusións, que esperemos que co tempo queden resoltas.

GERALD DURRELL

Publicado: 07/07/2008 10:56 por vgomez en NOMES PROPIOS
20080704172431-photo.jpg

Naceu en 1925 en Jamshedpur (India). Medrou co modelo estricto de educación dunha familia británica. En 1928, despois da morte do seu pai, a súa familia regresa a Inglaterra e posteriormente transladaronse á illa grega de Corfú, onde vivíu experiencias que lle marcaron a vida persoal e profesional. Sempre rodeado de animais, interesouse por observalos e coidalos, case como se fose o seu pai.

A súa familia volveu de novo a Inglaterra, onde sufríu as penurias da II Guerra Mundial, costándolle nun principio atopar traballo, ata que o contrataron co mo axudante nun acuario e logo nunha tenda de animais domésticos. En 1945 comenzou a traballar no zoolóxico de Whipsnade.

O seu afán pola aventura e o estudio dos animais levárono a organizar, e incluso a financiar, expedicións na busca de animais. Nunha delas chegou ata a Guaiama Británica en 1949. Outras expedicións  levárono a Paraguai, Arxentina, Serra Leoa, Illa San Mauricio, Assam, México e Madagascar. Xa coa súa muller, en 1962 viaxou a Nova Zelanda, Australia e Malasia para filmar unha serie para a televisión.  Fundou o zoolóxico de Jersey, do que foi moito tempo director.

Morreu en xaneiro de 1995 despois dunha larga enfermidade.

Gerald Durrell foi un prestixioso naturalista. Apasionáballe a conservación dos animais e o seu entorno, vivindo toda a vida rodeado por eles, sendo a maioría deles protagonista dos seus libros.

Os seus coñecementos e a súa capacidade para comunicar as súas experiencias levárono a ser, ademais dun pretesentador de televisión popular, un prolífico escritor de éxito, que divulgou o sentemento naturalista.

A súa obra é mundialmente coñecida. As súas novelas posúen un alto contido biográfico. Nas súas historias mestúrase a invención coa realidade, ou as anécdotas familiares coa descripción rigurosa das costumes dos animais. Os seus libros máis recoñecidos  engóbanse dentro da triloxía de Corfú: A miña familia e outros animais, Bichos e demais parentes e O xardín dos deuses.

 

LETRAS GALEGAS 2009

Publicado: 07/07/2008 20:12 por vgomez en COMUNICADOS
20080706121300-images.jpg

  Ramón Piñeiro López naceu en Láncara (Lugo) en 1915. Cursa Bacaharelato en Lugo. Participa na creación da Mocedade Galeguista de Lugo, sendo elixido  secretario de Cultura (máis tarde chegaría a desempeñar o cargo de presidente). Comenza así a súa actividade política que o levará a exercer en 1936 como secretario do Comité Provincial do Estatuto de Autonomía organizado polo Partido Galeguista.


     Despois  da guerra civil comeza a cursar Filosofía e Letras en Compostela e Madrid, estudios que abandonará  máis preocupado pola reagrupación clandestina do galeguismo, sendo designado como representante galego para tratar co goberno republicano exiliado en Francia. Estivo na cadea 3 anos dos 6 a aque foin condenado. Xa libre,  voltará a Galicia e dende entón vaise esforzar en mudar radicalmente a estratexia galeguista, prescindindo da opción política e reducíndoa cara á intervención cultural. En 1950 funda en Vigo Galaxia  a primeira iniciativa editorial galeguista de posguerra. Como director desta empresa e codirector da revista Grial, Piñeiro dedicarase á promoción e difusión da cultura galega.

     No ano 1967 ingresa na Real Academia Gallega cun discurso titulado A lingoaxe i as língoas (1967). Xa en época democrática sae eleito deputado independente do Parlamento de Galiciaapolas listas do PSdeG-PSOE e desde 1983 até a súa morte, acontecida en Compostela en 1990, Ramón Piñeiro será presidente (o primeiro) do Consello da Cultura Galega.

A súa obra non é moi abundante, e céntrase, na súa totalidade, na que se deu en chamar "filosofía da saudade". Así, a comezos dos 80, publicou Siñificado metafísico da saudade, notas pra unha filosofía galaico-portuguesa e Filosofía da saudade. Tamén destacan as súas traducións, en colaboración con Celestino Fernández de la Vega, das obras de Pokorny e Heidegger, que supuxeron no seu momento, segundo a RAG, "un paso decisivo na normalización do galego como lingua con capacidade para expresarse en todos os campos do saber, superando a súa cualificación como lingua "rural e poética" na que a tiñan encadrada moitos intelectuais españois da posguerra.

Tamén desenvolveu un importante labor ensaístico (recollido parcialmente nos libros Olladas no Futuro, Galicia, A Linguaxe e as linguas e Lembrando a Castelao), onde reflectiu o seu pensamento, salientando a necesidade da reafirmación cultural de Galicia como camiño fundamental para a súa realización como pobo.

SARMIENTO DE GAMBOA

Publicado: 07/07/2008 20:13 por vgomez en ZONA VERDE
20080707114222-t-009b.jpg

Buque de Invesigacións Oceanográficas "Sarmiento Gamboa"

O buque de investigación oceanográfica "Sarmiento de Gamboa", pertencente ao Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), con máis de 60 investigadores das tres Universidades Galegas e entros de Investigacións dependentas da Consellería de Pesca, participarán nunha campaña para analizar os fondos mariños da costa noroeste de Galicia, coñecida como "A Selva". O nome do proxecto a realizar é :" Os fondos batiais das costas carbonatadas da Selva: sobre a estructura e o funcionamento do ecosistema".


O buque foi construído en Construccións Navais P. Freire (Vigo), ten unha eslora de 70,5 m, unha manga de 15,50 m, un calado a plena carga de 4,60 m, unha velocidade máxima de 15 nós e unha autonomía de 40 días. Esta provisto de laboratorios e todo o material de última xeneración para a realización este tipo de investigacións.

A investigación desenvolverase en dúas fases: do 7 ao 24 de xullo e do 28 de xullo ao 2 de agosto.


O obxectivo desta primeira campaña é obter información sobre a estructura e o funcionamento do ecosistema dos fondos mariños máis profundos, con obxectivos específicos en diferentes campos de estudio: xeociencias mariñas, oceanografía física, bioloxía larvaria, estudios de placton, biodiversidade, pesquerías e conservación.

GLACIAR PERITO MORENO

Publicado: 11/07/2008 16:15 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20080711161120-1215510614-extras-ladillos-1-g-1.jpg

Ruptura do arco de xeo do Galaciar Perito Moreno ( Foto: REUTERS)

Nestes días de descanso, fóra de A Guarda, unha das noticia máis impactantes, no terreo mediomabiental, foi a que o glaciar Perito Moreno, rompe por primneira vez en inverno dende 1917. Aparentemente parece insignificante e moi lonxe, pero quérovos dar información da súa transcendencia.

Un glaciar é unha grosa masa de xeo que se orixina na superficie terrestre por compactación e recristalización da neve, mostrando evidencias do fluxo no pasado e na actualidade. A súa existencia é posible cando a precipitación anual de neve supera á evaparoción do verán, polo que a maioría atópase en zonas próximas aos polos, aínda que existen noutras zona montañosas. Consta de tres partes: Cabeceira ou circo, lingua e val ou zona de ablación.

O Glaciar Perito Moreno atópase en Arxentina, nacendo do Campo de Xeo Patagónico Sur, compartido por Arxentina e Chile. Bautizado con ese nome na honra de Francisco Moreno creador da Sociedad Científica Arxentina e activo explorador da zona austral dese país.

É unha das reservas de auga doce máis importantes do mundo.

De todo o anteriormente indicado quitamos unha conclusión elementral: O cambio climático está máis adiantado do que pensabamos. ¡A tomar nota!

Se queres coñecer ese lugar, e ver fotos, vídeos. etc. pincha en Glaciar Perito Moreno

20080711183105-banner-destruccion.jpg

Denuncia de "Destrucción a Toda Costa" 2008 (Foto: Greennpeace)

Greenpeace presenta a octava edición do informe "Destrucción a Toda Costa" no que se repasa a situación do litoral español.

O informe analiza os 100 casos de maior gravidade en cada unha das comunidades autónomas litorais, reflictindo unha distribución proporcional ao numero de quilómetros de costa de cada comunidade.

Nesta edición, Greenpeace, ademais de analizar os problemas urbanísticos, presta especial atención á contaminación do litoral xa que los verquidos seguen a ser un de los problemas principais das nosas costas.

Se queres coñecer polo miúdo este informe 2008, concretamente o apartado adicado a Galicia pincha enDestrucción a toda costa GALICIA-Greenpeace 2008

 

EPO

Publicado: 12/07/2008 10:23 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20080712102209-800px-erythropoietin.gif

A eritropoyetina ou EPO

A eritropoyetina ou EPO é unha hormona glicoproteica. Nos seres humanos, é producida principalmente polo ril (90%), o resto no fígado, aínda que tamén (sobre todo en fetos) no cerebro e útero.

A eritropoyetina é unha proteína que aumenta a concentraciónde góbulos vermellos en sangue e adminístraselle frecuentemente a enfermos de anemia. Como axente dopante úsase para aumentar a resistencia ao cansazo en deportes como o ciclismo.

Se queres coñecer máis en profundidade esta proteína e os seus efectos dopantes (onte concretamente no Tour un español seu positivo) pincha en EPO

A BOMBILLA CLÁSICA TEN OS DÍAS CONTADOS

Publicado: 13/07/2008 11:00 por vgomez en ZONA VERDE
20080712134405-bombilla03.jpg
A bombilla de toda a vida, a que ideou Thomas Edison en 1879, conta os días que lle quedan en España. A Comisión de Medio Ambiente do Congreso aprobou unha proposición de CiU que insta ao Goberno a sustituirlas en tres anos por outras de baixo consumo.
A medida non é de aplicación sinxela pero si que suporía un aforro: as bombillas consumen un 3% da electricidade que se produce en España. Poderíase aforrar unhas 6,5 toneladas de dióxido de carbono ao ano.
En España hai uns 350 millóns de bombillas, unhas 25 por fogar, segundo datos do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

 

UNHA NOVA FERRAMENTA PARA TODOS

Publicado: 13/07/2008 12:07 por vgomez en COMUNICADOS
20080713115637-foto-67175.jpg

Hai uns días, a editorial Ir Indo presentou en Santiago de Compostela a versión electrónica da Enciclopedia Galega Universal. Conta con 200.000 entradas, 20.000 ilustracións e 100 millóns de caracteres.

A Enciclopedia Galega Universal acolle en Internet os 16 volumes da edición física, posta en marcha a finais de 1990. Léxico xeral, biografías, xeografía, cartografía, ciencias biolóxicas, ciencias físicas e exactas, tecnoloxías, ciencias sociais e humanidades, lexislación, xurisprudencia, empresas e finanzas son as categorías nas que a EGU divide os contidos. A páxina incorpora tradutor automático a castelán, inglés e portugués.

¡E todo no noso idioma!

A súa dirección é www.egu.es aínda que nesta páxina sempre terás un enlace directo con ela, pois posibilita moitas activides escolares, xa que non olvides que é unha enciclopedia de consulta.

Se queres botarlle unha ollada pincha en Enciclopedia Galega Universal ou ben no enlace que atoparás na páxina principal do blog.

 

A "BABY BOOM" DO UNIVERSO

Publicado: 14/07/2008 10:50 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20080712140533-1215770763-0.jpg

Imaxe da galaxia "Baby boom" (Foto: NASA)

A revista "Astrophysical Journal Letters" publica o descubrimento por parte da NASA dunha "fábrica" de estrelas nos confíns do Universo.

O telescopios  "Hubble" e  "Spitzer" descubriron unha galaxia máis eficiente ca nosa, no que a creación de estrelas se refire. Tan  productiva é a  galaxia, que os expertos da NASA denominárona "Baby Boom", en referencia ao número extraordinario de "nacementos".

A remota galaxia producía estrelas a unha tasa de máis de 4.000 por ano. En comparación, a Vía Láctea, a nosa,  produce un promedio de dez estrelas ao ano, segundo informa a axencia espacial estadounidense.

"Baby Boom" atópase a 12.300 millóns de anos luz de distancia.

AS VIAXES

Publicado: 15/07/2008 10:23 por vgomez en FRASES

Estamos no verán, época de vacacións e de viaxes. Sobre este tema tratan as frases que hoxe propoñemos a modo de reflexión:

A primeira é do comediógrafo frances Grancis De Croisset (1877-1937):

"A lectura é a viaxe dos que non poden tomar o tren"

A segunda é do pintor anglo-irlandés Francis Bacon (1909-1992):

"As viaxes son na xuventude unha parte da educación e, na vellez, unha parte da experiencia"

A terceira é do poeta e orientalista alemán Friedrich Rückert (1788-1866):

"Quen se atopa ben na casa non se marcha lonxe. As viaxes para descubrir outros mundos demostran a insatisfacción universal"

E para rematar, a última, do escritor, político e filósofo mexicano José Vasconcelos (1882-1959):

"Un libro, coma unha viaxe, coménzase con inquietude e remátase con melancolía"

 

CORAL

Publicado: 15/07/2008 10:56 por vgomez en FOTOVERDE
20080715105629-1215704994-extras-albumes-0.jpg

Corais de Rajá Ampat en Papúa, Indonesia. (Foto: Sterling Zumbrunn / SCIENCE)

Os corais non son plantas, aínda que o parezan. É un animal, un pequeno pólipo duns milímetros de diámetro. Teñen a capacidade de fixar sobre os seus tecidos o calcio disolto no mar, formando estructuras ríxidas caracteríaticas.

Eles tamén son víctimas da contaminación producida polo home. Un tercio das especies está nun elevado risco de extinción.

NOMES PROPIOS: ALEXANDER FLEMING

Publicado: 16/07/2008 00:12 por vgomez en NOMES PROPIOS
20080715130437-fleming.jpg

Naceu en 1881 en Ayrshire (Escocia), sendo o séptimo fillo dunha familia campesiña de oito irmáns. Estudiou medicina na Universidade de Londres, compatibilizando os seus estudios co traballo nunha empresa naviera. Especializouse en bacterioloxía, adicándose a investigación médica. Uníuse ao equipo de sir Almroth Wright, científico coñecido por buscar axentes farmacolóxicos que aumentasen a eficiencia natural dos leucocitos.

Durante a I Guerra mundial traballou como médico militar en Francia, aspecto este que lle marcaría ao remate da mesma, adicándose a investigación das defensas do corpo humano contra as infeccións bacterianas.

O descubrimento da penicilina producíuse grazas a un acontecemento fortuíto. Fleming, en setembro de 1928, estudiaba as mutacións das colonias de estafilococos, e un dos seus cultivos contaminuouse accidentalmente polo fungo Penicilliun notatum. Observou que os estafilococos fixéranse transparentes ao redor do fungo, interpretando este fenómeno como que o fungo producía unha substancia antibacteriana. Sacando producto aos limitados recursos de que dispoñía, fleming contribuíu ao desenvolvemento das propiedades antibióticas do fungo anteriormente citado.

Os seus traballos no desenvolvemento dos antibióticos foron esenciais para o aumento da esperanza de vida da poboación e, sobre todo, para a diminución na mortalidade infantil. Foi, tamén, pioneiro no emprego de antisifilíticos.

Nomeado profesor do Royal College of Surgeons en 1919, e sir, en 1944, as súas aportacións ás ciencias foron recoñecidas en 1945 co Premio Nóbel de Fisioloxía e Medicina, que compartíu cos científicos británicos Howard Walter Florey e Ernst Boris Chain.

Morreu en 1955 en Londres, a causa dun ataque cardíaco.

¡UN LUXO!

Publicado: 20/07/2008 10:44 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20080720103926-satellite.gif

Así poderiamos cualificar a posibilidade que tivemos onte de ver a MILLADOIRO en A Guarda.

Puntuais e cunha presentación coidada, o grupo Milladoiro fixo un percorrido amplo pola súa discografía. Levan máis de 25 anos actuando en escenarios de todo o mundo, sendo uns auténticos embaxadores da nosa cultura.

Xa hai anos, sobre 11, nun mes de maio, estiveron aquí e actuaron  en San Benito. Neses momentos eu estaba no novo Colexio "Manuel R. Sinde" impartindo  a incipiente ESO e compaxinando o que hoxe denominamos Primaria. Daquela tiñamos no Centro unha emisora de radio "Radio Papaventos" que emitía en FM. Inaguramos un 17 de maio, e a sección semanal de entrevista foi precisamente cun dos compoñentes de Milladoiro, feita polos rapaces da emisora no patio do Hotel san Benito.

 Milladoiro nace na  década dos setenta da unión da formación tradicional  "Faíscas do Xiabre", cos músicos Antón Seoane e Rodrigo Romaní, este último abandoa a formación no 2000 para seguir o seu camino por solitario, polo que é substituido por Manu Conde (guitarra) e Roi Casal (arpa celta).


En resumo, un luxo ter eses músicos en A Guarda. Pena de moitos que non puideron ou quiseron aprecialos.

20080720112325-260354main-epoxitimelapse3.jpg

A nave espacial non tripulada "Deep Impact" (lanzada en xaneiro de 2005) que xa cumplíu a súa misión principal no cometa Tempel 1 (o 4 de xullo de 2005: presenciou o impacto no cometa Tempel 1 dun proxectil que ela mesma lanzara con anterioridade) e que se dirixe agora a outro obxectivo celeste, aproveitou a súa traxectoria para tomar imáxes do sistema Terra/Lúa que, una vez montadas nunha secuencia, compoñen un video inusual. O noso planeta  e o seu satélite natural, que se cruza por diante, vense nese vídeo como podería verse dende unha nave extraterrestre que pasa polas proximidades.

NOVO ENLACE: SEGURIDADE VIAL

Publicado: 20/07/2008 13:31 por vgomez en COMUNICADOS
20080720132430-portada.jpg

Número 191 da Revista TRÁFICO E SEGURIDADE VIAL

Dende hai 14 anos, veño recibindo na miña casa a Revista "TRAFICO E SEGURIDADE VIAL" que edita a Dirección Xeral de Tráfico. Os contidos son moi variados e interesantes que van dende noticias, preguntas, coches, motos e incluso test para exames de ciclomotor entre outra moitas cousas.

Hoxe en día é imposible recibila para novos suscriptores, polo que é unha boa opción acceder a ela mediante a páxina que ten a mesma en internet.

Se queres botarlle un vistazo pincha en REVISTA TRÁFICO E SEGURIDADE VIAL, aínda que dende hoxe podes facelo dende o acceso directo nesta páxina en ENLACES.

 

20080722121905-1216372968-0.jpg

Colleitadora nun campo de cana de azucre preto de Sertaozinho, en São Paulo. (Foto: Nelson Almedia/AFP)

En Brasil, o 45% dos carburantes proveñen da cana de azucre ¿Como? Pois dunha forma sinxela. Nas plantas de tratamento por cada tonelada de cana de azucre obtéñense 85 litros de bioetanol (alcohol), que se pode utilizar directamente ou mesturado con gasolinas.

O bioetanol tamén se pode obter de productos agrícolas como el millo, sorgo, patacas, trigo e incluso biomasa. Un dos perigos, que agora notamos, é a subida de prezos sobre todo do millo e trigo pola demanda para a producción de biocombusttibles. Pola contra a cana de azucre non ten ese problema, pois é a única materia prima agrícola que non aumentou de prezo dende o 2006, mentres que o aumento medio do resto de alimentos foi do 83% no mesmo período. 

O ciclo da vida do bioetanol de cana de azucre emite preto dun 85% menos de CO2 que as gasolinas procedentes do petróleo.

Unha boa proposta para depender menos dese ouro negro.

BANDEIRAS NEGRAS

Publicado: 23/07/2008 11:53 por vgomez en ZONA VERDE
20080723115021-20080722elpepunac-9.jpg

Ecoloxistas en Acción acaba de presentar o informe "Bandeiras Negras 2008. Hipoteca Costeira" no que realizan unha diagnose sobre a situación da costa, concedendo 303 Bandeiras Negras e 310 Puntos Negros, denunciando como o insostible desenvolvemento da última década dos principais sectores económicos do litoral, úrbanístico, turístico e pesqueiro, franformaron tanto a costa que agora enfróntase a unha importante crise que ten significativas consecuencias para a economía do Estado Español.

O citado informe castigou con 26 bandeiras e 8 puntos negros os proxectos ou actuacións no litoral de Galicia que supoñen un grave atentado contra a conservación dos ecosistemas. Desglosados estes datos:

PROVINCIA

BANDEIRAS NEGRAS

PUNTOS NEGROS

PONTEVEDRA

16

2

A CORUÑA

8

5

LUGO

2

1

Se queres coñecer polo miúdo este informe pinche enINFORME BANDEIRAS NEGRAS

OSTROCOD

Publicado: 23/07/2008 12:19 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20080723121955-ostracod.jpg

LiveScience.com acaba de publicar que o estudiante Richard Thommasson, da Universidade de Dakota do Norte acaba de atopar na rexión de Valles Secos da Antártida uns fósiles que datan de hai uns 14 millóns de anos.

A investigación, financiada pola Fundación Nacional das Ciencias, estableceu que os fósiles corresponden ao "ostracod", que son unha clase de crustáceos de moi reducido tamaño, moitas veces microscópicos (normalmente entre 0,1 e 2 mm). Coñécense unhas 13.000 especies actuais e estímase que se describiron 65.000 especies fósiles.

O achádego suxire a posibilidade de que o continente xelado fose un lugar cálido nun pasado remoto. Nesa rexión a temperatura media é de -25ºC e nesas condicións é imposible que se manteñan vivas faunas como o ostracod. Para que puidesen sobrevivir esos crustáceos, as temperaturas reinantes terían que ser uns 17 graos centígrados máis altas do que son agora.

Segundo os científicos, os "ostracod" son vestixios dun ecosistema de tundras similar ao da Patagonia e é  posible que o sector onde foron atopados os fósiles estivese moito máis preto do ecuador hai millóns de anos.

 

PLANTAS DESALADORAS

Publicado: 23/07/2008 12:57 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20080723124947-12995.jpg

Planta de Ashkelon (Israel), a miIor planta desaladora do mundo mediante ósmosis inversa, cunha capacidade de producción de 320.000 m3/día, construída por Veolia Water Solutions & Technologies .

Neste ano, sobre todo nos meses de sequía, falouse das plantas desaladoras como unha das solucións para abastecemento das zonas costeiras. A primeira planta desaladora en España ubicouse en Lanzarote en 1965.

As plantas desaladoras tamén presentan inconvintes. No proceso de extracción do sal prodúcense residuos salinos e substancias contaminantes que poden prexudicar á flora e á fauna. Tamén, supón un custo elevado de consumo eléctrico. Co fin de evitalo, actualmente estanse a realizar estudios para construir plantas desaladoras máis competitivas, menos contaminantes e que empreguen fontes de enerxía renovables.

Se queres coñecer o funcionamento dunha planta deste tipo, pincha neste gráfico interactivo ASÍ FUNCIONA UNHA PLANTA DESALADORA

NASA: 50 ANOS

Publicado: 30/07/2008 10:27 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20080730102543-nasa.gif

A NASA (Administración Nacional de Aeronáutica e do Espazo) cumpre 50 anos.

O 29 de xullo de 1958 o presidente dos EEUU Dwight Eisenhower promulgou a Lei da Aeronáutica e do Espazo, creando a NASA, en resposta ao lanzamento do satélite soviético "Sputnik" en outubro de 1957.

Entre as moitas celebracións, destaca a posibilidade de acceder a multitude de fotografías do seu fondo de forma gratuíta. Se queres botarlle unha ollada pincha en NASA Images

 

LAGOS LÍQUIDOS EN TITÁN

Publicado: 31/07/2008 11:34 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20080731113446-lagos-superficie-titan.jpg

 Lagos na superficie de Titán (NASA)

A revista Nature publica hoxe a investigación facilitada polo  Laboratorio de Propulsión a barullo (JPL) na que  que polo menos un dos grandes lagos observados en Titán, unha das lúas de Saturno, contén hidrocarbonos líquidos.Os científicos fixeron o descubrimento a través da análise de datos proporcionados pola sonda Cassini, un proxecto conxunto da NASA e da Axencia Espacial Europea (ESA).

Deste xeito a Terra xa non é o único corpo do Sistema Solar no que hai océanos ou lagos líquidos, aínda que no caso de Titán non son de auga, son de etano líquido, seguramente mesturadocon metano, nitróxeno e outros compostos.

Titán é o satélite máis grande de Saturno e o segundo do Sistema Solar, despois de Ganímedes (lúa de Xúpiter), máis grande ca Mercurio e un 25% máis pequeno que Marte. Titán é un mundo frío (uns 180 graos centígrados baixo cero) e envolto nunha densa atmósfera, que dificulta enormemente a observación da superficie.

O corpo lacustre, identificado como Ontario Lacus, atópase na rexión do polo sur de Titán e ten unha superficie duns 20.000 quilómetros cadrados.

A investigación amosa a existencia dun complexo ciclo do metano similar ao da auga na Terra: Existen grandes depósitos de metano en forma de hidratos, que quedaron atrapados cando se formou o satélite. O metano chega a atmosfera pola actividade volcánica e a evaporación. As reaccións químicas converten o metano en etano e outros compostos. O etano e o metano condénsanse en parte formando as nubes e ao chover enchen os lagos.



Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next